Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Falou o cuco

O Cuco na malla

-Ás virnos á malla?
-E logo irei:
E se quenta o sol,
...poñereime á sombra.
Se está bardado,
...cucarei
E se chove,
...pra aló irei!.
Comentarios (6) - Categoría: CONTOS - Publicado o 26-05-2007 13:15
Ligazón permanente a este artigo
Á Virxe dos Remedios
Nosa Señora dos Remedios

Nosa Virxe dos Remedios
Patroa de Mondañedo,
tén o manteliño branco
i o aneliño no dedo.

Nosa Virxe dos Remedios
tén os froreiros de prata,
con auga de San Martiño
da Fontela da Zapata.

Ese mantiño que estrenas
queremos todos ollalo,
porque o bordaron as nenas
o día antes de estrenalo.

-¿Poñen a Santa primeiro?
-perguntou o Señor Cura.
¡Prégalle moito o romeiro
nado da súa dozura!.

Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 24-05-2007 11:00
Ligazón permanente a este artigo
Ortigueira
Os rapaces de Ortigueira
comen as sopas con manteiga,
cando non lles cocen a bola
comen as papas na ola.

O Velliño dos Contos.
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 23-05-2007 10:53
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/