Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Folclore mindoniense 1956

Folklore mindoniense

REZOS(1)

En el callejón de Padilla, en 1903, vivía una anciana llamada Toña, natural de Romariz o de Labrada. Toña fuera costurera y criada de la famosa ciega de Pachacha(2), del Coto de Otero; echaba la peneira, levantaba, de palabra, la espiñela; viera las fachas, en la Fraga Vella, la estadea, junto a la casa de Pepe d´os Agros, y tres almas en pena, en Zoñán; y sabía multitud de romances, entre ellos el de Delgadiña; cantares, adivinanzas y cuentos populares.

De tan interesante mujer, obtuvimos nosotros las siguientes oraciones populares:

A la Virgen

Cando na miña cama me deitei,
Seis anxeliños atopei:
Tres ós pés, tres á cabeceira
E Nosa Señoriña na dianteira.

Deume a palabra, dinll´a resposta:
San Xibao é meu hirmau
San Vicente, meu parente
Que me puxo a cruz na frente
Polo poder que Dios ten
I a Virxen María. Amén.

Para librarse del Demonio

Adora a Santa Veracruz
I as tres misas de Nadal
I o cirio Pascual
I a procesión de Ramos
I arrenega tódolos diaños.

Para curar quemaduras

O pan pra fame, a iauga pra sede, i o lume pro frio. Eisí como estas tres palabriñas son verdade, non cabes, nin queimes, nin ares e cúrame estas carnes, polo poder que Dios ten i a Virxen María. Amén.

Para curar o fogo, o sea la irritación de la piel

Santa Apolacía tres fillas tiña: unha, urdía; outra, roía, i outra pola iauga iba. Eisí como estas palabriñas son verdade, non luzas, non comas, non probalezas, nin roezas, nin fagas cousas que mal parezas. Te corto. Na terra te boto, polo poder que Dios ten i a Virxen María. Amén.

Esta oración se dice teniendo en una mano un plato con una poca de tierra, y en la otra, una navaja abierta, con la cual, al decir: Na terra te boto, se hace una cruz en la tierra.

Notas:
(1) De nuestro libro inédito “Guía histórica de la Muy Noble, Leal y Fiel Ciudad de Mondañedo”.-Callejón de Padilla- hoy Callejón del Generalísimo Franco.
(2) La ciega de la Pachacha tocaba el violín y recorrió, durante largos años, toda Galicia, el Norte de Portugal, León y ambas Castillas.
El violín de ella lo poseyó el inolvidable tenor y violinista de la Catedral, fallecido hace años, D. Enrique Iglesias, quien tocó en él desde la edad de 12 años.

EDUARDO LENCE SANTAR y GUITIÁN
(Cronista de Mondañedo)

De Tarsicio Rico en As San Lucas 2008
Comentarios (0) - Categoría: AS SAN LUCAS - Publicado o 19-10-2008 10:52
Ligazón permanente a este artigo
San Lucas 1956

O “PONEY” que foi home

Esto non vos é conto, aínda que pareza unha amañada, pois ó remate ten un fondo de verdade.

A cousa pasou nas feiras das San Lucas de Mondañedo, cando viñan greas de poltros do monte en riadas de centos, que enchían as rúas atrollando todo ó seu paso. Era tremoso o paso das tales greas, e os rapaces armábamonos de varas de acibro pra xostregarlles a aqueles poltros, que os tratantes mercaban pra mandar a Inglaterra, donde os axeitaban pra pasear as princesiñas ou os fillos dos fidalgos ricos, e iles chámanlles “poneys”.

Pró agora ven o conto.

En tódalas feiras de sona, sempre se atopan tipos que se fan populares, e un de estos era o “Curda”, un bébedo que non fallaba ningún ano ás San Lucas, i era o rompecabezas de tódolos que se adicaban ó choio de vender bebida.

Tan pronto chegaba o “Curda” comezaba a súa romaxe, que era de tasca en garito e de taberna en café, e así seguía catro días coas súas noites naquela espiral cerrada, tomando calquer crase de bebida, e boureando i entoleando á xente mentras lle quedase fala. Ó final, remataba todo emporcado de caer nas lameiras, facendo cancañal das perneiras do pantalón, pedindo cervexa por señas e arrincándolle a chapiña da tapa das botellas cos dentes, bebendo a grolo sin folguexar.

Xa dixen que o “Curda” era a pesadela de tódolos tasqueiros, e moito matinaron estos pra desfacerse daquel odre que lles volvía tolos ós parroquianos, e a eles trabucabaos nas contas.

Nin o poñerlle bonecos de papel nas costas, nin atarlle de apertarrabos unha lata valeira lle facía ren a aquela mosca de cabalo. Parecía que tiña a fachenda de ir bambeándose e facendo o antroido daquel xeito.

“O Argulario”, un pinta, medio revirado, matinou pra desfacerse do “Curda”, unha trastada endemoñada, que aseguraba que non podía fallar. Aproveitou que viñese unha grea dunhos cen poltros que enchían a rúa, e no intre de pasar, colleu ó “Curda” nun brazado e chimpouno no medio da grea de poltros.

Todos os presentes quedaron suspensos sen decir ren e soio se escoitaba o redobre xordo dos cascos sin ferrar. Agardaban tremosos, que xurdira ó remate de pasar os poltros a figura do “Curda” todo espatelado contra o chan. Mais rematou de pasar a grea e o “Curda” desaparecera sin deixar sinal.

O conto calouse, e así pasaron moitos anos.

Fai pouco tempo, ollando o “Picture Post”, de Londres, vin que amostraba unha “foto” do que decía era a meirande atracción do Circo Olympia, na que un “poney”, vestido de etiqueta e sombreiro hongo, coma si fose un lord, descorchaba botellas cos dentes bebendo o contido, fose a bebida que fose. Alí estaba o “Curda”, que embarcara pra Inglaterra no medio da grea de poltros bravos, e pola “foto” víase que era feliz bebendo “wisky”.

Abofé vos foi certo...

Mondañedo, Outono 2008
por Vidarte

Comentarios (0) - Categoría: AS SAN LUCAS - Publicado o 11-10-2008 12:13
Ligazón permanente a este artigo
San Lucas 1956

Cando, estando preto d´ela,
da crara noite no ceo
vexo morrer unha estrela,
aprétoa contra o meu seo
pois collo medo a perdela.

Mondañedo, Outono 2008
José Mª de la Fuente Bermúdez
Comentarios (0) - Categoría: AS SAN LUCAS - Publicado o 11-10-2008 11:51
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/