O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

SEMANA CULTURAL
Xa estamos rematando a nosa aventura investigadora e achégase o momento de demostrar todo o que levamos aprendido. A próxima semana comezará a SEMANA CULTURAL para rematar cunhas Olimpiadas especiais nas que o alumnado demostrará que, ademais de saber moitas, moitas cousas, tamén está "en forma". Ídevos preparando porque seguramente o pasaremos moi ben. Serás capaz de conseguir algunha das medallas "mikolímpicas"?


Comentarios (0) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 21-05-2012 20:07
# Ligazón permanente a este artigo
TRABALLO DOCUMENTAL E XOGOS OLÍMPICOS
O alumnado do centro anda metido de cheo nos labores de investigación arredor do proxecto documental de centro. Como sabedes (ver información anterior), nesta recta final toca traballar coas biografías e indagar nas vidas dos deportistas olímpicos que fixeron historia. Aquí vos deixo algunhas imaxes do estupendo traballo que están a realizar:
1º CICLO


2º CICLO


3º CICLO

Comentarios (3) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 18-05-2012 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
AS HISTORIAS OLÍMPICAS DE 2º de EP
No coso cole temos estupendos escritores e escritoras que fan uns fantásticos contos. Para que pasedes uns momentos divertidos déixovos aquí as creacións destes artistas:

Comentarios (2) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 18-05-2012 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA ACTIVIDADE MOI RÍTMICA
Dentro das actividades programadas arredor do noso proxecto documental, hoxe tivemos a ocasión de disfrutar dunha fantástica exposición e dunha breve pero emocionante exhibición de ximnasia rítmica deportiva. Dúas ximnastas profesionais, Aiala e Silvia, pertencentes ao club Maniotas de Vigo, fixeron as delicias dos nenos e nenas que estiveron moi atentos a todas as súas explicacións. Así soubemos da cantidade de horas que invirten neste deporte tan fermoso como sacrificado e coñecemos algunhas das súas modalidades e aparatos. Ata houbo algunhas afortunadas que probaron as súas dotes para este deporte.
Ao final, Aiala sorprendeunos coa execución de parte da coreografía que presentará o seu equipo ao campionato de España. MOITA SORTE, AIALA, E MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTES MOMENTOS!!!
Aquí vos deixo as imaxes:


E aquí o vídeo:



Atoparedes outra reportaxe da actividade na páxina do cole.
Comentarios (1) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 18-05-2012 12:20
# Ligazón permanente a este artigo
INVESTIGACIÓN OLÍMPICA
Xa estamos list@s!! O alumnado de 1º e 2º de Primaria imos estudiar os deuses do Olimpo, para o que teremos que completar un caderno de pescudas. Leremos moitos libros e navegaremos por internet para descubrir todos os segredos da mitoloxía grega. Despois contarémoslles os nosos descubrimentos a tod@s os compañeiros e compañeiras do cole.
Este é o caderno de investigación:


Premendo en "INVESTIGA CON MIK", no panel lateral, atoparedes toda a información relativa ao proxecto documental de centro, OS XOGOS OLÍMPICOS, e unha selección de recursos e ligazóns que vos axudarán nas vosas pescudas:



Comentarios (1) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 02-03-2012 22:53
# Ligazón permanente a este artigo
CALENDARIO 2012. ESPÍRITO OLÍMPICO
Facendo nosos os valores do traballo en equipo, aquí vos deixamos o calendario para o 2012, no que colaborou todo o alumnado do centro, e que será o agasallo que ofreceremos ás familias este Nadal. Cada mes está adicado a un deporte, xa que esta actividade está vinculada ao Proxecto Documental deste ano, os Xogos Olímpicos. Esperamos que vos guste!!
"PARA MEDRAR SAN E FORTE, FAI TODO O ANO ALGÚN DEPORTE"







Comentarios (1) - Sección: Proxecto documental 11/12 - Publicado o 21-12-2011 18:54
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0