Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Serán e A Roda en Cabral (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-09-2011 12:06
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Queimada en Carnota
Venres 16 de setembro
17:30 a 19:30 Xogos e actividades para nenos e nenas
22:30 III Festa da Queimada
- Escola de Baile de Carnota
- Cantigas e Agarimos
- Tanto nos Ten
- Filloas on the Stone
- Fisterra´s Mafia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xosé Manuel Budiño e amigos en Ferrol
BUDIÑO + convidados de ODAIKO e O FIADEIRO
TEATRO JOFRE
Ferrol
Sábado 17 Setembro (20:30 h)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2011 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina sae á rúa (A Coruña)
O 17 de setembro dende as 18:30 até as 21:30 h na zona Obelisco do Cantón Grande da Coruña a A.C. Xacarandaina organiza Xacarandaina na Rúa onde estarán botando unhas bailas. Podedes vir todos, xa queda pouco para comezalo curso e haino que festexar.

Quedades todos convidados.

www.frouma.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2011 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novo programa de Folc in Trio
Presentaremos o disco de Berros do Castro no terceiro programa
"Eirexado s/n" é o nome do primeiro disco que saca a agrupación Berros do Castro e que nos presentarán no terceiro programa desta segunda tempada. A Cuac FM chegarán dende Narahío, no Concello de San Sadurniño a traernos os aires da tradición máis viva.

Tamén falaremos cos organizadores dunha romería con moi boa pinta que se celebrará o sábado día 17 nas inmediacións do Paseo de O Burgo, xente de CaTaLmiBre tradicionaL que vos convida a pasarvos por alí.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2011 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folclórico Romaría (O Burgo-Culleredo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2011 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos e Exposición etnográfica e musical en Cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-09-2011 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
II Andaina pola protección do Galiñeiro
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 16-09-2011 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Meigas Fora (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-09-2011 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Asaghieiras (Carnota)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-09-2011 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Reperkusión (Allariz)
Xa está aquí unha nova edición do Reperkusión de Allariz, e coma todos os anos cheo de sorpresas e moita festa. “3 dias e 3 noites de festicultura” con concertos, dj´s, circo, espectáculos de rúa, mercadiños, pasarrúas, olimpiadas, volei-mazas, etc...

A 9ª Edición:

venres 16
- Telephunken, Mamba Beat, Circo Abusivo, La Acustikasesina

Sabado 17
- La Fanfare en Petard, Os Festicultores Troupe, Russkaja, Dios ke te crew + Machina, Rumbeats, Hadri Slkta, Modulok Trio, Walkman & Twikiman, Los Guacamola

Domingo 18
- Skarallaos, Chotokoeu, Duplo Son

Non só música.
Pero Reperkusión non é só música, os mellores artistas de circo do país tamén se dan cita nos distintos escenarios do festival: Nono, Manicus, As Sircópatas, Guillermo Solo, Circanelo, Circo Escarranchado, Dj Capuzzi&SeñoritaX ou AsacoCirco farán as delicias de todos os públicos.

Exhibicións de danza ca compañía Meigas Tribal de Ourense, obradoirs de circo e danza, Campionatos de Volei-Mazas, a 9ª edición das Olimpiadas de Malabares, diferentes actividades para nenos, gastronomía e mercadiños engadense o cartaz dunha edición que promete ser unha das grandes datas do ano en Galicia.

O Reperkusión colabora, nesta edición, co Instituto Jane Goodall España,que baixo o lema África chama, Galicia Responde estenden a súa campaña en prol da reciclaxe de móbiles a Galicia. Os asistentes poden traer os seus móbiles en desuso e deposita-los no stand do Instituto no Mercadiño do casco Vello, ou nas furnas instaladas nos distintos recintos, para axudar a salvar a selva reciclando o coltán, cuxo negocio está causar tantos estragos no continente africano.

www.reperkusion.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-09-2011 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festa presentación do novo disco de Terbutalina
Hoxe xoves 15 de setembro en Compostela Terbutalina, a esperanza negra da música muradá, presenta o seu novo traballo Broncodilatador.

Os 15 temas do Broncodilatador son unha mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formación nos concertos que teñen ofrecido o longo da xeografía galega, nos que mesturan velocidade, diversión e empanada.

Bailen, hostia! Bailen!










































Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Seminarios de Formación Permanente - Pedagoxía e Gaita Galega
Dende a AGG queremos informarche da próxima celebración dos SEMINARIOS DE FORMACIÓN PERMANENTE - PEDAGOXÍA E GAITA GALEGA: A INICIACIÓN Á GAITA GALEGA ENTRE SEIS E ONCE ANOS

A Asociación de Gaiteiros Galegos porá en marcha a partir do vindeiro curso un “Seminario de formación permanente” ó redor do ensino da música tradicional, en particular do ensino da gaita galega. Neste primeiro curso encetaremos con sesións destinadas a preparar monitores - profesores para o inicio da gaita galega en idades de primaria.

A primeira sesión estará impartida polo profesor de gaita e Doutor en Ciencias da Educación Xaime Estévez Vila e terá lugar no mes de Setembro. Os asistentes a este seminario de formación terán prioridade na participación activa do proxecto Gaita na Escola. As prazas son limitadas* (os socios da AGG terán prioridade na asistencia) e terase en conta a orde de inscrición que se poderá facer ata tres días antes do comezo.

1ª Sesión:

• Sábado 17 Setembro na casa da gaita en Cotobade( Pontevedra) de 10 a 14 H.* (20 prazas)

• Sábado 24 Setembro na Tradescola de Lugo de 10 a 14 H.* (20 prazas)


Para inscribirte tes que enviar un E Mail á AGG secretaria@gaiteirosgalegos.com cos datos persoais e profesionais máis relevantes e o motivo polo que te queres matricular (máximo 300 palabras), indicando se asistirías en Lugo ou Pontevedra.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-09-2011 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
A Asociación Cultural Folclórica Tarambaina comeza un novo curso (Vigo)

A Asociación Cultural Folclórica Tarambaina comeza un novo curso nas instalacións do colexio Fonteoscura de Candeán.

Ás xa tradicionais clases de pandeireta para diversas idades, engádenselle esta tempada os cursos de baile e gaita. As clases da escola de pandereita impártense ao longo da tarde dos mércores. Os alumnos asisten a cursos divididos por idades;
os nenos de catro a dez anos, de 18.30 a 19.30 horas, os adolescentes, de 11 a 17 anos, de 17.30 a 18.30 horas, e os adultos, de 19.30 a 20.30 horas.
Para pór en marcha as escolas de baile tradicional e gaita, dirixidas tamén a alumnos de diferentes idades, a entidade mantén aberta a inscrición.
As clases de baile impártense os mércores: de 17:30 a 18:30 para nenos de 4 a 10 anos; de 16:30 a 17:30 para alumnos de 11 a 17 anos, e de 18:30 a 19:30 para maiores de idade.

Os horarios da escola de gaitas determinaranse en función do alumnado e a dispoñibilidade de instalacións. Os interesados en asistir a algún destes cursos poden contactar coa asociación que preside Tamara Costas a través do correo electrónico tarambainaspandereteiras@
hotmail.com ou chamando ao número de teléfono
639 524 613.

A asociación Tarambaina,cuxo obxectivo é recoller e difundir a música tradicional entre nenos e adultos, conta con tres grupos de pandereteiras: Tarambaina, composto por mozos de 14 a 18 anos, Meniñas, de 10 a 14 anos, e Laretas, de 4 a 9 anos.
Estes grupos teñen ensaios semanais a horas diferentes aos da escola. Entre os conxuntos e os cursos, Tarambaina conta con medio centenar de compoñentes.
A participación en concursos que se celebran en Arteixo, Santiago ou A Coruña, entre outras poboacións, deu como froito numerosos premios para o tres grupos de Tarambaina nos últimos anos. Os alumnos da escola tamén teñen a oportunidade de actuar en actuacións voluntarias, unha ou dous anuais.

Un pouco de historia
A Asociación Tarambainas, fundada como tal en decembro de 2010, ten a súa orixe nun grupo de pandereiteiras do mesmo nome que comeza a funcionar na Asociación de Veciños de Lavadores en 2005.
As nenas, que cando comezan a actividade tebían entre 4 e 13 anos, van crecendo e a diferenza de idade faise notar, polo que se crea As Meniñas de Tarambainas en 2007 (integrado por nenas de 6 a 9 anos) e, máis tarde, Laretas.
Desde un principio, as mozas pandereteiras fanse notar e percorren pobos da comarca participando primeiro en festas populares e máis tarde en festivais e festas ás que se fan asiduas.
En ocasións, as propias nenas participan no traballo de campo coa súa profesora, Tamara Costas, buscando xente de idade avanzada que lles ensinen cantigas do lugar, golpes diferentes de panadereta e mesmo tradicións na vestimenta e a forma en que se divertían na súa mocidade.

Un serán moi participativo
O pasado sábado a asociación celebrou a sétima edición da súa serán popular, esta vez na Asociación veciñal de Cabral-Feira. Participaron trinta grupos de toda Galicia. A festa prolongouse até ben entrada a madrugada

www.farodevigo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ulträqäns e María Xosé Silvar
Esta sección será o lugar para que músicos de diferentes estilos compartan experiencias e reflexionen sobre diversos aspectos do eido musical. Nunha conversa afable e amable tamén pode haber un lugar para matizar e criticar cuestións que atinxen a un mundo musical que, formando parte da cultura dun país, adoita ser nalgúns momentos, e por algúns sectores, minusvalorado en comparanza con outras artes, sen ter en consideración que a música foi unha parte importante nos movementos sociais producidos no século XX. O grupo Ulträqäns estivo respresentado nesta conversa con María Xosé Silvar polo gaiteiro e frautista Aarón Bouzón e o baterista Fran Amil. O trío non perdeu nunca o sentido de humor durante a entrevista.

–Teñens os seus álbumes unha cousa en común: un eclecticismo musical moi desenvolvido.
-Ulträqäns: Sen dúbida que o noso disco resulta moi ecléctico. É unha conxunción de influencias dos membros da banda debidamente mesturadas. Bebemos de moitas fontes e as interpretamos ao noso xeito, á marxe da música estandarizada e fuxindo dos academicismos. Algúns tentan que haxa un pensamento único tamén no musical, mais afortunadamente iso é imposible. Cando investigas noutras culturas podes atopar outros xeitos de ver a realidade. Cremos que no futuro xurdirán novas xeracións que descubrirán novas vías e xeitos de comunicar.
-María Xose Silvar: A música é o resultado das experiencias e vivencias musicais que foi tendo o creador do tema.Hai xente que recurre aos artistas clásicos de xeito ortodoxo e quen o fai para deconstruílos, e cadaquén debe aportar o seu discurso musical e perspectiva propia ao que fai.

–Que escollería para Sés de Ulträqäns e viceversa?
-M.X: Collería esa mestura que fan entre tolemia e frikismo marabilloso no que lle atopan a volta a todo e desertan da ortodoxia.
-U: De entrada resulta evidente, elixiríamos a voz de María Xosé porque non temos algo así no conxunto. Logo salientamos a súa lucidez e coherencia.

–Supoño que a súa gran ilusión, case imposible de acadar, sería poder vivir da música.
-U: Algúns levamos vinte anos tentando vivir da música e non puidemos conseguilo e a iso, sen dúbida, axuda non ser politicamente correctos e non transixir cos tubaróns que manexan o tema cultural. A música preséntasenos como un analséxico para certas cousas e sabemos que hai algunha xente que empatiza con nós e identíficase coas nosas palabras e iso é importante. En resume, a música non dá para vivir, pero si para beber.
-MX: Algún músico vive dando clase, pero para min iso é vivir da docencia e non estritamente da música. A música non dá para vivir e si para sentir, pensando que estamos nun mundo totalmente materialista no que semella que as emocións veñen en cifras. A música é o que eu máis disfruto.

–Que me contan do panorama musical coruñés?
U: Temos un fervedoiro de músicos, con propostas diferentes e moi interesantes, pero esa escena musical está afogada pola falta de apoios. Dende hai tempo o que nos repartimos son as migallas. Temos moitos futuro, xa que das escolas e academias os rapaces saen agora moi preparados e teñen acceso a cousas das que nós non dispúñamos. Na nosa cidade existen grupos que cantan en galego, inglés e castelán, existe variedade estilística e sería comenente poder darlles algunha visibilidade.
MX: O problema dos músicos é o mesmo que teñen outros artistas que traballan na cultura, xa que como esta non dá diñeiro os apoios resultan case inexistentes porque a idea imperante semella ser a de non investir no que non aporta beneficio económico. Logo tamén atopamos a xente que pretende anular todo ese mundo creativo cultural galego ou quere deixalo esmorecer. Estamos atravesando un momento de devaluación da cultura a nivel mundial e o sistema político fai que se agudice esta situación.

–A quen admiran? Poden citar a persoas alleas á música.
-MX: A moita xente. Por resumir un chisco admiro a todo aquel que amose lucidez, coherencia e talento. Tamén a esas mulleres que tiveron a valentía de se posicionar no feminismo, sei que poden existir prexuízos sobre ese termo, e facer militancia e non falo da estritamente política. Por poñer dous exemplos, encántame Simone de Beauvoir e Odetta, unha gran cantante de blues activista dos dereitos civís que estivo apoiando a Martin Luther King e que practicamente ninguén coñece.
U: Non somos un grupo que sexa especialmente fanático de ninguén en especial. Valoramos moito a todo aquel artista que vexa as cousas dende unha perspectiva contracultural e faga sentir esperanzas de que algo vai mudar. Eu persoalmente, como Fran Amil, quero citar a John Lennon como unha figura importante.

–Inventen un lema como aquel tan famoso nos anos 70 de Sexo drogas e rock and roll.
-U: Aí vai o noso: Bravú, chanchismo e deconstrución
-MX: Resistencia, 1906 e Rock and roll

–Véndanlle aos programadores un programa dobre coas súas bandas.
-MX: Eu tocaría primeiro, cando a xente aínda non anda moi borracha e logo cando xa estiveran preparados para bailar entraría Ulträqäns coa súa capacidade de facer danzar á xente. Sería un festival redondo.
U: Cremos que suporía unha interesante combinación e unha mostra do que se está a facer agora musicalmente, cos diferentes camiños que se poden percorrer. Ademais podemos compartir algo do backline e o concerto sairía máis barato.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Vigo acollerá un encontro internacional de orquestras folk
"Quedou demostrado que Vigo lidera a música orquestral folk non só en Galicia e en España, senón agora tamén en Europa", apuntou Rodrigo Romaní, director da E-Trad, quen resaltou desta convivencia "a oportunidade única para os músicos de compartir experiencias a nivel grupal".

O obxectivo último destas xornadas foi a preparación da seguinte cita. Será en marzo do ano que vén, coa cidade como anfitrioa e suporá a clausura do programa ENFO.

Xunto á orquestra viguesa tamén participaron no encontro, que tivo lugar do 5 ao 9 de setembro, Sibelius Academy, Royal Conservatoire of Scotland,e Tradalp Orchestra. En total, máis de cen implicados entre mestres, músicos e alumnos. Foron cinco días de sesións de traballo, clases mestras, obradoiros de aprendizaxe e intercambio e reunións con responsables de centros de formación musical. O momento cume chegou na última xornada coa interpretación dunha suite, composta pola fusión de temas de Italia, de Finlandia e de Galicia e con cen músicos tocando ao mesmo tempo. "O máis importante para os participantes foi interpretar xuntos, xa que a música é o idioma universal", apuntou Romaní.

O obxectivo final foi a consolidación do proxecto: favorecer a creación de novas orquestras desde os organismos educativos e á vez, potenciar novos centros formativos. Por outra banda, os grupos traballaron na elaboración dunha guía de orquestras folk en Europa, unha guía pedagóxica, un Plan de Negocios para o proxecto ENFO e un catálogo das institucións educativas de música folk en Europa. Todos estes puntos están destinados á difusión dun ámbito musical, as orquestras folclóricas, pouco coñecido. Os principais promotores do proxecto son o Concello e a Axencia Europea.

"En Helsinqui exercemos o papel de embaixadores vigueses en Europa", considera o director da Escola Municipal de Música Tradicional para quen considerou este tipo de actividades como os primeiros pasos para a consolidación das orquestras folk e que "é moi probable que teña continuidade nun futuro".


www.atlantico.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:25
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Oscar Fernández (Cempés)
Os Cempés volven con nova formación e proxecto despois de catro anos nos que os seus compoñentes probaron experiencias, algunhas tan distintas coma Bonovo, na que Óscar Fernández levou levoa a sanfona a territorios sen explorar en Galicia. Coas incorporacións de Pablo Dalama, Ramón Dopico e Fernando Barroso, apostan por unha nova cuberta instrumental, máis acústica, mantendo con Serxio Ces e Antón Varela e o propio Óscar as claves na composición, a voz e o liderado.

PREGUNTA: Nunha entrevista, a principios de 2007, deixaron a porta aberta a volver: "Ao mellor dentro de cinco anos damos unha sorpresa". Xa tiñan pensado este prazo?
RESPOSTA: Non recordo de decir cifras, pero en calquera caso non estaba planeado. Non sabíamos se íamos volver ou non, nin cando.

P: Que foi o que precipitou o retorno?
R: Non foi pensado. Foi como somos nós, bastante impetuosos. Pero temos que agradecerlle as forzas para volver á Asociación Cultural e Xuvenil Anchoa, que organiza o Festival Fin do Camiño, que insistiron de tal xeito en que sería grandioso que fosemos...

P: Xa houbera un amago de volver en 2010...
R: Si, fixeramos dúas actuacións improvisadas. Foi cousa de Ugia Pedreira, directora de aCentral Folque, a ver se algún grupo se animaba, a facer un concerto nun cargueiro de hai 200 anos que está preparado para facer festas ou excursións. O casco é un lugar idóneo para a música ao vivo. Eu respondín á petición e dixen "Chamo aí aos Cempés, que sempre nos fixo graza tocar nos barcos". Un terceiro concerto foi consecuencia dese, no Lugnasad de Bretoña, coa mesma formación, tocando simplemente versións das cancións de sempre. O cambio é que este ano a formación é estable e reducida, e ensaiamos bastantes máis días que para aquilo.

P: Que lles deu a xente de Fisterra para botar todo a andar de novo?
R: Foi unha cousa tan sincera! Eu non recordo coñecer persoalmente a ninguén da asociación, por iso nos chamou tanto. Ademais, coincidiu que non estábamos tan atarefados. Está a ser un ano malo de concertos para case todo o mundo. Por iso xuntamos a xente para tocar e dixémonos: de facelo, facémolo para seguir... e en que lío nos metemos outra vez.

P: Fíxolles ben esa parada?
R: Si. Tíñamos que reconducir o proxecto dalgún xeito, e a formación que tíñamos non estaba sendo prolífica, non estaba avanzando. Se a maneira de refundar o grupo foi paralo, foi correcto creo.

UN PANORAMA DISTINTO
P: Volven grazas ou por culpa da crise?

E: En parte grazas a ela. A crise afecta a todo absolutamente. Non sei que datas se lle pon a estas crises, pero non é deste ano só. Desde o 95... En principio parecía que a cousa cambiaba para ben. Houbo unha renovación nos grupos e trocaron algunhas esixencias loxísticas. Pero agora hai dificultades por falta de financiamento para todo... Se faltan os cartos, da música é para o primeiro que recortan. O ocio e a cultura son sempre os primeiros. Está a chegar ata ao ensino!

P: A metade do grupo é novo, xa que só quedan vostede, Serxio Ces e Antón Varela. Notaremos un cambio sonoro?
R: Quixemos romper coa liña anterior. É complicado, porque dos Cempés anteriores, 3 deles era un trío de rock, con guitarra, baixo e batería. Agora vai ser unha formación moito máis acústica. Ao haber un instrumento máis harmónico, como é o bouzouki, tocarei eu menos o acordeón e tocarei máis a sanfona, que é ao que me dediquei máis estes anos. Xa non teño nin acordeón, que o teño que andar pedindo prestado.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-09-2011 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos en Brincadeira (Santiago de Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-09-2011 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos de música e baile tradicional en Ouzande, A Estrada.

Este ano NOVIDADE: Clases de ACORDEÓN.

Terán lugar os sábados nos seguintes horarios:


Pola mañá:
11:00 ACORDEÓN
12:00 GAITA E PERCUSIÓN (TAMBORIL)

Pola tarde:
PANDEIRETA (dous niveis)
BAILE TRADICIÓNAL

REUNIÓN DE PRESENTACIÓN:
Sábado 1 de outubro ás 16:30 no Local Social de Ouzande.


Nesta reunión fixaránse os horarios da tarde e darase información de todos os cursos.

Inscrición: Na Taberna de Ouzande 986573618 e enviando un correo a carreirosouzande@gmail.com
Tamén na reunión de presentación.

PRAZAS LIMITADAS

http://carreiros.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 15-09-2011 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Programas de Planeta Furancho na arañeira
Planeta Furancho é un altofalante para a música galega contemporánea; un faro, unha axenda e un latexo diario e actual de todo canto acontece na nosa fascinante realidade musical.

Conducido por Vituco Neira, Planeta Furancho é a fiestra á que tod@s @s galeg@s poderán achegarse para coñecer e gozar da música que se fai nesta parte do mundo.

Neste blog podes escoitar todos os novos programas da nova tempada:

www.crtvg.es/rg/programas/planeta-furancho
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2011 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
O estado da escena musical galega
NOVAS DA GALIZA e Komunicando.net reunirom a Miguel Mosqueira (Ataque Escampe), Martiño Suárez (The Homens) e Davide Seném (dos míticos Xenreira) para analisar o estado da cena musical galega.




www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2011 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Programas de Fok in Trio na arañeira

Podedes escoitar os programas emitidos na nova xeira de Folk in Trio a través das gravacións podcast colgadas na arañeira.

Folk in Trío - Programa 1.2 - Presentación Arruando e Os Cempés!

Folk in Trío - Programa 2.2 - Talabarte e Arruando con Cástor Castro


www.folkintrio.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2011 09:51
# Ligazón permanente a este artigo
Podcast `A taberna da Galiana´
CUNQUEIRO: ESTACIÓN MONDOÑEDO RADIO

Xa podes desfrutar o podcast de "A taberna da Galiana", programa especial de radio feito dentro das actividades do ciclo Cunqueiro: Estación Mondoñedo.

O programa foi feito Radio Foz e conducido por Xurxo Souto e Ugia Pedreira con convidados coma Moncho García, César Morán ou Manuel Lourenzo orixinais desas terras mariñás.

Podes escoitalo en calquera momento aquí

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-09-2011 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Clases na A.C. Trepia (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-09-2011 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Clases na Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo), ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2011 – 2012:

 Escola de Baile e Música Tradicional (nenos e nenas de 3 a 18 anos):
 Baile Tradicional.
 Gaita.
 Pandeireta.
 Percusión: tambor e bombo.

 Escola de Adultos (maiores de 18 anos):
 Baile Tradicional.
 Pandeireta.
 Gaita.
 Acordeón.

 Outras:

 Manualidades.
 Bordado.
 Coral.
 Ioga.
 Pilates
 Bailes de salón.
 Encaixe de bolillos.
 Corte e Confección.
 Arte Floral.
 Ximnasia de mantenemento.
 Kárate.
 Cociña
 Debuxo e pintura.
 Cestería.


A escola de Baile Música Tradicional comeza o curso o sábado 10 de setembro, mentras que as restantes actividades comezarán a impartirse a partir do luns 12 de setembro. Aínda quedan prazas, polo que dende esta asociación animámosvos a todos a que vos matriculedes.

Para matricularse ou obter máis información (horarios e prezos), os interesados poden dirixirse ó local da Asociación Cultural Rosalía de Castro en Cacheiras - Teo (xunto ó campo de futbol municipal da Cañoteira) en horario de 20:30 a 22 h (de luns a venres), a través do teléfono 981 806 091 ou do correo electrónico asociación@rosaliacacheiras.org.

http://rosaliacacheiras.org/
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 14-09-2011 09:35
# Ligazón permanente a este artigo
Cristina Pato: Dez anos do 11-S
Cristina Pato, a nosa pianista e gaiteira máis internacional, atopou en Nova York o seu motor vital e profesional. Alí tense reinventado, grazas ao contacto con grandes da música, e alí imparte clases na universidade. Ela, coa súa sensibilidade natural, achéganos a súa experiencia neoiorquina neste aniversario.

É a nosa gaiteira máis internacional e ten entre a súa haber vital o mérito de ser a primeira gaiteira que como solista sacou un disco ao mercado, Tolemia, fai xa 13 anos. Con todo, Cristina Pato (Ourense, 17 de agosto de 1980) destaca pola súa dualidade, esa que lle permite tocar o piano e a gaita coa mesma paixón, e que a levou a fusionar a música folk e a clásica ata facer soar a gaita como un instrumento máis da orquestra. Pero esa dualidade é para ela sobre todo unha forma de ser, esa mesma que a converte en días emocionais, como o da entrevista, nunha muller de voz fráxil que responde inmensamente sobrecogida ante a que considera a mellor etapa da súa vida, tanto profesional como persoal, desde que se fincou co seu marido en Nova York, onde chegou por primeira vez no 2003, dous anos despois do tráxico 11 de setembro.
Manhattan abriulle as portas de cumprir o seu soño e de reinventarse: «Iso é o que me fascina desta cidade, esa capacidade que ten de estar en continuo movemento». No relato do seu día a día, Pato insiste por encima de todo nesa tendencia natural de Nova York ao cambio, á renovación, ata logo da masacre.

Hiperactividade
Esa hiperactividade contaxiosa da cidade veulle como anel ao dedo a quen ten unha parte de doutor Jekyll, que intenta frear constantemente. «É certo que non paro, porque teño un lado vago e dáme sempre a sensación de que se me paro fareino en seco, por iso intento evitalo». Como tantos outros músicos, Cristina Pato decidiu marcharse a Nova York para avanzar nos seus estudos: «Estou continuamente póndome metas -explícase- e facer o doutoramento en Piano era unha de elas». Pero no seu camiño cruzouse de novo a gaita e, aínda que acabou o seu doutoramento en Piano, o seu encontro con Osvaldo Golijov cambioulle o seu destino. «El foi o primeiro que escribiu esa peza para a gaita como solista e foi quen me presentou a Yo-Yo Ma e, mira, agora precisamente vou impartir clases con el na Universidade de Harvard, un proxecto moi interesante para os próximos catro anos».

E é que, a día de hoxe, Cristina Pato está totalmente integrada en Manhattan. Ademais do proxecto en Harvard, é profesora adxunta de interpretación operística na New Yersei City University, e a vía de contacto con outras culturas musicais fíxoa crecer tamén como artista. «Agora mesmo, Nova York é onde profesionalmente atopei o meu sitio, por onde ademais todos os grandes dalgún xeito acaban pasando. E aínda que non paro en Manhattan tantísimo tempo como quixese, porque estou de xira continuamente, é unha cidade fascinante á hora de poder descubrir novas conexións, novas culturas», resume Pato, quen se marchou o pasado xoves a Angola, coa Axencia Española de Cooperación Internacional para ensinar a nenos de colexios públicos, e volverá a Galicia a próxima semana.

En toda esta etapa de renovación e de reinvención, ata estética, Pato insiste en que Nova York foi definitiva: «Sigo co pelo algo verde, pero só pola parte de abaixo, así que como o teño tan longo, se teño un día malo, recóllomo e só vexo o castiñeiro». Esa tinguidura de pelo gañoullo nunha aposta coa súa nai -«Ela insistiu en que se acababa a miña carreira de piano, deixaríame tinguirmo desa cor», aclara con añoranza-, a pesar de estar en permanente contacto coa súa familia e a súa terra: «Creo que podo vivir Nova York como a vivo porque case paso catro meses en Galicia. Víngome a finais de maio e xiro desde Galicia todo o verán». Pero Nova York deulle o recoñecemento internacional e alí vive feliz no Greenwich Village, rodeada «de xente que sempre está de paso».

A tensa calma do metro
Nova York tena reinventado a ela da mesma forma que a cidade se reinventa a diario, ata logo da ferida do terrorismo. «Viña falando precisamente do 11-S cun colega e, desde o meu punto de vista, o medo está constantemente aí. Ás veces vas en metro e párase entre dúas estacións por calquera motivo e chéiralo. O medo chéirase desde entón. Todos quedamos calados, non levantamos a cabeza, co noso iPhone, ou iPad, ou o que sexa. E é verdade. Hai unha expresión en Estados Unidos que é facerse o new yorker, facer precisamente como que non pasa nada, e iso é o que facemos todos neses casos. Pode ser un falliño eléctrico ou un ataque terrorista, con todo, aparentemente non pasa nada. Pero esa sensación de tensa calma si se respira. E iso foi a partir do 11-S, claro». Por iso a morte de Bin Laden non se vive igual na distancia. «Eses días aquí foron un verdadeiro bombardeo de televisións e periódicos, pero, se che digo a verdade, eu no meu barrio non vin ningún tipo de celebración. Quizais é que a xente da que me rodeo é doutra pasta», subliña.
Con motivo do décimo aniversario do 11-S, a cidade planeou tamén algunha celebración musical. «Este ano -indica Pato- invitáronme para un memorial no Lincoln Center, no que había unha mestura de música clásica e músicas do mundo, aínda que non poderei ir. Pero o meu marido [tamén é músico], que está alí, comentoume que durante estes días si se nota unha maior sensibilidade en forma de misas e concertos. Pero eu o que noto na xente é respecto, por todos aqueles que perderon aos seus seres queridos e non tiñan ningún tipo de relación co terrorismo». «Ao longo destes anos en Nova York -sentencia- é o sentimento que máis percibín, un profundo respecto por toda a xente que faleceu ese día. Iso foi unha constante en persoas de distintas culturas». Un respecto que a artista galega conclúe coa música do silencio.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
De Pazos á televisión alemana
O músico Xocas sairá nunha serie documental internacional

Galicia coñéceo xa polas súas participacións en programas de música folclórica. Durante a emigración en Brasil, deixou patente a súa mestría á gaita alén do Atlántico. Agora, chega a quenda de Alemaña. A fama de Xaquín Míguez, coñecido como Xocas, esténdese como a pólvora e o próximo ano chegará ás pantallas de todo o mundo da man dunha produción francoalemana, que preprara unha serie documental na que o popular artesán e músico de Pazos de Borbén terá o seu pedazo de protagonismo.

«Chegaron para preguntar e facer contactos. Ao cabo duns días chamaron para confirmar que escolleran o meu traballo para sacar», recorda este gaiteiro, que actualmente participa no grupo Os Quintelas, de Redondela.
Aínda que en realidade o traballo audiovisual versaba sobre natureza e artesanía en pedra, a idea gustou en Alemaña e hai uns meses decidiron incluílo nos traballos. A proxección será a nivel internacional e segundo contáronlle, chegará a España o próximo ano a través da televisión pública.

Ocupacións
«Viñeron cunha intérprete para poder entendernos e cun equipo que era última tecnoloxía. Quedaron en avisarme da emisión en Europa. Segundo explicáronme, tamén sairá unha señora do Grove», relata este incombustible artista, nacido en Pazos de Borbén e cuxa familia sempre estivo vinculada ao folclore.

O seu día a día é un non parar. Entre gravacións e encargos é raro que atope un oco para relaxarse. Ata a súa pequena escapada de vacacións a comezos de ano acabou aderezada con actuacións musicais nalgúns dos hoteis que visitou nas illas.
«Teño que dosificar algo máis, que xa teño 70 anos», asegura este avó, cuxas paixóns lle impediron volver collerse días libres durante o verán. E é que a combinación de tantas facetas é complicada de cadrar no calendario. Membro dun grupo musical, partícipe nunha coral, compositor a intres e ata inventor, déixanlle pouco tempo. ¿A próxima cita? O XLIV Concurso de Gaitas de Ponteareas, o máis antigo de Galicia, no que formará parte do xurado.

Con tanta traxectoria, non é estraño que haxa quen lle queira facer unha homenaxe. Proba diso é a escultura que loce desde hai pouco no seu xardín, na que aparece reflectido nunha peza de granito ataviado co traxe tradicional galego. Ademais, o escritor e amigo Xosé Neira Vilas confirmoulle que volverá aparecer nunha das súas publicacións.

Desde os dez anos
Durante a infancia xa vivía a música grazas á súa familia, así que aos 10 anos formou o seu primeiro grupo Os infantís das muras. Estaba formado por el e outros dous músicos e realizaron varias actuacións.

Primeiro foi o músico e despois o artesán. Ou talvez ao revés. Pero o caso é que agora conviven en Xaquín Míguez ambas as facetas. Aínda que intenta tomalas coa tranquilidade que corresponde aos seus setenta anos, non para nin un minuto. O último, o seu invento para modificar os punteiros de gaitas, unha das pezas fundamentais do instrumento musical.
Esta innovación consiste en facer duas partes desta peza que ensamblen de forma perfecta. Ambas dispoñen de tres buracos que se superponen, de modo que segundo vírase a parte inferior modifícase o aire que entra na peza. A medida serve, entre outras cuestións, para liquidar os problemas de afinación que se producen cos cambios de temperatura do verán ao inverno.

Funcionamento
«Se estes buratos se situan coa súa apertura máxima o punteiro terá unha afinación máis aguda, situar coa súa apertura mínima terá unha afinación máis grave», relata Xocas, que creou gaitas para músicos de todos os recunchos de Galicia.

Para deixar constancia do invento, presentou a solicitude de patente a Madrid, que foi aprobada recientemente. O pago das taxas garántelle que terá a exclusiva para incorporar a súa invención aos instrumentos, que levan sempre a súa firma para diferencialos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2011 09:31
# Ligazón permanente a este artigo
A danza emociona a Darbo

O día grande da romaría reuniu por centos de persoas no recinto da festa

O día grande da Romaría de Darbo clausurouse cun éxito indiscutible de público, como cada ano. Centos de persoas acudiron ao recinto da feira atraídos pola oferta culinaria e o bo viño que se dispensa nas casetas, ademais do espectáculo da tradicional Danza e Contradanza no atrio da igrexa. Os 15 danzantes, o guía, o gaiteiro e o tamborilero acometeron co atrio cheo de xente o baile dedicado á Virxe María.

Os problemas entre a comisión e a Asociación Danza de Darbo sobre a eliminación do baile na romaría resolvéronse, pero "aínda que non se solucionasen, iamos bailar igual. Haia ou non romaría, nós viremos para bailar en honra á Virxe", afirma o guía da danza, Anxo Soliño. Para el, é o primeiro ano no que desempeña este papel: "Levo anos bailando e quería ser guía para poder vivir a danza desde outra perspectiva", sinala Soliño. A súa vestimenta difire da dos demais -traxe negro, camisa branca e rechamantes pendentes dourados- no pano de cachemir cruzado sobre o peito. Este ano, o colectivo conta con novas incorporacións: Jesús Sotelo, de 22 anos, e Brais Camaño, de 13. O primeiro faio por devoción, porque "son de Darbo e sempre quixen participar nesta tradición". Para Brais é un modo de perfeccionar unha das súas afeccións, xa que forma parte dun grupo de baile. O pequeno afirma que a danza "non é difícil pero cánsanseme os brazos e fai moita calor".

As damas acudiron cos seus espectaculares chapeus de flores, que elaboran elas mesmas con anterioridade. Iria Paredes leva 6 anos formando parte das damas. Para ela, Darbo é "un sentimento, algo cultural que leva dentro e faime sentir orgullosa achegar algo á miña terra". O cansazo é evidente, pero o orgullo e a alegría coa que afrontan esta antiga danza é aínda maior. Unha veciña que acode cada ano á romaría comentaba "da gusto miralos, sorrín e bailan con ganas. Vese que o gozan, que non o fan por obrigación porque o levan no corazón".
Son poucos os que se resisten a esta tradicional celebración. Durante o día, as rúas de Cangas permaneceron baleiras e moitos establecementos pechan "porque nos imos de romaría", rezaba nos carteis que se colgaron nos enreixados. Incluso o concello é un deserto porque os representantes dos partidos políticos non se resisten a achegarse a Darbo para gozar da romaría. O alcalde, José Enrique Sotelo, asistiu en primeira fila á misa solemne que se celebrou ao mediodía coa participación do grupo Mornura.
Tras a procesión, ocupou un posto preferente acompañado polo presidente da comisión de festas, José Fernández Rial, para gozar do a Danza e Contradanza. Ao seu termo, afirmaba que "a pervivencia desta ancestral tradición está garantida tanto por parte do Concello de Cangas como por parte da comisión de festas" e, ante a polémica suscitada estas semanas pola inclusión ou non da danza na romaría, sinalaba que "todo quedou como un malentendido que, afortunadamente, solucionouse sen contratempos".

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2011 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
A nova conquista da gaita galega
O triunfo dos intérpretes galaicos nos premios McCrimmon do Intercéltico de Lorient ou no Constantino Bellón sitúa a este instrumento nunha nova idade de ouro

O nigranense Pedro Álvarez Fariñas (1989) leva tocando a gaita desde o sete anos de idade. Con só 12, viaxou ao Intercéltico de Lorient, Bretaña francesa, para medir a súa destreza xunto a gaiteiros da Europa Atlántica. Tivo que agardar até 2011 para lograr o seu soño, o trofeo McCrimmon. Outros dous galegos coparon o podio. En Galicia, o Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón recaeu este fin de semana en Pablo Devigo, un gaiteiro compositor que tamén arrasa alá onde puntea. Son a nova xeración do roncón.

"En xeral, todo o mundo ten unha historia bastante épica para explicar porqué empezou a tocar a gaita. Ou ben seguiron os pasos do seu avó, ou ben viron a un gaiteiro famoso na televisión. O meu "explica o Pablo Devigo Vázquez (1989)" foi máis sinxelo. No meu pobo, Castro Caldelas (Ourense) era a única actividade cultural que había e, por iso, chegou a min. Así, empezou o camiño".

A senda "iniciada do mesmo xeito que Pedro Álvarez ao sete anos" levouno a conquistar tamén o McCrimmon, o primeiro premio do Concurso de Gaiteiros Avelino Cachafeiro, o Manuel Villanueva ou o Constantino Bellón, este último en tres edicións consecutivas, a última, a deste fin de semana. En total, máis de corenta galardons para este mozo que tamén cursa estudos superiores de Composición e Dirección, e que logrou o premio extraordinario do Conservatorio Profesional de Oviedo na especialidade de piano.

Devigo defende un modo diferente e persoal de tocar a gaita. "Busquei ter unha posición estética propia sobre o instrumento. Seguindo unha serie de técnicas pódese tentar enganar ao oído humano evocando varias liñas simultáneas. Iso é o que fixen no Constantino Bellón, "cuxo primeiro premio lle reportou 3.000 euros en metálico" tentar levar ao límite as posibilidades organológicas do instrumento".
Como engadido, o tamén membro do cuarteto tradicional Rédea Solta confesa que "non fago música popular nin convencional. Son instrumentista pero cando toco non sinto que estea a representar a Galicia co son". Ao contrario do que poida ocorrer a moitos músicos, non chega sempre a gozar o subirse a un escenario debido á "concentración" e "adrenalina". Dous elementos que só se traducen en "satisfacción" cando baixa e atópase cun público que o adula con frases como: "Nunca pensei que se puidese facer ese son coa gaita".
As súas composicións forman parte xa do rexistro do Ateneo Ferrolán, a entidade que cada ano organiza o Constantino Bellón e que alberga miles de gravacións nunha iniciativa pioneira que soubo adaptarse ás necesidades de expresión dos gaiteiros do século XXI.

No devandito rexistro, atópanse tamén as de Xosé Antonio Constenla Martínez, fincado en Xenebra pero con raíces galegas, que logrou este ano no Constantino Bellón o premio Seivane "consistente nunha gaita personalizada"; así como as do vasco Daniel Lumbreras ou Pedro Álvarez, ambos cun accésit nesta edición.

Apego aos concursos

Precisamente, Álvarez está de parabén por triunfar tamén no McCrimmon de Lorient despois de iniciarse na gaita na Asociación Cultural de Priegue en Nigrán, o Conservatorio de Vigo, a banda Xarabal ou o grupo Anacos de Buxo. O seu apego aos concursos tivo desde sempre unha razón de ser: "Darche a coñecer e atopar xente nova. Foi tamén unha forma de superarse".
Finalmente, os froitos comezaron a madurar."Era a quinta vez que ía a Lorient e cando gañei non mo cría. Foi bastante satisfactorio e un recoñecemento a todo un traballo, polo que sinto moi motivado", explica este mozo que está a piques de iniciar o cuarto curso do Conservatorio Superior de Vigo na especialidade de Instrumentos de Música Tradicional e Popular de Galicia así como de formar unha banda internacional con músicos de Irlanda, Pontevedra e Galicia que coñeceu en Lorient e que se estreará en directo no Festival Intercéltico de Gales no mes de marzo.

No caso de Álvarez (que liderou o podio en Lorient este 2011 seguido doutros dous galegos: Jesús Sánchez e Raúl Lacilla), a súa aposta reside en composicións propias ou temas da música tradicional de Manuel Villanueva "autor galego de finais do século XIX" do que realizou diferentes arranxos e que lle axudaron a levantarse na Bretaña francesa ou no Constantino Bellón.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-09-2011 08:55
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 12 (Luns)
• Rockmería dos Liñares (Vigo)
• Luar na Lubre en Riveira

Terza feira 13 (Martes)

Corta feira 14 (Mércores)

Quinta feira 15 (Xoves)

Sexta feira 16 (Venres)
• Festival Asaghieiras (Carnota)
• A Roda en Cabral (Vigo)
• Serán no adro da igrexa de Cabral (Vigo)

Sábado 17
• Kastomá no Badulake (Ordes)
• Pablo Carpintero en Arzúa
• Cristina Pato en Vilaba
• Xosé Manuel Budiño no teatro Jofre (Ferrol)
• Serán na alameda de Beade (Vigo)

Domingo 18
• A Roda na Pobra do Caramiñal
• Noitarega e Banda da Balbina en Pedrafita do Cebreiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2011 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Luar na Lubre en Riveira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2011 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
Rockmería dos Liñares (Canido - Vigo)
A Rockmería de Canido xurde dentro das Festas dos Liñares como unha nova iniciativa da Comisión por ofrecer a noite do luns como unha noite adicada á xuventude.

Así, en lugar de orquestas teremos actuacións de grupos de rock galegos de moi boa calidade, que farán unha boa truola. Desta forma non só apoiamos a nosa riqueza musical e cultural senon que tamén modernizamos as festas populares pero mantendo as tradición de sempre.

Os concertos son gratuitos e de libre acceso, pero agradecemos a tódolos asistentes a súa colaboración nos bares da comisión para facer posible outro ano máis a Rockmería e a música gratuita.

Esperámos-vos!!
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2011 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 9 (Venres)
• Pesdelan en Rois
• Pepe Vaamonde Grupo na Fonsagrada
• Foliada en Elviña (A Coruña)
• IV Foliada de música tradicional (Ouzande-A Estrada)

Sábado 10
• Xornada de Campás e Campaneiros en Brión
• Gala Asubío (Vigo) no C.C. de Teis (Vigo) ás 19:30
• Guadi Galego, Xabier Díaz e Guillerme Fernández no Roi Xordo (Allariz)
• Linho do Cuco e Tiruleque en San Ramiro (Lalín)
• Leña Verde en Forcarei
• Som do Galpóm na sala Labranza (Bueu)
• Festival Rock In Rian (Rianxo): Pito de Pikasso, Medomedá, Deseqilibrio Mental,...
• Festival Arrechégate ao fento (Bembrive-Vigo): A Compañía do ruido, The Turre´s Band, Trahtucada, Muyayo Rif,...
• Foliada Cántigas na rúa ás 19:00 no campo da Leña da Coruña
• Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)

Domingo 11
• Moxenas Musical Galego no Auditorio do Centro Cívico de Teis (Vigo)
• Foliada da Pastora (Castrofeito)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2011 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os Seráns
10 de setembro
- Serán das Tarambainas (Cabral - Vigo)

17 de setembro
- Serán no adro da igrexa de Beade (Vigo)

24 de setembro
- Serán Furancheiro de Picoña (Salceda de Caselas)

1 outubro
- I Serán da Festa da Mazá de San Esteban de Negros (Redondela)

15 outubro
- II Serán de Randufe (Achas-A Cañiza)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-09-2011 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
VI Serán das Tarambainas (Cabral-Vigo)
O vindeiro sábado 10 de setembro a ACF Tarambainas celebrará, como xa é tradición, o seu Serán.

Celebraremolo na AAVV A Feira de Cabral (Vigo) (na estrada coñecida como "a vía" que vai dende o mercado de cabral ata o aeroporto).

Sobre ás 19h organizaremos xogos populares para nen@s e a partir das 21.30h comezará o Serán...haberá moita música, e de seguro que algo de picar para os asistentes... esperamosvos a tod@s con moitas gañas de festa!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-09-2011 15:29
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3] [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer