O RECANTO DE MIK


LER, COMPARTIR, DISFRUTAR E APRENDER COA BIBLIOTECA
Este blog quere ser un lugar de encontro e comunicación onde compartir experiencias en torno á lectura, a biblioteca escolar e a educación en xeral.
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/


Counter
benvidosempty


Os teus comentarios

enriquecen este blog.
MOITAS GRAZAS!

















https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982?source=pwa

https://get.google.com/albumarchive/109183052507519885982/album/AF1QipNOHzZ_Gt0MWJY4n_M7vQqSY3sOau7PdzstZdXP








































RECURSOS SOBRE CINE NA ESCOLA
https://miaulatic.blogspot.com.es/p/blog-page_3.html
PDI 17/18:
O CINE NO MESTRES GOLDAR
http://blogoteca.com/orecantodemik/index.php?cat=14633
https://photos.app.goo.gl/VIMND5o3Y5cjjIX03

outils webmaster

Locations of visitors to this page

Myspace text generator


Make glow text and comments


O MEU PERFIL
bibliocole@gmail.com
 ETIQUETAS - SECCIÓNS
 LIGAZÓNS
 FOTOGALERIA
 BUSCADOR
 ARQUIVO

AS LECTURAS DE SEGUNDO CICLO E DAVID FERNÁNDEZ SIFRES
O pasado mércores, o alumnado de terceiro de EP, comezou a traballar co libro Un intruso en mi cuaderno, de David Fernández Sifres, editado por Edelvives e ilustrado por Rafael Vivas. Cada mércores teremos unha cita con esta preciosa historia, que iremos debullando pouco a pouco para descubrir canda Mariano o misterio do seu caderno. Despois da nosa lectura agardamos a visita do autor co que intercambiaremos as nosas impresións.


No noso blog de aula e no noso DIARIO DE LECTURAS iremos deixando as nosas opinións sobre o que vaiamos lendo.

O alumnado de cuarto de EP tamén lerá un libro do mesmo autor, ¡Que vienen los marcianos!, unha historia chea de humor e malentendidos que acaba por afectar a todo o pobo. Seguro que gozarán moito con esta lectura. Xa nos contaredes, rapaces!!

Se queredes podedes visitar a páxina web do autor para ir coñecéndoo mellor.
Comentarios (1) - Sección: Lectura - Publicado o 03-02-2014 21:31
# Ligazón permanente a este artigo
UN PREMIO PARA AS NOSAS LETRAS
¡Canto nos alegramos coa boa nova da concesión do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil a Agustín Fernández Paz! É unha satisfacción para todos os que admiramos a este escritor comprometido coa súa terra e a súa lingua e que tanto leva feito a prol da literatura infantil e xuvenil en galego.
É Agustín un dos escritores máis recoñecidos dentro e fóra da nosa terra, cunha extensa obra dirixida a lectores de todas as idades, capaz de chegar e conmover os corazóns de grandes e pequenos, autor de títulos inesquecibles como Contos por palabras, No corazón do bosque, Cartas de inverno, O único que queda é o amor ou a súa última creación Non hai noite tan longa, entre tantas outras que contribúen a facer máis grande a nosa literatura.
Por iso, Agustín, dámosche as grazas e, por suposto, os nosos máis garimosos parabéns.

Podes ler AQUÍ unha entrevista ao escritor, publicada na Voz de Galicia, co motivo do premio que ven de acadar, e AQUÍ un dosier con outros recoñecementos internacionais que acadou Fernández Paz na última década, recollido no blog de Xerais.



Comentarios (0) - Sección: Lectura - Publicado o 18-09-2011 01:55
# Ligazón permanente a este artigo
BIBLIOTECA
As bibliotecas, un lugar para a imaxinación, onde os días máis grises poden convertirse nun caleidoscopio de cores, e as horas máis anodinas en momentos emocionantes...

Comentarios (0) - Sección: Lectura - Publicado o 15-03-2010 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal




Se algunha das fotografías, debuxos... que aparecen neste blog están suxeitas a dereitos de autor, póñanse en contacto con nós e serán retirados.


Free counter and web stats



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0