Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Folc de Salvaterra de Miño
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 05-08-2010 12:00
# Ligazón permanente a este artigo
Transibérica. Ciclo de Músicas Peninsulares en Celanova
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2010 11:49
# Ligazón permanente a este artigo
Serán da Galicia exterior en Compostela
Co gallo de celebrarse o V Día da Galicia exterior organizanse en Santiago de Compostela un Festival Folcórico e un Serán como obxetivo de reunir xente da diáspora e xente de Galicia do mundo do folclore ou simpatizanes, para poder intercambiar, coñecerse, armar unha foliada, tocar e bailar todos xuntos...

Xoves 12 de agosto
Serán da Galicia Exterior
(Inscrición obrigatoria).

Cea + Serán-Foliada
A partir das 21h00 no Restaurante O Afiador, Rúa de San Pedro 28, Santiago de Compostela

Pinchos, cervexa, refrescos, auga e viño.
Despois da cea, podemos tocar e bailar ata que o corpo aghuante.

Prezo : EUR 15

CONFIRMACIÓNS ANTES DO DÍA 9 DE AGOSTO E INGRESOS BANCARIOS ANTES DO DÍA 10
A inscrición é obrigatoria para poder confirmar o número de asistentes ao restaurante.

Para máis información e reservas:
- pablomartinezbeade@hotmail.com, 698 157 872
- aromart84@yahoo.es, 699 219 279

Venres 13 de agosto
Día da Galicia Exterior
Festival folclórico
A partir das 16:30 h. no parque da Alameda actuacións dos grupos das comunidades galegas no exterior
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 05-08-2010 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
XXIX Festival Folclórico Internacional do Emigrante (Barreiros-Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2010 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII XORNADAS DE FOLCLORE OURENSE
Chegan un ano máis as Xornadas de Folclore, que este ano cumpren XXVII edicións ininterrumpidas estando na elite dos festivais de baile e música tradicional.

Desde o vindeiro Lúns 9 de Agosto, cando o grupo anfitrión "Castro Floxo" lles dará a benvida cun pequeno espectaculo no teatro principal da cidade, ata o día 19 percorrerán as proncipais vilas da Provincia de Ourense, así como Monforte en Lugo e Chaves en Portugal.

Doce son os Grupos participantes nesta edición, procedentes de diferentes puntos do globo.
- España (Segovia) - La Esteva
- Portugal - Grupo Etnografico da Areosa
- Polonia - Grupo Poloniny
- Servia - Grupo Simionov Tucovic
- República de Daguestán - Compañía Estatal Lezginka
- Senegal - Ballet Jammu
- Kenia - African Tumbas
- Indonesia - Klub Peminatan
- Cuba - Conjunto Artístico Maraguán
- México - Compañia de Danza Tenochtitlan
- Argentina - Instituto El Cimarrón
- Brasil - Ballet Folclórico da Amazonía

Para máis información podedes visitar a páxina propias das Xornadas:
http://xornadasdefolclore.teatroprincipalourense.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 05-08-2010 10:35
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao disco Aló Irmao!
A constitución do dúo entre o cantautor Narf (Fran Pérez) e o guitarrista e percusionista guineano Manecas Costa foi unha gratísima noticia para a música galega (ou para a música feita en Galicia, como prefiran).
O afortunado resultado pode agora apreciarse en leste "Aló Irmao!" que reflicte as dúas noites de concerto que se celebraron os días 16 e 17 de xuño de 2009 no Teatro Principal de Santiago. Mentres Manecas atopou ao seu mellor interlocutor en Galicia, nunca antes as composicións de Narf brillaran tanto. // Salvador Rodríguez

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-08-2010 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica ao novo disco de Emilio Rúa
Deu un gran paso cara adiante o cantautor ourensán Emilio Rúa no seu terceiro traballo discográfico. Niso, non cabe dúbida que axudou o feito de contar con colaboracións vocálicas cales as de Guadi Galego e Uxía Senlle e instrumentistas como Marcos Teira, Quim Fariña ou Budiño.

Engadir a iso a produción da mencionada Uxía e o músico brasileiro Sérgio Tannus, o "habitat" da Casa de Tolos e un Emilio que semella máis seguro de si mesmo que nas súas entregas iniciais e obteremos que "Interiores", sen ser unha gran marabilla, é un dos mellores discos "de cantautor" editados en Galicia nos últimos tempos. Rúa atopou un camiño, si, e bo será que siga avanzando e apostando polo que el de verdade cre. // S.R.

Faro de Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-08-2010 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
A música dos Crebinsky en disco
A música do filme Crebinsky mestura as paisaxes
cinematográficas cos ritmos frenéticos do Leste de Europa. O grupo responsable desa banda sonora é a Banda Crebinsky, que salta da pantalla ás rúas e teatros de Galicia ataviados cos uniformes de banda de música soviética da época para envolvernos no ambiente da película.


Cunha coidada posta en escena, a Banda Crebinsky garante festa e diversión cun pasacalles imparable seguido dun concerto no que soará a música dalgúns dos pasaxes máis memorables da cinta. A temática da película marca o ritmo desenfadado. Os pais dos protagonistas, un ruso e unha galega, ofrecen a mestura perfecta que lle dá un carácter inconfundible á música desta historia. Os responsables de darlle vida a esta proposta son oito músicos de amplas carreiras, comandados por Pablo Pérez e o bielorruso Vadim Yukhnevich.

www.crebinsky.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-08-2010 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Novo disco de Safari Orquestra
Ben Deitei : Rap nas pistas de Frigsa, un alumno na escola blue note, torta de Guitiriz, un caboverdiano en Burela, a ra de Lourenzá cuspindo auga con decisión, un neno ilusionado cos seus zapatos novos. Todo isto é Ben Deitei, un disco cargado dos ingredientes evolucionados e mellor mesturados, que durante estes anos acompañaron os directos de Safari Orquestra: Beats electrónicos, acid‐jazz, soul, house y funk.

Unha obra harmónica que xunta diferentes puntos vista sobre a realidade, o que lles outorga licenza para practicar estes estilos sen ningún tipo complexo, respectando sempre, iso si, as raíces. A voz da cantante Najla Shami acerca sensacións suaves e contundentes ó tempo que reforza, con novas melodías e matices, temas como Distancia, Visións ou Xirando conseguindo que Ninguén sabe se transforme nunha canción escuramente deliciosa cando a letra é
unha das máis duras do álbum.

www.myspace.com/safariorquestra
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 05-08-2010 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Musicando Carvalho Calero, novo concurso Musical
Musicando Carvalho Calero é um concurso musical ideado pola AGAL (Associaçom Galega da Língua), em colaboraçom com o portal de música em galego Komunikando.net.

Haberá um estupendo prémio para o grupo ou solista ganhador, que será umha semana num estúdio profissional de música para gravar os temas que considere oportuno e três dias mais para as misturas e masterizaçom do disco. O disco incluirá o tema enviado ao concurso, e será editado com licença Creative Commons.

Podes consultar as Bases na web: http://musicandocarvalhocalero.komunikando.net

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 04-08-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Da tasca ao escenario

As cancións das tabernas, esas que os maiores cantaban cando se reunían xerando por si soas un ambiente festivo, pódense escoitar desde onte na leira de San Roque (Vigo) na terceira edición do certame Canción dos Nosos Barrios.


Boleros, habaneiras, tangos e sobre todo temas populares galegos soarán durante catro días e farán a máis dun recordar os seus tempos mozos.
O festival, que naceu sen moita repercusión e co afán de non deixar caer no esquecemento as cancións dos barrios de Vigo, converteuse nunha cita obrigada para amantes e curiosos deste estilo musical. "Funciona marabillosamente e está plenamente consolidado e iso que o noso obxectivo era que estes temas, que nos representan a todos, non se esquecesen", comenta José Martínez, presidente da Irmandade de Devotos de San Roque, organizadora do evento que espera alcanzar a cifra de quince mil espectadores ata o venres.
O primeiro día do festival contou coa asistencia, ademais do alcalde "un apaixonado deste cancionero", de Carmela Silva, portavoz do grupo socialista no Senado e a concelleira Isaura Abelairas, entre outras. Na súa breve intervención, o rexedor resaltou que hai que recuperar este tipo de eventos, "xa que nunha cidade como Vigo ten que convivir a tradición co progreso".

