Os nenos e nenas de 5º e 6º de Ed. Infantil fixeron a súa propia versión do videoclip Thriller de Michael Jackson. Que medo nos fixeron pasar estes zombies!!!!MENUDOS ARTISTAS!!!!
Hoxe tivemos unha nova visita do noso amiguiño MIK acompañado polas axudantes da biblioteca. Desta vez trouxeron un convite a unha nova sesión cinematográfica na biblioteca. Que guai!!! Axiña baixará todo o alumnado para ver "Meñique y el espejo mágico", un filme que ten relación cun dos artistas galegos que estamos investigando. Sabedes de quen se trata??? Pois si, a banda sonora foi creada por MANUEL RIVEIRO!!
Como sabedes, todo o alumnado do centro está traballando nunha reportaxe arredor de dúas figuras moi significativas dentro do mundo do cine. Trátase do realizador DANI DE LA TORRE e do músico e compositor MANUEL RIVEIRO. Para que teñades unha primeira aproximación a estes artistas, o profe Antonio preparou as seguintes presentacións. GRAZAS, PROFE ANTONIO!!!!
Bueno, amiguiños, atopei por aquí unhas imaxes moi bonitas e interesantes e, por máis voltas que lle dou ao miolo, non sei o que queren dicir. Como vós sodes tan listos e espelidos, seguro que podedes axudarme. Aí van as preguntas:
Que representan?Con que persoas teñen relación?
Explicádeme todo o que averigüedes e escribídeo nun comentario. Estou que xa non como nin durmo de tanta curiosidade!!!Terá algo que ver co noso PDI??? Ai, ai ai..., que poden ser estas imaxes??!!
No marco do noso PDI anual a biblioteca promove o visionado de películas relacionadas coas datas máis significativas do calendario escolar. Aproveitando a chegada do Nadal, MIK deixounos preparado o visionado de dúas películas que entusiasmaron ao alumnado: Polar Express e Arthur Christmas. GRAZAS, MIK!!!!
Grazas á colaboración, a creatividade e a orixinalidade do noso alumnado e as súas familias xa podemos gozar dunha magnífica exposición sobre o cine e as letras, tal e como requería a convocatoria da biblioteca. Así, baixo o lema "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE", a imaxinación e o bo facer son os protagonistas dos espléndidos e cinematográficos traballos que decoran os corredores do centro. MOITAS GRAZAS ás familias que, unha vez máis, coa súa complicidade e compromiso, demostran que a educación dos nosos nenos e nenas é cousa de TOD@S.
Convidamos a toda a comunidade educativa para visitar e gozar da exposición. Para aqueles que non poidan achegarse ao centro teñen AQUÍ unha ligazón ao álbum de fotos onde iremos subindo todos os traballos. No panel lateral tamén atoparedes unha ligazón permanente ao álbum clicando nunha imaxe como a de abaixo
O noso amiguiño MIK non para e xa nos encargou unha nova tarefa. Desta vez, en colaboración coas nosas familias, teremos que ilustrar o lema da biblioteca: "PELICULETRAS, UNHA BIBLIO DE CINE". Seguriño que novamente quedaremos abraiados coa orixinalidade e a creatividade do noso alumnado. Todos os traballos estarán expostos nos corredores do centro. Estamos impacientes! A TRABALLAR!!!
Arredor do PDI deste ano, a biblioteca do centro seleccionou interesantes recursos sobre CINE na escola para os diferentes niveis de Infantil e Primaria. Por outra banda, no panel lateral de navegación atoparedes a ligazón permanente a estes e os novos recursos que vaiamos atopando. Tamén podedes acceder a todas as entradas relacionadas co PDI clicando na imaxe de abaixo. Agardamos que vos sexan de utilidade.
Os nenos e nenas de sexto de E. Infantil subiron coa súa profe Rocío para ver a estupenda exposición sobre o cine que están facendo en terceiro de Primaria. O equipo de terceiro recibiunos con moita ilusión e agarimo e explicáronlle maginificamente a utilización e a elaboración de cada un dos obxectos. Tamén xogamos a ser leóns da Metro Goldwyn Mayer. Pasámolo xenial e aprendemos moito, pero o mellor foi sentir a marabillosa experiencia de compartir.