Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Videos do Concurso de Soutelo 2008
Eiquí vos deixo unha serie de videos da fase clasificatoria relativa ó Concurso de Soutelo de Montes 2008.

Recórdovos que a clasifición final do concurso foi:

1º Pablo Carpintero con 2.500 €
2º Pablo Devigo con 1000 €
3º Óscar Ibáñez con 750 €
4º Miguel Fraguas con 500 €
5º Rubén Troitiño con 250 €

Polo tanto non conseguen entrar na final Edelmiro Fernández e Gonzalo Abelairas( en relación aos videos)

Se queredes ver o resto dos videos, xa relativos á final, podedes encontralos en aherte.

Edelmiro Fernández:




Pablo Devigo (2º premio):




Oscar Ibáñez (3º premio):




Miguel Fraguas (4º premio):




Pablo Carpintero (1º premio):




Rubén Troitiño:




Gonzalo Abelairas:




Vía youtube: aherte

www.musicasdaulla.blogspot.com
Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-09-2008 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza o Curso no Tear de Llerena (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Final do Certame Nsaio no Camiño
Xa están decididos os cinco grupos finalistas do certame Nsaio no Camiño

A clasificación esta pasada fin de semana dos boirenses Sinefres (rock) e dos composteláns Loba Loo (folk) pecha o cartel de finalistas desta II edición de Nsaio no Camiño que se completa con Maryland (categoría pop), Som do Galpom (mestizaxe) e Telémaco (novos valores).

Lugo acollerá este xoves, 4 de setembro, a fase final deste certame na que competirá un grupo por cada unha das categorías musicais do certame.

Un xurado especializado escollerá ao gañador definitivo de Nsaio no Camiño 2008. O premio será a gravación dun disco nun dos mellores estudos de gravación de España e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e máis un contrato de management. O traballo discográfico será distribuído e promovido en todo o Estado. O artista consagrado que respaldará este concerto será o grupo de rock e tex-mex Los Lobos.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 03-09-2008 09:09
# Ligazón permanente a este artigo
Novo CD de Trapallada
O novo CD de Trapallada xa está á venda.

Trapallada é unha banda do barrio obreiro de Monte Alto na Corunha, formada no ano 2004, a sua música é unha mistura entre ska, punk e raíces.

Moi influenciados por grupos da terra coma Os Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira ou Skarnio, e tamén con outras bandas non galegas coma Kortatu, Non Servium, Skalariak e un longo etc...

Puntos de venda:

Coruña: Bar Terra, CS Gomes Gaioso, Bar A Repichoca.
Ferrol: Fundaçom Artabria.
Compostela: CS A Gentalha do Pichel.
Pontevedra: CS A Revira.

MySpace: www.myspace.com/trapallada

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2008 09:08
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Trapallada
Trapallada sae das entrañas do mítico barrio de Monte Alto, onde abrocharon bandas como aqueles Verjalludos, Jarbanzo Nejro ou Diplomáticos.

Falamos con Xurxo López, o cantante da banda coruñesa que acaba de presentar o seu primeiro disco 15002: Espírito de loita.


Sodes un grupo 100% Monte Alto?
Case. Xuntámonos aló por 2005 Rafa, Marcial e mais eu (batería, guitarra e voz), tres amigos e veciños do barrio que xa nos coñeciamos da E.X.B. Aos poucos facíanos falta un baixista e uníusenos o Pedro, tamén coñecido e tamén de Monte Alto.
A formación de Trapallada é totalmente autodidacta. Cada un mercou o seu instrumento e puxémonos a tocar as cancións dos grupos que máis nos gustaban, como Kortatu, Xenreira da Estrada ou mesmo os Diplomáticos. Comezamos a tocar nun local de ensaio propio que temos en Monte Alto, algo como un garaxe de meus pais. Temos moita sorte, porque así podemos tocar cando queremos. E máis ou menos un ano despois xuntáronse os metais. Arnaud o trombón é francés, veu de Erasmus un ano e fixo moi boas migas con nós, e aínda que agora está de volta en Francia, di que vai vir vivir aquí dentro de pouco. Inés a trompetista estuda en Madrid e non é do barrio, pero a súa avoa vive aquí, así que démoslle o pasaporte.

Temas propios ou versións?
Ao primeiro tocabamos versións, pero pouco a pouco comezamos a facer temas propios. Por exemplo, o primeiro foi Palestina. Cando xa tivemos un repertorio de seis ou sete temas de nós, comezamos a facer concertos.

Por que dicides que o voso primeiro concerto foi un desastre?

A primeira vez que actuamos foi no Cambrecore, unha festa que veñen organizando dende hai anos uns rapaces de Pravio no que participan bandas hardcore e punk locais, galegas e de fora, que tamén se coñece como “os concertos da Kaseta”. A verdade é que foi un desastre. Bebemos tanto para quitar os nervios que nos pasou de todo. Menos mal que non habería máis que unhas 40 ou 50 persoas. Até o batería caeu á parede de silvas que hai detrás do escenario. Aínda así, á xente gustoulle o concerto, pero musicalmente foi desastroso.

Antes deste primeiro disco tiñades maqueta?
Si, presentámola hai como ano e medio. Tiña seis temas nosos e mais unha versión de Non Servium. Gravámola con poucos medios pero cun son decente, e colaborou tamén Lourenzo Castro “o vendaval do Rosal”, bombardinista de grupos como Dandy Fever, Os 3 trebóns, Banda Potemkin e moitos máis. E resulta que tivo éxito a maqueta, moveuse moi ben e á xente gustoulle bastante.
Dende que quitamos a maqueta levamos bastantes concertos por Galiza e tamén por Euskadi. Na Coruña tamén actuamos moito, aínda que alí está bastante complicado o asunto de tocar. Nós fixemos concertos no Garufa, no Mardi Gras, no INOX -un bar de Monte Alto- e mesmo no Faluya, que aínda non sei como entramos todos alí e as 150 persoas que mercaron o tique.

Por que dis que está arrevesado o tema na Coruña?
Na Coruña as cousas son complicadas porque hai poucas salas, as que hai teñen tanta demanda que hai que pedir día con moita antelación, outras teñen problemas co nivel de decibelios pola acústica...

Que me dis do disco que ides quitar á rúa, 15002: Espírito de loita?
Xa temos as copias dos cedés pero aínda non están distribuídas. Temos falado con varias asociacións culturais de Galiza e algúns bares, pero aínda así nos puxemos en contacto cunha distribuidora para que os mova por aí diante.
O novo disco é unha mestura de temas ska lentos con moito vento, tirando ao punk con moita distorsión, e tamén ten algo de reggae. En 15002: Espírito de loita tamén hai algunha colaboración, como no tema “Moito camiño por facer”, un ska lento no que Dani, o saxo de Skarnio nos bota unha man.

Ides penduralo na rede?
A idea é poñer algúns temas na Internet que se poidan descargar. De feito, xa hai algúns que se poden escoitar no noso myspace, pero o disco ten 16 + 1 temas e non pretendemos pendurar na rede todo o cedé para que a xente nos axude. A venda deste traballo é un xeito de financialo, ou polo menos de cubrir gastos, porque é totalmente autoeditado.

Que é 15002?
15002 é o código postal do noso barrio. É un xeito de dicir “da Coruña si, pero de Monte Alto”. De todos os xeitos, non cremos no tópico que di que na Coruña apenas se fala galego. Non entendo por que cando se fala moito menos en Lugo, Ourense ou en Ferrol, onde o galego é case nulo, alí non existe este tópico. As nosas letras reflicten a rabia que nos dan certos temas, da actualidade ou que están presentes na sociedade. A situación da lingua aféctanos, pero tamén os malos tratos, por exemplo.

Hai moitas bandas coruñesas que non escollen o galego nas súas letras, que opinades?
Nós apostamos por cantar en galego aínda que sabemos que non é o camiño máis doado. Facémolo porque é a nosa lingua e un pouco como acto subversivo: sabemos que non é fácil pero preferimos facer o que nos gusta como nos gusta. A verdade é que A Coruña xa parece Liverpool, hai demasiados grupos cantando en inglés (ou que pensan que cantan en inglés). Nós apostamos pola lingua, porque este tamén é un xeito de facer país. Cada graíño conta.

Ás veces pódese ler Trapallada e outras Trapalhada, vós que preferides?
A grafía dobre L ou LH énos o mesmo. Depende do colectivo que organice o concerto que o escriben dun xeito ou doutro, a nós danos igual unha que outra. Nós escribímolo con dobre L porque falamos o galego natural da casa, non eliximos un galego que nos guste máis, falamos e escribimos o que nos sae, pero a grafía do nome dános moito igual.

Para cando a presentación do disco?
Presentaremos o disco 15002: Espírito de loita este setembro, cando esteamos todos xuntos e poidamos facer unha xira de presentación. De momento os concertos confirmados para a presentación do novo álbum serán en setembro, o 12 na Fundaçom Artabria en Ferrol, o 13 no C. S. A Revira de Pontevedra e o 19 en Compostela.


Xa podes atopar os discos á venda en A Coruña no C. S. Gomes Gaioso e nos bares A Repichoca e Terra. En Compostela has atopalos no C. S. Gentalha do Pichel; en Ferrol na Fundaçom Artabria e en Pontevedra no C. S. A Revira, pero pronto han ser máis os puntos de venda.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Galega de Danza
Novo espectáculo de Nova Galega de Danza: "Tradicción", estreo o 12 de setembro na Coruña

Logo de dous espectáculos nos que a NGD sorprendeu ao público cunha nova linguaxe, coreográfica e musical, descoñecida
para el, agora con Tradicción, pretenden sorprender de novo utilizando, desta volta, os elementos que conforman o seu propio
imaxinario colectivo.


A reinterpretación da tradicción é un motivo recurrente ata a saciedade nas propostas artísticas do país, pero por esa mesma razón consideramos un reto reinventar a perspectiva coa que se aborda. Máis aínda cando a nosa experiencia móstranos que eses elementos son os que máis fan aumentar a presión arterial e o pulso cardíaco do espectador.

Para iso é preciso enfocar o traballo dende un punto de vista radical, indo á raíz, á danza prima, evitando ao máximo as perturbacións folkloristas. Posiblemente partindo de aí estaremos máis preto da contemporaneidade.
Terra, percusión, madeira, vento, forza, pobo, movemento, pel, destreza, virtuosismo.
A proposta complétase cun novo deseño escenográfico, rupturista e sorprendente, e coa participación de profesionais doutras
disciplinas artísticas que fan de Tradicción algo máis que un espectáculo de danza e música.


12 setembro
ESTREA NOVA GALEGA DE DANZA "TRADICCIÓN"
TEATRO ROSALIA DE CASTRO A CORUÑA

13 setembro: A CORUÑA
19 setembro: PONTEVEDRA
20 setembro: VIGO
28 setembro: OURENSE
10 outubro: VILAGARCIA DE AROUSA
14 decembro: NARÓN



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2008 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Narf
Narf vén de pasar quince días en Maputo, ocupado na organización do festival galego-luso-mozambicano 'Ahoje é ahoje'.

Fran Pérez leva anos de viaxe interminábel: Galiza, Maputo, Brighton, Cabo Verde, Lisboa... Marchou cunha guitarra e regresou cunha guitarra, algunhas cancións, ritmos nos oídos e saudades nos ollos. O Festival 'Ahoje é ahoje' axuntou teatro, música, artes visuais e letras, unindo tres países e dous continentes, co concurso de Mutumbela Gogo/Teatro Avenida, o Trigo Limpo teatro ACERT de Portugal, Prómédia, GESTO/Identidades, tamén portugueses, e o grupo musical mozambicano Timbila Muzimba, ademais de Narf e Manecas Costa.

Fran Pérez estará ocupado até final de ano: viaxará coa súa banda ao mercado de Vic, ao Womex, e ten encargada a composición da música para a próxima produción do CDG: a adaptación de A boa persoa de Sezuán, de Bertold Brecht. O seu espectáculo Alô Irmao, que realiza con Manecas Costa, trátase de compartir experiencias, de unir linguaxes, o mesmo que o festival mozambicano do que Narf vén de regresar.

Como foi a experiencia?
Foron uns quince días, en total. A primeira parte da viaxe consistiu na preparación do festival, e en encontros coa prensa. Eu fixen bastantes entrevistas na radio e na televisión, todo para provocar o maior impacto posíbel na cidade.

A resposta do público foi positiva?
Tivemos bastante sorte nese sentido. Nos dous concertos que demos, os teatro estaban cheos. O primeiro no centro franco-mozambicano, no que eu fixen o espectáculo 'Bumba' xunto cos Timbila Muzimba, xusto antes do seu concerto; e eles arrastran moita xente. E despois tamén tivo moito público o concerto de Alô Irmao, con Manecas, que é un artista que é coñecido en toda África, sobre todo a través da difusión que ten na RTP África.

Con que quedas do festival? Cal foi o mellor momento?
Seguramente o concerto de Alô Irmao, que foi máxico, digamos, moi emotivo. O espectáculo xa é emotivo de por si, pola súa temática que ten: 'Alô Irmao, onde nos vamos encontrar?'. Eu son un turista occidental, como di a letra da canción: 'movendo o capital de capital en capital, un intruso na noite tropical'. Como imos romper a barreira do que ti presupós de min e eu presupoño de ti?

Quería chegar a iso. Van rachando esas barreiras? Nótalo cando ti tocas en África ou Manecas aquí?
Esa é a filosofía. Tampouco teño afán didáctico ningún, ou exemplarizante. É simplemente dicir: 'ímonos poñer a facer cancións, e a ver que pasa'. E así é como plantexamos o concerto aló. Eu normalmente falo moito nos concertos, e desta vez só dixen 'boa noite', e empezou aquilo a fluír como se fose un río, despois apareceron os de Timbila, que se integraron nas cancións cunha naturalidade moi grande, e creo que foi iso o que fixo que a xente considerase ese concerto como algo máxico.

En Galiza, inserida dentro de Europa Occidental, como se ve a cultura africana? Segue percibíndose como algo afastado, exótico?

Si, quizais o termo máis aquelado é o de exótico. Eu o que procuro é que o que eu fago non teña nada de exotismo, nin deste paternalismo tan típico dos europeos con respecto a todo o africano. Ás veces non se fai por mal, senón por falta de encontros. Falta o coñecemento diario, que non sexa a través das malas novas nos informativos, do exótico, ou desta 'cooperación internacional'. Hai outra vía, que para min debería ser a fundamental: a relación un a un, que é como se fai o mundo. E así é como se consegue unha auténtica relación de igual a igual, e sen paternalismos. E ese paternalismo podería darse á inversa, porque se cadra somos nós os que temos que aprender deles; as persoas que sufriron as dificultades da vida, como eles e como os nosos avós, tamén saben valorar as cousas importantes da vida: a amizade, a alegría, que non son cousas que che veñan regaladas, hai que traballalas.

Como é a relación que teñen os africanos coa música? É moi diferente que a que podemos ter aquí?
Non, en realidade non. Escóitase o mesmo que podemos escoitar aquí, escoitan moita música de baile, máquina, de alí e de fóra. Escóitase moita música 'global': Ricky Martin, por exemplo. E de feito, a labor que está facendo esta xeración de músicos é moi importante, porque son os que están empezando a utilizar os idiomas autóctonos, coma o Machope, idiomas que saen do rural. Sóaeche a algo de aquí? (risas) Iso quizais nós pasámolo hai un tempo, pero eles están pelexando por poder compoñer música de todos os estilos nos seus idiomas maternos. E fano con personalidade, traendo os instrumentos tradicionais a expresións contemporáneas. Por iso a mestura que fago eu das guitarras eléctricas coas timbilas sorprende moito, porque ademais chama a atención que veña un tipo de Galiza cantando en machope, que non é algo aínda asumido totalmente. E o mesmo que nos pasa a nós se ven un finlandés e fala galego. A globalización cultural avanza como unha apisonadora en todo o mundo, chega moito antes que a solución aos problemas básicos.

En Europa Lisboa é unha das grandes portas á cultura africana, non si?
Si, e Francia, que ten avanzado moito. Lisboa é unha das cidades nas que existe unha relación máis natural entre Europa e África. Entre outras cousas, porque na xeración anterior moita xente pasou por África, no exército ou polo que fose, pero coñeceron persoas alá, teñen amigos africanos. E iso fai moi natural a relación. Tamén para min foi a porta.

En Galiza sempre se estivo en contacto con outros pobos e con outras músicas: aí están as habaneiras, ou as rumbas e cumbias que traían os emigrantes de América hai un século. Non é nada novo, non? Trátase de retomar unha vez máis esas relacións...
Aí falaches moi ben. Eu sempre falo de ser 'galego da Galiza imaxinaria'. É do máis natural, forma parte da nosa forma de ser, xa non só dos emigrantes, senón polo espírito de aventura que sempre tivemos. Na casa de meus pais, en Noia, era máis normal ver unha máscara africana ca un prato de Sargadelos, porque eran mariñeiros e traían as súas cousas. Non é nada novo, como dis, pero ás veces parece que esquecemos quen somos. E de feito as veces que fun a Mozambique nunca deixei de atopar galegos, principalmente os mariñeiros que alí traballan. O que si é certo é que nos últimos anos a música galega tense enfocado a través do nexo céltico, mirando ao norte e non tanto ao sur. Pero aquí as orquestras sempre tocaron cumbias, xa case forman parte da música tradicional.

E neses contactos que fas, vas á base da música: un home e unha guitarra, sen requintala con outras cousas: ritmo e melodía...
Si que é verdade que agora moitas veces téndese a buscar a fusión pola fusión, faise máis cociña que química orgánica. Eu estou procurando facer outra cousa, porque tampouco estou preocupado por ser moi ortodoxo cos ritmos. Non digo: 'voulle meter este ritmo de pandeirada', é máis ben que fago unha canción e nela recoñezo un ritmo, unha influencia. As sementes veñen polo aire; aquí o que hai é un terreo aboado pola miña galeguidade, polas influencias que recibín dende pequeno, as tradicionais, pero tamén os discos de Iggy Pop. E despois ao chegar a Mozambique atopo ao Timbila Muzimba, que fan unha música máis ligada á tradición, con instrumentos de pedra e de madeira, pero que escoitan música máis moderna do que eu. E con todo iso, xuntámonos e poñémonos a facer música, e sae o que sae. Así de simple.

Éche difícil levar esa sinxeleza, esa naturalidade a un disco, que sempre é un formato máis pechado? Por exemplo, quedaches satisfeito con Totem?
Con Totem si, porque é un proceso distinto. Estes espectáculos aínda non atopamos a maneira de podelos captar como realmente son, pero Totem recolle unhas cancións que eu viña tocando en solitario, e tiven o esquelete e a alma das canción tiven que pensar como podía ser a banda que ía tocar no futuro aquelas cancións.

E eses directos que estás facendo, pensaches convertelos nun disco ou un DVD?
Gustaríame moito, si.

Tes novas cancións? Estiveches compoñendo nestes últimos meses? Supoño que en todas estas viaxes vas arrastrando saudades...
Si, cando agroman esas sensacións xorden as cancións, pero esas cancións non saen necesariamente no lugar no que se inspiraron. En realidade, case nunca coinciden, sobre todo porque eu non planifico a música nese sentido, non digo: 'vou facer este estilo deste lugar'. Son as saudades as que provocan as cancións. Eu si percibo que a miña música ten cada vez máis influencias africanas, pero se lle preguntas a algún músico do continente se recoñecen algún ritmo africano, dirache que non, que iso que eu fago é 'afrorock'.

Tes algún proxecto musical inminente?
Si, pedíronme que fixese a música da nova produción do CDG, que é unha obra de Bertold Brecht. É un reto interesante, porque normalmente asociamos a Brecht coa música de Kurt Weill, e eu teño que suplantar iso. E despois os traballos que fago para Trigo Limpo; cada ano fago música para tres obras deles. É o meu oficio. Coa banda estaremos en Vic, naquela especie de mercado musical que teñen montado alí, e amosaremos Totem e algo de Alô Irmao, tamén, e despois estaremos no Womex en novembro. O que quero é repetir o que levo tempo facendo só, pero con banda, e así ir abrindo portas. A música que fago non ten problema por causa do idioma, antes ao contrario, tanto no mundo lusófono, como en Inglaterra, porque a xente comeza a estar un pouco farta de que todo o mundo lle cante en inglés.

E a Psicofónica?
É complicado. En realidade nunca paramos, seguimos reuníndonos, pero en vez de ensaiar quedamos para comer. Non é fácil, porque cada un estamos nun sitio. Pero nunca está dita a última palabra.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2008 08:57
# Ligazón permanente a este artigo
Emilio Cao, o regreso do cantautor
Despois de varios anos ausente do panorama discográfico, que non da música, o intérprete galego Emilio Cao retorna aos escenarios, cun novo disco porque 'ten algo que contar á xente'.

Entre os temas que compoñen esta nova produción 'hai algo de todo, non só música de raíz'. Os seus seguidores encontraranse con pezas intimistas e tamén 'con algunha sorpresa, xa que até o último instante os creadores dámoslles moitas voltas ás nosas composicións'.

Que supón este novo disco para Emilio Cao?
Eu non creo nas carreiras musicais. A música non se pode comparar cunha carreira de cabalos. É algo totalmente distinto. Cando sacas un novo traballo non pode ser por unha obriga ou porque cho esixa a discográfica. Ten que ser por que tes algo que dicir, algo que expresar. Non é unha cuestión de editar un volume cada ano ou cada dous. Para min, supón tomar unha lista de cousas que pasaron, unha recompilación de todo canto fixen e me aconteceu durante unha época da miña vida.

Con que se poden topar os que o escoiten?
Penso que é un disco moi aberto, no que hai temas moi distintos con tendencias moi variadas e influencias das máis diversas. É certo que se encontrarán con cancións moi intimistas. Noutros traballos meus teño cantado composicións de Uxío Novoneyra e doutros autores galegos, que me deixaron unha fonda pisada. Nesta ocasión hai uns temas que non son tan conceptuais. Ademais, até o último instante pode que haxa sorpresas, xa que como creador tamén teño a tendencia a introducir uns temas e deixar outros. Nos tempos en que vivimos cambiou o concepto de disco, até o extremo de que se extinguiu na súa forma tradicional. Moitos artistas colgan as súas creacións nas páxinas webs e a súa audiencia descarga de aí os temas que máis lle gusten. Logo tamén xogan cos cambios que permiten as novas tecnoloxías. Poden colgar unhas cancións novas e retirar outras. No meu caso a Internet pode resultarme negativa, aínda que o meu traballo poida ser escoitado en Australia e, incluso, esa audiencia teña logo a posibilidade de poñerse en contacto comigo.

Vostede foi un dos impulsores da nosa música tradicional fai xa 30 anos...
Non me considero tal. Sinxelamente fixen un traballo de entrar na pel e poñerlle música. Non fun un recuperador senón que contribuín, coma moitos colegas meus, facendo arranxos, traballando para que a xente puidese escoitar a música de sempre, aínda que dende outra perspectiva. En todo caso, creo que grandes recuperadores e impulsores da nosa música tradicional foron Mini e Mero, os dous compoñentes de “A Quenlla”. Ademais, todos os que estamos neste mundo somos o anel dunha longa cadea. Nos proseguimos o traballo que outros comezaron e a bo seguro que haberá outros continuadores deste labor.

Como foi a evolución da música galega dende o seu punto de vista?
Eu son moi optimista e teño que dicir que foi alucinante o que pasou ao longo de tantos anos. O máis importante que se puido conseguir foi que a nosa música acadase un alto grao de aceptación social, a máis de ser moi respectada dentro e fóra de Galicia. Todo elo conseguiuse grazas ó labor de moitos grupos e xente que fixo un traballo excelente. Aquí non podemos esquecer a función que desenvolveron as escolas de gaitas, a Universidade Popular de Vigo, con Rodrigo Romaní, e tamén autores que marcaron toda unha época, como foi o caso de Bibiano, Benedicto e tantos outros. A nosa música abriuse coma se fose un grande abano e agora gozamos do recoñecemento que todos merecemos.

Aínda que a arpa vai moi unida a vostede, o seu encontro con ela foi casual...
Así foi. É coma se coñeces a alguén na parada do autobús e logo acaba habendo unha relación sentimental. Eu, como músico que son, entrei nunha tenda de instrumentos na Coruña e merquei unha arpa. Daquela non deixaba de ser un instrumento máis para mín. Pero, eu, que carezo de formación musical académica, empecei a tocala como fixen con moitos instrumentos, aínda que é certo que a relación con ela é moi profunda.

A súa relación con artistas portugueses tamén deixou a súa pisada...
Dende logo que si e non podía ser doutro xeito. A nosa cultura vai moi parella a lusofonía. Vivímola dun xeito moi parecido. De feito, eu considero a José Afonso coma o meu “avó musical”. Pero tamén houbo outros autores como Carlos Paredes e Fausto. Penso que debemos abrirnos musicalmente a Portugal. Galicia debe de ser a porta de entrada da música de raíz que se fai en países como Guinea Bissau, Angola, Mozambique. Teríamos que multiplicar as conexións. De feito, fai anos eu actuaba antes en Lisboa que o podía facer en Madrid ou Sevilla.

A música galega non goza da mesma difusión que a que vén de fora...
Iso é así. Pero é un fenómeno global. Existe unha cultura que ven dos Estados Unidos e que crea unha música moito máis uniforme, máis plana, máis dixeríbel. Tamén temos que crer na nosa música, ser flexíbeis aos cambios que veñen de fora. Sirva como exemplo que a xente para facer interpretacións non é preciso que se vista coma o facían os seus avós, cando hai mozos de vinte anos que así o fan. Hai que asumir o aspecto xeracional na música de raíz. O pop é serio pero tamén é moito máis irreverente. Ás veces, penso que tratamos as cousas con demasiada seriedade que nada ten que ver coa sensibilidade, que é a capacidade que temos para captar emocións. Pode ter a mesma sensibilidade un señor que toca unha batería con vinte tambores que outro que toque a arpa.

E certo que a música tradicional do noso país depende moito das institucións?
Así é, pero tiña que deixar de selo. Non temos por que estar en contra de ninguén, pero tampouco podemos obedecer a un poder establecido. Temos que tratar de ser rebeldes. A música é unha arte e non pode ir unida a ningún poder, nin moito menos estar manipulada. Afortunadamente, cada vez hai máis xente que vive da música en Galicia. Iso pode ser un incentivo para que se deixe depender das institucións, aínda que teñamos boas relacións con elas, que sempre é positivo.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe á cultura mariñeira en Ferrol
Gravación dos concertos deste encontro que achegou a Galiza algunhas das correntes actuais máis significativas no eido das músicas populares e urbanas dos portos do mundo. No vídeo, os artistas convidados ao ciclo reflexionan sobre o presente destes sons, tradicionalmente chegados do mar, clave da mestizaxe cultural entre os pobos.




www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-09-2008 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
Serán dos Callos en Salceda de Caselas
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 02-09-2008 08:56
# Ligazón permanente a este artigo
Voltan os Axouxeres

Comeza a segunda edición do programa dos Axóuxeres, que chega este ano a bebés e familias de 30 vilas e cidades galegas

A iniciativa porase en marcha nesta primeira fin de semana de setembro con festas en Lugo e na Coruña

Músicos e actores da compañía Galitoon ofrecerán un espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha viaxe polos cinco sentidos
As festas, que pretenden incentivar e apoiar a transmisión familiar do galego, deixarán paso a partir do outono aos Encontros dos Axóuxeres, que terán lugar en 25 vilas galegas nun formato reducido

Trinta cidades e vilas de Galicia contaxiaranse da maxia das Festas e dos Encontros dos Axóuxeres a partir desta fin de semana e durante os meses de outono e inverno. A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, presentou hoxe en Santiago a segunda edición desta iniciativa, que ten como finalidade prioritaria fomentar a transmisión da lingua galega no seo da familia e dar así cumprimento a un dos obxectivos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega.

A Festa dos Axóuxeres é un espectáculo deseñado para que participen nel de xeito activo bebés e cativos e para que os familiares que os teñen ao seu cargo compartan con eles esta experiencia. Seis músicos e sete actores, xunto cun equipo de producción integrado por outras seis persoas, darán vida a este evento, que comeza o vindeiro sábado, 6 de setembro, na cidade de Lugo, e que ao longo deste mes tamén se trasladará á Coruña, Ourense, Vigo e Santiago.

Os asistentes ás citas coa Festa dos Axóuxeres poderán mergullarse nun espectáculo dunha hora de duración que convida a facer unha suxestiva viaxe polos cinco sentidos, con arrolos, cancións, coreografías, xogos, adiviñas e recursos propios das artes escénicas, entre outros moitos medios, adaptados todos eles ás idades do público ao que vai dirixido preferentemente este programa.

As Festas dos Axóuxeres deixarán paso a partir de outubro e durante os meses de outono e inverno aos Encontros dos Axóuxeres que, nun formato reducido e de proximidade, chegarán a 25 vilas galegas.

Boa acollida
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, lembrou a boa acollida que tivo a primeira edición desta iniciativa, encadrada na campaña Xeración E logo!, coa que a Xunta está a distribuír entre as novas nais materiais para favorecer a transmisión do galego na casa. “As Festas e os Encontros dos Axóuxeres tiveron unha excelente acollida por parte dos máis pequenos e das familias, e por iso non tivemos dúbida en establecer para este outono unha nova xeira dos Axóuxeres”, sinalou.

Marisol López fixo fincapé en que con este proxecto o que se pretende é “contribuír a alentar os pais, as nais e os avós a incorporar desde o principio o galego nas relacións cos máis pequenos, cos acabados de nacer, para que a lingua se manteña tamén na casa, no ámbito dos afectos e desde a adquisición das primeiras palabras”.

Baixo carpa
Nas cinco primeiras cidades galegas nas que desembarcará esta iniciativa o espectáculo realizarase baixo carpa, nunha superficie de 500 metros cadrados, e sempre co mesmo horario, ás 12.00 horas. A entrada será de balde. A Festa dos Axóuxeres celebrarase os días 6, 7, 13, 14 e 20 de setembro en Lugo, A Coruña, Ourense, Vigo e Santiago, respectivamente.

En Lugo, a cita será na praza da Horta do Seminario; na Coruña, na explanada do pavillón de Riazor; en Ourense, no parque Barbaña; en Vigo, na praza do Rei; e en Santiago, no miradoiro da Alameda.

A empresa Galitoon Productions encargarase de desenvolver esta iniciativa. A directora artística do espectáculo, Andrea Bayer, explicou que o programa contará coa participación de Elena Paz na presentación, e co músico Xosé Liz, xunto coa actuación, como artista convidado, de Xabier Díaz, entre outros. Ademais, na rolda de prensa desta mañá participou tamén Totó, o boneco creado para este espectáculo, un bebé que está aprendendo as súas primeiras palabras. Toda a información sobre este evento pódese consultar no enderezo www.xunta.es

www.xunta.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Especial 2008 de Interfolk
Saiu o especial 2008 da revista de folk e música tradicional editada en Madrid e trátase como todos os anos do especial festivais 2008.

Un exhaustivo percorrido por todos e cada un dos festivais do ano.

Neste número podemos ler ademais unha entrevista artigo en profundidade sobre Uxía, coincidente coa saída ao mercado do seu novo traballo.

Para pedidos e suscripcións:
Tlf: (0034) 91 575 85 37 / 91 435 82 36 Fax: (0034) 91 577 10 75 interfolk@interfolk.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:48
# Ligazón permanente a este artigo
Avelino Pousa Antelo premio Facer País

Por unha vida dedicada a Galiza
Avelino Pousa Antelo recibe o Premio Ramón Piñeiro 'Facer País'


Fixo país. Por iso mereceu e gañou un Premio que mide precisamente iso: a aposta dunha persoa ou dunha institución por Galiza e polos galegos.

Avelino Pousa Antelo, histórico integrante do Partido Galeguista, o primeiro en distinguir entre "galegos, gallegos e galleguiños", recibiu este mércores o galardón Ramón Piñeiro 'Facer País', convocado pola Asociación Cultural Val de Láncara e que este ano acadou a súa sétima edición.

A entrega permanente ao país como galeguista, docente, cooperativista, escritor, político e animador cultural foi o argumento esgrimido polo xurado para escoller a candidatura de Pousa Antelo entre as 40 presentadas. Un dos membros do xurado, Xurxo Rodríguez Lozano, destacou a aposta de Pousa Antelo por Galicia e polos galegos, así coma a súa confianza no país.

94 anos entregados á terra
Antelo, que vén de cumprir os 94 anos de idade, destacou por enriba de todo pola súa labor como divulgador da cultura galega. Sobreviviu á censura da Guerra Civil e á inhabilitación que con ela lle chegou para exercer como mestre, e conquistou o recoñecemento público para a súa obra e o seu traballo tanto en Galiza coma en América.

O premio fallouse este 27 de xullo, coincidindo co aniversario do pasamento de Ramón Piñeiro, histórico galeguista que lle dá nome e a quen irán dedicadas as Letras Galegas do 2009. En anteriores edicións foron premiados co 'Facer País' Isaac Díaz Pardo, Luís Tosar, Milladoiro, Xosé Manuel Beiras, Xosé Neira Vilas e o diario A Nosa Terra.

www.galiciae.com
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
Himno de Galicia: Partitura Oficial
Nos últimos tempos téñense detectado distintas versións do Himno de Galicia nas interpretacións que os/as gaiteiros/as do país fan nas súas actuacións. Despois de facer unha primeira consulta no Diario Oficial de Galicia, observouse que na lei 5/1984 publicáronse con total precisión aspectos relativos á bandeira, ao escudo e máis á letra. Non entanto, no referente á partitura o texto do Diario Oficial de Galicia ten levado ás distintas versións xa referidas: "a partitura non se publica por ser coñecida nos medios interesados".

Á vista da situación Iván Area e Suso Vaamonde teñen feito un traballo de procura da versión oficial da partitura, que aparece recollida no libro "Normas Institucionais de Galicia" fornecido pola Vicepresidenta do Parlamento de Galicia, dona María Tereixa Paz Franco, a quen agradecemos o seu tempo para unha difusión das letras e partitura oficiais. Para facilitar o traballo dos/as gaiteiros/as publícase ademais unha versión para dúo de gaitas e percusión arranxada por Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero.

Sinalar que no relativo á letra do himno inclúese a letra oficial do Himno publicada na Lei de Símbolos (1984), que presenta algunhas modificacións a respecto do texto orixinal de Eduardo Pondal de 1890.
Para todo o relacionado coa letra do Himno e o proceso histórico de transmisión, pódese consultar a obra De Breogán aos Pinos. O texto do Himno Galego, de Manuel Ferreiro (editorial Laiovento, Santiago de Compostela, 4º edición).

Máis información

Ligazons a arquivos de interese relacionados coa nova:

Partitura do himno que aparece no libro "Normas Institucionais de Galicia"

Partitura do arranxo de Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chantada acolle unha mostra sobre a súa famosa muiñeira
Unha das pezas máis coñecidas da nosa música tradicional vive unha homenaxe na súa terra: dende amenizar as verbenas a comezos de século até tons para móbil, a Muiñeira de Chantada é unha icona sonora da nosa idiosincrasia, un himno popular. Agora, o conxunto etnográfico do Muíño da Alameda acolle unha exposición até o 15 de outubro.

A través da mostra, organizada polo colectivo Barcas do Minho, poderemos saber máis sobre as bandas populares ou os músicos tradicionais daquel tempo, situados nun mapa da zona: os gaiteiros de Vilaúxe, Nogueira, Santiago de Arriba, Brigos, Os Barrios, Esperante, Deilás, Erbedeiro e de San Salvador de Búbal.

As orixes da Muiñeira de Chantada nacen da man da banda dos "Ferraias", creada no 1865 polos irmáns Manuel e Antonio Fernández Fiunte, naturais de Outeiro de Mariz, que tiñan este alcume. Foi este último quen fixo, posteriormente, unha adaptación, e transcribiuna a partitura o seu sobriño, e fillo de Manuel, Victoriano Fernández García, que tamén herdou o alias de "Ferraias". Eran unha estirpe de músicos de vento: Manuel tocaba a tuba, Antonio o clarinete, e os fillos de Manuel, Victorino, Teodoro, Casimiro e Indalecio, o clarinete, a trompeta, o bombardino e o trombón, respectivamente. Como conta Roberto Meijide no seu completo blog sobre esta peza, Victorino tiña 15 anos cando, por volta de 1895, colleu papel e tinta para inmortalizar a peza que coñecía de ouvido.

Estreouse no 1916, nas festas da parroquia de San Xoán de Veiga, lindeira de Outeiro de Mariz, con dirección de Manuel Fernández. Sete anos despois, cando Teodoro dirixía a banda, coincidiron nunha actuación na parroquia do Convento cos gaiteiros de Soutelo de Montes. Pediron non un, senón até seis! bises, e os gaiteiros aproveitaron para aprendela, para arranxala e axustala ao seu repertorio. No 1928, gravouse nun disco dos Gaiteiros de Soutelo de Montes, adaptada para gaita polo mestre do grupo, Avelino Cachafeiro. Hoxe, a Muiñeira de Chantada segue a ser a peza que fecha todos os concertos da Banda de Música de Chantada.

Aquí podemos escoitala interpretada polo mestre Ricardo Portela:



www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-09-2008 08:41
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Baiña (Baiona)
Serán e Festival

Comprácenos informarvos do noso SERÁN que será o vindeiro 6 de setembro a partir das 11 da noite no colexio público de Fontes (Baíña - Baiona).

A forma máis sinxela de chegar ata alí é subindo polo carretera da Virxe da Roca, subindo todo recto a 3 km máis ou menos chegades ó colexio.

Para calqueira dúbida podedes localizarnos nos teléfonos 627 008 926 e 678 254 064.

Desexamos contar coa vosa presencia para divertirnos todos xuntos....

saúdos

AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA 'AIRIÑOS DA LAGOA'
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc Vila de Covas (Viveiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-09-2008 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Pablo Devigo gaña o Premio Constantino Bellón
Pablo Devigo Vázquez, un gaiteiro de Castro Caldelas de 18 anos de idade, proclamouse onte á noite, nun abarrotado teatro Jofre, gañador da décimo oitava edición do Premio de Gaita Constantino Bellón, un dos máis prestixiosos certames do seu xénero.

«¡É unha recompensa a moito traballo, despois de presentarme ao premio catro veces...!», exclamaba Devigo Vázquez, que tamén gañou este vez o premio de composición.

Os dous accésists foron para Gonzalo Abelairas e Bruno Villamar. E o Premio Seivane ao mellor intérprete da Galicia Exterior, para o arxentino Santiago Agustín Molina, bisnieto dun emigrante de Viveiro.

O concurso, que cada ano convoca o Ateneo Ferrolán co apoio de institucións como a Xunta, a Deputación da Coruña e o Concello, premia a calidade da interpretación e, por suposto, a emoción das notas dos mellores gaiteiros; pero tamén, ao mesmo tempo, como os seus organizadores recordan constantemente, a fidelidade «a un xeito de tocar a gaita propiamente galego». No último día das festas de Ferrol, o xurado deu a coñecer a súa decisión sobre o escenario minutos antes (e xa son casualidades...) de que o ceo da cidade enchésese de cores coas luces das lumes que recordan ao marqués de Amboage, o filántropo ferrolán por excelencia.
Comentarios (38) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 12:44
# Ligazón permanente a este artigo
Matrícula na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo
Solicitudes de novo ingreso e matrícula da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo

A Escola Municipal de Artes e Oficios anuncia o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009.


Aprobado o Plan de Normalización Curricular pola Xunta Rectora do Organismo Autónomo EMAO, en sesión de data 14 de xullo de 2008, anúnciase o calendario oficial de presentación de solicitudes de novo ingreso e matriculación para o curso 2008-2009 na Escola Municipal de Artes e Oficios:

Especialidades CAIM: Construcción Artesanal de Instrumentos Musicais (Gaita, Zanfona, Luthería antiga)

- 17 de xullo-2 de setembro: exposición das listas de pre-matriculados
- 3-5 de setembro: exposición definitiva das listas de pre-matriculados
- 8-16 de setembro: Matrícula pre-matriculados
- 17-26 de setembro: Preinscrición, se é o caso, alumnado novo ingreso
- 29 de setembro: sorteo das preinscricións
- 30 de setembro: exposición listas de admitidos segundo o sorteo.
- 1 de outubro: inicio curso alumnado procedente do curso 2007-2008
- 2 de outubro: Exposición listados definitivos alumnado de novo ingreso; Inicio, se é o caso, do curso para alumnado de novo ingreso

Horarios de administración

Lugar: Edificio principal da EMAO, rúa García Barbón, 5
Horario: de 10 h. a 14 h., laborables de luns a venres.
Máis información:
- Web-EMAO: http://hoxe.vigo.org/movemonos/educacion
- Correo electrónico: emao@vigo.org
- Tfno.: 986228088

Notas importantes :
- Para as especialidades CAIM, a convocatoria de novas prazas para iniciación, dependerá da existencia de vacantes despois do período de pre-matriculación.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
Acústico Feminino en Ferrol
Acústico Feminino: Batuko Tabanka, Leilía, Nordestin@s e Lucía Aldao no Teatro Jofre (Ferrol) ás 21:00


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 09:05
# Ligazón permanente a este artigo
XX Festival da Poesía no Condado
PROGRAMA DO XXII FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO

do 4 ao 6 de setembro 2008. Salvaterra de minho.

Quinta-feira 4 de Setembro

19.30 Apertura de exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE

Pintura
- Fernando Morales
- Helena Ayape Guisán

Fotografia
Germán Cruces Rajoán: ‘Percurso do rio Minho’

Instrumentos tradicionais

Mostra
Igor Lugris: 'Poesia para ver, poesia para ler'

20.00
Jornadas do Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
Curtas premiadas no Festival de Cans
Mabel Rivera e Enrique Banet: ‘O salário do silenzo’
Xosé Bocixa: ‘As Encrobas. A ceo aberto’

22.30
Noite galega
Covas de Dona Urraca
Tino Baz e Grupo
Poeta: Marica Campo
-Aforo limitado
-Entrada 10 €
- Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org ou 986 658 036


Sexta-feira 5 de Setembro

20.30
Jornadas do Audiovisual
COVAS DE DONA URRACA
GZ Vídeos: selecçom de vídeos de Galiza Nom Se Vende
Sants.tv: ‘O AVE de Barcelona a Galiza’
Curtas premiadas no Festival de Cans

22.30
Festa da Mocidade
ZONA DAS MURALHAS
Apresentam Os da Ria

POETAS
- O Leo
- Kiko Neves
- Carlos Figueiras
- Valentina Carro
- María Lado

GRUPOS
- Ataque Escampe (Galiza)
- The Turre´s Band (Galiza)
- Os Corvos (Portugal)
- O Sonoro Maxín (Galiza)


- Sessom Dj: Marcos Payno.

Sábado 6 de Setembro

11.30
Marcha popular
- Murga: Sur do Condado
- Gaiteiros: Bailía
- Animaçom de rua: Touporroutou
- Comboio de baixa velocidade

12.30
Mesa Redonda
-Colectivos da rede 'Galiza Non Se Vende'

Feira Popular

Artesanato ao vivo
- Cesteiros, cabaqueiros, tamanqueiros...

16.00
I Abertinho de Bilharda Festival da Poesia
recinto das muralhas
- Lotes de livros para as 2 primeiras equipas e umha caixa de vinho
a maiores para a ganhadora. Participa!

17.30
Festa infantil
PRAça do castelo
- Touporroutou

19.30
Festival Poético-Musical
Zona das muralhas

- Apresentam Luis Caruncho e Pinto d’Herbón

Poetas
- Xiana Árias
- Pedro Casteleiro
- Paco Souto
- Concha Rousia
- Cruz Martínez
- Alberto Lema
- Igor Lugrís
- Lino Braxe
- Chus Pato
- Pilar Beiro
- Núria Martínez Vernís (Països Cataláns)
- Limam Boicha (Saara)
- Isaque Ferreira (Portugal)

Grupos
- A Quenlla (Galiza)
- Canto da Terra (Portugal)
- Tabanka Djazz (Guiné-Bissau)
- Pirats Sound Sistema (Països Cataláns)



Serviços
- Zona de campismo



www.festivaldapoesia.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 01-09-2008 08:58
# Ligazón permanente a este artigo
Festas da rúa de baixo (Compostela)

jÁ ESTAM AQUI AS AFAMADAS E TRADICIONAIS FESTAS DA RUA DE BAIXO!!! E ESTE ANO DOUS DIAS!!! QUEM NO QUEIRA CALDO.....

1 DE SETEMBRO

- às 20h30, na fonte da rua, obradoiro para aprender a fazer farois de papel, e assi poder recuperar umha bonita forma de decorar o bairro.

5 SETEMBRO

- às 21h30 Começamos a festa celebrando-o com sangria de balde, e música
- às 22h Entrega do prémio ao melhor farol de papel (prémio: cesta com produtos do pais), e passe de fotos (antigas e recentes) das festas da rua.
- às 222h30 contos com Carlos Santiago
- às 23h actuaçom do grupo tradiconal LINCORNE
- ao acabar, discoteca na rua.

6 SETEMBRO

- às 11h passaruas com cabeçudos, bombas de palenque e música do grupo de gaitas da Gentalha
- às 13h30 Sessom Vermú com pregom a cargo de Victor Lourenzo (mofa e befa) e O Canario e o grupo CASINO GALICIA. (vermú de balde, e comida)
- às 17h30 começo do FESTIVAL DE TARDE com jogos tradicionais- às 18h títeres Alakran com o espectáculo 'pekeno kabaret de tlos'
- às 18h30 campeonato de chave e de rá
- às 18h45 obradoiro de bailes do mundo com Marta Pereira
- às 21h30 GRANDES CONCERTOS COM:
- A Magnifique band dos homes sen medo
- Grupo Salón
- Os tres Trebons


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 08:50
# Ligazón permanente a este artigo
4ª noite de Tasca en Ordes
Venres 5 de setembro

Foliada coa presenza de José Marentes (Gaiteiro da Fonsagrada)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 08:47
# Ligazón permanente a este artigo
Testing O Courel: grande festa da biodiversidade

Testing O Courel: grande festa da biodiversidade no 6 de setembro

Verdegaia, o colectivo S.O.S. Courel e Insectarium Virtual organizan o 6 de setembro unha Xornada Fotográfica Testing no Courel.

Unha xornada de testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100 expertos categoriza a información, clasifícaa e catalógaa. Mediante esta acción os colectivos organizadores queren reivindicar a protección efectiva dunha das zonas con maior biodiversidade de Europa, gravemente ameazada polo desleixo da administración e a voracidade das empresas mineiras.

Dende a asociación ecoloxista Verdegaia, o colectivo S.O.S. Courel e Insectarium Virtual convidámosvos a participar connosco nesta xornada fotográfica.

A Serra de O Courel é un Espazo Natural Protexido, cuns valores culturais, naturais, xeolóxicos, paisaxísticos e científicos únicos en Europa. Ten como límites naturais o Camiño de Santiago polo Norte, o viciño León polo Leste e o cauce do río Sil polo Sur. Na súa superficie, de aproximadamente 20.000 hectáreas, multitude de ríos descenden dos altos cumios formando uns fermosos vales coas típicas devesas, bosques de vexetación autóctona que acadan no Courel a súa maior expresión.


Desas elevadas montañas descenden numerosos cauces fluviais que dan lugar a variados ecosistemas, entre os que destaca o río Lor, que percorre toda a comarca desde o seu nacemento no Cebreiro até a desembocadura no río Sil, ao seu paso por Augasmestas. Os diversos afluentes do Lor forman, ao seu paso, os típicos vales de O Courel.

Estamos nunha das zonas menos poboadas de Galiza, cunha densidade aproximada de 15 habitantes/Km2, a maior parte dos cais traballan no sector primario. As explotacións forestais e de pizarra son tamén unha importante fonte de ingresos.

Flora. Debido ás condicións climáticas e a estas diferenzas de altura entre cumios e vales atopámonos perante unha das reservas botánica máis importantes de Galiza. Nas beiras dos diversos cauces fluviais, atopamos as devesas, que acadan a súa máxima expresión na Devesa da Rogueira. Castiñeiros, carballos, aciñeiras, teixos, bidueiros, acivros,... Un verdadeiro paraíso para o amante da natureza. De entre todos destacamos o castiñeiro, sempre presente en tódolos nosos percorridos e auténtico recurso para todo.

Fauna. Esta grande cantidade de ecosistemas diferentes que existen no Courel provocan que a diversidade faunística sexa moi ampla. Todos eles teñen o seu sitio no Caurel. Desde as árbores, seremos observados polo bufo real. No ar, desfrutaremos cos maxestuosos voos da águia real e a albela, ademais do miñato e varias especies de tartarañas.


TESTING

Insectarium Virtual quere apoiar este tipo de iniciativas en defensa dos valores ecolóxicos de O Courel fronte ás ameazas da industria mineira pizarreira que se cernen sobre este espazo.

Unha xornada de testing consiste en agrupar a un grande número de persoas para que nunha zona establecida tomen o maior número de fotos dixitais. Durante todo o traxecto vanse facendo fotos da flora e a fauna invertebrada (conforman o 80% da biodiversidade). Posteriormente, un grupo formado por máis de 100 expertos vai categorizar a información e clasificala e catalogala.

A idea é involucrar o maior número de xente na criación dunha base de datos con tódalas especies.

Os grupos dividiranse para cubrir 4 rotas e 3 covas:

1. Devesa da Rogueira. O Courel de influencia Atlántica. Roteiro: Alto do Couto-As Augas-Moreda. Bosques interesantes con teixos (Taxus baccata), acivros (Ilex aquifolium) e capudres (Sorbus aucuparia).

2. Arredores Do Castro de Vilar. O Courel de influencia Mediterránea. Roteiro: Froxán-Vilar-Vilamor. Os soutos de castiñeiros (Castanea sativa). Interesante mostra de coleópteros e formigas.

3. O Río Pequeno.O Caurel intermedio e a actividade humana. Roteiro: Paderne baixando até Seoane. Soutos e reboleiras (Quercus pyrenaica).

4. Val da Moura. De interese xeolóxico (para a parte de espeleoloxía). Formacións pedrosas de interese científico. Xunto coa mostraxe da cova do mesmo nome "Val das Mouras ", na Ferrería Vella


5. As covas (espeleoloxía): "A Cova do Eixe" de Mercurín, a de "Longo de Meo" en Moreda


¿Que farías se unha das zonas consideradas de maior índice de biodiversidade de Europa,
fora arrasada impunemente por un Goberno en conivencia cunha multinacional?
UNETE A NÓS NESTE TESTING FOTOGRÁFICO

porque
GALIZA NON SE VENDE

máis información
www.verdegaia.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-09-2008 08:44
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] [3] 4
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer