Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

NORIEGA E A TRADICIÓN(1)

NO DIA DAS LETRAS GALEGAS 2019 E NOS 150 ANOS DO SEU NACEMENTO

A FAMILIA NORIEGA E O MOVEMENTO CARLISTA MINDONIENSE

É éste un capítulo dos que esta familia tamén o deixou sen escrarecer ren. A relación que tiveron coa partida do carlismo mindoniense, po-lo feito de convivir membros liberales nun bando e carlistas rebeldes noutro, fixo sofrir a esta familia penosas consecuencias durante moitos anos, prisión, encausamentos, embargos e desterros. Aquilino Iglesia Alvariño da-nos xa nova do militar liberal D. Juán José Fernández de Noriega (1809-1859) -avó de Antonio e Félix- e do seu pai Domingo Fernández de Noriega natural do reino de León (Espinama), embarcado no Real Servicio (Mestre de buque mercante) entra co seu buque no porto de Ferrol. Tamén fala dun coronel carlista chamado David Cornejo Díaz que foi xefe da partida carlista mindoniense e o seu lugarteniente Patricio Delgado, que conta noveladamente nunha revista de Cuba (Follas Novas) as súas andainas fronte á causa rebelde que logo recolleríanse nunha novela da súa autoría co seudónimo de Xan de Masma intitulada “A Besta”. (*)

(*) http://books.google.com/books?id=8RmGUvJwzWAC&printsec=frontcover&hl=es#v=onepage&q&f=false

Nesta recolleita sae a luz o irmán descoñecido do poeta; a relación da familia Noriega co Movemento Carlista Mindoniense, a procedencia da fidalguía que volve a entroncar ao poeta coa fidalguía por medio de Ramona Bello Mariña, parentesco que a vinculou ao conde de Gimonde, fortes defensores tamén do Carlismo e, a aparición cronolóxica de tres familias Noriega na cidade de Mondañedo entre outros.

No senso de agromar os centos de datos, recollemos textos dunha obra recentemente editada pola Asociación de Amigos da Cidade de Mondañedo, da que a transmisión oral que nós dispoñemos coincide totalmente cos sucesos que nela se relatan da mau do profesor Xosé Ruiz Leivas e o investigador-historiador Xosé Andrés García-Doural.

Xosé Ruiz Leivas tivo a seu avó tamén loitando nas filas da Partida Carlista Mindoniense como así nos di: “Cando a historia é parte dun, votas de menos algo que che conte as lagoas que tes naquela parte da que che tocou vivir. Nas lembranzas dos familiares, sempre tivo un lugar meu avó Xosé, aquel que de mozo loitou polos montes de Mondañedo coa única partida carlista que se coñece por esta bisbarra”.

Nesta publicación fan un estudo minucioso actual, con datos contrastados e documentados das andainas dos carlistas por Mondañedo, coincidintes na meirande dos casos e transmitidos oralmente de pais a fillos tamén na familia Noriega e que nós trataremos de ampliar.

Para unha introducción ós feitos situarémonos no ano 1833. Cando morre Fernando VII, o seu irmán D. Carlos non acepta que lle suceda no trono a filla de Fernando, Isabel, pois él cre que lle corresponde ser Rei de España. O país divídese en dúas fraccións: os que defenden a Isabel, que se chaman liberais e os que defenden a Carlos, chamados carlistas.

Mondañedo, que nese tempo vivía baixo a influencia do clero, era lóxico que se decantase polo carlismo. E foi un bo berce do carlismo. Houbo tres guerras. A primeira, entre os anos 1934-1840. Nesta primeira temos que sinalar o feito de que o Bispo de Mondañedo, D. Francisco López Borricón, abandonou a diócese para xuntarse con D. Carlos e chega a ser Vicario castrense das forzas carlistas.

Da segunda guerra hai poucas novas, xa que transcurreu o longo do 1847.

A terceira guerra tivo lugar dende 1872 a 1875, e eiquí é onde hai axuda mindoniense ó partido carlista.

O Carlismo en Mondañedo seguíu con forza no primeiro cuarto de século, xa que polos anos 1906 houbo unha “Juventud Carlista” baixo o mandato dde D. Miguel Costas Márquez, con dous xornales para defender as ideas: os semanarios “La Defensa” e “O Cruzado”. Foi destacado persoeiro de “Acción Social” D. Manuel Blanco Muinelo que dende o 16 de Mayo de 1922 foi tamén Segredario do Xulgado Municipal de Foz e Xefe Local dos requetés. Era natural de Castro Riberas de Lea-Castro de Rei e a súa dona era de Vilanova de Lourenzá. Celebrouse o seu matrimonio na capela da Virxe dos Remedios en Mondañedo. Foi fundador do xornal falanxista “Amencer” en Foz. Finou en Castro de Rei (Lugo).

Aínda no ano 1936 as forzas carlistas “Jaimistas” apoiaron a Franco na guerra civil, e pódese falar dunha cuarta guerra, inda que colaborando con outras forzas políticas.

En Mondañedo chegou a haber desfiles de mulleres carlistas chamadas as “Margaritas”. No 1937 unificado o partido carlista coa Falanxe quedoulle como distintivo só a boina vermella. De eiquí a derradeira tradición do poeta recomendándolle ao seu fillo Antonio para que seguise en Falanxe e Doloriñas(Conchita) consta como membro activo da agrupación.

Na época histórica en que colle a esta familia Noriega en Mondañedo o contorno social relátanolo o profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato na súa biografía literaria da seguinte maneira:

[…Foron anos de convulsión política, nos que Galiza tamén se ve envolta. En outubro de 1868 prácticamente todo o país xa se pronunciara contra o réxime de Isabel II e formáranse xuntas revolucionarias en todas as cidades e vilas. Nos anos seguintes producirase unha grande conflitividade, debido á conxura do carlismo, que en 1872 inicia unha nova guerra, e á insatisfacción dos campesiños, derivada fundamentalmente dos impostos e das quintas, dando lugar a diversos actos de axitación e defrontamento coa garda civil. Moitos labregos participan tamén como mercenarios nas guerras dos carlistas, recrutados frecuentemente por autoridades eclesiásticas e por xente de posición acomodada; mais facíano por diñeiro, e o carlismo bélico fracasou por falta de apoio popular.
A restauración monárquica (1875-1923) trouxo estabilidade política e económica, aínda que Galiza vai xogar un papel subsidiario, acentuando a súa marxinación con respecto ao centro e a outras zonas privilexiadas do Estado, dependente e fornecedora de man de obra barata.
No plano político dous grandes partidos, o conservador e o liberal, turnaranse ininterrompidamente no poder desde 1876 a 1923. Ao seu lado convivían outros pequenos partidos, uns testemuñais, como o carlista, outros de éxito moi variábel, como os republicanos; o partido socialista irrompe sen fortuna na batalla electoral en 1891. Galiza convértese en couto dos dous partidos maioritarios, que tiñan os seus feudos absolutamente controlados e contaban coa participación activa de importantes políticos galegos, destacando Saturnino Álvarez Bugallal, Gabino Bugallal, Augusto González Besada, Linares Rivas e o Marqués de Figueroa no partido conservador, e polo partido liberal Romero Ortiz, Augusto Ulloa, Canalejas e, sobre todo, a familia Montero Ríos, entre eles o seu fillo Eugenio Montero Villegas, que terá unha influencia decisiva na vida do noso poeta, provocando o seu desterro de Foz a Calvos de Randín
A situación precaria que se vive no campo galego acentúase á altura de 1885, debido á permanencia do sistema foral e á excesiva presión impositiva, ademais da caída dos prezos e a suba das rendas, que leva ao campesiñado ao total defrontamento coa clase rendista, producíndose unha forte radicalización da loita agraria. Comeza a aparición do movemento asociativo no campo e os primeiros síntomas de reivindicacións políticas agrarias. A mobilización xeral dos labregos será canalizada fundamentalmente por "Solidaridad Gallega", "Unión Campesina", "Acción Gallega", de Basilio Álvarez, e o agrarismo católico.
Desde o poder poténciase a emigración para desactivar o movemento agrario. E esta continuará a ser unha das grandes lacras sociais, que desangrará o país e desgarrará as familias. Calcúlase que en todo o século XIX emigraron uns 900.000 galegos con destino a América, principalmente. Esta sangría humana continuará durante o século XX. A emigración vaise institucionalizar ao outro lado do Atlántico coa fundación de organizacións sociais, culturais e benéficas creadas por galegos e coa publicación de xornais e revistas para emigrantes, onde os nosos escritores, e entre eles Noriega Varela, van achar xeneroso eco. Inclusive serán estas institucións da emigración as que promovan e financien monumentos, homenaxes ou edición de obras dos nosos autores.
A ditadura de Primo de Rivera (1923-1930) atraeu a grande parte dos cadros do movemento agrario, conseguindo a súa descomposición nun momento en que a situación no campo galego era explosiva. En 1926 resólvese o vello problema foral coa lei de redención de foros, pola que os pagadores de rendas podían converterse en propietarios plenos das terras que traballaban pagando unha indemnización non moi elevada. A mesma ditadura fomentou as sociedades agrarias, especialmente as de signo católico. A pesar da inxenua confianza inicial dalgúns galeguistas, esta supuxo un freo e un atranco no desenvolvemento do movemento galeguista impulsado anteriormente polas "Irmandades da Fala" e polos homes da xeración "Nós".
No primeiro tercio do século XX, como consecuencia das loitas agrarias e da redención foral, esmorece definitivamente a fidalguía, que tanta importancia tivera na organización social do século anterior, e consolídase unha pequena burguesía industrial e financeira, nalgúns casos de procedencia foránea, e, en xeral, pouco cultivada intelectualmente e desvinculada do compromiso co país, atenta exclusivamente á obtención de beneficios económicos; esta burguesía desenvolveuse nomeadamente arredor do fenómeno da emigración. Isto foi provocando un paulatino transvasamento de poboación do sector primario (agricultura e pesca) cara á industria e servicios, co que a sociedade galega inicia un lento proceso de desruralización. As cidades medran enormemente debido á emigración do campo e comeza a cobrar maior protagonismo o proletariado, que se acrecentará no decorrer dos anos.
Durante a II República Galiza viviu unha etapa apaixonante, que cristalizou no abrumador si ao plebiscito sobre o Estatuto de autonomía de 1936; neste logro tivo un papel fundamental a creación do Partido Galeguista, con figuras tan destacadas como Castelao, Bóveda, Paz Andrade, Cabanillas, Otero Pedrayo... Mais a política xeral do Estado pasou por distintas etapas non exentas de graves dificultades: a Constitución de 1931, o goberno de Azaña, o triunfo electoral das dereitas, a revolución de outubro, o goberno da Frente Popular... Todos estes acontecementos desembocaron na sublevación militar de 1936 e a conseguinte guerra civil. Dos abundantes sucesos desta década convulsiva Noriega Varela será un excepcional cronista nos seus "xuícios do ano" publicados case todos en O Gaiteiro de Lugo.
O triunfo de Franco na guerra inaugurou un longo período de represión e falta de liberdades, que en Galiza supuxo a morte, o cárcere, o exilio ou o silencio interior para aquelas persoas, algunhas delas escritores, que máis se distinguiran na loita pola liberdade e polo autogoberno do noso país. A cultura galega, en xeral, e a súa lingua e literatura, en particular, foron de novo perseguidas e postergadas, se ben Noriega Varela foi un dos escasos escritores en galego consentidos, pola súa demostrada fidelidade ao novo réxime; nese ambiente de miseria económica, depresión cultural e persecución política da posguerra, recén terminada tamén a II Guerra Mundial, foi cando a morte sorprendeu ao noso poeta.]…

Ata eiquí un pequeno resumo do panorama en que se veu toda a familia envolta naquela loita fratricida e con resultados tan funestos como os que viviron estes mindonienses na terceira guerra carlista.

A bandeira carlista de Mondañedo no ano 1871 compoñíase dos seguintes membros:

Presidente: D. Pablo Andrés López de Haro. Fillo de D. Pablo López de Haro, médico e Mordomo do cabildo e Administrador do Hospital de San Pablo de Mondañedo en 1814 e de Dª Juana de Cantabrana, veciños de Mondañedo.
Vicepresidente: D. Pedro de Arciniega Alonso de Celada (irmán do bispo de Mondañedo D. Ponciano de Arciniega). O 28 de xullo de 1875, execútaselle o embargo de bens no seu domicilio da Praza da Constitución, por motivo da causa carlista. Unha das súas propiedades, era unha parte da canteira de mármore da que era director D. Francisco Vinuesa, sita na parroquia de Sasdónigas. O 12 de xullo de 1893 faleceu no seu domicilio da rúa Pardo de Cela de Mondañedo, aos 72 anos de idade, Dª María Landaburu Respaldiza, viuda de D. Pedro de Arciniega, natural de Amurrio (Alava). Do seu matrimonio, non lles quedaba descendencia.(1)
Secretario: D. Santiago Santiso Pedrosa, natural do lugar de Beloy da parroquia de San Vicente de Lagoa, tio da esposa de D. José Villamil e Castro. O 30 de xullo de 1875 fóronlle embargados os seus bens por pertencer á causa carlista. No momento de executar o seu embargo de bens, residía na vivenda sinalada co número catro da rúa Batitales Alta (actual Pacheco), propiedade de D. Cayetano Arias, veciño de Santa María de Duancos.
Vicesecretario: D. Patricio Delgado Luaces (Mondañedo 1850-A Habana 1900). Fillo do comerciante D. Francisco Delgado Perrote e de Dª Francisca Luaces, veciños da rúa Progreso. Co pseudónimo de Xan de Masma publicou unha novela titulada A Besta, na que relata numerosos episodios da terceira guerra carlista e da partida carlista de Mondañedo.
Vocales: 1) D. Antonio Losas Cornide, avogado, de estado solteiro e domiciliado na Praza Pública de Mondañedo, faleceu o 6 de marzo de 1884, á idade de 66 anos. Era natural de Santo Tomé de Lourenzá.
2) D. Félix Pardo Osorio, fillo de D. José Pardo Osorio e de Dª Ramona Teixeiro Pardo, donos da casa de Samarugo na rúa Pena de Francia de Mondañedo.
3) D. Zoilo de Cora e Mariño.
4) D. Gabriel Santiso Pedrosa, natural do lugar de Beloy da parroquia de San Vicente de Lagoa. Casouse con Dª Joaquina de Cora Pasarón. Sogro de D. José Villamil e Castro. Residíu na vivenda sinalada co número 18 da rúa Progreso de Mondañedo. Faleceu na feligresía de Santiago de Adelán o 25 de decembro de 1876.
5) D. Alejo Barja Díaz de Labrada naceu no lugar da Cernada da parroquia de Santa Marina de Muimenta (Cospeito) o 29 de outubro de 1824. Era fillo de D. Juan Barja Luaces e de Dª María Juliana Díaz, natural de Castro de Ouro.(2) Faleceu no Pasadizo da Praza de Mondañedo o 16/4/1911, aos 86 anos de idade. Achábase viudo de Dª Filomena Alonso Alonso. Do seu matrimonio quedábanlle catro fillos: Dª Concepción María Aurora (1865), relixiosa mercedaría en Santiago de Compostela, que leva o nome de Sor María do Socorro; Dª Xusta, hoxe defunta, casada con D. Antonio Rego Rodríguez, do que lle queda un fillo chamado Antonio; D. Alejo, médico, solteiro (26/3/1913), veciño desta poboación é D José Tomás Teodoro (1872), casado e veciño da Fonsagrada. A súa esposa, Dª Filomena Alonso, falecera o 7 de xuño de 1894, aos 57 anos de idade.
6) D. Antonio Miranda Luaces, natural de Viveiro. Casouse con Dª Agueda López de Haro de Mondañedo (6/2/1822). A súa esposa era filla de D. Pablo López de Haro e de Dª Juana Cantabrana.
7) D. Ramón Miranda Luaces, natural de Viveiro, domiciliado na rúa Progreso de Mondañedo, casado con Dª Juana Arias Rancaño. Faleceu en Mondañedo o 24 de marzo de 1912 á idade de 77 anos. Nestes momentos achábase viudo e quedáballe do seu matrimonio unha ampla descendencia.

(1)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santiago de Mondañedo, libro 25 de defuncións, folio 166, volto.

(2)- Arquivo Diocesano de Mondañedo, parroquia de Santa Marina de Muimenta, libro 2 de bautizados (1752-1833), folio 191, volto.

Como xa dixemos, a Partida Carlista Mindoniense é a personaxe principal da novela titulada “A Besta” que se publica en Cuba co pseudónimo de Xan de Masma por Patricio Delgado, na revista Follas Novas no ano 1899 en formato de folletín ou por entregas.

A historia que nos conta esta novela, sobre todo na segunda parte, é a verdadeira andadura daquela partida carlista, ó menos é canto se conta de pais a fillos nas familias dos que tivemos parentes na partida.

Segundo nos conta Aurita Ramil Díaz na revista Monfadal I de 1998 na páxina 43, cando fai un análise narratolóxico do texto da novela, “[...]Cabe pensar que estas son vivencias propias do autor...” e máis adiante dá a súa opinión sobre o que cre se esconde no texto da novela ¡A besta! e comenta, “...se afondamos un pouco na historia e vida do autor, podemos considerar que “Pedro” e o autor son a mesma persoa: nacen en Mondañedo, son combatentes carlistas que serán feitos prisioneiros e máis tarde será deportado a Cuba...”, “...cabería pensar que realmente trátase da súa vida...”. “No ano 1899 comeza a publicación de ¡A besta! na revista Follas Novas[...]”.

Estamos totalmente de acordo con esta tese e non esquezamos que na foto que temos da partida carlista mindoniense aparece o autor da novela, na primeira fila, sentado na terceira posición contando dende a esquerda, como Oficial.

[...]Na páxina 240 da novela di:
“...Ás dúas da noite chamou a Pedro o capellán da partida, que era o crego da Cazolga...”. E ben sabemos polo parte da Garda Civil que o segundo carlista sentado (primeira fila, contando pola esquerda) é o Oficial Francisco Rodríguez Pillado, presbítero da Cazolga.

Por estas e outras cousas, como o que escribiu a novela, despois de que ocorresen os feitos que conta, non temos dubida de que nos está a falar de canto viviron aqueles carlistas dos que el foi parte, e ademais con mando.

Polo tanto, ímonos fiar un pouco de algunhas das cousas que nos conta para recompoñe-las andainas da Partida Carlista Mindoniense.

...Na recruta da partida temos que considerar tres estamentos, os de infantería, os políticos e os que financiaban o movemento, sendo estes dous derradeiros as máis veces os mesmos...

...Ardendo, pois, en deseos os carlistas gallegos de axudar a seus irmaus, e sendo xefe da provincia de Lugo o veterano don Ramón Veiga Valcarcel1 tivo este sopro, sopro que foi falso, de que na adeministración de Rentas de M... había vinte ou trinta mil pesos...1

(1) D. Ramón Veiga Valcárcel, jefe carlista, heredero de los ricos patrimonios de los Reguera Quiroga en Lourenzá, O Valadouro, Ribadeo y Asturias, al heredar a su suegro, D. Juan de la Reguera Quiroga falleció sin sucesión.

...Decidiron que se levantarían en armas o día 2 de Outubro para facerse con aqueles cartos e o punto de encontro sería Lindín. Alí xuntáronse as armas traídas do Cadramón e os homes que formarían a Partida...

...O día 7 notifícase ó Gobernador Civil de Lugo que desapareceran doce mindonienses, o que significaba que se escaparan ó monte 12 cidadáns para unirse ás Partidas Carlistas.

Di a carta:
“Por hoy no ocurre mas novedad que la que he comunicado a V.I. en mi telegrama.
Solo se tiene noticia exacta de que han desaparecido doce individuos de esta ciudad y su distrito ignorándose su dirección. Continuo ejerciendo la mas exquisita vigilancia de acuerdo con las demás autoridades”...

...Así o día 9 de Outubro comunícaselle ó Xuiz e ó Comandante Militar de que se recibiu o oficio de Cornejo. A comunicación da alcaldía di:

“Por la administración de correos de esta ciudad he recibido el escrito siguiente:
Se recibió íntegro el oficio de Cornejo.
Lo que traslado a V.I. para su conocimiento y demás efectos oportunos.
Sr. Juez de Primera Instancia de esta Ciudad.
Otro igual Sr. Comandante militar de esta Ciudad”...

...O día 21 de Outubro o Xulgado de Primeira Instancia de Mondañedo pide ó “Señor Alcalde de esta Ciudad” a seguinte documentación:

“En causa que estoy instruyendo contra Don David Cornejo y otros por el delito de rebelión estubiese en providencia de esa fecha oficiar a V.I. como lo egecuta a fin de que se sirva remitirme original la comunicación fechada en el Campo del honor el 8 de los corrientes y firmada por dicho Cornejo para poder en su vista practicar cierta diligencia al esclarecimiento del delito que persigo.
Firma: Abelardo Rodríguez”

O día 23 o alcalde de Mondañedo envía a información pedida polo Sr. Xuiz coa seguinte carta:

“Dirijo a V.I. el adjunto escrito orijinal y el sobre bajo el que lo he recibido por correo, fechado según dice en el Campo del honor a 8 del corriente y firmado por David Cornejo...”

Polo tanto e por estas notas da alcaldía e o xulgado sabemos que David Cornejo o día 8 de Outubro xa estaba preso e firmara unha declaración no “campo do honor”. Non foi feito prisioneiro o día 11 en Cabana de Bella.

E por outra banda confirma a crenza de todos os parentes dos da partida de que a Garda Civil xa tiña a foto dos carlistas antes de collelos presos a todos eles e por ela os foi recoñecendo e descubrindo. E se cada familia dispoñía dunha desas fotos non é arriscado pensar que puido ser a foto de Cornejo a primeira que tivo a Garda Civil...

...As dilixencias contra os carlistas achégan-nos ao ano 1875 do que vemos como actúan contra eles, ás súas facendas e familias.
Non aparece na lista o Xefe da Partida David Cornejo, e non fai falla, xa está a bo recaudo, e tamén a súa dona xa está presa, ela deféndese dicindo en Lugo que ó ser filla de militar do exército liberal, deben soltala. O Gobernador dubida e pregunta a Mondañedo para saber si é certo tal condición que debería modifica-lo trato dado á Señora de Cornejo. O alcalde de Mondañedo respóndelle coa seguinte nota:

“Para la de Noriega
Sr. Gobernador
Con devolución de la adjunta instancia y en cumplimiento del decreto marginal de la misma este Ayuntamiento debe informar a V.I. que es cierto lo que espone la interesada Doña Ramona Fernández Noriega añadiendo que es hija de un Comandante hoy difunto que ha servido en el Ejército liberal.
Mondañedo 23 de julio de 1875
El Presidente J.M.L.” Corresponden as iniciais a José María Lage.

De nada lle sirve tal aclaración xa que na lista enviada ó Gobernador, o Alcalde inclúe a Ramona Fernández Noriega, na lista de desterrados do Reino.
Dirixida ó Gobernador da provincia de Lugo o alcalde de Mondañedo (J.M.L.) envía unha nota que di así:

“Remito a V.I. la nota que se sirve pedirme por su oficio de 20 del actual, respecto de las personas cuya orden de extrañamiento del reyno me ha comunicado.”

E en folla aparte mándalle a lista de desterrados:

“Ayuntamiento de Mondañedo
Nota de las personas de este distrito cuya orden de extrañamiento del Reyno se comunico a esta Alcaldía por el Sr. Gobernador civil de la Provincia de Lugo, con expresión de la edad y estado de los individuos que constituyen las familias de dichas personas.

...Doña Ramona Fernández Noriega, edad 36, estado casada...

Mondañedo 23 de julio de 1875-El Alcalde J.M.L.”

O reparto dos expedientes dos embargos dos bens entre os Notarios de Mondañedo o de D. David Cornejo e D. Patricio Delgado correspondelle a Lugo.(Ollar anexos nºs 21, 22 e 23)

...E nestas labores ían pasando o tempo ata chegar o 13 de Decembro do 1875, uns meses antes de se acabar a guerra. Nesta data D. Pedro Arias y Vega segredario do Concello de Mondañedo, mándalle ó Administrador especial dos bens embargados ós carlistas na provincia de Lugo, unha nota na que lle aclara a situación económica de David Cornejo:

“Certifico: que del repartimiento de la contribución territorial de este Distrito y corriente año económico y de los datos estadísticos que le sirvieron de base, resulta que Don David Cornejo es dueño de una pieza de monte sembradura de cuatro ferrados sita donde denominan Bouza da Portela en la Rilleira de Trigas, parroquia de esta Ciudad por la que figura el numero de orden 760 de dicha, repartiendo con el capital imponible de 3 pesetas. Y con la debida referencia a dichos antecedentes expido la presente.”

...E en todos estos sucesos chegoulles o fin da guerra o 28 de Febreiro de 1876.

Nunha nota que vai dirixida ó Administrador Especial dos bens embargados ós carlistas da Provincia de Lugo, corresponde a un recibo de custodia que di:

“He recibido los muebles y efectos embargados a los carlistas en esta ciudad que constan del inventario del que me hizo V. entrega...”
O recibo ten data do 17 de Marzo de 1876.

Outra nota di:

“E para rematar dáno-la lista dos desterrados e seu destino... y cuyos bienes se embargaron.”

...David Cornejo, Patricio Delgado, Francisca Luaces (mai de Patricio Delgado) desterrada a Portugal, Ramona Fernández Noriega (dona de David Cornejo) desterrada tamén a Portugal,... entre outros.[...]

A edificación de Romariz onde foron presos os carlistas mindonienses, nunha partixa de 1855 figura co nome de Cabana de Bella.(Ollar anexo nº 24)

Pasaron moitos anos destes acontecementos e os carlistas sempre tiveron arraigo en Mondañedo e aínda, como xa dixemos, as “Margaritas”, rapazas adscritas ó carlismo desfilaron polas rúas mindonienses no ano 1936.1

(1) Bibliografía consultada: A Partida Carlista Mindoniense 1872, colección “Temas Mindonienses”, nº 1 Asociación de Amigos de la Ciudad de Mondañedo- Xosé Ruiz Leivas e Andrés García Doural.

Patrocinadores, patrimonistas (Manuel Fernández Noriega, etc.) que poñían os cartos. A infantería, que organizaba e dirixía (David Cornejo, etc.) probábelmente formaron parte do entramado político-financieiro e de auxilio á partida, e condicionou a esta familia dalgún xeito relacionada daquela aos poderes políticos e eclesiásticos da época.

No protocolo notarial de D. Fernando Paz Vivero do distrito de Mondañedo-Arquivo Histórico Provincial, escritura número 69, dende a páxina 257v-259 atópase o testamento público de Antonia Varela que nos achega máis novas. (Ollar anexo nº 8):

Año de 1866. Número sesenta y nueve. Marzo nueve

En el nombre de Dios Todopoderoso. Amen. Sepase como yo Dª Antonia Varela de la Torre hija legitima de Dn. Antonio Varela y Dª Benita de la Torre difuntos viuda de Dn. Juán Fernández Noriega, natural y vecina de esta Ciudad de Mondañedo, de edad cincuenta y dos años, hallandome postrada en cama de enfermedad natural con que la divina providencia se digna visitarme, pero por su incomparable misericordia en mi sano y completo Juicio creyendo las verdades Misterios y Sacramentos que profesa nuestra Santa Madre Iglesia Catolica Apostolica Romana en cuya verdadera fe y creencia he vivido y quiero vivir y morir como catolica fiel cristiana, tomando por mi abogada é intercesora á la Reyna de los Angeles, al de mi guarda, Santo de mi nombre y mas de la Corte celestial para que alcance del Señor el perdon que espero de mis culpas y pecados, hago y ordeno este mi testamento ultima voluntad de la manera siguiente. Primeramente encomiendo mi alma a Dios nuestro Señor que la crió de la nada y mando el cuerpo á la tierra de que fue formado que hecho cadaver será amortajado según dispongan mis cumplidores y sepultado en el lugar sagrado que corresponda. Las funciones funebres de entierro y honras y mas sufragios se harán según mi reducido caudal y á voluntad de mis cumplidores. Dejo á los mandos forzosos lo que esta establecido ó se estableciere con lo que les separo de mis bienes. Declaro que del matrimonio con el Dn. Juán Fernandez Noriega me quedaron y tube por hijos legitimos a Dª. Ramona de edad veinte y seis años casada con Dn. David Cornejo, a Dª. Dolores de edad veinte y nueve años a Dn. Manuel de veinte y uno y á Dª. Joaquina de diez y nueve, estos tres solteros y habitantes en mi compañía[...] 1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Histórico Provincial. Protocolos Notariais Distrito de Mondañedo, libro 7226 (Enero-Julio 1866), escritura nº 69, páxinas 257-v a 259.

Esta filla de Juán José Fernández-Noriega, Ramona Fernández-Noriega Varela, como antes dixemos cásase con David Cornejo Díaz o 30 de Agosto do ano 1862, (el é un sarxento 1º retirado) de 26 anos, oriundo de Gallegos de Salmerón-Salamanca en outros documentos Gallegos de Só de Mirón-Salamanca. Joaquina Fernández-Noriega Varela con dezanove anos supoñémola menor de edade (a maioría de edade en esa época estaría nos vintedous anos) polo tanto sigue solteira. Máis adiante casaríase con Pascual María López Reimúndez. Quedou viuva e viviu con Cándida en Mondañedo finando en san Martiño de Mondañedo-Foz nunha vivenda en Xunqueiro do barrio do Caritel.

Partida de matrimonio de: DAVID CORNEJO e RAMONA (FERNANDEZ)NORIEGA 30/08/1862

Yo D. Manuel Carlos de los Pozos, presbítero, con licencia expresa de D. Ramón Fernández San Mamed, cura Rector de Santiago de Mondañedo y su unida de Santa María de Viloalle, leídas las tres canónicas amonestaciones en tres días festivos. No resultando impedimento alguno, asistí al matrimonio que contrajeron real y verdadero “in facie eclessiae”(en el frontal de la iglesia) D. David Cornejo, soltero, Sargento 1º retirado, hijo legítimo de D. Juán Cornejo y de Dª Juliana Díaz, naturales de Gallegos de Salmerón, provincia de Salamanca y vecino de esta ciudad, de edad 26 años, y Dª Ramona Noriega, soltera, de edad 23 años, y de Dª Antonia Varela, naturales y vecinos de esta ciudad. Recibieron las bendiciones nupciales siendo testigos José de Castro y Manuel Noriega, vecinos de esta ciudad.1

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Diocesán de Mondañedo, parroquia de Santiago, libro 10 de matrimonios, páxina 173 e volta.

1-David Cornejo Díaz despois de que fose feito preso por dirixir a Partida Carlista Mindoninese (1872) foi deportado a Cuba. A súa dona Ramona Fernández-Noriega tamén foi deportada a Portugal. Morreu sendo Oficial do Rexistro da Propiedade de Mondañedo e anteriormente conserxe do Círculo de Recreo (actual Casino de Mondañedo). Chegou a ser Tenente Coronel Carlista.

Os carlistas foron presos pola Garda Civil, a mañá do 11 de Outubro de 1872 nunha casa de Cabana de Bella, a 4 Km. de Mondañedo. (fig. 2)

Na fotografía que posúe D. Xosé Ruiz Leivas e tamén D. Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés que a custodia nun albume autografiada e cedida bondadosamente na publicación por el presentada en Santiago de Compostela intitulada Hijos del Trueno, a distribución dos seus compoñentes de esquerda a dereita é a seguinte:

Primeira fila, sentados:

2-Don Francisco Rodríguez Pillado, presbítero da Cazolga- Ó retorno de Cuba trasladouse a Foz: Oficial.

3-Don Patricio Delgado Luaces (1850-1900) propietario de comercio de Mondañedo, rúa La Plaza, 3. En 1888 era redactor-xerente de “La Voz de la Patria”, de Madrid. Co pseudónimo de “Xan de Masma” publicou a novela “A besta” –por entregas- na revista Follas Novas da Habana en 1899. Morreu en Cuba, onde foi comerciante, periodista e Comandante de mobilizados: Oficial.

4-Don Andrés González Santomé, seminarista de Masma. Oficial, chegou a Comandante e morreu de Capelán de Viveiro.

Segunda fila:

5-José Antonio Rivas Fernández da Pallona, (1852), oleiro da Fábega de Arriba (Pasatempo).

6-José Fernández, Alegría, zapateiro de Valiñadares.

7-Julián Iglesias Fernández (1841). chocolateiro de Mondañedo.

8-Generoso María Górriz Fernández, (1852) Rego de Cas, talabartero de Cesuras.

9-Ramón Manuel Lanteiro Fernández (1847) carpinteiro en Calle Princesa de Mondañedo.

10-Veremundo Rodríguez Pillado, labrador da Cazolga.

11-Ildefonso Gundián Fernández (1850), zapateiro do Coto de Otero (Pasatempo).

12-José Leivas Ron (1848) ferreiro de Valiñadares. Antes de ser recoñocido por seu pai chamouse José López Ron.

Terceira fila:

13-Manuel Antonio Modia Fernández, Prin (1846) oleiro de San Roque-Mondañedo. Padres naturais de Guillar-Lugo.

14-Santiago Freire Paz (1851), labrego de Valiñadares.

15-Manuel Ramón Rivas López, Carima, acólito e oleiro da Fabega de Arriba.

16-Juán Paz, Chirola, zapateiro de Pasatempo.

17-Francisco Novás, labrego de Viloalle.

Non aparacen na fotografía, pero tamén foron presos:

-Luis Moreda, labrador da Recadieira.
-Vicente Chao, labrador de Ambroz-O Carmen, compañeiro de tódolos anteriores e que na mañá do citado día denunciou o punto onde os Carlistas se reunirían.

Todos incluindo o delator foron deportados a Cuba.

De alí fugáronse: Cornejo, Delgado, González Santomé e outros, ás filas carlistas.

Apuntes dunha nota da Garda Civil, datada o 2 de Febreiro de 1953.1

Todos os compoñentes que aparecen na fotografía probablemente cada un tivera a súa, e, a ser David Cornejo o primeiro detido, deducimos que esta fotografía da que dispón hoxe en día aínda a Garda Civil pois sería a de David Cornejo e serviría-lles para ir identificándoos a todos despois de ser detidos en Cabana de Bella.

D. Eduardo José Pardo de Guevara y Valdés, actual descendente do Mariscal Pardo de Cela conserva esa foto orixinal autografiada, como xa dixemos, así como unha monteira vermella entre outras cousas pola militanza dos seus ancestros na causa do Movemento Carlista.

(1) Bibliografía consultada: A Partida Carlista Mindoniense 1872, colección “Temas Mindonienses”, nº 1 Asociación de Amigos de la Ciudad de Mondañedo- Xosé Ruiz Leivas e Andrés García Doural, páxinas 29 a 31.

Nota de prensa

Han obligado a D. David Cornejo a renunciar al cargo que desempeñaba de Conserje del Círculo de Recreo (actual Casino) de esta ciudad, para el que fue solicitado y buscado, a pesar del “rigor con que le persigue su suerte adversa”.

El Presidente y la Junta Directiva le piden que retire la renuncia al cargo.1

(1) Bibliografía consultada: ”El Eco Mindoniense”, 11 de Abril do ano 1883, número 21.

No Pasadizo da Praza morou ata a súa morte David Cornejo. Achamos un documento máis que nos da constancia da súa presenza na vila:

[...]otra de D. David Cornejo de esta Ciudad en solicitud de que las obras de reparación que se estan ejecutando en la Calle de la Ronda se amplien á la consturccion de una Acera de Cantería desde la Casa de D. Manuel Nuñez hasta la de D. Ramon Martinez como se verifica por el lado opuesto;[...]1 (Ollar anexo nº 39)

(1) Bibliografía consultada: Arquivo Municipal do Concello de Mondañedo, Carpeta de Actas de Sesión nº 969 de 30/07/1883.

Tamén nos di D. Eduardo Lence Santar:

[...]A los componentes de la partida carlista de Mondañedo (1872) detenidos el 12 de Octubre en “Cabana de Bella”, se les cogieron tres carabinas, tres bayonetas, dos trabucos y 20.470 ,- pesetas.[...]

Relación e anotacións dos obxectos ocupados e encautados á partida carlista en Cabanadebella:

Os individuos que saíron de Mondoñedo para formar parte da partida carlista o 6 de outubro de 1872 foron 17 e dous máis do distrito de Lourenzá. O xefe era un sarxento 1º retirado, un do comercio, outro sacerdote, outro estudante, outro licenciado do exército con tres reais de pensión ao mes, e os restantes da clase de artesáns e labradores. Os efectos e diñeiro entregados pola autoridade militar que ocupara a garda civil á citada partida, coñecida como “Partida de Cornejo”, ao aprehendelos o 11 de outubro de 1872 no lugar de Cabanadebella, parroquia de San Juan de Romariz (Abadín) foron:

“Tres carabinas, dos trabucos de boca de campana, en buen estado y uno de ellos con tapa – chimeneas.
Tres bayonetas de carabina.
Cuatro cananas nuevas.
Catorce paquetes de cartuchos.
Un paquete de balas de diferentes calibres.
Seis paquetes de pólvora de diferentes tamaños.
Un cornetín de guerra en buen estado y con cordones verdes.
Un saco de hilas.
Dos mil cuarenta y siete pesetas y cincuenta céntimos.
El caballo perteneciente a D. Francisco Rodríguez Pillado (sacerdote de la Cazolga), con sus monturas y de que también había hecho entrega al Juzgado la autoridad militar, fue vendido.

Efectos ocupados a los presos por el Alcaide y por el alguacil Gayoso en la cárcel de Mondoñedo, con mandato del juzgado de esta ciudad: Quince boinas encarnadas sin borlas, una encarnada con borla blanca, una blanca con borla nazarena y en el fondo de la boina las iniciales F. R. P., una boina blanca, sin borla recogida al preso David Cornejo y nueve morrales de lienzo de fábrica”.(1)

(1)- Arquivo do Concello de Mondoñedo, cartaz 2518.

Respecto á edificación existente en Cabana de Bella (fig. 15) recollemos unha información facilitada polo actual propietario residente en Espiñarcao-Abadín que di:

A edificación existente no lugar de “Cabana de Bella” –Romariz- (Abadín) e unha parcela anexa de monte e pasteiro, dunhas 8 hectáreas de superficie, foi comprada nos anos cincuenta do pasado século polo veciño de Espiñarcao coñecido como “O Bouso” a Dª Nicolasa Gamallo, veciña de San Cosme de Barreiros, pola cantidade de 12.000 pesetas. A edificación ten forma rectangular, consta de planta baixa e unha altura e con tellado a dúas augas. No seu frontal ten dúas portas; a da esquerda é de maior tamaño e dá entrada a unha dependencia onde se gardaban os apeiros de labranza e a da dereita dá entrada ás cortes do gando e cociña con forno de cocer o pan. Á planta superior ascéndese por sete escaleiras de pedra e nela existían tres habitacións, coa maior parte das súas paredes encaladas. A edificación atópase en estado ruinoso (sen portas, xanelas, piso de madeira, sen tellado e cuberto o seu interior de numerosas silvas). A edificación atópase resgardada da forza dos ventos por uns grosos carballos e loureiros romanos. (1)

(1)- Datos facilitados por Basilio, xenro do propietario.

D. Xosé Ramón Maseda de Zoñán de oitenta anos de edade cóntanos como sendo el rapaz se lembra de estar no interior de esa edificación donde había consignas carlistas escritas nas paredes.

Carlos Hugo de Borbón Parma e Borbón Busset naceu en París o 8 de abril de 1930. Era fillo de Francisco Javier Borbón Parma e de Magdalena de Borbón Busset.
Como invitado a unha boda, coñece a Irene de Holanda, irmá da Reina Beatriz. Para casarse, Irene tivo que renunciar aos seus dereitos de sucesión ó trono e convertirse ao cristianismo. A súa voda celebrase o 29 de abril de 1964 na igrexa de Santa María la Mayor de Roma.
Ao renunciar seu pai aos dereitos á coroa española, Carlos Hugo convertiuse inmediatamente no pretendente carlista oficial do partido ademáis de ocupar xa a presidencia do Partido Carlista.
Despois da voda despregan unha forte campaña coa esperanza, primeiro, de suceder na Coroa cando se finase Franco e, segundo, trunfar nas eleccións xerais co Partido Carlista de Navarra, mais non obtiveron ningún escano.
Este matrimonio tivo catro fillos: Carlos Javier, Margarita, Jaime e María Carolina.
Divórcianse no ano 1981. Carlos Hugo marchase a Estados Unidos para exercer como profesor na universidade de Harvard e Irene dedicase a dirixir unha O. N. G. en África. O 18 de agosto de 2010 fenece Carlos Hugo no hospital do Vall. d´Hebron de Barcelona, á idade de 80 anos, onde trataba de recuperarse dunha grave enfermidade.
Foto Celta deixou constancia da histórica visita á poboación de Mondañedo deste matrimonio, nunha foto captada no interior da catedral mindoniense o 13 de xuño do ano 1964.
Tamén a saga dos Borbón tiñan inimigos que foran naturales da Cidade Episcopal. Outro mindoniense o 30 de decembro do 1879, ás cinco da tarde, cando o Rei D. Alfonso XII e a súa segunda dona Dª María Cristina de Habsburgo-Lorena, voltaban ao Pazo de Oriente, despois de pasear pol-o Retiro, un sinxelo raparigo disparoulles varios tiros cunha pistola marca Lefaucheúx aos rexos monarcas. O autor dos disparos foi inmediatamente detido e resultou ser Francisco Otero González, que traballaba nuha pastelería en Madrí e era natural da parroquia de Santiago de Lindín, concello de Mondañedo (Lugo).
O autor dos disparos foi acusado dun delito de rexicidio frustrado e condenado á pena máxima de morte no garrote vil. Foi visitado no cárcere por D. Cándido Martínez Montenegro, deputado a Cortes por Mondañedo. O 14 de abril de 1880 foi executado Francisco Otero no Campo de Guardias, na zona de Chamberí-Madrí.
Con gallo deste suceso, o Bispo de Mondañedo (D. José Manuel Palacios López) recibiu un telegrama do Gobernador Civil da Provincia, coa doorosa nova do atentado contra S.S. M.M. cuxa importante vida Deus salvou. O 31 de decembro o Ilustrísimo Cabildo da catedral de Mondañedo dispuxo que mañá xoves, á conclusión da Misa Conventual, se cantase un solemne Te-Deum, de acción de gracias ao Todopoderoso, por haber salvado a vida das S.S. M.M. do atentado que acaba de cometerse contra as súas persoas.
O Concello de Mondañedo dirixe un telegrama ó Sr. Gobernador Civil da provincia que máis ou menos di así: “Dígnese V. S. felicitar en nombre de este Ayuntamiento y Alcaldía a S.S. M. M. el Rey y la Reina, por haber salido ilesos del atentado cometido contra sus importantes personas. Mondañedo 31 de diciembre de 1879”.(2)
Francisco Otero González foi bautizado na igrexa parroquial de Santiago de Lindín o 14 de marzo de 1860. Era fillo de José Otero Alonso, natural de Lindín (Mondañedo) e de Josefa González, natural de Santa Marta de Meilán (Riotorto). Esta familia residía na vivenda conocida como “Do Valadouro” no barrio do Castro, da expresada parroquia.
A prensa da época descrebe a Francisco Otero desta maneira: “de baja estatura, fornido, de buenas carnes, de color blanco y de pelo castaño”.
Unha irmá de Francisco Otero, chamada Luisa, atopábase tamén traballando na capital do Estado e foi bautizada tamén na misma parroquia de Lindín o 22 de setembro de 1854.

(2)- Arquivo do Concello de Mondañedo, carpeta 2330.

O Xeneral Gómez lembrou na súa corta estadía en Mondañedo o lema carlista: “Se puede ser católico sin ser carlista, pero no se puede ser carlista sin ser católico” (Carlos VII).

Crearon exércitos da nada, loitando contra un Estado organizado. O Xeneral carlista Miguel Gómez saíu o 26 de xuño do 1836 dende a localidade de Amurrio (Álava) cunha expedición formada por catro batallóns, dous escuadrós, duas pezas de montaña e cunhos tres mil homes. D. Miguel Sancho Gómez Damas, era xefe do Estado Maior e tenente xeneral dos Exércitos Carlistas. Era nado da poboación de Torredonjimeno (Jaén) do 5 de xuño de 1785 e sendo moi novo participou na batalla de Bailén contra as tropas invasoras francesas. Foi colaborador de Zumalacárregui na creación do Exército Carlista e puxo a súa espada ó servicio de D. Carlos V tan axiña como empezou a campaña. Finouse o 11 de xuño de 1864 en Burdeos (Francia), onde repousan os seus restos mortais.

A súa misión era a de organizar a revolta en Galicia; aínda que non consiguiu cumplila, a súa presenza chegou dabondo para fomentala. Perante ás súas marchas en zig-zag pol-a topografía española, bateuse constantemente con fortes columnas, burlou exércitos e conquistou cidades.

Poucas datas máis tarde entrou o Xeneral Carlista Gómez no territorio galego, á fronte dunha expedición, que levaría o seu nome. O día 14 de Xullo do 1836 chegou á Fonsagrada-Lugo, após atravesou o Río Miño pol-os baldíos da Tolda, para seguer coa súa marcha na precura da cidade da Coruña. O día 16 aparez Espartero na cidade de Lugo perseguindo ao Xeneral Miguel Gómez. Após dunha curta estadía na cidade de Santiago, o Xeneral volve a atravesar a provincia de Lugo co fin de voltar ás Asturias. O 21 de Xullo estivo en Vilar de Parga e Baamonde, e o 22 en Vilalba. Ás oito da mañanciña do 23 de Xullo do 1836, entra en Mondañedo, despois de pernoctar na bisbarra de Gontán-Abadín (Lugo). Hospédase na vivenda sinalada co número 6 da rúa Lodeiro Piñeiroa, propiedade nese momento do coengo da catedral mindoniense D. Agustín Marentes, dende onde sairía derradeiramente cara o Principado das Asturias.(1)

(1) D. Agustín Marentes Pardo Figueiroa naceu no ano 1785, no lugar de Penamayor, de san Martín de Suarna-Fonsagrada (Lugo). Participo una Guerra da Independencia co Batallón Literario de Santiago, no que alcanzou o grao de capitán. En 1820, S. M. nombrao coengo da Catedral de Mondañedo. Foi padriño do pai do antergo Cronista de Mondañedo D. Eduardo Lence Santar y Guitián. Feneceu en Mondañedo o 10 de setembro do 1865, sendo Chantre da catedral.

A inmortalidade do nome do Xeneral Miguel Gómez non llo debe á súa extraordinaria cultura e capacidade militar, nin aos seus fermosos traballos de organización, senon á expedición que baixo o seu mando paseou triunfalmente por toda España as bandeiras de “La Buena Causa”.

D. Enrique Costas naceu na parroquia de Morgadanes, diócese de Tui, no ano 1861. Realizou os seu primeiros estudos no Seminario de Zaragoza, incorporándose máis tarde ao Central de Santiago de Compostela, no que coa calificación de “Nemine Discrepante” recibiu o tíduo de Bachiller, Licenciado e Doutor en Sagrada Teoloxía e os de Bachiller e Licenciado en Dereito Canónico. Recibiu o Sagrado Orden do presbiterado de maus do Cardeal Payá o 22 de setembro de 1883.
O ano seguinte foi nomeado profesor do Seminario Central, desempeñando as cátedras de Latín e Humanidades. No mesmo ano foi nomeado capelán do Hospital de Carretas en Santiago de Compostela. No ano 1890 ocupa as de Metafísica e Ética. En 1891 foi nomeado confesor ordinario das Hirmandiñas dos Ancians Desamparados, no Hospital de Carretas como no Asilo san Roque. O 1 de agosto de 1894 foi nomeado Previsor e Vicario Xeneral da diócese mindoniense. O 5 de febreiro de 1896, por oposición brilantísima, foi proposto por unanimidade Coengo Arquiveiro da catedral. Explicou no Seminario Santa Catalina de Mondañedo as cátedras de Teoloxía e Dereito Canónico. En abril de 1905 foi nomeado Arcipreste da catedral mindoniense.
A cidade de Mondañedo destacou po-la actividade carlista perante o século XIX, convertíndose nun dos núcleos máis importantes e representativos da Galiza. D. Enrique foi o fundador, director-propietario do xornal local “La Defensa”, creado a finais do ano 1906. O administrador foi D. José Fiallega Moreda, profesor do Seminario e Presidente da Xuventude Carlista de Mondañedo. No ano 1912 aparece o outro xornal “El Cruzado”, do que é director José Polo Folgueira, xastre e activo membro da Xuventude Tradicionalista de Mondañedo. Ao converterse en bisemanario, comeza a exercer as funcións de director D. Enrique Costas. Tamén foi redactor xefe da revista “Acción Solcial”.
Po-la Xunta do Real Padroado eclesiástico, que preside o Cardenal Arzobispo de Toledo, foi proposto no mes de setembro do 1924 para Deán da catedral de Mondañedo o Arcipreste D. Enrique Costas.
Finou D. Enrique Costas o 3 de xullo de 1925 en Santiago de Compostela, a onde se trasladara para realizar unha operación quirúrxica. Recibeu cristiá sepultura en Santiago o día 4, onde se celebraron solemnes honras fúnebres.

Lembrar como episodio da primeira guerra carlista o acaído o 20 de decembro do ano 1835 pol-o Alcalde do Concello de Riotorto (Pedro Valentin Iglesias, que residía no lugar de Grandal), á fronte dun grupo de vecinos da parroquia de santa Marta de Meilán, cando atacan unha partida carlista no lugar de Rececende, conseguindo dispersala e capturar a catro dos seus componentes, os que foron inmediatamente trasladatos e ingresados no cárcere de Mondañedo. Na cidade Episcopal son pasados pol-as armas os día 28 e 29 de decembro do 1835.
Os nomes dos fusilados eran:

1) Ramón Lipín. “El 28 de diciembre de 1.835 murió administrado de los Santos Sacramentos de Penitencia y Eucaristía Ramón Lipín, vecino de la parroquia de Santiago de Martín, Ayuntamiento de Baleira, Obispado de Lugo, pasado por las armas y en el mismo día fue conducido su cadáver al Campo Santo de esta ciudad”. 2) Joaquín Graña Gómez, vecino de la parroquia de Santa Eulalia de Piquín, Obispado de Lugo. El día 29, mueren fusilados también en Mondañedo. 3) Antonio Saavedra González, vecino de la parroquia de Santiago de Martín, Ayuntamiento de Baleira, Obispado de Lugo y 4) Miguel Barreiro Alonso, natural de la parroquia de Santiago de Bayón, Obispado de Tuy. (1)

(1)- Arquivo Diocesan de Mondañedo, parroquia de Santiago, libro 15 de defuncions, folla 162 volta e 163.


Tamén houbo mindonieses que foron premiados por combatir o carlismo xa dende a primeira guerra carlista, como nos confirman os xornais daquela data:

Querendo premiar o mérito contraído polo capitán do Regimiento Provincial de Mondañedo D. Joaquín Estévez Seijas,(1) na acción que tivo lugar nas inmediacións de Elorrio en vinte e oito de agosto de mil oitocentos trinta e catro; a ter a ben a Regencia Provisional do Reino, en nome e durante a menor idade da súa Majestad a Raíña Dona Isabel Segunda, concederlle a Cruz de Cabaleiro da Real Orde Americana de Isabel A Católica, libre de todo gasto. Telo entendido e dispoñerlles o seu cumprimento.

O Duque da Vitoria.
Palacio a 3 de maio de 1841.

En agosto de 1840, D. Joaquín Estévez achábase acantonado en Azcóitia. Por resolución do 10 de maio de 1842 serviuse S.A. conceder aos individuos do provincial de Mondañedo, que a continuación se expresan, as grazas que se lles sinala en recompensa do mérito que contraeron nas ocorrencias do mes de outubro último. Ao capitán D. Francisco Pardo Moscoso, cruz de S. Fernando. Aos de igual clase, D. Joaquín Estévez, D. Ramón Oya e D. Nicolás Taboada, grado de comandante (1).
En febreiro de 1847, D. Joaquín Estévez Seijas, que xa ocupaba o emprego de tenente coronel, graduado 2º comandante de infantería, doou 20 reais para axudar ás desgrazas ocorridas na Illa de Cuba por mor dun furacán que azoutou A Habana os días 10 e 11 de novembro de 1846 (2).
En 1848 concédeselle o abono de soldo que reclamara. No mes de outubro do mesmo ano, D. Joaquín pasa á situación de retiro. En 1851, por maioría foi reelixido para o cargo de Habilitado. En 1852 formaba parte da Xunta Directiva do Liceo Artístico e Literario da Coruña. Descoñecemos máis datos persoais deste xefe militar, que participou na primeira guerra carlista, mandando a terceira compañía do Regimiento provincial de Mondañedo.

(1)- “O Espectador”, do 16 de maio de 1842, páx. 4.
(2)- “O Militar Español”, núm. 99, do 20 de febreiro de 1847, páx. 2.

Despois de moitos anos segue en Mondañedo con forza a militancia Carlista como podemos comprobar neste artigo do ano 1906 cando se funda a Juventud Carlista de Mondañedo.

El domingo 21 de enero de 1906, a las cuatro de la tarde, en el Salón alto de la Sociedad de Obreros (calle Pacheco de Mondañedo) se celebró el acto inaugural de esta nueva Sociedad mindoniense. El local se encontraba repleto de público, en el que destacaban sacerdotes y seminaristas, tampoco faltó representación de otros elementos y especialmente el obrero.
El Salón se hallaba modestamente engalanado, pero con gusto, luciendo en la cabecera del mismo la imagen de la Concepción y los retratos de Pío X y Carlos VII, bajo pabellones coronados y de los colores nacionales; los demás lienzos ostentaban escudos nacionales, orlados de banderas y atributos militares.
A las cuatro y media ocupó la Presidencia el Sr. D. Enrique Costas Márquez, Arcipreste de la S. I. C., sentándose a su lado el Presidente de la Juventud Carlista y más tarde los Sres, Blanco Agras, profesor del Seminario y José María Miranda Luaces. A los acordes de la Marcha Real, que el público escuchó de pie, se descubrió el retrato de D. Carlos. Seguidamente dio lectura el Sr. Riobó, Secretario de la Sociedad, a una memoria, se leyeron las adhesiones enviadas, entre ellas las de las sociedades carlistas de Valladolid, Reus, Valencia, Barcelona, Calahorra, Orense, Palencia, Santander, Alboraya (Valencia) y Orduña. Ejecutó inmediatamente la rondalla un hermoso vals.
Pronunció luego un discurso el alumno de 2º año de Sagrada Teología, Sr. Lombardia, que escuchó aplausos. Leyó el Sr. Riobó una poesía humorística de D. Antonio Noriega Varela, titulada “O Brindis d´o labrego”. Alternando con hermosas piezas de la rondalla, pronunciaron discursos y leyeron poesías los Sres. D. Victoriano López Bermúdez, Francisco Fanego, Andrés de las Heras, Vicente López Villar, Enrique Picoaga Cageao y Constantino Vázquez, que fueron premiados con salvas de aplausos.
Seguidamente hizo uso de la palabra el Sr. Costas Márquez, que en vehemente y elocuente discurso trató de hacer ver las ventajas de Sociedades como la que se inauguraba, tanto para el bien de la Religión como para el de la Patria.
Con la Marcha Real española que el público escuchó nuevamente en pie, con vivas a la Religión, a Pío X y a Carlos VII, se terminó el acto inaugural de esta nueva Sociedad. (1)

(1)- Revista quincenal “De todo un poco”, do 1 de febreiro de 1906.

Nos primeiros días do mes de outubro do ano 1872 a partida carlista mindoniense votouse ao monte dirixida por David Cornejo Díaz, consorte de Ramona Fernández Noriega Varela, nado en Gállegos de Salmerón (Salamanca) no ano 1836. Era fillo lexítimo de D. Juán Cornejo e de Dª Juliana Díaz, ex-sarxento primeiro do exército liberal, retirado. Cásase en Mondañedo o 30 de agosto de 1862 con Ramona Antonia Ignés Fernández Noriega y Varela. Ramona, solteira, de 23 anos, era filla do capitán de infantería e segundo comandante de armas D. Juán José Fernández Noriega, natural de Ferrol e da mindoniense Antonia Varela de la Torre.
D. David Cornejo Díaz, derradeiramente foi conserxe do Círculo de Recreo e empregado do Rexistro da popiedade de Mondañedo. Do seu emprego como conserxe do Círculo de Recreo foi obrigado a dimitir, após de ser solicitado e buscado malia “rigor con que le persigue su suerte adversa”.
D. David Cornejo, escribiente e pensionista do Estado, finou ás tres da madrugada do 26 de marzo do ano 1900 na súa vivenda do Pasadizo da Praza (actual rúa Noriega Varela) de Mondañedo. “En el momento de su fallecimiento se hallaba casado con Dª Ramona Fernández Noriega, dedicada a los labores de su sexo, natural de esta ciudad y domiciliada en el de su finado esposo, de cuyo matrimonio no tuvieron sucesión”.
D. David Cornejo após de ser detido en Mondañedo foi deportado á isla caribeña de Cuba e a súa dona a Portugal. Nese momento, o matrimonio tamén sofre un embargo de bens por parte das autoridades.
Alcanzou o emprego de Tenente Coronel Carlista.

En Galicia, o carlismo ha de ter pouca sorte. Non deixaron de causar certas alarmas algunhas partidas; unha delas foi esta mandada por D. David Cornejo Díaz, sarxento 1º mutilado na Guerra de África e derradeiramente, conserxe do Círculo de Recreo de Mondañedo (actual Casino).
O día 6 de outubro de 1872 reuníronse entre 40 e 50 mozos valerosos no paraxe coñecido como Cabanadebella, da parroquia de S. Juan de Romariz, do Concello de Abadín, dedicando o día todo ó máis indispensable para organizarse. O día 8 confesáronse e comulgaron nunha das igrexas parroquiales daquela montaña (probablemente na igrexa de Romariz) e, coa mesma data dirixiron un manifesto ao Alcalde de Mondañedo.
O día 10 saíu no seu seguimiento unha columna de 30 homes, entre carabineiros e gardas civís, a voltou á noitiña do mesmo día a Mondañedo, sen novidade. O día 11 volve a saír, reforzada por unha compañía do Reximiento de Cuenca, que chegara o día anterior a Mondañedo, procedente da Coruña e segundo comentábase en combinación con outra que saíu de Viveiro.
Para impedir todo movemento da partida situáronse unha columna en Carballido, outra en Meira e outra na Fonsagrada, que operaban combinadamente.
Ao amencer do día 11 de outubro de 1872 a forza da garda civil, baixo o mandato do comandante D. José Albizúa Burgos (1) fixo prisioneira en Cabanadebella á partida facciosa, composta por 19 homes, que ao mando do cabecilla D. David Cornejo Díaz levantouse en armas nas inmediacións de Mondañedo. Incautóuselles aos detidos, unha cabalería, armamento, papeis e unha suma importante de diñeiro.
O incidente de Cabanadebella foi noticia en exemplares nacionais de: O Imparcial, Boletín de Comercio, A Correspondencia de España, A Discusión, A Época, A Iberia, A Regeneración, A Nación, A Convicción, A Esperanza, entre outros.
No interrogatorio xeral do Catastro do Marqués da Ensenada da parroquia de San Juan de Romariz, realizado no ano 1752, xa aparece citado o lugar de Cabana de Bella da seguinte forma: Camiñando á fonte da Fraga Vella, Corno de Revoredo, Rego Frío, Calzadas de Cabana de Bella, dividindo a Rilleira de Cesuras.

(1)- D. José Albizúa Burgos, en 1872 exercía o emprego de comandante da garda civil. En 1873 o de tenente coronel. En 1888 ocupaba o cargo de coronel Subinspector do terceiro terzo da garda civil (Barcelona, Gerona, Lérida e Tarragona). E en 1890 o de xeneral de brigada.


A novela titulada “A Besta” foi escrita pol-o antergo combatente carlista mindoniense Patricio Delgado Luaces, co seudónimo de “Xan de Masma”. O autor nado na rúa do Progreso de Mondañedo, foi feito prisioneiro xunto a outros compañeiros da partida no lugar de Cabana de Bella (sic), Romariz-Abadín (Lugo). Máis tarde foron todos trasladatos ao cárcere de Mondañedo, despois ao Castelo de San Antón da Coruña e derradeiramente deportados á isla de Cuba.
A citada novela foi publicada na revista cubana Follas Novas a modo de folletín. No Instituto de Literatura e Lingüística da Habana, que pertence á Academia de Ciencias de Cuba existe una colección da revista Follas Novas. No seu número 87, do ano III, de data 29 de xaneiro de 1899, encadernado no tomo 11, aparez a primeira entrega.
Ao longo da novela aparecen moitos nomes de lugares e persoeiros da bisbarra mindoniense moi coñecidos por nós e que iremos dando a coñecer paseniñamente.

O lugartenente da “Partida de Cornejo” foi Patricio Delgado, era fillo de D. Francisco Delgado e de Dª Francisca Luaces.

“El día 6 del mes de agosto del año 1.850. Yo D. Luís Antonio Cora, cura párroco de la ciudad de Mondañedo bautice solemnemente a un niño llamado Patricio Valentín Sisto, que nació el víspera a las seis y media de la tarde.
Era hijo legítimo de D. Francisco Delgado Perrote y de Dª Francisca Luaces, vecinos de esta ciudad y barrio de la Plaza; nieto por línea paterna de D. Bernardo Delgado y de Dª Francisca Perrote Varela, difuntos, naturales y vecinos que fueron de Palazuelo de Vedija, provincia de Valladolid; por línea materna de Dª María Luaces, natural y vecina de esta ciudad de Mondañedo.
Tuvo por padrinos a D. Valentín Seijo (farmacéutico de Mondañedo), vecino de esta ciudad, en nombre de su padre D. Patricio, residente en la villa y corte de Madrid y le he advertido el parentesco espiritual y las obligaciones que su representado ha contraído según lo previene el Ritual Romano y para que conste lo firmo: Luís Antonio Cora.”

O 20 de maio de 1848 celebrouse o enlace matrimonial na capela do Hospital de San Pablo e San Lázaro de Mondañedo entre D. Francisco Delgado Perrote e Dª Francisca Luaces. D. Francisco tiña en eses momentos 32 anos, era natural de Palazuelo de Vedija, provincia de Valladolid. Era fillo lexítimo de D. Bernardo Delgado e de Dª Francisca Perrote Varela, finados. Dª Francisca, contaba con 22 anos e era filla natural de Dª María Luaces, oriunda e veciña de Mondañedo. Foron testigos do enlace matrimonial D. Gil Díaz Lobán, presbítero, capelán do Hospital de San Pablo e D. Valentín Seijo. (1).
Foron os pais de Patricio Delgado Luaces, autor da novela “A Besta” co seudónimo de “Xan de Masma”. Tamén foron os pais de Dª Remedios, casada co capitán do Batallón Reserva de Mondañedo D. Manuel Ron, de D. Lino Delgado Luaces, organista da catedral de Mondañedo e de Dª Paulina. O matrimonio formado por D. Francisco e Dª Francisca, eran propietarios dun comercio na rúa Progreso, varias propiedades en Mondañedo e eran os donos da coñecida “Quinta” de Pedrido, que se atopa na parroquia de Santa María de Vilamor, lugar que foi utilizado po-los simpatizantes carlistas de Mondañedo durante un tempo para reunirse clandestinamente. D. Francisco Delgado Perrote era familiar moi próximo do coengo de Mondañedo D. José Perrote.

(1)- Arquivo Diocesán de Mondañedo, libro 8 de matrimonios da parroquia de Santiago, páxina 146.

Nota do embargo de bens correspondente a Xan de Masma:

El siete de agosto de mil ochocientos setenta y cinco D. Fernando Lago y Pérez, Notario de Mondañedo, el Alcalde de Mondañedo D. José María Lage y el Secretario D. Pedro Arias y Vega, a consecuencia de hallarse D. Patricio Delgado Luaces ausente, sin saberse su paradero y en virtud de delegación del Señor Gobernador Civil de la Provincia, se constituyeron en la casa número 3 que habita su madre Dª Francisca Luaces (9-6-1826) en la calle del Progreso para proceder al embargo de los bienes pertenecientes al D. Patricio. Súa nai responde: “que ningunos, absolutamente tiene su hijo, por haber consumido en la carrera de Comercio, sustitución de soldado y alimentos, mientras estuvo en las prisiones civiles y militares, mucho más de lo que le puede corresponder por la legítima de su padre, que está de mixtión con sus hermanos Dª Remedios (4-1-1853), mujer del capitán del Batallón de la Reserva de esta ciudad D. Manuel Ron, Dª Paulina (22-6-1857) y D. Lino (5-8-1859), menores de edad y la compareciente”.

O irmau, Lino Delgado Luaces foi organista da catedral de Mondañedo dende o ano 1880 ata o 1888, en que finou.
No ano 1906 residían na rúa do Progreso de Mondañedo Dª Francisca Luaces e a súa filla Paulina.

A maioría desta novela está chea de sucesos que acaeron na realidade en 1872, e, dos que Félix Fernández Noriega, deixou datos de transmisión oral da súa tía Ramona Fernández Noriega considerada rebelde pol-a súa relación co carlismo.

A obra de “Xan de Masma”, titulada “A Besta”, máis que unha novela, é parte da historia do Mondañedo do século XIX da que tivo que ver moito toda esta familia Noriega.

O xornal “La Gaceta de Madrid” danos a coñecer un suceso na Alameda dos Remedios de Mondañedo protagonizado no actual Casino da cidade espiscopal:

Intitúlase “DUELO AL ANOCHECER” (1871) e di o seguinte:

Hallándose la tarde del cinco de abril de 1871 en dependencias del Círculo de Recreo de Mondañedo (Casino) D. Antonio Fernández Trillo, vecino de Mondañedo, oyó proferir injurias contra S.M. el Rey y su consorte a un grupo de jóvenes estudiantes del Seminario Conciliar Santa Catalina de Mondañedo. Eran éstos. D. Eulogio Villar y Ron, natural de Santa Eulalia de Budian; D. Ramón García Díaz, natural de Santa María de Caranza; D. Jesús Lorenzo, natural de Vivero; D. Cesáreo Bacelo, natural del Ferrol; que con D. Patricio Delgado Luaces, natural y vecino del comercio de Mondañedo, estaban en el mismo local; y después de haberse dado por parte de aquel vivas a S.M. y de éstos a Carlos VII, se provocó un duelo entre Fernández Trillo y Villar y Ron, sin más formalidad que la de señalar el Campo de Los Remedios y la hora, nueve de la noche del mismo día.
Reunidos los dos retadores en el sitio y hora señalada, Villar y Ron disparó dos tiros de revólver contra Trillo, a quien infirió una herida entre los cartílagos de la quinta y sexta costilla del lado derecho del pecho, cuya curación no se logró hasta el día dos de julio.
Resultando que habiéndose dado a la fuga D. Eulogio Villar y Ron, las autoridades le llamaron por edictos, sin éxito, y siendo tratados como reos los cuatro restantes.
Finalmente, se les aplicó el Real decreto de amnistía de 30 de agosto por los delitos tratados en la causa, en la cual se sobresee sin costas, quedando cancelados los embargos de bienes que se hayan practicado y las fianzas administrativas por dichos procesados y sin afecto el auto de prisión dictado contra el primero el 8 de abril último (1).
El 30 de diciembre de 1871, D. Eulogio Villar y Ron continuaba en paradero desconocido.

(1) “La Gaceta de Madrid”, núm. 40, del 4 de enero de 1871, pág. 35 y 36.

No Cadramón naceu D. Juán Campo Gómez no lugar de O Campo, crego moi relacionado coa terceira guerra carlista e que nos lembra algunhas anécdotas Fernando do lugar de Portodorío, un veciño de 97 anos cunha memoria privilexiada e un grande sentido do humor. Dinos que en certa ocasión un veciño da parroquia que lle chamaban Caetano matoulle dun disparo de escopeta o can ó cura D. Juán Campo, pensando que era un lobo. O cura preguntáballe aos vecinos da parroquia quen sería o autor da morte do seu ben estimado can, pero non atopaba ningunha resposta afirmativa. Co motivo do "Precepto“ anual desprazábanse ao Cadramón outros cregos e ata algún frade para confesar aos numerosos fiéis. D. Juán contoulle a todos a tráxica morte do seu can e a imposibilidade que tiña de averiguar quen sería o autor do suceso. Após de rematadas as confesións, preguntoulles se había habido sorte nas averiguacións, ao que lle responde un afirmativamente.
D. Juán inmediatamente diríxise ao suposto autor da morte do animal e recrimínalle: Ai Queitano, heite mandar prender, léveme un Santo, heite desterrar, matácheme o can!...
Caietano non deixaba de supricarlle pol-o perdón ao seu párroco: Perdóeme Señor, pensei que era o lobo!...
Após de escoitar numerosas súpricas de perdón do autor do disparo, D. Juán aplicou a dispensa ao seu ferigrés. Este incidente e moi recordado por outros vecinos da parroquia do Cadramón.

“D. Juan paséabase na sala, co breviario na mau, facendo seu obrigado rezo, e facendo cas zocas tanto prau… prau...prarrau, coma pasos daba pola habitación, cun pasamontañas de pelexo de carneiro coas voltas baixas para tapar as orellas”.(1)

Os vecinos da parroquia de san Xurxo do Cadramón dan fé dunha pequena cavidade existente na parte inferior do “Penido do Lombo do Foxo” na que permaneceu agochado por un periodo de caseque dous anos o seu crego D. Juán Campo Gómez. Como bo coñecedor das bisbarras da súa parroquia foi este o(
Comentarios (0) - Categoría: DATOS BIOGRÁFICOS - Publicado o 17-05-2019 22:39
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/