Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Elviña Folk 2008 (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pé na Estrada 2008
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 12:19
# Ligazón permanente a este artigo
II Xornadas Campás e Campaneiros
CAMPÁS E CAMPANEIROS
13 de Setembro do 2008

IGREXA PARROQUIAL DA ÍNSUA – PONTE CALDELAS - PONTEVEDRA


ACTIVIDADES:

16.30 h REPIQUE DE CAMPÁS, chamamento aos participantes pro inicio das actividades.

• DEMOSTRACIÓN DOS DIFERENTES SINAIS E TOQUES de campás por Elías Darriba, Juán Manuel Darriba e Juan Carlos Pereira.

17.30 h Concerto “CAMPÁS, GAITAS E FOGUETES” a cargo do grupo “ Os Chichisos “

18.00 h “CAMPANARIO ABERTO PRA CAMPANEIROS”, repiques de diferentes zonas e lugares.

18.30 h “CAMPANARIO ABERTO PRA PARTICIPANTES”, prácticas coas campás.

20,00 h VIÑO GALEGO para os participantes inscritos, na taberna “ eicho de dar queridiña “

Nº DE PRAZAS: 25
PREZO: 10 €
TELÉFONO DE RESERVAS: 676.842.942

• Todos os toques e sinais serán gravados polo colectivo "Escoitar"
• Colabora D. Uxio, párroco da Insua

AS ACTIVIDADES PODEN SER PRESENCIADAS POR TODO O PÚBLICO QUE O DESEXE

ORGANIZAN : os chichisos, Grupo de música tradicional
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2008 11:24
# Ligazón permanente a este artigo
II Abordaxe contra a Especulación (Toralla-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-09-2008 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Internacional de música Tradicional (Fundao-Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival galego de Cabaré
Obradoiros formativos con motivo do III Festival Galego de Cabaré

A Coruña. Do 8 ao 12 e do 15 ao 20 de setembro de 2008

Sempre quixeche ser como Liza Minelli ou Joel Gray?

De pequeno entonache esa copla coñecida de “mamá quero ser artista”?

Gústache bailar, cantar, e quizais facer o parvo?

Dende o Festival Galego de Cabaré proporciónanche as ferramentas para desenvolver todas esas aptitudes.

Ben de iniciación como de prefeccionamento AULA CABARÉ é a proposta formativa do festival para desempolvar os teus talentos máis segredos.

INICIACIÓN AO CABARÉ

Do 8 ao 12 de setembro
De 11 a 15 horas

Imparten: Sue Moreno, Yolanda Paz e Nelson Quinteiro

Obxectivos:

O cabaré é unha disciplina en actual desenvolvemento dentro do panorama das artes escénicas en Galiza. Boa proba diso é a consolidación de propostas como o Festival Galego de Cabaré e o traballo de compañías que están a profundizar no xénero.
No OBRADOIRO DE INICIACIÓN DO FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ queremos introducir ao alumna/a ao cabaré como concepto e o habitual ritmo e rutina de traballo dunha compañía deste tipo. Traballo físico, actoral, coreográfico e de maquillaxe e atrezzo en torno a este xénero.
Ruptura da cuarta parede, actitude, traballo de roles, improvisación, e profundización teórica nun campo de traballo que se nos amosa flexible e moi relacionado coas cualidades do equipo ou compañía que o desenvolva.

Dirixido a: Persoas de calquiera idade e formación interesadas en achegarse ao mundo do cabaré.

Prezo: 110 €
Nº de Prazas: 20
Criterio de selección: Por orde de aboamento ata completar aforo

OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO.

Do 15 ao 20 de setembro
De 18:00 a 22:00

Imparte: Guillermo Weickert

Obxectivos:

O cabaré é un xénero que se caracteriza pola fusión e combinación de diferentes artes escénicas en torno a un xeito narrativo e estético. No OBRADOIRO DE PERFECCIONAMENTO DO FESTIVAL GALEGO DE CABARÉ queremos partir de número propios para que o creador Guillermo Weickert dé outro tipo de perspectivas e de visións froito da súa formación e experiencia no mundo da danza e o teatro.
Trátase dun taller no que partindo dun traballo profesional en torno ao cabaré se nos proporcionen outras ferramentas e un traballo sólido de dirección.

Dirixido a: Actores, actrices e bailaríns profesionais

Prezo: 150 €
Nº de Prazas: 8
Criterio de selección: Currículum Vitae

INSCRIPCIÓN E MATRÍCULA:

666014494
info@cabare3.org


www.folque.com


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-09-2008 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Marta e Malmequer
Procurando pola arañeira atopei este video do concerto de Mos.

Un saúdo postvacacional a todos @s Malmequeriáns, e lembrar que agora que remata o verán Tamara non nos perdoará que non pasemos polo Serán das Tarambainas este sábado.



Relacionada:
http://es.youtube.com/watch?v=jvjyC73lSC0
Comentarios (1) - Categoría: Videos - Publicado o 11-09-2008 10:30
# Ligazón permanente a este artigo
Komunikando busca o festivaleiro do ano
Komunikando.net, ven de crear o Iº Premio ao Festivaleir@ do 2008, se conehces a alguem ou se crees que ti mesm@ cumples os requisitos e que es merecedor ou merecedora de tam impresionante e importante mençom, anímate e participa enviando o teu "Currículum Festivaleiro", lee as bases e komunikanos o teu festexar.

Ha que lembrar que já no 2006, Komunikando.net intentou solucionar certos problemas que os Festivaleiros e Festivaleiras tinham quando remataba o verám, e por isso fundamos a ONG SOS Perloca "Apadrinha um festivaleiro", pero este ano queriamos mais e por isso sacamos à luz esta nova iniciativa.


BASES DO PREMIO FESTIVALEIR@ 2008

1. Poderán participar tódalas persoas que mediante fotos ou videos acrediten a súa presenza nun festival da Galiza.

2. Cada candidato deberá ter unha reseña “Curriculum Festivaleiro” na que se explique os festivais nos que estivo ou anécdotas.

3. Calquera persoa poderá propoñer a calquera para participar no premio, consultando anteriormente ca persoa nominada a súa presenza en dito premio e estar de acordo en ser candidat@.

4. Para propoñer a un candidat@ é necesario enviar o mail do candidato con nome e apelidos e o seu número de Telf., así a organización asegúrase o consentimento, para participar no premio, da persoa nominada.

5. As persoas candidatas iranse publicando na web por orden de chegada, e a organización poderá difundir os candidatos en calquer tipo de medio de comunicación ou na rede, facendo referencia ó premio.

6. Os membros de Komunikando.net darán o veredicto final según a orixinalidade da foto, video, texto, número dos festivais nos que participou durante o 2008, etc. O público poderá axudar a resolver o fallo da organización engadindo comentarios ou votando, contando anécdotas, participacións festeiras, presenzas enrriba do escenario, etc.

7. A pessoa que reciba o premio FESTIVALEIR@ 2008 será anunciada nun dos últimos festivais do ano aínda sen determinar. Poderase participar e tamén propoñer candidat@s ata o último instante.

8. Os candidatos e candidatas deberán ser remitidos ao correio-e: aperloca[arrob]komunikando.net e deberán adxuntar todo o exposto nos anteriores puntos.

9. A organización resérvarase o dereito a publicar ou non as candidaturas presentadas.

Asinado.
Asociaçom Kultural Komunikando.net
Música da Galiza

Correio-e: aperloca[arrob]komunikando.net

Descarga as Bases do premio



www.komunikando.net



Comentarios (3) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2008 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
Aberto por Reformas de reformas

Aberto por Reformas, o programa da Radio Galega de encontro para os estilos musicais máis variados, unidos polo nexo da lingua galega. Xurxo Souto dirixe e presenta o programa, que os domingos presenta Vituco Neira.

Novo horario de emisión:

Luns a venres de 19:00 a 20:00
Domingo de 16:00 a 17:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2008 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
'Tradicción', o novo espectáculo de Nova Galega de Danza
Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer codirixen esta nova proposta coreográfica que interpretan sobre o escenario sete bailaríns e outros tantos músicos e que se inaugura o venres 12 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Nel procúranse novos camiños de expresión sen renunciar raíces galegas.

A compañía Nova Galega de Danza e o Centro Coreográfico Galego (CCG), da Consellaría de Cultura e Deporte, estrean Tradicción, o venres 12 de setembro ás 21.00 horas no Teatro Rosalía Castro da Coruña. A montaxe, que estará no mesmo escenario tamén o sábado 13, pertence ao programa de coprodución 2008 do CCG.

Con este novo espectáculo Nova Galega de Danza pretende afondar nos elementos tradicionais da cultura galega desde a contemporaneirade. Está dirixida e coreografiada por Jaime Pablo Díaz e Vicente Colomer, que interpretan a peza xunto a outros cinco bailaríns e bailarinas: Alba Vázquez, Emma Cabañas, Laura García-Vera, Lorena Ballesteros e Iván Villar. A dirección musical correspóndelle a Pedro Lamas, quen actúa en directo en cada representación nun conxunto de sete músicos.

Réxime de coprodución

A montaxe foi deseñada en réxime de coprodución co Centro Coreográfico, dentro do grupo de proxectos que parten da iniciativa privada pero reciben da entidade pública unha dotación económica.

Tradicción contou coa titoría artística de Mateo Feijoó, coreógrafo e director de Laboral Escena de Xixón, quen compartiu o proceso creativo con Nova Galega de Danza. A compañía galega colaborou para o espectáculo con artistas doutras disciplinas, traballando aspectos coma o deseño do espazo escénico e a videocreación.

Despois da súa estrea na Coruña, Tradicción iniciará unha xira por Galicia que a levará polos principais espazos das catro provincias.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2008 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Camaxe, folk galego con osíxeno belga
O grupo de folk galego-belga Camaxe publica o seu novo álbum 'Airexa', un traballo que chega tras 'Imaxes' (2005), froito do encontro entre os músicos Miguel Allo e Marc De Martelaer. Nas tendas a partir do 29 de setembro.

Camaxe O vindeiro 26 de setembro presentarase no Teatro Molière de Bruxelas o novo disco de Camaxe, Airexa, no que os músicos Miguel Allo e Marc De Martelaer volven redundar na fórmula ensaiada no seu primeiro disco: folk galego con aires do mundo.

Este novo disco, que sairá a rúa o 29 de setembro, chega tres anos despois do seu debut artístico e con novas incorporacións nas súas filas. Neste tempo, a banda reforzou a súa personalidade con outros tres piares: Baptiste Argouac, Filip Lambrechts e Gauthier Lisein.

Esta evolución dálle a identidade ao proxecto Airexa. Se inicialmente, a preparación dos temas e os arranxos correron a cargo Miguel e Marc, o grupo comparte agora esa función co fin de enriquecer o proxecto.

Como para "Imaxes" as composicións déixanlle sempre unha parte importante á gaita, pero crécense con novas influencias e unha madurez que marcan unha nova etapa. Nas cancións, Camaxe fala de temas actuais con arranxos máis abertos ao descubrimento doutras culturas musicais.

O universo no que se mergulla "Airexa" caracterízase polas paisaxes e a cultura galega. O grupo gravou este novo álbum na Illa de Arousa e contou con convidados da altura de Julien De Borman, Montse Ogando, Patrick De Schuyter, Rémi Decker, Sonia Lebedynski, Sonia Reborido e Tuur Florizoone.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2008 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista Fuxan os Ventos
"O panorama da música do país hai trinta anos non ten nada que ver co de agora"
Oito meses de preparación serviron para que o senlleiro grupo musical Fuxan os Ventos volva pisar as táboas este outono.


O 18 e o 19 de outubro, Fuxan os Ventos volverá dar un concerto. Será no Auditorio de Galicia, en Compostela, despois de case dúas décadas afastados dos escenarios, agás algunha actuación puntual. O espectáculo levará por título 'Terra de Soños. Falamos con Xan Forte, un dos integrantes de Fuxan.

A que se debe a volta de Fuxan os Ventos aos escenarios?
En principio, a volta é porque nos apetecía moito, despois de tanto tempo sen facer actuacións do grupo, apetecíanos moito preparar algo para facer unha actuación. Sempre tivemos esta posibilidade, pero por tempo foise deixando... e agora decidimos que era o momento. Por outra banda, temos os dous últimos discos, que nunca tocamos en directo. É unha oportunidade para presentalos en directo. É unha novidade en público.

Custou moito volverse reunir?
Sempre custa cando falamos de xente xa cunha idade avanzada, que ten as súas historias persoais, familiares, laborais, e que cada un vive nun sitio, espallados entre Lugo e A Coruña. Non é fácil ensaiar. Non é posíbel facer proxectos a curto prazo. Este concerto comezamos a preparalo hai oito meses. Non é fácil, con é como cando tiñamos 16, 17 ou 18 anos.

Anúnciase que van reinterpretar temas emblemáticos do grupo
O concerto basicamente é un percorrido por toda a discografía do grupo, de 1972 a 1990, que foi cando deixamos de actuar de xeito regular e só volvemos para actos puntuais. Agora o que facemos é un concerto co que imos facer un percorrido por toda a discografía e o repertorio. Están os temas que se fixeron hai trinta e pico anos. Hailles que dar un pouco máis de base instrumental, teñen necesidade dalgunha revisión. Vainos acompañar unha banda de nove músicos que vai dar soporte instrumental a todo o grupo, dirixida por Xosé Luís Romero, o que nos permite centrarnos na parte vocal.

Como ve a evolución da música que se fai en Galiza dende Fuxan os Ventos, que tamén foi unha influencia importante nela?
A evolución foi, sobre todo, a partir dos anos 90, meteórica. O panorama da música galega hai trinta anos non ten nada que ver co de agora. Había grupos de gaiteiros que facían un traballo interesante e que conservaron as nosas músicas, a memoria dos nosos vellos, que nos transmitiron tantas cousas. A partir de 1992, a actividade dos músicos, instrumentistas, pandeireteiras... creceu xeometricamente. O panorama ten hoxe unhas perspectivas que naqueles tempos non se visualizaban. Boto un pouco en falta que todos estes instrumentistas que tocan e cantan e traballan, o que fan dun xeito técnico e estudado, quizais se quitamos as pandeireteiras quédanos a parte dos grupos vocais. Quizais na parte creativa hai traballo por facer, e non teño dúbida de que se fará.

Pensan dar máis concertos despois dos dous de Compostela?
Aí estamos. En principio o noso compromiso e dedicación foi preparar estes dous concertos. De momento é o único que temos por diante. Máis adiante no sei o que pode pasar. Se non nos metemos dunha dinámica de ensaios, de estar na estrada, é moi complicado. O que nos ocupa son estes dous concertos, aínda que non descarto que se poida facer algo máis adiante.

www.vieiros.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2008 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Rede Galega de Música ao Vivo 2009

Dende o 1 ao 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición para a Rede Galega de Música ao Vivo 2009.

Esta programación musical xestionada pola Axencia Galega das Industrias Culturaia (AGADIC) levarase a cabo durante todo o 2009, exceptuando os meses de xullo e agosto, en salas de todo o país. Pretende impulsar a actividade dos grupos de diferentes estilos mediante a financiación de ata un 90% do caché dos mesmos, que non pode superar, en todo caso, os 800 euros por artista e concerto.

Podedes descargar os pdf coa convocatoria e regulamento de funcionamento nos seguintes enlaces:

Convocatoria

Regulamento

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-09-2008 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Novas prazas da E-trad (Vigo) curso 2008-2009
RELACIÓN DE NOVAS PRAZAS A OFERTAR
CURSO 2008-2009


ESPECIALIDADE HORARIO PRAZAS
Arpa 1A Luns de 16 a 17h 1
Arpa 1C Luns de 18 a 19h 4

Percusión 1A Mércores de 19 a 20h 2
Percusión 1B Mércores de 20 a 21h 4
Percusión 1C Venres de 16 a 17h 2
Percusión 1D Venres de 17 a 18h 3

Zanfona 1A Luns de 16 a 17h 1
Zanfona 1B Luns de 17 a 18h 1
Zanfona 1C Luns de 18 a 19h 2

Violín 1C Luns de 18 a 19h 4

Canto 1C Luns de 18 a 19h 2

Corda 1A Mércores de 16 a 17h 6
Corda 1B Mércores de 17 a 18h 6

Acordeón 1A Mércores de 16 a 17h 6
Acordeón 1B Mércores de 17 a 18h 6
Acordeón 1C Venres de 16 a 17h 6
TOTAL 56

http://hoxe.vigo.org/pdf/educacion/eTrad_novas_prazas.pdf
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:32
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na voz de Galicia
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega I

Os Gaiteiros buscan o seu lugar no século XXI

Fartos de que o fol só se utilice para as festas e como emblema do País, os músicos queren introducir a gaita dentro das novas expresións da música contemporánea.

La Voz de Galicia. Suplemento Culturas (23 de agosto 2008)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na Voz de Galicia II
1. Cantos anos leva tocando a gaita?
2. Canto lle custou a primeira gaita?
3. canto lle custou a última gaita?
4. Cantas gaitas ten?
5. Gaiteiros favoritos
6. Cancións tradicionais preferidas
7. Músicos ou grupos de folk favoritos
8. Músicos preferidos que non sexan folk
9. Como sería o disco que lle gustaría gravar?
10. Que é o mellor da música galega?
11. Que é o peor da música galega?
12. Que teñen outros paises como Irlanda que venden a súa música en todo o mundo que non teña Galicia?
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:21
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na Voz de Galicia III
1. Cantos anos leva tocando a gaita?
2. Canto lle custou a primeira gaita?
3. canto lle custou a última gaita?
4. Cantas gaitas ten?
5. Gaiteiros favoritos
6. Cancións tradicionais preferidas
7. Músicos ou grupos de folk favoritos
8. Músicos preferidos que non sexan folk
9. Como sería o disco que lle gustaría gravar?
10. Que é o mellor da música galega?
11. Que é o peor da música galega?
12. Que teñen outros paises como Irlanda que venden a súa música en todo o mundo que non teña Galicia?
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:20
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na Voz de Galicia IV
1. Cantos anos leva tocando a gaita?
2. Canto lle custou a primeira gaita?
3. canto lle custou a última gaita?
4. Cantas gaitas ten?
5. Gaiteiros favoritos
6. Cancións tradicionais preferidas
7. Músicos ou grupos de folk favoritos
8. Músicos preferidos que non sexan folk
9. Como sería o disco que lle gustaría gravar?
10. Que é o mellor da música galega?
11. Que é o peor da música galega?
12. Que teñen outros paises como Irlanda que venden a súa música en todo o mundo que non teña Galicia?
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na Voz de Galicia V
1. Cantos anos leva tocando a gaita?
2. Canto lle custou a primeira gaita?
3. canto lle custou a última gaita?
4. Cantas gaitas ten?
5. Gaiteiros favoritos
6. Cancións tradicionais preferidas
7. Músicos ou grupos de folk favoritos
8. Músicos preferidos que non sexan folk
9. Como sería o disco que lle gustaría gravar?
10. Que é o mellor da música galega?
11. Que é o peor da música galega?
12. Que teñen outros paises como Irlanda que venden a súa música en todo o mundo que non teña Galicia?
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 10:05
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na Voz de Galicia VI
1. Cantos anos leva tocando a gaita?
2. Canto lle custou a primeira gaita?
3. canto lle custou a última gaita?
4. Cantas gaitas ten?
5. Gaiteiros favoritos
6. Cancións tradicionais preferidas
7. Músicos ou grupos de folk favoritos
8. Músicos preferidos que non sexan folk
9. Como sería o disco que lle gustaría gravar?
10. Que é o mellor da música galega?
11. Que é o peor da música galega?
12. Que teñen outros paises como Irlanda que venden a súa música en todo o mundo que non teña Galicia?
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita Galega na Voz de Galicia VII
1. Cantos anos leva tocando a gaita?
2. Canto lle custou a primeira gaita?
3. canto lle custou a última gaita?
4. Cantas gaitas ten?
5. Gaiteiros favoritos
6. Cancións tradicionais preferidas
7. Músicos ou grupos de folk favoritos
8. Músicos preferidos que non sexan folk
9. Como sería o disco que lle gustaría gravar?
10. Que é o mellor da música galega?
11. Que é o peor da música galega?
12. Que teñen outros paises como Irlanda que venden a súa música en todo o mundo que non teña Galicia?
Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
O regreso de Fuxan os Ventos
O próximo 18 de outubro o grupo emblemático da música galega durante a transición democrática volve subir aos escenarios. Faino cun espectáculo agutinador: "Terra dos soños"

Case dúas décadas depois de que Fuxan os Ventos fixesen a súa última actuación, o grupo musical emblemático da transición democrátcia en Galicia regresa con Terra de Soños, un espectáculo que estrearán no Auditorio de Galicia, en Compostela, o día 18 de outubro, dentro do ciclo Sons da Diversidade.

Con Terra de soños, Fuxan os Ventos volve aos escenarios e faino en compaña dalgúns dos seus mellores amigos para reinterpretar o seu xa lendario repertorio. Na escenificación da estreitísima vinculación entre a canción popular galega e as novas formas de expresión folk está a cerna do espectáculo. A máis das colaboracións dalgúns dos máis destacados músicos do panorama galego actual,. Fuxan os Ventos contará co apoio dunha banda dirixida por Xosé Lois Romero, artífice tamén dos arranxos instrumentais para o proxecto.

Terra de soños, que posteriormente poderá verse noutras vilas do país, é para os compoñentes de Fuxan unha oportunidade de "gozar do grupo", tanto para as persoas que os ten "aínda presentes" como para "as novas xeracións que, por veces sen seren conscientes do significado do grupo para a música tradiconal galega, herdaron cantos populares como A Carolina ou Sementeira, engastados á tradición musical de Galicia".Fuxan os Ventos foi un grupo comprometido coa identidade de Galiza e "cos atrancos que esta sociedade tivo que superar ao longo da súa historia recente", subliñan. Trátase dun grupo "que soubo transmitir as súas letras de pólvora e chegar a todas as capas da sociedade e en galego, cousa impensable na metade da década dos setenta".

Fuxan os Ventos creouse a comezos dos anos setenta en Lugo, onde vivían os doce integrantes da formación orixinal. Tras os comezos nos escasos círculos de difusión da música popular daqueles anos, conseguen abrirse oco no panorama cunha aposta que mesturaba poderosas voces, sinxelos pero eficaces arranxos musicais e textos reinidicativos.

No1976 apareceu o seu primeiro disco con trece pezas, das cales a maioría recollen textos de poetas galegos, desde Celso Emilio Ferreiro e Ramón Cabanillas, ademais de composición populares e de Fuxan vos Ventos, tema homónimo do grupo que lle daba título ao disco.

Con este material, o disco converteuse nun referente da evolución da música popular, con concertos que foron un auténtico referente no panorama do país. Agora, vinte anos despois, Fuxan os Ventos seguen apostando pola terra das soños.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Som do Galpom gaña o II certame de Nsaio no Camiño

O grupo de A Moniña (Ames) terá como premio a gravación dun disco nun dos mellores estudios do Estado español e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e mais un contrato de management. O xurado elixiu a Som do Galpom entre os cinco grupos finalistas desta segunda edición, á que se presentaron arredor de 150 conxuntos musicais.

Som do Galpom foi elixido polo xurado coma o grupo gañador da segunda edición de Nsaio no Camiño, un certame organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade en colaboración coa Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e que ten coma obxectivo difundir a cultura musical galega e dar a coñecer a grupos noveis de Galiza. O quinteto de Ames e a súa fusión de rap, reggae e funk convenceron a xurado e público na final de Nsaio no Camiño, celebrada este xoves en Lugo e na que actuaron os cinco conxuntos finalistas neste certame: Maryland, Telémaco, Sinefres, Loba Loo e os propios Som do Galpom.


Os gañadores terán como premio a gravación dun disco nun dos mellores estudios do Estado español e a sinatura dun contrato cunha discográfica de nivel estatal e mais un contrato de management. Os outros conxuntos finalistas, pola súa parte, terán a oportunidade de participar en circuítos de actuacións, concertos e feiras como unha vía de promoción e impulso á creatividade musical galega, obxectivo de Nsaio no Camiño.

Uns 150 conxuntos musicais galegos presentáronse a esta segunda edición de Nsaio no Camiño, un concurso que é nunha nova aposta de Vicepresidencia para fomentar o coñecemento dos músicos galegos, unha iniciativa que vén complementar a Rede Galega de Locais de Ensaio para darlle unha oportunidade ás bandas e aos artistas musicais do país.

www.nsaio.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-09-2008 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiros Seráns da tempada 2008-2009
Sábado 6 de setembro
-II Serán dos Callos en Salceda de Caselas
-Serán no Rosal (no parque do Tamuxe-Pías)
-Serán e Festival Folclórico en Baiña (Baiona)

Sábado 13 de setembro
-II Serán das Tarambainas en Lavadores (Vigo)

Sábado 20 de setembro
-Serán na Casa cultural de Pazos de Reis-Tui

Sábado 27 de setembro
-Serán en Mos, no Pazo dos Marqueses
-Serán Carballeira en Picoña (Salceda de Caselas) no Torreiro da Festa
Comentarios (1) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-09-2008 09:07
# Ligazón permanente a este artigo
Seráns 2007-2008
Seráns Tempada 2007-2008

Sábado 1 setembro:
-Serán en Salceda de Caselas
-Magosto-Serán na praza da Veiguiña de Marín (IV Mostra de Cuartetos)

Sábado 8 setembro:
-Serán en Pazos de Borbén

Sábado 15 setembro:
-Serán das Tarambainas (Lavadores-Vigo)

Sábado 22 setembro:
-Serán en Pías (Parque do tamuxe - O Rosal)

Venres 28 setembro:
-Serán na Sala Salasón (Cangas do Morrazo)

Sábado 29 setembro:
-Serán en Vigo (na Estación Marítima de Vigo (Nautico) na Festa Veciñal) ás 22:30

Mércores 3 outubro:
- 1º Serán da tempada na Fábrica de Chocolate (Vigo) ás 22:30

Mércores 10 outubro:
- 1º Serán da tempada na Sala Nasa (Santiago de Compostela)

Xoves 11 outubro:
-Foliada no Casco Vello de Lugo, a partires das 22:00 na rua nova.

Sábado 20 outubro:
-3ª Ruada en Arteixo (A Coruña) ás 23:00 no Paseo Fluvial
-Serán Urbán en Pontevedra ás 22:00 na Praza da Verdura.

Venres 26 outubro:
-Foliada no SalaSón (Cangas)

Sábado 27 outubro:
-Serán na S.C. Atlántida Matamá (Vigo)

Mércores 31 outubro:
-Samaín, Magosto e Foliada no Casco Vello de Vigo na Praza do Berbés
-Samaín e Serán en Ponteareas na Praza Maior

Sábado 3 novembro:
- Serán no torreiro de Matamá (Vigo)

Mércores 7 novembro:
- Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate (Vigo)

Venres 9 novembro:
-Serán no C.C. Parderrubias (Salceda de Caselas)

Sábado 10 novembro:
- Foliada no Parque de Eiris (A Coruña) organizada polo grupo IAR.
- Magosto en Teixois (Taramundi)
- Serán en Caroi (Cotobade)
- Serán en Sobradelo (Vilagarcía de Arousa)

Mércores 14 novembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Venres 16 novembro:
- Serán no Campo Roxo de Coia (Vigo)
- Serán no "Casino" de Antas da Lama (A Lama - Pontevedra)

Sábado 24 novembro:
- Serán en Viladesuso (Sta. María de Oia)
- Serán-Magosto en Saxamonde (Redondela) na casa cultural ás 20:00.
- Serán da Illa de Arousa na sala Capitol
- Serán na A.C. Forna de Budiño no Porriño.

Sexta feira 30 (Venres)
- Foliada no Salason de Cangas

Sábado 1 decembro:
- Serán en Couso (Gondomar)

Martes 4 decembro:
- Foliada-Serán na Fábrica de Chocolate de Vigo

Venres 7 decembro:
- Serán na Casa do Pobo de Val-Sobral (Soutomaior)

Mércores 12 decembro:
- Foliada-Serán na Sala Nasa (Compostela)

Sábado 22 decembro:
-Serán en Covas (Tenorio-Cotobade) no local da banda

Domingo 23 decembro:
- Serán urbano en Ourense ás 17:00

Sábado 12 xaneiro:
-Serán en Prado da Canda (Covelo)

Sábado 19 xaneiro: -Serán en Amoedo (Pazos de Borbén) ADIADO

Sábado 26 xaneiro:
-Serán en Acevedo (Pontesampaio)
-Seran en Arbo

Sábado 2 febreiro:
-Serán en Regodobargo (Ponte Caldelas)
-Serán en Moscoso (Pazos de Borbén)

Sábado 9 febreiro:
Serán en Gargamala (Mondariz)

Sábado 16 febreiro:
-Serán en Maceda (Ourense)
-Serán en Toutón (Mondariz)

Sábado 23 febreiro:
-Serán en Moreira (Soutomaior)

Sábado 1 marzo:
-Serán en Santiago de Oliveira (Ponteareas)

Venres 7 marzo:
-Serán na Hermida (Pazos de Borbén)

Sábado 15 marzo:
-Serán en Borreiros (Gondomar)
-Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
-Serán na Casa da Cultura do Grove

Sábado 22 marzo:
-Serán en Fozara (Ponteareas)

Venres 28 marzo:
-Serán en Beirán (Matamá-Vigo)

Sábado 29 marzo:
-Serán en Vilaza (Gondomar)

Sábado 5 abril:
-Serán en Batalláns-Lentille (As Neves)
-Serán en Vilasobroso

Sábado 12 abril:
-Serán en Angudes (Crecente)
-Serán en Santa María de Salceda (Salceda de Caselas)
-Serán do Ghaiteiriño (Aldán) ADIADO

Sábado 19 abril:
-Serán en San Pedro (Nigrán)
-Serán de Laxoso (Pontecaldelas)
-III Foliada de Cerqueda (A Coruña)

Sábado 26 de Abril:
-II Noite de Fiadeiro en Ramirás (Ourense)
-Ruada en Catoira
-Serán no Centro Cultural San Roque de Morgadáns (Gondomar)
-Serán no C.S. O Fresco (Ponteareas)
-Serán do Gaiteiriño (Aldán)
-Serán-denuncia "Beira do mar" en Baiona (de 12:00 a 24:00)

Domingo 27 de Abril:
-IV Foliada de Melide

Sábado 3 de maio:
-III Serán do Coello en Lourido (Soutomaior)
-Serán en Nespereira (Pazos de Borbén)

Sábado 10 de maio:
-Serán no Porriño (Praza de S.Benito)
-II Serán no Frendoal-Limens (Cangas do Morrazo)
-III Serán do Mar de Rianxo
-Serán en Valadares (Vigo)
-Serán-Muiñada no Muiño de Fausto en Coiro (Cangas)

Sábado 17 de maio
-Serán en Romaríz (Soutomaior)
-Serán en Redondela (Alameda)

Sábado 24 de maio
-Serán en Sobrada (Tomiño)
-Serán do Carballal (Vigo)

Sábado 31 de maio
-II Serán As Angustias (As Angustias-Nigrán)
-Serán en Paraños (Covelo)
-II Serán en San Xián de Sales (Vedra)

Sábado 7 de xuño
-Serán en Chaín (Gondomar) no C.C. A Merced
-Serán en Pontesampaio (Pontevedra)

Sábado 14 de xuño
-Serán da Federación Veciñal en Castrelos(Vigo)
-I Serán en San Ciprán (Donas-Gondomar)

14 e 15 de Xuño
-Foliada e Romaria do Lecer de Xacarandaina na Coruña

Sábado 21 de xuño
-Serán de Vincios (Gondomar)
-Serán en Alcabre (Vigo)
-I Serán Ramón Cabanillas en Cambados

Sábado 28 de xuño
-Serán do Fiadeiro (Vigo)

Sábado 5 de xullo
-Serán en Amorín (Tomiño)

Sábado 19 de xullo
-1º Serán de Estás (Tomiño)

Venres 29 de agosto
-Serán en Sabaxáns (Mondariz)



Para localizar os Seráns: Mapa dos Seráns

Seráns pasados: Listaxe dos seráns da tempada 2006-2007
Comentarios (3) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-09-2008 09:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 5 (Venres)
• IV Noites de Tasca en Ordes
• Berroguetto en Cangas
• Som do Galpom no Pub Baranda do Barco de Valdeorras
• Brath en Fene ás 22:30 na Praza Verde
• Festas da rúa de abaixo (Compostela): Lincorne
• "Noite das Ferreñas Quentes" no Clube "Clavicembalo" (Lugo) ás 23:00: "A Volta do Agro", "Cantar das Eiras" e "Cantati".
• Festival da Poesía do Condado (Salvaterra do Miño): Ataque Escampe (Galiza), The Turre´s Band (Galiza), Os Corvos (Portugal), O Sonoro Maxín (Galiza)

Sábado 6
• Festa dos axóuxeres en Lugo, na Praza de Sta. María as 12 da mañá
• Acústico Feminino: Batuko Tabanka, Leilía, Nordestin@s e Lucía Aldao no Teatro Jofre (Ferrol) ás 21:00
• Faltriqueira no Porriño ás 22:00 no Parque do Cristo
• Cantigas e Agarimos na Alameda de Noia
• Gala 60 aniversario da Asociación Cultural Cántigas e Frores en Lugo
• Pai de Cana en Ordes ás 19:15 na Alameda
• Lamatumbá en Portomarín
• Quempallou en Cobas-Viveiro (Lugo)
• Transilvanians nas Festas de Darbo (Cangas)
• Xa Son Faif en Cedeira
• Festas da rúa de abaixo (Compostela): A Magnifique band dos homes sen medo e Os Tres Trebóns
• Festival da Poesía do Condado (Salvaterra do Miño): A Quenlla (Galiza), Canto da Terra (Portugal), Tabanka Djazz (Guiné-Bissau), Pirats Sound Sistem (Països Cataláns)
• Festas de Monte-Alto (A Coruña): Dandy Fever e Banda Potemkim
• Festival Folc Vila de Covas (Viveiro): Quempallou, Os Tarabelos e Zaranbeques Ortegal Folc
• Serán en Pías (O Rosal) no Parque do Tamuxe)
• Serán e Festival Folclórico en Baiña (Baiona)
• Serán en Salceda de Caselas

Domingo 7
• Festa dos axóuxeres na Coruña, nos Xardíns de Méndez Núñez, as 12:20 da mañá
• Cantigas e Agarimos na Praza da Constitución de Vilalba
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-09-2008 19:34
# Ligazón permanente a este artigo
Videos da Final no Concurso Soutelo 2008
Os videos da final do Concurso de gaiteiros solistas de Soutelo 2008

Pablo Carpintero (1º premio)


Pablo Devigo (2º premio)


Oscar Ibáñez (3º premio)


Miguel Fraguas (4º premio)


Rubén Troitiño (5º premio)



Vía: aherte

Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-09-2008 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo I
A gaita galega busca novos camiños

Os seus intérpretes piden que se valore en tódolos estilos, non só no tradicional

Toda cultura ten elementos -máis ou menos representativos- que rematan por se converter en símbolos. Figuras visibles que gozan dun recoñecemento falaz, porque viven máis mergulladas en augas de lenda que situadas no lugar que lles correspondería de ir esvaecendo o mito. A gaita foi durante moitos anos unha imaxe case especular de Galicia. Mais un reflexo vencellado unicamente á música tradicional, ás romarías e a uns tempos e gustos algo resesos.

Os gaiteiros modernos son herdeiros desa tradición popular da gaita e tamén do renacer do folk galego que sacudiu o país na segunda metade do século XX. Pero tamén beben doutros estilos; doutras correntes musicais que saben adaptar ao seu punteiro grazas ás melloras existentes no eido da afinación e aos estudos superiores de gaita que se instalaron nos conservatorios hai unha década, aproximadamente.

Sen ir en contra dos sectores máis puristas e dos intérpretes de música tradicional, unha gran maioría dos novos gaiteiros pide que se considere a gaita como "un instrumento máis". Acompañado polo piano ou pola trompeta. Aplicado ao jazz, á música clásica ou ao rock. "E hai un camiño paralelo, moitas veces descoñecido, de músicos que nos dedicamos á probar diferentes estilos", explica o gaiteiro Pedro Álvarez. O seu compañeiro no cuarteto Anacos de Buxo, Xurxo Fernández, comparte esta opinión: "Eu non poño barreiras á música, e acotar á gaita a un único estilo é facelo, en certo modo".

Pero, ademais de reivindicar esa apertura de miras dentro do plano máis interpretativo e de imaxe, os novos valores da gaita galega se preocupan tamén polo fenómeno da mitificación. Que vos parece que a xente só coñeza catro nomes? E todos responden o mesmo: "Refíreste a Carlos Núñez, Budiño, Susana Seivane e Cristina Pato?" Efectivamente. As causas son variadas. "Débese a unha conxunción de tres factores: que atoparon o momento axeitado para aparecer, que fan interpretacións de boa calidade e que teñen o apoio dos medios", apunta Alberto Coya. "Foron as persoas idóneas no momento idóneo. Agora estamos máis á baixa pero o número de xente cualificada é maior", intervén Pablo Devigo.

Pero, que é o que opinan? Hai moita xente batendo forte cuxo nome non é coñecido. ¿Frustración?, ¿ira?, ¿indiferencia? "Eu creo que a cuestión non é discutir se é xusto ou inxusto. Mentres eu estea contento co que fago, xa me chega. No mundo gaiteiril nos coñecemos todos e estou seguro ao cen por cen que hay varios gaiteiros que han soar moitísimo, como Dani Bellón ou Pablo Devigo", opina Milo Romero, intérprete e compositor de pezas para gaita. "Si, é que Dani é Dani", intervén Pablo.

Reparto desigual
Os tempos cambian, as modas e os gustos tamén. Porén, o sexo masculino segue a ser o predominante no mundo da gaita. A pesar de que eses catro nomes centrais se repartan equitativamente entre ámbolos dous xéneros. Preguntando a persoas importantes dentro do amplo mundo do instrumento, os nomes máis salientables que van saíndo repítense e, curiosamente, son todos de homes: Dani Bellón, Pablo Devigo, Alberto Coya, Gonzalo Abelairas, Pedro Álvarez, Abraham Fernández, Edelmiro, Xurxo Fernández, Óscar Ibáñez, Marcos Campos, Iván Costa, Anxo Lorenzo, Pedro Lamas, Pablo Seoane... "É verdade; non sei por que pero rapazas hai menos. Está Adriana Ribas, que aínda empeza, por exemplo. Pero si que hai un reparto desigual", acepta Pablo Devigo.

Tamén hai que buscar a vida de diferentes xeitos. Vivir só da gaita é difícil e, por iso, moitos deciden prepararse a fondo no mundo da música. Cursando estudos superiores para acadar unha preparación elevada e a posibilidade de optar a unha praza de profesor nos conservatorios galegos. Técnicos superiores de son, licenciados polo conservatorio profesional en gaita, licenciados en Musicoloxía, diplomados en Educación Musical son algunhas das reseñas que aparecen nos currículos dos principais intérprees de gaita en Galicia. Músicos que procuran un oco na sociedade, que buscan abrir novos camiños, facerse respectar e, sobre todo, converterse en profesionais.

Porque esixen que a gaita xa non sexa considerada só como símbolo meramente nacionalista, arredada das súas posibilidades. Porque xa non se procura ser a estrella, senón un instrumento máis. Porque, explica Dani Bellón, "a figura do gaiteiro como tal xa está copada".

É difícil agoirar cal será o futuro da gaita. Conseguirá evolucionar ou ficará soterrada pola súa propia lenda?

www.farodevigo.es
Comentarios (36) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo II
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo III
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo IV
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo V
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:43
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo VI
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Especial Gaita galega no Faro de Vigo VII
Comentarios (5) - Categoría: Novas - Publicado o 04-09-2008 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer