|
|
DÍA DE ROSALÍA: ERRANTES POLO MUNDO |
|
Co gallo da celebración do DÍA DE ROSALÍA, o alumnado do centro elaborou varios murais colectivos facendo alusión un tema recurrente na obra da escritora: A EMIGRACIÓN. Quedaron fantásticos!!! PARABÉNS a tod@s!!!
|
|
|
|
AGARDANDO A ROSALÍA |
|
O 24 de febreiro será o aniversario de Rosalía de Castro, polo que esta data será celebrada nas institucións e centros educativos de toda Galicia para reivindicar a súa figura como "referente necesario" na búsqueda de identidade para a lingua e a cultura galegas. No noso cole deseñáronse varias actividades arredor da figura desta escritora imprescindible e o alumnado xa está traballando coa súa biografía e coa súa obra. O 22 de febreiro mostrarase o resultado destes traballos nos corredores do centro. Aí vai un anticipo:
|
|
|
|
ROSALÍA DE CASTRO: RECURSOS |
|
Rosalia de castro from crocaio
CEIP Milladoiro (Malpica de Bergantiños, A Coruña): Selección de poemas LECTURAS RECOMENDADAS:UXÍA ROSALÍA PEQUENIÑA. EDITORIAL ÁRBORE/GALAXIA A MIÑA PRIMEIRA ROSALÍA. EDITORIAL XERAIS
MULLERES BRAVAS DA NOSA HISTORIA. ROSALÍA DE CASTRO. URCO EDITORA
OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS. EDITORIAL BOLANDA
MIÑA CASIÑA, MEU LAR. EDITORIAL TAMBRE
DO A AO Z CON...ROSALÍA. EDITORIAL EVEREST 
PARECE UNHA ROSA. EDITORIAL ESPIRAL MAIOR  ROSALÍA DE CASTRO. ESCOLMA POÉTICA. EDITORIAL KALANDRAKA
 OS NOSOS VERSOS. XERAIS
ANTOLOXÍA DA POESÍA GALEGA. EDITORIAL SUSAETA

ROSALÍA. FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO 
ROSALÍA DE CASTRO. ANTOLOXÍA. EDITORIAL XERAISXOGOS/ACTIVIDADES:
XOGO LIM SOBRE A BIOGRAFÍA DE ROSALÍA XOGO LIM SOBRE A BIOGRAGÍA DE ROSALÍA |
|
|
|
24 de febreiro: DÍA DE ROSALÍA |
|
Ela é o refacho que busca abrir as nosas fiestras. Un refacho que chega dende o pasado para nos falar do futuro.
Un refacho que quere abrir a fiestra para que poidamos navegar. Coa forza das baleas, da que busca novas fillas do mar, da que se ri dos papeis de xénero e nos anima a redefinilos...
Abride a fiestra para as viaxes interiores, para a coraxe dos afectos, para sermos das que non temos medo de pensar e de sentir simultaneamente, de recoñecernos mulleres con palabra e voz propia, herdeiras e compañeiras daquela que en cada dedicatoria se recoñecía nas súas iguais.
María Reimóndez Extracto do Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2018
Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.
A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
O 24 de outubro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA que as bibliotecas escolares aproveitanpara dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora. A obra de Rosalía cobra vida nas voces de nenas e nenos que recuperan en recitais, lecturas compartidas e todo tipo de actividades a forza da súa palabra. Atopan mozos e mozas na lectura dos seus versos unha muller actual e poderosa que se amosa cada ano que pasa máis próxima a todos e todas, a medida que os investigadores van desfacendo cos seus estudos as capas de escuridade que nola ocultaban. Unha vez máis, A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega convida neste 2018, baixo o lema #AbrideAFiestra, a celebrar este Día de Rosalía co agasallo dun libro galego e unha flor a amigos e familiares. Publica un manifesto na voz de María Reimóndez e propón, así mesmo, múltiples actividades ás que se poden sumar os centros educativos. |
|
|
|
MÁIS ROSALÍA!!! |
|
Máis traballos sobre Rosalía de Castro!! O alumnado de CUARTO de EP pintou varios retratos da escritora e ilustrou un dos seus poemas: Tamén elaboraron unas rosas preciosas que levarán prendida una poesía da escritora, coas que agasallarán ás súas familias:
|
|
|
|
DÍAS DE ROSALÍA, DÍAS DE POESÍA |
|
Desde a semana pasada todo o alumnado do centro está realizando moitas e moi creativas actividades arredor da figura da nosa universal Rosalía de Castro. Os nenos e nenas de 5º de EP prepararon un completísimo traballo colectivo sobre a vida e a obra da escritora, do que fixeron partícipes ao resto de compañeir@s. Hoxe visitaron a aula de CUARTO de EP onde ofreceron unha estupenda exposición da biografía da autora, adoviada con algúns dos seus poemas e preciosos debuxos. Tamén explicaron a orixe do kamishibai: Moitos PARABÉNS a tod@s polo fantástico traballo!!! |
|
|
|
ROSALÍA EN VIGO |
|
Entre outras actividades arredor da figura de Rosalía de Castro, ao fío do PDI sobre Vigo que estamos desenvolvendo no centro, propóñense as seguintes actividades de investigación que relacionan esta escritora coa nosa cidade:
24 FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA: "Rosalía en Vigo"
FICHAS DE INVESTIGACIÓN:
|
|
|
|
24 de FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA. RECURSOS |
|
175 ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO (1837-2012) Ademais das actividades da FUNDACIÓN ROSALÍA a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro. A AELG abriu un blogue no que ir recollendo achegas creativas e iniciativas en relación con esta conmemoración.
Ademáis está organizando nas principais cidades e vilas lecturas públicas da obra rosaliana, nas que se lerá un manifesto solicitando a difusión do coñecemento da obra de Rosalía de Castro,en especial entre as xeracións máis novas que colectivamente contribuímos a coeducar, pois a súa poesía ou prosa reflexiva son base indispensábel para fomentar o amor á nosa lingua e comprender a nosa identidade cultural.
LECTURAS RECOMENDADAS
"PARECE UNHA ROSA"
Edicións Espiral Maior
( preme para o LIM ) "ROSALIA DE CASTRO PARA NENOS" Ediciones de la Torre. "ADIOS RÍOS,ADIOS FONTES"
Baía edicións.
-"ROSALIA DE CASTRO".Poesía completa ilustrada Volume I. La Flor-A mi madre.El Patito Editorial ROSALIA" Fundación Rosalía de Castro ( preme para o LIM ) Escoitemos un poema de Rosalía na voz de Amancio Prada
|
|
|
|
ROSALÍA: TRABALLOS DO ALUMNADO |
|
Xa vos podemos mostrar o resultado do traballo arredor de Rosalía de Castro, que consistía en decorar un marcapáxinas que contiña unha poesía da autora. Quedaron preciosos! PODEDES VER O RESTO DOS TRABALLOS AQUÍ |
|
|
|
UNHA PEGATINA POR UN POEMA |
|
Desde a BIBLIOTECA XOÁN FARIAS, a biblioteca do CEIP de PAZOS, chéganos un fermoso agasallo a xeito de pegatina coa que honrar a memoria de Rosalía de Castro achegando a súa obra ao noso alumnado. "No Día de Rosalía, cambiamos un poema da escritora, escrito e ilustrado, por unha fermosa pegatina."
|
|
|
|
|
|
|