Os de Noriega



Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
xosedenoriega@gmail.com


O Cantor do Ermo
 Espazos
 Fotoblogue
 Enlaces
 Busca por calquer elemento nesta bitácora
 Atopar blogues galegos
 No faiado
 Artigos morniños
 Artigos destacados

Pra que un neno serodio...

Pra que un neno serodio avante salla,
cibeche, unha medalla
i os Santos Evanxelios trai consigo,
que entre as meigas non faltan avisadas,
i as cousiñas sagradas
son os entorcedoiros do enemigo.

A. Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 05-06-2018 14:43
Ligazón permanente a este artigo
Unha breve pucharquiña...

É unha breve pucharquiña
sobre un enorme penedo.

Sin fatuidade urbana,
míranse naquel espello
as froriñas dun carpazo,
a ramaxe dun esvedro,
linda pastora de Anaigo
i as estreliñas do ceio.

É unha breve pucharquiña
sobre un enorme penedo.

Do Ermo
A. Noriega Varela


Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 19-03-2018 21:08
Ligazón permanente a este artigo
PRIMAVERA

Sañudo o rostro, rúda-las maneiras...,
¿que agoirarás, montaña? Teu desvío
a sangre fría o encaro; mais ¡dá frío
ver ó sol terqueando pra que o queiras!

Nas follas novas das abedoeiras
tremelucen doíñas de rocío,
floresceron as urces, i o bravío
cardo soña igualarse coas roseiras.

¡Oh amada !, ¡triste amada!, ¡desarruga
por Dios, a ialba frente! Ben madruga
ora pra te encantar un pracenteiro

merlo, que Dios bendiga, e tu recollas,
¡maga dos ollos verdes!, entre as follas
sempre verdes do máis xentil loureiro.

Do Ermo
Antonio Noriega Varela

Comentarios (0) - Categoría: A. NORIEGA VARELA(Obra en Galego) - Publicado o 23-08-2016 19:11
Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
Edizón e deseño de Pepe de Noriega. Rúa de Josef Febrero, nº 22, C.Postal 27740, Mondoñedo (Lugo). Este blog é un sitio co exclusivo fin de difusión cultural da vida e obra de Antonio Noriega Varela e familia. Permítese a reproducción parcial ou total de todos os contidos. Todos os artigos que integran este espazo foron editados de forma gratuita o mesmo que a inclusión dos iconos da web na parte superior da portada. As imaxes incluidas proceden de diversas fontes e responden á soa finalidade de acompañar o contido cultural deste sitio. Os comentarios, Logos e Marcas son propiedade dos seus respectivos autores. De contado ollarán vostedes algunhos dos dialeutismos mindonienses máis enxebres, dun galeguista non político.
A normativa lingüística destes contidos?: quen fai algo aplica a súa. Porque o que escribe en galego por mal que o faga, pon algún grau de area na moreada. Porque di un dito: Axuntando pingotas formas un cirio.
(Benito Losada)
www.blogoteca.com/noriegamindoniense/