Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pressing Catch en Vigo
"Pressing Catch. Combate de DJs sobre ou ring"
Entre combate e combate de Pressing Catch, Berrobambán invítache a unha ¡¡¡verdadeira loita de titáns entre Bigote Mix (de Malandrómeda) e Costas Kemada (García MC)!!!

Berrobambán trae a Vigo un proxecto que vai moito máis alá do espectáculo teatral: ás funcións de Pressing Catch, de Paula Carballeira, dirixida por Quico Cadaval, que poderemos ver o xoves 30 de setembro e o luns 1 de outubro no Auditorio do Centro Cultural Caixanova, ás 20.30, súmaselles este "duelo" entre dúas figuras referenciales da música electrónica e do hip hop galegos.

Quen se enfrontarán na mesa da Fábrica son dúas lendas vivas: o duelo estelar entre Bigote Mix (Hevi) e Costas Kemada (García MC) non vai deixar a ninguén indiferente.

García MC é unha voz referencial no hip hop galego: MC de "Ghamberros", e do resultado da unión de lestes con "5 talegos", "Deus ke che Crew", ponlle voz agora aos poemas de Celso Emilio Ferreiro con Leo i Arremecághona e Vero (Xenreira) á batería, como a formación "Labregos do Tempo dous Sputniks."

Doutra banda, Hevi é tamén un dos MC?s máis destacados de Galicia. Pioneiro do hip hop en galego con Colectivo urbano, despois montou "Non Residentz" con ou Brasi e Lord Keison, e, xunto con Caldeirada, Malandrómeda, Fluzo, ou Fodi Barbaconna, entre outras formacións.

O xoves 30 de setembro a partir das 00:00 horas na Fábrica de chocolate en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2010 18:38
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos en San Vicente de Elviña (Tempo Novo)
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-09-2010 18:33
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Kastomá
Nacido no ano 2000 en Ordes, e creado por un grupo de amigos con moitas ganas de facer rock and roll e de pasalo ben. Así se pode definir a esencia do grupo Kastomä. Sito, compoñente do grupo, cóntanos a súa curta pero interesante historia.

¿Como xorde a idea de crear o grupo Kastomä?

O grupo formouse no ano 2000 por 4 dos 5 compoñentes actuais. Eramos todos veciños de Ordes. Tiñamos a ventaxa de ter local de ensaio propio pero por outra banda a contra de non ter ningunha idea de tocar ningún instrumento. O que máis sabía coñecía 4 acordes e para o rock and roll, tampouco fai falla saber máis. O único que había que poñerse de acordo era en tocar sempre e ao mesmo tempo todos a mesma nota. Tiñamos ilusión por dar o noso primeiro concerto, gañas de pasar o tempo xuntos no local, afán de superación, é dicir, desexos de poder tocar algún dia sen ter que mirar para os dedos. Decidimos pois montar un grupo, xa acadamos algunha destas metas pero o de tocar mirando para os dedos?en fin, estamos falando de rock and roll and roll non de facer música.

¿Por que decidides poñerlle o nome de Kastomä ao grupo?
Escoitámosllo dicir unha vez a un home en Santa Comba e fíxonos moita gracia. Ata chegamos a facer unha canción co mesmo nome donde a letra decía: "kastomä que esta ronda pagho eu?". Este tema está incluído no noso primeiro traballo titulado: Tomámoslle outra?? Kastomä é o sonido que chega ós teus oidos cando alguen che pregunta qué queres tomar? moi rápido. Dá moito xogo, por iso lle chamamos así ao grupo.

¿Que vos levou a crear a canción A ruta do grelo?
Nós somos de Ordes e Oroso. A canción trata de reinvindicar a nosa zona como zona de especial protección greleira. Decidimos darlle o mellor recoñecemento posible. Establecemos por tanto un símil comparativo entre a Ruta 66 que une Chicago con Los Angeles e a N-550. En USA podes comer comida basura ou ver unha peli no cinecar sen baixar do coche. Na nosa zona a parte diso, podes facer moitas cousas máis, como mercar calquera producto do campo nas mellores condicións ecolóxicas e coas máximas garantías porque estano vendendo diante da súa propia casa.

¿Cales son as vosas influencias musicais?
As nosas influencias son a música que escoitamos e os concertos que imos ver. É difícil dicir qué estilo temos porque o que fas e ir escoitando música diversa, e se unha temporada escoitas a Barricada, Suaves, Hellacopters, vas a concertos de Money M, Chimo Bayo e a Orquesta Mondragón ao dia seguinte colles a guitarra e saeche unha canción nova, iso é inevitable.

¿Como foi a acollida do público co voso disco Almas da noite?
A xente sábese as cancións nos nosos concertos e iso é moi gratificante. Demostra que o disco funcionou. Tanto físicamente coma nas descargas gratuitas na rede. Tivemos unha moi boa acollida. De feito fixemos 1000 copias e vendemos todo. Aconselláronos facer outra edición pero cremos que xa está ben. Un grupo nos dias de hoxe non debe facer máis de 1000 copias, o resto para internet. De facer outra edición sería con un disco novo.

¿En que vos inspirades para escribir as vosas letras?
Pois inspirámonos no día a día, en cousas que ves, outras que che gustaría cambiar, outras que inventas. A maioría delas son historias da noite, a carón da barra dun bar por iso o título de Almas da Noite.

¿Quen disfruta máis cos vosos concertos, o público, ou vos mesmos?
Nós disfrutamos moitísimo, e o público disfruta máis aínda cando se saben as cancións. Para iso fai falla unha mellor difusión dos grupos galegos e non tanto bombo aos internacionais que eses xa teñen o ceo gañado. Unha boa idea sería a de misturarse cos de fóra cando veñen a tocar a Galicia. Eso facilitaría a interacción musical entre grupo e público, que o temos moi mal habituado, porque últimamente só "consumen" o que ven na publicidade, e o resto non existimos para a gran maioría.

¿Esperabades o premio do festival de Cans 2010 polo video A ruta do grelo?
Sería pretencioso pola nosa parte crer que iamos gañar. Nós afrontamos o festival con tódalas gañas do mundo. Fixémolo cun video que modestia aparte, está moi ben dirixido por Matias Tarrío e Gaspar Broullón. Eles sí que merecen este premio. E para eles vai o noso agradecemento.

¿Para cando tedes previsto publicar un próximo traballo?
Agora mesmo estamos facendo os temas novos compaxinando cos concertos. Seguramente para o ano que ven teremos algunha nova.

¿Onde serán as vosas próximas actuacións?
A nosa próxima actuación será o día 30 de outubro en Maceda, na provincia de Ourense, no Festival O Pipotazo.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 30-09-2010 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Cursos en Ouzande (A Estrada)

AC A FERVENZA DE OUZANDE
Dan comezo as clases deste novo curso.
A Asociación convoca a todas as persoas interesadas a unha reunión que terá lugar o próximo sábado 2 de outubro no local do campo da festa ás 5 da tarde.


Na mesma informarase dos prezos e demais detalles das clases e tamén se fixarán os horarios de PANDEIRETA, BAILE e TAMBORIL.
Tamén convidamos ás participantes nas clases de pandeireta a traeren a mesma para interpretaren algunha peza. As persoas que veñan tamén poden traer os seus instrumentos.
O horario da clase de GAITA será todos os sábados ás 11:30 da mañá.

Toda a información e as fotos das últimas actividades no noso blog
http://carreiros.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 30-09-2010 17:47
# Ligazón permanente a este artigo
Mércores 29-S: FOLGA XERAL
A Confederación Intersindical Galega convoca a toda a cidadanía á Folga Xeral que estáconvocada para mañá mércores 29 de setembro de 2010

29 DE SETEMBRO FOLGA XERAL

NON Á NOVA REFORMA LABORAL
OUTRO MODELO É POSIBEL

Estos son os lugares onde vos emprazamos:

-A Coruña, 12.00 horas, Praza de Vigo.

-Compostela, 12.30 horas, Praza Roxa.

-Ourense, 12.00 horas, Pavillón dos Remedios.

-Lugo, 12.30 horas, parque de FRIGSA.

-Ferrol, 12.30 horas, avenida de Esteiro (locais da CIG).

-Pontevedra, 12.00 horas, Praza da Ferrería.

-Vigo, 12.00 horas, cruce da Doblada.

-Foz, 18.00 horas, diante de Facenda.

-Vilagarcía, 12.00 horas, Casa do Mar.

-Noia, 12.30 horas, rotonda de San Lázaro.

-Cee, 12.00 horas, Praza 8 de Marzo.


MAIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE
http://www.galizacig.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2010 23:19
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe volta o Alalá

Hoxe, martes, día 28/09/2010

O programa "Alalá" atende hoxe a unha carencia resolta. Se alguén quería aprender a bailar batuka ou danzas gregas en Galicia sen moverse do salón da casa non tiña máis que ir a unha libraría e mercar un método; pero se querías aprender baile tradicional galego non podías facer o mesmo porque non existían manuais pensados para iso. Para cubrir ese oco naceu O Bailabén, obra de dous experimentados mestres de baile, Edith Cotilla e Gustavo Couto, que hoxe dará a coñecer o programa.

Ao longo do programa irase despregando esta publicación, que consta dun libro e dun DVD con fotografías e explicacións suficientes para que quen non saiba facer un punto poida rematar de velo e ser capaz de bailar unha muiñeira ou unha xota con máis ou menos soltura. O Bailabén está dirixido ademais aos mestres de primaria e secundaria que queiran introducir o baile tradicional nos ámbitos da música e da expresión corporal, porque ese é un dos obxectivos recollidos na Lei de educación, pero ata o momento non existía apenas material didáctico para axudar os mestres a cumprilo.

Dous nenos, Iria e Serxio, acompañan a Edith na realización dos diferentes pasos para facer máis doado aínda o seguimento deste método.
Comentarios (18) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 28-09-2010 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugía Pedreira
Unha das bandas galegas máis innovadora e surrealista que pariu esta terra presentou na Coruña o seu segundo disco, ?Manual de sedución?, un traballo fermoso sen igual á vez que complexo, cheo de microdetalles, que require de ser escoitado con calma varias veces e que anima ó baile como xeito fundamental de relación entre as persoas

A súa calidade musical fala por si soa e de feito, así o recoñecen a inmesa maioría da xente da profesión e do público, o cal, non sempre é doado. Hai catro anos devolvéronlle a Galicia as melodías e ritmos que nos anos 20 e 30 invadiran os salóns de baile, cuns arranxos coidados e unha posta en escena irreverente a través do seu primeiro disco que chamaron da mesma maneira que o propio grupo: Marful. As críticas dixeron que se trataba do mellor que lle pasara á música galega nos últimos dez anos.

Ugia Pedreira ?voz?, Marcos Teira ?guitarras flamencas, acústica, eléctrica, manouche, tres cubano, cavaquinho?, Pedro Pascual, -acordeón diatónico, accordina, mandolina, banjola- e Pablo Pascual ?clarinete, clarinete baixo, clarinete contrabaixo, clarinete Albert en Sol? volveron xuntos ós escenarios. Fixérono no Teatro Colón da Coruña, para presentar o seu novo traballo, Manual de sedución, gravado entre outubro de 2009 e maio de 2010.

Traen un disco luminoso, exuberante, viaxeiro, lisérsico, onírico entre o espazo e o tempo. Desde as tabernas dos portos até os xardíns románticos, desde os cinemas vellos até as grandes extensións de vides, do superficial ao profundo sen acritude, do corrosivo ao naif sen permiso. Marful déixase seducir pola música popular galega, pola música italiana da Orquestra Strappini, polas amizades e as constantes viaxes a Cuba e A Brasil. E pérdense nas voltas da música ambulante, das variettés e das piscadelas ao music-hall. O resultado é un son club, vintage e cool co carimbo do realismo máxico galego cheo de tópicos galego-portugueses e cargado de retranca.

Hai varios meses presentaron o seu primeiro videoclip e deron a coñecer Pasodoble universal un dos temas do novo disco. A proba causou furor. Ademais de pola música, porque nel participaban bailando o sempre amable alcalde de Teo, Martiño Noriega, e o galeguista Rafa Cuíña, dous homes que poderían pisar forte na política futura deste país que se debate entre que ser ou cara a onde ir. No disco tamén colaboran grandes nomes da música como Germán Díaz, José Manuel Díaz, Quim Farinha, Paulo Gacio, Diego Galaz, David Herrington, Xacobe Martínez, Luis Alberto Rodríguez Legido, Alejandro Vargas, Alfredo Rodríguez ou Nemesio de Manzaneda, e está apadriñado por Xurxo Souto. Todos son grandes amigos e todos recoñecen que Marful é algo máis que un grupo galego calquera. O proxecto máis importante de Ugía, onde se pode ver, efectivamente, tal e como é, de arriba abaixo.

Cóntame, a quen queredes seducir con este disco?
Nos para facelo tivemos que seducirnos durante catro anos e manter unha relación duradeira, o que quere dicir que leva moita paciencia e moita tenacidade. É tamén unha sedución co público, desde o principio ata a fin, onde non hai ningún medo para exhibir as emocións e onde damos pé a facer mil e unha preguntas, a dicir pero non dicir. A sedución, por un lado é evidente e por outro non, todo o contrario, misteriosa, digamos que o yin e o yang, como a portada do noso disco, que é misteriosa e máxica, ten un punto de traballo coas mans e coa maxia e a foto que representa o cartaz e onde estamos os membros é a evidencia pura do realismo máxico galego.

Este é un disco surrealista...
Si, porque é un movemento no que nos identificamos, tanto co surrealismo galego de Granell e outros como co movemento xeral europeo. Á parte, tres das persoas do disco, concretamente o deseñador, o fotógrafo é unha das persoas que fixo a letra da canción Manual de Seduçao son patafísicos convencidos, están dentro desta corrente do surrealismo que é a patafísica.

Si, porque é un movemento no que nos identificamos, tanto co surrealismo galego de Granell e outros como co movemento xeral europeo. Á parte, tres das persoas do disco, concretamente o deseñador, o fotógrafo é unha das persoas que fixo a letra da canción son patafísicos convencidos, están dentro desta corrente do surrealismo que é a patafísica.


Neste traballo mestúranse de novo diferentes estilos musicais e influencias de moitos países. Non obstante, todo encaixa á perfección como música galega...
Si, é que a música galega é a música feita polos galegos e as músicas que son capaces de transformar os galegos. Digamos que as formas están aí para malealas, para modelalas. A música galega son tamén todas as influencias que foi recibindo pola emigración e outro tipo de motivos. Os galegos, como os brasileiros, somos quen de converter a música en nosa e ese é un auténtico valor da xente que se dedica a crear aquí e desde aquí.

Chegouse a falar no anterior traballo de que Marful reinventaba o folk galego. Velo así?
Marful transforma e nós facemos o que sentimos e o que nos dan as nosas capacidades. O que pasa é que nós levamos moitos anos dentro da música, vendo distintas solucións posibles e aplicando técnicas e leis que quizais ás veces son un pouco excepcionais. Levamos moitos anos nisto, moitos pasamos polo jazz, polo rock, polo flamenco, e deixámonos levar un pouco por todas as experiencias pasadas. Aí saíu un son que é moi avalado por determinados músicos, nós sentímonos moi queridos pola xente da nosa profesión, pero moito ademais, queridos, apoiados, axudados, respectados...

E a parte de ser un traballo moi querido é un disco e unha música moito para bailar, algo que agora xa non se fai tanto...
Non, non se estila o de bailar e iso é unha pena porque o que se está é negando unha comunicación entre os corpos, estase perdendo moita información para comunicarte coa xente. Cada vez máis creo que é unha petición que na noite poidas, ademais de tomar unhas copas, relacionarte corporalmente bailando con alguén todo tipo de ritmos, non ten por que ser soamente ?dance?. Na xente da miña xeración, de trinta e pico, é un tema que está vixente e que se bota de menos.

Ou sexa que seguides con ese espírito dos salóns de baile antigos...
Non, co espírito dos salóns de baile non seguimos (Risas). Quero dicir, nós abrímolos e tamén os fechamos, aínda que o olor está aí.

Catro anos agardando por este disco. O primeiro traballo de Marful sorprendera moitísimo e este non queda atrás. Que evolución hai entre un e outro?
Hai a evolución de catro anos con moitas vivencias, catro anos de moitas viaxes, lugares nos que estivemos tocando ou facendo outras cousas, como Brasil e Cuba, e xente que foches coñecendo no camiño e que che foi facendo cambiar de opinión e cambiar a túa visión da música. Digamos que o resultado é un disco máis complexo, para ser escoitado con calma varias veces. Está cheo de microdetalles, é case microfundista.

O videoclip de ?Pasodoble Universal? non deixou indeferente a ninguén. Quen baila mellor, Rafa Cuíña ou Martiño Noriega?
Home, eu non creo que baile mal nin o un nin o outro! Móvense de maneira diferente, digamos que depende das horas. Creo que pasa como neste disco Manual de sedución, nós non temos a bariña máxica de nada, só propoñemos unha serie de solucións imaxinarias e os dous saben moverse ben e ademais son dous grandes sedutores.

Home, eu non creo que baile mal nin o un nin o outro! Móvense de maneira diferente, digamos que depende das horas. Creo que pasa como neste disco , nós non temos a bariña máxica de nada, só propoñemos unha serie de solucións imaxinarias e os dous saben moverse ben e ademais son dous grandes sedutores.

Por que os elexístedes a eles?
Por amigos.

Comentábame Martiño un día que el é moi vergonzoso e lle deu moito pau facelo...
Si, pero tamén foi atrevido. Aí está o tema, hai unha liña fina entre mostrarse ou non mostrarse. Eles están no vídeo como están os colaboradores no noso disco. Non están só porque sexan coñecidos. Realmente, depende de a que xente chegue o videoclip, moitos non os coñecerán, pensarán que son uns señores calquera. Pero son dous grandes amigos e ademais son dous grandes cachondos mentais.

Ou sexa que non hai unha mensaxe subliminal en ton político neste vídeo?
É como o Manual de sedución, ves o que queres ver.

Marful non pasa da política.
Nós non podemos pasar da política. A política é unha representación dun espazo público. A política é un pensar representativo. A todo cidadán, en principio, eu creo que lle debe interesar o espazo público onde vive.

Din a maioría dos grupos galegos que este ano case non teñen actuacións malia ser Xacobeo...
O poder político sempre ten un reflexo e ten unha serie de ideoloxías musicais, culturais, etc., e iso reflíctese sempre nun grupo ou noutro, galego ou non. Pero penso que a música de calidade sempre vai triunfar e a música feita de verdade desde o corazón sempre vai triunfar. Non me interesa tanto a cantidade como a cualidade e o ir despacio, ir tranquilamente despacio desde o pequeno. Neste grupo, eu persoalmente, non me deixo cegar polas grandes masas e polas grandes masas subvencionadas menos.

Polo momento parece que Marful só ten unha data para a estrea do disco, na Coruña....
Imos presentar o disco en Portugal, na Casa da Música.

Cando será isto?
A finais de outubro. Na Casa da Música, neste emblemático edificio de Porto, nunca se presentou un disco galego, non se atrevían a darlle a confianza a ningún. Despois de dous anos e medio por fin aí estamos, porque nós temos baixado bastante a Portugal, temos feito bastantes xiras alí e é un público que adoramos.

Que é o que vai atopar a xente nunha actuación de Marful?
Creo que a xente se pode atopar bastante consigo mesmos. É un espectáculo no que nós daremos todo e o público creo que tamén ten o seu traballo. Haberá sempre moita improvisación e supoño que, como dicía Xurxo Souto o outro día na presentación do disco, haberá tamén ata mariscos amestrados.

É un gran privilexio contar con Xurxo Souto de padriño, unha das persoas que máis debe de saber de música galega...
Xurxo Souto é unha das persoas que máis sabe da miña vida musical, é un grande amigo e xa foi padriño do primeiro disco e se por min é seguirá sendo padriño dos seguintes. Vólvoo a dicir, Marful non ten colaboradores no disco nin fai as cousas por gañar publicidade, espero que a publicidade veña polas nosas cancións e non polos nomes que nos acompañen ó redor. Xurxo é unha persoa da familia, da casa, e coñécenos moi ben, sabe ben das nosas rarezas.

Que significa Marful dentro de toda a túa carreira musical?
Non é o meu único proxecto, pero si que é o máis importante, con dicirche que leva o apelido da familia, Marful é o segundo apelido de meu avó emigrado de Cuba, dígoche bastante. Ademais, case todas as composicións que fago ó longo do ano van dirixidas a Marful. É desde onde se me ve a min de arriba a abaixo e cos meus compañeiros gusto moito de facer a música, é un xogo moi divertido, porque case que a poesía se converte en rival da música e viceversa, temos aí unha corda que é moi interesante para a composisión.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2010 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Marful na TVG
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-09-2010 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 27 (luns)

Terza feira 28 (Martes)
? The Homens e Vistalegre na sala Moon (Compostela)

Corta feira 29 (Mércores)
? FOLGA XERAL

Quinta feira 30 (Xoves)

Sexta feira 1 (Venres)
? IX Premios Opinión de Música Folc no Teatro Rosalía de Castro (A Coruña): Guadi Galego, Sonia Lebdynski, 8 Rodas e Germán Díaz
? Pressing Catch no Centro Cultural Caixanova Vigo
? Cuchufellos en Trasmirás
? Noite de Tasca en Vilamaior (Ordes), no bar Carballeiro

Sábado 2
? Skarallaos e La Pegatina na sala Capitol (Compostela)
? Serán de San Miguel no Teleclub de Gaxate (A Lama)
? Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa.

Domingo 3
? II Xornada de Cultura Popular Galega (San Sadurniño): Sobre Rodas, Brincadeira,...
? Terractiva (Arzua): Cantareiras de Arzúa, Grupo de gaitas de Castro Curbín, Regueifeiros, Residuos Atractivas,...
? VI Ciclo de Coros Históricos no teatro Rosalía (A Coruña) ás 19:00: Homenaxe a Emilio Corral, Coral de Ruada, Cántigas da Terra
? Luar na Lubre en Lourenza (Lugo)
? V Certame de Gaiteiros Solistas Manuel Dopazo (Bandeira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Na Lúa PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira

Na Lúa foron un dos grupos de referencia na historia do folk galego e sempre salientaron por tomar un camiño diferente ao que estaba de moda naquela época dos oitenta na que naceron. No seu concepto musical engadiron unha dose de contemporaneidade que abriu un vieiro daquela inexplorado no noso folk.

Sen refugar de realizar mesturas musicais, un dos seus eixes de acción veu marcado polo seu achegamento musical a Portugal, sendo tamén os primeiros que investigaban nesa fonte. Na última entrevista concedida a este xornal manifestaban que houbo xente que os marcou, ?caso de Zeca Afonso, Fausto ou Júlio Pereira. Houbo uns anos nos que Galicia estaba a ser colonizada polos sons escoceses e irlandeses e naquel momento a nosa música corría o risco de ser asimilada. Afortunadamente agora xa valoramos o propio. Somos música celta por facer música galega e non por outra cousa, e conste que a nós a céltica é unha música que nos agrada bastante?.

O grupo nace en O Porriño no ano 1980, aínda que tardaron un lustro en sacar ao mercado o seu primeiro disco, titulado co nome da formación. En 1987 editarían A estrela de maio e un ano máis tarde o ambicioso Ondas do mar de Vigo. Na década dos noventa publicaron Contradanzas, Peliqueiro, Os tempos son chegados e Feitizo.
Polo tanto estamos a celebrar o trinta aniversario do conxunto e resulta un momento axeitado para recoñecer o seu importante labor para que a música folk galega tivese unha factura moderna, sempre tendo en conta onde se achaban as raíces sonoras. ?Cremos que é un erro non facer romances ou cantigas coa mesma intención coa que se facían na súa época. Semella que sacralizamos o pasado e non ollamos para o presente. Existe un certo carácter etnográfico que, quizais, nalgún momento está fóra de lugar?, comentaban naquela entrevista mantida con eles.

Sempre miraron cara adiante coa intención de estar ao día na súa proposta sonora, mantendo sempre unha personalidade propia. Comezaron como banda instrumental e logo incorporaron a voz de Uxía Senlle, a do finado Xose Manuel Eirís, que estivo con eles o ano 1986, e nos últimos tempos era Xabier Debesa quen exercía o cometido vogal na formación.

NaLúa acada o terceiro PREMIO OPINIÓN a unha Andaina Senlleira, galardón que premia unha traxectoria sobranceira no eido do folk e que anteriormente foi parar ás mans do histórico arpista Emilio Cao e na pasada edición ás de Antón Corral.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 15:49
# Ligazón permanente a este artigo
Germán Díaz e 8 Rodas tocarán na gala dos IX PREMIOS OPINIÓN
Ademais de contar coas actuacións de Guadi Galego, quen cantará por primeira vez nun escenario temas do disco Benzón, e Sonia Lebedynski, quen fará o seu debut como solista, a gala de entrega dos IX PREMIOS OPINIÓN contará na súa primeira parte do espectáculo co son das zanfonas, un instrumento con moito engado e vencellado ao Camiño de Santiago a través deses músicos que o empregaron séculos atrás, onde non faltarían ese históricos cantares de cego. Por iso consideramos que este Ano Xacobeo era unha boa ocasión para que os espectadores puidesen disfrutar con ese instrumento.

Para comezar a noite contaremos cun extraordinario intérprete, como é Germán Diaz, un home que é quen de levar a zanfona cara a sonoridades totalmente contemporáneas e incluso tocar un tango con ela, xa que a súa mente aberta e talento musical sírvenlle para moverse con naturalidade entre diferentes estilos, o que xa probou nos seus variados proxectos artísticos.
Por outra banda, contaremos case con outra estrea musical no escenario. 8 Rodas porá a oito tanxedores de zanfona no palco do Rosalía, no que será a súa segunda actuación en publico. Os compoñentes da formación son os membros da sección de zanfonas da orquestra folk Sondeseu. Eles comentan que para este proxecto ?tentamos darlle aos nosos instrumentos un tratamento máis alá da sonoridade cotián que das zanfonas temos no ámbeto da música tradicional. Precisamente isto nos permite arranxar con maior liberdade e con mentalidade musical aberta aínda que o noso repertorio estea baseado principalmente en melodías do país. Contamos ademais con instrumentos de construcción actual, con zanfonas moi evolucionadas grazas ao traballo continuo de investigación dos artesáns?. Sobre se pensan que existe un lugar no panorama do folk galego para unha formación das súas características, manifestan que a zanfona está agora mesmo nun pleno rexurdimento. ?Agora máis ca nunca podemos escoitar estes instrumentos en diferentes escenarios. Pero cremos que aínda está lonxe de acadar a súa plena normalización no mundo do folk e da música en xeral, polo que reivindicamos desde a nosa formación un pulo merecido?. En canto á súa participación na gala dos Premios Opinión declaran sentirse ?moi ilusionados pola importancia que teñen na actualidade no mundo da música folk. Pero, ao mesmo tempo, é tamén unha gran responsabilidade polo traballo que queremos amosar, pois será a primeira vez que unha formación conte cunha instrumentación composta unicamente por oito zanfonas. Isto é un reto para nós, persoal e musicalmente?.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Sonia Lebedynski fará o seu debut como solista nos PREMIOS OPINIÓN
Comezou a súa carreira moi noviña, cando só tiña trece anos cantaba co grupo Vaite Embora, no que coincidiu con Susana Seivane, á que tempo máis tarde acompañou como cantante durante tres anos, cando a gaiteira deu o paso a exercer como solista.
Aínda que leva trece anos enriba dos escenarios, Sonia Lebedynski é unha artista nova que xa acumula unha experiencia que a fixo madurar axiña musicalmente. Actualmente é a cantante dun grupo histórico como Fía na Roca, cos que comezou a traballar no ano 2001.


Na vindeira gala de entrega dos PREMIOS OPINIÓN, a cantante realizará o seu debut como solista, interpretando catro pezas. Contará coa valiosa axuda de Xosé Lois Romero para traballar nas composicións e atópase ilusionada ?porque considero que este é o primeiro paso para facer algo persoal, unha cousa que tiña moi presente na miña cabeza?. Na gala tocarán como dúo, pero no futuro non desbotan incorporar a outros músicos a este proxecto como solista. Romero tocará o acordeón e percusión, e tamén traballará coa electrónica para soltar algunha sonoridade que os acompañe.

A cantante elixiu ao seu compañeiro para traballar canda ela ?porque ten unha visión moi particular da música galega. Sempre me gustou moito como a trata, dun xeito diferente e aportando uns arranxos moi bos. Sigo a súa traxectoria dende hai anos nos diferentes proxectos nos que formou parte e pensei que podía ser un bo compañeiro para navegar comigo nesta nova andaina que comezo?. En canto ao repertorio que se poderá escoitar na cerimonia de entrega de premios, Lebedynski non quere esquecerse da música tradicional, ?coa que me criei e por iso non vai faltar a interpretación dunha peza que levo cantando durante bastantes anos?. Esa pode ser a imaxe máis recoñecible da artista, pero non será a tónica xeral dos outros temas, onde salienta ?que a xente se pode levar algunha sorpresa?. Subliña que non só están a traballar a parte musical, ?senón que un espectáculo require dunha visión algo máis global na posta en escena e non todo é estritamente musical?.

Na gala dos PREMIOS OPINIÓN xa se lle deu a alternativa ao dúo Espido, formado por Guadi Galego e Guillerme Fernández, que despois chegaron a acadar coa súa ópera prima o segundo lugar nas votacións ao mellor disco folk do ano.
Lembremos que Galego estará este ano outravolta na gala e interpretará por primeira vez nun escenario algúns temas do disco Benzón, gañador na novena edición dos nosos galardóns.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-09-2010 15:48
# Ligazón permanente a este artigo
Finou Ana Kiro
Morre Ana Kiro, a muller que cantou á "Galicia meiga"

Seguramente non houbo un verán galego, desde os anos setenta até a presente década, na que a voz de Ana Kiro non ecoara no escena­rio dunha festa ou dunha romaría. A cantante máis prolífica e querida da mú­sica galega finaba onte ó mediodía na súa casa de Mera (Oleiros), aos 68 anos.


Desde 2006 combatía con afouteza os azoutes do can­cro. Ingresos hospitalarios, sesións de quimioterapia "a quimio galega", dicía ela este agosto pasado, men­tres recibía un tratamento co fármaco Yondelis- que ela sobrelevou con serenidade e valentía, acompañada sempre do seu home, o res­taurador Carlos Rivero, da súa filla Mari Carmen e dos seus netos, Iñaki e Eva.

No auditorio Gabriel Gar­cía Márquez de Mera, onde tivo lugar unha das súas úl­timas actuacións, eran onte velados os seus restos mor­tais, e até alí achegáronse centos de persoas para lle daren o derradeiro adeus a unha figura que integra, por dereito propio, o pan­teón simbólico da cultura popular galega, aquela que tivo na emigración unha das súas permanentes fon­tes de vida e alimento.

María Dolores Casanova González, naceu en 1942 na parroquia de Castañeda, en Arzúa. Filla predilecta do concello coruñés, o alcal­de desta vila do Camiño lamentaba onte a "perda" dunha "persoa moi huma­na, natural e íntegra", da que salientou as súas fa­cetas de cantante, comu­nicadora e actriz, loando a súa capacidade para "con­seguir todo aquilo" que se propuña.

Ana Kiro vinculou o ini­cio da súa carreira musi­cal á colectividade galega emigrada en Cataluña. A Barcelona chegara coa súa familia e desde alí coñe­ceu a face dunha morriña e dunha saudade que sabe­ría, co tempo, cifrar nunha letras enchoupadas de nos­talxia labrega e mariñeira.

Casada moi nova e ta­mén moi nova separada, xa cunha filla, Ana Kiro participou como vocalista no programa Galas del sá­bado, de Televisión Espa­ñola, que presentaban, na altura, Joaquín Prat e Lau­ra Valenzuela e fixo dúo con mitos da música lixei­ra como José Guardiola. Da man da discográfica Belter sumouse a aquela onda de voces femininas que tenta­ban importar algunhas das sonoridades do pop británi­co e francés dos finais dos sesenta, con selo yeyé. Era o tempo dos festivais de verán, dos 45 rpm e o Kiro do seu apelido semella un­ha concesión ao necesario exotismo que daquela se lle esixía ás cantantes.

Os primeiros rexistros do seu catálogo reco­llen, sobre todo, letras en castelán, moitas delas co­vers de éxitos españois ou internacionais: Ma­rionetas en la cuerda, El ro­sario de mi madre ou Paco Paco Paco.

A primeiros dos anos se­tenta, nas súas primeiras viaxes a Galicia, coñece o compositor Manuel Muñiz, que adapta un tema popular e llelo cede a ela para que o inter­prete. Trátase do Galicia, Terra Meiga, un dos seus máis rotundos éxitos, gra­vado co selo Olimpo, que acollía rexistros de música galega e en galego. Daquel tema, casette de ouro, ven­déronse máis de 100.000 copias e permaneceu tres meses nas listas de vendas. Desde entón, a simbiose de Ana Kiro coa lingua gale­ga -apoiada tamén na co­laboración co seu amigo, letrista e cronista infatigá­bel, Xosé Luis Blanco Cam­paña-, foise estendendo a traballos como Viva Galicia (1974) ou Así canta Galicia (1975), un disco conxunto con Andrés Dobarro, Pepe Domingo Castaño e Ber­nardo Xosé. Así até gravar máis de trinta traballos dis­cográficos.

Ela mesma recoñecía, na derradeira entrevista que lle concedeu á Televisión de Galicia, o título oficioso de "cantante dos emigrantes". Tanto tiña o lugar. Unha vi­venda de obreiros galegos en Barakaldo, o piso dunha familia de Touro no bairro do Carmel, en Barcelona, un centro galego de Bos Ai­res ou Montevideo, en No­va York, en Suíza, Francia ou en Alemaña. Alí onde houbera un galego, estaba Ana Kiro. Prodigouse nos escenarios onde ese pú­blico a reclamaba e, como nunha viaxe de ida e volta, a rapariga de Arzúa que tiña o engado na voz e nos ollos estendeu os seus retrousos pícaros e melancólicos po­lo aire de todas as festas de Galicia. Á beira dun palco ou dunha orquestra, até que a enfermidade llo im­pediu, Ana Kiro percorría os escenarios da Galicia ex­terior e interior aquelando o ritmo dunha muiñeira, un pasodobre ou unha ran­cheira.

A última homenaxe foi en agosto

Ana Kiro retirouse do mundo da canción no 1998, aínda que anteriormente (1995) lle fixeron unha homenaxe na Coruña que se retransmite pola Televisión de Galicia e que consegue unha grande audiencia. A partir dese momento comeza a súa relación coa televisión, que empeza co talk-show Toda unha vida e continúa con Tardes con Ana, un dos máis exitosos programas da TVG e, probablemente, o único éxito verdadeiramente popular da grella da canle na sobremesa. Posteriormente participa como actriz protagonista na serie A miña sogra e mais eu. Estaba casada con Carlos Rivero e tiña unha filla. En 2006, detectáronlle un cancro de ovarios, do que foi intervida cirurxicamente. En 2007, no programa Volver ao rego, de Xosé Luís Barreiro Rivas, fai a súa reaparición como invitada. A súa última aparición pública, xa visiblemente afectada pola enfermidade, foi o pasado doce de agosto nunha homenaxe que lle tributaron en Vedra.

CONDOLENCIAS

Ana Kiro cantou sempre en ga­lego e ese feito -aínda que nela respondera á natura­lidade da súa expresión ou mesmo a razóns de estra­texia comercial- adquire hoxe, en tempos difíciles para o idioma de Galicia, a categoría de exemplo. Así o manifestaba onte, nun comunicado A Mesa pola Normalización Lingüísti­ca, quen lle agradecía "o firme compromiso amosa­do sempre coa nosa lingua e a nosa cultura da mellor maneira posíbel: isto é, a través do seu uso, popula­rizando un amplo reperto­rio musical desde o galego nun contexto ben difícil". Segundo a Mesa, Ana Kiro empregou "sempre o gale­go na súa música, mesmo a pesar do tópico interesado que sitúa o feito en galego como incompatíbel co éxito comercial". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, envioulles tamén o pésame á familia da cantante, mentres a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, falaba da "gran dama da canción popular galega". O Goberno municipal da Coruña mostrou o seu "fondo pesar" polo falecemento de Ana Kiro, á que cualifica como "unha figura clave" na música popular de Galicia. O soterramento dos res­tos mortais de Ana Kiro te­rá lugar hoxe, ás 19 horas, no cemiterio parroquial de Serantes, en Mera, cabo da que foi a súa casa. A esa despedida, segundo confir­mou onte a Xunta, asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Rober­to Varela.

www.galiciahoxe.com





Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 25-09-2010 11:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
? Gravación do videoclip de Pesdelán ás 21:30 no C.S. A Ramallosa (Teo)
? Contradança no Bar Batallón (Vigo)
? Pablo Carpintero en Rairiz de Veiga ás 12:30 na Romaría da Saínza
? Final Concurso Querostar: Chotokoeu, Maghúa e La Senda del Afra na sala The Star (Carral) ás 23:00
? Machina e Berri Txarrak na Sala NASA (Compostela)
? Ruxe-Ruxe e Skandalo GZ no pub Inferno (Vigo)
? Festicultores Troupe e Estoupa Caldeiros no Folión de Fachas de Vilelos, O Saviñao [Lugo]
? Festivalo no campo da Festa de Manselle (Dodro): A Banda de Balbina, Labregos en tempo dos Sputniks, Residuos atractivas,...
? Festa da Cultura (Riotorto)
? Foliada no Lar (As Pontes)
? Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
? Serán en Gargamala (Mondariz) no adro da igrexa

Sábado 25
? Festa da Cultura en Riotorto con Homenaxe a Mini e Mero: Susana Seivane, Os Tres Trebóns, Os Minhotos, Xavier Díaz e Ugia Pedreira
? Malvela en Marín na Festa da Canción Mariñeira ás 22:30
? Emilio Cao na Ferreiría Nova de Seoane (Folgoso do Courel) ás 19:00
? Ghaita de Pedra no Bar Batallón (Vigo) ás 22:00
? A Quenlla no Bar Hipólito (Vigo) ás 22:00
? Os John Deeres e Avante na Fundaçom Artabria (Ferrol)
? Machina e Berri Txarrak na Sala Le Club (A Coruña)
? Esquíos na Casa das Atochas (A Coruña) ás 21:00
? Cantigas da Terra no Lar (As Pontes)
? Dúo Fernandez&Quintá no pub O Muiño (Cervo)
? Cantigas e Agarimos en Vilalba
? Mercedes Peón no Teatro Jofre (Ferrol) ás 20:30
? Skarallaos e Trapallada en Palavea (A Coruña)
? Tic-Tac (Pablo Díaz) no Centro Sociocultural A Ramallosa, Teo ás 19:30
? Foliada no Cruceiro de Feás
? Serán da Carballeira (Salceda de Caselas)

Domingo 26
? Danza das espadas en Marín nas prazas da Alameda, España e Reloxio a partir das 13:00
? A Roda en Paradela (Lugo)
? Sobre Rodas e Combo Mariñeiro en Marín na Festa da Canción Mariñeira ás 22:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
E seguen os Seráns
24 de setembro
- Seran en Gargamala (Mondariz) no adro da igrexa

25 de setembro
- Serán da Carballeira (Salceda de Caselas)

2 de Outubro
- Serán de San Miguel no Teleclub de Gaxate (A Lama)
- Serán de San Tomé en Parderrubias (Salceda de Caselas) no Torreiro da Igrexa.

16 de Outubro
- Serán do Furancho da Balsa (Matamá-Vigo)

23 de outubro
- Serán en Achas-Randufe,(A Cañiza). a carón do campo de futbol
- Serán en Barcela (Arbo)

4 de decembro
- Serán de Regodobargo (Pontecaldelas)

11 de decembro
- Serán no adro da igrexa de Mondariz

29 de xaneiro
- Serán do Lecer en Pazos de Borbén na praza do concello.

5 de marzo
- Serán en Pazos (Pontecaldelas)
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-09-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
III Serán Carballeira (Salceda de Caselas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-09-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada nas Pontes
Empezamos nova temporada de Foliadas no Lar (As Pontes). O vindeiro venres, día 24 de Setembro. Será a número 35 dende o seu comezo en Marzo do 2006.

Esto non sería posible sen a colaboración de toda a xente que participa, tanto músicos, como o resto de asistentes, e tampouco chegaría ata aquí sen os seus patrocinadores: O Grupo de Empresa Endesa e a Cafetería Lar. Dende a organización graciñas a todos e a todas.

Argallado e organizado por os seguintes grupos de Música Tradicional das Pontes: Os Suplentes.Os Trevillas.Escola Municipal de Música e Baile Tradicional.Pandereteiras de Alende.Cana Vella.Axóuxere.Muxarega.No Cómbaro.Os Feroces da Galgueira.

Pois o venres 24 teremos de anfitrions de este mes o grupo local No Cómbaro coa súa "Música de Taberna" e de prato forte unha recente formación co nome de Espadana Gaiteiros pero con compoñentes históricos e de sobra coñecidos por todos.

http://nocombaro.spaces.live.com


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-09-2010 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Voltan as Foliadas no Salason (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-09-2010 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada no cruceiro de Feás
O 25 de setembro a partir das 20:00 h celébrase unha Sardiñada - Foliada no Cruceiro de Feás.

Ligazón para chegar ó sitio

ESPERÁMOSVOS!

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 24-09-2010 09:48
# Ligazón permanente a este artigo
III Festa da Canción Mariñeira (Marín)
A terceira Festa da Canción Mariñeira se consolida con rutas musicais pola ría

A carpa da praza de España será o eixo central da terceira Festa da Canción Mariñeira, que comezará mañá pola mañá e durará ata o domingo. Unha das principais novidades deste ano consistirá na oferta de viaxes musicais en barco -45 minutos na ría e outro tanto en Tambo-, a un custo de dous euros e con saida do porto de Marín de forma máis ou menos continua de 12 a 17.30 horas. As prazas débense reservar na oficina de turismo ou no teléfono 886 208 086.

As travesías serán amenizadas por un grupo musical para entreter aos participantes.
A concelleira de Turismo, a nacionalista Pilar Blanco, explicou que na carpa haberá degustacións, a cargo de catro establecementos hosteleiros da vila. O menú incluirá, a prezos económicos, frituras de peixe, nécora, cigala, navalla, polbo e empanada. O mexillón estará ausente da carta, xa que a marea bermella impide a súa extración recente e o Concello non quere ofrecer produto foráneo. O peixe ponno a confraría de pescadores e as navallas a lonxa de Campelo.

No apartado máis musical das xornadas, destaca a actuación da banda de música do Ateneo Santa Cecilia, ás 13 horas de mañana, mentres que o prato forte das celebracións será Malvela, un grupo que naceu ligado á difusión da cultura galega, e que dará o seu concerto ás 22.30 horas.

O domingo ás 13 horas actuará a banda de música de Salcedo. Ás 20.30 horas tocaralle o turno á coral do centro sociocomunitario de Marín. Pola noite, intervirán Sobre Rodas e Combo Mariñeiro, a partir das 22 horas. En todos os casos, a maioría das temáticas das cancións estará relacionada co mundo do mar, e no caso concreto da coral do centro sociocomunitario tentará rescatar algunhas das cantigas populares da localidade.

Artesanía
Como complemento da programación, na carpa haberá dous espazos reservados para exposicións. Por un lado, o artesá Manuel Piñeiro exhibirá as súas producións con bimbios. Polo outro José Manuel Formoso traerá unha selección dos mellores exemplares da súa colección de cunchas. Pilar Blanco precisou que no caso de Formoso trátase dunha das maiores colecións de macaloloxía de toda Galicia con pezas de todo o mundo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Anaquiños (Chapela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:39
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación dos novos cursos de Rebulir (Ramirás)
O vindeiro Sábado día 25 de Setembro as 19:00 h no Centro Sociocultural de San Andrés (Vilavidal ? Ramirás), terá lugar o acto de apertura do curso lectivo 2010/2011 da Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir.

Neste explicaranse aos alumnos e familiares os horarios e actividades a desenvolver nos meses próximos. A principal novidade para este ano será creación dun futuro grupo de pandereteir@s que será constituído por nais, avoas, pais, avós, familiares... de alumnos da escola, o cal comezara a súa andadura polo mes de Decembro.

As disciplinas que se impartirán serán as seguintes:

- Baile Tradicional (Mestres: Alexandre Sotelino Losada e Ángela González Amoeiro)
- Canto e Pandeireta (Mestra: Mar Aragonés Montenegro)
- Gaita (Mestre: Jesús Pérez Saburido)
- Percusión Tradicional (Mestre: Marcos Pérez Saburido)
- Obradoiros e actividades de etnografía (Mestres convidados)

O mesmo acto será tamén o foro onde se entregarán os premios correspondentes ao III Concurso de Fotografía Antiga
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Cultura (Riotorto)
"Toca pasar á acción".
Co ánimo de dar pulo á cultura de base, máis de 40 colectivos culturais e sociais da Mariña e da Terra Chá sumaron folgos e ideas para organizar o medio centenar de actividades que, baixo o nome de Festa da Cultura, acolle a praza das Rodrigas de Riotorto dende hoxe ata o domingo.


"Queremos demostrar que con ganas e vontade pódense superar os atrancos económicos e promover unha cultura participativa", resume un dos coordinadores, Moncho Ermida. "Hai tempo que as asociacións estamos a reflexionar sobre que e como facer fronte á terrorífica axenda neoliberal de recortes nas axudas á creación".

A súa resposta materializouse nunha programación que reflicte a variedade de campos de traballo do tecido social da comarca. Colectivos feministas, ecoloxistas, deportivos ou culturais encheron unha axenda que, entre exposicións, obradoiros ou proxeccións, inclúe un concerto homenaxe a Mini e Mero e un recital que reúnirá ás voces poéticas da denominada xeración dos 80.

Os Tres Trebóns, Susana Seivane, Os Miñotos ou Xabier Díaz, entre outros, poñen música esta noite ao recoñecemento que o movemento asociativo quere brindar ao traballo da parella de músicos "Mini e Mero", que pecharán a homenaxe. "A cultura galega e todo o país está en débeda con eles", di Ermida, "e hai que recoñecer á xente cando aínda está entre nós".

Recital poético
Se hoxe resoan cancións nas Rodrigas, mañá serán poemas. Xosé María Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Cesáreo Sánchez, Xulio Valcárcel, Luísa Castro, Manuel Forcadela, Xavier Seoane e Rodríguez Baixeras van reunirse cando os 25 anos de De amor e desamor serven para pór baixo o foco a "madureza" duns autores e autoras que "restauraron a poesía culta no noso sistema literario", en opinión de Ermida.

Aínda queda tempo para un ciclo de documentais, un obradoiro de tuppersex, un maratón de curtas -que inclúe a proxección da mítica fita A Tola- ou un debate arredor da galegofobia -"non nun sentido lingüístico, senón dende unha perspectiva multidisciplinar", matiza Ermida-. Todo "sen ningún tipo de axudas públicas" e autofinanciado coa venta de bonos. E posto que a Festa da Cultura só precisa de vontade, a organización adianta xa que a feira volverá celebrarse rotando por toda a comarca.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Mini e Mero
Homenaxe en Riotorto a Mini e Mero, os mestres de mestres

Xosé Luís Rivas e Baldomero Iglesias, Mini e Mero40 asociacións culturais homenaxean a Mini e Mero, dúas figuras senlleiras da música e da cultura galega. Será este venres, 24 de setembro, no marco da Festa da Cultura, no concello de Riotorto (Lugo).


Trátase, segundo os organizadores, dun recoñecemento obrigado de todo o pobo galego e, de xeito moi particular do movemento asociativo, polo seu labor, difusión e estudo da nosa música, do seu compromiso coa lingua e a cultura galega e da súa colaboración coas causas vencelladas ao noso país. Mini e Mero serán nomeados socios de honra das entidades organizadoras, xa que consideran que ?significan o triunfo da palabra, propia ou prestada, escrita ou falada, pero nosa?.

Sociedade ? 20/09/2010 ? Autor: Redacción
A homenaxe vai consistir nun concerto no que participarán Susana Seivane, Os Tres Trebóns, Os Minhotos, Xavier Díaz e Ugia Pedreira, fechando o mesmo unha actuación dos homenaxeados. Asemade entre a actuación de cada un dos grupos farán uso da palabra persoas vencelladas á actividade destes dous galegos como a escritora Marica Campo, Xesús Mato, gran promotor da musica galega e impulsor de Fuxan os Ventos e Afonso Blanco, Presidente de Xermolos e impulsor do festival de Pardiñas.

Trátase dunha homenaxe aberta a todas as persoas e colectivos que así o desexen. Poden achegar as súas suxestións ao correo: festadacultura@gmail.com

Paralelamente, ao día seguinte e tamén o domingo, celebrarase a Feira do Libro e do Disco con actuacións de Magín Blanco, Anxo Moure ou a presentación do ensaio "Rosalía, o clamor da rebeldía" de Pilar García negro. Unha publicación premiada pola Fundación Vicente Risco. A cantante Ugia Pedreira tamén presentará o seu disco-poemario "Noente Paradise". Ademais levarase a cabo un recital poético onde se reencontrarán músicos da xeración dos 80.

www.radiofusion.eu
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:13
# Ligazón permanente a este artigo
Remata o I Festival Folk de Vigo
Derradeiras xornadas do I Festival Folk de Vigo

O primeiro Festival Folk de Vigo xa está en marcha. O evento nace con modestia, pero coa intención de ofrecer na cidade unha alternativa de carácter perdurable no futuro, que brinde aos afeccionados ao xénero a oportunidade de gozar das propostas dunha variedade de grupos de procedencias diversas, coa música celta como eixo de conexión.

BAR HIPOLITO:
25 de Setembro: A Quenlla

BAR BATALLÓN:
24 de Setembro: Contradança
25 de Setembro: Ghaita de Pedra


Bar Hipolito en Castrelos 26
Bar Batallón en Martín Codax 17
Comentarios (3) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-09-2010 09:11
# Ligazón permanente a este artigo
Gravación do videoclip de Pesdelán

Ola amig@s, o vindeiro venres imos gravar un vídeo clip para o noso primeiro libro-disco e precisamos a vosa axuda. Imos facer in falso directo e precisamos xente disposta a facer de público e botarse unhas bailas.

Tod@s a bailar!!!!

Venres, 24 de Setembro · 21:30 - 23:00

Lugar CENTRO SOCIOCULTURAL A RAMALLOSA, Xunto á Casa do Concello de Teo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
Cántigas da Terra nas Pontes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 09:01
# Ligazón permanente a este artigo
Gran final Querostar na sala The Star (Carral)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 08:51
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de Manselle (Dodro)
No campo da Festa de Manselle (Dodro)

Festivalo:

- A Banda de Balbina
- Labregos en tempo dos Sputniks
- Residuos atractivas
...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Skarallaos e Trapallada en Palavea (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Avante e Jonh Deeres na Artabria (Ferrol)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 08:34
# Ligazón permanente a este artigo
Esquíos na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-09-2010 08:33
# Ligazón permanente a este artigo
Morreu José de Vigo dos Toxos
Apagouse unha das mellores voces masculinas da nosa terra. Foise un tremendo bailador e unha gran persoa. Festeiro entre os festeiros. José de Rama. José de Vigo dos Toxos. Para quen non tivo a sorte de coñecelo en persoa, aquí está a súa fermosa voz

Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Segue a caza de bruxas de Galicia Bilingue

Galicia Bilingüe pide medidas cautelares contra a actividade de dous equipos de normalización
Solicita que a Administración impida a entrada dos escolares a partes de determinados blogs da web nun colexio de Cuntis e un instituto de Rianxo.


Galicia Bilingüe acaba de presentar un escrito na Xunta no que solicita a Educación que tome medidas cautelares contra dous equipos de normalización lingüística. En concreto, solicita que a Administración impida a entrada dos escolares a partes de determinados blogs da web de dous centros, un colexio de Cuntis e un instituto de Rianxo.

Os blogs son Bico da ría e Na lingua de todos , e a presidenta de Galicia Bilingüe, Gloria Lago, solicita que se eliminen desta páxina imaxes do grupo Briga nun dos casos, e no outro un vídeo do grupo Skarnio. A entidade xa presentou unha denuncia, pero agora solicita medidas cautelares mentres non se resolve.

La Voz de Galicia
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2010 09:29
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Xan Pampín (A Banda das Crechas)
A banda das Crechas naceu hai 23 anos como un grupo de músicos que tocaban foliadas todos os mércores na Casa das Crechas

Esta semana presentáronse dous dos discos máis agardados da música galega: o último de Marful, tras catro anos de silencio, e o primeiro de A Banda das Crechas, logo de máis de vinte anos de "foliadas" en directo. Dúas maneiras de reinventarse, dous universos sonoros nos que conviven a tradición galega coa fusión de estilos musicais.

Hai 23 anos nacía en Compostela un dos maiores santuarios da música folk en Galicia: a Casa das Crechas. Cada mércores reuníanse alí músicos galegos e do resto do mundo á procura das "foliadas", uns momentos únicos nos que se xuntaban a música de raíz, a tradición máis lúdica e participativa e a paixón dunha atmosfera única. Así se xestou a Banda das Crechas, un "grupo de músicos 2.0., aberto e plural", tal e como se definen, que esta semana presentaron o seu primeiro disco, ABDC (Boa Música).

Chus Bello (banjolina), Pablo Dalama (saxo / gaita), Antón Guillén (violino), Roi Vázquez (frautas), Manuel Amigo (Gaita, djembé e percusións tradicionais), Davide Salvado (voz e pandeireta), Santiago Cribeiro (acordeón), Pepa Yáñez (voz e pandeireta), Quin Fariña (violino), Gonzalo Goás (guitarra), Carlos Freire (percusións), Xan Pampín (bombo con pratos) son os "12 apóstolos" que xuntaron 15 temas nun dixi-pack, que inclúe un libreto explicativo con imaxes do grupo, letras e textos en tres idiomas: galego, castelán e inglés.

Falamos con Xan Pampín que nos explica de onde xorde a diversidade deste traballo que inclúe temas como o Pasodobre de Mallou, a Jota e Muiñeira de San Adrián de Cobres ou Unha noite na eira do trigo xunto a temas de influencias irlandesas e nórdicas como Stursch/Kyrkmarschen, Queen of the Rushes e Hard on the heels.

A Banda das Crechas naceu hai máis de vinte anos. Como foi evolucionando?
Pois nestes vinte e tres anos, hai moita xente que tocou nas foliadas, que pertenceu á Banda das Crechas. Pero daquela xente que empezou, agora só quedan dous. E o resto fómonos incorporando ao longo deste tempo. Na banda somos tres xeracións de músicos: entre corenta e cincuenta anos, entre trinta e corenta e entre vinte e trinta anos.

O xerme da Banda das Crechas era manter viva a música galega de raíz, segue a selo así hoxe en día?
Eu cando empecei a tocar nas foliadas das Crechas non había un colectivo establecido, unha banda base, digamos. Agora somos un grupo constante de dez ou doce músicos que imos todos os mércores á Casa das Crechas a facer a foliada. E despois ábrese a toda a xente que queira vir a tocar. Por mor disto decidimos facer o disco, porque temos un repertorio dende hai moitos anos, que se foi ampliando. Agora estamos catro horas tocando unha foliada un mércores e ao seguinte día só repetimos unha canción. As dúas paixóns que unen os músicos das Crechas son o profundo apego á Casa das Crechas como lugar de encontro e espazo creado coa filosofía de expresarse artística e musicalmente; e a outra paixón é desfrutar facendo música ao vivo. A Banda das Crechas non tería sentido sen a música en directo, que é a esencia dunha foliada.

Definides o voso disco, ?ABDC?, como a banda sonora dun universo creativo formado por tres ingredientes: a historia, a paixón e o compromiso. De onde nace o voso compromiso musical?
O compromiso coa música é algo máis individual, cada un ten o seu devir histórico. Pero o compromiso colectivo é legar o que nos foi legado a nós: as nosas tradicións, a nosa cultura musical, e ensinarlla á xente que vén polas foliadas. E despois desfrutar que é o que realmente enche a un músico de facer música ao vivo.

No disco conviven a tradición galega con outras músicas, de orixes nórdicas, do oeste ou irlandesas, a que se debe?
A Banda das Crechas non tería sentido sen as foliadas e sen a Casa das Crechas, que é o lugar de encontro de moita xente, que estuda en Santiago, que acaba de chegar á catedral e vai tomar algo alí. Ese carácter está impreso na Banda das Crechas. Por suposto, hai música tradicional galega pero tamén recollemos este espírito que se recolle na Casa das Crechas onde músicos escoceses, escandinavos ou do Leste deixaron as súas melodías que nós recollimos e reelaboramos ao noso xeito. Iso transformouse en riqueza á hora de facer este traballo.

Por que decidiches chamarlle ?ABDC? ó disco?
Realmente tiñamos outro título pero roubáronnolo hai nada e tivemos que improvisar. Entón, decidimos simplificar o máximo posible: ?ABDC? son as iniciais da Banda das Crechas e tamén queriamos facer ese xogo de palabas en inglés e galego. O título resume o contido do disco.

O disco graváchelo en directo, como foi ese proceso?
Si foi o 31 de maio do ano pasado. Para gravalo, trouxemos a unidade móbil de Casa de Tolos de Gondomar. Non tiña sentido gravar nun estudio porque o que pretendiamos con este disco era plasmar a vida, o espírito, a sonoridade do local onde sempre facemos as foliadas. Fixemos dúas sesións: unha pechada pola tarde e outra pola noite con público. A maioría das cancións que están no disco son da sesión da tarde porque estabamos máis concentrados, sona moito mellor, pero son tomas únicas que non se repetiron. En estudio, mesturouse pero non se retocou nada, non había maneira de facelo. O que escoita o disco é algo orixinal, único e que se tocou unha soa vez, é algo exclusivo. Os dous últimos temas do disco son da sesión da noite. Neles colaboran un amigo e dúas irmás australianas. Con eles quixemos facerlles unha homenaxe á xente ou ós colectivos que se achegan á Casa das Crechas dunha forma frecuente ou de ano en ano a recordar o seu paso polas foliadas. Hai músicos que, como as andoriñas, volven: chegan ou ben co curso, ou co entroido...

Unha parte importante desa sonoridade é polo propio espazo pero tamén polo variado dos instrumentos ?saxo, gaita, pandeireta, acordeón, guitarra, percusión ou djembé?, hai moita diversidade. Que lle achega ó disco?
Xan Pampín toca o bombo con pratos na banda pero tamén é acordeonista

Si, hai instrumentación tradicional galega. Cada un dos músicos dominamos un instrumento ou varios. Tamén hai instrumentos algo diferentes como o djembé pero o groso é tradicional.

O feito de editar ?ABDC? é unha
necesidade porque defender a cultura galega é máis preciso ca nunca?

Todo o que sexa facer música ou arte en galego é unha defensa do propio, é unha manifestación de que estamos orgullosos do propio e que queremos legar ese acervo cultural. Supoño que a música galega podía estar mellor, pero tamén peor. A Casa das Crechas ten a sorte de ser un espazo que recibe a xente de todas as partes do mundo. Podemos trasladar a nosa cultura a Francia, Estados Unidos, Alemaña, Inglaterra, Italia... Todos os anos hai xente que leva para os seus destinos un anaquiño de Galicia e da música tradicional galega. Nós estamos moi orgullosos diso.

Este ano, co Xacobeo, a música está por todos os lados da cidade pero criticouse da programación que se deixase de lado moitos grupos galegos, que opinas disto?
Ben, eu non son político nin me afecta no sentido de que eu tamén son músico profesional e profesor de música. É bastante decadente ou tráxico que non estea presente a música que durante o ano move a cultura galega. Grupos que durante o ano están traballando duramente para manter a música ao vivo, a arte ao vivo, esa xente que non estea presente nun Xacobeo paréceme un pouco triste. A Banda das Crechas non é un grupo que saia do espazo orixinal. Así que haxa máis concertos co Xacobeo non nos afecta tanto.

Podes contar cos dedos os espazos na cidade nos que se toca música galega.
Sempre se contaron cos dedos da man os lugares que apostan por manter viva unha cultura e unha idea de país. Apostan dunha maneira cualitativa e cuantitativa, porque ofertan moito e cousas moi boas. A Casa das Crechas é o centro de peregrinación despois da catedral.

Se houbese que definir dalgunha maneira que é unha foliada, que poderiamos dicir?
Unha foliada é unha festa aberta a cantar, bailar e a tocar música. Pero a mellor definición de foliada é a que un pode sentir se vai a ela. Eu animo a todo o mundo a participar nunha e que cada un leve a súa impresión propia do que é.

O disco, á fin e ó cabo, é unha
homenaxe á Casa das Crechas. Que lle achegou á cultura galega?

Para min, a Casa das Crechas é a catedral da música folk de Galicia. É unha homenaxe, por suposto. A Banda das Crechas non significaría nada sen a Casa das Crechas.

MOI PERSOAL
Xan Pampín (Compostela, 1977) é profesor de música nun centro de Santiago. Na Banda das Crechas toca o bombo con pratos aínda que tamén domina o acordeón e o piano. Sobre gustos musicais, asegura que escoita todo tipo de música, sempre e cando sexa "boa". Participa noutras bandas galegas como Vou Trío, Pesdelán, o desaparecido Xochilmica e tamén colaborou con Uxía Senlle.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-09-2010 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0