Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Media ducia e Fol de Veneno en Ponteceso
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Xose Manuel Budiño en Negreira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Circio en Cangas do Morrazo
Estimado compañeiros:

O venres, día 2 de setembro, ás 22:30, a Compañía de Música e Danza Circio actuará en Cangas do Morrazo dentro da programación das festas. O escenario estará situado na explanda do Concello (detrás do Concello). Alí estará á venda o novo CD da música do espectáculo.


CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.

CIRCIO é unha compañía de música e danza aberta a novas formas de expresión que fusiona a danza e a música tradicional con outros estilos.
A súa primeira produción, ¨Baile de Soños¨, é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.
Quen non soñou con bailar…?
Ás veces os soños só se cumpren nos propios soños... non deixes que isto suceda: fai realidade o teu…


Dirección: MANUEL COBAS
Dirección musical: SERXIO COBOS
Bailaríns: Tania Ameneiro, Beatriz Díaz, Romina Bastón, Miguel Sotelo, Manuel Cobas e Serxio Cobos.
Músicos: Laura Puga, Marcos Saburido, Alba Malvido, Patricia López, Serxio Cobos, Cristina Sánchez.


Moitas gracias pola difusión. Unha aperta!

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
VII Encontro Folclórico de Poulo (Ordes)

www.ghastaspista.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
XV Festival Folclórico Baiña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
XXI Encontro Follcórico de Uxes (Arteixo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festas da rúa de baixo (Compostela)

http://agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Son d´aldea (Santiago de Alba-Palas de Rei)
Son d’Aldea é unha actividade dinamizadora da cultura rural que procura amosala, proxectala e dignificala a través dunha xornada de participación activa da cidadanía que se achegue a Albá (Palas de Rei) nesa xornada festiva.

Trátase dunha aproximación ás coordenadas sociais e culturais do rural no pasado, e dunha reflexión sobre novas vías de ruralidade no presente. Un recoñecemento á súa riqueza e á súa heteroxeneidade a través dun espectáculo teatral que transita por diferentes escenarios (O monte, o lavadoiro, o forno, a lareira, a escola e o tundal) e que ofrece unha visión de diversos oficios; dun Xantar con produtos elaborados por xente que traballa no rural na actualidade e dunha Romaría Tradicional que pechará este evento.

Haberá tamén unha Mostra de Artesanía Alimentária e outra de Oficios Artesáns, que pretenden amosar as novas formas da economía na aldea.

Unha radiografía subxectiva da situación do rural cargada de emoción e sensibilidade e con vontade de reflectir a filosofía vital do ser humano que habita esa contorna.

Sábado 3 de setembro

PROGRAMA

10:00 Recepción
10:30 Roteiro Teatral: O monte, o lavadoiro,
o forno, a lareira, a escola e o tundal.
14:30 Xantar na aldea con Maria Castaña
16:30 Sega/Malla
19:00 Romaría
Agrupación Musical Buxaina
Concerto de Música Folk: A QUENLLA


www.sondaldea.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
O Son das mamoas (Candeán-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-09-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño)
PROGRAMA DO XXV FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

2 e 3 de setembro 2011. salvaterra de minho.


Sexta-feira 2 de Setembro

19.30
Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE

20.15
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Umha pola Outra

22.30
Noite nas minas*
Covas de Dona Urraca
Recital de MARIA DO CEBREIRO
Concerto de DE OUTRA MARGEM
O Remate: Comida, Repichoca e Festa

*Aforo limitado
- Entrada 10 €
- Reservas: info@scdcondado.org ou 667 336 730 | 986 658 036

Sábado 3 de Setembro

11,30
Passa-ruas
Viagens no Comboio de baixa velocidade

12.30
Campionato de bilharda
Feira popular: colectivos e artesanato
ZONA DAS MURALHAS

- Reserva de postos: info@scdcondado.org ou 986 658 036

13.00
Mesa redonda com COLECTIVOS FEMINISTAS
casa do conde

17.00
Festa Infantil
- Paula Carballeira
- Obradoiros
ZONA DAS MURALHAS

AO LONGO DO DIA
Projecçom de vídeo-poemas
COVAS DE DONA URRACA
- María Lado
- Lucía Aldao
- Ledicia Costas
- Colectivo Rec-deiras

19.30
Projecçom de Audiovisuais
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
Gato Encerrado (Peque Varela)

21.00
FESTIVAL POÉTICO-MUSICAL
ZONA DAS MURALHAS

- Apresentam: Os da Ría

POETAS
- Andrea Nunes Brións
- Catarina Nunes
- Claudio Pato
- Iolanda Aldrei
- Lorena Souto
- Manuel Darriba
- Maria Rosendo
- Paula San Vicente
- Sechu Sende
- X. M. Álvarez Cáccamo

GRUPOS
- Habelas Hainas
- Marful
- Ulträqäns
- Cuchufellos
- Maria Alice (Cabo Verde)

www.scdcondado.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-09-2011 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Devigo gañador do Constantino Bellón 2011
A vixésima edición do concurso de gaita solista Constantino Bellón proclamou gañador por terceira vez ao ourensán Pablo Devigo.

O mozo músico de Castro Caldelas fíxose acredor do triunfo nunha velada celebrada onte no teatro Jofre na que interpretou os temas "Preludio nº2, canto de afiador" e "Chacona en Dom". Con esta actuación gañouse o favor do xurado, que tamén subliñou o papel doutros dous mozos, Pedro Álvarez, de Nigrán, e o donostiarra Daniel Lumbreras.

O regreso do Constantino Bellón ao 31 de agosto á súa data tradicional, á que faltaba desde facía dous anos, foi lixeiro, máis breve que en anteriores ocasións, principalmente pola redución no número de músicos finalistas, oito en total, aínda que poden ser até catorce. A gala, conducida polo xornalista Isidoro Valerio, celebrouse no teatro Jofre e comezou ás 20.30 horas.

Tras as actuacións de seis minutos de máximo dos finalistas, algúns vellos coñecidos do certame, comezou a entrega de premios e mencións de honra. Unha das máis emocionantes, a que se entregou a Xosé Manuel Seivane Magide, do afamado obradoiro de gaitas. A Gaita de Ouro do Ateneo tíñana xa o seu pai e o seu irmán, e así se completou a homenaxe a unha familia que modernizou e mellorou o son deste instrumento. De feito, a marca Seivane entrega unha gaita ao intérprete da emigración que mellor represente a imaxe tradicional do gaiteiro, que onte recaeu no suízo Xosé Antonio Constenla Martínez. Este ano, ademais, regalaron a todos o participantes un dos seus avances técnicos, o pallón Seipal sintético, que evita as oscilacións no son producidas polos cambios de temperatura e humidade.

Durante a noite entregáronse os premios do concurso de composición. O gañador foi Javier María López Rodríguez, coa súa suite para gaita e orquestra "As cousas de Sabela". Jesús Rodil e Pablo Devigo foron accésits.

A actuación conxunta de todos os finalistas e a entrega dun diploma e dunha figura de Sargadelos exclusiva para o certame precedeu á lectura do fallo do xurado e á entrega de premios aos gañadores da final.

O xurado desta edición estivo presidido por Víctor Fernández Gabeiras, acompañado por Xavier Rodríguez Fariñas, Pablo López Torneiro, Xoán Rodríguez Silvar e Xesús Vaamonde Manteiga. Cristina Meizoso actuou como secretaria, sen voto.

www.diariodeferrol.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 01-09-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Volve Folk in Trío!


Este venres día 2 de Setembro a partir das 16 horas, as ondas de Cuac FM acollerán o comezo da nova tempada de Folk in Trío, programa de música folk e tradicional que leva nas ondas dende o pasado 2010.

Os encargados de levalo a cabo serán Antonio Prado, Bea Mariño e Roberto Aller, e con Manu Castro na técnica. Presentarán a nova tempada, co mesmo formato dunha hora semanal pero con novidades como a sección "Arruando", que se presentará neste programa pero que dará comezo a seguinte semana.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2011 09:32
# Ligazón permanente a este artigo
presentación do CD `A Escote´ dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia
Este venres na Taberna A Eira, e dentro das actividades culturáis desta semana en Ponteceso do XXX Aniversario do Monolito Pondaliano, terá lugar a presentación do CD "A Escote", dos grupos Fol de Veneno e Media Ducia.

O acto empezará ás 22:30, e contará con algúns convidados, ata agora están confirmados Pedro Lamas co seu saxo, Fransy Gómez (Xiradela), Sonia Reborido, Ito de Arzúa coa súa tuba, as bailadoras de Raigañas....

Está todo o mundo convidado á festa, que será intensa e looonga!

Os grupos folk Fol de Veneno e Media Ducia comparten local de ensaio e mesmo a algúns dos seus membros. E dende hai uns días tamén comparten A escote, un disco de produción propia co que pretenden darse a coñecer un pouco máis. O nome do cedé xa o di todo sobre a súa xestación, pero no interior agocha sete temas propios moi frescos. Josecho Pallas Varela (Buño, 1964) tanto toca o seu bombo en Fol de Veneno como en Media Ducia, e nos dous, asegura, pásao realmente ben.

-¿Como se fixo o disco e por que se fixo así?
-Sobre todo pretendemos darnos a coñecer. É un disco promocional e, ademais, made in feito na casa. A gravación fíxose en Carballo, o son fómolo sacando entre os membros do grupo e Manolo da Escola da Rúa, as fotografías foron sacadas en Buño, o fotógrafo é meu irmán... E así todo. Todo moi artesanal.

-¿E como se lles dou por aí?
-Tanto Víctor coma min estamos nos dous grupos, ensaiamos no mesmo local e xuntámonos moitas veces uns cos outros, e dixemos: ¿Por que non facemos un disco a escote? E así foi. Fol de Veneno xa tiña gravados catro temas de antes e Media Ducia tamén gravara tres, e pensamos en utilizalos como base para facer un traballo que se poida escoitar nas radios, que se poida enviar á xente que organiza festivais... E entre os dous grupos sae máis barato. E levándose ben, ¿por que non?

-¿Que acollida está tendo?
-O bo que ten o disco é que é moi fresco. Practicamente todas as cancións son nosas ou collemos cancións tradicionais que despois de pasalas polo laboratorio cambian totalmente. Innovar hoxe en día no folk é imposible, pero agradécese cando hai cousas así, alegres, frescas. A min gústame como soa.

-¿Teñen moitas actuacións para este verán?
-Media Ducia leva só uns tres anos rodando e cústalle máis ter actuacións. Este ano levamos dúas, imos ter outra en Bandeira e igual acabamos con catro ou cinco actuacións. Fol de Veneno un pouco máis, sobre dez ou doce. Home, para un grupo como son os nosos, de non profesionais e de prezo normal, está ben. Sobre todo tendo en conta que hai moita xente que non está tocando nada, non hai un euro. Nós imos safando. En agosto, por exemplo, entre un grupo e máis outro estamos case todas as fines de semana tocando.

-Iso ten a súa parte boa e a súa parte mala, porque deixa pouco tempo libre.
-Estas cousas normalmente empézalas porque o pasas ben, e acabas tocando en escenarios grandes, pero sen moitas pretensións. Porque como vai ser toda a vida unha afección, porque é moi difícil vivir disto, o que pretendemos sempre é pasalo ben. E se hai actuacións de máis para o ano que vén collemos menos. O que non pode ser é deixar a túa vida privada.

-Igual calquera día vémolos na Carballeira.
-Fol de Veneno tocou non hai moito na carballeira, pero na de Baio (ri).

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2011 09:30
# Ligazón permanente a este artigo
Anxo Lorenzo e Quempallou actuarán na Festa do Avante en Portugal

As actuacións terán lugar este venres dentro da programación do festival do Partido Comunista Portugués que este ano chega ao seu 35 aniversario.

Dúas son as propostas artísticas que cheguan dende Galiza á 35ª edición da Festa do Avante, que cada ano se leva a cabo en Seixal, moi preto da capital de Portugal. Anxo Lorenzo e Quempallou ofrecerán a súa música en directo o vindeiro 3 de Setembro, dentro dunha vasta e variada programación que cada ano congrega a milleiros de visitantes no que xa é un festival de referencia no país luso.

Quempallou atópase nestes intres preparando o gravación dun novo traballo discográfico, que sairá á venda na primavera de 2012, e do que xa nos ofrece un adianto con novos temas xa incorporados ao seu directo. Pola súa banda, Anxo Lorenzo continúa ccoa súa intensa axenda de concertos por toda Europa, trala cal se tomará un respiro para centrarse nun novo proxecto discográfico.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2011 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer