Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

NORIEGA E A TRADICIÓN(2)

(Continuación)

lugar escollido pol-o crego para agocharse na ladeira da agreste montaña, pois “pedían su cabeza” dende a capital do Estado ao encontralo involucrado no Movemento Carlista e por dar acubillo e alimentos aos compoñentes da partida carlista de Mondañedo que se votaran ao monte nos comezos do mes do outono do 1872.
O “penido” óllase preto das ruínas do que os veciños chaman “a casa da neve”, fermosa paraxe de empinadas costas pechas de bosques de uzes que agochan a cavidade do Lombo do Foxo. De formas irregulares remata en forma de cuña enfeitada con musgos e líquenes que locen brizos agarimados pol-as espesas brétemas e nun intre aparecen e desaparecen como por arte de maxia, enguedellándose pol-as ladeiras das enxebres montañas da “Furna”, apousándose cos marmullos das iaugas do río Ouro onde garulan paxaros a centos e repinica a “choca” das vacas que de vez en cando monean pacendo paseniñamente pol-o lugar onde don Juán tivo que superar mil e unha calamidades perante a súa longa estancia no alicerce daquel “penido”.

A parroquia de San Xorge do Cadramón pertence ao concello de Ferreira do Valadouro e comprende os lugares de: Abelleira, Alvarado, Campo, Cancelas, Corvelle, Cortegaza, Chocha, Fermucente, Folgueiras, Fuente Dávila, Jelfa, Liñarega, Loureiro, Mojoeira, Portodorío, Rego Cabado, Rozas, Sistomayor, Tituelo, Valsa e Veiga.(1)
No fondo dos enxebres montes da Furna chamados “Lombo Pequeno”, “Cabanas”, “Fontao”, “Pena do Oso” e “Lombo do Foxo” discorren as iaugas do Río Ouro as cales conforman o gran “Pozo da Furna”.
Fai moitos anos, nestes territorios da parroquia do Cadramón, os veciños cavaron no chan unhos pozos de gran tamaño, en forma circular, coa boca rodeada dun muro de pedras e unha profundidade de unhos tres metros cun diámetro de unhos cinco. A finalidade de estas rudimentarias obras era a de cazar as abundantes manadas de lobos, xa que todos os anos causaban numerosas baixas nos rebaños gandeiros da parroquia.
O primeiro atópase cerca do Pozo da Furna, na marxe dereita do cauce do Río Ouro, fronte ao “Prado dos Currás” e un pouco máis abaixo do reguiño que vén da “casa da neve”. Na actualidade, o abandono e a impenetrábel vexetación fixérono caseque desaparecer.
Hai outro no lugar coñecido como “As Campelas”, máis arriba das vivendas do lugar de Portodorío. Este pozo percíbese mellor que os outros ao atoparse nunha zoa despoboada de vexetación e adicada a alindar o gando.
O da “Costa Abilleira” ou “Rego do Foxo” atópase moi cerca do trazado da estrada local que atravesa a parroquia, no medio dunha finca de monte prantada de eucalitos, un pouco máis adiante das vivendas do lugar de “Fonte da Vila”. Istos pozos foron utilizados moitos anos pol-os veciños do Cadramón para librarse das manadas dos lobos existentes. Baixaban un cabrito dentro do pozo que facía as veces de cebo-reclamo dos depredadores; ao atoparse pechado sen poder sair chamaba seguido ata que o lobo aparecía famento e se tiraba dentro do pozo para cazar o indefenso animal; ese momento era aproveitado pol-os veciños que estaban atentos para asomarse pol-a boca do pozo e provistos dunhas largas palancas de madeira bén afiadas, dábanlle morte. Istos pozos xa fai moitos anos que non son utilizados para cazar lobos, e moitos foron recheados para evitar accidentes de persoas e animais, actualmente pasan xa desapercibidos ata para os mesmos veciños. As normas da caza cambearon e na actualidade o lobo é unha especie ben protexida.

(1)- Diccionario de D. Pascual Madoz, ano 1.845, tomo III, páxina 454.

No mes de Xullo do ano 1866 D. Juán Campo Gómez (1840-120) era coadxutor das parroquias do Pereiro e do Cadramón. En Agosto do 1882, seguía figurando como ecónomo, e o motivo era por non haber despachado o Expediente no Ministerio de Gracia e Xusticia e dar orden para que se lle pagase como crego. Finou como se pode ollar na súa campa do cemiterio parroquial do Cadramón, na casa retoral do Cadramón ás dúas da mañá o 12 de decembro do 1920. Pertencía á Hirmandade de Sufráxios do clero, co número 14. Tamén pertencía á de Oracións e Sufráxios do Montepío.(2) En fronte da porta de entrada, ao fondo do cemiterio parroquial do Cadramón, atópase a súa sepultura, cuberta cunha grande pedra caliza e rematada un cruceiro de cantería.

“¡Farruco!- berrou- ¡Ou Farruco! Un mozo coma un trinquete sobeu. Era seu irmau pequeno, ó que lle levaba vinte anos”.(3)

Francisco Campo Gómez, irmau de D. Juán, tamén se atopa enterrado no cemiterio parroquial do Cadramón, nunha sepultura situada ao costado da de seu irmau.

(1)- “Xan de Masma”, ¡A Besta!, páxina 164.
(2)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, cregos ordenados no século XIX, expediente personal.
(3)- “Xan de Masma”, ¡A Besta!, páxina 164.

D. Juán tiña fama entre os veciños da parroquia de ser bon cazador, de “recomendar” algunhos matrimonios entre eles e parecía ser, que non lle agradaba moito ver bailar ás mozas da parroquia. D. Juán chamáballe ao seu estimado can “Rodín” e mantiña dende facía xa tempo unha grande amizade cun veciño da parroquia de san Bartolomé de Corbelle, no concello de Abadín (D. Ángel Cacharrón Salgueiro, tamén carlista). Cando D. Juán quería porse en contacto co seu bo amigo mandáballe unha nota escrita atada no colar do can. O amigo após de ler a nota devolvíalla contestando pol-o mesmo método. O fidel cánido facía de mensaxeiro.

D. Juán, firme comprometido co Movemento Carlista de Mondañedo. Dende a capital do Estado chegaron a “pedir a súa cabeza”. Nos primeiros días do mes do Outono de 1872 D. Juán desaparece da parroquia e estivo agochado na cova natural que hai debaixo do “Penido da Costa” ata o mes de Setembro do 1874, ano en que aparece de novo asinando anotacións de bautismo. Nentramentras asinaballe as anotacións o seu amigo D. Ángel Cacharrón Salgueiro. Esta cavidade natural donde estivo tanto tempo agochado atópase nunha empinada ladeira enxebre dos montes da “Furna” citados noutro apartado da novela. A familia e algunhos veciños achegáronlle clandestinamente alimentos dabondo para o seu sustento nentramentras estivo agochado e aportáronlle a roupa necesaria para a supervivencia sobortodo nos crúos e longos invernos da montaña brabía. D. Juán era posuidor dunha meritosa caligrafía, como se pode comprobar nos libros parroquiais do Arquivo Diocesán de Mondañedo, mais, após de sofrir tantas penurias ésta foi paseniñamente desmellorando.

Un devanceiro chamado Manuel Cao Campo exerceu a mesma vocación ecresiástica, nado no Cadramón o 17 de Novembro de 1940(1), ordenado en Mondañedo pol-o Bispo D. Jacinto Argaya Goicoechea o 29 de Xuño de 1966. Finou o 25 de Xaneiro de 1983 na parroquia de santa Eulalia de Villaosende.

Os retallos da transmisión oral que deixou Félix Noriega Varela do crego do Cadramón cando baixaba a Carballomariño lévannos a pasaxes da novela “A besta” e fannos sospeitar que muito do que nela se conta foi o que verdadeiramente aconteceu. Vexamos senon como don Juán existíu na realidade. (Véxase anexo nº 44).

[D. Juán Campo Gómez, Coadjutor de las parroquias de Santa María del Pereiro y su unida de San Jorge del Cadramón.

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán San Jorge Cadramón, libro 3º de bautizados, 1833/1851, páxina 34 volta e 35.

A documentación existente nos arquivos mindonienses, prácticamente descoñecida e os datos transmitidos de maneira oral ata por veciños que conservan unha memoria privilexiada amosan nomes patronímicos e de persoas que aparecen citados na novela que escribiu anos máis tarde Patricio Delgado Luaces “Xan de Masma” intitulada “A Besta” e que son reales. O autor, como compoñente da citada partida, descrebeos minuciosamente.
Vexan as interesantes páxinas 202 e 203 da devandita novela:

“Diante da casa do cura(1) todo era bullicio i-algazara. Nun caldeiro colgado dun pau atravesado sobre dous montós de pedras, fervían catro follas de bacallau, seis libras de arroz (unos tres kilos) e unha arroba (unos 14 kilos) de patacas. O rancho olía a groria. Cearon ben, e cearon todos os veciños que alí xuntáronse e para todos houbo, pois D. Juan(2) nada facía a medias. Montouse a guardia, e comenzou o folión(3). No morral dun guerrilleiro dormía unha frauta. A frauta despertou e comenzou a florear un fandango moi bo. ¡Vivan os carlistas!, berraban as mozas. ¡Vivan as mozas do Cadramón!, contestaban os xa fogueados soldatos do rei. D. Juan, Pepiña e Pedro(4) contemplaban a escena sentados sobre dun carro. A D. Juan caíalle a baba. Tiña diante os guerreiros da cruz; tiña o lado a Pepiña(5) co seu futuro. ¡Viva o xefe que é un Valente!, berrou Santiago Freire, un mozo de Lindín coma un carballo de forte(6). ¡Viva a xefa!, añadeu o sargento Andrés(7) e alumado polo viño, puxose a cantar en latín: “Quadrupedante putrem, sonitu qualit ungula campum”. Efectivamente alí habia sonidos e ruidos de campamento. Momentos despois dormían todos no chao, e Pedro entre eles, pois que César facía a mesma vida cós seus soldatos.”

Nas páxinas 160 e 161 ollamos outras vicisitudes de D. Juán:

“Desde que D. Juan volveu pra aló, tódolos pícaros e pícaras sabián ler e escrebir, ¿e sabedes por que? porque o cura dáballes escola tódalas noites, e inda bos azoutes ós pícaros cando non desprendían ben, e zamelos e noces cando estudiaban.
Desde que el fora pra aló, había butica e médeco que cura gratis et amore con borraxas, tilo; herba luísa, té, quinina, sudoríficos e aceite de ricino.
Desden entón non había preitos nin riñas, nin xuntoiros por detrás da Iglesia, porque el na sancristía sentado nun sillón de vaqueta, o mesmo revolvía as Pandectas, que levantándose e poñéndose a pelliz sobre da lavita con zocas, casaba de balde, e bautizaba e enterraba o mesmo; e cando os labregos querían pagarlle decía: -Dáme o que queiras e métemo aí no peto, porque a min os cartos empórcanme as maus”.

(1) Destacada edificación ubicada caseque enfronte do cemiterio e igrexa parroquial de San Xorxe do Cadramón, na súa maior parte construida con grandes cachotes de pedra de cantería, dotada de dúas alturas e con outra edificación encostada que supomos servía para gardar carruaxes e cortes para o gando. Nun dos extremos de esta derradeira edificación hai un forno para cocer pan.

(2) O nome completo do crego era D. Juán Campo Gómez, natural do barrio “do Campo” na mesma parroquia. Nacera o 24 de xuño do 1838; era fillo de Antonio Campo e de María Fernández. Foron seus padriños José Gómez Ramos, solteiro e Manuela da Veiga, moradores no lugar do Coto, términos do Cadramon(A). No ano 1864 aparez xa o seu nome e a súa firma en algunhas anotacións de bautismos parroquiais.
D. Juán finou o 18 de decembro do ano 1920 no seu domicilio da parroquia, como se pode comprobar na súa lápida da campa parroquial do Cadramón.

(3)Foliada, ruada, festa improvisada.

(4)Seu nome era Patricio Delgado Luaces, nado en Mondañedo o 6 de agosto do ano 1850, propietario dun establecemento na Praza da Catedral número 3, cursara a carreira de comercio, pagou a sustitución de soldado e gastou importantes cantidades de diñeiro en alimentos mentras estivo nas prisións civís e militares.

(5)O nome e os apelidos da criada do crego nisos momentos eran “Pepa” Peón Cao, con familiares hoxe en día próximos na parroquia mindoniense de Santa María de Viloalle, na casa de Mañas pol-a vinculanza de Antón da Ponte.

(6)Santiago Freire Paz era natural do barrio de “O Castro” da parroquia de Santiago de Lindín (Mondañedo)

(7)Andrés González Santomé, seminarista natural de parroquia de San Andrés de Masma (Mondañedo); fillo de Juán e Tomasa.

(A)-Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de San Jorge do Cadramón, libro 3 de bautizados (1.833-1.851), folla 34 volta e 35.
(B)-Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de San Jorge do Cadramón, libro 4 de bautizados (1.852-1.892), folla 136 volta.

D. Juán Campo estivo en busca e captura durante un tempo asegún nos consta na seguinte nota de prensa:

D. Gregorio Vieito de Hoyos, Juez de primera instancia de la ciudad de Mondañedo y su partido, por el presente cito, llamo, y emplazo a D. Juan Campo Fernández (en otros documentos figura con el apellido Gómez), presbítero, coadjutor de la parroquia de S. Jorge del Cadramón, termino municipal del Valle de Oro, cuyas señas personales se expresan a continuación, a fin de que en el término de 30 días, contados desde la última inserción de este anuncio en los Boletines de las cuatro provincias de Galicia y en la Gaceta de Madrid, se presente en este Juzgado a responder a los cargos que le resultan en causa contra D. David Cornejo Díaz y otros por delito de rebelión en sentido carlista y a rendir indagatoria; con advertencia de que si no lo verificase, le parará el perjuicio que haya lugar. Al propio tiempo exhorto a todas las Autoridades, así civiles como militares, y de cualquier clase que sean, a fin que procuren la busca y captura de dicho presbítero; y siendo habido, lo remitan con seguridades debidas detenido a este juzgado.

Señas Personales: “Edad, 34 años; estatura completa; pelo castaño, ojos garvos; barba poblada; nariz regular; cara oval; color bajo; vestía gabán, chaleco y pantalón de paño negro, usado, sombrero hongo, también negro, tapaboca de merino negro y botas de cuero (1).

Dado en Mondañedo a 13/11/1872. Gregorio Vieito. De mandato de S.S. Pascual Vázquez.

D. Juan Campo Gómez (1838-1920), párroco de S. Jorge do Cadramón non se presentou ás autoridades e escondeuse desde o mes de outubro de 1872 ata o de setembro de 1874 nunha cavidade existente no inhóspito paraxe coñecido como Lombo do Foxo da parroquia.

(1) “Gaceta de Madrid”, núm. 325, del 20 de noviembre de 1872.

Na actual rúa Pardo de Cela de Mondañedo mantense en bo estado de conservación o caserón de don Policarpo, outro personaxe destacado da novela que perseguíu aos rebeldes carlistas. (Véxase anexo nº 46).

O nome verdadeiro desta persoa á que refire o pasaxe da novela, descrita pol-o autor intenzoadamente de maneira chocalleira, é D. Policarpo Carrera Barrera, natural da parroquia de Santiago de Baroncelle, concello de Abadín (Lugo), residente na rúa Perejil (actual Pardo de Cela) e de oficio abogado. Era fillo de D. Felipe Carrera e de Dª Antonia Barrera, tamén naturales de Baroncelle. Nos libros de actas do Concello de Mondañedo aparez o seu nome como segundo Tenente de Alcalde o 1 de Xaneiro de 1848, aínda que non pode concorrer á toma de posesión por atoparse enfermo i é achegado á sección de Facenda.

D. Policarpo Carrera está como Presidente da Corporación Mindoniense (Alcalde) na acta levantada o 1 de Xaneiro de 1851. O 1 de Xaneiro de 1852 cesa por virtude da nova elección de concelleiros e deixa de aparecer após do 2 de Xaneiro do 1871. Nestas datas formaban parte da corporación mindoniense, ademáis de D. Policarpo: D. José María Lage, D. José Kampeling, D. José Vivero, D. Francisco Alonso, D. Antonio Novo, D. Manuel Núñez, D. José María González e D. Manuel Pardo, entre outros.

D. Policarpo Carrera tiña vínculos cos Montenegro de Mondañedo. Nos anos corenta do século XIX, residía na Praza de Mondañedo

D. Policarpo Carrera Barrera, avogado e Alcalde da cidade de Mondañedo, desfigurado e ata vilipendiado por D. Patricio Delgado Luaces Xan de Masma na súa novela titulada A Besta.
O noso interese é aportar datos descoñecidos para a gran maioría de mindonienses e colocar a D. Policarpo no lugar que se merece pola súa actividade profesional e política. O que descoñeciamos era que o Licenciado D. Policarpo Carrera Barrera ocupara durante a súa traxectoria política os cargos de Presidente da Diputación Provincial de Lugo, o de Alcalde de Mondañedo en varias ocasións e que ata fora elixido Deputado a Cortes en Madrid.
Coa información recollida comezamos a buscar en diferentes arquivos datos persoais e noticias relacionadas cos seus cargos políticos. Resultando unha tarefa intrigante, pero ao mesmo tempo, entretida.
-A súa actividade política-
En outubro de 1840 o avogado D. Policarpo Carrera é nomeado provisionalmente fiscal para o xulgado de primeira instancia de Becerrea (Lugo). En 1843, componse a nova Diputación provincial de Lugo. Entre os elixidos áchase D. Policarpo Carrera (4).
Unha das moitas veces que aparece citado D. Policarpo no libro de Actas do Concello de Mondañedo é na de data 5 de xaneiro de 1848 e di: Xuraron e tomaron asento os Srs. Licenciado D. Policarpo Carrera Barrera, como segundo tenente de alcalde e D. José Folgueira, sen prexuízo do que resolva o Sr. Xefe Político da provincia. O Alcalde-Presidente era D. Ramón Pousada Pardo.
No acta do 2 de xaneiro de 1850 xa figura como Alcalde-Presidente da corporación mindoniense. Figuran na citada acta, como membros da corporación, os seguintes veciños: D. José Serantes Duttón, D. Froilán Núñez, D. Luís Cordido, D. Francisco Palacios, D. Pascual Louro, D. Manuel García Montenegro, D. Juan Bautista Meire, D. José Folgueira, D. Ramón Pampillo, D. José Acebo, D. Manuel Basanta, D. Gabriel Santiso, e D. José Parga (2)
No mes de outubro de 1854 é elixido Deputado a Cortes.
O 8 de xullo de 1856 din desde Mondañedo: Onte foi un día de inmenso xubilo para os liberais de Mondañedo, ao mesmo tempo que desesperación para os partidos do oscurantismo. A espontanea e halagüeña acolleita que os seus numerosos amigos, o ilustrísimo Concello e o pobo enteiro prepararan ao independente deputado a Cortes D. Policarpo Carrera, proba non só a fe nos verdadeiros principios progresistas, senón tamén que malia as maquinaciones dos inimigos da luz, esta penetra nas intelixencias aletargadas baixo as férreas cadeas con que non ha moito a oprimían. Moi cedo pola mañá saíran os amigos, unha comisión do Concello e a oficialidad da Milicia nacional a recibir ao protector dos nosos intereses. Ás cinco da tarde un gentío inmenso e os milicianos vestidos de gala a cuxo fronte achar o decidido patriota D. Pascual Louro, esperáronlle unidos cos individuos da academia nos arredores da cidade. Acompañado dos seus amigos e dos coñecidos liberais D. Ramón Pampillo e D. José Ulloa, que con el viñan desde Lugo, entrou o Sr. Carrera en Mondañedo.
Na mesma noite o Concello obsequioulle cunha linda serenata, inmensidade de bombas e voladores mesturáronse con entusiastas vivas á liberdade, a Raíña, o duque da Vitoria e as Cortes constituyentes. Concluída a serenata, percorreu as rúas desta poboación a academia facendo resoar o aire co himno da liberdade, terminando deste xeito a demostración de agradecimiento que o pobo de Mondañedo deu ao liberal deputado (7).
En 1868 atopamos de novo a D. Policarpo presidindo a corporación mindoniense. Na Sala Consistorial da cidade de Mondañedo a 4 de outubro de 1868, reúnense, previa convocatoria, e ante a Xunta revolucionaria desta cidade os señores nomeados pola mesma para ocupar o novo concello deste Distrito, que a continuación se expresan: Lic. D. Policarpo Carrera Barrera, D. Cándido Martínez Montenegro (cuñado de D. Policarpo), D. Antonio Ferreiro Hermida, D. Juan Ferreiro Fonte e D. Juan Taladrid.
Señores do Novo Concello: D. Policarpo Carrera, alcalde presidente; D. Manuel Pardo Montenegro, regidor segundo; D. Manuel Núñez, regidor terceiro; D. Joaquín Candia, regidor cuarto; D. José Campeling, regidor quinto; D. Ramón Lastra, regidor sesto; D. José Vivero, regidor sétimo; D. Pedro Salaverri, regidor oitavo; D. José Villaamil e Castro, Sindico segundo. Os demais señores nomeados: alcalde segundo D. Ramón Pampillo; D. Tiburcio Miranda, regidor primeiro; D. José María Lage, Sindico primeiro (8).
-A súa vida familiar-
O 27 de maio de 1860 cásanse na parroquia de Santiago de Mondañedo D. Policarpo Carrera Barrera, viudo de Dª Manuela Espiroz, de cincuenta anos , fillo lexítimo de D. Felipe Carrera e de Dª Antonia da Barrera, veciños de Santiago de Baroncelle (Abadín), defuntos e Dª Evarista Martínez Montenegro, de 30 anos de idade. Dª Evarista era filla lexítima de D. Pedro Martínez Pastur, defunto e de Dª María Montenegro Portilla, veciños de Mondañedo. Foron testemuñas do enlace matrimonial D. Cándido Martínez Montenegro e D. José Parga, veciños de Mondañedo e D. Andrés Carrera, cura de Santa María de Villapena (5).
O 1 de marzo de 1861, nace no seu domicilio da rúa Perejil (actual Pardo de Cela) de Mondañedo o neno Segundo Andrés Carrera Martínez.
O 27 de marzo de 1876, D. Policarpo Carrera achábase doente e efectúa testamento ante o Notario de Mondañedo D. Fernando Lago Pérez (6). Nun dos apartados do seu testamento roga aos seus cuñados e sobrinos auxilien ao seu viuda e ao seu único fillo, Segundo Andrés. Noutro apartado recoñece que do seu segundo matrimonio tivo varios fillos, que faleceron de tenra idade, sobrevivindo soamente Segundo Andrés, duns catorce anos de idade. Son testemuñas do citado testamento D. Fernando Paz Vivero, D. Ramón Lastra e Cueto, D. Joaquín e D. Tiburcio Basanta Gayoso e D. Florentino Rodríguez Maseda, veciños de Mondañedo.
D. Policarpo Carrera Barrera faleceu en Mondañedo o 6 de maio de 1876, á idade de sesenta e oito anos. O 20 de abril de 1900, faleceu na rúa Progreso de Mondañedo Dª Evarista Martínez Montenegro, viuda de D. Policarpo, á idade de 72 anos. Quedáballe do seu matrimonio un único fillo chamado Segundo Andrés, de 39 anos, residente en Madrid.
-A súa descendencia-
O seu único fillo, D. Segundo Andrés ocupou cargos de gran responsabilidade no Ministerio de Fomento. En 1896, D. Segundo, que xa era Xefe do Negociado de Academias, Arquivos, Bibliotecas e Museos casouse en Valmaseda con Dª Juana de Ibarreche e Martínez da Costa (9). Durante un tempo, D. Segundo publicou diversos artigos e poesías no semanario ilustrado A Gran Vía (10) e ata desexaba publicar un libro ao que tiña proxectado titular A cor da miña terra.
Dª Juana, xa viuda de D. Segundo, outorgou contrato de arrendamento o 10 de xullo de 1912 ante o Notario de Mondañedo D. Basilio Verdía Tobía a favor de D. José María Bermúdez Leivas, polo que lle arrendar un caserío composto de varias dependencias e unha extensión superficial de máis de 6.000 fanegas, ou 1.207 hectáreas de monte e labradíos na Fragabella, no insignificante prezo anual de 130 pesetas (11).
Coñeciamos a D. Cándido Martínez Montenegro como Deputado a Cortes por Mondañedo pero descoñeciamos totalmente ao Deputado Carrera.

(1)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Baroncelle, libro de bautizados, páxina .
(2)- Arquivo municipal de Mondañedo, cartafol 964, libro de actas (1846-1850).
(3)- O Heraldo, do 3 de novembro de 1843, pág. 3.
(4)- Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, A Nación, do 25 de outubro de 1854, pág.2.
(5)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 10 de matrimonios, folio 63 volto.
(6)- D. Fernando Lago Pérez faleceu en Mondañedo o 29 de agosto de 1889. Achábase viudo de D ª Josefa Montenegro Portilla (tía materna de Evarista).
(7)-Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, O clamor público, do 8 de xullo de 1856, pág.2.
(8)- Arquivo municipal de Mondañedo, cartafol 967, libro de actas (1861-1870).
(9)- Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, Gaceta de Ilustración Pública, do 7 de febreiro de 1896, pág. 6.
(10)-Biblioteca Nacional, Hemeroteca digital, Diario de Córdoba, núm. 13069, de 28 de maio de 1895.
(11)-O Cruzado, nº 224, de data 14 de xullo de 1915.

Tamén D. Pedro Martínez Pastur, tiña relación co carlismo mindoniense, de profesión comerciante (comercio de panos), natural de Santiago de Villaodrid, casado con Dª María Montenegro Portilla, natural de Mondañedo. D. Pedro era fillo lexítimo de D. Ramón Martínez, de profesión ciruxián, natural de Santirso de Abres (Oviedo) e de Dª Juana López de Gegunde, natural de Santiago de Villaodrid. Dª María era filla lexítima de D. Juan Montenegro Villamar de Mondañedo e de Dª Manuela Portilla, tamén de Mondañedo.
O 11 de abril de 1851, faleceu á idade de 51 anos, no seu domicilio da Praza de Mondañedo D. Pedro Martínez Pastur, a consecuencia dunha epidemia de cólera que azoutou á poboación de Mondañedo e as súas arredores. Quedábanlle do seu matrimonio os fillos seguintes: 1)-D. Xeneroso(n- 17/7/1829), comerciante; 2)-Dª Evarista (n- 30/10/1827), futura esposa de D. Policarpo Carrera, avogado e Alcalde de Mondañedo;3)-D. Valentín Patricio Cándido José (n- 9/3/1831), avogado e futuro Deputado en Madrid; 4)-D. Secundino (n- 11/6/1835) ,sacerdote;5)-D. Constantino (n- 23/7/1837); 6)-D. Perfecto (21/8/1839);7)-D. Severiano Teodoro (n- 8/11/1841), tamén comerciante, casado con Dª Adelina Lamas Illade; 8)-D. Salustiano (n- 28/3/1844) e 9)-D. Federico (n-23/1/1849), anos máis tarde, estudante de medicina, todos menores de idade.
O 3 de xullo de 1869 faleceu aos 58 anos de idade, no seu domicilio da Praza Pública de Mondañedo, Dª María Montenegro Portilla, viuda de D. Pedro Martínez Pastur.
A súa filla, Dª Evarista, casouse na parroquia de Santiago de Mondañedo o 27 de maio de 1860 con D. Policarpo Carrera Barrera, de 50 anos, viudo de Dª Manuela Espiroz. Foron testemuñas do enlace matrimonial D. Cándido Martínez Montenegro e D. José Parga, veciños de Mondañedo e D. Andrés Carrera, cura de Santa María de Villapena.
Dª Evarista, de 72 anos de idade, viuda de D. Policarpo Carrera Barrera, faleceu no seu domicilio da rúa Progreso de Mondañedo o 20 de abril de 1900. Quedáballe do seu matrimonio un fillo chamado Segundo Andrés, duns 39 anos de idade, residente en Madrid.
O seu fillo, D. Secundino criouse e educouse en Mondañedo no Seminario Santa Catarina, cursou como alumno externo a carreira eclesiástica. Ordenado sacerdote, foi destinado a Ribadeo. Alí ocupou os cargos de Arcipreste, cura párroco e castrense de Santa María do Campo. Faleceu en Ribadeo o 18 de abril de 1907, onde a poboación chorouno e acompañouno ata a última morada. Chegou a ser considerado como o pai dos pobres.
O seu fillo, D. Severiano casouse con Dª Adelina Lamas Illade, filla do Doutor D. Francisco Lamas García, Cabaleiro da distinguida Orde de Carlos III e condecorado coa Cruz de primeira clase da Orde civil de Beneficencia e de Dª Dores Illade Fernández. No mes de xaneiro de 1923, o Gobernador Civil de Oviedo, autorizou o traslado ao cemiterio de Mondañedo dos restos mortais de D. Severiano, falecido no xa afastado mes de maio de 1898.
O 19 de xullo de 1913, faleceu no número tres da Praza de Mondañedo, aos 84 anos de idade, de estado solteiro, o ex comerciante D. Xeneroso Martínez Montenegro. Acompañáballe a súa incondicional sirvienta Concepción López Maseda, natural da parroquia de Masma, que levaba máis de corenta anos ao seu servizo.
A comezos do mes de febreiro do ano 1923, faleceu en Ribadeo, D. Federico Martínez Montenegro, que exerceu a profesión de médico, de xeito moi competente. Xa facía uns anos que non exercía a súa profesión, por razón de idade.
O seu outro fillo, D. Valentín Patricio Cándido José, naceu en Mondañedo á unha da noite do 9 de marzo de 1831. Foron os seus padriños D. Patricio do Seijo, marido de Dª Isabel Cornide e Dª Josefa Montenegro Portilla, solteira, tía do recentemente nado. Representou durante case trinta anos (1871-1899) ao distrito de Mondañedo no Congreso dos Deputados de Madrid. Co paso dos anos, a Corporación mindoniense, en atención aos numerosos servizos prestados á poboación de Mondañedo durante o seu cargo de Deputado deu o seu nome a unha céntrica rúa. No ano 1883, D. Cándido Martínez abandona o cargo de Director de Correos e pasa a ocupar unha praza no Consello de Estado.
No ano 1890, a Corporación mindoniense acorda nomealo Fillo Predilecto de Mondañedo. para dar o seu nome a unha rúa de Mondañedo. D. Cándido faleceu en Madrid o 21 de decembro de 1899.
Tío paterno de D. Cándido foi Frei D. Juan Antonio Martínez Pastur, presbítero, cura prior de Santa María de Regua e de San Andrés de Teixido, Cabaleiro da Cruz de San Juan de Jerusalén. Faleceu en Mondañedo, no domicilio familiar, o 24 de outubro de 1847, aos 67 anos de idade. Declara como herdeiros das catro quintas partes ao seu irmán D. Pedro e á súa esposa Dª María Montenegro.
Na actualidade, non reside ningún descendiente desta familia en Mondañedo, e a vivenda familiar foi comprada, fai xa moitos anos, por un matrimonio que instalou na súa planta inferior unha librería e un pequeno comercio. O que si se conserva no cemiterio vello de Mondañedo é o seu precioso panteón familiar.

Tamén existiu na realidade Antón da Ponte. Outro persoeiro da novela.

Si ten algo de novela, ten moito máis de historia. Pois ese é ou retrato de Antón: Alto, fornido coma un carballo; cunhas patillas que se xuntaban cas guedellas que lle tapaban os fuciños; cun cor tirando a roxo e a moreno; cas pernas un pouco tortas para fora tal como píntannos a Hércules, cun peito ancho coma unha maseira, ca camisa de estopa entraberta e ensinando un moucho de pelos; cuns brazos nervudos e tamén moi peludos; Antón malia ter corenta anos, botábase ás costas catro fanegas de trigo, e cando se lle atascaba o carro nalgunha poceira do camiño, el só facía máis para arrincalo cós dous bois que polo carro tiraban (1).

Antón da Ponte residía cos seus pais nunha modesta vivenda do lugar de A Ponte Nova de Viloalle, situada moi preto da canle do río Valiñadares (hoxe coñecida como Casa de Mañas) e dotada dun importante muiño fariñeiro. O seu verdadeiro nome era Antonio Fernández Rico, fillo de Miguel Fernández e de Josefa Rico, naturais e veciños de Viloalle. A comezos da década dos anos setenta do século XIX, Antón cásase con María Manuela Gómez López (n-5/6/1845), filla de José Gómez Ramos e de Rosa López, residentes no lugar de O Coto da parroquia de San Xorxe do Cadramón. O novo matrimonio, durante un periodo de tempo, reside no lugar de O Campo, da mesma parroquia. Neste domicilio nacería a súa filla primoxénita María Josefa Fernández Gómez (Pepiña) (28/4/1872). Pouco máis tarde, o matrimonio e a súa filla de tenra idade, trasládanse á vivenda paterna do lugar de A Ponte Nova de Viloalle. Neste último domicilio nacerían outros fillos. O 23 de febreiro de 1886, a vida íalle asestar un duro golpe a Antón, ao falecer a súa dona María Manuela, a consecuencia dun parto. Quedábanlle do seu matrimonio os fillos seguintes: María Josefa, Ramón, Paulina, José e Jesús, todos eles menores de idade e residentes na súa compañía (2). En menos de catro meses máis tarde, Antón recibe outro duro revés, falece aos dous anos de idade o seu fillo Jesús. Para remate, o 26 de xaneiro de 1887, falece o seu viudo pai, á idade de setenta e oito anos. E no senso de seguir recollendo datos da familia de Antón e de Manuela atopámonos coa sorpresa de que Antón da Ponte e D. Patricio Delgado Luaces (Xan de Masma) eran, (como se di por estes lugares) compadres. O 21 de novembro de 1876, naceu no domicilio de A Ponte Nova de Viloalle, a súa filla Paulina Manuela Antonia. Foron os seus padriños D. Patricio Delgado Luaces e a súa irmá Dª Paulina, solteiros e veciños de Mondañedo (3). No ano 1924 residían no lugar de A Ponte Nova de Viloalle Antonio Fernández Rico, de estado viudo e de 76 anos de idade, en compañía do seu fillo José, de 48 anos, casado con Manuela Loredo. O seu neto Jesús Fernández Loredo, rexentou durante moitos anos un establecemento público de bebidas en Viloalle, coñecido como A Taberna de Mañas (4). Son moi interesantes os datos aportados por Xan de Masma e as súas expresións utilizadas. Transcribimos outro fragmento da súa novela por ser de interese: Ás catro da tarde, o carro ben cargado de cachivaches; as galiñas metidas nunha cesta; o can detrás e detrás Antón, Pepiña e Pepe do Merlo, ían polo camiño dá Fervencia. Os gatos quedáronse porque ises non teñen cariño ós amos sinon á casa. Da cibdade de Mondañedo ó Cuadramón hai cinco leguas polo atallo, e seis compridas polo camiño de carro.

(1)- Xan de Masma, A Besta, páxina 50.
(2)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santa María de Viloalle, libro 2 de defuncións, folio 97, volto.
(3)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santa María de Viloalle, libro 4 de bautizados, folio 125.
(4)- Arquivo municipal de Mondañedo, cartafol 1635, censo de poboación do ano 1924.

D. Policarpo Carrera Barrera, abogado e propietario, finou en Mondañedo o 6 de mayo de 1876, ás seis e media da tarde, á idade de 66 anos.

En Pumariño Darriba, na parroquia da Nosa Señora dos Remedios, atópase a edificación do convento de Villaoriente, máis conocido entre os mindonienses como o convento de “Os Picos”.

Os Conventos, dos Picos e da Alcántara, foron alicerces de militantes carlistas mindonienses. As ideas tradicionalistas do carlismo que logo pasaron a ser aceptadas pol-a ditadura franquista con personaxes moi vinculados a os de Noriega como Manuel Blanco Muinelo (xefe local dos requetés de Foz e fundador do xornal falanxista Amencer), Fiallega, Constantino Vázquez e outros. De seguido relacionamos nomes dos que probábelmente conviviron en Mondañedo nesas datas. (Véxase anexo nº 47).

As exclaustracións nestes Conventos e no de Vilanova de Lourenzá tamén, execútanse na mañanciña do 17 de Outono do ano 1835 pol-o Alcalde de Mondañedo D. Vicente María Miranda, pol-o Procurador del Común e pol-o rexidor D. Antonio Rivas. Posteriormente procedese a inventariar todos os obxectos e bens dos devanditos conventos.
Ata o ano 1885 as instalacións do convento “Dos Picos” permanecen deshabitadas. O 2 de Decembro de 1885 o Bispo da Diócese D. José Manuel Palacios López, concedeu a autorización para a ocupación do referido convento á Comunidade dos Padres Pasionistas.
No ano 1894 a Congregación dos Pasionistas constrúe un cemiterio de escasas dimensións a pé da torre da igrexa.
No ano 1906 residían nas fortificadas instalacións do convento “Dos Picos” de Mondañedo os relixiosos que citamos de seguido: José Dañobeitia y Dañobeitia (1.869), natural de Lezama (Vizcaya), presbítero; Gregorio Pérez Macho (1.862), natural de Balcobero (Palencia), presbítero; Primo Lasuen y Garrido (1.870), natural de Zaldivar (Vizcaya), presbítero; José Rubio y Villalón (1.877), natural de Villalón (Valladolid), presbítero; Claudio Echeandia y Egusquiza (1.879), natural de Larrabezua (Vizcaya), presbítero; Ignacio Morica Jáuregui (1.875), natural de Larrabezua (Vizcaya), lego; Sidel Elejaga Isasi (1.870), natural de Larrabezua (Vizcaya), lego; Juan Manso y Perdiguero(1.873), natural de Peñaranda (Burgos), lego; Pedro Esteban Manso y Arnai (1.863), natural de Cantabrana (Burgos), lego; Eleuterio Labayen Lasalde (1.870), natural de Ariaga (Navarra), lego; Valeriano Prieto y Bardón (1.874), natural de Salge (León), lego; Eladio Alonso y Quintana (1.886), natural de Gaceo (Alava), lego; Antonio Vega y García (1.885), natural de Villamor de Órbigo (León), estudante; Laimberto Luzurriaga y Mezquia (1.882), natural de Alaira (Alava), estudante, Amado Corcuera y Castresana (1.883), natural de Pobes (Alava), estudante; Florencio Lamión y Azauza (1.881), natural de Eulz (Navarra), estudante; Teodoro Garrido y Garrido (1.883), natural de Boadilla (Palencia), estudante; Cruz Lamión y Azauza (1.884), natural de Eulz (Navarra), estudante; Bruno Martínez Fernández (1.884), natural de Vitoria (Alava), estudante; Francisco Moinelo Cupeiro (1.881), natural de Coea (Lugo), estudante; Antonio Odriozola Ortega (1.885), natural de Beasain (Guipúzcoa), estudante; Perfecto Sánchez Martínez (1.883), natural de Villasamacin (Palencia), estudante.

No censo de poboación que se fixo no ano 1924 entre os habitantes do Concello de Mondañedo aparecen citados como residentes no convento “Dos Picos” os seguintes monxes: Cruz Larriau Uzauza, Rector, natural de Alleu, Navarra (1.884); Patricio Ontria Elauiz, padre, natural de Burgos (1.871); José María González Vázquez, padre, natural de Begonte, Lugo (1.870); Cirilo López García, padre, natural de Alava (1.884); Alipio Dieguez Veleda, padre, natural de Pigeiras, Orense (1.893); Ramón Vela Jáuregui, colegial, natural de Larrabezua, Vizcaya ( 1.903); Ildefonso Berasategui Lazcano, colegial, natural de Guipúzcoa (1.902); Esteban Isasi Barrena, colegial, natural de Vizcaya (1.902); Víctor Bilbao Menica, colegial, natural de Larrabezua, Vizcaya (1.903); Salvador Basaguren Urizarbarrena, colegial, natural de Ochandiano, Vizcaya (1.903); Cirilo Lejarreta Aguirre, colegial, natural de Vizcaya (1.903); Pedro Vizcarüeugoa Bilbao, colegial, natural de Vizcaya (1.903); Gregorio López Echevarria, colegial, natural de Arrouiz, Navarra (1.904); Fidel Monasterio Arrién, colegial, natural de Allorga, Vizcaya (1.902); Juan Miota Albizuri, colegial, nartural de Arepe, Vizcaya (1.905); Valeriano Prieto Bardau, lego, natural de Salce, León (1.874); Juan José Albizu Odriozola, lego, natural de Garín, Guipúzcoa (1872); Manuel Rodríguez Restrebada, lego, natural de Puentes de García Rodríguez, La Coruña (1.873); Ramón Ramas Barreiro, lego, natural de Mellid, La Coruña (1.894); Juan Larabe Abanuza, lego, natural de Marga, Vizcaya (1.904); José Vidal Pintor, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.912); Manuel Ramas Barreiro, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.913); Vicente Rodríguez Fernández, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.912); Avelino Capón López, alumno, natural de Samos, Lugo (1.911); Fortunato Vázquez Pérez, alumno, natural de Sober, Lugo (1.912); Manuel García Valcarcel, alumno, natural de Bóveda, Lugo (1.911); Aureo Piñeiro Álvarez, alumno, natural de Sober, Lugo (1.912); Antonio Gayoso Souto, alumno, natural de Monterroso, Lugo (1.911); Manuel López Vidal, alumno, natural de Mellid, La Coruña (1.912); Manuel Quintás Rodríguez, alumno, natural de Mellid, La Coruña ( 1.914); José Luís Sánchez Casanova, alumno, natural de Incio, Lugo (1.911); Manuel Luís López Mariño, alumno, natural de Incio, Lugo (1.912).(1)

(1)- Arquivo do Concello de Mondañedo, censo de poboación do ano 1.924, carpeta número 1.635.

A nova residencia dos P.P. da Alcántara no ano 1734, co pai Guardián do Convento da Alcántara Frei Isidoro de San Joaquín, en unión dos seus compañeiros alentou á poboación de Mondañedo de tal modo que de contado acordouse o establecemento da Venerable Orden Tercera.
O 23 de xuño de 1888 acordouse dar unha altura á Sacristía da capela da V.O.T. de Mondañedo. O 5 de marzo de 1912, a Orden Tercera cedeulle aos P.P. Pasionistas o usufructo da citada capela e a dirección espiritual da Asociación. A escomezos do ano 1913, os P.P. Pasionistas deciden construir unha Residencia na Sacristía da Tercera Orden. Fixo o plano da nova obra o pai Gabriel de la Dolorosa, que dirixeu tamén as obras.
Entre os numerosos actos que se celebraron os días 12, 13 e 14 de outubro do 1913 co gallo da súa inauguración, celebrouse unha animada verbena no Campo da Alcántara amenizada pol-a Banda municipal de Mondañedo.
No mes de agosto de 1916, o Reutor da nova Residencia, o pai Calixto de San José, co fin de hixienizar os servicios de desaügue, solicita permiso ás Autoridades municipais de Mondañedo para construir un cano cerrado, coa profundidade necesaria, que saíndo da edificación da Residencia, atravesase o Campo da Alcántara en liña diagonal cara a unha porta situada ao ángulo do Nordeste paralelo ao camiño que ascende ao “Sabelo”, ata entroncar coa alcantarilla xeral da Plazuela de San Juán. As autoridades conceden a solicitada autorización e esixen que se constrúa en condicións de profundidade, seguridade e capacidade suficientes.
No mes de marzo do ano 1933, ao anoitecer, as campás das igrexas de Mondañedo tocaron a arrebato, ao levantarse un incendio nun galiñeiro contígüo á nova Residencia dos Pasionistas da Alcántara. Acudiu rápidamente o servicio municipal de incendios e numerosos veciños, que conseguiron apagar o lume axiña. A rapidez logrou evitar que os danos fosen máis cuantiosos.
A mediados do ano 1960, os Padres Pasionistas abandoaron Mondañedo e a Residencia da Alcántara quedou desocupada.
A escomezos do ano 2000, a V.O.T. de Mondañedo cede esta edificación ao Concello de Mondañedo por un periodo de vintecinco anos. O edificio é rehabilitado na súa totalidade e adícase a un xeneroso albergue de peregrins. Foi inaugurado oficialmente o 1 de marzo de 2004.

A “Quinta de Pedrido” foi propiedade de Francisco Delgado (concelleiro certo tempo en Mondañedo e pai de Xan de Masma) adquirida a D. José García Montenegro de San Pedro de Riotorto o 2 de Decembro de 1857 segundo nos di a seguinte escritura:

[Venta de hacienda sita en Santa Maria de Villamor por D. Jose Garcia Montenegro de S. Pedro de Riotorto á D. Francisco Delgado de Mondañedo

En la ciudad de Mondañedo a dos de Diciembre de mil ochocientos cincuenta y siete, por ante mi Escribano y testigos el Licenciado D. Jose Garcia Montenegro Abogado de los Tribunales Nacionales y vecino de San Pedro de Riotorto dijo: Que por la presente vende para siempre jamas á D. Francisco Delgado del comercio de esta ciudad por la cantidad de veinte y dos mil reales que en este acto a mi presencia y de los testigos recibo de este en monedas de oro y plata, todo lo que sigue y se halla sita en terminos de Santa Maria de Villamor: es a saber
1ª ..Una casa antigua sita en el lugar de Pedrido Parroquia ya dicha que se compone de todas las oficinas que refiere el reconocimiento que de ella y mas fincas hizo el Perito agrimensor D. Camilo Garcia en veinte y ocho de Febrero ultimo de que en este acto hace entrega al Comprador rubricado con la de mi uso, un cabanote, el sitio de pajar cercado, con cuatro cuartillos de terreno para Hera. Un corral a la parte del Sur con algunos pies de parra, un ferrado y diez y siete cuartillos de tierra destinada a huerta en la parte inferior de la citada casa con varios arboles fructiferos...]1 (Véxase anexo nº 26).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Pascual Vázquez de Pedrosa, sinatura 08131-01, escritura número setenta e seis de 2 de Decembro de 1857.

Esta propiedade foi da Facenda Nacional que era representante do Convento das Monxas da Cidade de Mondañedo segundo unha partixa do 12 de Agosto do 1855:
[Ciento cincuenta y nueve

SELLO 4º AÑO 1855 40 Ms

Noventa y tres

Agosto 12

Partija de hacienda sita en terminos del Juzgado de Mondañedo echa por Dn Fernando Lago y Dn
Jose Garcia Montenegro que la poseian de mistion, vecinos de dcha. Ciudad

En la Ciudad de Mondañedo á doze de Agosto de mil ochocientos cincuenta y cinco; á presencia de mi Escribano y testigos el que tambien lo es de Lcd. Dn Fernando Lago y el Lic Dn José Garcia Montenegro vecinos de esta Ciudad, de una conformidad digeron: que dn Santiago Santome por el testamento que en treinta y uno de Enero de mil ocho cientos cincuenta otorgó por ante el Esno. Dn Ramon Martinez de Santiago de Villandrid en el Partido de Rivadeo, y codicilo hecho en San Juan de Villaronte á cuatro de Mayo de ocho cientos cincuenta y dos ante testigos que se corroboró y declaró por tal por auto de seis de Julio de dicho año dictado por el Señor Juez de primera instancia de esta Ciudad y Escnía que rejenta Dn Fernando Paz Vivero, les dejó para siempre la lejitima que le habia donado su hermano Dn Ignacio con la obligacion de pagarle seis reales diarios, segun y en los términos que el lo estaba haciendo y lo prebiene la escritura de donacion de siete de Marzo de mil ocho cientos treinta y nueve de que ha dado fe el propio Lago vajo cuyas disposiciones falleció el dn. Santiago el dia diez y siete del espresado mes de Mayo de cincuenta y dos en la referida parroquia de San Juan de Villaronte, segun resulta de los citados documentos que se han rejistrado en la Contaduría de Hipotecas de esta Ciudad y pago los derechos á la hacienda en tres de Setiembre del propio año, desde cuya época se encargó él Lago de la administraciion de los bienes donados consistentes en los que le han correspondido al dn Ignacio por óvito de que su padre Dn Francisco Santomé y Dª Maria Josefa de Puga segun se espresan en los pagos que se le han hecho en la partija judicial celebrada en el año de mil ochocientos veinte y cinco por ante el Escnó. de número Dn. Antonio de la Barrera, y la yá celebrada por ante el Escno. Dn. Ramon Samaniego en el año de mil ocho cientos diez y siete de que se tiene testimonio á la vista con presencia de estos documentos y de un escrupuloso exámen que por sí y á medio de peritos han hecho de la propiedad donada, no acomodándoles la mistion por mas tiempo y para que cada cual administre y cuide de su porcion haciendo los mejoramientos que le parezca, han determinado dividir como dividen la propiedad que les ha sido donada amistosamente segun lo encargó el difunto haciéndose recíprocamente.]1 (Véxase anexo nº 24).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Pascual Vázquez de Pedrosa, sinatura 06878-01, escritura número noventa e tres de 12 de Agosto de 1855.

Este lugar de Pedrido adquiriuno á Nación D. Francisco Santomé entre outras compras das que nos da datos unha escritura de foro do 12 de Xullo de 1726, outra do 15 de Agosto de 1726 onde cita estas propiedades como o lugar da Chaira en San Xoán de Vilaronte, ou o prado de Cabana de Bella e tamén de un testamento de Dª María Cayetana Gütiérrez viuda noble y honesta de D. Juan Antonio De Aenlle y Rocha vecina de el Lugar de Pedrido parroquia de Santa María de Villamor...:

Escritura de foro do 12 de Xullo de 1726 do lugar da Chaira en San Xoán de Vilaronte:

[Veinte maravedis
SELLO QVARTO, VEINTE MARAVEDIS, AÑO DE MIL SETECIENTOS Y VEINTE Y SEIS

Ciento y once

En la Ciudad de Mondo y dentro de las casas consistoriales della a doze dias del mes de julio de mil setecientos y veinte y seis se juntaron en forma Capitular sus... los... Justicia y re... desta dcha Ciudad Presidiendo el Dr Dn Isidro Joseph Vaamonde regidor mas antiguo por indisposizon del Dr Dn Franco Charlo = En este Consistorio el ... dn Lucas de Miranda protector de la hazienda del osPital de los ... San Pablo desta Ciudad de q es Patrona, q a notizia aver pasado a la f q den Juan de Villaronte reconozer el Lugar y Caserio que llaman da chaira propio de dcho osPital segun se le ha encargado p ante Capitular y de el y de sus Vienes izo apeo y reconocimiento segun lo espresa el memorial que dello presenta en q estan conprendidas la casa y piezas de heredad anejas a dcho lugar, y asi mesmo izo delera Poniendo zedulas para quien quisiere rezivirle en fuero que se le aria A quien y con la mayor conbeniencia y que con efecto el Casero q oy Bive por ariendo en dcho Lugar y pagara diez anegas y media de trigo ofrezio de aumento otros dos ferrados mas y que por estar la casa aruynada en Un medianil y un sobrado nezesitar de Una biga que aziendole dcho fuero lo repararia todo a un coste cediendo el coste a beneficio de dcho osPital para siempre jamas y si y sus sub z...=]1 (Véxase anexo nº 27).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Agustín da Rega y Pena, sinatura 08266-06, escritura número 111 de 12 de Xullo de 1726.

Testamento de María Cayetana Gutiérrez:

[Zinqta

Veinte maravedis

SELLO QVARTO VEINTE MARAVEDIS AÑO DE MIL SETECIENTOS Y CINCVENTA Y NUEVE

En el Nombre de la Santisima Trinidad, Padre, hijo, y espiritu Santo, tres personas distintas y un solo Ddios verdadero, que bive, y reina para siempre, y sin fin: Sepan quantos vieren la presente Carta de testamento ultima, y postrimera voluntad, como yo Dª María Cayetana Gutierrez viuda Noble, y honesta de dn. Juan Antonio de Aenlle y Rocha vezina de el Lugar de Pedrido prª, de Stª Maria de Villamor...]1 (Véxase anexo nº 28).

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial (Lugo), Protocolos notariales de D. Pedro Joseph de Allegue, sinatura 07358-08, escritura número 50 de 8 de Abril de 1759.

Estes retallos comparados coas relacións que de seguro na realidade existiron, veñen á amosarnos unha vez máis que esta familia por medio de Ramona Fernández Noriega, consorte de David Cornejo, militar retirado e que foi o xefe da Partida Carlista, estaba moi vencellada naquelas datas co clero, con xente que adquiríu bés que pertenceron á nobreza liberal (os antergos xa eran fidalgos notorios) e que tiñan moito apoio popular, dito por Félix Noriega Varela na súa transmisión oral e que se van confirmando con esporádicos artigos coma estes. Todo isto formaba parte do entramado para patrocinar a única Partida Carlista Mindoniense que existíu nestes arredores en 1872 e que tivo intervención na terceira guerra carlista.
Como xa fixemos constar máis veces, Antonio Noriega Varela moito máis informado que o seu irmán Félix destes sucesos que acaeron nos anos en que eles naceron, conviviu con todas estas amizades dos seus familiares máis achegados, e estivo ó tanto de todos os acontecementos nun espazo de moitos anos. Aínda na almoneda do xornal ¡Guau...Guau! de Foz fai referencia á venda dunha boina vermella e en única vez despois de vinte anos, nunha carta, fálanos do seu desterro, que xa non hai dúbida que foi como tal e pol-os motivos da vinculación da familia co carlismo e non somentes o expediente disciplinario do ministerio de Educación.

Nunha nota do xornal El Motín, nº 41, páx. 2, di:

“Suscripción para publicar los folletos ‘Los Crímenes del Carlismo” (…) Mondañedo.—Ahí va para engrosar la suscripción que con tanta oportunidad inicia usted para perseguir al carlismo, ya que el gobierno nada hace, como debiera. Don Herminio Moiño, 15 pesetas; un liberal, 0'50; Ferbencia, 1; Manuel Leiras, médico, 3; Antonio Noriega Varela, escritor, 1; J. B., 1; un republicano progresista, 1; un anticarlista, 2; Jesús Salgado Aguiar, 5; Víctor Salvatierra, médico, 3; Ramón Justo Alonso, abogado, 2'50; Bernardino Rodríguez, 1; J. P. Z, 1; un federal, 2; X, 2'50; José Alonso Parga, estudiante, 1; D. R., 1; un republicano (J. R.) propietario, 5; Avelino Rodríguez, industrial, 1 ; Gervasio Martínez, propietario, 1; José González, 1; José López, 050. [Total] : 52”.

Esta suscripción é paradóxica, mesmo combate o carlismo. Sempre atacou o caciquismo e nunca militou en ningún bando político. O Tradicionalismo relixioso era unha constante nesta familia dende moitos anos atrás.

Mesmo, tempo andado, relacionouse primeiro co agrarismo, para despois na derradeira etapa da súa vida, alinearse co réxime da dictadura franquista, posicionado contra a República e as forzas progresistas, e tamén contra o galeguismo e as súas institucións, malia ser un galeguista non político. Algo atopou que non lle gostaba do nacionalismo ou dos seus dirixentes para atácalo de semellante maneira con tremendos calificativos.

[...]pese a que sempre mantivo relacións con persoeiros agrarios e galeguistas, non se comprometeu co movemento nacionalista, adoptando posicións moi reaccionarias, tradicionalistas, católicas e, a raíz da guerra, entusiásticamente franquistas e falanxistas[...]1

(1) Bibliografía consultada: Antonio Noriega Varela, Estudio e Edición da Obra Completa, Tomo I, Xosé Ramón Freixeiro Mato, páxina 138. Edición do Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo 1994.

Sempre exerceu de tradicional-galeguista, non político, e non militou nunca en ningún bando aínda que sempre foi coherente coa súa liña ideolóxica tradicionalista.

É coñecida esta carta que lle fai chegar ao seu fillo Antonio para que milite na Falanxe igual que a súa filla Doloriñas que ingresou e militou nas filas falanxistas moitos anos:

(...) gracias a Dios, eres hombre de Cristo, y llevas mi sangre, que no es sangre de judíos, ni de rojos, ni de perros moscovitas y masones. (...) sigue, te aconsejo, siempre, siempre, en Falanje. (...) —Carta de Antonio Noriega Varela a Antonio Noriega Almansa (24/4/1939)1

(1) Xesús Alonso Montero e Miro Villar. Guerra Civil (1936-1939) e Literatura galega. Páxina 134. Consello da Cultura Galega.

Na Voz de la Falange Española Tradicionalista y de las J.O.N.S. atopamos esta noticia que nos confirma a militancia da filla do poeta en Falanxe:

[…]Se ordena a las siguientes camaradas pasen por la Delegación de “Auxilio Social” hoy, de diez a una de la mañana: Julia Rodríguez, Conchita Noriega, Maruja Quintana, Anita Quintana, Pilar Pig, Alicia Villato, Emma López Martín, Pilar López Martín, Gloria del Campo, Marison Alonso, Alejandrina Curly y Angeles Canitrot.
DELEGACIÓN FEMENINA DE FLECHAS
Se ordena a todas las flechas, incluso a las que acaban de pasar a afiliadas, se presenten en esta Delegación hoy martes, a las siete de la tarde, para un asunto que les interesa.
FALANGE ESPAÑOLA TRADICIONALISTA Y DE LAS J.O.N.S.[…]

Como ben din todos os seus biógrafos nos seus estudos, nunca puideron atopar a alguén que coñecera ou tratara ó poeta que lles puidese dar algunha pescuda destes sucesos, ou lle ouviran ao poeta unha mínima confirmación de militancia política. O poeta nunca amosou o máis ínfimo comentario sobre a política máis que aconsellar que a política era para os políticos, e que era moi difícil non ollarse atrapado nas súas redes. Félix, tampouco, pois dicía que xa sofriran bastante e non se podía facer ningún comentario sobor deste tema, lembrando os encausamentos xudiciais. Xosé Ramón Freixeiro Mato recolle o que Aquilino Iglesia Alvariño nos deixou escrito no seu día:

[...]Temos que nos imaxinar a un Noriega marcado na súa infancia e adolescencia pola “negra sombra” de Rosalía de Castro, coa que ten tantas concomitancias no seu nacemento: “La casa de Noriega tenía una particularidad. Estaba habitada de sombras. Unas eran del otro mundo, las más visibles, de un cura muy virtuoso o de un coronel carlista. Las vivientes o de este mundo eran dos o tres mujeres silenciosas y rezadoras.
Toda la vitalidad que era mucha –Teixeira de Pascoaes le llamaba el “lobo angélico”- no bastaba para acallar el contrapunto de graves que estas sombras iban poniendo a la melodía bulliciosa que le saltaba en el alma”
Estas sombras que envolven os primeiros anos da vida do poeta, das que só fala Aquilino, aínda que non as aclara, serían esas circunstancias que conforman un ambiente familiar traumático na sociedad hipócrita e convencional de fins do século XIX, máis aínda nunha cidade fondamente tradicional e relixiosa, sé da curia espiscopal: a inclusa, unha nai solteira, talvez un irmán, un tío cura moi virtuoso, un avó militar, se cadra o coronel carlista (David Cornejo) de que fala Aquilino.
Este clima familiar pode ser a base na que se foie formando un Noriega moi relixioso (tamén seu irmán Félix era de vocación moi relixioso), amigo dos cregos e das tradicións, desconfiado e cerimonioso, moi conservador no plano político (sobretodo na segunda mitade da súa vida), mais sempre en loita cun corpo rebelde e forte, cheo de vitalidade e seducido pola vida. Esta confrontación vaino acompañar durante toda a súa existencia.[...]1

(1) Bibliografía consultada: Antonio Noriega Varela, Estudio e Edición da Obra Completa, Tomo I, Xosé Ramón Freixeiro Mato, páxina 67. Edición do Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo 1994.

Con relación á súa creencia explica con detalle Xosé Ramón Freixeiro Mato, a vocación innata da relixiosidade do vate que sempre foi unida íntimamente á tradición, mesmo formando parte dela.

[...] Ao definírmolo como poeta católico tradicionalista, queremos resaltar que ten unha militancia ideolóxica no tradicionalismo político, que o fai católico dun determinado xeito, fronte a outras maneiras de entender o catolicismo. Esta doutrina política conformou o carlismo no século XIX e o nacional-catolicismo a partir de 1936.
Tal adscrición ideolóxica dáse durante toda a vida do poeta, aínda que non se evidencie, coa mesma claridade, en todas as etapas da súa existencia.[...]1

(1) Bibliografía consultada: Antonio Noriega Varela, Estudio e Edición da Obra Completa, Tomo I, Xosé Ramón Freixeiro Mato, páxina 136. Edición do Servicio de Publicacións da Deputación Provincial de Lugo 1994.

A asunción do ideario católico tradicionalista, tan públicamente evidenciado na derradeira etapa da súa vida, deulle a Noriega o calificativo de home reaccionario e non lle importou máis.

Nesta cuna do carlismo tradicional mindoniense executaronse traballos de restauración na Quinta de Pedrido (ou Coto Redondo), o ano 2008 pola actual familia Jaén Vergara, atopando nun muro exterior un escudo heráldico de armas, que data do mil setecentos, e non se concreta o ano debido á mutilación intencionada (propiedade da nobreza fidalga liberal en mans dun carlista tradicional que borrou todo debaixo do cal), dos dous derradeiros díxitos numéricos.

[…]Con motivo de la proclamación del Rey Carlos IV, se llevaron a cabo en Mondañedo los días 1, 2 y 3 de febrero del año 1789 suntuosas fiestas. Estas fiestas fueron dirigidas por los Regidores D. José Ramón Miranda Ron y D. Francisco Santomé Aguiar.
Desde la balconada del antiguo Consistorio (actual biblioteca) se descolgó un cortinaje de damasco carmesí, dejando suspendido en el centro un espléndido escudo con los timbres de Castilla y León, bordatos de realce de oro y plata y en medio las armas de la ciudad[...].(1)

Unha réplica deste escudo atópase actualmente nunha das paredes do Salón de Plenos do Concello de Mondañedo. Moitas veces fixéronse comentarios sobor do descoñecemento da súa orixe. Existe outro coas mesmas armas blasonadas na Casa de Cayón en san Lázaro-Mondañedo. Todos representan á nobreza de Castela.

Na fachada de esta vivenda do barrio de Pedrido que pertence á parroquia de Vilamor, apareceu debaixo dos cales, esculpido en pedra caliza, e mutilado, un escudo cos mesmos cuarteis e símbolos que o que antes citamos. Esta vivenda a mediados do século XVIII era propiedade de Dª Caietana Gütiérrez de Cancio e de D. Juán Antonio Aenlle y Rocha, nobres fidalgos os dous.

(1)- José Isidro Fernández Villalba, Mondañedo, regreso al pasado VII, páxina 121.

Tamén achamos na igrexa parroquial de Santa María de Vilamor (Mondañedo), nun lateral, un retallo dunha lápida que fai mención ós soterramentos dos membros desta nobreza.

Co dato que nos da o testamento de Dª María Cayetana Gütiérrez de que pertence á nobreza e que ademais, esta construcción da Quinta de Pedrido, pertence á parroquia de Santa María de Vilamor, despértanos o interese de coñecer máis datos desta familia que foi nobre antes de pasar a ser propiedade adquirida polo proxenitor de Patricio Delgado (Xan de Masma)

A orixe da parroquia de Santa María de Vilamor está íntimamente relacionada coa existencia da “croa” do monte da Trinidá (colle o nome da anterga Orde dos Trinitarios), onde no seu cume está a “croa” que caseque chega aos catrocentos metros de circuito. A tosca muralla do parapeto é ben visíbel e as petrucias tradicións orais afirman achamentos de “fornelas” ou fornos con restos de vaixelas de barro.

Esta croa aparez xa citada no ano 969, na escritura de dotación do Mosteiro de Vilanova de Lourenzá, e aínda hai quen afirma que a anterga igrexa parroquial –seguramente a que nun pergameo de 1112 chámase Santa Eulalia de Rogio- estivo ubicada mesmo dentro da “croa”.1

(1)- Villa-Amil y Castro, José. Los Castros y las Mamoas de Galicia, en el Museo Español de Antigüedades, tomo VII, páx. 199.

Ao longo da historia os autores confunden a cidade de Villamaior, nome co que primixeniamente se designou a Mondañedo, coa parroquia ou ferigresía de Santa María de Vilamor; punto éste suficientemente acrarado po-lo profesor-historiador, Dr Francisco Mayán Fernández, nunha das súas publicacións.1

(1)- Mayán Fernández, Francisco. Orígenes Históricos de la Actual Ciudad de Mondañedo-Mondañedo, 1957, páxs. 23-25..

A confusión, asegún nos amosa, arranca nos tempos en que o Padre Flórez quen, ao referirse a unha carta do 18 de novembro do 1399 para que o Merino da Torre Vella de Villamaior non reparta tributos nin moedas aos caseiros do Cabildo, acrara erradamente que esa Torre atopábase a media legua de Mondañedo na parroquia de Santa María de Vilamor.1

(1)- Flórez, España Sagrada. Madrid 1789, tomo XVIII, páx. 185.

A Torre atopábase no barrio do Chao do Val nunha lomba do tarreo con vistas panorámicas a todo o val. Esta edificación era rectangular, provista de dúas alturas con fortes muros de mampostería, teitos a dúas augas con vigas e cangos de madeira e lousa das canteiras de Vilamor, con labrada cantería nas esquinas, marcos de portas e xanelas. Fala desta Torre D. Eduardo Lence Santar no xornal mindoniense La Voz de Mondañedo e dinos: “Cando Luís de Luaces y Labrada funda vínculo con Leonor Fernández de Estoa en escritura do 2 de Novembro de 1581, perante o escribán Fernando Rodríguez das Eiras y Villameá, a torre e lagar de Villamor con 34 xornais de viña”

Na fachada principal, caseque debaixo do beiril do lousado, atopábase un escudo de armas, esculpido en pedra de cantería, de forma rectangular, provisto de dous cuarteis; no da dereita figuraban as armas dos Luaces e no da esquerda as dos Baamonde, unha das familias con máis aboengo nas terras mindonienses.

Co paso dos anos, no seu interior levantouse un forno para cocer o pan e modificouse unha parte da altura. Nas xanelas da fachada principal, na parte que se coñecía como lagar, había unhos cómodos bancos de cantería chamados “parladoiros”.

Nos primeiros días dos mes de Decembro do 2006, veuse abaixo unha grande parte da edificación, sen causar danos persoais, levando consigo na caída o tellado, escudo heráldico e o enorme arco de pedra de cantería da entrada principal, aplastando unha pequena edificación que había na fronte. No mes de Xaneiro do 2007, perante a imposibilidade económica da propietaria para levar a cabo as obras necesarias para levantar a edificación caída, e, o escaso interese mostrado po-las autoridades que a poidesen axudar, retirou todos os materiais da torre e de esta maneira desapareceu para sempre.

Após de Flórez, Villa-Amil y Castro, ao publicar a súa “Crónica da Provincia de Lugo”, en 1866, seguíu dicindo o mesmo e confundindo lamentábelmente a aldeiña de Santa María de Vilamor coa cidade de Villamaior, hoxe Mondañedo.

O nome con que aparez primixeniamente Villamor é o de “Villa Maur” e tamén “Villa Mauri”. Os seus límites con Masma non debían de estar moi craros; por canto, en 1086, os seus respectivos cregos acudiron perante o Bispo D. Gonzalo e éste apresentounos a Cidian Remondiz, que por aquel entón era mordomo e xuiz eleuto po-lo rei don Afonso. Sostiña o de san Andrés de Masma que “desde la fuente que dicen del Remesal hasta san Andrés, todo era suyo”; mais a cousa non debiu de probala moi ben cando o bispo rematou dicindo que partirase po-lo medio o contendido.1

(1)- Mayán Fernández, Francisco. Historia Económica de la Comarca de Mondañedo. Obra inédita.

O poeta Antonio Noriega Varela nunha edizón dos seus versos de antes de 1900 chamada “a luguesa”, no primeiro poema co tiduo “Antes y-agora”, que máis adiante o cambearía por o de “Fale meu bisavó”, cita á freguesía de Vilamor por onde el trouleara tanto de mozo e María “do Canelo” lémbrao hoxe en día en zocas espallando versos pol-a aldea:

[…]Agora campa o percal,
i algunhas, que nin pra sal
teñen un carto no peto,
visten ¡que meten respeto!,
i hastra se enfouzan con cal.

Os mozos son máis profanos:
¡queren parecer xitanos!,
i aí en Vilamor xa se usa
un fargallo dunha brusa
que envolve a sete peisanos.[…]

Xeográficamente a parroquia de Santa María de Vilamor é unha aldeola lixeiramente extensa do concello de Mondañedo, a unhos tres kilómetros e medio da súa capital. Atópase dividida en seis barrios: Vilaverde, Calvela, Chao do Val, Guillade, Grove e Cima de Vila; pretos entre sí os catro primeiros e separados po-la estrada xeral de san Sebastián-Santander á Cruña os outros dous. O barrio de Cima de Vila atópase dividido en dous. Os lugares máis altos preto ás ladeiras do monte Padornelo compoñen o que dá nome ao barrio de Cima de Vila, namentras que as casas das chaeiras que hai sobor da estrada conforman o coñecido barrio de Fondo de Vila.
Os dous lugares que había máis arriba do muiño que se atopaba sobor do muiño da “casa de Mañas” daban nome ao barrio, hoxe esquecido, de Villatomil. Velaquí como compoñemos a confirmación do dito-cancioneiro, pouco coñecido: “parroquia de Villamor y sus cinco Villas. Villamor, Villaverde, Cima de Vila, Fondo de Vila y Villatomil”.

O relevo é xeralmente caseque todo chao: Vilaverde, Calvela, Chao do Val e Guillade forman unha chaira ó pé de pequenas montañas (Camba, Sarrapio, Trinidá e o Outeiro), Cima de Vila está situado na mesma ladeira do monte Padornelo sen ningunha outra prominencia enfronte, e Grove atópase ó mesmo pé desta montaña.

A parroquia limita ao Norde, con Masma; ao Sul, coa de Santiago de Mondañedo; ao Leste, cos montes do val de Vilanova de Lourenzá; e po-lo Oeste con Santa María de Viloalle.

O clima defire ben pouco do de Mondañedo (húmido, temperatura media anual de quince a vinte graos centígrados). O barrio máis frío quizaves(Continúa)
Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 17-05-2019 22:46
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/