Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Pouquiño a pouco...

A boa alhaxa, que agora esfogo,
trás xuntar moitos gueipiños de ovos,
é un zorro vello...: mais o seu coiro
-xa que hai madamas botándolle o ollo-,
non é cordura tiralo ós corvos.

¡Oh embulleirado ronda-cabozos!,
ben andiveche coa honradez torto;
pro, a fin de contas,
no meu terbello deixache os folgos.

Mentras dos Santos, coma do fogo,
ibas fuxindo, co demo ó lombo,
pra axar toliñas, pra xurar moito,
i encher túa goxa coa avea doutros.
Xudas che dera vagar de abondo.

Ora non faigas, ¡falsario!, o morto...
¡Dálle a ese rabo jacarandoso!,
e dille ó cura –si, con bos modos,
ó pé da orella che conta un conto-,
esta corpiña, que ole a raposo:

“Non vou á misa,
porque estou coxo;
pero á taberna
pouquiño a pouco...”

A. Noriega Varela
Copiou Pepe de Noriega, Mondañedo San Lucas do 2008
Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 19-10-2008 11:00
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/