Lugrís foi un pintor case autodidacta, bohemio e anárquico, poeta, ilustrador e muralista. A súa obra pictórica reflicte unha predilección polos temas mariñeiros, e nela transcribe un detallado mundo onírico, idealizado e soñador. Os seus cadros, case sempre pintados sobre táboa en pequenos e medianos formatos, reflicten un poeta recreador de mitos e lendas, de aventuras de barcos desaparecidos baixo as augas, e narracións fantásticas ao xeito de Stevenson ou Conrad. Estivo influenciado polo seu padriño, o escritor Francisco Tettamancy e Gastón, gran amigo do seu pai. Este contáballe unha grande cantidade de lendas célticas e contaxioulle a fascinación polo mundo dos soños.
No referido á literatura, están presentes na súa obra pictórica autores como Manuel Antonio, Luz Pozo Garza, Valle-Inclán e, sobre todo, Julio Verne, escritores relacionados co mundo mariño. Nos seus artigos e poesías, Lugrís utiliza o alcume literario de Ulyses Fingal, unha fusión da herdanza grecolatina e o mundo das sagas nórdicas de raíz céltica.
O poeta e pintor Urbano Lugrís González naceu na Coruña en 1908 e morreu en Vigo no 1973. Polo tanto este ano celebramos o centenario do seu nacemento.
Un dos temas máis representado nos seus cadros é o mar, por iso a súa obra pictórica lle acae tan ben á nosa Biblioteca xa que, como sabes, este ano o mar é o tema arredor do que xira toda a actividade.
Busca máis información sobre este pintor e observa os seus cadros. De seguro que te levan por un mundo MARabilloso...
"Acostumbraba a dibujar un ancla junto a su rúbrica, en una esquina de sus cuadros, murales o ilustraciones. Una pequeña seña de identidad que no hacía más que remarcar la evidente fascinación por el mar y por el océano de leyendas y fantasías que pueblan casi obsesivamente la obra pictórica de Urbano Lugrís, el genial artista gallego del siglo XX nacido hace ahora 100 años en A Coruña." Paola Obelleiro. Cien años de magia marina. EL PAÍS.com (Ler máis...)
O alumnado do terceiro Ciclo de EP relata a visita á Escola Obradoiro Mar de Vigo, actividade programada pola Biblioteca do Centro en torno ao proxecto interdisciplinar "Descubre un mundo MAR...abilloso":
Durante a mañá do día 11 de Decembro o alumnado de 5º e 6º visitamos a Escola Obradoiro Mar de Vigo. Na entrada das instalacións recibiunos o Director do Centro. Alí mesmo xa nos chamaron a atención varias embarcacións de diferentes tamaños e formas das que nos explicaron algúns detalles como os materiais de que están feitas, utilidades... Tamén nos deron a coñecer, en liñas xerais, o labor que levan a cabo neste Centro: reprodución das embarcacións tradicionais que se están perdendo, fabricación doutras máis modernas en poliéster e tamén se encargan da formación de persoas para estes traballos.
Xa no interior observamos o proceso de construción dun galeón, barco tradicional de madeira que servía para transportar mercadorías polas rías galegas. Vimos unha traiñeira de madeira e participamos nun obradoiro no que fixemos nós mariñeiros, reproducimos en cartolina unha chalana e traballamos coa linguaxe das bandeiras. Voltamos ao cole sabendo moitas máis cousas do mar e sobre todo das nosas rías. Foi unha visita a MAR de interesante...!!
Todos/as estabamos agardando que o pirata Patalata voltase a escribirnos e por fin chegou unha nova botella cunha mensaxe. Apareceu na Biblioteca e di así:
"Ola, mexilóns!!
A bruxa Maruxa xa me contou que andades a traballar moito e que xa sabedes moitas cousas do mar. Pensando en vós ocorréuseme que podedes axudarme a atopar o tesouro do pirata "Pata de aceiro inolvidable", un rufián moi intelixente que agochou os seus tesouros nunha illa, pero ninguén sabe onde. Só sabemos que a este orixinal pirata gustábanlle moito as historias e que sempre tiña un libro nas súas mans. Ninguén se atrevía a rirse del, pero todos pensabamos que estaba tolo; un pirata sabichón, ¿onde se viu tal cousa?...
Parece ser que deixou unha serie de pistas para poder atopar o tesouro e que as devanditas pistas están entre as páxinas dos seus libros favoritos.
E agora preciso da vosa axuda, se vós estades dispostos. Mandareivos as pistas que están no meu poder e seguro que entre todos atopamos o tesouro.
Ben, amig@s, despídome de vós e espero a vosa resposta. Mentres, vixiade, vixiade, vixiade...
O pasado mércores, 7 de novembro, os nenos e nenas de tres anos de EI, mergullámonos nunha aventura polo mar. Axudamos a Mik a rescatar o tesouro do barco pirata de Pata de Lata. Foi toda unha aventura porque mentres durmían os asaltamos e sen facer nin chisco de ruído, subimos ao barco, puxemos os cinco sentidos a traballar( escoitamos, non podíamos falar para non ser sorprendidos, tocamos amodiño as paredes, as barandas, ulimos a piratas que non se lavaban, e abríamos ben os ollos para estar atentos a calqueira imprevisto. Alí estabamos nós dispostos a devolver o tesouro á nosa escola. E conseguímolo.
Gustános moito a nosa biblioteca mariña; é fantástica porque para entrar nela temos que embarcar no submarino azul. Vaia viaxe!