Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Presentación do filme `Nao Lugar´
Entre a Galiza e o norte de Portugal existem óbvias semelhanças, mas pouco se tem investigado sobre como esta proximidade geográfica e cultural se reflicte numha identidade sonora comum.
Este filme acompanhará o périplo dum músico português (Pedro Calado) à descoberta do património musical tradicional da Galiza ao mesmo tempo que um músico galego (Davide Salvado) fará o mesmo em território português.

Em ambos casos, as recolheitas musicais terám a preocupaçom de incluír as paisagens e ambientes sonoros atopados, sempre dando protagonismo aos informantes. A travês deste intercambio musical, pretendemos questionar de que forma as fronteiras geográficas dividem ou nom a identidade sonora dos lugares raianos. Cada músico toca as suas influências. É por isso que nós escolhemos dous músicos com diferentes percorridos, difentes experiências musicais, e ademais trocamos-lhes as voltas enviando um para Galiza e outro para Portugal.

"Não Lugar" Um filme de Tiago Pereira from MPAGDP on Vimeo.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 23-08-2012 19:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festa do demo (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-08-2012 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Comezo de xira de Martelo

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-08-2012 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
Finou Avelino Pousa Antelo

Morre o último loitador do Partido Galeguista

Un día triste para Galicia. Un dos últimos loitadores republicanos e galeguistas faleceu esta mañá aos 98 anos. Avelino Pousa Antelo deixou a súa Patria sen renunciar nunca ao seu ideario político.


Os seus restos mortais permanecerán mañá, día 21, desde as 12:30 h no salón de plenos de Teo até as 19 h, en que se lle renderá homenaxe.

www.galiciaconfidencial.com

www.praza.com

www.sermosgaliza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2012 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 20 (Luns)

Terza feira 21 (Martes)
• Martelo no Marrucho (Baiona)

Corta feira 22 (Mércores)
• Condanads ás 13:00 na Casa das Crechas (Compostela)

Quinta feira 23 (Xoves)
• Farrapos de Néboa na rúa de atrás do Café da Vila en Redondela ás 21:00

Sexta feira 24 (Venres)
• Pardal na Rúa no Multiusos de Redondela
• Kabazo Rock (As Neves): Rever, Caghados pola bareixa, Break´n Bones,...
• Armadiña Rock (Combarro-Poio): Leo e Arremecaghoná, The Grave Dolls, Lorena Álvarez y su banda municipal,...
• Festival Rembumbio (Mos): The Turre´s Band, Skandalo GZ, Os Veraneantes,..
• II foliadiña no parque de Sta Margarida, na Coruña a partires das 19:30

Sábado 25
• II Xuntanza de Grupos Tradicionais ás 18:00 na areá recreativa do Castro (Cerdido)
• XVII Encontro Folclórico Malveiras ás 22:15 na praza da Peixería (Vilagarcía de Arousa)
• X Festival Xironsa (Cambados)
• VII Festa da pandeira en Piornedo
• Ardentía na festa do Viño de Salvaterra ás 23:00
• Tiruleque no adro da Guía (Randufe-Tui)
• Xoán Curiel nos xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:00
• Pablo Seoane Grupo en Muros no Cuuro da Praza
• Festipote (Fene): O Sonoro Maxín, Os Tres Trebóns, Estimaba que viñeras,...
• Festival Rembumbio (Mos): A Compañía do Ruido, Residuos Atractivas, Os Cuchufellos, Chotokoeu,...
• Festival do río Belelle (O Roxal-A Coruña): Os Cempés, Berros do Castro, Chiculate,...
• Festival Folc de Guisamo (Bergondo): Arnela, Tátara Trío e Balakandra
• Noite da Lúa Meiga (O Viso - Redondela): As Lagharteiras, Carapaus, Zurrumalla, Ce Orquestra Pantasma
• Serán na Feira tradicional A Pedreira na Lameda (A Lama) a partir das 19:00

Domingo 26
• Chiculate e Balakandra na Festa do Requeixo (A Capela)
• A Roda en Maniños (Fene) ás 21:00
• Martelo no Aturuxo (Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2012 15:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana

Sexta feira 17 (Venres)
• Traspés na Romaría de San Roque (Vigo) ás 18:00
• Berroguetto en Viveiro na praza Maior
• Uxía en carballo na praza do concello
• Trío Vaamonde, Lamas e Romero + Banda de Música de Pontevedra na praza da Ferraría (Pontevedra) ás 21:00
• Xose Manuel Budiño e Kepa Junquera en Pontevedra na praza de España ás 22:00
• A Banda da Balbina en Portosín
• XXXIII Festival Irmandiño de Moeche: Repichoca popular ás 22:00
• XXIV Esmorga Folk (A Bandeira-Silleda): Tanto Nos Ten, Zurrumalla, Carapaus, Os Cuchufellos

Sábado 18
• Xornadas 25 aniversario de Tahume (Ribeira)
• X festival de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo) ás 21:30
• Treixadura en Malpica
• Tridentes no Tente en Pé (Carballedo)
• Ponte Louco 2012 (Castro Caldelas): Sacha na hortaa, Falperrys, Alpargata
• XXXIII Festival Irmandiño de Moeche: No Combaro, Berros do Castro, Fred Morrison & Matheu Watson, Pablo Seoane Grupo, Alén de Ancos
• Festival do Castro (Pantón): Skarallaos, Balakandra, La Troba kung-fu, Ataque Escampe,...
• X Noite Folk (Negreira): Malvela, A Requinta da Laxeira, Pan de Capazo
• XIII Festa Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo): Ludovaina, Zurrumalla, Ruxe-Ruxe, Compañía do Ruido
• Festa Folc Fin do Camiño (Fisterra): Os Tres Trebóns, Estimaba que viñeras, Chotocoeu,...
• Foliada cantos de Taberna por Pontevedra

Domingo 19
• Xornadas 25 aniversario de Tahume (Ribeira)
• Festival Terra Brava (O Incio): Tiruleque, Quempallou, Labregos no tempo dos Sptniks
• Foliada cantos de Taberna por Pontevedra
• Linho do Cuco na fasta da empanada de Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2012 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
V festa galega de Malpica
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2012 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas 25 aniversario de Tahume (Ribeira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2012 14:49
# Ligazón permanente a este artigo
X festival de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2012 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Tridentes en Carballedo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2012 14:47
# Ligazón permanente a este artigo
Liska! en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2012 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Esmorga folc (A Bandeira-Silleda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 13:11
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Festa Folc (Vilariño-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
X Noite folc (Negreira)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Festa folk na Fin do camiño (Fisterra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIII Festival Irmandiño (Moeche)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 13:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Castro (Pantón)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Terra Brava (O Incio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
Ponte Louco 2012 (Castro Caldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-08-2012 12:52
# Ligazón permanente a este artigo
As nosas músicas 2012 (Couso-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2012 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de Hermisende (As Portelas-Zamora)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 14-08-2012 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista aos Cempés
O grupo folk Os Cempés actuará este martes no Festival As Nosas Músicas de Couso. Antón Varela, gaiteiro do grupo, repasa os 20 anos de carreira musical desta agrupación ferrolá e desvela as reviravoltas da súa volta aos escenarios así como do seu novo disco, Tentemozo.

O martes Os Cempés tocan en Couso, é a primeira vez que actúan no Concello da Estrada?
Non, en Couso debe ser a quinta ou a sexta vez que tocamos. Este é o sitio onde máis veces actuamos na nosa carreira musical. Noutras parroquias é probable que tocásemos pero así de memoria non me dou conta.

Hai 20 anos que comezaron no mundo da música, que balance fan Os Cempés deste tempo?
Un balance moi bo. Despois de 20 anos e de parar tres anos de tocar e volver con este entusiasmo e con este apoio de tanta xente facemos un balance boísimo. Foron uns anos moi vividos, con moitos concertos. Sempre fomos un grupo que tocou moito e seguímolo facendo. O balance é moi bo e sobre todo por esta volta que foi espléndida.

Por mor de que ou de quen se formou o grupo en 1992?
Os Cempés formouse porque estudaban xuntos Óscar e o defunto Carlos, que foi o primeiro gaiteiro do grupo, no instituto. Empezaron a tocar nos festivais de fin de curso, o típico. Ademais Carlos tiña vinculo co folclore, cun grupo que se chamaba Terra Meiga e a partir de aí fixeron un dúo. Despois fíxose un trío con Beto Néboa, ao tamboril, e despois converteuse nun quinteto cos irmáns Cés. Finalmente entrei eu, que xa tocaba ocasionalmente con eles, pola desgraza de que nun accidente de tráfico morreu Carlos e entón falamos de seguir co grupo para cumprir algúns compromisos e así até hoxe.

Como comentaba anteriormente, nas orixes do grupo eran seis e agora no regreso aos escenarios só quedan tres Óscar Fernández, Serxio Cés e Antón Varela, a que se debe?
Bo, xa fomos catro máis veces e seis máis veces. Neste regreso aos escenarios volvemos así porque nos pareceu que era a formación adecuada para facer o que queriamos. Acabamos de realizar o proxecto de Tentemozo, o noso novo disco.

Cal foi o motivo polo que en 2007 desfixeron o grupo?
É moi sinxelo de explicar. Desfixémolo porque paramos de tocar, non había un proxecto. O último ano fixemos un ano moi forte de concertos e cando acabamos decidimos separarnos porque había proxectos pero eran individuais. Óscar quería dedicarse máis intensamente á zanfona, por exemplo, e a outro tipo de grupos. Todos tiñamos outros proxectos e deixámolo. Os responsables de que regresásemos son os membros da Asociación Anchoa de Fisterra, porque nos insistiron moito para que fósemos tocar a un festival. Por mor disto naceu a idea de seguir co grupo.

Despois deste tres anos de parón, volven coas mesmas ganas?
Penso que con máis, porque é un compromiso moi grande. Digamos que fai tres anos era unha rutina, pero ao parar dá a sensación de que tes que idear un proxecto novo e este o é.

É un proxecto novo, pero co mesmo estilo musical?
Si, per talvez un pouco máis clásico. Pero o noso estilo segue sendo folk galego.

Tentemozo é o seu novo disco, que é o que se esconde no seu interior?
Este é un proxecto que gravamos coa escola libre de música de Compostela e debemos ser uns 40 músicos. Realizámolo grazas ao micromecenazgo. Este sistema consiste en que a xente apoia o proxecto con diñeiro antes de que este estea feito, é dicir, compráronnos os discos antes de facelos. Por iso digo que esta volta aos escenarios é moi calorosa e con moito compromiso porque temos 800 mecenas. A idea xurdiu porque non tiñamos diñeiro para realizar o disco e alguén comentou que había un sistema en internet no que presentas un proxecto e se lle gusta á xente apóiao. Hai que gravar unhas bases e colgalas nunha páxina web, nun prazo de 40 días tes que conseguir o diñeiro suficiente para que as doazóns fáganse efectivas. No noso caso foi unha cousa vertixinosa, porque o fixemos un venres e o luns xa tiñamos máis de 5.000 euros. En Tentemozo o público pode atopar un pouco de todo. Hai muiñeiras, polcas, mazurcas, música bailable, música complexa, popular... hai un pouco de todo. Este é un disco realmente moi variado e entretido.

Ao longo destes 20 anos gravaron 5 discos, de cal gardan mellor recordo?
Probablemente este por ser o máis recente. Pero o que deu máis traballo e cun proxecto tamén precioso foi o Circo Montecoruto. Este foi un disco co que despois montamos en escena un pequeno teatro con integrantes dun circo e foi moi bonito, era espectacular.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2012 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Baile, música e vodas de prata
A entidade celebrará este fin de semana os seus vinte e cinco anos cun espectáculo

Érase unha vez, dous amantes do baile e a música tradicional, Amancio Praza e Montserrat Rivera, que apostaron por crear unha asociación sen ánimo de lucro dedicada á recompilación, conservación e divulgación das composicións e a danza galega na parroquia de Olveira. Chamárona Tahúme e, desde que tomaron esta decisión, pasaron vinte e cinco anos, así que este fin de semana a organización celebra as súas vodas de prata, froito «dunha profunda dedicación e de moita ilusión por parte de todos os que conformamos esta organización», declara Iria Romay Pérez, profesora e encargada de vestiario da entidade.

O nome da asociación, Tahúme, foi unha decisión unánime e alude ao monte que separa Seráns e Olveira. Conta Romay, que ademais de mestra dentro da entidade foi integrante dos grupos de baile e música desde a súa infancia, que os inicios da entidade estiveron marcados pola actividade «dun grupo de persoas de Santiago que buscaba un lugar onde poder dar clases de baile tradicional e atopou o seu destino en Olveira». Logo, a xente da parroquia, motivada pola desenvoltura dos mozos mestres, decidiu apuntarse e formar parte de Tahúme.

O colectivo arrasou desde os inicios da súa traxectoria. Alá onde ía, facíase cun novo éxito. Os membros da asociación viaxaron, levando por bandeira a música tradicional, a distintos lugares da península como Portugal, Murcia, Andalucía ou Barcelona, entre outros. Pero tamén conquistaron destinos internacionais como Bruxelas.

Premios e orgullo

O traballo dos integrantes de Tahúme tivo o seu recoñecemento co paso dos anos: «En 1992, fixémonos coa medalla de ouro das Xornadas do Folclore de Santiago de Compostela. Todos os premios foron emotivos e importantes, pero este en particular supúxonos unha inmensa satisfacción persoal, pois era unha condecoración moi difícil de acadar para calquera agrupación galega», explica Romay.

Ademais, o interese, as ganas de participar e dar o mellor de cada un, non era un aspecto propio unicamente dos membros da entidade, senón tamén dos seus familiares e amigos: «Tiñamos que poñer varios autobuses cando acudiamos a un certame, pois todo o mundo quería vir polo moito que nos divertiamos e aprendiamos».

Ao preguntarlles como se senten tras vinte e cinco anos dedicándose a isto, unha única palabra resume 25 anos de traxectoria: orgullo. «Estamos moi contentos de ter chegado tan lonxe». E é que detrás de cada actuación hai moitas horas de traballo, dedicación e esforzo físico e mental: «Hai un traballo de fondo moi importante. Primeiro facemos unha recompilación do estilo que queremos, e imos de aldea en aldea para que nos expliquen como representar o máis fielmente o baile ou a música». Cóidanse todos os detalles, xa que na asociación se imparten clases de danza, pandereita, percusión e gaita.

Homenaxe

Este fin de semana, a agrupación celebrará un certame para festexar o seu cuarto de século de vida no pavillón de Coroso. A gala contará coa participación dun total de setenta persoas, entre as que se atopan alumnos e ex alumnos da entidade, que bailarán e interpretarán as melodías destes vinte e cinco anos.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2012 13:39
# Ligazón permanente a este artigo
Soprar por un stradivarius

O construtor de gaitas Xosé Gil posúe unha importante colección de frautas e clarinetes

Á antiga banda de música de Rubiós, no municipio arraiano das Neves, pertenceu a primeira peza dunha das máis importantes coleccións de frautas da Península: o clarinete do avó de Xosé Manuel Gil. Vinte e dous anos despois, no domicilio deste renombrado construtor de gaitas de Ponteareas descansan uns 80 instrumentos de vento e madeira. O meu outro avó, músico afeccionado, tamén nos deixou unha frauta travesera, a chamada requinta galega, fai arqueoloxía familiar Gil, e por mor dela e do clarinete comezou esta pequena curiosidade por coleccionar instrumentos.

Frautas traveseras e clarinetes, armadas entre os anos 1700 e 1910, conforman o catálogo privado de Gil. Obxectos cobizados no medio mundo, na súa maioría traballo de artesáns ingleses ao longo do século XIX, xoias dun tesouro entre as que se atopa unha Rudall&Rose. Trátase, quizais, do mellor construtor de frautas da historia, aventura o seu propietario, porque os máis afamados eran ingleses, como é o caso, ou alemáns. Ás stradivarius de entre as traveseras, diría a analogía rápida, perségueas un xornalista e flautista estadounidense, de nai coruñesa, e amigo dos Gil (no taller de gaitas traballa o irmán de Xosé, Alfonso). David Migoya posúe oito ou dez Rudall&Rose e está atento ao rastro de todas as que no planeta son a través dos seus números de serie. E cada verán pasa por Ponteareas a comprobar o estado da colección Gil.

Unha do tres Manzoni que posúo, explica o dono, construíuna o seu fillo en Estados Unidos. A segunda xeración de artesáns europeos acabou, a miúdo, emigrada alén do océano. O vástago do virtuoso instrumentista e fabricante Tebaldo Manzoni non se prodigou, pero a súa produción de frautas cotiza alto económica e sentimentalmente entre a especie do coleccionista. Migoya contoume que era a segunda vez que vía un instrumento do fillo de Manzoni, se enorgullece Gil. A outra vez foi na Biblioteca do Congreso de Washington. Alí atópase depositada a Capela Sixtina das frautas. Mil setecentos exemplares do instrumento doados polo físico, astrónomo e músico aficcionado Dayton Miller, morto en 1941.

Xunto á Rudall&Rose, ou a esa outra manufacturada ao redor de 1700 e elaborada integramente en marfil, a colección Gil tamén alberga produtos Potter ou Siccama, todos de gama alta. E algunha captura autóctona. Si, hai unha ou dúas requintas?, anota. Baixo esa palabra non se esconde máis que a particular adaptación das frautas traveseras á música popular galega. Probablemente, algo que comezou a suceder a finais do XIX e con peaxe nas bandas de música. Igual que cando o clarinete incorporouse ás charangas, a travesera axustouse á música popular mediante xente que tocaba nas bandas. Viña de fóra, aínda que despois fabricáronse con certas peculiaridades, teoriza. Fóra significa Francia, onde os instrumentos resultaban máis baratos. E máis correntes, puntualiza.

A requinta chegou á música popular galega
a través das bandas


Porque o material das requintas difire do cocuswood ou ébano jamaicano no que tallaron o 70%, máis ou menos das frautas de Xosé Gil. É o rei das madeiras, a mellor madeira para calquera instrumento de vento, argumenta, pero agora está prohibido exportala. A falta desta materia prima caribeña, con prezos propios do marfil ou do ouro e sen apenas poros, parece cristal, o buxo (boj), o granadillo ou o pau santo paraguaio serven para canalizar o aire soprado das frautas. Que, no caso da colección Gil, tampouco é que abunde. De cando en vez, dámoslle unha sopladita, confesa, porque é unha tentación, tocas unha parte da historia... pero tampouco moito. Só a amigos escollidos os irmáns Gil dotan de instrumental a, por exemplo, Carlos Núñez ou a visitantes ilustres estalles permitido embocar neste museo de clasura.

Fai como dous anos, un profesor de frauta travesera do Conservatorio Real de Música de Madrid descubriu a existencia da colección Gil, con algúns elementos taxado a case 6.000 euros. Viaxou a Ponteareas e, asombrado, preguntou aos propietarios sobre a súa posible venda ao centro educativo. Nunca nos preocupou o futuro, de momento están moi ben en casa, afirma Xosé, pero se algún día desfacémonos dela, e así llo expuxemos, será a condición de que a colección leve o noso nome e non se divida nunca. A crise paralizou, polo momento, a operación. O que me gustaría é que acabase nun museo adecuado, non en caixas nunha Deputación, conclúe.


www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2012 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 13 (Luns)
• Berroguetto en Viveiro, na paraza maior ás 22:30

Terza feira 14 (Martes)
• Cántigas da Terra no parque Santa margarida (A Coruña) ás 20:00
• Tic-Tac nos xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:00
• Quempallou en Monforte de Lemos
• As Nosa Músicas (Couso-A Estrada): Os Cempés, Zurrumalla, Vai de Roda, Retrouso, O Ghusto do boi,...
• Festival Folk de Hermisende (As Portelas-Zamora): Guezos e Fracasados de Antemano

Corta feira 15 (Mércores)
• Odaiko Percusión e amigos na praza da Ferraría (Pontevedra) ás 21:00
• Treixadura con Cantigas e Agarimos en Pontevedra na Praza de España ás 22:30

Quinta feira 16 (Xoves)
• Soas (Cristina Pato e Rosa Cedron) no Parque de Oza (A Coruña) ás 22:00
• Sés na Pousada das Ánimas (Boiro)

Sexta feira 17 (Venres)
• Traspés na Romaría de San Roque (Vigo) ás 18:00
• Trío Vaamonde, Lamas e Romero + Banda de Música de Pontevedra na praza da Ferraría (Pontevedra) ás 21:00
• Xose Manuel Budiño e Kepa Junquera en Pontevedra na praza de España ás 22:00
• A Banda da Balbina en Portosín
• XXXIII Festival Irmandiño de Moeche: Repichoca popular ás 22:00
• XXIV Esmorga Folk (A Bandeira-Silleda): Tanto Nos Ten, Zurrumalla, Carapaus, Os Cuchufellos

Sábado 18
• Xornadas 25 aniversario de Tahume (Ribeira)
• X festival de baile e música tradicional Aleivosía (Rianxo) ás 21:30
• Treixadura en Malpica
• Tridentes no Tente en Pé (Carballedo)
• Ponte Louco 2012 (Castro Caldelas): Sacha na hortaa, Falperrys, Alpargata
• XXXIII Festival Irmandiño de Moeche: No Combaro, Berros do Castro, Fred Morrison & Matheu Watson, Pablo Seoane Grupo, Alén de Ancos
• Festival do Castro (Pantón): Skarallaos, Balakandra, La Troba kung-fu, Ataque Escampe,...
• X Noite Folk (Negreira): Malvela, A Requinta da Laxeira, Pan de Capazo
• XIII Festa Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo): Ludovaina, Zurrumalla, Ruxe-Ruxe, Compañía do Ruido
• Festa Folc Fin do Camiño (Fisterra): Os Tres Trebóns, Estimaba que viñeras, Chotocoeu,...
• Foliada cantos de Taberna por Pontevedra

Domingo 19
• Xornadas 25 aniversario de Tahume (Ribeira)
• Festival Terra Brava (O Incio): Tiruleque, Quempallou, Labregos no tempo dos Sptniks
• Foliada cantos de Taberna por Pontevedra
• Linho do Cuco na fasta da empanada de Allariz
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2012 16:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 10 (Venres)
• ACadaCanto en Carballo ás 22:30 na praza do concello
• Guezos no Saloon Universal de Cedeira ás 24:00
• Cántigas da Terra na praza de María Pita (A Coruña) ás 21:00
• Barqueiro Rock (O Barqueiro- Esteiro) con Ataque Escampe
• Festa da fervenza (Mazaricos): Machina, Os John Deeres, Altacado,...
• Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Familia Caamagno, Invivo
• Brincadeira Rock in Cambre (Cambre-A Coruña): Heredeiros da Crus, Bastards on Parade, Quempallou, Miguel Costas,...

Sábado 11
• ACadaCanto no claustro de Tui ás 21:00
• Fol de veneno en Rianxo, no campo de arriba ás 22:30
• Sés nos xardíns de Méndez Nuñez (A Coruña) ás 20:00
• Xacarandaina na Coruña, na parza de María Pita ás 22:30
• Susana Seivane e Os Irmandiños de Vincios na alameda de Gondomar ás 22:30
• María do Ceo en Vigo na praza da Constitución ás 23:00
• Quempallou no Festival Folk Celta (Ponte da Barca-Portugal)
• Arbo Rock (Arbo): Skandalo GZ, Os Bengues, Rojo Dos,...
• Festa da Prehistoria (Mos): Os Chichisos, Kallaikoi, Covers Band, Vaite Xa,...
• Brincadeira Rock in Cambre (Cambre-A Coruña): Ruxe-Ruxe, Terbutalina, Kastomá, Malandromeda, Status Quo,...

Domingo 12
• Ultreia en Sober ás 13:00
• III Festival de folclore infantil da Peregrina (Meira-Moaña) ás 20:00
• Sés en Viveiro na Praza Maior ás 22:30
• Brincadeira Rock in Cambre (Cambre-A Coruña): Leo e Arremecaghoma, Chicaro Psicótico, Sober,...
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 17:08
# Ligazón permanente a este artigo
Xacarandaina na Coruña
Xacarandaina presenta "Galizien-Amerika Linie" na Praza de María Pita da Coruña.

O Grupo de Música e Bailes Tradicionais Xacarandaina ten a satisfación de representar o seu novo espectáculo "Galizien Amerika Linie" , estreado este ano 2012, na praza de María Pita da Coruña este sábado día 11 de agosto ás 22:30 dentro do programa das festas de MAría Pita 2012.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
III Festival de folclore infantil da Peregrina (Meira)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk Celta (Ponte da Barca-Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-08-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Barqueiro Rock (O Barqueiro- Esteiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-08-2012 16:34
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da fervenza (Mazaricos)
Venres 10 de agosto

Festival cos grupos Machina, Os John Deeres, Altacado,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 16:29
# Ligazón permanente a este artigo
ACadacanto en Carballo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 16:25
# Ligazón permanente a este artigo
Fol de veneno en Rianxo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 16:22
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Prehistoria (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2012 16:19
# Ligazón permanente a este artigo
Arbo Rock
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-08-2012 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer