Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
galopindamaria@yahoo.es
|
|

|
| O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Relación de páxinas WEB de Mondoñedo |
|
* Amigos de la Ciudad de Mondoñedo
* Museo das zocas
* A Casa de Mañas
* Canteiras Licho
* Fran Bouso
* O Portal de Mondoñedo
* A Taberna do Valeco
* O Recunchiño
* Miscelánea Mindoniense
* Mindonium
* A primeira Web Mindoniense
* Taxi Mindoniense
[Para entrar nelas prema en cadansúa]
Desexamos que sexan do seu agrado.
|
|
|
|
|
| O PERCHERON |
|
 Xa estaredes enterados
da vida do percherón,
que levaba trinta anos
cobrando a xubilación.
Un día pola mañán
non probou nin a cebada,
foron chamar a Don Pablo
¡a saber o que lle pasaba!.
Desque o miróu díxolles:
eu voubos desenganar,
o poltro ta moi enfermo
xa non lle vóu recetar.
O que podedes facer,
(que non me parece mal)
chamade a Don Saturnino
haber si vos dí igual.
Chámaron a Don Saturnino,
miróuno moi ben mirado
pero logo lle notóu
que xa estaba enqueixelado.
Non lle tedes que facer!.
Non gastedes máis diñeiro,
se non vos creedes en min
chamade o manciñeiro.
Chaman a “Antoño de Seixo”
que xa lles dixo o chegar:
Atrás dos vitirinarios
non sei que veño buscar!
Ben pode ter conxestión
ou pode ser pulmonía.
Ó ter os ollos cerrados
tamén pode ser “manía”.
Quixo poñelo de pé
pero non se levantaba,
facía máis de seis horas
que o percherón xa finara.
O que podedes facer
dixo Antoño mais tranquilo:
só ás vosas amistades
debérades repartilo.
Escomezade polo pedaño!
díxolles o repartidor,
e levádelle o solomillo
por ser o anaco millor.
E ós veciños do pedaño
non os trataron tan mal,
que lles deron un lacón
do percheron semental.
Un xamón veuno buscar
Demetrio na furgoneta,
repartíu prás tres tabernas,
pró “Gorrete” e máis prá “Jeta”.
“Xosé de Xorxe” e máis David,
Dulcideio e Xosé María,
foron buscar os miudos
entre os catro á parcería.
Prá “Sevilla” e prá “Sidoro”
e máis prá Xosé Ramón,
o fillo de “Pardiñeira”
levóu o outro lacón.
Tamén “Ramón de Murado”
a cabeza foi pedir,
e despois cos seus cuñados
non a quixo repartir.
E “Xesús do Camaruxo”
non probóu o percherón,
porque dixo que non iba
buscar a súa ración.
A pel hanlla dar a “Seixo”
porque xa a tén ben gañada,
cando foi ver o cabalo
tampouco non cobróu nada.
E dixo o repartidor:
O pescozo e prá “Falcón”,
(acordóuse que sacara
do canal ó percherón).
Os veciños do “Castro”
foron máis espabilados,
levaron prá repartir
as costelas dos dous lados.
O fillo de “Magín”
e máis “Lino da Penela”,
foron reclamar ó “Castro”
duas raciós de costela.
Pró barrio de San Andrés
mandaron outro xamón,
non fai falla decir quén
meteu recomendación.
“Basanta” por infeliz
non levou a mellor ración,
porque lle deixaron o rabo
do semental percherón.
Xa sei que moitos veciños,
do reparto, as queixas dan,
porque os había máis cerca
sen chegar a “Padriñán”.
Teñen que darse de conta
que non é cousa impropia;
haberá que respectar
ó mandamáis da parroquia.
No Lodeiro quedan todos
sen proba-lo percherón.
De protesta van facer
unha gran manifestación.
Os que quedan sen nada
xa non poden discutir,
a pouca carne, prá moitos,
e moi mala de repartir.
Pra deixalos a todos contentos
houbo de ser moi amable.
Se non vai ben repartido
“O Pito” foi o culpable.
Bernabel |
|
|
|
|
| O POLTRO DO MUIÑEIRO |
|
 Este caso que vos conto
pasou alí no “Ludeiro”,
que se víu moi aburrido
o poltro do muiñeiro.
Tan aburrido se víu
que sen esperar máis nada,
tiróuse el só na presa
co ramal i a cabezada.
Enteráronse os veciños
do accidente que pasara,
deseguida saliu “ O Polo”
coa noticia prá “Seara”.
Vídevos agora mesmo
e traguede un adibal,
que se tiróu de aburrido
o percherón no canal.
Eran vintecinco homes
tirando polo cabalo,
pesaba “corenta kilos”
e non o deron sacado.
Chegóu o xenro d´o “Pito”
correndo dende a Retorta,
prá lle achicar a iauga
e que pechase a comporta.
Prá que saíse polos seus pés
púxolle a escada na veira,
intentóuno varias veces
pero non houbo maneira.
Unha escada pró cabalo?.
Eso é cousa dun tolo,
se lle puxera cebada
había subir el solo.
Ó lugar do accidente
chegóu “Xosé de Falcón”,
traguía a carroceta
prá sacar o percherón.
Dous adibales dobrados
fan-nos falla prá amarralo.
-Asentade a carroceta,
senon non poido sacalo.
Enganchóuno coa pluma
prá podelo levantar,
inda que era “moito peso”
por fin, logrouno sacar.
O subilo coa pluma
foi unha cousa ideal.
“Falcón”salvóulle a vida
a este percherón semental.
Bernabel |
|
|
|
|
|
|
|
|
|