Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

ASASINADOS NA TRAVESIA

In memoriam

Oh!... Ríase a barbarie vendo chorar
polos berros ó amencer eiquí ouvidos
unha noite vil e traidora de matar.
Mala morte mate á morte dos caidos!

Preguemos ó Céo por estes e aqueles
que teñen a súa alma pretiño a Dios.
Mocedá! Non puideron gañar máis eles,
nin nesta loita, puidemos perder máis nós.

Si xa de nada nos sirve loitar tanto
que temos que trocar a vida pola morte
ben triste e cativa é, a nosa sorte!

Nas concencias perdure o seu legado
xa que a semente é fror, nos eidos de “Prado”
e esta lembranza, a nosa dor acorte.

-----------------------------------

-Siervo José naceu o 7 de xaneiro de mil oitocentos oitenta e nove(1889). Era fillo de D. Feliciano González, capitán honorífico de infantería, natural de Gontariz e de Dona Trinidad Rivas, natural de Ferrol. Casou o 9 de xullo de mil novecentos vintedous(1922) con Xusta Barreira, de 24 anos, natural da parroquia de san Martiño de Figueiras (Mondoñedo) (1). Residiron na rúa Febrero. Foi empregado municipal.

-Manuel Rodríguez Núñez naceu na rúa Nova (actual rúa Progreso) de Mondoñedo o 29 de maio de mil oitocentos oitenta e nove(1889). Era fillo de Antonio Rodríguez Ares, natural do lugar de Fondoso e de Concepción Núñez García do de san Lázaro. Casou o 14 de febreiro de mil novecentos catorce(1914) con María Dolores Moirón Paz, natural e veciña de Mondoñedo (2). Rexentaba un pequeno comercio na rúa Bispo Solís. Era cuñado de Santiago Pernas Salazar, prestixioso fotógrafo e pintor mindoniense. Residiron tamén na rúa Febrero.

-Graciano José Antonio naceu o 6 de xuño de mil oitocentos noventa e seis(1896), no barrio dos Castros de Mondoñedo. Era fillo de Antonio Paz Rodríguez, oriúndo de san Vicente de Trigás e de Josefa Amieiro Fernández, oriúnda de Masma (3). Casou con Mercedes Díaz Cabanas. Residiron na rúa Bispo Sarmiento, onde exercía o oficio de latoeiro.

(1)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de Santiago de Mondoñedo, libro 36 de bautizados, folio 61.
(2)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de Santiago de Mondoñedo, libro 36 de bautizados, folio 92, volto.
(3)- Arquivo Diocesano de Mondoñedo, parroquia de Santiago de Mondoñedo, libro 38 de bautizados, folio 19, volto.

Comentarios (0) - Categoría: VERSIÑOS MEUS - Publicado o 25-01-2019 19:45
Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe. É un filtro anti-spam. Serve para comprobar que é unha persoa e non un programa spam.)
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/