Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

III Xuntanxa de grupos tradicionais (Cerdido)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
XX Festival Internacional Folcórico de Peitieiros (Gondomar)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de Guisamo (Bergondo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Ferrolfolk
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra Brava (O Incio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 16:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do río Belelle (O Roxal-Neda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Castelo Son (Culleredo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do Lago (As Pontes)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-08-2013 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
II Curtison (Curtis)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 23-08-2013 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chaveta no Muiño Vello (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2013 20:15
# Ligazón permanente a este artigo
Carlos Nuñez na Coruña

O gaiteiro máis internacional da comunidade chega a A Coruña para ofrecer un concerto coa Sinfónica de Galicia, un alto no camiño na xira de presentación do seu novo traballo, Discover.

-¿Que supón para vostede tocar coa Orquesta Sinfónica de Galicia?

Un soño feito realidade. Esta xa vai ser a terceira vez, o que demostra que tanto a Sinfónica coma nós estamos moi a gusto tocando xuntos. Vai ser moi especial porque dalgún xeito será a despedida a Víctor Pablo.

-¿Non lle impón algo de respecto tocar na praza de María Pita?
Os concertos na casa sempre dan moito respecto. Chego dun mes de xira polos Estados Unidos que comezou cun concerto sinfónico en Boston ao día seguinte do accidente de Santiago, xusto ao carón de onde foran os atentados. Foi un concerto moi emotivo, pero non sentín a metade de responsabilidade que sentirei mañá en María Pita.

-¿Teñen preparada algunha sorpresa?
Neste concerto viviremos esas aventuras musicais que estamos realizando dende os meus primeiros discos, proxectadas coa grandiosidade dunha orquestra sinfónica. E si, temos unha pequena sorpresa: tocarán connosco as pandereteiras de Xiradela, de Arteixo.

-Interpretará algún dos temas inéditos do seu novo disco?
Si, faremos varios dos temas que aparecen no novo disco, Discover, que, sendo un disco moi variado, ten unha sorprendente coherencia, poderíamos dicir que é unha obra gravada ao longo de quince anos de carreira.

-Creou a sintonía da Vuelta 2013, ¿como xurdiu a idea?
Como a Volta saía este ano de Galicia tiven a honra de que mo propuxesen a min. A verdade é que xa fixera cousas semellantes co mundo do deporte. De feito. a peza seleccionada fixérmola para a Ryder Cup de golf, en Irlanda. Tocármola por primeira vez coa presidenta de Irlanda, Tiger Woods e as mulleres dos golfistas bailando! Eu penso que a nosa música vai moi ben co deporte, quizais o feito de que sexa rítmica e a súa natureza instrumental axuda a facela internacional. Os da Volta comentábannos que, cada vez máis o seu público, non era só español, senón do mundo.

-¿En que proxectos anda embarcado actualmente?

Non paro un minuto. A pasada fin de semana, por exemplo, nas mañás dos catro concertos que ofrecemos no festival irlandés máis grande do mundo, en Milwaukee, gravei varios temas para o novo espectáculo dos creadores de Riverdance. A próxima semana irei a Xapón, logo sete concertos en Arxentina e de novo a Xapón. Así, sen parar ata que no mes de decembro voltemos de xira por España. Esta vida xa semella a Eternal Tour de Bob Dylan.

-Tras o seu concerto en María Pita tomará o relevo Ainhoa Arteta, vaise quedar a vela?
Encantaríame! Sei que ela estará xa na Coruña o día do meu concerto, pero eu teño ó día seguinte unha gala de televisión

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2013 20:11
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Liska!

Liska! son Manolo, Byktor, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex, Candi e Chino. Unha banda de ska viguesa que está a piques de sacar o seu primeiro disco. Xa podes escoital@s en RadioSermos.

Son once. Manolo, Byktor, Diego, Chanquete, Martín, Paula, Alba, Álex, Candi e Chino. Guitarras, baixos, baterías, saxos, tompetes, teclados e voz. Tod@s xunt@s compoñen Liska! Unha banda viguesa de ska que a piques está de botar á rúa o seu primeiro disco, Sonhos de Raiva. Coa súa voz, Paulo Tobío –que resultará coñecida a máis de un/ha conversamos.

Quen é Liska!?
Somos unha banda de ska de Vigo. Aínda que hai xente de todo o país este é o noso centro neurálxico. Somos unha banda moi nova, levamos só un par de anos traballando. Vimos de gravar en marzo deste ano o noso primeiro traballo Sonhos de raiva. E agardamos sacalo á luz este mes de agosto.

Ska con moita mensaxe, cales son eses Sonhos de raiva?
As letras tocan moitas temáticas distintas. Están feitas da vida, do traballo diario neste país e da nosa experiencia de acción social.

Musicades unha cantiga de 1972 recuperada por Galiza Contrainfo en 2012...
Dise que a cantaban os traballadores dun estaleiro vigués naquela época para pasaren as horas. É unha letra con moita mensaxe na altura mais que agora nos segue a dicir moito. Nós musicámola coas melodías dalgunhas outras cancións da época.

"A música ten que estar ao servizo do país e ser unha ferramenta máis coa que traballarmos diariamente"

Ten moito a ver coa realidade actual do sector naval...
Por suposto, é unha canción moi extrapolábel polo que está a acontecer no sector naval.

A situación política, social actual deixa pouco espazo para manterse á marxe. Tamén na música?
Si a música como calquera outra faceta cultural ten que estar ao servizo da sociedade e do país. Ten que ser unha ferramenta máis coa que traballarmos diariamente. Do contrario só pode ser entendida como correa de transmisión do poder e nós non estamos, desde logo, pola labor de sermos correa de transmisión deste poder.

Para cando o vindeiro concerto?
Polo de agora estamos tendo poucos e bastante espaciados no tempo pois vimos de gravar o disco. Após saia á venda comezaremos unha pequena xira de presentación e a partir de aí visamos comezar a tocar –a vindeira temporada-- polos festivais do país.

O disco foi auto-editado. É difícil sacar un proxecto musical hoxe en día?

Doado non é. Amais de todo o traballo que leva, das horas de ensaio e gravación, de todo o que hai que investir economicamente para a masterización do traballo... os ingresos dos concertos non chegan para gravar. O que ingresamos nunha actuación acostuma gastarse na seguinte [desprazamentos, aloxamentos]. Non hai maneira de conseguir un fondo suficientemente estábel para chegar a un proceso de gravación con folgura.

"Vivirmos nun país dependente doutro condiciona enormemente a capacidade de proxección e desenvolvemento do panorama musical"

Facédelo máis por gozar tocando e ver gozar coa vosa música que por vivir profesionalmente disto?
Obviamente. Vivir disto non se pode mais tampouco é ese o noso obxectivo, nin a nosa filosofía. Cremos que isto é un traballo pola cultura do país, igual que se montan centros sociais.

Cal é o estado de saúde da música deste país?
Ao noso entender cremos que é de perfecta saúde. Hai unha variedade enorme de grupos que cobren todos os estilos musicais. Hai grupos moi bos. Non temos absolutamente nada que envexar a ningún outro país nese sentido. O problema é outro. Lastramos vivir nun país cunha dependencia a respeito doutro e iso condiciona enormemente toda a capacidade de proxección e o desenvolvemento en si propio do panorama musical.

Este goberno 'des-goberna'?
Máis ben goberna para outros. [Ri]. No eido cultural nótase moito como as axudas non chegan, montas un grupo e tés que tirar de recursos propios, do teu esforzo, do teu diñeiro, non tés ningunha axuda, absolutamente ningunha.

Xa podes escoitar os dous adiantos do disco en RadioSermos: Vida e A Quimenra

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-08-2013 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Nova Galega de Danza celebra os seus dez anos cunha antoloxía

O espectáculo «Dez» estrearase a finais do mes de setembro na Coruña


Dez anos de danza son os que Nova Galega de Danza quere celebrar cun espectáculo no que repasar unha década e tres producións dunha danza que quería seguir o modelo da música folk: desde o tradicional buscar outros camiños. Dez estrearase o día 27 de setembro no Teatro Rosalía da Coruña.

Para un dos seus integrantes, Jaime Pablo Díaz, facer unha antoloxía «é un xeito de regresar aos mellores momentos da compañía, de escoller o mellor de cada un dos tres traballos e de facer un percorrido por todos eles». Aínda sendo unha antoloxía, a nova produción do grupo no que tamén está Vicente Colomer, terá un fío condutor de xeito que o espectador «encontre un continuo, que o vexa como un todo».

Foi no 2003 cando naceu Nova Galega de Danza, estreando cun primeiro espectáculo para completar nestes dez anos unha progresión que define a estética do grupo. Alento, Engado e Tradicción son as tres montaxes de Nova Galega de Danza que, segundo Jaime Pablo Díaz, responderon a «tres momentos distintos da compañía e aínda mantendo a coherencia entre uns e outros si que se notan os cambios e progresos que fomos facendo».

O coreógrafo define os tres traballos como un camiño no que se foi depurando a danza. «No primeiro, Alento, estábamos obsesionados con dicir moitas cousas, con meter moita información». No segundo, Engado, producido no 2006, «foi más tranquilo, máis repousado, no que apareceron formas de jazz». O terceiro, Tradicción, estreado no 2008, Díaz sinala que foi o espectáculo «no que demos coa nosa identidade como un deseñador que encontra a súa marca».

Nese proceso de tres espectáculos en dez anos cre o bailarín que hai unha constante, «depuramos moito a forma de traballar, case como se tivésemos que ir quitando cousas en lugar de poñelas».

Sen embargo considera que os obxectivos non cambiaron para a compañía. «A nosa intención foi sempre partir desde a danza tradicional para chegar a outro tipo de danza». Engade Díaz que eles non fan tradicional, pero que quere «partir sempre da tradición». Reivindica que, en máis dun sentido, Nova Galega de Danza iniciou un modo de traballar que está sendo utilizado por máis xente, como pode ser o caso de Quique Peón». Entende o coreógrafo que hai aínda moito camiño por percorrer nese sentido porque en Galicia «hai un patrimonio moi rico, tan rico que non temos nada que envexar ao de ninguén».

Sinala que a súa intención é manter os seus sinais mesmo «en tempos complicados como os de agora, que sabemos que son malos para celebrar cousas». Pero tamén apunta que a súa intención é «manter a mesma liña e levar a música en vivo, que é algo que nos parece fundamental para o tipo de danza que facemos». Asegura que a intención de NGD é «investigar máis no contemporáneo e tentar traballar con coreógrafos de fóra porque son necesarias outras olladas que sumen ao que facemos».

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2013 08:54
# Ligazón permanente a este artigo
Finou Maruxa das Cortellas
Unha triste nova: vén de deixarnos Maruxa das Cortellas

Que a terra lle sexa leve.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2013 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 19 (Luns)

Terza feira 20 (Martes)
• Donaire no parque de Santa Margarida (A Coruña) ás 20:00

Corta feira 21 (Mércores)

Quinta feira 22 (Xoves)
• Carlos Nuñez e a OSG na Praza de María Pita (A Coruña) ás 21:30

Sexta feira 23 (Venres)
• Castelo Son (Culleredo): Heredeiros da Crus, Xenzar, Skarallaos, Pito de Pikasso
• Radio Cos no xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:30
• Roi Casal en Cangas do Morrazo
• Os Carunchos en Peitieiros (Gondomar) ás 22:00
• Foliada do demo ás 21:30 na praza do Teucro (Pontevedra)

Sábado 24
• Festival Folk de Guisamo (Bergondo): Roi Casal, Maghúa, Chiculate, Alen
• Festival do río Belelle (O Roxal-Neda): Caxade, Pablo Seoane Grupo, Festicultores, Tardepiache
• XX Festival Internacional Folcórico de Peitieiros (Gondomar)
• XI Festival de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo)
• III Xuntanza de grupos tradicionaos de Cerdido
• Berroguetto, Marful e Uxía en Noia
• Serán de verán na Feira da Pedreira da Lama

Domingo 25
• Festival Terra Brava (O Incio): Ruxe-Ruxe, Banda Fura Fura, Arandela, Turre´s Band
• Treixadura en Maniños (Fene)
• Leilía na Capela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-08-2013 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Esmorga Folc (Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-08-2013 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festa-homenaxe a Pazos de Merexo en Muxía
Festa-homenaxe que lle imos armar a Pazos de Merexo o vindeiro venres en Muxía, na que el e mais o seu acordeón diatónico serán os principais protagonistas.
Será as oito do serán, no "Rincón da Baiuca", na entrada mesmo de Muxía.


Pazos de Merexo, o mestre do acordeón diatónico da Costa da Morte

No Concello de Muxía, Merexo, aldea recollida no fondo da ría, a carón da fermosísima praia do Lago. Dende sempre, xente bailadora con auténtica fame de música.
Cando era moi novo e aínda non sabía tocar, levaba o acordeón e alquilábao nos bailes que se facían nas palilladas. Fala Pazos, oitenta e seis anos, gatillando dende os doce no seu acordeón diatónico. Aquel tesouro que lle trouxera o seu pai de Buenos Aires.

No cerne da enxebreza está o cosmopolitismo. Nas primeiras décadas do século XX , os homes cruzaron o mar e Merexo estivo moito máis perto de Cuba e Arxentina que de Madrid. En Buenos Aires un tío seu mercou un acordeón. Ía deixalo alá, no barco non había moito sitio para a equipaxe. Afortunadamente o seu pai, que tamén andaba por aló, pensou no fillo.
Manuel Pazos é un talento. Pequeno de corpo, mans grandes preparadas para facer ben calquera traballo. Armar cestos, ir ás lontras e, sobre todo, para crear música. A súa verdadeira paixón dende neno: Pola noite volvía cansadiño de rozar no balume e subía directo ao faiado a serrar no acordeón.

Xotas, mazurcas, tangos, muiñeiras… Nun tempo case sen radios, sen tocadiscos, calquera melodía que escoitase axiña rexurdía nos seus dedos, a armar festa por todos os bailes e palilladas da volta.

O seu repertorio, son anacos da historia da propia Costa da Morte. Cando lle pedín unha peza lentiña, botou esta cantarea:
Heiche de dar para un manto
heiche de dar para un velo
pero non quero que durmas
na miña cama de ferro.

E comentou deseguido: Aprendinlla a Monteagudo, o alcalde republicano de Carballo. Estivo agachado na miña casa. Eu era un neno. El e máis o meu pai, a carón do lume, cantábana cada noite.
Dende a década dos cincuenta, un novo tipo de instrumento, o acordeón piano –grande e con teclas- converteuse no campión de todos os bailes. O pequeno acordeón de botóns foi quedando esquecido, incapaz en competir con tanto portento. Mais Pazos nunca pousou o instrumento, seguiu tocando nas foliadas todas de Merexo. E só calou nos anos tristes da enfermidade da súa muller. Cando ela morreu gardou definitivamente no faiado a caixa da festa.

En 1997, o seu fillo Pedro deulle unha orde inescusable. Cumpría ir a Madrid coa Manada Invencible, a gran manifestación dos gandeiros galegos contra as cotas do leite. O Paseo de la Castellana foi o primeiro escenario do seu retorno á música. Todo o camiño de volta non parou de tocar. Dende aquela non acougou.
Cada un vai a feira co que ten, tal lle comentou a Kepa Junkera no xa mítico encontro do Couto entre estes dous mestres do acordeón.
Que bien toca este hombre –dixo Kepa- me recuerda a mi abuelo. Tanto lle prestou que hai unhas semanas reclamou a súa presenza no próximo disco do vasco, dedicado integramente á música galega. Na gravación participou tamén un novo portento, Pazos pequeno, Manuel, o neto do mestre, que está a continuar a súa escola de alegría.

Nos últimos anos Pazos ten repartido moita música en moitos escenarios. O vindeiro venres, volverá tocar diante dos seus veciños, no Rincón da Baiuca, nas portas mesmas de Muxía. Manuel, o neto, tamén estará alí.

Cómpre pois botar o ajrú, que viva o acordeón da Costa da Morte !
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-08-2013 14:22
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Lembranzas da Ría (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-08-2013 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
XVI San Roque´Roll (Maceda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-08-2013 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIV Festival Irmandiño de Moeche
XXXIV Festival Irmandiño de Moeche 16 e 17 de Agosto de 2013

Vernes 16 de Agosto:


Repichoca popular no campo do Melle

Sábado 17 de Agosto:

Xornada de portas abertas no Castelo de Moeche onde os asistentes poderán disfrutar de exposición e obradoiros para nenos e adultos.

Xogos populares na zona de acampada

A partir das 22:00 concertos a cargo de :

- Ariños dos carrís
- Os cempés
- Beltaine (Polonia)
- McMardigans (Toledo)


Á medianoite lectura do pregón a cargo dun persoeiro do mundo da cultura e Asalto ó Castelo para rememorar as Revoltas Irmandiñas.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-08-2013 14:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festival ENFO (Vigo)





































Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-08-2013 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Promo Festa Folc Vilariño 2013
Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 16-08-2013 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
Verbena galega en Ribeira
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2013 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2013 17:14
# Ligazón permanente a este artigo
Budiño e convidados na Coruña
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2013 17:13
# Ligazón permanente a este artigo
VI Festa galega de Malpica
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2013 14:04
# Ligazón permanente a este artigo
Cantos de taberna en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2013 13:57
# Ligazón permanente a este artigo
XVIII As Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2013 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Mall in Río (Val de Piñeira- A Fonsagrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2013 12:21
# Ligazón permanente a este artigo
Oscar Ibañez & Tribo en Vilanova de Arousa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2013 12:05
# Ligazón permanente a este artigo
Verbena galega en Monforte de Lemos
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2013 11:58
# Ligazón permanente a este artigo
Caxade, o folkie que gusta aos indies, o indie que gusta aos folkies

"Folk, pop, tradición, soños da vella Europa, melancolía, festa popular, son de bulevares. Dende #sinsalsansimon pensamos que este artista podería ser o Zach Condon ibérico". Deste xeito presentaba o Festival Sinsal San Simón (anulado hai unhas semanas en solidariedade coas vítimas do accidente de tren e trasladado para o 31 de agosto e 1 de setembro) a Caxade, o proxecto musical en solitario de Alonso Caxade (acordeonista en Pel de Noz, Cuarteto Caramuxo e bombardinista na Orquestra Os Modernos). Un folkie que gusta aos indies, ou un indie que gusta aos folkies, e que postos a poñerlle etiquetas e espellos, podemos relacionalo co devandito Zach Condon (líder de Beirut) ou Yann Tiersen.

"Aí a xente de Sinsal pasouse", di Alonso Caxade por teléfono, e agradece a comparación co seu proxecto, que mestura elementos do indie, da "poética do folk como canción reivindicativa" e o son das bandas de música, "as grandes esquecidas en Galicia". Cunha longa traxectoria en bandas de gaitas e formacións de todo tipo, algunhas máis pegadas á tradición e outras que tamén se moven por terreos de fronteira (coma o experimento folk-jazzístico de Pel de Noz) hai uns meses lanzouse a aventura. Campo aberto.

Dende entón deixounos cinco cancións, e vídeos de fermosa factura que mesmo acadaron unha nominación aos Mestre Mateo. Estes días atópase gravando o seu primeiro álbum, que será publicado en novembro a través de Discos da Máquina. Dez temas que manterán as súas características instrumentacións e letras que falan do presente, da crise económica (Gente pota), da precariedade laboral (Demos graças) ou da democracia de cada día (Lei d'hont). O 17 actuará no Festival do Castro (Ferreira de Pantón), e o 24 no Festival do Río Belelle (Neda).

Como nace o proxecto. Levabas moito tempo con el na cabeza? Sempre tiveches como obxectivo a gravación do álbum, ou a ambición foi crecendo polo camiño?

Era un proxecto que tiña en mente dende había moito tempo, o que pasa é que é difícil dedicarse profesionalmente á música e vas deixando pasar o tempo, méteste noutros proxectos... E foi no verán pasado cando tiven algo de tempo e puiden botalo a andar. A idea tíñaa clara, aínda que todos os proxectos vanse cocendo aos poucos. Cando un marca proxectos moi grandes, ás veces ten que abandonalos polo camiño e é frustrante, así que intentei marcar obxectivos a tres meses. Sempre tiña na cabeza o de montar esta banda e gravar este disco, pero era unha idea que non me quería comunicar nin a min mesmo, así que a cousa foi indo pouco a pouco e o feedback positivo nestes últimos meses acabou decantando a decisión de gravar o disco.

"Eu quero ir á filosofía no folk norteamericano dos anos sesenta: o folk nace como unha canción protesta do pobo e para o pobo"

Caxade implica que vas ir abandonando os outros proxectos ou todo é compatible?

Non, de feito nos próximos meses imos gravar en todos os grupos nos que estou. Con Caramuxo imos comezar a gravar en xaneiro do ano que vén. E coa Orquestra Os Modernos, coa que intentamos emular como sería unha verbena da Segunda República, mesturando os instrumentos das bandas de música con instrumentos da música tradicional, coma a gaita, xa temos o disco gravado e estamos a piques de editalo. Sempre toquei en mil grupos e bandas a un tempo.

En certos estilos de música non hai tantos exemplos de bandas ou artistas que falen das cousas do presente, da crise económica ou da precariedade laboral. E ti si o fas.

Son letras contundentes, transgresoras, pero cunha gran ambigüidade, como en Gente Pota, que permite que algunha xente quede con algún elementos máis anecdótico, co propio surrealismo da canción e do vídeo, e outros se fixen máis no contido profundo do tema. Eu quero ir á filosofía no folk norteamericano dos anos sesenta: o folk nace como unha canción protesta do pobo e para o pobo. Pero o folk en Galicia quedou máis coa parte máis celtic. Eu quedo coa poética do folk como canción reivindicativa, aínda que despois musicalmente o adubíe con estéticas que non son tan habituais no folk galego de hoxe en día.

"A gente pota son eses poderes que mandan sobre nós, pero aos que non lles poñemos rostro, dos que nos chegan as súas decisións polos medios"

Quen é a Gente Pota?

Pois é unha forma de crítica moi ácida pero que permite que a xente que queira quede co anecdótico e outra afonde máis no aghre do asunto. A gente pota son eses poderes que mandan sobre nós, pero aos que non lles poñemos rostro, dos que nos chegan as súas decisións polos medios. Estes días andan falando de que nos van rebaixar os soldos. Non os vemos, pero gobernan en nós, mándannos un menú, nós cociñámolo e eles comen a mellor parte da tallada. Son os caciques, pero os caciques de antes tiñan un rostro claro, viámolos nas aldeas, agora non teñen rostro e parece que non podemos facer nada contra eles. Pero non é certo.

"A min gústame a música indie, a música máis experimental, o que pasa é que eu veño da música tradicional, son gaiteiro, botei moitos anos en bandas de gaitas"

O teu son é moi recoñecible. Bebe de moitos sitios e dispara en moitas direccións. E pode axuntar públicos moi distintos tamén: público máis folkie, público máis indie... Non sei se é premeditado, ou se bebe das túas escoitas. De onde nace ese son?

A min gústame a música indie, a música máis experimental, o que pasa é que eu veño da música tradicional, son gaiteiro, botei moitos anos en bandas de gaitas, botei moitos anos en Composfolk, despois en Caramuxo, en Peldenoz, que é un proxecto máis experimental. Pero o pop e o indie sempre estivo aí. E quixen xuntar as dúas cousas, cos elementos que me gustan dun estilo e doutro. O sentido reivindicativo e os sons do folk, non do folk celta, pero si das bandas de música, que son as grandes esquecidas do país, eses sons do vento metal, eses sons da vella Europa. E combinalo coa parte máis lánguida do indie. En Gente pota a xente pode quedar coa parte máis indie da canción, na forma de cantar, pero no fondo é unha xota. E en Sr.Xorda hai unha muiñeira, pero a xente relaciónao con Yann Tiersen e Amelie.

En Galicia parecia que non se exploraba este camiño, cando en Asturias Andalucia ou Catalunya si que se estaba fusionando folk e indie, dende unha beira ou a outra. Aqui houbo experiencias moi interesantes como Ecléctica Ensemble, Projecto Trepja ou Bonovo, pero non se avanzou por ese camiño.

Era e é o meu obxectivo pero é dificil e ás veces é frustrante. Espero que non se enfade o meu compañeiro en Peldenoz, pero ás veces resulta frustrante ver como alí, mesturando folk e jazz, para os jazzistas somos folkies de máis e para os folkies facemos jazz. Nestes meses quixen ir pouco a pouco e ir creando o interese e a necesidade na xente, a través destas cancións que publicamos ou dos vídeos.






http://praza.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2013 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
Narf e aCadaCanto, novas voces para Rosalía

Nas tardes escuras de Narf e A Rosa d´Adina de aCadaCanto sumarán dous traballos máis arredor de Rosalía de Castro. Súmanse neste ano aos recentes traballos de Najla Shami, Uxía ou o próximo de Tempo Catro.

No claustro da catedral de Tui foi gravado A Rosa d´Adina o segundo disco de aCadaCanto co que o grupo revisita a obra de Rosalía de Castro. Na propia catedral foi onde, nun concerto celebrado o sábado, deron a coñecer o seu novo traballo producido por Músicas de Salitre en colaboración con Música no Claustro, ciclo no que incluíron un concerto que entusiasmou o público. O grupo composto por Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero volve aparecer de forma sorpresiva para cantar a Rosalía nun intenso e novo traballo que se publicará proximamente.

Alén de aCadaCanto, tamén Fran Pérez, Narf, ten como novidade un disco dedicado á fundadora da literatura galega contemporánea cando se fan 150 anos da publicación da obra inaugural Cantares Gallegos. Nas tardes escuras, publicado por El Patito Editorial, inclúe doce cancións que o músico constrúe a partir de poemas de Rosalía.

Os novos traballos discográficos de Narf e aCadaCanto engádense á obra musical creada arredor da poesía de Rosalía de Castro neste ano especialmente prolífico. Nos últimos meses, despois de Rapoemas nos que Aid leva os seus versos a ritmo de rap, Uxía sorprendeu cun Rosalía pequeniña co que achega os poemas rosalianos á xeración cativa e, nesta pasada semana, a cantante Najla Shami anunciaba a saída de Na lingua que eu falo, a súa particular homenaxe á autora a través dun libro-cd gravado de febreiro a marzo de 2013 en Compostela con temas como “Pasa río, pasa río”, “Tecín soia”, “Ora en ti penso”, “Aló nas tardes” ou “Na lingua que eu falo”, ou outros nos que se adentra no universo rosalián como “Quero ver o mar” no que se recrean os derradeiros días da súa vida.

Na listaxe de iniciativas novas arredor da poeta atópase a nova de Tempo Catro Rosalía de Castro: Os ollos que falan, unha iniciativa que nace a proposta da Asociación Socio-Pedagóxica Galega a través da Sociedade Cultural Medulio de Ferrol e que verá a luz en breve.

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2013 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Cultural en Vilariño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2013 11:22
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer