Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manifesto: Os medios en galego importan

Un país é o que fala. Galicia é o Galego.

Ninguén pode matar unha lingua. Pero é moi fácil deixala morrer de inanición e abandono. Todos somos responsables de que a nosa lingua reciba a xustiza que merece e as oportunidades que se lle negaron na historia. Que haxa medios en galego importa. Resulta imprescindible para que a nosa lingua viva e medre con futuro. Apoiar ós medios en galego é axudarnos a nós mesmos e o que somos. Resulta cínico e irreal esperar que anos de intervención do mercado a favor do castelán vaian corrixirse sos. Alguén ten que facelo e ten que facelo agora.

Ningunha administración pública deste país pode declararse allea ou ausente cando pechan un trás doutro os xa poucos medios que apostaban pola nosa lingua. Ningunha administración pública pode dicir, sen faltar á verdade, que fixo todo o que podía facer, ou que non hai recursos porque estamos en crise. Demandamos do goberno que poña a vontade política e os recursos que non dubida en poñer para axudar a outros sectores ou medios que non o precisan tanto. Demandamos das administracións públicas que tome a decisión de axudar ós medios en galego porque é xusto, porque o merecen e porque se lles debe.

Ningún lector ou espectador deste país pode tampouco declararse alleo ou ausente cando pechan un trás outro os medios que se fan na nosa lingua. Os únicos que realmente poden garantir o futuro de calquera medio son os lectores, as audiencias e os anunciantes. Algo falla nun país onde tanta xente se declara amante da súa lingua ou tantas empresas utilizan a galeguidade para posicionarse nos mercados, pero logo non hai nin lectores nin anunciantes para os medios que se fan en galego. A desaparición dos medios no noso idioma non é un problema nin unha responsabilidade da administración, é un problema e unha responsabilidade de todos.

Primeiros asinantes
Ramón Chao Rego
Manuel Rivas
Ignacio Ramonet
Fermín Bouza
Antón Losada
Henrique Monteagudo
Xosé Manuel Pereiro
Menchu Lamas
Suso de Toro
Marilar Aleixandre
Martine Horovitz Silber (ex correspondente de Le Monde en España)
Quico Cadaval
Manuel Bragado
Antón Reixa
Julián Hernández
Antón Baamonde
Rubén Ruibal
Xoán Antón Pérez-Lema
Antón Patiño
Marcos Calveiro
David Formoso
Manuel Martínez Barreiro
Ramón Muñiz de las Cuevas
Rafael Cuíña
Santiago Jaureguizar
...
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 19:41
# Ligazón permanente a este artigo
Rábade e Outeiro de Rei: actos de homenaxe a Manuel María
Baixo o título Memoria da chaira enteira, a Irmandade Manuel María celebrará o vindeiro 8 de setembro en Penas de Rodas -cerca de Rábade- a homenaxe ao poeta chairego, falecido no 2004.

A homenaxe, que comeza 17:00 h., coincide coa axilización dos trámites para constituír a Fundación Manuel María, que terá a súa sede na Terra Chá, na mesma casa onde nacera no 1929. A deputación de Lugo e concellos como o de Monforte, onde pasou parte da súa vida, están directamente involucrados neste proxecto, presentado xa en distintas cidades de Galicia pola súa viúva, Saleta Goi. En Penas de Rodas, distintos poetas recitarán versos de Manuel María como limiar da ofrenda floral, ás 18:00, no cemiterio de Outeiro de Rei, onde está enterrado. Alí, ademais dunhas palabras de lembranza que pronunciará Valentín Arias, haberá tamén unha lectura de textos.

Posteriormente, ás 19:00, na Carballeira de Santa Isabel, realizarase un ritual no que unha personalidade vinculada ao autor de Muiñeiro de brétemas recibe a Navalla de Manuel, coa que cortará o queixo e o pan que comerán os asistentes, este ano acompañados por viño da Ribeira Sacra. A primeira persoa en recibir a ración é, sempre, Saleta Goi. Noutras ocasións, a navalla recaeu, entre outros, en Alfonso Blanco Torrado, Xulio Xiz, Camilo Torres ou Darío Xohán Cabana. Neste último acto, que se celebra nas proximidades da casa natal, participarán Mini e Mero, Miro Casabella e Tino Baz.

www.axendaaelg.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 19:40
# Ligazón permanente a este artigo
The Cheftains e Carlos Nuñez, de balde en Santiago
O gaiteiro Carlos Núñez será o protagonista o próximo 11 de setembro dun concerto que terá lugar na Praza do Obradoiro, en Santiago, e no que estará acompañado pola Orquestra Sinfónica de Galicia e pola banda irlandesa The Cheftains. A actuación, enmarcada dentro da programación do Xacobeo 2010, comezará en torno ás 20.30 horas e será de entrada gratuíta ata completar o auditorio.

Este será o primeiro concerto sinfónico que Carlos Núñez ofrecerá en Galicia e no volverá a compartir escenario co grupo de música celta "máis importante da historia", os irlandeses The Chieftains, que cumpren 48 anos de carreira profesional.

Entre outros temas, no concerto rememoraranse as pezas do traballo 'Santiago', gravado en conxunto por The Chieftains e Carlos Núñez hai quince anos e que alcanzou o único premio Grammy para a música galega, o 1997, na categoría de Best World Music.

Por outra banda, a reunión musical estará baixo a batuta do director irlandés David Brophy, titular da Orquestra da Radio-Televisión Irlandesa, e contará cunha banda de gaitas que reúne os mellores gaiteiros novos de Galicia e que foi formada especialmente para este concerto por Carlos Núñez.

www.anosaterra.org
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 19:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Nacionalista do Condado en Salceda de Caselas
Festa Nacionalista do Condado

Domingo 12 de setembro 2010- Soutelo-Salceda de Caselas. Parque O Borralliño


Programa
12.00hs:
 Apertura de postos e exposicións
 Servizo de Bar.
 Música ambiente
 Partidiño de fútbol amigable: BNG-Salceda contra un combinado do BNG comarcal

13.00hs:
 Música ao Vivo: Gaiteiros de Castro-Barreiro

13.30hs:
 Intervencións políticas
o Marcos Besada (Alcalde de Salceda)
o Francisco Chivite (Responsable-portavoz comarcal)
o Guillerme Vazquez (Portavoz nacional)

14:00hs:
 Música ao Vivo durante toda a xornada a cargo dos grupos
o Gaiteiros de Castro-Barreiro
o Charanga Os Beira Miño


14.30hs:
 Xantar Campestre

16:30hs:
 Xogos tradicionais.
 Chave, Trompo, Billarda…

18.00hs:
 Liga Nacional de Billarda: Exhibición participativa do xogo da Billarda.

Nota: O recinto onde se celebra a festa, dispón de parque infantil para os mais cativos.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 19:10
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Manuel María na Coruña
Martes 7 de setembro de 2010
Teatro Rosalía de Castro (A Coruña) ás 20:30
Entrada de balde até completar aforo


LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta Manuel María. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Montealto (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 19:01
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de música tradicional (Ouzande - A estrada)
10 Setembro do 2010

Música e festa a partir das 9 e media da noite no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada:
Os grupos convidados son:

- Os Xeitosos de Trazo
- Gharatuzas (Santiago)
- Regato de Matamulleres (Callobre)
- Retrouso (Ouzande)
- A Requinta da Laxeira (Sarandón)


O campo estará cuberto cunha carpa e haberá posto de polbo e Churrasco.

CAMISETAS DE OUZANDE
Este ano podes adquirir na Taberna de Ouzande ou no Café A Farola da Estrada as camisetas violetas cun bonito deseño de Ouzande na mesma. Tamén estarán á venda durante a foliada e os días de festa.

A festa rematará cando queiras ti.
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 06-09-2010 18:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 6 (luns)

Terza feira 7 (Martes)

Corta feira 8 (Mércores)
• Danza de Darbo (Cangas do Morrazo)
• Tribemol en Porto do Son
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedrón) na Praza do Seixo (Tomiño)
• Homenaxe a Manuel María en Penas de Rodas (Outeiro de Rei): Mini e Mero, Miro Casabella e Tino Baz.

Quinta feira 9 (Xoves)
• Tanto Nos Ten na Baña

Sexta feira 10 (Venres)
• Orfeón Terra A Nosa ás 20:30 na Casa da Cultura de Porto do Son
• The Homens en Ramallosa (Teo)
• Medomedá en Cacheiras (Teo)
• Ophiusa en Carral (A Coruña)
• III Foliada de música tradicional (Ouzande - A estrada): Os Xeitosos de Trazo, Gharatuzas , Regato de Matamulleres, Retrouso, A Requinta da Laxeira

Sábado 11
• Orfeón Terra A Nosa ás 20:00 na Casa da Cultura de Sarria
• Kerkennai no Bar Hipólito (Vigo)
• Davide Salvado no Bar Batallón (Vigo)
• Ruxe-Ruxe e Medomedá en Rianxo
• Trapallada en Monte Alto (A Coruña)
• Nordestin@s en Valga no Auditorio Municipal
• Carlos Núñez e Orquestra Sinfónica de Galicia ás 20:30 na Praza do Obradoiro (Santiago de Compostela)
• Festival Folk Couto (Ourense): Coanhadeira,...

Domingo 12
• Festa Nacionalista do Condado (Salcdea de Caselas)
• Orfeón Terra A Nosa ás 20:00 na Igrexa de Santa Eufemia. Ourense

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-09-2010 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza Sabores e Saberes (Vilaxoán)

As actividades ao redor da praza de Abastos de Vilaxoán comezarán nesta intensa programación ao redor da música, os productos locais, a cociña, obradoiros de participación,...

Sábado 4 de setembro. O sabor do viño

19:00 Inauguración
19:30 Pregón: Uxía e homenaxe ao mariñeiro
21:00 Combo Mariñeiro de Vilaxoán*
22:30 Nacho Costoya, Cocteleiro
23:30 Bigote Mix DJ

Domingo 5 de setembro. O sabor dos bivalvos

10:00 Os terribles de Arousa, Alborada
11:30 46º Travesía a Nado de Vilaxoán*
12:00 Presentación de produtores
12:15 Demostración culinaria a cargo de Julián A. Domínguez
13:00 Xurxo Souto e homenaxe ás redeiras
13:30 Entrega de trofeos da 46º Travesía a Nado*
13:45 Os tres trebóns e os Homes sen medo

*Orzganiza Semana Náutica de Vilaxoán
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2010 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 3 (Venres)
• Diluvea na Baiuca O Turco (Soutomaior)
• Saltanocribo no Bar Hipólito (Vigo)
• Chupacabras ás 20:30 no Pazo Quiñones de León (Vigo)
• Festas da rúa de baixo (Compostela): Tiroliro Regueifeiros, Bouba Pandeireteiras, Os Estalotes
• Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño): Sonhos

Sábado 4
• Pinchada de música galega na Casa de Arriba (Churruca-Vigo) ás 24:00
• XIV Festival Folclórico Baiña (Baiona) ás 22:00 na Praza do Concello de Baiona
• Festival de baile e música tradicionais Lembranzas da Ría (Cangas da Morrazo): A.C. Lembranzas da Ría, A.F. El piñote, Taghaitaí!!!
• Festas da rúa de baixo (Compostela): Coro da Rá, Duo Eva e Camilo, Cé Orquestra Pantasma (home orquestra)
• Nordestin@s no Porriño ás 21:00 no Auditorio do C.C Municipal
• Matamá Ensemble no Bar Hipólito (As Travesas-Vigo)
• Saldos Negativos no Bar Batallón (Churruca-Vigo)
• Os Carunchos na Feira Franca (Pontevedra)
• Pito de Pikasso e Membrillo Fanegas
na Sala Super 8 de Ferrol ás 22:00
• Coanhadeira na Praza do Concello da Veiga ás 23.30
• Xestreu en San Miguel de Presqueiras (Forcarei)
• SkandaloGZ no Campo de futbol de Lira (Salvaterra do Miño)
• Festival da Poesía no Condado (Salvaterra de Miño): De outra margem, Uxía, Labregos do tempo dos Sputniks, Os tres Trebóns, Afro-vungo
• Serán en Salceda de Caselas
• Serán en Ribeira
• Serán no Rosal

Domingo 5
• Tanto Nos Ten no Incio
• Lamatumbá en Neda
• Uxía Trío ás 21:00 h. no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Festas da rúa de Baixo (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2010 10:50
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán de Riveira
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-09-2010 10:49
# Ligazón permanente a este artigo
IV Serán dos Callos (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-09-2010 10:47
# Ligazón permanente a este artigo
Serán no Rosal
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 03-09-2010 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Festival da Poesía no Condado
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-09-2010 10:36
# Ligazón permanente a este artigo
XIV Festival Folclórico Baiña (Baiona)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival de baile e música tradicionais Lembranzas da Ría (Cangas da Morrazo)
A asociación cultural Lembranzas da Ría celebra o seu primeiro festival de baile e música tradicionais, e faino como peche ás Festas do Cristo de Cangas do Morrazo.

O Festival terá lugar na Praza das Pontes en Cangas (ao lado do concello, onde se fan todos os concertos do verán) e a data elixida será o sábado 4 de setembro ás 22h., día en que rematan as Festas do Cristo.

O Festival contará coa participación das diferentes formacións da A.C. Lembranzas da Ría (grupo infantil, grupo de baile, charanga e pandereteiras) e co grupo de baile e a banda de gaitas da Asociación Folklórica El Piñote (Pola de Siero - Asturies).

E para rematar, ás 24h., porá o broche de ouro o concerto de TAGHAITAÍ!!!, grupo formado por Iván Costa, Edelmiro Fernández, Manolo Maseda e Lola Fernández, que practicamente veñen presentarse ao público con esta formación neste Festival.

Esta é, polo tanto, unha ocasión única...

- A.C. Lembranzas da Ría
- A.F. El piñote
- TAGHAITAÍ!!!


A festa está asegurada, non volo perdades!!
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Pinchadas de música, pero da boa, en Vigo
A idea xa é proxecto! Faremos a primeira pinchada en Vigo, unha cidade difícil no galego e esixente no musical. Dous usuarios e socios de GalegoLab, Iago Martínez e María Yáñez, seremos os dilleis que nos enfrentaremos a semellante reto.

A pinchada será este sábado 4 de setembro en La Casa de Arriba (Martín Códax, 23, zona de Churruca), a partir das 12 da noite, e enmarcarase na festa Reciclaxe '10.

Precisamos, sobre todo, que confirmedes asistencia e que nos enviedes cancións bailables en galego.

Reservámonos o criterio final á hora de poñelas ou non, co obxectivo de preservar 1) a integridade física dos dilleis e 2) que a xente non se aburra.

En moitas vilas non hai lugares onde se escoite música moderna (sic) en galego. Tampouco pedimos que haxa bares que pinchen 100% en galego todo o tempo, cousa que non estaría mal. Pero como unha vez ao ano non fai dano, por que non organizar festas temáticas, con dilleis como mínimo, e algún grupo como máximo, que teñan chispa e atraian a mozas e mozos guapos/as, e se poña música galega de diferente estilo segundo a hora da noite?

Cales son as necesidades
Neste caso excepcional, os dilleis están xa fixados e o concepto da festa que nos acolle tamén, así que en principio non precisamos carteis nin xente que pinche. Si que precisamos xente que se comprometa a asistir, e tamén suxestión de temas. Poñede as vosas suxestións cun enlace á canción, se está na rede, precedido de "Que tal se poñedes esta?".

Se nos queredes enviar mp3 podedes facelo a info@galegolab.com

Tamén serán benvidas suxestións de posta en escena: decoración, atrezzo, proxeccións, vestiario... algún VJ na sala?

E xente que se ofreza para inmortalizar o evento en imaxes (vídeos, fotos, etc), e documentalo con creatividade para contar a experiencia en GalegoLab.

E difusión, claro, a máxima posible nas vosas redes! Traédenos rapaces e rapazas guapas!
E seguro que aparecen máis necesidades sobre a marcha. Estade atentos.

Cales son os obxectivos
- Que a xente nova coñeza música en galego que lle pode gustar e aínda non coñece.
- Dar a coñecer a variedade de estilos e músicos que hai.
- Xuntar mozos e mozas por unha boa causa (mazarse e bailar), e de paso que lles entre o galego polas orellas.
- Levar algo de marcha ás vilas ou lugares onde menos haxa.
- Levar o galego a locais onde non adoita estar presente.
- Promocionar dilleis que poidan pinchar ao longo do territorio galego.
- Promover playlists de música galega, de autor ou colaborativas. Isto case podería ser un proxecto á parte, pero o caso é darlles uso.
- Tamén se pode tirar de videojockeys e complementar con imaxes as pinchadas.

O básico: cando, onde, para quen...
Data: 4 de setembro, que é un sábado. A partir da medianoite.

Lugar: La Casa de Arriba, na rúa Martín Códax, 23.

O marco é a festa Reciclaxe á que vos convidamos a participar todo o día: http://reciclaxe.blogspot.com/
Cal é o prazo de execución
Ata o venres 3 admítense contidos, suxestions e RSVP.
A miña propia contribución: Local, dilleis, carteis, xente de Vigo...
Lugar de realización: Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2010 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Lira Rock (Salvaterra de Miño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 03-09-2010 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Segue a masacre contra o galego
Despois da desaparición de Vieros, Gznación, Chuza, agora tócalle ao histórico semanario A Nosa Terra.

Semella que culturalmente este páis vai quedar á altura do frsnquismo nesta novo Longa noite de Pedra.


A Nosa Terra’ vincula a súa crise á “política contra o galego do PP”

O semanario A Nosa Terra, cabeceira decana da prensa en galego, non estará hoxe nos quioscos logo de que a empresa editora entrase en concurso de acredores e renunciara ao veterano proxecto en papel, manténdose activo o diario dixital. O presidente d’A Nosa Terra, o xornalista e escritor Alfonso Eiré, vincula a crise que está a vivir a súa empresa –que tamén inclúe unha editorial– coa “política da Xunta en contra do galego”. Nos últimos meses, desapareceron varios medios en lingua propia, como Vieiros, Chuza ou A Peneira.

“A Xunta acaba de rebaixar ao mínimo as axudasá prensa en galego. O ano anterior, nós recibimos uns 55.000 euros, practicamente o mesmo que reparten agora para todos, que son só 63.000 euros”, explica Eiré. En tempos do goberno bipartito e segundo o apoio á existencia de medios en lingua propia que marca a Lei de Normalización, as axudas chegaron a ser de 900.000 euros. Non obstante, na actualidade, esas bolsas sufriron un brutal recorte, que porén non afecta a outros medios afíns á Xunta e en castelán, como La Voz de Galicia, que recibe semanalmente da Xunta máis do dobre do que se reparte a todos os medios en galego ao ano.

Precisamente, o apoio recibido por parte do mundo do xornalismo, así como doutro tipo de persoas vencelladas ao eido cultural ou político era onte a mellor mediciña para Eiré, que destaca que “A Nosa Terra xa pasou por dificultades noutras ocasións e saíu adiante; oxalá volva ocorrer e esta situación sirva de revulsivo”, afirma antes de queixarse do “escaso apoio” recibido nesta crise por parte das caixas galegas: “Investiron máis en ladrillo que en cultura e agora non podemos renegociar a débeda con elas”.

Pero sen dúbida é a política lingüística que impulsa o PP dende o goberno galego o que máis lle preocupa ao veterano xornalista. “O decreto tamén vai contra nós e contra toda a base do noso idioma a calquera nivel; por exemplo, antes había as galescolas e alí usaban o galego e, polo tanto, tamén o noso material en lingua propia. Pero, na actualidade, como fixeron desaparecer o galego das escolas dos rapaces, xa non teñen sentido nin uso os libros para nenos que editaba con esforzo A Nosa Terra, algúns de tanto éxito como os d’Os Bolechas”, relata. “O peor é que na Xunta saben dos nosos problemas, pero nin tiveron o decoro de chamarnos, semella que están contentos”, conclúe.

www.xornal.com
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2010 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
A rede popular e privada de ensino infantil en galego
Ante a política lingüística levada a cabo pola Xunta de Galicia desde marzo do 2009, especialmente no eido do ensino, seguen xurdindo iniciativas de todo tipo para propoñer alternativas. Tralo seu paso por algunhas cidades e vilas galegas, a Comisión Promotora da plataforma Galiza co Galego presentou este martes en Compostela o seu proxecto 'Polo dereito da infancia á educación en galego', que consiste no artellamento dunha rede ''privada e popular'' de centros de educación infantil na lingua propia de Galicia.

Tras un proceso de formación e debates internos, a asociación busca acadar como mínimo o apoio de 3.000 persoas que realicen aportacións económicas de entre 100 e 200 euros para facer posible a creación desta rede. A través do seu blog recollen sinaturas daqueles que estean dispostos a comprometerse co proxecto. Un dos seus membros, Francisco López, sinalou que agora mesmo ''contamos con 1.931 socios e agardamos acadar os 2.000 a finais deste mes'', polo que cualificou de ''boa'' a acollida da iniciativa. A intención dos promotores de Galiza co Galego é que as ''novas galescolas'' comecen a funcionar no curso 2011/2012.

O obxectivo de Galiza co Galego é funcionar como ''xestores e supervisores'' deses novos centros de ensino en galego, que estarían conformados por ''cooperativas de pais, nais e mestres'' e financiados ''polos usuarios'' dos mesmos, segundo indicaron os portavoces da formación. A preferencia por un proxecto de carácter privado débese a que estaría ''en mans populares, o que é unha garantía de independencia''. Asimesmo, aclaran que ''non ten ánimo de lucro'' e buscan que sexa ''universal'', polo tanto ''ten que ser laico''. Francisco López quixo definir o modelo como de ''educación en valores'', orientado á ''formación de homes e mulleres libres e soberanos''

Por outra banda afirman non estar ''ligados a ningunha sigla política, porque a lingua é patrimnonio de todos''. ''Eu non milito no BNG'', aseverou Francisco López. Outra dos seus membros, Nuria Fernández, quixo incidir na intención de crear dunha ''forza máis grande, unha iniciativa popular con moitas visións do que é o ensino''.

''Ataque brutal á lingua''

Francisco López xustificou a ''necesidade'' de poñer en marcha este proxecto polo ''ataque brutal á lingua da Xunta de Galicia''. O integrante de Galiza co Galego considera ''imprescindible'' priorizar esta iniciativa en educación infantil porque ''o picariño é o principal agredido''. López criticou que existan situacións como a dun neno que ''fala galego na casa e na escola perde a súa lingua con 'la gallina azul'''. Deste xeito o obxectivo é ''atopar un espazo para que os rapaces vivan en galego e que sintan que é normal''.

Doutra banda, Galiza co Galego tamén se referiu á enquisa sobre a lingua dominante en educación infantil realizada polo Executivo autonómico. Así, Francisco López, sianlou que lles ''saíu mal'' porque ''arredor do 65% dos pais quere que os seus fillos aprendan a ler e escribir en galego e castelán, non se rexeita o ensino en galego''. Por iso, interpreta que a Xunta tivo que ''cambiar de estratexia e preguntar pola lingua na que a xente lle fala aos nenos''. Para López ''manter o galego na infancia é garantía de futuro'' e o Goberno de Núñez Feijóo ''quere eliminalo'' desta etapa educativa.

Os responsables de Galiza co Galego comezarán a profundizar nas fórmulas axeitadas para a aplicación práctica destes preceptos a partir do mes de outubro para dotar dunha estrutura clara á rede que se quere construir e poder atender a demanda existente de ensino infantil en galego.

Entre os apoios cos que conta a iniciativa atópanse A Mesa Pola Normalización Lingüística --o seu vicepresidente, Fran Rei, presentou o acto--, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (ASPG), Nova Escola Galega, a Confederación Intersindical Galega (CIG), o Sindicato de Traballadores do Ensino de Galicia (STEG) ou a Unión de Cooperativas de Ensino de Traballo Asociado de Galicia (UCETAG).
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2010 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Apoios para acreación dunha rede popular galega de ensino en galego

Para tod@s

Galiza co Galego.
3000 asociad@s a 100 euros anuais, supón o presuposto para crear unha escola infantil


Pola creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego

1.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que acade recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a todos os niveis, con especial atención dende os niveis inferiores (de cero a 6 anos), deica a finalización da educación obrigatoria (sobre os 16 anos).

2.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” cun ideario laico e pluralista.

3.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que promova e apoie as escolas privadas laicas que usen o galego como lingua de ensino.

4.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que busque a consecución por medio do ensino en galego, con métodos científicos a competencia lingüística nas linguas romances de tronco común como o portugués, catalán, castelán, francés, italiano,...

5.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” para desenvolver un ensino científico e de calidade, que ademais permita acadar a competencia lingüística noutro idioma como o inglés, alemán, ruso, chinés..... e que procure nocións da lingua vasca (euskera), como outra lingua do Estado Español.

6.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que axude as familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego.

7.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que unha vez en marcha de inmediato poderá poñer en práctica o proxecto educativo global en galego, como pode ser en convenio cos centros de ensino privados existentes, ou coa creación de novos centros.

8.- Apoio a creación dunha asociación popular “Galiza co Galego” que reclame da administración pública os recursos económicos precisos para o desenvolvemento dunha rede galega de ensino en galego, tanto na súa parte pública como privada.

9.- Tendo en conta que a asociación popular “Galiza co Galego”, contará con asociados nun número inicial de 3000, que ao mesmo tempo, na maior dos casos serán beneficiarios da rede de ensino en galego, comprometo a miña afiliación, á asociación popular “Galiza co Galego”, cunha cota anual de 100 a 200 euros, que farei efectiva no momento da súa constitución.

Ligazón para colaborar na creación da rede popular galega de ensino en galego:

http://www.limiarlibros.com/novas/poloensinogalego.php
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2010 09:33
# Ligazón permanente a este artigo
Reaxir polo galego, poñendo un gran de area...
Co gallo de clarexar conceptos na redación do documento, chamado “definición” e de novas achegas establecese a seguinte interpretación da Comisión Promotora Galiza co Galego (CGG):
REDE POPULAR DE ENSINO EN GALEGO


A ”rede popular de ensino en galego” estará composta por un conxunto de centros e instalacións de ensino de todos os niveis e modalidades que teñan como obxectivos a transmisión de coñecementos científicos e humanísticos necesarios para a formación integral da persoa, e nos que a lingua vehicular (lingua franca) do ensino, sexa o galego.

Estará ao servizo do pobo galego, para poder ser usada por todos e todas as súas habitantes, será universal, e para todas aquelas persoas que desexen recibir unha educación en lingua galega.

A formación da persoa realizarase con criterios de pluralismo, respecto, tolerancia, igualdade, e independencia a respecto de calquera confesión relixiosa ou partido político (ensino laico e apartidario).

O conxunto das escolas pertencentes á rede deberán cumprir os seguintes requisitos:

1. Aplicar os métodos e medios pedagóxicos precisos para acadar un ensino científico e de calidade, na procura da excelencia, poñendo especial atención á formación solidaria, o respecto dos dereitos humanos, e o coñecemento e preservación do medio e os bens materiais e inmateriais do patrimonio cultural e histórico da Galiza e os territorios de cultura común, nomeadamente da área lingüística galego-portuguesa, e do resto da humanidade, para o crecemento persoal e realización da persoa formada.

2. Procurar calidade fronte á cantidade e a integración de materias fronte á separación.

3. Vincular os contidos básicos ás problemáticas relevantes do entorno onde estean situadas as escolas, da Galiza e do noso mundo.

4. Empregar metodoloxías que promovan aprendizaxes concretas, prácticas e funcionais, ao tempo que capacidades xerais como a de aprender a aprender.

5. Posuír recursos didácticos e organizativos modernos e variados, dentro das posibilidades de cada centro.

6. Empregar de xeito intelixente e crítico os medios tecnolóxicos da época na que se desenvolva.

7. Fomentar a aplicación da didáctica comparada das linguas romances: francés, italiano, galego, castelán, catalán, portugués....de xeito que se acade a competencia lingüística de comunicación oral e escrita nunha delas, ademais do castelán, e noutras a competencia nos recursos para a súa comprensión escrita e a profundidade no seu estudo.

8. Promover o ensino e aprendizaxe do portugués dende a lingua galega, e fomentar o coñecemento entre Galiza e os países e territorios de Lingua Oficial Portuguesa (Portugal, Brasil, PALOP e outros) en tódolos aspectos (histórico, cultural, económico e socio-político).

9. Fomentar o estudo doutra lingua diferente das romances.

10. Estar composta por persoal docente formado e identificado coa súa profesión. Este será mediador crítico do coñecemento disposto ao traballo cooperativo e en rede, estimulado para a innovación e a investigación.


11. Dispor dunha ratio razoábel e o profesorado disporá de momentos para deseñar, avaliar, formarse e investigar.

12. Ter un ambiente acolledor, onde os tempos, espazos e mobiliarios estimulen e respecten as necesidades e os ritmos do alumnado.

Á súa vez serán funcións da rede:

1. Analizar e avaliar o modelo de escola de cara a súa mellora.
2. Ofrecer formación e asesoramento así como proporcionar materiais e proxectos educativos ás escolas integradas na mesma.
3. Asegurar a súa propia estabilidade.
4. Dinamizar a institución e desenvolver relacións colectivas externas.

A rede manterá a súa independencia dos poderes políticos, a pesar das axudas que por lei lle puideran corresponder, e desempeñará a súa función para acadar os máximos resultados de competencia dos alumnos/as (homologábeis a nivel europeo), conforme ao establecido na lexislación educativa vixente.

COMISIÓN PROMOTORA GALIZA CO GALEGO

A “Comisión promotora: Galiza co Galego” ten como único fin a creación dunha organización,que se nomea para a súa concreción nos seus estatutos como “Galiza co Galego” (con GcG en acrónimo), que promova, faga efectivo e garanta o dereito da cidadanía galega, en especial a infancia, á educación na lingua galega

A comisión promotora Galiza co Galego, (CGG), promoverá unha cooperativa popular de ensino, co fin de garantir o desenvolvemento do proxecto dende a súa 1ª etapa infantil (0-3 anos).

A CGG, promoverá que en Maio do 2010 se constitúa unha comisión organizadora de GcG.
A CGG, recabará apoios sociais ao fin de conquerir que no curso 2011-2012 ter os apoios económicos e sociais para poder poñer en marcha o primeiro proxecto educativo.

A CGG, ten a vontade de actuar no ámbito xeográfico de Galiza, mais tendo en conta que pode ser solicitado por galegas e galegos apoio dende outro punto do estado español en demanda de ensino en galego, razón pola que CGG constituíse a nivel estatal.


CGG impulsará que a data de constitución de GcG sexa no ano en curso previsto de comezo do ensino en galego, Maio de 2011.

A CGG, disolverase pasando a formar parte da nova asociación impulsora de ensino GcG.

Á dirección de CGG corresponderalle, xunto ca participación da Comisión Organizadora de Galiza co Galego, a organización de Asemblea constituínte de “Galiza co Galego”.

Formarán parte de pleno dereito de asemblea aquelas persoas que desexen participar.

Terán a consideración de socias e socios fundadores (constituíntes) as persoas asinantes do manifesto en prol da rede de ensino popular en galego e que fagan a achega que se determine para o funcionamento de “Galiza co Galego”.

GALIZA CO GALEGO

Poderán ser socios/as ademais dos beneficiarios do ensino, calquera persoa que estea dacordo cos fins e proxecto de GcG.
O orzamento que poñerá a disposición de GcG será dun mínimo de 300.000 euros, correspondentes aos compromisos que as socias e socios de CGG teñan adquirido.

Os fins de Galiza co Galego son os de:

1. Promover e apoiar ás escolas privadas laicas que usen o galego como lingua de ensino.
2. Buscar os recursos necesarios para poder dar escola en galego a quen o precise, axudará ás familias para facilitarlles os medios, as ferramentas, para que poidan desenvolver a súa vida con normalidade en galego.
3. Recadar os recursos económicos para a creación dunha rede popular galega privada de ensino en galego, a tódolos niveis, con especial atención aos niveis inferiores (de cero a 6 anos), deica a finalización da educación obrigatoria (sobre os 16 anos)
4. Definir as directrices xerais da rede.
5. Asegurar o desenvolvemento do modelo educativo (inmersión).
6. Impulsar e dinamizar as diferentes comisións de traballo
7. Encargarase da xestión financeira da rede
8. Coordinarase coa dirección das escolas.
9. Dinamizar a equipa pedagóxica, e impulsar e organizar os proxectos pedagóxicos da rede.
10. Encargarase da organización e seguimento dos plans de formación continua do persoal docente, da posta en marcha e da dinamización da formación para novos docentes, da xestión e seguimento da formación inicial impartida ó profesorado, dar consello ó persoal docente...
11. Encargarase da defensa diante dos poderes públicos e no seu caso da reclamación dos recursos económicos, humanos e de todo tipo, precisos para o desenvolvemento dunha rede galega de ensino en galego, tanto na súa parte pública como privada.

Máis información:
http://limiargalego.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2010 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do Querostar
La Senda de Afra, Maghúa e Chotokoeu: finalistas do QUEROSTAR

Milleiros de votos online, centos de asistentes aos concertos, ducias de comentarios online... e oito concertos. Case tres meses despois, xa temos finalistas do QUEROSTAR, o primeiro concurso de música ao vivo da Sala The Star (Carral): La Senda de Afra (cunha nota final, a media do público e do xurado, de 4,26 sobre 5) Maghúa (4,23) e Chotokoeu (4,02) foron os grupos mellor valorados polo público e polo xurado e, polo tanto, os que se repatrirán os premios de 1.000, 500 e 300.

Será na gran final do QUEROSTAR, que xa ten data: o venres, 24 de setembro, na Sala The Star. Os tres grupos finalistas volverán tocar entón, e ese mesmo día o xurado decidirá quen é o primeiro, segundo e terceiro clasificado desta primeira edición do QUEROSTAR. Até entón, moitas grazas a todos os que viñestes aos concertos e aos que as vistes en directo pola rede, e moitas grazas aos outros cinco grupos que participaron na fase de clasficación en directo, e que quedaron clasificados na seguinte orde, do cuarto ao oitavo posto: Esterko (3,94 puntos), Super F (3,88), Skarallaos (3,53), Pito de Pikasso (3,46) e Alterazión del Orden (3,36 puntos sobre 5)

Máis información sobre as notas e a clasificación, fotos e vídeos dos concertos en http://www.querostar.com/

Saúde para todos, vémonos o día 24!!
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 02-09-2010 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Manual de sedución: o novo disco de Marful
O disco mais surreal, o disco mais desexado da Galiza.

Marful liderou unha revolución musical, en canto a arranxos, estética e letras de cancións.

Marful, o grupo do que os seguidores e seguidoras din que “é o mellor que lle pudo pasar á musica galega nestes últimos 10 anos” presenta o seu segundo disco. Tras a a grande acollida e as sorprendentes vendas do primeiro, co que percorreron palcos europeos e americanos e co que gañaron o premio do público ao mellor disco do ano 2006 na Radio Galega.

Agora levan “colgadas almas perdidas” e presentan un Manual para seducir de principio a fin, no que o amante ótimo é unha crianza medrada, un (ou unha) exibicionista emocional. Un disco que seduce en sosego, fai preguntas e acepta a contradición. Porque a sedución non é explícita, é maxín: o lugar onde se crían as cores e as mans osman posibilidades.

Marful ensina a súa cara impresionista, as letras surrealistas, mesmo patafísicas, e unha variedade tímbrica instrumental para danzar twist, slow, swing, pasodobles, jotas e mambos.

Manual de sedución é un disco luminoso, exuberante, viaxeiro, lisérsico, onírico entre o espazo e o tempo. Desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensións de vides, do superficial ao profundo sen acritude, do corrosivo ao naif sen permiso.

Marful déixase seducir pola música popular galega, pola música italiana da Orquestra Strappini, polas amizades e as constantes viaxes e a Cuba e Brasil. E pérdense nas voltas da música ambulante, das variettés e das piscadelas ao music-hall. O resultado é un son clube, vintage e cool co carimbo do realismo máxico galego cheo de tópicos galego-portugueses e cargado de retranca.

En Marful ou ben a linguaxe poética se extende até converterse en rival da música ou as dúas camiñan da man. Uns arranxos e unhas letras que non deixan a ninguén impasíbel.

Grazas a un extremo poder de desafio, en Marful atópanse tres músicos con maiúsculas e unha voz de intelixencia cautivadora: Marcos Teira, Pedro Pascual, Pablo Pascual e Ugia Pedreira. Catro sedutores que saben gañar o aplauso e o cariño do público alí a onde van.

Manual de Seducción está gravado nos Estudios Savik Sound co técnico José Trincado nos meses da primavera 2010 e foron acompañados nesta viaxe polos seus amigos e colaboradores habituais: Xacobe Martínez (contrabaixo) e LAR Legido (bateria e percusións) de Sumrá.

A imaxe gráfica está asinada polos mellores deseñadores da vangarda galega. Dous patafísicos convencidos. O deseño do disco é de Misha Bies Golas e a fotografia do Pastor. O vestiario é dunha nova promesa, o deseñador Gonzalo Vázquez.

Ademais, contaron co talento e presenza de compañeiros como :

David Herrington (trompeta, fliscorno), Diego Galaz (violín), os cubanos Alejandro Vargas (piano) e José Manuel Díaz (contrabaixo), Alfredo Rodríguez de Factoria Teatro (voz, narración), Paulo Gacio (flauta traveseira), Quim Farinha de Berrogueto (violín) e Germán Díaz (serra).

Podedes comprar as entradas para o concerto de lanzamento no Teatro Colón da Coruña o 16 de setembro aqui.

www.marful.info

Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 01-09-2010 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco da Banda das Crechas
A BANDA DAS CRECHAS, 14 de setembro a venda o seu album de debut ABDC

A Casa das Crechas é un universo colectivo que comezamos a construir entre todos hai vintetrés anos arredor da conversa, da arte, da música ao vivo, do amor polo propio e a curiosidade polo ...alleo. Ese universo ten hoxe a faciana e a voz da Banda das Crechas, un conxunto aberto, unha banda 2.0. na que músicos habituais e intérpretes ocasionais se unen para manter viva a tradición, o son e a emoción da foliada.
Este disco é o rexistro dunha desas noites de música e de baile nas que a Casa das Crechas honra a súa historia converténdose, unha vez máis, no lugar de encontro que leva sendo dende mediados do século XIX.

ABDC é a banda sonora deste noso universo colectivo. Unha banda sonora que é historia, compromiso e paixón e que ninguén pode interpretar mellor que A Banda das Crechas. Porén, neste grupo de artistas aberto e plural tampouco caben todos os intérpretes. Os outros, os que non están nesta gravación, son todos aqueles que ao longo destes anos fixeron que a música tivese vida na Casa das Crechas. Autores anónimos e autores ben coñecidos, músicos e non músicos que trouxeron as culturas do mundo e que, no encontro, levaron a nosa cultura polo mundo. Este disco é a mellor homenaxe a todos eles e a todas elas e a todos aqueles espazos que, como a Casa das Crechas, son lugares de encontro... e de paixón.



Comentarios (3) - Categoría: Discos - Publicado o 01-09-2010 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Bellón Maceiras
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 01-09-2010 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer