O luns, día 13 de xuño, a Fundación Celta de Vigo visitou o noso centro para realizar unha actividade, promovida polo Departamento de E. Física, enmarcada no proxecto sobre a nosa cidade: "Vigo dá moito xogo II". Desta vez, as propostas xiraban en torno ao deporte que máis atrae ao noso alumnado: o fútbol. Por suposto, entusiasmáronse co feito de que persoas do clube enseña da cidade, o "Celta de Vigo", foran as encargadas de dirixilas e compartilas coa rapazada. Ao finalizar, non faltaron as fotos asinadas dos futbolistas e unha rica lambetada. MOITAS GRAZAS!!!
Como actividade FIN DE PROXECTO, o venres, 10 de xuño, todo alumnado de E. Primaria do centro compartiu unha xornada inesquecible no incomparable marco natural das Illas Cíes, o noso paraíso, do que nos gabamos, queremos e coidamos como a máis fermosa das xoias que a natureza nos ofrece.
A aventura comeza no momento en que, moi ilusionados, chegamos ao porto para embarcar rumbo ás illas. Para algúns foi a súa primeira viaxe en barco!!!
Despois de 45 minutos de travesía pisamos o peirao á beira do areal de Rodas. A continuación, cada grupo realizou a ruta que tiña organizada, acompañados dos guías que nos ían mostrando os incribles tesouros que se espallan por todo o arquipélago.
Despois da camiñata baleiramos as mochilas coa fame que tiñamos.
Despois de comer, reunímonos na praia onde xogamos, falamos, rimos e refrescámonos un pouco.
E chegou a hora de regresar, polo que camiñamos de novo cara o barco que nos levaría ata Vigo. Mentras navegabamos non deixamos de mirar hacia atrás, vendo como as illas que nos acolleran ían quedando cada vez máis lonxe. Ao chegar a Vigo tod@s estabamos moi contentos por ter vivido unha experiencia tan fantástica.
SEGURIÑO QUE AXIÑA VISITAREMOS DE NOVO AS CÍES!!!Podedes ver unha morea de fotos chulísimas facendo CLIC AQUÍ
Xa temos unha nova actividade interactiva enmarcada no PDI de centro: Vigo. Desta vez vai dirixida ao alumnado de 1º e 2º de EP pero da que podemos gozar tod@s ao tempo que aprenderemos moitas cousas interesantes sobre a nosa cidade:
O mércores, 1 de xuño, o alumnado de terceiro de E. Primaria visitou o Museo do Mar, actividade programada dentro do PDI de centro arredor da nosa cidade. Alí agardábaos unha monitora que os acompañou durante o percorrido e que lles explicou moitas cousas interesantes sobre a vida no mar da Ría de Vigo.
Primeiro estiveron no acuario, onde observaron a variedade de animais que habita nas nosas costas.
A continuación puideron comprobar o inxenio do ser humano deseñando traxes e máquinas para explorar o mundo submariño. Así, viron a evolución, a través dos anos, dos traxes de mergullo e mesmo experimentaron, grazas a Kevin, o esforzo enorme que supoñía manter a unha persoa baixo a auga.
Despois descubriron un curioso submariño, deseñado e fabricado por Sanxurxo Badía, e souberon da relación que este mantivo con Xulio Verne.
Finalmente puideron entender as dificultades do ser humano para desenvolverse debaixo da auga experimentando e facendo exercicios de apnea:
Xa están, recén saidiños do forno, os contos colectivos escritos e ilustrados polo alumnado do centro no marco das actividades arredor do PDI deste curso. Con todos eles elaborarase un novo exemplar para a sección de "Produción Propia" da nosa biblioteca. Xa temos unha estupenda colección!! PARABÉNS aos nenos e nenas e aos profes que dirixiron este fantástico traballo!!! Vigo, unha cidade de conto:
Xa se están rematando os traballos relativos ao noso Proxecto Documental sobre a nosa cidade: Vigo, un mundo por descubrir. Así, o alumnado de terceiro e cuarto de EP debe realizar a seguinte proposta interactiva como actividade de repaso e autoavaliación. Se queredes aprender moitas cousas interesantes sobre as Illas Cíes intentade resolver todas as cuestións que nos plantexan. Seguro que o pasaredes moi ben!! ADIANTE!! (Clic na imaxe de abaixo)
Hoxe recibimos una espléndida noticia! O alumnado de cuarto de Primaria acadou o segundo premio do concurso "Rumbo ás Illas", convocado polo Centro de Visitantes Cambón e dirixido a nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de EP. Despois de asistir , xunto cos compañeiros de terceiro, e implicarse con moito entusiasmo en todas as actividades que lles plantexaron, os arroutados Rebeldes aceptaron o reto de elaborar un traballo que recollera os contidos da visita. A proposta era moi acaída ao Proxecto Documental deste curso polo que non dubidaron e puxéronse mans á obra. O resultado foi un precioso e orixinal mural que mereceu un espléndido segundo premio: unha visita guiada ás ILLAS CÍES. PARABÉNS A TOD@s polo fantástico traballo:
O martes, 8 de marzo, no marco do PDI sobre Vigo, a proposta do ENDLG do noso centro, os alumnos e alumnas de 3º de Primaria gozaron do obradoiro Camiño da Lingua, que incluía probas lingüísticas, culturais, adiviñas, trabalinguas e xogos didácticos, o que resultou moi moi acaído ao noso proxecto xa que se xunguían coñecementos sobre a nosa lingua e sobre a nosa cidade. A unidade lúdica é o xogo da oca tematizado co personaxe de Buxo e cos lugares emblemáticos de Vigo.
Un taboleiro, un dado xigante, dous equipos e moitas ganas de divertirse foron os ingredientes desta fantástica actividade. Pasámolo xenial!!!!
O alumnado de 1º e 2º de EP xa están traballando no seu caderno de pescudas sobre o tema do PDI deste ano: Unhas pinceladas de Vigo Quedou moi chulo e seguro que vos encanta traballar nel!!!
Baixo o lema UNHA APERTA POLA PAZ, no noso centro celebramos o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia cunha actividade que relaciona esta conmemoración co tema do PDI que estamos a desenvolver este curso: Vigo, unha cidade por descubrir. Novamente, a nosa cidade proporcionounos o recurso máis acaído, A PRAZA DAS APERTAS, que como sabedes, é obra do artista Antón Pulido. Fixemos unha pequena recreación deste precioso recuncho no salón de actos e convidamos ao noso alumnado a ofrecer as súas apertas por un mundo mellor, máis tolerante e máis xusto. A convocatoria foi un éxito e as pombiñas, tan coloridas como a praza, transportaron as apertas que encheron as paredes. PARABÉNS A TOD@S!! O MUNDO SERÁ MÁIS FERMOSO ATEIGADO DE APERTAS!!