Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Ora é unha abedoeira...

Trocouse en arboriño (foi noutrora),
i aparece nos ermos orballada,
porque gusta das lágrimas da aurora,
xoíñas fulgurantes...

A isolada
ora é unha abedoeira; mais xa fora
Nympha, talvez, ou Princesiña, ¡Fada!,
ou a Meiga máis linda e argalladora
que inquietou ós brañegos de Labrada.

Trocouse en arboriño, i entre abrollos
esmeraldas perdera: ¡os claros ollos!,
dous astros milagrosos... Mais non perde

sua esvelteza, prodixio de finura,
seu vestido, milagre de brancura,
e unha ondeante mantilliña verde.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 08-07-2012 23:59
Ligazón permanente a este artigo
O sol i o mar...

O sol i o mar á montaña
¡muito lle poden querer!;
coróalle o sol a testa
e bícalle o mar os pés.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 08-07-2012 23:57
Ligazón permanente a este artigo
¡Soberbio pazo!

Miña musa -plebeia carpazona-
en presencia daquel soberbio pazo,
lamentou non ser reina, ¡a inocentiña!,
pra intimar coa esperanza de habitalo.

I o alcázar de cristal alucinante
era, ¡triste de min!, gota de orballo,
que o sol evaporou desaprensivo.

“Do Ermo”
Antonio Noriega Varela


Comentarios (1) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 08-07-2012 21:57
Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/