Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 26(Venres)
? Festival das Brétemas (Ponteareas)
? Aires da Poxa, Abóbriga e Sacha na horta en San Martiño de Vilelos (O Saviñao)
? Som do Galpóm no pub Gatos (Melide)
? Orquestra Os Modernos no Moon Music Club (Compostela) ás 22:30
? Os Cempés no Auditorio de Bertamiráns (Ames) ás 21:00
? Ghaveta na praza do Regueifa (Casco Vello) ás 22:30
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Xuntanza-foliada fundacional da Sociedade de Amigos de mollar a Palleta da Costa da Morte na Csa Lestón do Sardiñeiro

Sábado 27
? VI Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño
? Xornadas sobre organoloxía da gaita (Ourense)
? IV Curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)
? III Festival Mar de Arousa (Vilagarcía de Arousa)
? Festival As Penizas Folk (Guillare-Tui): Treixadura, Riobó,...
? Festival das Brétemas (Ponteareas)
? Kefoi na Praza do Toural (Compostela) ás 19:00
? Som do Galpóm na Corte dos bois(Sandiás)
? Ugia Pedreira & Marina Oural na Fábrica de Vilanova en Alhariz
? Cantigas da terra en Pontevedra
? Antonio Zanbujo no auditorio de Galicia (Compostela) ás 21:00
? Malvela no Teatro Rosalía Castro (A Coruña) ás 20:30
? I Serán da Carballeira da Guía (Vigo)

Domingo 28
? IV Curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)
? Pesdelán en Tui, na praza do Pracer ás 19:00
? Cantigas e Agarimos ás 19:30 en Marín
? Uxía e António Zambujo na Casa das Crechas (Compostela) ás 20:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
xuntanza-foliada fundacional da Sociedade de Amigos de mollar a Palleta da Costa da Morte
Este venres 26 de setembro, en casa Lestón: xuntanza-foliada fundacional da Sociedade de Amigos de mollar a Palleta da Costa da Morte. Só hai que traer ganas de pasalo ben, de tocar, cantarelar, beber, bailar?

Se sodes un grupo máis ou menos amplo, mellor avisade, para saber a que nos ven enriba. Reservas no 981743699.

Recibamos o outono con moita moita festa e moita cultura tabernaria
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-09-2014 15:31
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación aula de gaita a man pechada en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 15:21
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 26-09-2014 15:20
# Ligazón permanente a este artigo
Festival das Brétemas (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 26-09-2014 15:18
# Ligazón permanente a este artigo
O disco de Oscar Ibañez co Diario de Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cantigas da terra en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival Mar de Arousa (Vilagarcía de Arousa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Ugia Pedreira & Marina Oural en Allariz
PERFORMANCE "UNHA FABA, UNHA VIDA".
Ugia Pedreira & Marina Oural com a sua performance poético-musical. Espetáculo unívoco de poesia, música e dança.

Sábado, 27 de setembro ás 21h. na Fábrica de Vilanova em Alhariz. (Fundación Vicente Risco). Performance+cea.
Domingo, 28 de setembro, às19h00 aterram na Arca de NOe.


Coincidindo coa primeira colheita de fabas de Lourenzá deste 2014 coa abertura do mercado onde se prevê a venda de mais ou menos 700.000 kgs ao "por maior" e tando ás portas da Festa da Faba, Marina e Ugia trasladam a arte e natureza para Ourense.

"Numa oda às favas lobas da casa na juntança de duas lobas artísticas, a poesia e a composição músical serão os ingredientes das hortas do Val de Lourençá e os mares fundos de A Marinha onde como as favas lobas renascen para ser escoitadas e degustadas doutra maneira.Ser ou não ser?de aldeia é a gravidade que apuxa a que estas duas artistas unam o seu trabalho na palavra, na música e no corpo. Unirão os poemas e canções criadas em parceria numa performance onde Ugia Pedreira, accede à sua voz mais íntima e às suas composições mais guardadas, e MOV leva para a dança e na palavra os poemas que pariu por viva... Uma performance de transparência sentimental surprendente. Dar-se como são em realidade é o mais revolucionário. Fiam um ritual e uma comunhão entre o público e o artista convertendo-se no mesmo, pois mesmo são.
Os mundos delas atoparam-se nas Altas Terras do Norte, no sentido tácito que dá um espaço-tempo na casa patrucial, desde uma infância crua e riquíssima a uma adolescência sonhadora mar por meio."

"Dim que as fabas lobas tavam prantadas ao lado das casas, que tavam aqui antes do descobrimento de America. Dim...também que as fabas promovem os sonhos eróticos e nom os pesadelos...dim que tenhem o poder de abrir o fechado e fechar o aberto...dim que asegura a vitalidade dos órganos sexuais...dim que endurece os músculos das crianzas."

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 26-09-2014 15:12
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán da Carballeira da Guia (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-09-2014 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
As Penizas Folk (Paramos-Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-09-2014 09:50
# Ligazón permanente a este artigo
VI Xornada de Cultura Popular Galega en San Sadurniño
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
IV Curso de música e baile galego (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-09-2014 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas sobre organoloxía da gaita (Ourense)
O vindeiro sábado 27 de setembro a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza no Auditorio Municipal de Ourense as XORNADAS SOBRE ORGANOLOXÍA DA GAITA, unha cita chea de contidos na que prestixiosos músicos, etnomusicólogos e estudosos da materia nos ofrecerán conferencias, mesas redondas, concertos...

Unha cita á que non podes faltar, queremos contar contigo para participar de xeito activo nos distintos debates!!!

Para asistir a estas xornadas envíanos un correo electrónico cos teus datos a secretaria@gaiteirosgalegos.com, ou chámanos por teléfono ao 986847074/982229966.

PROGRAMACIÓN:

MAÑÁ:

- 09.00 horas. Acto de apertura da xornada.

- 09.30 horas. Conferencia I - ?Evolución, morfoloxía e tipoloxía das gaitas no noroeste peninsular?- Pablo Carpintero .

- 10.20 horas. Turno de preguntas

- 10.40 horas. Presentación da publicación "Tanto encanto reunido" - Berros do Castro.

- 11.00 Conferencia II - ?Transformacións na organoloxía da gaita en Galicia: O caso da gaita marcial?- Castor e Félix Castro Vicente.

- 11.50 horas. Turno de preguntas

-11.15 horas. Descanso

-11.45 horas. Conferencia III - ?A gaita en Aragón? - Mario Gros Herrero.

- 12.35 horas. Turno de preguntas

- 13.00 horas. - Conferencia IV - "A gaita asturiana na fin da tradición: cambios e continuidade" - Juan Alfonso Fernández

- 13.50 horas. Turno de preguntas

TARDE:

- 16.30 horas. Conferencia IV - ?Organoloxía da Gaita? - Jean-Pierre Van Hees.

-17.30 horas - Turno preguntas

- 18.00 horas - Mesa redonda interxeracional .

- 19.00 horas. Descanso

- 19.30 horas. Concerto - Jean-Pierre Van Hees: Musette de Cour e Muchosa.

- 20.15 horas. Concerto - Faustino Luis Seoane.

- 20.45 horas. Remate das xornadas

- 21.00 horas. Foliada

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-09-2014 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Para participar no Vai de gaita da TVG
Estamos a piques de comenza-la tempada 23 de Luar e queremos poñer en marcha a segunda edición do concurso de gaiteiros "Vai de Gaita".
Desta volta os concursantes serán rapaces e rapazas de ata 13 anos de idade, que deberían tocar dúas pezas escollidas por eles, unha delas acompañados por un instrumentista de calquera idade. O premio para o gañador será unha gaita valorada en 1500 euros e para o segundo, outra gaita valorada en 1200. Gustaríanos pedirvos axuda facéndovos eco desta convocatoria, para conseguir o maior número posible de participantes.

Para apuntarse ou resolver calquera dúbida, dispoñemos do mail luar@crtvg.es ou do teléfono 981.540.606.

Luar
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas

O XLVIIConcurso de Gaitas de Ponteareas, levado a cabo este sábado en Ponteareas, foi o reflexo da extraordinaria calidade dos grupos participantes, un total de quince, que deleitaron ao público e xurado coa súa marabillosa interpretación das pezas do concurso. O xurado da XLVII edición do Concurso de Gaitas de Ponteareas concedeulle o Primeiro Premio ao grupo ?Virutas de Ébano? de Vigo. O dito cuarteto estaba composto por Jandro Bargiela, Lois Prado, Julia Feijoo e Jenny Prado. Este premio dotado de 1.800,00 euros, diploma e medallas conmemorativas contou co patrocinio da empresa ? ELECNOR?.

2º. premio
O Segundo Premio, patrocinado pola empresa ?VIAQUA? dotado de 1.200,00 euros correspondeulle ao grupo ?Bordón Grelado?de Vigo.

3º. premio
O Terceiro Premio, patrocinado polos empresarios e irmáns ?Rodríguez Sobral? dotado coa cantidade de 900,00 euros, foi para o grupo ?Lusco e Fusco? de Vigo..

4º.Premio
O Cuarto Premio, partrocinado polo ?Concello de Ponteareas? por un importe de 600,00 euros foi para o grupo ?Xente Nova? de Ferrol.

5º. premio
Na edición deste ano, contouse cun Quinto Premio, dotado dun lote de material musical doado pola empresa ?Zinye Distribucións Musicais?, correspondéndolle ao grupo ?Vedoira? de Lugo.
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-09-2014 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Revoltallo 2014 (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 19-09-2014 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Som do galpóm en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:52
# Ligazón permanente a este artigo
O Feirón mariñeiro de Rianxo adíase ao domingo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:51
# Ligazón permanente a este artigo
Polafia en Arteixo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:44
# Ligazón permanente a este artigo
XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas
O vindeiro sábado 20 de Setembro, terá lugar no municipio de Ponteareas o XLVII Concurso de Gaitas que se celebrará no Auditorio Reveriano Soutullo a partir das 20.00 horas.

As inscripciones serán gratuitas e o prazo para inscribirse termina o 12 de setembro.

Os grupos participantes deberán presentarse o mesmo día do concurso ás 19.00 horas diante da Casa do Concello de Ponteareas para percorrer as rúas interpretando melodías galegas ata o Auditorio.

Este ano se presentaronse 20 grupos tradicionais ao certame, dos que só 15 -por riguroso orde de inscrición-, pisarán o esceario por ser o número tope estipulado nas bases.
O XLVII Concurso de Gaitas de Ponteareas rendirá este ano homenaxe póstumo a Manuel Gutiérrez Zúñiga (Angoares 1918-2014), gaiteiro local falecido en abril deste ano, veciño moi querido e proxenitor do director da recoñecida agrupación folklórica Tremiñado.


As BASES son as seguintes:

XLVII CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS
1º.-Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas de Galicia e dos Centros Galegos de España e do estranxeiro que toquen con gaita tradicional (sen modificación de ningún tipo).

2º.-As solicitudes de inscrición no modelo que facilita o Departamento de Cultura Municipal dirixiranse ao Rexistro de Entrada do Ilmo. Concello de Ponteareas. Serán gratuítas e deberán recibirse ata o día 12 de setembro de 2014. Cada un dos grupos participantes proporcionará coa inscrición o enderezo e número de teléfono, segundo modelo de inscrición que se lle facilita. A orde de participación no concurso será de acordo coa de inscrición.

3º.-Os instrumentos obrigatorios para concursar serán: dúas gaitas, un bombo e un tamboril. Non serán admitidos máis instrumentos dos enumerados nin menos, debendo os participantes vestir o traxe tradicional completo, incluído gorro.

4º.- O número máximo de participante será de quince grupos.

Os compoñentes dos grupos participantes non poderán participar na mesma edición do concurso con outro grupo.

5º.-Os grupos participantes estarán ás 19:00h. da tarde do sábado, día 20 de setembro de 2014, diante do edificio da Casa do Concello de Ponteareas, a fin de percorrer as rúas da vila interpretando melodías galegas ata o Auditorio Reveriano Soutullo, onde a partir das 20.00 h. terá lugar o XLVII CONCURSO DE GAITAS DE PONTEAREAS.

6º.-Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección que serán de raíz melódica galega. O tempo total dás dúas pezas será, como máximo, de 8 minutos e non se admitirá a interpretación de suites nin de popurris.

7º.-Permítese a afinación dos instrumentos musicais no escenario. O Xurado é competente para declarar deserto algún dos premios.

8º.-Para recoller o premio deberán subir ao escenario todos os compoñentes de cada un dos grupos clasificados nos catro primeiros postos, debendo vestir o traxe tradicional completo, incluído gorro.

9º.- A comisión organizadora aboará a todos os grupos participantes que non obteñan premio a cantidade de 200,00 euros; cantidade que se destinará a sufragar os gastos de desprazamento.

10º.- A participación neste concurso supón a plena aceptación das presentes bases e a absoluta conformidade coas decisións da organización e do xurado, sen dereito a reclamación ou recurso ningún.



Premios do concurso

1º PREMIO 1.800,00 euros (Ven sendo patrocinado por Gas Galicia)

2º PREMIO 1.200,00 euros. (Ven sendo patrocinado por Aquagest)

3º PREMIO 900,00 euros. (Ven sendo patrocinado polos Irmáns Rodríguez Sobral)

4º PREMIO 600 euros. (Patrocina Concello de Ponteareas)

5º PREMIO Material donado po la casa Bannatyne Pipe Bags (foles)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:42
# Ligazón permanente a este artigo
Treixadura celebra os seus 25 anos sobre o escenario cun disco en directo

O DVD-CD gravarase no Teatro Afundación de Vigo os días 3 e 4 de outubro e o grupo estará acompañado por excomponentes e o coro Cantigas e Agarimos de Santiago

Treixadura condensará os seus 25 anos de traxectoria musical nun DVD-CD con 14 temas que gravará en dous concertos que ofrecerá no Teatro Afundación de Vigo os próximos días 3 e 4 de outubro (21.3 horas). Será un repaso que incluirá algúns das pezas máis emblemáticas da formación, como "Muiñeira de San Amaro", "Foliada de Sabela" e "Se chove", e tamén varias cancións novas. A formación estará acompañada por algúns dos seus excomponentes e polo Coro Cantigas e Agarimos de Santiago neste concerto conmemorativo que o seu director, o gaiteiro Xaquín Xesteira, adianta que será "emocionante".

"Queriamos celebrar estes 25 anos coa emoción do directo porque queriamos mesturarnos co público porque este tamén forma parte de Treixadura. Treixadura sen o directo non se entende", asegura o músico

Durante esta viaxe de 25 anos, Treixadura seguiu sempre o mesmo rumbo: buscar as referencias musicais galegas nos cantos que aínda hoxe interpretan os vellos gaiteiros, os coros, as bandas musicais e tamén os veciños de parroquias e aldeas, e que chegou ata eles a través da tradición oral, coa dobre finalidade de preservalos e facer que o público goce con esta herdanza cultural.

Pero ao longo destes anos, o repertorio non foi o único que creceu. A propia formación, que comezou sendo un cuarteto, aínda que ao ano seguinte o seu sumou o quinto compoñente, ha ir sumando membros ata os quince que o forman hoxe. "En 2001, chamamos a un grupo de músicos para gravar o noso terceiro disco, e vimos que a fórmula funcionaba moi ben e que a aceptación do público era moi boa", explica Xesteira recordando o xerme do que sería pouco despois o orfeón Treixadura.

Un total de cinco discos, dos que se venderon preto de 30.000 copias, son a traxectoria dun grupo de música folk que, segundo o seu director, madurou sobre o escenario grazas á experiencia que outorgan horas e horas de concertos nos escenarios máis diversos, e ao propio amor polo oficio. "Para nós a música non é só un traballo, é unha paixón", asevera.

Treixadura quería compartir con todos os seus seguidores estes dous concertos de Vigo, polo que as entradas terán un custo simbólico de 1 euro e toda a recaudación estará destinada ao comedor social de Cangas da Asociación Santiago Apóstolo. "Non puidemos participar no acto que organizaron o pasado fin de semana, así que esta é a nosa forma de colaborar con eles", explica Xesteira. Serán, xa que logo, dous concertos conmemorativos e solidarios. O disco presentarase dous meses despois, en decembro, en senllas actuacións en Vigo e Santiago.

Comentarios (6) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:33
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño en Lalín
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
V Xuntanza de Gaiteiros da Bisbarra en Pontesampaio
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:23
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Constenla en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Seis por oito en Betanzos
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:17
# Ligazón permanente a este artigo
Zenzar en Culleredo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:15
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Xornadas de portas abertas do Fiadeiro (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-09-2014 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Foliagra no Orzán (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-09-2014 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival-Romería Catalmibre Tradicional (Culleredo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 15-09-2014 10:22
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2014 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Garitosis (Sarria)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-09-2014 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Xoán Corral (Bergondo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2014 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
XI Feirón Mariñeiro (Rianxo)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2014 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 15 (Luns)
? Najla Shami no Teatro Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras) ás 21:00

Terza feira 16 (Martes)

Corta feira 17 (Mércores)
? Germán Díaz no Teatro Principal de Compostela ás 21:00
? Narf Trio na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30

Quinta feira 18 (Xoves)
? XI Feirón Mariñeiro (Rianxo): Tanto Nos Ten, Melidaos, Birlibirloque
? Germán Díaz na Casa do Pobo de Cangas do Morrazo ás 21:00
? Caxade na Sala Capitol (Compostela) ás 21:30
? Som do Galpóm na Borriquita de Belém (Compostela) ás 22:00

Sexta feira 19(Venres)
? Festival-Romería Catalmibre Tradicional (Culleredo): Muxarega, Boj, Samarúas
? Xosé Constenla no local de Panxea en Compostela ás 20:30
? Zenzar no Forum Celticum (Culleredo)
? Sés no Náutico (O Grove)
? Serán no Centro socio cultural de Queimadelos (Mondariz) ás 23:00

Sábado 20
? Homenaxe a Xoán Corral na Área Recreativa do Río de Baamonde (Begonte): Mini e Mero, Sabela, Sons da aldea,...
? Festival-Romería Catalmibre Tradicional (Culleredo): Buxos Verdes, Catalmibre, B. Gaitas Mencía
? Festival Garitosis (Sarria): Recambios Tucho, Maskarpone, Ras,...
? Som do Galpóm no Zona Cero (Caldas de Reis)
? Caxade no Var con Uve(Moaña)
? Foliagra no Orzán (A Coruña) con Sés e Fracasados de Antemano

Domingo 21
? Pesdelán na Praza do Convento de Melide
? Pedraquetiña en Amieirolongo (Mos)
? Germán Díaz no auditoro de Vilalba ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2014 10:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0