Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Pra unha señorita das Airas

Montañesa

Non naciches na montaña
sempre fuches montañesa,
non és unha frol estraña
no val, moza queiroguesa!.

Nin a orballada empaña
á fresca rosa, e tesa
que branca nos acompaña
ós invitados na mesa.

Canda os paxariños casaches
i toda a enxebreza herdaches
das bouzas ermas na primaveira.

Ás oliñas do mar anoxaches
i ó val do Naseiro os levaches
pra que beilasen a muiñeira.
Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 08-05-2007 18:16
Ligazón permanente a este artigo
Fonte da Pateira en Vilamor

A Pateira


Hai na 'Pateira' fontiñas
e bincalleiras choronas
de auguiñas caladiñas
a do 'Pocilgo' e as 'Donas'.

Máis, no lavadoiro pías,
pintasilgo das silveiras,
que nos piñeiros nascías
pra namorar lavandeiras.

Elas cantan na 'Pateira'
i ó demo mázanlle o coiro
a furtadas da abidueira
vai a roña do lavadoiro.

Trapos vellos que esmagache
da Torre e de Lamelas,
pernas e pés que nos librache
de suores das chinelas.


"Airiños do Centiño".
Comentarios (1) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 06-05-2007 23:51
Ligazón permanente a este artigo
...60 Anos ¡Meu Vello!
Quede aquí o agradecemento a todos ós que no Ano Internacional da Poesía fixeron e fan posible que un dos máis olvidados poetas da nosa terra sexa o principio da recuperación de outros poetas. Esto non fixo máis que escomezar. Actos públicos culturais, profesores, artistas, a Real Academia, prensa, revistas orales de Antonio Reigosa, reediciós e ediciós novas, hai nas librerías un interés novo polos libros de minorías.

¡Fervorosos parabéns!

Pepiño de Noriega.
Comentarios (0) - Categoría: UN POUQUIÑO DE TODO - Publicado o 06-05-2007 23:40
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/