Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

PRÁS SAN LUCAS DO 2008

Pro mago da “Vallibria”

Mago, meigo, ou feiteceiro:
xa en balde a esquiliña túa
Ó Galopín das Mariñas
raiolas de sol lle anuncia
pra que apañe máis castañas
das que anazcou por San Lucas.

O Galopín das Mariñas
finouse das molladuras,
i as levadas e traídas
que con el foron de tuna
(agás a que bota as cartas),
¡todas che arriman a culpa!.

Eu son a dos pajaritos
sabios: presteille unha alcuza
ó defuntiño, e parece
que cha vendeu, sin ser súa...
¡Non a perdas, nin ma croques!
e sinón... ¡verás que rumba
bailamos os dous!...

¿I os graxos?
¡Queren comerche a asadura!;
mais saberás, argalleiro,
que aínda hai “carcas” que te chufan
“por lo bien” que enveredache
inocentes criaturas,
pra que coa iauga “al pescuezo”
renegasen das San Lucas.

(Á moza dos paxariños
aquí esgallouse a pruma).

ANTONIO NORIEGA VARELA
Comentarios (0) - Categoría: AS SAN LUCAS - Publicado o 08-10-2008 09:45
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/