Este caderno dos de Noriega, adicado ao poeta Antonio Noriega Varela, pretende ser unha xanela aberta a todo o mundo que queira coñecer a infinda sensibilidade poética do "Bardo da Montaña" e "Cantor do Ermo". Calquera pode facer uso desta bitácora e deixar a súa opinión ou comentario nela.
Sexan benvidos e benvidas!.
Graciñas por visitarnos.
galopindamaria@yahoo.es
|
|

|
| O Cantor do Ermo |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| FILLO PREDILECTO DE FOZ |
|
Nume sobranceiro
A baía do solpor e abrente
fixo do trobador, xentil mecenas,
altivo rumoroso de "Mañente".(1)
Dos do "Castro" lembraranse apenas!.(2)
I o verbo puro do home
sabido, vertudeiro
galego de renome
de alma sublime e nobre libreiro...
Sorriunos tenramente
a musa mariñeira e entrañable!.
Rente ó mar verdecente...!.
Da semente que é fror incomparable.
(1)-Hai moitos anos había no Alto de Mañente, unhos bariles piñeiros na ladeira que da á ría de Foz. No solpor debuxábanse as súas sombras nas prateadas augas da ría.
(2)-Tamén no "Castro de Foz", había nove barudos piñeiros cantados por Leiras Pulpeiro. Servíanlles ós mariñeiros de Foz, como referencia nos días de néboa pecha.
A Suso do Baía no seu nomeamento como FILLO PREDILECTO DE FOZ. (Do libro "ENTRE AMIGOS")
Pepe de Noriega
25 de Setembro do 2010
|
|
|
|
|
| POLAS RÚAS DA VILA |
|
 Por mor de ledas conversas
que temos a parentela
conveñimos a xuntanza
pra que a musa nos viñera.
E deixase por un día
...de si baixou a marea!,
que ás aulas do Seminario
xa ben che lles tarda vela.
E na petrucial do Cantor,
seguro que ben se lembra
de cantos tenros versiños
metéronse en vereda.
Ou cando o seminarista
bebía da Fontevella
as rimas que artellaba
caquela auguiña fresca.
O pasadizo do Cantón,
(rúa Noriega Varela)
é garimosa, cal se non!
inda que é pequeniña ela.
E tamén pequeniña é
-se queredes ímos vela-,
onde lle gostaba a Lence
tocala gaita galega.
E sempre rúas arriba,
señoreaba Leiras
aliviando de doenzas;
...recollendo vellas lerias!.
Se á fonte de San Xoán
hoxe lle adican verbas
ela síntese honrada
tendo a Leiras de costela.
E de fronte ó convento
que no esquilón arrandean
as freiriñas encerradas
á musa ma estontean.
Se o convento da Alcántara
levantase a cabeza:
Meu Deus!, E este castigo?.
-Impúxoo quen non debera.
Pesarosa e doída
a fiel musa norieguesa,
respinga desairada
ante tanta incerteza.
Imos ver que di o ancestro
que inda segue na Alameda
ca ollada posta nos Picos
lembrándose da aldea.
E a Virxe dos Romedios
que hoxe iremos tar con ela
reinando en Mondoñedo
cal briladora estrela.
Galanteando ca lúa
delicadiño Noriega
no Campo frorido e ledo
enfronte a casiña dela.
O sino deulle outro amor
despois de romper con ela
e fixo ben non rondar máis
pois a montaña xa o espera.
E de isa montaña erma
son estas follas marelas,
ouro vello dos toxales
que con devoción veneras.
De posto nas Curuxeiras
encarabas a Infesta
ollando os campos e as frores
que esvícan centos de ovellas.
Outean os de Cesuras
albiscando ás xarelas
das que o cego de Espiñarcao
muxía a noite nelas.
E o San Xoán de Romariz
boa sorte traiga pra elas
que ademáis de traballar:
canta manteiga nos deran!.
Coas tartas de Mondoñedo
que ha levar a parentela.
baixaremos ós Muiños
e ó Pasatempo de Cela.
Tartas, as do Rei… Cintolo,
que asegún nos conta a lenda
a receita Dulce-Doce
tena un libriño de pedra.
Agarimos ós de Vilamor
por vivir aínda na aldea
que anque parezan xitanos
pola vila non tolean.
Nin cansos de usala brusa
(que...grande, grande lles queda)
trocaron os verdes vales
pola cibdade sen herba.
Con estas... voume pra baixo! (*)
sen ollar ás montañesas,
que nas praias do desterro
dempoixas choro por elas.
(*) A Viveiro
A Antonio Fernández-Noriega Meitín e Ángeles Fernández-Noriega Meitín que éste día andiveron polas rúas da cidade lembrando vellos tempos onde naceu o seu avó.
Graciñas por vir...!.
A musa dos pincaros polas rúas da vila.
Mondañedo, 22 de Agosto do 2009 |
|
|
|
|
| A fala pura |
|
 (A Manuel In Memoriam)
Para os que dende agora así o queiran
todas as verbas en español teñan,
que eu xa amarei todas as que veñan
polos rigueiriños que as augadeiran.
Para os que da fala se esquerqueñan
moitos renegos da terra apalleiran
e eu, de contado, se non os alixeiran,
ós galegos, coido que nos conveñan.
A cidade, a présa, a tecnoloxía...;
para nós, a lingua enxebre e amorosiña,
a aldeíña, a ecoloxía.
A envexa, o odio, coma "tiña"...;
para nós, o rico "caudal de harmonía"
da fala pura e do voo da andoriña.
Día das Letras Galegas 2009
Pepe de Noriega (bisneto de Félix Noriega Varela) |
|
|
|
|
|
|
|
|
|