Participan un total de dezaoito grupos, formados por entre tres e vinte membros. Todos subirán ao escenario repartidos en xornadas de catro e outras dúas de cinco. Moitos barrios vigueses estarán representados, así como algún que outro municipio próximo a Vigo, como Mondariz ou Redondela.

O encargado de abrir o pano foi o Trío Ruada con Malagueña, unha canción con moita soleira e brío para animar aos cerca do milleiro de espectadores que asistiron ao primeiro día. Entre eles, moitos mozos, como afirma Luís Estévez, responsable de Cultura da Irmandade de Devotos de San Roque. "Na primeira edición o público era maior, pero co paso dos anos estamos vendo que as idades vanse equilibrando".
Susana Amoedo, compoñente das Cantareiras de Pedraquitiña de Toutón destacaba o obxectivo do certame e víao como algo propio. "Nós xuntámonos para recordar a aquelas mulleres que no serán reuníanse e cantaban, cancións da nosa terra, e non queriamos esquecelas", salienta.
Alegría, simpatía e ata marcha caracterizaban tanto a grupos como a espectadores. Jorge Fernández, un asiduo ao evento, aseguraba orgulloso que "agora nos bares non se pode cantar como antigamente e grazas a eventos como este continuamos coa música do pobo, porque esta era a música do pobo".
Xente que acudía por primeira vez ou inclusive un matrimonio de Zaragoza namorado de Galicia e das súas tradicións xuntábanse ao son dunhas cancións que facía a máis dun emocionarse e que se lle caese algunha que outra bágoa. Á festa que continúa hoxe están convocados todos os vigueses seducidos polo soado verso de Calderón "calquera tempo pasado foi mellor". E como sorpresa deste ano, os cantantes lucirán unha pañoleta co anagrama de San Roque e as cores de Vigo.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-08-2010 10:29
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Certame de música e baile tradicional Aleivosía
Boas compracenos invitarvos a tod@s ao VIII Certame de baile e música tradicional ALEIVOSÍA da A.S.C FOGO FATUO, este celebrarase o vindeiro 7 de Agosto as 21:00 h da noite na praza de Castelao de Rianxo.

O debuxo do cartaz foi feito por Juan, gañador do concurso.

AGARDAMOS VERVOS POR ALÍ

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2010 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
Pardiñas, 30 anos de música folk
Unha parroquia de Guitiriz logrou estabilizar o festival con presenza de grupos internacionais e importantes mostras de artesanía popular

O sete e oito de agosto celébrase a XXXI edición do festival. Hai agora 30 anos que a Asociación Cultural Xermolos de Guitiriz, a fronte da que estaba Alfonso Blanco Torrado, decidíase a facer o primeiro festival de Pardiñas, unha parroquia do concello guitiricense. Naquel entón non pasaba de ser un evento comarcal ao que asistían xentes da Terra Chá e pouco máis. A difusión facíase a base de pasquíns e dun célebre cartel de madeira que se instalaba xunto a Muralla da capital luguesa.
Por aquel entón xurdiron en Galicia outros festivais de semellantes características, aínda que non todos callarían. Moitos non pasaron da terceira ou cuarta edición. Un dos máis emblemáticos, o de Ortigueira, tiña problemas para proseguir o camiño, deixando de organizarse en varias edicións.

O festival de Pardiñas nacía con vocación festeira, xa que se celebra cada primeira fin de semana de agosto para evitar coincidencias con festas que teñen lugar noutras parroquias de Guitiriz. De ser unha reunión que nos seus inicios xuntaba un escaso milleiro de persoas, na actualidade achéganse até alí máis de 20 mil.
Pardiñas consolídase. A partir da década dos noventa, Pardiñas consolídase de pleno e convértese nun referente, non só do verán chairego senón tamén do galego. Cada vez son máis as persoas que se achegan até esta localidade guitiricense para gozar da cita anual coa música e a artesanía, outro dos complementos básicos deste festival. O público tamén valora outros ámbitos coma o de creación artística e literaria dos máis novos.

É a partir desta década cando o festival adquire unha dimensión internacional ao incluír na programación grupos folk procedentes de distintos países, dende Galicia até Serbia, pasando pola Bretaña francesa ou Cabo Verde.
De Saraibas a Oskorri pasando pola Roda. Nas primeiras edicións o festival estaba pensado para grupos galegos. Co paso do tempo calquera grupo que se prezase tiña que ter pasado polo escenario de Pardiñas. Así, en 1980, na primeira edición, dábanse cita Saraibas, Xoan Manuel Eiriz e Xoán Rubia. Anos máis tarde tamén estarían no programa Antón Reixa e Os Resentidos, que actuaron por dúas veces. Pero a eles engadiríanse grupos de alto nivel internacional entre eles, en 1990, un dos compoñentes de Inmaculate Fouls, que poucos meses antes actuara nunha sala de festas guitiricense.

Entre os grupos foráneos que pasaron polo festival, destacan os vascos. Unha das actuacións máis concorridas foi a de Oskorri, á que se engadiría tamén o asturiano Los Berróns e outros moitos, entre os que se encontraban as bureleses de orixe africana Batuko Tabanca.
Pardiñas tamén serviu de escenario para grupos que estaban a dar os primeiros pasos, entre eles o chairego Xorima, ou máis recentemente Ghaita de Pedra. Tampouco ficou á marxe a música popular cos incombustíbeis compoñentes d’A Roda, presentes en distintas ocasións, ou a cantante María Manuela.


Pardiñas 2010
O sete e oito de agosto celébrase a XXXI edición do festival.

O sábado actuarán Bellon Maceiras Quinteto, Al Jaujala (Alemaña), Canteca de Macao (Madrid) e Galegoz.

O domingo haberá presentación de libros, mostra de artesanía e outras actividades.

Máis información en: www.xermolos.org

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2010 10:16
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Anxo Lorenzo
O gaiteiro moañés Anxo Lorenzo regresa á súa terra para mostrar á súa xente o seu novo traballo, "Tirán". Os críticos musicais e amantes do folk admiran a capacidade que este artista posúe no escenario, onde logra fusionar a gaita de forma natural con outros estilos como o jazz, pop e mesmo rock. Esta noite Lorenzo insignia aos seus veciños canto aprendeu en 30 anos de profesión.

Por que elixiu "Tirán" como nome do seu novo traballo?
Tirán é unha homenaxe á terra onde me criei, unha forma de levar este paraíso polo mundo. A primeira canción leva ese nome porque é un título composto por min. Ademais, este disco ten unha conexión atlántica e hai música galega de corte contemporáneo e irlandesa que sempre me encantou.

Como espera que sexa a acollida do seu novo traballo no seu pobo natal?
Vai ser un concerto moi especial porque estamos en casa e estaremos rodeados de amigos e ademais, compartir escenario con John McSherry é todo un pracer. Moaña é unha terra de bos gaiteiros. En Galicia hai grandes artistas aínda que non hai unha industria encargada de exportar a súa música.

Que tal está a resultar a toma de contacto do seu novo disco co público?
Está a ser incrible. Vimos dos festivais máis importantes como WOMAD ou mesmo Ortigueira e está a resultar fantástico. A reacción do público foi estupenda, deseguido se puxeron a saltar co noso directo, que é moi enerxético. O disco está a resultar un éxito e o directo tamén. Para a semana que vén continuaremos con máis actuacións .

Pero vostede non traballa só, senón que vén acompañado dunha banda de profesionais, que tal a coordinación cos seus compañeiros?
Somos seis músicos que nos levamos xenial. Somos unha banda chea de artistas de prestixio internacional e con moita experiencia en folk. Todos eles, Xosé Liz, Eoghan Neff, Luís Peixoto, Begoña Riobó e Álvaro Igrexas teñen unha traxectoria grandísima. Tocaron con bandas moi potentes e manexan moi ben os directos. Hai unha conexión musical bestial entre nós e tamén a nivel persoal e iso é un gustazo.


www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-08-2010 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 2 (luns)
• Pregón das festas de Vigo con Xarxa Teatre e O Fiadeiro ás 22:00 na Porta do Sol

Terza feira 3 (Martes)
• Cristina Pato e Rosa Cedrón no Auditorio de Sta. Margarita (A Coruña) ás 22:00
• Roi Casal na Praza da Constitución (Vigo) ás 21:00

Corta feira 4 (Mércores)

Quinta feira 5 (Xoves)
• Chotokoeu na sala The Star (Carral)
• Oscar Ibáñez & Tribo en Cerdedo
• Festival Arroutada (Cervo): BellónMaceiras Quinteto na Prazoleta de San Ciprián (Cervo)
• I Festival Folk de Salvaterra de Miño: Os Terribles de Donas e Ardentía

Sexta feira 6 (Venres)
• Gaiteiros do Pedroso nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ás 20:00
• Zurrumalla na Praia Fluvial de Portovilán (Fornelos de Montes) ás 22:00
• Avelaíña na Praza Xardín Umbrio (Vilanova de Arousa)
• Fía na roca en Ribeira
• Berroguetto no Parque Luis Seoane (Oleiros) ás 22:00
• Luar na Lubre en Paramos del Sil (O Bierzo)
• A Roda No Carballiño
• Tanto Nos Ten na Mezquita
• O Sonoro Maxín en Curtis (A Coruña)
• Leilía na Mezquita (Ourense)
• Guadi Galego e Alejandro Vargas New Trio na Alameda de Vilagarcía de Arousa
• Germán Díaz no Mosteiro de Celanova
• Festival Brincadeira: Chícharo Psicótico,...
• Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Som do Galpom e Pito de Pikasso, Pipas Group Rock, e Medomeda
• Festa Celta do Lugnasad (Bretona): Saltonocribo, Os Cempes, Pan de Capazo e Os Cuchufellos
• Festa da Mocidade en Chousa de San Pedro, (Taboada): Os Tres Trebóns e A Tuna Rastafari

Sábado 7
• Xacarandaina na Praza de Fefiñans (Cambados) ás 22:30
• Marful na Alameda de Vilagarcía de Arousa
• Malvela en Portas (Pontevedra)
• Cuarteto Caramuxo en Vigo ás 23:00 na Praza da Constitución
• Ruxe-Ruxe en Barreiros (Lugo)
• Os Carunchos en Vilanova (O Hío-Cangas do Morrazo)
• Cuchufellos en Vilaseco, Ourense
• Ergom en La Casa da los Sueños (Verín)
• Milladoiro en Quiroga (Lugo)
• Luar na Lubre en Salceda de Caselas
• A Roda na Praza do Concello de Ribeira
• Cantata Vernácula (Suso Vaamonde e Xoán Porto) na Praza García Barbón de Verín (Ourense)
• Brath na Cañiza
• A Requinta da Laxeira e Alann Bique Folk en Láncara
• Festa da prehistoria (Mos): Sonoro Maxín, Pesdelán e falperris
• Festival Castelo Rock (Muros): Raiba, Ilegales, Lilith, Dakidarria, Solos
• Festival Pardiñas (Guitiriz): GalegoZ, Canteca de Macao, Bellón Maceiras Quinteto, Äl Jawala
• Festa da Carballeira (Zas): Quempallou, Kepa Junquera, Gwendal, Clan Maragato, Banda Potemkin...

Domingo 8
• Gala Cantigas e Agarimos na Praza de García Barbón de Verín ás 22:30
• Banda Potenkin no Pub Oxígeno (Celanova)
• Ruote en Castroverde (Lugo) ás 17:30
• Leilía en Ribeira
• Tanto Nos Ten en Xunqueira de Ambía
• Mercedes Peón en Viana do Bolo
• Luar na Lubre en Oleiros
• Berroguetto en Monforte de Lemos
• Kérkennai na Praza Maior da Cañiza ás 22.30
• XIII Filandón na Ferrería de Seoane (Folgoso do Courel): Escola de gaitas do Courel, Pilocha, Alfredo González e Sons da Eira
• Festival SonsMamede de Rois (A Coruña): BellónMaceiras Quinteto, Chorima de Rois, A banda de Balbina, ...
• Festival Pardiñas (Guitiriz): Cé Orquestra Pantasma, Pelepau, Pablo Seoane, Xosé Manuel Budiño, Alalé e Güintervan
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-08-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
Festivais no mes de Agosto
5 agosto: I Festival Folk de Salvaterra de Miño
- Os Terribles de Donas e Ardentía

6 de agosto: Cruceiro Rock (Vila de Cruces)
- Som do Galpom e Pito de Pikasso

6 de agosto: Festa Celta do Lugnasad (Bretona)
- Saltonocribo, Os Cempes, Pan de Capazo e Os Cuchufellos

6 de agosto: Festa da Mocidade en Chousa de San Pedro, (Taboada)
- Os Tres Trebóns e A Tuna Rastafari

6-7 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Siniestro Total, Sex museum, Chícharo Psicótico, ...
- Orquesta Mondragón. Los reyes del KO,...

7 agosto: Festa da Carballeira (Zas)
- Quempallou, Kepa Junquera, Gwendal, Clan Maragato, Banda Potemkin...

7 agosto: Festa da Prehistoria (Mos)
- Pesdelán, O Sonoro Maxín e Falperris

7 agosto: CasteloRock (Muros)
Raiba, Ilegales, Lilith, Dakidarria, Solos

7-8 agosto: XXXI Festival de Pardiñas (Guitiriz)
- Bellón Maceiras Quinteto, Äl Jawala, Canteca De Macao,Galegoz
- Pelepau, Pablo Seoane, Xosé Manuel Budiño, Alalé, Güintervan

12 agosto: Festival Berra Nigrán
- Kogito, SkandaloGZ, Dakídarria,...

12 agosto: Festival Folc de Ordes
- Axouxere folc e Limagoia

13-14 agosto: Asaghieiras Master Festival (Lariño-Carnota)
- Monkey Face, Kastomä, Beatus Ille, Os Trasnos de Moscoso, Som do Galpom e Dj Cecé.
- InVivo, Deseqilibrio Mental, Yidorah, Aphonnic, Trapos Sucios, Terbutalina e Dj Berro

14 agosto: Festival Gallerock (Ribeira)
- Kogito, Zenzar, A compañía do Ruido...

14 agosto: Pinofolc (O Pino)
-Tanto Nos Ten,...

14 agosto: Festival As Nosas Músicas (Couso-A Estrada)
- Linho do Cuco,...

20 agosto: Esmorga Folc (Bandeira-Silleda)
- Quempallou, Bellón Maceiras Quinteto, Tiruleque, Fracasados de antemano,...

21 agosto: Vilariño Folc (Hío)
- Tiruleque, Ultraqans, Os Tres Trebóns,...

21 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Quempallou, Slainte,...

21 agosto: Festival Pontelouco (Castro Caldelas)
- Os Cuchufellos, Chotokoeu, Alpargata

21 agosto: Festival do Castro (Ferreira de Pantón)
- Coanhadeira, Funky Style Brass, Alberto Mvundi ...

21 agosto: Festival da Mocidade na Sainza (Xinzo de limia)
- SkandaloGZ, Raiba, Sen resposta, Esquíos,...

21 agosto: Festival das Minas (Pontenova-Lugo)
- Ruxe-Ruxe, Forraje, Darbukka, Folkgazais...

21 agosto: Festival Folk de Guísamo (Bergondo)
- Lunasa, Birinbao e Tejedor

27 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Kastomá, Medomedá, Os tres trebóns, O Leo e Arremecaghoná, Raiba...

27-28 agosto: Festival Rebumbio (Mos)
- Lakustikasesina, Veraneantes, Troula Ghaiteira
- Os Podridos, Residuos Atraktivas, Sundayers, A Compañía do Ruido

28 agosto: Gallerock (Ribeira)
-Zenzar, Kogito, A Compañía do Ruido, ...

28 agosto: Festival Bailando entre Toxos (Ribeira)
-Pito de Pikasso, Comando Katana, manolo Kabezabolo, ...

28 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Grupo de gaitas Asubios, A Quenlla, Tanto Nos Ten, O Leo e Arremecaghona
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 02-08-2010 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer