|
|
NOVAS DE MIK: EMI TORRÓN |
|
O noso amiguiño MIK enviounos unha nova proposta arredor do PDI deste ano sobre PINTURA vinculada á celebración do 8 de marzo que nos parece moi interesante porque pon de relevo un dos valores máis admirables, a loita pola superación persoal. EMI TORRÓN é unha gran pintora que non permitiu que a súa discapacidade lle impedira lograr os seus soños, un exemplo a seguir e unha impresionante lección de vida.
Poderedes ver máis FOTOS sobre esta actividade e da EXPOSICIÓN na seguinte ligazón: EMI TORRÓN NO MESTRES GOLDAR |
|
|
|
MIK, LER VAICHE QUE NIN PINTADO |
|
Para ler e gozar das preciosas ilustracións deste encantador cadroconto creado por Beltaine Bautista coa axuda da súa familia. XENIAL!!! Podes ver en pantalla completa se fas clic no cadradiño do centro ou NESTA LIGAZÓN e despois no cadradiño que está abaixo_dereita
|
|
|
|
AÍNDA MÁIS!!! |
|
Aquí tendes novos traballos para e espléndida exposición "LER vaiche que nin PINTADO". XENIAL!!!
|
|
|
|
ACHÉGASE O SAMAÍN CON PINTURAS ARREPIANTES!!!! |
|
Xa chega o SAMAÍN e os nenos e nenas do cole prepáranse para recibilo con moita arte. Como actividade relacionada co PDI deste curso, cada grupo elexiu un cadro dun famoso pintor/a que represente esta data ou que nos produza un sentimento de medo ou desacougo. Despois, coa axuda do profe de música, crearán unha banda sonora para acompañar cada obra de arte. Que idea tan xenial!!! O alumnado deste centro non é nada medoso e atoparon cadros realmente inquedantes. A ver que vos parecen: E. INFANTIL (3 anos)
 | SISARGAS. Urbano Lugrís | INFANTIL (4 anos)
O BERRO. Edvuard Munch INFANTIL (5 anos)
 | CAMUFLAXE. Noemí Núñez | PRIMEIRO EP
 | GUERNICA. Pablo Picasso | SEGUNDO EP
 | CAVEIRA CON CIGARRO. Van Gogh | TERCEIRO EP
 | AS TRES BRUXAS DE MACBETH. Alexandre Marie Colin | CUARTO DE EP
 | SOÑO DUNHA TARDE DOMINICAL NA ALAMEDA CENTRAL. Diego Rivera | QUINTO EP (Grupo A)
 | BARCOS. Urbano Lugrís Vadillo | QUINTO EP (Grupo B)
 | O VELLO GUITARRISTA CEGO. Picasso | SEXTO DE EP
 | O PESADELO. Johann Heinrich Füssli |
|
|
|
|
PINTANDO, PINTANDO, O TEMPO VAI PASANDO... |
|
E así imos chegando ao gran día da festa de reapertura da biblioteca. Xa estou desexando que veñades visitarme!!!
FOTOS |
|
|
|
SEGUIMOS LENDO E PINTANDO |
|
Ateigado está o cole de preciosos traballos realizados en familia polo noso alumnado. Dá gusto ver as paredes e os corredores cheos de creatividade e imaxinación. MOITOS PARABÉNS A TOD@S!!!
|
|
|
|
NESTE COLE HAI MOITA ARTE!!!! |
|
Aínda seguimos recibindo fantásticos traballos das familias e do noso alumnado!!! Neste cole hai moita arte!!! Que vos parece??!! SON ESTUPENDOS!!! Aínda podes ver máis fotos destes magníficos traballos AQUÍ |
|
|
|
PRECIOSOS TRABALLOS EN FAMILIA!!! |
|
Co remate do prazo para a entrega de traballos para a biblioteca, chega unha morea de auténticas obras de arte para a exposición que axiña estará nos corredores para o goce de toda a comunidade educativa. MOITAS grazas a todas as familias que colaboraron coa súa creatividade, coa súa ilusión, co seu tempo, co seu entusiasmo, coa súa complicidade e compromiso, demostrando, unha vez máis, que a educación dos nosos nenos e nenas é cousa de TOD@S. Convidamos a toda a comunidade educativa a visitar e gozar da exposición. Para aqueles que non poidan achegarse ao centro teñen AQUÍ unha ligazón ao álbum de fotos onde iremos subindo todos os traballos. No panel lateral tamén atoparedes unha ligazón permanente ao álbum clicando nunha imaxe como a de abaixo
|
|
|
|
MÁIS ARTISTAS!!! |
|
Hoxe chegaron novos magníficos traballos para a exposición da biblioteca!!! Todos explicaron moi ben como xurdiron as ideas e como as puxeron en práctica, así como os materiais que empregaron e a contribución de cada membro da familia. MOITOS PARABÉNS A TODOS!!! Sodes uns artistas xeniais!!!! PODEDES VER TODOS OS TRABALLOS AQUÍ |
|
|
|
PINTAR E LER, LER E PINTAR |
|
Que marabilla!!! Estamos abraiados coa cantidade e a calidade dos traballos que achegan as familias para a convocatoria que nos fixo a biblioteca por medio do seu algareiro ratiño MIK. Aquí van algunhas das fantásticas novidades: Por certo, os traballos aínda son máis bonitos se os vedes ao natural, por iso vos recomendamos que vos pasedes polo centro para gozar a gusto de todas as vosas obras. |
|
|
|
|
|
|