O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

TRABALLOS
Os pasillos do cole están cheos de traballos feitos co motivo do outono e do magosto


Comentarios (4) - Sección: Outono - Publicado o 20-11-2007 00:44
# Ligazón permanente a este artigo
MURAL DE EI
As nosas mans de EI reflexan as cores que podemos observar no outono( marrón, vermello, laranxa, verde, amarelo,... Os nenos e nenas e as profes de infantil colaboramos traendo á escola distintos froitos para a exposición, que ulimos, tocamos, observamos, clasificamos e mesmo degustamos probando o marmelo, e o marmelo de mazá. Fixemos unha gran macedonia cos froitos de outono para celebrar o Día Mundial da Alimentación.


Comentarios (2) - Sección: Outono - Publicado o 17-11-2007 16:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas- Poemas- Versos sobre as castañas
Acabáronse as vendimas
e veñen as esfolladas
para comer coas mozas
catro castañas asadas



Ó carballo caelle a folla
e ó castñeiro o ourizo,
as mozas deste pobo
van ó rabo do canizo.



Namoreime nas castañas
namoreime no ourizo,
namoreime en ti, nena
porque cantabas moi ben;
agora morro de fame,
o cantar non me mantén.


Santo que estás no canizo
bota castañas abaixo
bótamas das milloriñas,
que polas ruis non me abaixo.



Has de cantar
que che hei de dar zonchos
has de cantar
que che hei de dar moitos.


Comentarios (4) - Sección: Outono - Publicado o 06-11-2007 23:17
# Ligazón permanente a este artigo
A castaña en Galicia
A castaña é moi nutritiva, moito máis que calquera froito silvestre, aínda que de dixestión pesada.
O home aproveitouna sempre na súa dieta, e aproveitouna de mil formas. Isto xunguido á utilidade do castiñeiro, do que todo se aproveita, fainos afirmar que hoxe é a árbore silvestre de folla caduca máis cultivada.
O castiñeiro non dá máis traballo que o de quitarlle algún cano seco, xa que el mesmo se esterca coa folla que lle cae.
Co outono, as castañas empezan a pingar, isto é, abrir os ourizos e deixar caer os froitos. Estas castañas son as do angazo, xa que se recollen con el. É o labor da apaña.
O castiñeiro varéase coa baloira ou taloira, pao longo co que se van chimpando os ourizos e cos que se fai unha ouriceira para que podreza o ourizo e se abra.
Despois recóllense e póñense no canizo enriba da lareira para que se sequen e non podrezan.
Outras veces vanse sacando as castañas do ourizo cos pés calzados con zocos.
Nas zonas de moitas castañas constrúen sequeiros onde se poñen as castañas para secar. No andar de abaixo, co piso de terra, acéndese lume e o fume pasa ao primeiro andar e vainas secando.
Nalgunhas comarcas tamén se usan as máis pequenas para o engorde de gando, sobre todo dos porcos, feito éste ao que se atribúe a boa calidade dos xamóns.

.

(Se queres saber máis pincha na imaxe)
Comentarios (1) - Sección: Outono - Publicado o 06-11-2007 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
HALLOWEEN
Co gallo do Halloween a profe Marina fixo cos nenos/as auténticas obras de arte coas cabazas.











Comentarios (17) - Sección: Outono - Publicado o 05-11-2007 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats