No blog Ayuda para maestros descubrimos a páxina do Colectivo Cinética na que podemos atopar cantidade de recursos descargables para profesores e alumnos sobre a aprendizaxe cooperativa. Paga a pena visitar e percorrer con calma esta web:
Desde o curso 2015/16 vense desenvolvendo un proxecto pioneiro, unha iniciativa incluída no Plan LÍA de Bibliotecas Escolares que está destinada aos centros de infantil e primaria que están integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares
Escornabot é un proxecto de código/hardware aberto que ten por obxectivo achegar a robótica e a programación aos nenos e nenas. Podedes atopar moita información sobre estes sinxelos robots na páxina ESCORNABOT. Se vos interesa este proxecto, podedes acceder ás distintas experiencias que se están desenvolvendo nos centros seleccionados para implementar esta novidosa alternativa para traballar a robótica nas escolas que se recollen no artigo Aprendizaxe por descubrimento, ou como facer andar ao escornabot, relacionados no blog das Bibliotecas Escolares de Galicia.
Que vos parece, amiguiños?? A que é chulo? Ao mellor animádesvos a participar para a próxima convocatoria!!!! Eu creo que o pasaríamos xenial!!
Moitos bicos ratunos e a experimentar!!!
Como cada verán, xa está dispoñible o escritorio de verán do portal de educación da JUNTA DE CASTILLA Y LEÓN. E este ano acáenos especialmente ben despois de todo o que levamos traballado sobre os Xogos Olímpicos. Agora toca xogar sen deixar de aprender.
Pásao ben coa maratón de xogos e actividades preparadas para estas vacacións. Este verán atoparedes moitos xogos e recursos educativos para todas as idades. Ademais das novas aplicacións, atoparás unha selección dos mellores xogos publicados en anos anteriores. O resultado é unha contorna divertida, variada e educativa que che servirá para pasalo ben, entreter, repasar e aprender cun VERÁN OLÍMPICO:
Gracias a Tolinha soubemos deste LIM sobre o conto de Xoán G. "O Apalpador", creado por Sara Alfaya. Despois de escoitar o conto poderás realizar unhas divertidas actividades que porán a proba os teus coñecementos sobre este personaxe. ¿Anímaste? Pois, ¡adiante!:
Como xa levades investigado moito, seguro que seredes capaces de facer estas actividades tan divertidas sen ningún problema. Hai dous niveis de dificultade, escolle o que che pareza mellor e xa me contaredes que tal vos vai (preme na imaxe):
O próximo sábado, 30 de octubre, celébrase o centenario do nacemento do poeta Miguel Hernández.
Aquí vos deixo algúns recursos para achegarnos á figura deste insigne escritor:
NAVEGANDO POLA REDE: - Unha completísima páxina con libros do autor para todas as idades e ligazóns a páxinas con todo tipo de recursos: - Na revista dixital SEHACESABER.ORG, unha selección de recursos para achegar a vida e a obra do autor aos nosos alumnos/as:
- MIGUEL HERNÁNDEZ EN EL AULA: Unha magnífica páxina cunha proposta pedagóxica que os autores presentan así: "... esperamos os sea útil para trabajar la sensitiva lírica del poeta. Se trata de una selección de poemas de Hernández, musicados por el cantautor Paco Damas en su disco Tristes Guerras, y de una serie de recursos y materiales para el aula, surgidos del trabajo en equipo de un grupo de profesores y profesoras." Esta colección de recursos no recorre toda la obra de Miguel Hernández, ni siquiera todas las canciones del disco. Sólo pretenden sugerir para divulgar, ser siembra y semilla que ha de adaptarse a cada contexto, y que cada cual deberá cargar de utilidad para que prospere. En cualquier caso, es para escuchar, para leer, para sugerir escrituras, para vivir y convivir en paz, para compartir...
Como xa está cerquiña o Samaín seguramente andaremos procurando actividades e recursos para traballar estas datas na aula. Lembrámosvos que no panel lateral temos o acceso a diferentes recursos para as distintas efemérides que adoitamos celebrar ao longo do curso. Ademáis da nosa recompilación, podedes consultar a selección da biblioteca do Ceip Víctor Sáenz de Mazaricos, ou se o preferides, nesta páxina(BIBLIOCOLE) atoparedes ambas listaxes. E se aínda andades a voltas co OUTONO e o MAGOSTO, aquí atoparedes moitas ideas:
Moitas gracias aos compañeir@s de Bibliovictorsaenz pola súa xenerosidade.
Hoxe quero presentarvos a Pipo, un novo amiguiño virtual. Neses días nublados, que non podes ir á praia e non sabes que facer, podes visitar a páxina de Pipoclub e divertirte cunha morea de xogos superguais. Primeiro tes que rexistrarte e despois xa podes acceder a todos os xogos online que che ofrecen. Hai actividades educativas para todas as idades. Déixoche aquí unha mostra para que vaias practicando: