Algo está argallando o noso amiguiño para o DÍA DA MULLER!!! Nos paneis da biblioteca hai unha proposta relacionada con mulleres científicas coas que teremos que facer novos traballos de investigación. A poñerse as pilas!!!!
Todos os nenos e nenas do cole, tanto de E. Infantil como de E. Primaria, levan días preparando uns preciosos murais colectivos para celebrar o 25 de Novembro, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Con estes traballos, o alumnado do centro, xunto co profesorado e o persoal non docente, queremos manifestar a nosa firme condena ao maltrato e a calquera outro tipo de violencia. ANTE A VIOLENCIA, TOLERANCIA CERO!!!
Para conmemorar o Día da Paz, o noso Mik preparounos unhas actividades. Por unha banda, un libro no que deixar a nosa pegada, emulando as das pinturas rupestres. Por outra banda, un quebracabezas xigante dunha pintura relacionada coa paz, co obxectivo de descubrir a obra de arte e o seu autor ou autora.
Baixo o lema "A VOLTA AO MUNDO EN 80 HISTORIAS CONTADAS POR MULLERES" conmemoramos durante toda a semana pasada o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Desta vez, o noso amiguiño MIK propúxonos atopar escritoras ou ilustradoras entre os libros da biblioteca de centro, de aula ou os das nosas casas; e abofé que atoparon, tantas foron, que tivemos que ir ampliando o espazo onde ían pousando os seus achados. Ademais, o alumnado de 4º deixou diante dos expositores nunha cestiña algún deses libros, dos que os nenos e nenas da clase de Infantil fixeron bo uso. A pescuda era unha das tarefas, a outra, a posibilidade de ir lendo cada día un anaco do libro "La mujer que cocinaba palabras" que pouco a pouco se foi completando noutro panel colocado na zona da biblioteca. Unhas actividades ben sinxelas, pero que serviron para visibilizar a figura da muller dentro do mundo literario.
Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller, o próximo 8 de marzo, a semana pasada recibimos unha nova carta do noso amiguiño MIK na que nos propón buscar na biblioteca ou na casa libros que foron escritos e/ou ilustrados por mulleres (seguro que atoparemos moitísimos!!!). Despois deberemos escoller un deles e facer a súa ficha bibliográfica para colocala no panel da biblioteca e que servirá como recomendación lectora para o resto dos compañeir@s. Veña, a buscar!!! Velaí van algunas pistas:
Durante os meses de abril e maio celébranse algunhas das datas máis significativas relacionadas co mundo da lectura e dos libros. Como vén sendo habitual, a biblioteca do noso centro deseña o organiza diversas actividades para pór de relevancia ditas datas ao tempo que tentamos achegar ao noso alumnado o seu significado e a importancia de integrar nas nosas vidas os mundos infinitos que nos proporcionan as páxinas dun libro. Estas son algunhas das nosas propostas: co gallo da celebración do Día do Libro e dos Dereitos de Autor, faremos un pequeño homenaxe a un dos escritores máis importantes da literatura universal, Miguel de Cervantes, o creador de D. Quijote. O 29 de abril viviremos unha vez máis a ilusión das lecturas compartidas cos Padriños/madriñas lectores. Ademáis, do 9 ao 13 de maio, teremos a Semana da Poesía, na que gozaremos dos recitados de poemas de varios autores e, en especial, de Manuel María, aproveitando a ocasión para celebrar o Día das Letras Galegas. Deixamos, a continuación, o PROGRAMA DE ACTIVIDADES. Preme na imaxe para ler:
Durante esta semana o noso amiguiño MIK andou visitando todas as aulas do centro para entregar aos nenos e nenas unha carta na que nos adiantaba as actividades tan chulas que nos ten preparadas para conmemorar as datas que se achegan en relación coa lectura e cos libros. O alumnado recibiu as boas novas con moita ilusión e tod@s agardamos pasalo requetebén e aprender moitas cousas interesantes. MOITAS GRAZAS, MIK!!! (Se queres ler a carta de MIK, preme no sobre)
Hoxe tráiovos a lembranza do precioso mural colectivo que realizou o alumnado do centro co gallo da celebración do Día dos Dereitos Humanos. Un mural cheo de detalles simbólicos, onde os nenos e nenas reivindican os nosos dereitos baixo as pólas dunha oliveira, a árbore que representa a nosa cidade. No seu lema, Vigo polo dereito á vida, faise alusión, tamén, ao terrible atentado sufrido en París. Paga a pena dedicarlle un pouco de atención a este mural tentando descubrir todas as mensaxes que os nosos alumn@s quixeron transmitirnos. PARABÉNS a tod@s por tan magnífico traballo!!!