Hoxe tivo lugar a entrega de medallas e diplomas aos Lectores/as e Escritores/as Olímpic@s, un emocionante acto co que damos por rematadas as actividades da biblioteca relacionadas co Proxecto documental. Cómpre destacar a ledicia d@s "medallistas" que viviron con gran excitación e alegría, nalgúns casos desbordada, o recoñecemento ao seu traballo e ao seu esforzo.
Agardamos xa con ilusión as sorpresas que Mik nos terá reservadas para o ano que ven e estamos seguros de que aprenderemos e nos divertiremos tanto como o fixemos ao longo destes meses. Grazas a tod@s, alumnado, familias e profesorado, pola colaboración, pola participación e polo enorme entusiasmo que puxestes en cada unha das propostas, sorprendéndonos cada vez cuns resultados que sempre superaban o agardado. Aínda que os "Xogos Olímpicos" do Mestres Goldar remataron esta mañá, continuaremos coas actividades "artísticas" durante toda a semana: baile, música, teatro..., porque no noso cole, ademáis de ler, escribir, estudiar e investigar, temos MOITA ARTE! Polo de agora déixovos a reportaxe fotográfica do acontecido na entrega de medallas, que se desenvolveu con todo o "protocolo" que requería a ocasión e onde non faltou de nada: Comité olímpico, facho, podio e, por suposto, moitos aplausos e parabéns:
Ah! E estade atent@s porque axiña teremos o vídeo cos "momentos estelares" desta xornada especial.
ACTUALIZACIÓN: Aquí vos traio os vídeos prometidos, porque eu son un rato cumplidor e xa din por aí que "o prometido é deuda"... Como ben sabedes, o acto comezou cun espectacular baile que nos ofreceron Jimena e Claudia:
Para seguir coa entrega de medallas e diplomas aos ESCRITORES/AS OLÍMPIC@S: Despois aos LECTORES/AS OLÍMPIC@S:
E por último, a homenaxe e agradecemento aos "AXUDANTES" da biblioteca:
O próximo 18 de xuño terá lugar a entrega de medallas aos gañadores e gañadoras dos concursos ESCRITORES/AS E LECTORES/AS OLÍMPIC@S, así como a entrega de diplomas aos participantes polo entusiasmo e o esforzo demostrado nas creacións presentadas. Estate atent@, pode que ti sexas un dos afortunados!!
Hoxe rematou a SEMANA CULTURAL na que tivemos ocasión de aprender moitísimas cousas sobre os Xogos Olímpicos. E como non podía ser doutro xeito, puxemos o broche de ouro ao noso proxecto documental coa celebración dos I XOGOS OLÍMPICOS MESTRES GOLDAR, onde participou todo o alumnado do centro nas nosas particulares disciplinas olímpicas: complicadísimos circuitos, acrobacia con zancos, salto de comba, hula-hop, tiro a canasta, bolos, unha novísima modalidade de fútbol (o rugbybol), o brilé, o pano...
Os nosos deportistas, perfectamente entrenados, fixeron unha magnífica exhibición do seu espírito olímpico demostrando que o importante non é gañar senón participar. Por ofrecernos tan excelente comportamento olímpico, tod@s recicibiron o seu diploma como testemuña dunha xornada especial moi, moi, divertida. Temos que facer constar o fantástico labor que fixeron os nenos e nenas de sexto como axudantes da organización e sen os cales seguramente todo sería máis complicado. MOITAS GRAZAS!!
Felicitamos tamén ao profe Carlos que preparou un magnífico programa de actividades lúdico-deportivas coas que disfrutamos un montón e que nos fixeron vivir de cerca a emoción do xogo e a ilusión de protagonizar as nosas propias OLIMPIADAS.
Hoxe asistimos a unha nova "mesa de expert@s", esta vez a cargo do alumnado do 2º ciclo, que fixo unha magnífica exposición dos resultados das súas investigacións sobre as cidades e países sé dos XXOO modernos. Un percorrido que nos amosou os aspectos máis relevantes de cada un dos lugares: costumes, monumentos, personaxes, relevo, flora, fauna... Un espléndido traballo e unha brillante exposición a que nos brindaron os nenos e nenas do segundo ciclo. PARABÉNS A TOD@S!! Aquí vos deixo algunhas imaxes coa música que eles mesmos escolleron:
Así se titula o conto creado e ilustrado polo alumnado de Infantil. Pasarédelo en grande disfrutando dos preciosos debuxos que fixeron para unha simpática historia que ten un personaxe que eu coñezo moi ben. Seredes capaces de descubrilo? O que está claro é que os nenos e nenas de E. Infantil son uns auténticos artistas!!
Hoxe asistimos a unha nova "mesa de expert@s" a cargo do alumnado do 1º ciclo. Esta vez o tema abordado foi a mitoloxía grega, centrándose sobre todo nos deuses e deusas máis importantes, os habitantes do Olimpo. Ataviados á maneira dos gregos antigos ou como auténticos deuses, foron contándonos todo o que aprenderon nas súas investigacións: onde habitaban, que comían, como eran, cales eran os seus poderes, de quen eran protectores e mesmo nos falaron dos seus amoríos. Tamén nos mostraron os fantásticos traballos que fixeron e convidaron ao resto dos compañeiros e compañeiras a probar un "xogo de deuses" despois de facernos, claro, unha demostración. Dámoslles as grazas e os nosos parabéns polo seu espléndido traballo. NORABOA A TOD@S!!
Recén saidiño do forno, aquí está o emocionante conto elaborado e ilustrado polos nenos e nenas do 2º ciclo de Primaria. Seguro que o pasaredes moi ben lendo esta aventura chea de misterio:
Continuando coa semana cultural, esta vez foi o alumnado do 3º ciclo o que se encargou de explicar aos compañeiros e compañeiras o traballo que viñeron realizando durante este curso. Os nenos e nenas de 5º relatáronnos como se desenvolvían os Xogos na antiga Grecia, quen participaba, cales eran as regras e as disciplinas nas que competían, anécdotas e curiosidades...
O grupo de 6º encargouse de explicarnos como se reanudaron os Xogos gracias ao barón de Coubertin, as dificultades que atopou e como chegamos ao momento actual, onde a celebración dos Xogos Olímpicos é un acontecemento de importancia mundial.
Moitos parabéns a tod@s, pola claridade das explicacións e polo espléndido traballo que realizastes. NORABOA!!
Os nenos e nenas de Educación Infantil inauguraron a SEMANA CULTURAL (ver programa), actividade coa que remataremos o noso Proxecto Documental, e na que cada ciclo exporá ao resto dos compañeiros e compañeiras os traballos que resultaron das súas investigacións e explicarán todas as cousas interesantes que levan aprendido.
As investigacións de E. Infantil centráronse nos Xogos Olímpicos das cinco últimas convocatorias, desde BARCELONA 92 ata LONDRES2012. Fixeron un espléndido mural onde recollían os datos máis significativos de cada un dos eventos: as mascotas, logotipo, bandeiras,situación xeográfica, monumentos e deportistas máis importantes...
Ataviados ao estilo grego, os peques do cole fixeron unha excelente exposición axudados polas súas titoras. PARABÉNS a tod@s por tan magnífico traballo!!
Se queres ver máis fotos preme na imaxe de abaixo:
Como xa estamos rematando o noso proxecto documental, empezamos a recoller os espléndidos froitos do noso traballo. Como mostra, aquí vos deixo o conto colaborativo que crearon os magníficos escritores/as e ilustradores/as do 1º ciclo de Primaria: