Aquí vos deixos os fermosos traballos colectivos que fixo o alumnado do centro para conmemorar o 8 DE MARZO, DÍA DA MULLER. Por suposto, ademáis de reivindicar a igualdade en todos os ámbitos, puxeron de relevancia grandes figuras femininas da música de todos os tempos e en todos os xéneros. PARABÉNS a tod@s por tan magnífico traballo!!!
Este xoves 8 de marzo celebrarase o Día Internacional da Muller, para novamente conmemorar a loita por unha sociedade xusta e render homenaxe ao rol que desempeña a muller no mundo.
Na súa mensaxe para esta data, a Directora Executiva de ONU Mulleres, Phumzile Mlambo- Ngcuka, destaca o labor de activistas rurais e urbanas que loitaron polos dereitos das mulleres e a igualdade de xénero (LER MANIFESTO).
E, por suposto, o noso amiguiño MIK xa puxo en movemento a nenos, nenas e profes cunha nova mensaxe. As axudantes da biblioteca acompañaron ao ratiño para entregar en todas as aulas a súa carta coas propostas para celebrar esta efeméride:
Nas seguintes "sites" atoparedes varias compilacións de recursos e actividades, froito do traballo do equipo da biblioteca do centro na procura dun repositorio actualizado de páxinas de calidade que apoien o labor do profesorado (preme nas imaxes para acceder). Como é habitual, as ligazóns están á vosa disposición no panel lateral de navegación.
Agradecemos a FETE-UGT a achega dos seguintes materiais para traballar o 8 de marzo nas escolas: - Cartaz e explicación das letras do abecedario da Igualdade.
Pasiño a pasiño os nenos e nenas van enchendo o mural das mulleres con luz propia na ciencia coa información que acadaron coas súas pescudas. En equipo elaboraron as fichas informativas e colocáronas no lugar correspondente. Xa vai quedando menos para rematar o traballo e, a verdade, está quedando chulísimo. Parabéns e A SEGUIR!!!
O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. O lema deste ano «Empoderando ás Mulleres, Empoderando á Humanidade: Imaxínao!» recrea un mundo no que cada muller e cada nena poden exercer as súas opcións e tomar as súas decisións, tales como participar na política, educarse, ter os seus propios ingresos e vivir en sociedades sen violencia nin discriminación.
En todos os centros escolares ponse de relevancia esta data coa finalidade de que esta mensaxe enchoupe o alumnado e agrome, por fin, unha sociedade xusta e igualitaria.
Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero.
Co título "Sete mulleres con luz propia na ciencia", ao fío do noso PDI deste curso, a biblioteca do centro propón ao alumnado investigar e recadar información sobre sete mulleres que fixeron importantes achegas no ámbito científico, e completar, entre tod@s, un mural situado na entrada do cole para que luza ben fermoso a partir do día 8 de marzo.Por suposto, foi o noso amiguiño MIK o que puxo en movemento a nenos, nenas e profes coa súa carta.
Axiña comezaron as pescudas...
E aí andan, entre libros, enciclopedias e "gugle" (como eles din) para conseguir averiguar moitas cousas sobre estas mulleres fantásticas. Xa estamos desexando ver o mural rematado. Ánimo, rapaces!!!
Podedes ver máis fotos AQUÍ
Desde Os poemas do río envíannos unha dirección cos seus materiais para traballar o tema da igualdade, o que nos ven moi acaído tamén para o noso proxecto documental de centro, A AUGA, o que rentabiliza o noso traballo por partida dobre. MOITAS GRAZAS!!
Por outra banda, lembrámosvos que atoparedes esta obriña na exposición dedicada á auga na biblioteca do centro e recomendamos vivamente unha visita á súa web:
Como cada 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, o sindicato STEG ten pendurado na súa web o STEG Informa 8 de Marzo e a proposta de actividades para contribuír a que a coeducación sexa un obxectivo acadable no noso sistema educativo.
Un fantástico libro de actividades interactivas, elaborado por Belén Junquera, coas que aprenderás dun xeito divertido moitas cousas sobre algunhas mulleres que fixeron historia:
Nas seguintes "sites" atoparedes varias compilacións de recursos e actividades, froito do traballo do equipo da biblioteca do centro na procura dun repositorio actualizado de páxinas de calidade que apoien o labor do profesorado (preme nas imaxes para acceder). Como é habitual, as ligazóns están á vosa disposición no panel lateral de navegación.