Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

VERSOS NON RECOMPILADOS POLO AUTOR

A OS MINDONIENSES D’ AMÉRICA

¡Asi Dios vos día o ceyo
como agradez’ o regalo,
que desd’ a Atenas d’ o Plata
me remitides, paisanos.

A miña musa brañega
xamáis aspirou a tanto:
pra colmo d’ o seu argullo
abóndalle ben o aprauso
d’ os rústicos, que venero,
d’ as montañesas, que alabo;
nin me fixerades, creyo,
tan lisonxeiro agasallo,
si non vos vendase os ollos,
meus amigos, o amor pátrio…

Anque regarlles non vemos
o chau alleo c’ o pranto
¡debe ser negr’ a tristeza
d’ os probiños emigrados!,
que asi m’ honran, porque préles
son os meus versos halagos
d’ esta mimosa terriña,
d’ este pobo hespitalario,
qu’está –máis morto que vivo-
d’ as montañas no regazo.

Queir’ a Virxe d’ os Remedios,
xenerosos conterráneos,
que non me encerren na caixa,
sin que antes logre abrazarvos!
Pra unha romaxe vos cito
d’ as que alegres celebramos,
á sombra d’ os castiñeiros,
n’ aqueles frolidos campos!

Y-anque os tempiños d’ agora
xa non son tempos pasados,
porque mi madre querida
m’ espera no campo santo,
ô son d’ a gaita gallega,
que incita os meus antusiasmos,
rodeado de vosoutros,
y-alzando a cunca de barro,
hei de brindar, conveciños,
pol-a redención de escravos!,
y-habemos de pedir todos,
que Dios confund’ os tiranos!!

Antonio Noriega Varela
Mondoñedo, 7 Junio 1910

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 21-09-2018 19:01
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/