O venres, 1 de marzo, celebramos O ENTROIDO no cole cunha obra colectiva na que interviñeron tod@s os nenos e nenas do centro. Foi un éxito tremendo e pasámolo requetebén!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido fixo referencia ao PDI que estamos traballando, de aí o PINTOresco título E TI QUE PINTAS AQUÍ? Dun xeito moi peculiar e orixinal pasaron polo escenario unha morea de personaxes que fixeron de narradores e condutores de todo o que foi acontecendo para rematar cun baile fin de festa no que todos participaron. E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES GOLDAR!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e ao noso creativo mestre de cerimonias!!
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO moi PINTOResco!!! O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, preparou unha morea de actividades moi interesantes e divertidas arredor da festa do ENTROIDO. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. Nas aulas preparáronse os bonecos para o xoves de compadres e o xoves de comadres. Os corredores do centro están decorados con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia. Tamén temos dous personaxes moi curiosos ataviados con disfraces típicos do entroido galego. E, por suposto, xa se instalou o meco na porta da biblioteca coas ordes que haberá que obeceder ao longo da próxima semana. Xa estades vendo: todo listo para a festa rachada do próximo venres!!! Agora, a preparar os vosos disfraces e a pasalo ben!!!
Este ano levaremos a cabo no cole unha das tradicións do longo ciclo do entroido galego: o XOVES DE COMPADRES e o XOVES DE COMADRES. Para iso teremos que elaborar uns bonecos moi sinxelos que serán os protagonistas desta divertida actividade. Utilizaremos papel de xornal, papel de seda e la para o pelo. Deberemos procurar que os nosos bonecos sexan resistentes para que sobrevivan á "loita". Podes probar a facer un na casa. Será moi divertido!!!
Dentro das actividades programadas co gallo do ENTROIDO, o venres, 2 de febreiro, tivemos un anticipo da festa e da troula coa charla sobre un dos persoaxes máis orixinais e antigos do entroido tradicional galego: A MÁZCARA DE MANZANEDA. Agradecemos moito a Xosé Diéguez a súa xenerosidade ao compartir con nós os seus coñecementos e o seu tempo. Pouco a pouco imos descubrindo os tesouros culturais que se atopan nos pobos e vilas de toda Galicia. Encantounos ver o pucho tan artístico que nos trouxo e gozar, en directo, do baile cun cinto cheo de chocas que acompaña o ritmo do "fulión". Pasámolo xenial!!! MOITAS GRAZAS!!!
Ao rematar a charla, Pepe tivo a amabilidade de prestar os seus obxectos aos máis ousados para facer unhas fotos moi trouleiras:
A continuación podedes ver o vídeo do programa da televisión española "Galicia para el mundo"que recolle esta tradición:
Xa están completos os paneis de xaneiro e febreiro coas sorpresas que iremos descubrindo ata que cheguemos ao 1º DÍA GRANDE, o domingo de entroido. Cada día sinalado imos con moita curiosidade para saber que atoparemos dentro do sobre. O próximo luns abriremos o que ten o número 27 e o número 28!!!
AH!!! Non esquezades que o día 29 comeza a exposición sobre o ENTROIDO DE MACEDA onde descubriredes cousas moi interesantes e curiosas. Animamos a todas as familias para que visitedes esta fantástica exposición!
Xa está chegando o entroido ao Mestres Goldar!!! O alumnado estase preparando para celebrar un ENTROIDO DE CINE!!! A porta da biblioteca está fermosamente decorada con carteis de festas e celebracións en moitos lugares de Galicia.
O ENDL do centro, xunto co equipo da biblioteca, está a preparar unha morea de actividades moi interesantes e divertidas. Para facer boca, un calendario "conta atrás" que contén moitas sorpresas que os nenos e nenas irán descubrindo cada día.
O alumnado de 4ºA foi o que inaugurou o calendario!!!
Pero aínda haberá máis sorpresas!!! Seguide atent@s!!!
Ola, nenos e nenas!!!! Aquí estou outra vez, despois das vacacións de Nadal, moi contento porque estamos nun cole DE PELÍCULA e estades facendo uns traballos fantásticos!!!
Agora ando un pouco despistado porque atopei unhas cartas grandes e misteriosas que teño que investigar. Seguro que tendes a tanta curiosidade coma min, pero non vos preocupedes porque xa estou pescudando. Atent@s porque axiña teredes noticias miñas!!!
XA ESTÁ!!!!! Xa teño moitas pistas!!! Atopei as cartas e descubrín o que conteñen: mooooita información sobre o ENTROIDO TRADICIONAL GALEGO!!! Podemos facer un percorrido polos pobos e vilas de Galicia e atoparemos en todas elas celebracións e máscaras moi pintorescas. O noso entroido é un dos máis antigos e interesantes de toda a península!!!QUE MARABILLA!!!
CANTAS COUSAS IMOS APRENDER!!!! Moitas GRAZAS aos Concellos de Touro (A Coruña) e da Estrada (Pontevedra) pola súa amabilidade e atención.
O venres celebramos, como cada ano, a festa do entroido. Este curso, ao fío do noso PDI, pasaron polo escenario numerosos países e culturas do mundo, dentro do espectáculo "POR CULPA DUN POKEMON", obra de teatro na que participou todo o alumnado do centro, o profesorado e os compoñentes da directiva da ANPA.
Así, a India estivo representada polos nenos e nenas de E. INFANTIL:
Os nenos e nenas de 1º de EP fixeron de pequenos durmiñáns ao arrolo de Pedro Chosco:
Os nenos e nenas de 2º de EP foron de nutritivas hortalizas para o cocido do entroido:
O continente africano estivo magnificamente representado polos nenos e nenas de 3º e 4º de EP:
Os nenos e nenas de 5º foron os representantes dos países orientais e introduciron o espectáculo cun excelente número de mímica:
Os representantes das familias leváronnos a Cuba cun baile moi caribeño:
O alumnado de sexto repertiuse entre Pokemons, cazapokemons e científicos:
Os profes fixeron, tamén, de científicos tolos:
PASÁMOLO XENIAL!!!! A continuación podedes ver algunhas imaxes: Se queredes acceder ás FOTOS, clic AQUÍ Aproveitamos para dar as GRAZAS a todas as familias pola súa colaboración e a súa asistencia; aos profes, pola súa dedicación, en especial ao creador e organizador, profe Toniño, á profe Paloma polas súas coreografías e ao case profe Jacobo polo deseño e elaboración dos decorados. E, por suposto, moitos PARABÉNS ao alumnado polo seu bo facer e profesionalidade.MOITOS BICOS RATUNOS E ATA O ANO QUE VEN!!!
Como vén sendo habitual no noso colexio nesta época do ano, imos celebrar o vindeiro venres 24 o FESTIVAL de Entroido do 2017 que este ano leva por título ?Por culpa dun Pokemon?.
ORDES DO MECO:
LUNS
UN COLAR FEITO A MAN NO NOSO CORPO LUCIRÁ
MARTES
UN ADORNO VEXETAL É UN ALIMENTO ORIXINAL
MÉRCORES
A VOLTA Ó MUNDO DAREMOS E UN GORRO DE CADA PAÍS TRAEREMOS
XOVES
OS NOSOS OLLOS ADORNAREMOS E MÁIS FEITIÑOS ESTAREMOS