Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival da Mocidade (A Saínza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Irmandiño de Moeche
XXXI Festival Irmandiño
Moeche, 21 de Agosto de 2010


PROGRAMA

A partir das 11.00h e ao longo do día:
Exposicións no Castelo
Mostra de Etnografía e Oficios Tradicionais
Música Ambiental a cargo do compositor local ANGELUS MAERENS

As 13.30h:
Sardiñada e Repichoca Popular ao carón do Castelo con zona habilitada para xantar

As 16.30h:
Obradoiro Infantil

As 18.30h:
Competición de Xogos Populares

A partir das 22.00h actuación dos grupos:

- SLAINTE (Catalunya)
- ALALÉ (Irlanda)
- QUEMPALLOU (Galiza)
- RONCARELA (Galiza)


A partir das 00.00h:
Lectura do pregón a cargo de Isabel Risco e Asalto ao Castelo

Acampada e aparcamentos gratuítos nas inmediacións do festival

Organiza: A.C.Castelo de Moeche

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-08-2010 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
San Queremos 2010 en Vilantime (Arzúa)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-08-2010 22:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Berra Nigrán
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-08-2010 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Sonoridades compartidas

A fonda intensidade da voz de Uxía, a capacidade para dominar varios instrumentos de Sérgio Tannus e a reinterpretación do samba de Fred Martins conflúen en "Brasileg@s"


A fonda intensidade da voz de Uxía Senlle. A capacidade de Sérgio Tannus para tocalo todo: a guitarra, o pandeiro brasileiro, o cavanquinho... E a reinterpretación persoal do samba do compositor e intérprete Fred Martins. As confluencias rítmicas das músicas populares galega e brasileira. A sonoridade común da lingua. Son, xunto coa amizade, os alicerces do proxecto Brasileg@s, que Uxía, Sérgio e Fred presentaron no Festival dos Abrazos, en Compostela.

Nun concerto de máis de dúas horas, soaron xuntas desde pezas tradicionais galegas como o alalá das Mariñas ou Ramo Verde; temas do disco de Uxía Eterno Navegar como o canto ás mulleres as nosas cores, o alalá de Muxía, a homenaxe á mestizaxe danza ritual e A quimera de Fran Pérez (Narf) e Pepe Sendón; composicións de Fred Martins como Docea Amargo -que escribiu con Marcelo Diniz- e Tempo afora e cancións brasileiras como chorinhos de Waldir Azevedo ou A ponte de Lenine.

O encontro, a confluencia, cimentan Brasileg@s. Uxía intensificou a súa relación coa lusofonía ao organizar Cantos na Maré. O seu último disco, Eterno Navegar, convoca o intercambio coas músicas do Atlántico. Tannus coñeceu a Narf e Uxía no Brasil, e conseguiu comezar a tocar en Compostela a través de Pepe Sendón. Desde aquela, xa non marchou máis. E Martins chegou á música galega a través de Ugia Pedreira, ademais de participar no Cantos na Maré con Uxía Senlle.

"Eu sempre dicía que son brasilego. Comezamos a utilizar esa expresión de broma, para referirnos aos brasileiros que estamos integrados na cultura galega. E así xurdiu a idea de facer un proxecto xuntos. Eu xa tocaba música galega con instrumentos brasileiros, na foliada das Crechas e con Malvela e Uxía. Daquela, pensamos tamén en tocar música brasileira con instrumentos galegos...", comenta Tannus. O concerto do Festival dos Abrazos -aclara- serviu de proba . No futuro, serán menos cancións, -dixo-, e ademais formuláronse a idea de gravar un CD en directo.

"Escollemos un repertorio mixto, de cancións que teñen en común os ritmos. O forró brasileiro é como unha rumba galega, o samba é moi coñecido na Galiza... Hai moitos puntos en común. Non queriamos facer algo sen sentido, forzado... Escolmamos cousas que xa faciamos....", engadiu.

No concerto percibíase a compenetración entre os músicos: ademais de Uxía, Fred e Sérgio, a zanfona de Bonovo Óscar Fernández, o teclista Serginho Sales, -que tocou moitos anos no famoso grupo brasileiro Só por contrariar-, e o percusionista Paulo Silva, que ademais demostrou que pode facer coa voz, co mesmo estourido de enerxía co que toca.

Tras as primeiras cancións -houbo pequenas dificultades coas luces e os aparellos de son-, o público foise animando máis. Tannus amosou tamén as súas virtudes como compositor -tocou a súa peza, que escribiu con Manuel Gomes, Outros quereres, resposta aO Quereres de Caetano Veloso e outra que creou con Xoán Curiel-, ou a boa combinación que poden facer o pandeiro brasileiro e a pandeireta galega. O mesmo diálogo demostraron o baixo eléctrico de Fred coa zanfona de Óscar..., ou Uxía e Fred na peza que compuxeron entre os dous A casa da xente, dedicada a Santiago.

Houbo moitos momentos especialmente emocionantes como, se cadra, a interpretación de O samba me diz de Fred Martins, do seu disco Tempo afora. Desde o público chegaron ós músicos cumpridos como "monstrua!" dirixido a Uxía ou os clásicos "guapos!".

Un éxito de público en Bonaval

Tannus, Sales e Silva tocan xuntos en Sérgio Tannus Trio -recentemente, ademais, estrearon un espectáculo con Carlos Blanco-. "Hai xa tres anos que traballamos xuntos. Eu xa tocara con Uxía, Fred tamén... por iso, o que fixemos, foi xuntar toda esa experiencia", subliñou Tannus. A do Festival dos Abrazos foi "unha noite moi bonita", insistiu. O concerto, celebrado en Bonaval, foi un éxito de público. Ao final, todo o mundo acabou bailando, aínda que ó principio custou un pouco arrancar as palmas e a participación dos asistentes nos retrousos. O público aplaudiu moito -de salientar é, por exemplo, a aficción brasileira e a do barrio de San Pedro-, e só uns poucos, na parte de atrás, non parecían moi interesados, pois non deixaron de falar a berros malia ser reprendidos polos demais.

www.galiciahoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-08-2010 12:01
# Ligazón permanente a este artigo
Os gaiteiros asturianos gañan o trofeo McCrimmon no Festival Intecéltico de Lorient
A gaiteira asturiana Andrea Joglar gañou este sábado o trofeo McCrimmon á mellor intérprete de gaita de Asturias e Galicia que se celebra no marco do Festival Intecéltico de Lorient. O podio do concurso foi coroado por gaiteiros asturianos cun segundo posto para Rubén Alba e un terceiro para Rodrigo Joglar, o irmán da vencedora.

Os galegos, encabezados no ranking por Pablo Dalama, que acadou unha 4ª posición, "fixeron unha boa interpretación", segundo o membro do xurado galego, Alberto Coya. "A Pablo Dalama castigárono os bretóns nas puntuacións, pero isto é cousa de números", declara Coya ao preguntarlle como viu a actuación dos galegos.

No referido á vitoria de Joglar, Coya opina que "a interpretación foi correcta e quizais destacou por encima dos asturianos pero non sobre o segundo (Rubén Alba), nun certame no que houbo un nivel alto"." Viamos a vitoria de Alba pola interpretación do repertorio asturiano, pero ela fixo unha boa actuación", recalcou Coya.

O xurado do McCrimmon está conformado por seis xuíces, dous galegos, dous asturianos e dous bretóns e cada xuíz ten un criterio independente. No caso da gaiteira asturiana as puntuacións foron de 4 e 6 por parte dos galegos, 2 e 3 da delegación asturiana e 1 e 1 dos bretóns, co que foron estes os que decidiron o resultado ao outorgarlle a calificación máxima.

Andrea Joglar
A vitoria de Joglar demostra que o mundo da gaita non é só de homes. A moza Joglar, nacida en Xixón fai 19 anos, é a única muller gañadora do Trofeo McCrimmon, antes Macallan, en toda a súa historia. Xa cultivou unha carreira frutífera a pesar da súa mocidade con premios de importancia na gaita astuariana como o primeiro premio no 'II Concurso de gaita de Xixón no 2004'.

Así mesmo, participou no 2007 como gaiteira invitada na 'Nuit Interceltique' do Festival Intercéltico de Lorient, e repitió en 2008 tambien como gaiteira solista. Ese mesmo ano toma parte do espectáculo 'Meyores Gaiteiros do Mundo' organizado pola Fundación Príncipe de Asturias, onde comparte cartel con gaiteiros de renome internacional como Fred Morrison, Anxo Lorenzo ou Marie le Cam.

www.galiciae.com
Comentarios (10) - Categoría: Novas - Publicado o 11-08-2010 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
A Carballeira, a xornada máis festexeira

Alí cara as 20:00h da tarde o tempo comezou a revolverse, algo acontecía, e é que a carballeira de Zas comezaba. E cómo non revolverse se nun pobo de non máis de medio millar de persoas de súpeto nun día aparecen milleiros percorrendo as rúas, e claro para todo iso hai que levantar bares, churrerías e este ano ata pudimos ver unha pizzería!

Ben cargados coas neveiras e as empanadas a xente comezou a facer cola para comprar a entrada e conseguir o seu disco deste ano, cómo quedarse sen el!. Comezábase a oír aos asturianos, Clan Maragato, quen tiñan a responsabilidade de quentar o ambiente, xa sabíamos que o ían a facer sen dificultade dende que os vimos na Festa Folk da Fin do Camiño do ano pasado e que en dúas semanas colle o relevo folqueiro.

Deixaron a xente ben preparada para recibir por primeira vez a Quempallou (aquí enriba), que entraron botando lume cunhas bromiñas acerca da carballeira- bidueira- eucalipteria, que logo tentaron apágalo dando un conselliño “que chova, que chova, que chova pero que non mexen por riba de nós”, o cal repetía a xente a voz en grito entregada totalmente xa a estas alturas.

Chegaba o colofón da noite. Kepa Xunquera (aquí enriba), uns vascos ben coñecidos que xa era a segunda vez que actuaban aquí, e por nós que repitan as veces que queiran. Non nos imos a aburrir desa maneira de tocar a txalaparta (aquí embaixo), e máis se traen a Budiño (na primeira foto) para que lles acompañe por momentos. Un espectáculo digno de ver, un momento histórico que fica no vídeo que vemos na parte de abaixo.

A virguería estivo a man de Gwendal (aquí embaixo) que debe ser uns dos poucos franceses que fala castelán, que bebendo de músicas tradicionais bretonas e irlandesas ofreceunos música de moita calidade.

E para rematar, o fin de festa estivo en manos da Banda Potemkin, quen non viñeron precisamente para “darnos arroz”, un poco paradóxico que a súa misión fora acabar a festa… porque de aí a xente non marchaba e case acaban invandindo o escenario materialmente.

Espectacular asistencia

Polo que vimos nesta edición o festival segue gañando prestixio e calidade, ademáis de adeptos. E iso que había medo no seo da organización, porque había moitas cousas que competían ca Carballeira. Que se a Fervenza, que se as festas aquí ou alá, que se o Castelo Rock de Muros, que se a Festa dos Mundos de Santa Cristina... Pero o cartelazo deste ano era moito cartelazo, e de novo venceu a Carballeira. Se cadra faltaron unhas 1.000 persoas, pero desas do botellín, das que a organización non bota de menos, non se botaron de menos.

Pódese dicir pois que o que foi, foi ao festival, a disfrutar da música folk. E son moitos os que disfrutan do folk nesta Costa da Morte. Foron máis de 6.000 entradas vendidas e outras 3.000 que hai que recontar entre invitados por patrocinios, asociacións e demais. Así que as pesquisas de Lupe Nieto daban unhas 9.000 persoas enchendo a Carballeira do Velar xusto no momento cumio da noite, con Kepa Junquera e Xosé Manuel Budiño. Aí queda ese momentazo.

www.quepasanacosta.com

Kepa Junquera con Budiño na Festa da Carballeira de Zas 2010 from quepasanacosta on Vimeo.




Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-08-2010 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
A Quenlla presenta novo disco: Unha vez foi o trebón
A Quenlla presenta un disco con textos de Manuel María inspirados na revolta dos Irmandiños

Manuel María volve soar. A obra do poeta chairego aparece de novo ao dispor do público cunha unión de literatura e música que xa se ten dado con outros traballos seus. Desta vez trátase dun cedé gravado polo grupo A Quenlla, que empregou textos do escritor de Outeiro de Rei inspirados nos Irmandiños. Ese é precisamente o título do traballo discográfico, Os Irmandiños , que o grupo presentou onte, á unha tarde, no festival de Pardiñas, que celebrouse durante todo o fin de semana en Guitiriz.

A obra literaria á que se lle vén de poñer música consiste nun conxunto duns dez poemas. Manuel María escribiunos hai xa algunhas décadas, pero ata o de agora non chegaran ao público de xeito independente. Como coordinador da Asociación Cultural Xermolos, que organiza o festival onde se presenta a obra, e da Irmandade Manuel María, Alfonso Blanco engade que os textos si apareceran canda outros do autor co título Unha vez houbo un trebón .
A viaxe no tempo ata chegar case ao remate da Idade Media débese ao interese do poeta por atopar personaxes e acontecementos «que fosen significativos» para xeracións posteriores. Así o subliña Blanco, que di que o contido semella o resultado dun esforzo por «facer pobo» e que a escrita, aínda que trate dun asunto afastado no tempo, non resultará estraña aos lectores habituais do poeta.

Os poemas, por outra banda, semellan ter aínda outros camiños para percorrer. Blanco salienta que se trata de textos que serven ben para ser dialogados, ata o punto de que se ten feito algunha xestión para que seren representados máis adiante con fondo musical.

Solicitude cumprida
O lugar onde se fixo a presentación non se escolleu de maneira casual senón que tivo moito que ver co autor e coa obra. En primeiro lugar, Manuel María adoitaba acudir ao festival de Pardiñas.

En segundo, foi nese lugar onde, hai xa anos, propuxo ao grupo que lle puxese música a esas palabras súas. Na presentación, canda os músicos estiveron os escritores David Otero, Marica Campo e Xosé Neira Vilas, o cantautor Miro Casabella e o historiador e profesor Xosé Estévez.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Tic-Tac, grande éxito nas feiras de Lugo e Santiago
Foi a obra infantil máis vendida na feira do libro de Lugo e tamén a de Santiago. E na da Coruña, a xulgar pola cantidade de nenos que se achegaron aos seus autores para que lles asinasen un exemplar, van camiño de repetir éxito.

Pablo Díaz e Marc Taeger son os creadores de 'Tic-tac', un libro-disco editado por Kalandraka que leva dando batalla nas librerías desde finais do ano pasado. Trátase dunha obra dirixida a un público infantil a partir dos tres anos, aínda que nos sorprendeu a boa acollida que está tendo entre todos os públicos, tamén en adultos", explica Díaz.

El é o autor das composicións musicais de 'Tic-tac', das 16 cancións coas que se fai un amplo percorrido pola historia da músicaXabier Díaz, Guadi Galego ou Carmen Rei. "Todo xente de Galicia, pero moi boa".

Produto 99,9% galego
En definitiva, 'Tic-tac' sería un produto 100% galego se non fose polo traballo do suízo Marc Taeger, responsable das ilustracións que acompañan aos textos do libro, aínda que leva tantos anos fincado en Galicia que xa é case da terra.

Para este traballo, Taeger rescatou a complicada técnica do linograbado. "Buscaba algo que usase cores planas, moi básico, pensado para os nenos. Como coñezo a Pablo doutros traballos, sei que el sempre busca a tradición no que fai, así que pensei que esta técnica, case de artesán e un traballo bastante laborioso, sería a indicada", comenta.

O resultado foi o esperado, xa que os debuxos finais do linograbado son relativamente sinxelos de imitar nos colexios, un dos lugares onde máis se escoita este libro-disco. Moitos profesores utilízano como un complemento para as clases de Educación Musical dos máis pequenos porque, ademais de educativo musicalmente falando, as cancións de 'Tic-tac' teñen un amplo vocabulario en galego, cuxo aprendizaxe facilítano os seus ritmos. "Se lles gusta e engánchalles, aprenden", comenta Taeger.

Clásica, folk, blues e jazz
Precisamente, a variedade das súas cancións foi unha das maiores sorpresas, case unha ruptura do seu compositor consigo mesmo. Pablo Díaz é un gaiteiro consumado. sente cómodo con outros instrumentos, pero o seu hábitat natural é a gaita. Neste traballo, con todo, propúxose facer algo diferente.

O obxectivo era realizar un educativo percorrido pola historia da música, "sempre cunha base folk" pero tan variada que en 'Tic-tac' atopamos clásico, blues, jazz... "Ata un rock cunha rítmica balcánica", declara Díaz. "Esta variedade busqueina deliberadamente. Podía usar a gaita, e hai algunha peza, pero me apetecía escapar do cliché de que todos os traballos musicais galegos son exclusivamente gaitas".

Inicialmente, a sorpresa dos seus colaboradores foi maiúscula. O resultado, nas librerías: Pablo e Marc xa están asinando aos seus fans a segunda edición de 'Tic-tac'.

www.elmundo.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-08-2010 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (luns)
• Rusga na Praza da Oliveira (Compostela) ás 20:00
• Turres Band na rúa das Rodas (Compostela) ás 21:00
• II Foliada Folq N´Río na Banda do Río (Bueu) ás 21:00

Terza feira 10 (Martes)
• Os Gaiteiriños nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ás 20:00
• Sobre Rodas na Praza da Oliveira (Compostela) ás 20:00
• Brasileg@s (Uxía+Fred Martins+Sérgio Tannus) no Parque de Bonaval (Compostela) ás 22:30

Corta feira 11 (Mércores)
• Regueifeiros de Galicia na Praza dos Pendellos de Agolada ás 22.00
• Luar na Lubre en Baleira (Lugo)
• Donaire nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ás 20:00
• IV Foliada do Grupo de Bailes Populares IAR ás 22:00 na Praza de Pablo Iglesias (A Coruña)

Quinta feira 12 (Xoves)
• Xabier Díaz e Suso Iglesias en Beluso (Bueu)
• Xoán Curiel Cuarteto na Rúa de San Paio de Antealtares (Compostela) ás 22:30
• A Banda Crebinsky ás 22.00 na Praza Pablo Iglesias (A coruña)
• Festival Berra Nigrán: Kogito, SkandaloGZ, Dakídarria,...
• Festival Folc de Ordes: Axouxere Folc, Limagoia,...

Sexta feira 13 (Venres)
• Susana Seivane e amigos na Praza María Pita (A Coruña) ás 22.30
• Sonoro Maxín en Montederramo (Ourense)
• Festicultores en Sada
• Tanto Nos Ten en Barreiros (Lugo)
• Noitarega na Praza da Mina (Tomiño)
• Leilía en Miño (A Coruña)
• Samesugas en Combarro
• Asaghieiras Master Festival en Lariño (Carnota): Monkey Face, Kastomä, Beatus Ille, Os Trasnos de Moscoso, Som do Galpom e Dj Cecé.
• Festival Folk Antas (Antas de Ulla-Lugo):Ruxe-Ruxe e A Roda

Sábado 14
• Luar na Lubre en Riós (Lugo)
• Pé de boi na Praza do Gaiteiro (Soutelo de Montes - Forcarei) ás 22.30
• Berroguetto en Vilagarcía de Arousa
• Lamatumbá en Trabada (Lugo)
• Sonoro Maxín en Beade (Ourense)
• Nadadora no Roi Xordo (Allariz)
• Rosa Cedrón no Parque da Igrexa de Cambre
• Pablo Díaz en Barreiros (Lugo)
• 1º Festival da Cultura Proletaria na Carballeira de San Amaro, Aldán (O Morrazo): Luis "O Caruncho", Mini e Mero, Ataque Escampe, Leo e Arremacaghoná,...
• Festival Gallerock (Ribeira): Kogito, Zenzar, A compañía do Ruido...
• Asaghieiras Master Festival en Lariño (Carnota): InVivo, Deseqilibrio Mental, Yidorah, Aphonnic, Trapos Sucios, Terbutalina e Dj Berro
• Festival Pinofol (O Pino): Tanto Nos Ten,...
• Festival As Nosas Músicas (Couso): Linho do Cuco,...Serán...

Domingo 15
• Mutenrohi en Verin (Ourense)
• Ataque Escampe na Praza de Cervantes (Compostela) ás 21:30
• Susana Seivane na Praza da Ferraría (Pontevedra)
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 09-08-2010 10:40
# Ligazón permanente a este artigo
IV Foliada do Grupo IAR (A Coruña)
Benqueridos/as amantes do folclore:

Poñémonos en contacto convosco para informarvos de que o vindeiro mércores 11 de Agosto do 2010 ás 22:00 h. terá lugar na Praza de Pablo Iglesias da cidade da Coruña a IV Foliada do Grupo de Bailes Populares “IAR”, incluída nas festas do Barrio.


Queremos convidarvos a participar dende o esceario (cantando, tocando,...), ou desfrutando co resto de actuacións. Agradeceríamos que se desexades actuar nolo confirmedes canto antes (teléfono, fax ou correo electrónico).
Tralas actuacións previstas a intervención será libre. Haberá bochinche.

Tamén faremos unha alborada tradicional o venres día 13 dende as 10h da mañá polas rúas do barrio. Pola tarde e dende as 17h ate as 18:30h faremos unha “gimkana de folclore”, para todos aqueles rapaces/rapazas que queiran coñecer as nosas tradicións folclóricas dunha maneira divertiva. Animádevos e traéde aos vosos rapaces, amigos, etc..
Xa para rematar ás 20:30h actuará o Grupo de Bailes Populares “IAR”.

Sen máis, e agardando a vosa participación, un saúdo.

Grupo IAR
981-133646
iargrupo@hotmail.com
www.myspace.com/iargrupo
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 09-08-2010 02:26
# Ligazón permanente a este artigo
Festival As Nosas Músicas (Couso-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 02:23
# Ligazón permanente a este artigo
Preparando As nosas músicas de Couso

A Xesteira organiza outro ano máis As Nosas Músicas de Couso! E xa van 15...
Sábado 14 de agosto en Couso (A Estrada)
Aínda non sabedes o que hai este ano en Couso?


Música, moita música, e tamén baile, moito baile. Música e baile. E moitas cousas máis. Que que máis? Pois un obradoiro de canto, outro de pandeira e outro máis de baile, de iniciación... para que así todos poidamos disfrutar no serán das nosas músicas (xa vos dixemos que había música?). Ui! E iso non é nada... moito máis. Tamén virán os rapaces de... a facer unha demostración de loita galega, e Celsiño Contacontos virá contarnos un contos, e tamén virá un pulpeiro con moito pulpo a escoitar os contos de Celsiño Contacontos máis a bailar ao son da música e a ver o desfile, máis... como que que desfile? O desfile que farán os rapaces coas carautas que crearán o venres máis o sábado á tarde no obradoiro infantil de ARTElladas... e ademáis haberá buses e zona de acampada e...

Que non está quedando claro? Imos logo aos poucos...

16h - 18h
Obradoiro de Canto tradicional
Impartido por Xabier Díaz

CASA DA ESCOLA
CAMPO DA FESTA DE COUSO
20 persoas máximo
É preciso inscribirse e ter coñecementos previos de canto tradicional
Consultade o apartado Inscribete!da páxina de As Nosas Músicas de Couso.

18h - 20h
Obradoiro de Pandeira redonda
Impartido por Felisa Segade

CASA DA ESCOLA
CAMPO DA FESTA DE COUSO
20 persoas máximo
É preciso inscribirse e ter coñecementos previos de canto tradicional
Consultade o apartado Inscribete!da páxina de As Nosas Músicas de Couso.
NON é preciso ter pandeira, mais se tes, traena.

20h - 22h
Obradoiro de Iniciación ao baile tradicional
Preparandose para o serán!

Impartido por Luis Prego
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Non hai límite de prazas nin é preciso inscribirse.

Ao remate, teremos a compaña....

21h30 - 23h30
Ruada... Rúa... Serán...
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Contaremos un ano máis coas pandereteiras, bailadores e bailadoras da zona de Mondariz e Pazos de Borbén.

24h - 24h40
Linho do Cuco
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Linho do Cuco presenta en Couso o seu novo disco, "3"

24h30... minuto arriba ou abaixo
Celsiño Contacontos
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO

Da 1h en adiante...
Compartimos escenario!!!
ESCENARIO
CAMPO DA FESTA DE COUSO
Moitos grupos da comarca da Estrada e amigos asiduos de Couso virán facer festa.

TAMÉN TEREMOS:

17h (Obradoiro) 20h (Desfile)
ARTElladas, obradoiro de XIGANTES articulados
ESCOLA NOVA DE COUSO
Se queres participar neste obradoiro bota unha ollada en ARTElladas.
Anímate!

19h - 20h
Mostra de loita galega
TORREIRO
CAMPO DA FESTA DE COUSO

21h - 2h30
Pulpeiro
CAMPO DA FESTA DE COUSO

E ademais...
Aparcadoiro
Sanitarios públicos portátiles
Autobuses desde A Estrada [A farola] (23h e1h)
Couso [estrada xeral] (4h30 e 6h30)
Zona de acampada
Barras - Bar


En definitiva:
As Nosas Músicas.Couso-A Estrada. 14 de Agosto 2010.

Obradoiros para cativos e maiores impartidos por Xabier Díaz, Felisa Segade e Luis Prego.
Mostra de Artesanía.
Loita galega.
Pulpeiro e rosquilleiras.
Serán pola tardiña.
Escenario aberto para todos.
Foliada Aberta ata a mañan.
Aparcadoiro, sanitarios públicos portátiles, servizo de autobuses e zona de acampada!

¿ Pode haber algo mellor para ese día ?

Esperamos vervos no campo de Couso o 14 de Agosto!


As Nosas Músicas Couso 2010
http://asnosasmusicas.org/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 02:10
# Ligazón permanente a este artigo
Festival FolK-Antas (Antas de Ulla)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 02:08
# Ligazón permanente a este artigo
1º Festival da Cultura Proletaria (Aldán-Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 02:07
# Ligazón permanente a este artigo
Armadiña Rock (Combarro-Poio)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 01:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Gallerock (Ribeira)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 01:54
# Ligazón permanente a este artigo
Asaghieiras Master Festival (Lariño-Carnota)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 01:35
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Celta Ponte da Barca (Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 09-08-2010 01:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 6 (Venres)
• Gaiteiros do Pedroso nos Xardíns de Méndez Núñez (A Coruña) ás 20:00
• Zurrumalla na Praia Fluvial de Portovilán (Fornelos de Montes) ás 22:00
• Foliada en Ouzande (A Estrada): Retrouso, Pana Raiada e Os Xeitosos de Trazo ás 22:00
• Corisco, Lembranzas Galegas e Colexiata do Sar na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Avelaíña na Praza Xardín Umbrio (Vilanova de Arousa)
• Fía na roca en Ribeira
• Berroguetto no Parque Luis Seoane (Oleiros) ás 22:00
• Luar na Lubre en Paramos del Sil (O Bierzo)
• A Roda No Carballiño
• O Sonoro Maxín en Curtis (A Coruña)
• Leilía e Tanto Nos Ten na Mezquita (Ourense)
• Guadi Galego e Alejandro Vargas New Trio na Alameda de Vilagarcía de Arousa
• Germán Díaz no Mosteiro de Celanova
• Festival Brincadeira: Chícharo Psicótico,...
• Cruceiro Rock (Vila de Cruces): Som do Galpom e Pito de Pikasso, Pipas Group Rock, e Medomeda
• Festa Celta do Lugnasad (Bretona): Saltonocribo, Os Cempes, Pan de Capazo e Os Cuchufellos
• Festa da Mocidade en Chousa de San Pedro, (Taboada): Os Tres Trebóns e A Tuna Rastafari

Sábado 7
• Homenaxe a Moncho Reboiras en Imo (Dodro): Mini e Mero, Pilocha, Xico Na Virada, Gaiteiros de Melide,...
• XX Mostra do traxe tradicional na Praza de Compostela de Vigo ás 22:30
• Xacarandaina na Praza de Fefiñans (Cambados) ás 22:30
• Marful na Alameda de Vilagarcía de Arousa
• Malvela en Portas (Pontevedra)
• Cuarteto Caramuxo en Vigo ás 23:00 na Praza da Constitución
• Ruxe-Ruxe en Barreiros (Lugo)
• Os Carunchos en Vilanova (O Hío-Cangas do Morrazo)
• Cuchufellos en Vilaseco, Ourense
• Ergom en La Casa da los Sueños (Verín)
• Milladoiro en Quiroga (Lugo)
• Luar na Lubre en Salceda de Caselas
• A Roda na Praza do Concello de Ribeira
• Cantata Vernácula (Suso Vaamonde e Xoán Porto) na Praza García Barbón de Verín (Ourense)
• Brath na Cañiza
• A Requinta da Laxeira e Alann Bique Folk en Láncara
• Festa da prehistoria (Mos): Sonoro Maxín, Pesdelán e falperris
• Festival Castelo Rock (Muros): Raiba, Ilegales, Lilith, Dakidarria, Solos
• Festival Pardiñas (Guitiriz): GalegoZ, Canteca de Macao, Bellón Maceiras Quinteto, Äl Jawala
• Festa da Carballeira (Zas): Quempallou, Kepa Junquera, Gwendal, Clan Maragato, Banda Potemkin...

Domingo 8
• Gala Cantigas e Agarimos na Praza de García Barbón de Verín ás 22:30
• Banda Potenkin no Pub Oxígeno (Celanova)
• Ruote en Castroverde (Lugo) ás 17:30
• Leilía en Ribeira
• Tanto Nos Ten en Xunqueira de Ambía
• Mercedes Peón en Viana do Bolo
• Luar na Lubre en Oleiros
• Berroguetto en Monforte de Lemos
• Kérkennai na Praza Maior da Cañiza ás 22.30
• XIII Filandón na Ferrería de Seoane (Folgoso do Courel): Escola de gaitas do Courel, Pilocha, Alfredo González e Sons da Eira
• Festival SonsMamede de Rois (A Coruña): BellónMaceiras Quinteto, Chorima de Rois, A banda de Balbina, ...
• Festival Pardiñas (Guitiriz): Cé Orquestra Pantasma, Pelepau, Pablo Seoane, Xosé Manuel Budiño, Alalé e Güintervan
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
XXVII Festa da Carballeira (Zas)
Sábado, 7 de Agosto do 2010

Actuarán: A partir das 6 da tarde:
- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- Grupo de baile DONAIRE (A Coruña)
- Banda de gaitas MARUXIA (Laxe)

A partir das 9 da noite:
- Clan Maragato (Lugo)
- QUEMPALLOU (Galicia)
- KEPA JUNKERA (Euskadi)
- GWENDAL (Bretaña)
- Banda POTEMKIN (Galicia)

Acceso: 5€, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.
Exposición: XXVII Carballeira, do 1 ó 7 de Agosto, no Centro de usos múltiples do Concello de Zas.

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 11:18
# Ligazón permanente a este artigo
XXXI Festival de Pardiñas (Guitiriz)
XXXI FESTIVAL DE PARDIÑAS

SABADO 7 DE AGOSTO

- 22:00h BELLÓN MACEIRAS QUINTETO (GALIZA)
- 23:30h ÄL JAWALA (ALEMANIA)
- 01:00h CANTECA DE MACAO (MADRID)
- 03:00h GALEGOZ (GALIZA)

DOMINGO 8 DE AGOSTO

- 12:00h é as 170:30h CÉ ORQUESTRA PANTASMA (GALIZA)
- 13:30 é as 20:00 PELEPAU (GALIZA)
- 20:30h PABLO SEOANE (GALIZA)
- 22:00h XOSÉ MANUEL BUDIÑO (GALIZA)
- 00:00h ALALÉ (IRLANDA)
- 01:30h GÜINTERVAN (GALIZA)

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 11:15
# Ligazón permanente a este artigo
17ª Mostra de instrumentos tradicionais de Pardiñas (Guitiriz)
XVII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL

Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), achégase ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. Este ano a mostra conta coa presenza de 22 artesáns que nos amosarán o seu bo facer, e séguese apostando pola música e polo baile tradicional a través de actuacións en directo, obradoiros e a sempre estimada participación do público presente.

Para levar a cabo esta actividade, este ano contamos coa axuda da Consellería de Cultura e Turismo, Maderas Barber, Comercial Pazos e Seivane-Goretex. Unha colaboración que resulta imprescindible para que a AGG continúe na súa loita de divulgación e dignificación da cultura tradicional.

Durante as xornadas do 7 e 8 de Agosto, e no marco incomparable do Festival de Pardiñas, a XVII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional contará cun programa repleto de actividades.

O Sábado contaremos cun pregoeiro de luxo, Nando Casal, un dos membros fundadores do grupo Milladoiro. Posteriormente terá lugar unha demostración e construcción de gaitas con torno de varas, a cargo do artesán Nebra.Para rematar as actividades do sábado, contaremos coa actuación de Os Minhotos, grupo chairego composto por cinco músicos, que naceu como cuarteto, alá polo ano 96 e que pouco a pouco foi incorporando outros instrumentos da nosa música como o acordeón, a requinta ou a zanfona.

Durante a xornada do Domingo haberá actividades dende a mañá co Concerto Os instrumentos femininos, a cargo de Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos e Xaneco. Xa pola tarde contaremos cunha demostración práctica de instrumentos de corda e percusión a cargo do grupo Diluvea, que está formado por Diego Langarika, Luis Martínez e Beatriz Martínez. O Obradoiro de Baile Tradicional, correrá a cargo de Gustavo Couto, mestre desta disciplina e coautor do libro Bailaben, e máis tarde Pablo Carpintero e Rosa Sánchez serán de novo os encargados de ofrecernos un concerto de repertorio antigo de Pontevedra, que rematará cun obradoiro de Treboada a cargo de Oli Xiraldez.

As actividades previstas para enriquecer a exposición, están enfocadas para que sexan totalmente participativas, así pois haberá un escenario disponible, durante todo o día para todos aqueles músicos que desexen tocar, e aqueles artesáns que queiran falar ou facer algunha demostración da sonoridade dos seus instrumentos.

Van participar estes artesáns:

Lois Mouriño / Obradoiro de instrumentos tradicionais / Compostela
Oli Xiraldez / Gaitas e requintas / Balaide –Teo
Nebra / Gaitas e zanfonas / Porto do Son
Xosé Tuñas / Percusión / Ames
Luis Martínez / Instrumentos de corda / Soutomaior
Pablo Carpintero / Gaitas Requintas e percusións / Santiago
Diego Piñeiro / Gaitas / Palma de Mallorca
Xaneco / Obradoiro de instrumentos musicais galegos / Outeiro de Rei
Diego Langarika / Percusión / Vigo
Che Vázquez / Trompas e instrumentos tradicionais / Brión- A Luaña
Paporrubio instrumentos musicais / Gaitas e frautas / Sarria
Xermán Arias / Luthería e zanfonas / Sarria Afonso Castro / Gaitas / O Rosal
Foliqueiras / Percusión Tradicional / Vigo
Carlos Fandiño / Gaitas / Teixeiro
Cristobal Prieto / Gaitas e frautas / O Hío – Cangas
O Chilro / Percusión e gaitas / Cambados
Roi / Gaitas e requintas / Vigo
Rebollo instruments / Instrumentos de Corda / Beluso
Xaime Rivas / Zanfonas / Vigo
Morenita / Percusión / Laza – Ourense
Roi / Instrumentos de Corda / Pontevedra


Programa:


Sabado día 7

17.00h – Apertura da Mostra
17.30h – Pregón a cargo de Nando Casal
18.00h – Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra
19.00h – Actuación de Os Minhotos
20.00 a 21.30 h – Escenario libre para músicos espontáneos

Domingo día 8

11.30h – Apertura da Mostra
12.00h - Concerto “Os instrumentos femininos” - Pablo Carpintero, Rosa Sánchez, Mª del Carmen Picallos, Xaneco
16.00h - Demostración de construción de gaitas con torno de varas – Nebra
17.00h – Demostración práctica de instrumentos de corda e percusión – Diluvea: Diego Langarika,Luis Martínez, Beatriz Martinez
18.00h – Obradoiro de Baile tradicional - Gustavo Couto.
19.00h – Concerto de repertorio antigo de Pontevedra – Pablo Carpintero ,Rosa Sánchez
20.00h - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez
20.30 a 21.30h - Escenario libre para músicos espontáneos


Tamen O Domingo dia 8 As 13,30
Na Mostra de Instrumentos de Música Tradicional PRESENTACIÓN DO CD “OS IRMANDIÑOS. UNHA VEZ FOI O TREBÓN”, Poemas de Manuel María, interpretados por A Quenlla.

Presentacion do CD “OS IRMANDIÑOS”, no esceario da Mostra de Instrumentos, coa participación de: Marica Campo Miro Casabella Xosé Estévez Xosé Neira Vilas David Otero E unha interpretación do grupo A Quenlla.
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Festa Celta do Lugnasad (Bretoña)
Si, si, ledes ben ... OS CEMPÉS!!
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe popular a Moncho Reboiras.

Programa de actos do 35 aniversario. Homenaxe popular a Moncho Reboiras.

Programa de actos para o día 7 de agosto (sábado) a partir das 19 horas no cemiterio de Imo e no lugar da Cruz do Avelán.

De 19 a 20 horas no cemiterio de Imo (Dodro), homenaxe popular:
Presentación do acto: Anxo Angueira
Inauguración placa_escultura de Acisclo Manzano e ofrenda floral
Lectura do manifesto: Uxía Blanco
Recital poesía de Darío X. Cabana: "Reboiras na lembranza"
Canción: "Nana a Moncho" de Pilocha
Recital de Poesía de Ferrín: "Reclamo a liberdae para o meu pobo"
Interpretación con frauta "Negra sombra" por Xosé Taboada
Interpretación do himno galego polos Gaiteiros de Melide AXOÚXERE

De 20 a 22 horas na Cruz do Avelán (Imo):
MÚSICA:
-MINI e MERO do grupo QUENLLA
-Cantautora PILOCHA
-XICO NA VIRADA
-Intérprete XOSÉ TABOADA e os cantautores PACO CAMPOS e CESAR MORÁN
-GAITEIROS DE MELIDE (AXOÚXERE)

POESÍAS:
Poema 1: "RECLAMO A LIBERDADE PARA O MEU POBO" Méndez Ferrín.
Poema 2: "PORQUE GALIZA ERA UNHA TAREFA DE TODOS" Darío X. Cabana.
Pomea 3: "HOMENAXE A MONCHO" Manuel María
Poema 4: "Compañeiro Moncho" Lois Diéguez.

www.monchoreboiras.org



height="385">

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Gala de Cantigas e Agarimos en Verín

CANTIGAS E AGARIMOS presenta ¡CÓMO CHO CONTO!


Domingo 8 de agosto ás 22:30h ,
Praza de García Barbón, Verín (Ourense)


A piques de celebrar o seu 90 Aniversario, Cantigas e Agarimos pretende con este espectáculo facer chegar ó público a nosa tradición a través do presente, amosando unha pequena escolma do noso traballo diario. Escollidas con mimo as fontes de recuperación entre os maiores, ¡Cómo cho conto! recréa as mellores mostras da ensinanza recibida. A través das súas diferentes seccións (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras), Cantigas e Agarimos presenta un espectáculo de calidade no que máis de 80 persoas tentan trasladar no tempo ao espectador, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames.
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
Ciclo de músicas portuarias en Vilagarcía
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre o Filandón, Foxo e demáis polémicas
O Courel, exemplo paradigmático de abandono da natureza e das persoas que a habitan por parte dos sucesivos Gobernos galegos, acollerá o vindeiro 8 de agosto, na Ferrería de Seoane, no concello de Folgoso, o Filandón de Músicas. A Escola de gaitas do Courel, Pilocha, Alfredo González ou Sons da Eira serán os protagonistas do festival, patrocinado pola Xunta e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo.

Xosé Luís Foxo, director da Escola Provincial de Gaitas e da polémica, -por presentar como galegas gaitas escocesas, como sinalou en repetidas ocasións a Asociación de Gaiteiros Galegos, - Real Banda da Deputación de Ourense e un dos principais promotores do Filandón-, presentou a programación.

O director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, asegurou que o evento"expresa a realidade natural na que vivimos e as emocións que creamos a través do son do noso pobo". Ao acto de presentación tamén asistiu o xefe territorial de Cultura en Lugo, José Carlos Rodríguez. O director xeral definiu á XIII edición do Filandón como "unha festa imposible de vivir en ningunha outra parte".

www.galiciahoxe.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Prehistoria (Mos)
VENRES 6 DE AGOSTO

DÍA DA INVOLUCIÓN: o longo de todo o día irán chegando as primeiras tribos ó poboado da Penacova.
21:00 h.: Proxección das Curtas da Prehistoria e pola noitiña música de charanga e grupo de percusión.


SÁBADO 7 DE AGOSTO – DÍA GRANDE

Pola mañá

OBRADOIROS: Útiles de Pedra, técnicas para facer lume, pintura corporal, elaboración de pan e moda prehistórica para os que chegan sen pelexo.
DEMOSTRACIÓNS: Tiro con arco e tiro con propulsor.
EXPOSICIÓN “HUMOR E ARTE RUPESTRE”. Mostra de viñetas prehistóricas dos debuxantes do país (coa colaboración especial da revista “A RETRANCA”).
TÍTERES: a compañía “TANXARINA” presenta o seu novo espectáculo “Troglodita”.
GASTRONOMIA: Carne ó caldeiro, polbo á feira e asados.

Pola tarde:
ATAQUE NA COVA: Enfrontamento entre as tribos participantes no Penedo da Pucha. Despois da loita o chamán “Tatán” será o encargado de dar a benvida ás tribos participantes, intercambiar agasallos e transmitirnos a mensaxe dos espíritos.
XOGOS OLÍMPICOS entre as tribos e a carreira de relevos “NA PROCURA DO LUME”.
Construción do Monumento Megalítico. LEVANTAMENTO DO MENHIR. ¿seremos capaces de mover unha pedra de 2.000 Kg? ¿e poñela de pé? … que non cho conten, ven a velo.
Pola noite:
RITUAL DE INVOCACIÓN ÓS ESPÍRITOS DA MÁMOA DA PENACOVA.

CONCERTOS de:
- PESDELÁN
- O SONORO MAXÍN
- FALPERRYS


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-08-2010 10:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Mocidade (Taboada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sonsmamede (Rois)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Novo Cruceiro Rock (Vila de Cruces)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Castelo Rock (Muros)
PROGRAMA, SÁBADO 7 DE AGOSTO

Mañá (13h00 – 14h00)
Actuación de Cé Orquesta Pantasma na Praza da Pescadería


Tarde (19h30 – 22h00)
Obradoiro de iniciación a percusión no Curro da Praza (19h30-20h30)
Pasarrúas Trópico de Grelos “ Butake Galego” itinerante (20h30- 22h00)


Concertos (20h30 – 05h00)

Apertura de portas ás 20h45
21h15 Solos
22h15 Raiba
23h30 Lilith
01h00 Ilegales
03h30 Dakidarría
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 10:53
# Ligazón permanente a este artigo
Arroutada 2010 (Cervo-Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Brincadeira (Ordes)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-08-2010 10:51
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer