Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
• Festas da rúa de baixo (Compostela): Os de abaixo, Carapaus,...
• Son d'Aldea 2012 (Albá-Palas de Rei): Buxaina
• Martelo no Pub Gatos (Melide)
• Rock in Rian (Rianxo): Medomedá, Fracasados de antemano e Entrelineas
• Festival Moura Folk (Chaín-Gondomar): Virandeira, Os Alegres do Val Miñor e Grupo de Gaitas de Herville
• Noite de Encantos na Furna do Osmo (Corme): Leo e Arremecaghona, Ce Orquestra Pantasma, Folkolikos,...
• Festa folk de Candeán (Vigo): Abóbriga, Quempallou e Chotokoeu!
• V Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada): Maravallada, Os Tabernícolas, Xuntanza dos Regatos, Pana Raiada e Retrouso

Sábado 8
• Danza de Darbo (Cangas do Morrazo) ás 14:00 e ás 17:00
• XXXII Xuntanza Mariñana (Oleiros)
• Son d'Aldea 2012 (Albá-Palas de Rei): Os Modernos e Buxaina
• Astarot en Lestedo (Boqueixón)
• Festival Moura Rock (Chaín-Gondomar): Rojo Dos, Ladrillo Tabikón, Blue Jeans,...
• Festival Noalla Viva (Sanxenxo): Zënzar, Liviao de Marrao, The Skarnivals, Familia Caamagno.
• Festival Folk Aturuxo (Ourol, Lugo): Os Tres Trebóns, Muxarega, Chiculate e Medio Quiñón
• VII Festa da Randulfa (Agolada)
• I Serán As Penizas Folk no C.C. Laxes (Paramos-Tui)
• Serán dos Callos na Alameda da seca (San Xoán de Poio)

Domingo 9
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2012 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festa da Randulfa (Agolada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2012 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Callos (San Xoán de Poio)
Comentarios (2) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-09-2012 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán As Penizas Folk (Paramos-Tui)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-09-2012 14:56
# Ligazón permanente a este artigo
V Foliada de música tradicional (Ouzande-A Estrada)
A AC A Fervenza de Ouzande presenta a quinta edición da FERVENZA DE MÚSICAS, dirixida especialmente á promoción e divulgación da nosa música, tal como ven facendo desde a súa fundación, a través do desaparecido festival Músicas da Terra, ata 2007, ou coas clases de música tradicional que se desenvolven no local social de Ouzande.


As actuacións dos grupos convidados serán todas elas “a pé de campo”, mesturándose entre o público , tratando así de recuperar o sabor e ambiente das foliadas tradicionais, e procurando a maior participación posible dos asistentes.

O programa desta V Foliada será o seguinte:
Día: Venres, 7 de setembro de 2012
Hora: 22:00 h.
Lugar: Campo da Festa de Ouzande.
O campo estará cuberto por unha carpa e haberá posto de polbo e churrasco, así como servizo de bar.


Actuacións Musicais:
Maravallada (Pontevedra)
Retrouso (Ouzande)
Pana Raiada (Santiago)
Os Tabernícolas (Santiago)
Xuntanza dos Regatos (Orazo)


Ademais, o grupo anfitrión, Retrouso, continúa coa xeira de actuacións de presentación do seu primeiro dísco, “OU”, de recente publicación, e que poderá ser adquirido no posto da asociación, no transcurso da festa.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-09-2012 14:55
# Ligazón permanente a este artigo
Noite de Encantos na Furna do Osmo (Corme)
Unha das citas máis especiais do verán costeiro é a Noite dos Encantos, que cada ano, ou depende, se celebra na mística Furna do Osmo, en Corme. Este ano hai sorte e xa podemos dicir que o venres 7 de setembro a furna convertirase nunha paraxe preciosa onde a música fará rexurdir aos encantos… E que non quede ningún cativo pola mañá…

Unha festa ademais que ten tintes solidarios. I é que a colonia cormelá sempre ten un recordo para as xentes máis necesitadas. Este ano o concerto faise en solidariedade coa Casa de acollida Rika Inche, situada en Puerto Montt, no Sur de Chile.

A festa comezará a partir das 19:00h no chiringuito “Lixeiros de roupa”, na mesma praia do Osmo. Alí poderase disfrutar dun espectáculo de monicreques e maxia a cargo da Compañía Trecola. Ademais teremos a posibilidade de ver unha exhibición de breakdance a cargo duns compis de Compostela.

A partir das 21:00h, e no mesmo chiringo, teremos os concertos do impresionante e impredecible Leo e Arremecaghona, e Ce Orquestra Pantasma. Estes 2 bravos da música galega de rúa tamén tocarán un temas na Furna, cando comece a máxica noite de concertos a partir 23:00h ma Furna do Osmo. As bandas escollidas son:
Folkolikos (speed folk dende A Coruña).
Debito (hard core melódico dende A Coruña).
Furnier&Noe (hip-hop compostelán).
La tercera vencida (clasicos do rock dos anos 70′s).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2012 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Festas da rúa de baixo (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2012 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
XXXII Xuntanza Mariñana (Oleiros)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Son d'Aldea 2012 (Albá-Palas de Rei)

A parroquia de Albá, no municipio de Palas de Rei, volverá ser o próximo 8 de setembro, sábado, o escenario no que se desenvolverá unha das xornadas etnográficas máis interesantes da provincia, Son d'Aldea.

Con esta segunda edición, os veciños de Albá, apoiados polos integrantes do grupo de teatro palense Metátase Teatro e o complexo agroturístico de Arqueixal, queren mostrar o seu interese por unha experiencia que o ano pasado atraeu a numerosas persoas a esta parroquia, interesadas en coñecer ou recordar os hábitos da xente que poboaba as aldeas hai décadas.

A segunda edición de Son d'Aldea terá, en esencia, unha organización semellante á do ano anterior. Representaranse varias escenas de traballos tradicionais do medio rural, desde as lavandeiras ás beiras do río ata as mulleres ordeñando vacas, pasando por queseras tradicionais ou un obrador de pan.

www.sondaldea.com

Son d'Aldea from sondaldea on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-09-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk festa dos pexegos (Candeán-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-09-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Aturuxo Folk 2012 (Bravos-Ourol)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-09-2012 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Rock in Rian (Rianxo)
O Sábado 8 de setembro, a partir de las 00.00h. no Parque de Galiza (Auditorio de Rianxo).

- MEDOMEDA
- FRACASADOS DE ANTEMANO
- ENTRELINEAS

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-09-2012 14:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Moura Folc e Rock (Chaín - Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-09-2012 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festival Noalla Viva (Sanxenxo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-09-2012 14:37
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe Proxecto Florencio en Lugo
ÚLTIMA ACTUACIÓN DA ORQUESTRA
O Proxecto Florencio en Lugo


...ou de cómo a figura e creación dun músico pode dar luz a unha aldea, un proxecto de desenvolvimento local através da música feita en Galicia! Excursións á Fonsagrada, conversas, encontros e reencontros, traballo pedagóxico con nenos, ecoloxía, poética...

aCentral Folque, co apoio da Deputación de Lugo e do Concello da Fonsagrada leva desenvolvendo desde novembro de 2011 PROXECTO FLORENCIO, unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. O espectáculo resultante foi estreado en A Fonsagrada no mes de xullo. Este xoves 6 de setembro ás 20:30 será presentado no Museo Provincial de Lugo, baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz e coa presentación de Celso Sanmartín.

O Museo Provincial de Lugo acolle a presentación Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes, unha proposta artística vangardista que homenaxea a unha figura patrimonial de grande importancia e nado na comarca da Fonsagrada. No espectáculo participan 14 músicos de toda Galiza que levan traballando meses en torno a Florencio, O Cego dos Vilares. Durante as sesións de traballo ao longo do curso tamén estiveron presentes profesionais de diferentes disciplinas que achegaron coñecementos teóricos sobre diferentes aspectos do repertorio de Florencio: Dorothe Schubarth (musicóloga e autora do Cancioneiro Popular Galego), Pancho Álvarez e Gutier Álvarez (violinistas), Ramom Pinheiro (historiador), Sergio de la Ossa (musicólogo especilista en análise musical).

A labor de arranxo e direción da orquestra creada para o proxecto foi levada a cabo por Germán Díaz, zanfonista de recoñecemento internacional. A súa particular visión outorga ao espectáculo unha estética diferente que enlaza a Florencio coas tendencias musicais mais actuais. O espectáculo tamén contará coa participación do narrador Celso Sanmartín, quen conducirá a velada a través de historias que trasladarán ao público á realidade de Florencio e poñerán a nota de humor.
Paralelamente ao proceso de traballo cara a elaboración do espectáculo, dentro Proxecto Florencio leváronse a cabo outras actividades como obradoiros divulgativos nos centros educativos da Fonsagrada sobre a figura do Cego dos Vilares ou ensaios abertos ao público no salón de actos municipal da mesma vila.

Florencio dos Vilares.
Florencio dos Vilares faleceu no ano 1986, mais na Fonsagrada é recordado por grande parte da poboación. Romances cantados por el coa axuda do seu violín, como A Filla de Bartolo ou O Testamento do Gato forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca. Florencio cantaba nas festas, feiras, onde houbera un grupo de xente a quen entreter coa súa música e os seus contos.

O Cego dos Vilares non é un caso illado. Ata mediados dos século XX era frecuente en toda Europa que as persoas invidentes se dedicasen a levar a súa música polas festas e mercados como medio de subsistencia. Os instrumentos cos adoitaban acompañar o canto máis frecuentemente eran zanfonas, violíns ou instrumentos de corda pulsada. Normalmente ían acompañados dunha persoa que os guiaba, en moitas ocasións un rapaz de curta idade, quen acompañaba con algún instrumento de percusión ou se dedicaba a vender os pregos de papel que gardaban escritas as letras dos chamados Romances de Cego.
Florencio está considerado o último cego músico ambulante que se dedicou á labor de transimisión da tradición oral. Foi gravado e estudado por persoas como Dorothe Schubarth, Antón Santamarina ou Mini e Mero. Sen dúbida Florencio é unha figura enormemente importante no patrimonio musical galego, desde o punto de vista histórico e musicolóxico.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2012 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o prazo para os cursos na E-trad (Vigo)

Segue aberto o prazo de preinscripción ata o 7 de setembro!

Entramos nos últimos días do prazo para poder preinscribirse para as aulas de instrumento da ETRAD. Podedes facela ata o día 7 de setembro ben na oficina da escola de 11 a 14 horas (Rúa García Barbón nº 1 de Vigo), ben en liña a traves deste enlace: Preinscripción en liña ETRAD.

Tedes toda a información sobre os cursos, e itinerarios aquí: ETRAD INFO CURSO 2012-13.

En calquera caso lembrade que a matrícula é gratuita e desde os oitos anos de edade.
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Escola de música BellónMaceiras (Fene)
Xa está aberto o prazo de matrícula para novos alumnos para o curso 2012/2013 que comeza a principios de setembro na Escola de Música BellónMaceiras.

Ademáis dos mestres habituais este ano comezará Ramón Dopico, músico de Os Cempés e de Berros do Castro, como mestre de percusión tradicional.
Facede pronto a vosa reserva para non quedar sen praza!!!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Cántigas da Terra (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:49
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola de Salitre (A Coruña e Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:47
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela (Madrid)

O días 3 de setembro comezan o curso na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela.

A Escola pioneira en Madrid continúa a espallar a cultura galega polo centro da península e abre a matrícula para as clases de gaita, percusión requinta e máis baile galego. As persoas interesadas teñen máis información en
www.apintegamarela.org e www.juanluna.es
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:27
# Ligazón permanente a este artigo
Curoso na A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
COMEZO DO CURSO 2012-2013
A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2012 – 2011: Baile Tradicional (nenos e adultos), Pandeireta (nenos e adultos), Gaita (nenos e adultos), Acordeón, Pilates, Curso de Bordado, Arte Floral, Bailes de Salón, Cociña, Kárate, Cestería, Debuxo e Pintura, Ximnasia de mantemento, Ioga, Tai Chi, etc.


A Escola de Baile e Música Tradicional (dirixida a nenos e nenas dende 3 anos ata os 18anos), comeza o novo curso o Sábado 8 de setembro, pero aínda quedan prazas, polo que dende esta asociación animámosvos a todos a que vos matriculedes.

Para inscribirse ou obter máis información, os interesados poden dirixirse ó local da Asociación Cultural Rosalía de Castro en Cacheiras (xunto ó campo de fútbol municipal da Cañoteira) no concello de Teo ou ben chamar ó seguinte teléfono 659 058 064 en horario de 20:30 a 22 h (de luns a venres).
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos da Escola Livre da MPG A Central Folque (Compostela)
A ESCOLA LIVRE DA MPG COMEZA UN ANO MÁIS

Desde o luns 3 de setembro podes reservar a túa praza na Escola Livre da MPG. As aulas comezan o día 15 de Outubro. Teñen lugar os luns durante todo o día (con posibilidade de escoller horario adaptado as necesidades de cada alumno) nos Centros Socioculturais de A Trisca e Castiñeiriño en Santiago de Compostela. Podes reservar a túa praza a través da nosa web ou do correo electrónico matricula@folque.com. Nos vindeiros días iremos achegando máis detalles sobre pagamento e prazos. Para ter unha orientación, podes ver a información do curso pasado aquí

As especialidades que impartimos son as mesmas que os anos anteriores:

- Zanfona. Profesor: Óscar Fernández
- Acordeón diatónico. Profesor: Pedro Pascual
- Violino. Profesor: Gutier Álvarez
- Percusión. Profesor: Francisco Estévez “Chuco”
- Requinta. Profesor: Roberto Sala
- Canto. Profesorado: Paulina Ceremuzinska, Davide Salvado e Ugia Pedreira
- Gaita. Profesor: Edelmiro Fernández

Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos Fogo Fatuo (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Airiños da Lagoa (Baiña-Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de Retrouso (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos en Lembranzas da ría (Cangas do Morrazo)
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-09-2012 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
Os homes e a pandeireta

O grupo exclusivo de cantareiros Maghúa sacará o seu primeiro disco en outono

Os catro homes levan de ganchete as súas pandereitas como para sacalas a bailar. Se arremolinan xunto aos micrófonos, se hai, até formar un coro e entre copla e copla soltan un aturuxo. Un berro que aprenderon a liberar desde o estómago nalgunha aldea á que só se vai á mantenta. Igual que nos tempos de antes, a música foise desentendiendo da estampa que asociaba a hendidura da pandereita ás mans de muller. Aínda que, despois das faenas, tan grosa era a pel delas para enfrontarse ao coiro como a deles. Historicamente houbo bos cantareiros, opina Davide Leira, do grupo Maghúa. As tabernas foron outrora o palco máis prezado dos homes. O machismo convertíaas en chan vedado ás raparigas, no que as voces dos pandereteiros volvíanse máis graves e constantes, e as letras das pezas facíanos fillos únicos.

Xuntáronse en 2006 porque había grupos de mulleres que tocaban a pandereita, quizais grupos mixtos, pero os cantareiros non se escoitaban desde había xa anos. Entón eran 12 e, dunha forma ou outra, estaban ligados á música tradicional, na que son os homes os que se disputan dar leccións nas asociacións máis afamadas: Xacarandaina, Cantigas e Agarimos, A Ponte Vella... Ademais, coñecíanse de vello. Aqueles temas que temperaban ante os seus alumnos acabaron embelesando os escenarios e a iso puxéronlle nome animal. Maghúa significa banco de peixe azul. No Morrazo aínda utilizan a expresión e así foi que acabaron escurriéndose como unha sardiña por entre as táboas de Portugal a Suíza, no centro da Irmandade Galega, en 2010. Alí onde quedaba o espellismo do retorno estaba Maghúa que, co rouco masculino das súas voces e a virulencia das súas pandereitas, lograban facer de agora cancións que non son deste tempo. Rafa Méndez, que tamén domina a artesanía sonora das ferreñas (pero coa man esquerda) relata a súa sorpresa ante a ambición dos nenos, netos e fillos de emigrados, por coñecer a correcta posición do puño, o toque para tal música ou como botar unha parrafada.

As gravacións que atesouran nas súas casas non son dos seus discos. Corricán, o seu primeiro álbum, autoeditado e con música de media década, non verá a luz até o outono. Por iso, o que etiquetan nos seus cassettes e vai roldando dun proscenio a outro son os abundantes recordos caseiros que un día converteron en protagonistas a Eugenio de Freaza, Ou Bailarín, ou a Angelito de Lordelo. Os dous maiores de Mondariz collían o seu instrumento e facíano voar nas súas mans, coma se nada. E aínda que non había romaría que os botase en falta, o seu verdadeiro escenario era Gargamala. Os de Maghúa calcaron os seus xestos e refráns a base de recollidas, esas excursións á Galicia profunda en busca dos consellos que se ofrecen sen abrir a boca.

Cada vez é máis complicado recoller, explica Davide Leira. O repertorio vai minguando porque desaparecen os seus sentinelas, tamén porque a recua de cazadores de memoria tivo o seu apoxeo no oitenta e lugares como Moscoso e Sabaxáns, na provincia de Pontevedra, acabaron en versións con ritmos exóticos e amplificadores. No entanto, aínda quedan zonas virxes igual que Os Ancares e O Courel. Entre fallas a especialidade é o pandeiro, cuxo diámetro supera ao tambor da pandereita. Así, en Candín (nos Ancares leoneses) os vellos secretos entumecidos, case intactos, se desperezaban ante as preguntas dos músicos de Maghúa. Querían saber desde a cor dos seus vestidos ás súas melodías máis indómitas.

Outros cantareiros como Pandeiromus, Quique Peón e Xurxo Fernándes en Radio Cos, ou Xabier Díaz acabaron coa austeridade de voz e pandereita para intimar con outros xéneros. Maghúa, con todo, se obstinó en consagrar o folclore. Nelson Quinteiro e Eduardo Rial alistáronse os últimos. Mentres que outros dous veteranos, Perico Igrexas e Martiño Ansede, xunto a Méndez e Leira decidiron reinventarse en gravacións co cantor Sapoconcho ou no disco República Billarda. Tamén nas foliadas, onde a xente bótase ao baile sen miramientos.

Para desfacerse do rigor feminino consuetudinario bastoulles formarse en asociacións ou mesmo ser autodidactas. O resto o aprehendieron tras horas de asfalto. De rebobinar vídeos, primeiro, para sucumbir ás novas tecnoloxías, máis tarde. Todo foi ir contracorriente. Cando quixen aprender a tocar a pandereita, conta Davide Leira, dixéronme que era cousa de mulleres. Por iso aguzou o oído, refugando as advertencias do seu grupo de baile, e apareceu Maghúa. Unha sorte de discriminación positiva que tivo a súa orixe na Coruña e atopou o seu hábitat nos locais pequenos.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2012 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas co son do mar de Cangas

Todos sabemos o que é unha gaita. Todos temos coñecemento de que as hai de diferentes orixes. E, probablemente, todos as asociaremos á cultura galega. Sen dúbida é un instrumento tradicional que precisamente na comarca do Morrazo sobrevive ao paso dos anos. Algunhas son de alto nivel artístico; outras, simples, e ata as hai modernas. Pero, para moitos dos veciños, unha gaita é un instrumento cun saco e unha frauta. O artesán Cristóbal Prieto, con todo, sabe perfectamente que ferramenta crean as súas novas mans no Hío.

A maioría das festas tradicionais da comarca énchense dun son agre e chillón. Todos sabemos, ao ouvilo, de onde provén: dunha gaita. Pero non todos poden presumir de coñecer a orixe do instrumento máis representativo da comunidade autónoma.
No Hío, un mozo artesán chamado Cristóbal Prieto, sabe perfectamente do que se fala cando se menciona unha gaita. Coas súas propias mans, no seu taller Obradoiro de Instrumentos de vento, Gaitas e Frautas, constrúe este folclórico instrumento de vento á perfección. Este cangués comezou no mundo do música folclore aos 13 anos por unha inquietante incerteza sobre tan peculiar instrumento, da man de Xulio Rodríguez "O Merlo", quen o introduciu na Banda de Gaitas do Colexio Público do Hío. Xa desde entón mostrou un alto predominio da gaita. Paralelamente iniciou os seus estudos musicais no conservatorio de Cangas con profesores como Antonio Budiño, Alberto Avilés e Susana Moreira. Desde entón "a gaita é o meu mundo", confesa alegremente Cristóbal, "só quedábame aprender a construíla".

Pero, crear unha gaita non é tan fácil como pode parecer. Como mostra no seu taller, é un labor que require moito tacto, moito tempo e sobre todo, ganas. "Pásome no obradoiro moitas horas ao día", declara o mozo. O seu día comeza xa no taller redondeando a madeira que será a futura gaita. Parte dun buxo, que debe estar seco e cortado na época que lle corresponde. De aí, o mozo Prieto comeza a sacar uns tacos, que, a continuación, se cilindran no torno. As coitelas son as responsables de ir formando as cuñas. O seguinte paso trata de, noutro torno aínda máis grande, furar a madeira cos diferentes diámetros que se vaian a necesitar. "Unha das partes máis importantes dun instrumento de vento é o interior, por onde vai correr o aire. Segundo o diámetro sexa máis pequeno ou máis grave, cambia o timbre e a afinación", explica o artesán. Así nace "unha frauta ou un punteiro, unha boquilla ou un soplete".

Unha vez furado, o seguinte paso sería anillar as pezas. Isto non só as refueza, senón que tamén evita que se greten. Anteriormente, estas anillas eran de ósos e cornos de vacas. Actualmente son sintéticas "e tamén ata máis estéticas." Despois, outro dos tacos preparados, pasará a ser un punteiro. Para iso, é necesario tornearlo cunhas medidas. Todo un labor artesanalo de tacto. "Ainda que a verdadeira arte está dende logo no retoque", chancea Cristóbal. É nestes últimos pasos onde o instrumento recibe o toque máis personalizado. Sen dúbida, é máis que necesario coñecer o instrumento. "Hai que saber o que pide a xente. Hai que saber de música."

Unha vez que a peza pasou por todo o anterior, e que foi ligada e puída, toca retamatala. O seu acabado tamén se realiza no torno. O natural, que non levaría nada, o encerado e o vernizado son os diferentes toques finais que pode levar esta gaita. E así nacen as boquillas, as copas "do ronco" e calquera peza que forme este instrumento tan folclórcio. O paso final é a unión de todas elas con "fol". Toca asinar e vender, tamén a nivel internacional.
Cristóbal ten confeccionado gaitas aragonesas, catalás, escocesas e investiga sobre a gaita irlandesa, pero a galega é sen dúbida a que leva no corazón. "É a miña pequena achega ao folclore galego". Non cabe dúbida de que Prieto é un instrumento de vento en grao sumo tradicional.

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2012 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 3 (Luns)

Terza feira 4 (Martes)

Corta feira 5 (Mércores)

Quinta feira 6 (Xoves)
• Balakandra no San Pipote de Bardaos (San Sadurniño)
• Proxecto Florencio ás 20:30 no Museo Provincial de Lugo

Sexta feira 7 (Venres)
• Martelo no Pub Gatos (Melide)
• Rock in Rian (Rianxo): Medomedá, Fracasados de antemano e Entrelineas
• Festival Moura Folk (Chaín-Gondomar): Virandeira, Os Alegres do Val Miñor e Grupo de Gaitas de Herville
• Festa folk de Candeán (Vigo): Abóbriga, Quempallou e Chotokoeu!
• V Foliada de Música Tradicional en Ouzande (A Estrada): Maravallada, Os Tabernícolas, Xuntanza dos Regatos, Pana Raiada e Retrouso

Sábado 8
• Danza de Darbo (Cangas do Morrazo) ás 14:00 e ás 17:00
• Astarot en Lestedo (Boqueixón)
• Festival Moura Rock (Chaín-Gondomar): Rojo Dos, Ladrillo Tabikón, Blue Jeans,...
• Festival Noalla Viva (Sanxenxo): Zënzar, Liviao de Marrao, The Skarnivals, Familia Caamagno.
• Festival Folk Aturuxo (Ourol, Lugo): Os Tres Trebóns, Muxarega, Chiculate e Medio Quiñón
• I Serán As Penizas Folk no C.C. Laxes (Paramos-Tui)
• Serán dos Callos na Alameda da seca (San Xoán de Poio)

Domingo 9
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2012 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Aparece morto no seu domicilio de Vigo Fito Domínguez, fundador da Roda
Adolfo Domínguez Otero, popularmente coñecido como Fito, foi achado onte morto no seu domicilio de Vigo. O cantante das barbas longas fundou o grupo folclórico A Roda a mediados dos anos setenta no barrio vigués de Teis. Dáse a tráxica circunstancia de que fai tan só unha semana falecía a muller deste popular cantante.

Fito era un máis dos soldadores que traballaban nos estaleiros deste barrio vigués, onde se conservaba o costume de cantar nos bares, especialmente os domingos pola mañá. Aí foi onde naceu A Roda, con esa vocación de formación inclinada cara á vertente vocal do folclore galego. Pousa, pousa, Ou andar miudiño e Ou gato foron extraídas pola Roda dos ambientes tabernarios para acceder a todos os públicos a través das súas primeiras gravacións.

Voz varonil
Aquel primeiro disco, o máis vendido da discografía da Roda, era toda unha declaración de carpe diem. Naquela primeira formación, na que estaba Luis Vaamonde, irmán de Suso Vaamonde, sobresaía a voz varonil de Fito Domínguez. Un ano despois, o grupo era distinguido co Premio dá Crítica de Galicia polo seu labor a favor da normalización lingüística na área musical.

Co paso do tempo, Fito Domínguez foise facendo coas rendas do grupo, polo que pasou incluso un dos seus fillos. Tamén foi debido a Fito e á súa muller Fío o camiño que emprendeu o grupo cara á profesionalización, feito que provocou a renovación dos seus membros e que se introducisen máis instrumentos tocados por músicos profesionais. Todos os fins de semana deste pasado mes de agosto, A Roda estivo presente nalgunha das numerosas festas que se suceden en Galicia.

La Voz de Galicia

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer