Os interesados poderán inscribirse no móbil 618 266 878.
Por outra banda, o vindeiro 15 de Agosto, na cafetería Plazoleta da Bandeira ás 22:00 h está programada unha foliada ou session aberta dirixida polo grupo Barravaite. Convidamos aos músicos de tradicional e folk a participar na mesma.
"Camín de Cantares", programa curmá do "Alalá", que tenta amosar parte da cultura tradicional asturiana.
Unha escolma de ?Camín de cantares?, un dos programas da TPA que conseguiron mellores resultados nesta tempada pasada, sae á venda en DVD cos mellores momentos da serie.
?Camín de cantares? está dirixido por Ramón Lluis Bande e apresentado por Xosé Antón Fernández ?Ambás?.
No DVD, que vai venderse como un adianto da futura primeira tempada en DVD, que vai sair nos vindeiros meses á venda, aparecen algúns dos mellores momentos das visitas de Ambás ás casas dos seus informantes.
A escolma inclúe grabacións de Las Murias (Grau), Viodo (Gozón), Villarmeirín (Ibias), Xichón (Cangas), Cuturrasu (Llangréu), Piñera Baxo (L.lena), Val.láu (Cangas), Arangas (Cabrales), Restiellu (Grau), Trabáu (Degaña), Chanos (L.lena), Buelna (Llanes) e Ambás (Grau). Amais o DVD inclúe a relaboración de temas populares a cargo de músicos asturianos.
Camín de Cantares? é unha serie documental inspirada no "Archivu de la Tradición Oral"
na que Xosé Ambás, investigador da cultura tradicional asturiana, actúa como conductor do espazo e realiza unha entrevista en cada capítulo. O programa fai tamén un retrato da vida das mulleres asturianas do mundo rural no século XX. Con elas rescata lendas, contos ou relatos que corren perigo de desaparecer. A serie percorre Asturies de oriente a occidente para amosar a diversidade e riqueza lingüística do asturiano.
Todos os capítulos de ?Camín de Cantares? acaban coa gravación nun estudo dalgún dos cantares interpretados pola protagonista. A gravación destas versións corre a cargo do grupo Tuenda.
O programa convirtiuse dende o primeiro día nun dos máis vistos da TPA, con audiencias entre o 10 e o 18% de cuota de pantalla.
Eí vai un dos programas, o realizado no pobo de Villarmeirin (Ibias), na comarca galegofalante do EO-Navia.
O programa Alalá réndelle homenaxe á música tradicional e aos músicos que a fan posible con dúas galas celebradas no Teatro Colón da Coruña, esta segunda gala, ?De pais a fillos?, será unha grande homenaxe ás persoas que durante dous anos de traballo abríronlle ao equipo do programa as portas das súas casas e das súas vidas. Un agradecemento a aqueles que conservaron unha parte de nós e do noso patrimonio cultural e que fixeron posible que hoxe poidamos dicir que somos galegos. Por iso, esta gala está dedicada ás diferentes xeracións que foron transmitindo ese saber musical e cultural, de pais a fillos, de avós a netos e de mestres a alumnos.
Esta noite Alalá estará con moitos dos personaxes que os acompañaron nestes dous anos como Pandereteiras de Ultreia, Pablo Carpintero, Manuel Viqueira, Malvela, Susana Seivane e o seu avó Xosé Manuel Seivane, Pazos de Merexo, Xabier Blanco, José o Ghaitas, Ultreia, Regueifeiros Pinto e Caruncho, Hermelinda do Muíño e Juanjo Fernández, entre outros. Con eles e co público de sempre que fixo que persoas como Concha de Luneda ou Pazos de Merezco foran líderes de audiencia en prime time competindo con películas e programas nacionais. Por iso, o éxito do Alalá é o éxito de todos os galegos que fixeron que vivir nesta terra teña unha banda sonora propia, e por iso esta noite vai unha homenaxe para todos os transmisores da música tradicional da nosa terra.
A música é a linguaxe universal, por iso esta noite Alalá é máis ca nunca un berro de agradecemento e de agarimo para todos aqueles que fixeron posible a transmisión no tempo dunha música nosa sen complexos. Sen eles hoxe non sería posible falar de muiñeiras, fiadeiros, seráns e moitísimos tipos de manifestacións musicais e culturais que fan de nós un pobo rico en saber popular. É xente anónima que gañou o corazón e o respecto da audiencia cada semana, ata converter o Alalá nun programa líder de audiencia na súa franxa horaria. Eles, os nosos músicos, son os artífices e para eles a gratitude e a homenaxe desta noite, que vai para todos os músicos artistas que nos atopamos, e que nos quedan por atopar polos milleiros de aldeas de Galicia.
Estas galas celébranse como agradecemento ás persoas e grupos, moitas veces anónimas, que lles abriron ao programa as súas portas, facendo que o traballo de todo o equipo fose unha exitosa traxectoria para o docusoap da música tradicional, tanto de audiencia como de crítica.
Así, o espazo obtivo o premio que outorga o programa ?Lume na Palleira? polo seu labor divulgativo da música tradicional galega; premio da Crítica Galega na categoría de música e vén de recibir o premio no ámbito estatal da Academia das Ciencias e das Artes de Televisión.
Como mostra deste éxito, Alalá obtivo na súa última emisión unha media do 22,4 % cunha curva ascendente do 15 % ao 30 %, con picos do 31 %, facendo a TVG líder absoluto na súa franxa horaria, por riba de programas nacionais de gran presuposto.
Todos os 12 de agosto a Unión do Povo Galego (UPG) conmemora o aniversario do asasinato do seu militante Xosé Ramón Reboiras Noia no ano 1975, por disparos da policía franquista no número 27 do portal situado na rúa da Terra, en Ferrol.
Programa de actos
Domingo, 12 de agosto de 2007. Ferrolterra.
En conmemoración do 32 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras
14.00 h. No Concello de San Sadurniño, Xantar Popular* no Mesón ?A Granxa?. Intervervirán:
Secundino García Casal. Alcalde de San Sadurniño polo BNG.
Francisco Xosé Rei García. Membro do Comité Nacional da Unión da Mocidade Galega (UMG).
17.00 h. Visita guiada ao Castelo de Naraío no Concello de San Sadurniño.
19.15 h. No Concello de Ferrol, Concentración na Praza de Armas (diante da Casa do Concello). Saída cara ao portal da rúa da Terra onde foi asasinado Moncho Reboiras e ofrenda floral. Canto da Internacional e baixada até o Cantón.
19.30 h. Intervencións políticas no Cantón:
Ana Vérez Gómez. Membro do Comité Central da UPG.
Rubén Cela Díaz. Membro do Comité Central da UPG.
Francisco Rodríguez Sánchez. Secretario Xeral da UPG e membro da Executiva Nacional do BNG.
Ao remate, canto do himno galego.
20.00 h. Actuación musical a cargo de Xabier Díaz.
*Para recibir información e anotarse chamar antes do xoves 9 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas ao 981 566 609.
Xosé Ramón Reboiras Noia naceu o 19 de xaneiro de 1950 na parroquia de Imo, no Concello de Dodro, nunha familia labrega que como tantas na nosa Patria, tivo que trasladarse á cidade en percura de mellores condicións de vida.
En Vigo e mentras o pai traballaba embarcado, Moncho estudaba o bacherelato e atendía o bar que a súa familia puxera cos seus aforros, cun breve periodo de traballo na construción cando tiña 15 anos. Pouco a pouco vai sentindo no seu propio corpo a opresión nacional de Galiza: o baixo nível de vida do agro, a superexplotación, o conflito lingüístico? tomando conciencia do asoballamento colonial do noso povo.
Posteriormente matricúlase na Escola de Inxeñeria Industrial de Vigo, onde se titula con moi boa calificación. Xosé Ramón, que contaba con grandes simpatías no ambiente estudiantil pola súa seriedade profisional e o seu compañerismo, desempeña un papel moi activo nas reivindicacións do estudantado naqueles anos e na defensa da cultura e dos intereses do povo galego. Daquela é un dos fundadores da revista ?Des?tornillo? que desempeñou un grande papel de concienciación; formando parte do grupo cultural ?O Castro? que aborda ?dentro das dificuldades daquel tempo- o problema nacional galego; e no ano 1969 ingresa como militante na UPG.
Rematada a carreira, é becado pola Escola para facer un traballo de especialización en ?Asteleiros Barreras? ? xeito de explotar aos recén titulados-, alí convive coas masas obreiras e ten ocasión de coñecer a explotación capitalista, situación que aproveita para estudar a fondo os mecanismos utilizados pola patronal (xefes, confidentes..), así como o xeito de combatilos. Neste tempo, 1972, ten lugar a Folga de Setembro e Moncho xoga nela un grande papel revolucionario, tanto de combate como de organizador.
Perdida a beca por esta causa e entregado de cheo á loita pola liberación da Galiza, traballa en ?Alvarez? de Vigo, tendo que deixalo por razóns de saúde xa que ao estar operado de pleuresía o ambiente da fabrica éralle moi perxudicial. Trasladase entón a Ferrol onde traballa en ?Astano? e posteriormente á Coruña entrando como obreiro na plantilla de ?Intelsa?.
Moncho procede por este tempo, por encargo da UPG a organizar o Frente Cultural Galego. É en grande maneira o responsábel do que o Frente Cultural foi naquel entón e do importantísimo papel que desempeñou no panorama cultural de Galiza. Por primeira vez existiu unha coordenadora efectiva entre a maioría das Asociacións Culturais de Galiza e o voceiro do Frente Cultural.
Polas mesmas datas, anos 73 e 74 é un dos organizadores dos grupos sindicais ?as reunións de traballadores- que orixinarian no ano 75 o Sindicato Obreiro Galego (SOG) logo integrado na Intersindical Nacional Galega e antecesor máis lonxano da actual Confederación Intersindical galega (CIG). E a alma do grupo da Coruña que arredor do voceiro ?Xerme? desempeña naquel entón un papel fundamental no camiño cara un sindicalismo especificamente galego. O ?Xerme?, dunha extraordinária calidade, crea un novo estilo dentro da prensa obreira en Galiza.
Tamén é Moncho, membro do Comité Central e do Comité Executivo da UPG, un dos artífices do que a UPG comenza a ser desde o 1972: unha organización proletaria que tendo como guía da sua acción o marxismo-lininismo, é o motor do movimento nacionalista galego. A expléndida realidade actual do nacionalismo é froito do traballo heróico destes anos. A súa morte tronza moi cedo a traxectoria militante deste dirixente pero o Partido, na súa realidade comunista e patriótica actual, é moi consciente até que ponto é debedor do traballo, do pensamento e da vida de Moncho.
Participou, dentro da liña política acordada pola UPG, nun grupo dedicado a dotar de infraestrutura loxística ao Partido, con accións propias da cladestinidade e frente a un estado fascista. Atopandose en Ferrol, onde se estaba organizando a UPG, a Brigada Político Social (BPS) estabelece na noite do 11 de agosto do 75 un control na zona de Canido. Ás 2 da mañán numerosos efectivos da BPS, acompañados de máis de 300 axentes da Policía Armada acordonaron o edificio onde se atopaba con 2 militantes máis que grazas á intervención de Reboiras ?o único que estaba armado- lograron fuxir.
Reboiras logra zafarse da policía durante máis de duas horas, conquerindo finalmente esta darlle alcance no portal da rúa da Terra (onde se lle fai todos os anos unha homenaxe), disparandoo sen opción a outras saidas. A partir dese momento desatase un amplo operativo en toda Galiza coa detención de varios militantes nacionalistas e o exilio a Portugal (xa trunfara a Revolución dos Cravos en Abril do 74) dun nutrido grupo de membros da UPG.
-VENRES 10/08/07
11:00h: Ludoteca "CASTREXA" coa colaboración da Cruz Vermella.
Lugar: Alameda.
19:00h: Apertura da FEIRA DE ARTESANÍA e actuación de Malabares.
Lugar: Praza Maior.
-Animación de Rúas a cargo de BOMBOEMIA (Braga) e dos KILOMBEROS DE MONTEALTO (A Coruña).
22:30h: MILLADOIRO en Concerto.
Lugar: Praza Maior.
24:00h: CONCERTOS.
- ERGON (Ourense) e de RUXE-RUXE (Santiago)
Lugar: Praza do Rubí.
-SÁBADO 11/08/07
11:00h: Apertura da FEIRA DE ARTESANÍA e exhibición de CETRERÍA.
Lugar: Praza Maior.
11:30h: Reunión de clans:
-ROMANOS.
Lugar de Saída: Piscinas Municipais.
-CASTREXOS.
Lugar de Saída: Alameda.
12:30h: Representación Teatral do PACTO e Subida a Castromao.
Lugar: Praza das Pitas.
14:30h: XANTAR CASTREXO.
Lugar: Castromao.
16:00h: Exhibición de CETRERÍA. Actuacións de MALABARES. XOGOS CASTREXOS para maiores e nenos.
Lugar: Castromao.
-Ó remate dos XOGOS, Baixada a Celanova e Concentración diante da Sede da Asociación Cultural Castromao.
Sede: Rúa Castor Elices (Antigo Bar Catro Camiños).
24:00h: CONCERTOS e Animación de Rúas.
-LAPSUS CALAMI (Ourense) e de CORNELIUS (Vigo)
Lugar: Praza do Rubí.
-Animación de Rúas a cargo de BOMBOEMIA (Braga) e dos KILOMBEROS DE MONTEALTO (A Coruña).
No transcurso das excavacións de urxencia, feitas con motivo das obras do AVE, no Castriño de Bendoiro, en Lalín, apareceran tumbas da Idade do Ferro. Só había unha referencia máis ou menos clara na arqueoloxía galega, unha necrópole no Castro de Meirás, na Coruña, composta por setenta foxas escavadas a baixa profundidade, e pequenos silos nos que, nalgún caso, había cinzas.
Experimentando con videoblogging, Xurxo Salgado e Manuel Lago prepararon este pequeno vídeo co que alí atoparon.
Interesantísimo.
Un tema de Nordestin@s, proxecto formado por Ugia Pedreira, Guadi Galego e Abe Rábade, vaise distribuír por todo o mundo a través da revista Global Rhythm. A publicación neoiorquina, que cumpre quince anos dende a súa saída aos quioscos, repartirá este mes de agosto un CD onde se inclúe Ari Ari, do trío galego.
Outra das composicións de Nordestin@s, Romaxe a Santo Andrés, formará parte do libro-disco Mediterráneo, publicado pola editora portuguesa Difference Music. Ademais, o álbum do grupo pódese adquirir dende desta semana na rede a través das principais plataformas. A versión inclúe un tema extra, Se ti queres, que non aparece na versión física do disco.
Esta foi a súa interpretación de "Non sei" e Romaxe a Santo Andrés" na sala Clamores de Madrid, o pasado mes de maio:
A editora de camisolas CARAMUXO (www.caramuxo.com) ven de editar un compilatorio con bandas galegas para agasallar a todos os que merquen algunha das súas prendas.
O disco -titulado "ESCOLMA. Escoita e apoia"- contén 21 temas, todos publicados baixo licenza Copyleft, de xente coma Iribarnes, Skárnio, Galegoz, Ataque Escampe, Quant, Fanny+Alexander, O Leo i Arremecághona ou Colectivo Oruga.
O Instituto de Estudos Miñoranos organiza para mañá xoves a quinta visita guiada por lugares de interese da comarca. O punto de encontro será ás cinco e media da tarde na Casa Consistorial de Gondomar, desde onde haberá que subir en coche ata Regodagua.
O roteiro comezará en Zamáns para coñecer o muiño de maquía e outros lugares de interese como os petróglifos de Auga dá Laxe, a pedra dás procesións, o pantano ou a lendaria cova dá Moura, entre outros.
Os participantes percorrerán unha distancia de seis quilómetros, cunha dificultade media-alta. Hai dous quilómetros de ascenso por camiños de pedra e unha altitude máxima de 450 metros.
Trátase da última ruta que organiza o IEM para percorrer os camiños e lugares nos que en 1936 refuxiouse o deputado miñorano Antón Alonso Ríos, coñecido despois como o Señor Afranio do Amaral.
O xurado do Trofeo MacCrimmon de Gaita, o máis prestixioso galardón mundial de gaita, acaba de escoller a Edelmiro Fernández como o gañador da súa XXII edición, situando en terceira posición outro galego, Alberto Coya por detrás do asturiano Ruben Alba .
Edelmiro Fernández competía por lograr o seu cuarto trunfo en Lorient, batendo a súa propia marca e a de Javier Tejedor, o outro triple gañador no festival intercéltico, mentres que Rubén Alba aspiraba a lograr o seu terceiro trunfo.
O xurado, composto por membros destacados da comunidade musicolóxica, tivo que escoller entre os cinco mellores intérpretes de gaita do mundo, de entre os que unicamente figuraba unha muller; a bretoa Marie Le Cam. Na parte galega compoñían o xurado o coñecido gaiteiro ourensán Ivan Area xunto con José Manuel López, profesor e músico. Ademais formaban parte os asturianos Jorge Areces e máis Eugenio Otero Vega, xunto cos bretóns Armel Denis e Jean Baron.
Polémica en Asturies polas votacións finais
A delegación asturiana non quedou satifeita co resultado das votacións, pois agardaban unha nova vitoria de Rubén Alba. Os votos aos gaiteiros asturianos foron:
Para o xurado bretón (Jean Baron e Armel Denis) Rubén Alba foi 3º na súa lista, Guardado, 5º; Carrera, 6º e Noval, 9º.
Para o xurado galego (Iván Area e José Manuel López) Rubén Alba foi 5º; Noval, 6º; Guardado, 7º e Carrera, 8º.
Para o xurado asturiano (Jorge Areces e Eugenio Otero) Rubén Alba foi 1º; Carrera, 2º; Noval, 3º, e Guardado foi 4º.
Os máis virtuosos en Gaita, Uillean e Higland Bagpipe
O MacCrimmon é un momento moi especial do Festival Intercéltico de Lorient. Nas súas modalidades de Gaita, Uillean e Higland Bagpipe escolle cada ano os mellores intérpretes, que son promovidos polas delegacións de cada unha das nacións celtas que participan nel. Recentemente este Torneo debeu mudar de nome debido ás restricións da lexislación francesa sobre o uso de marcas comerciais.
Con este premio, Edelmiro Fernández é premiado por cuarta vez, converténdose no gaiteiro máis galardoado deste torneo, situándose na elite dos mellores gaiteiros galegos. De personalidade reservada, este gaiteiro imparte aulas no Conservatorio Folque de Lalín, e é director da Banda de Gaitas de Outes, que este ano conseguiu pasar á Primeira Categoría na final da Liga Galega de Bandas de Gaitas.
Clasificación:
1.- Edelmiro Fernandez (Galiza).
2.- Ruben Alba (Asturies)
3.- Alberto Coya (Galiza)
4.- aex, Pablo Devigo (Galiza) et Marco Antonio Guardado (Asturies).
6.- Pablo Carrera.( Asturies)
7.- Hugo Noval (Asturies)
8.- Brais Paz (Galiza)
9.- Marie Le Cam (Bretagne).
Aquí abaixo, unha mostra de como tocou Edelmiro Fernández en Bretaña esta fin de semana:
I CURSIÑO DE TÉCNICAS DE INTERPRETACIÓN DOS GAITEIROS DE SOUTELO
O número de Gaiteiros medra cada día máis en Galicia e con él a necesidade de que na formación musical estean presentes as técnicas de interpretación propiamente galegas, como as dos Gaiteiros de Soutelo e outros grandes intérpretes. O cursiño repasará todos aqueles recursos expresivos que facía do son das gaitas dos Gaiteiro de Soutelo algo característico e os propios alumnos poderán experimentar nel as apoiaturas, os semitrinos, os dúos, etc., coas súas propias gaitas.
O cursiño, organizado polo Concello de Forcarei, será impartido polo gaiteiro Juanjo Fernández.
Bases da Inscripción
1) O Cursiño terá lugar en Soutelo de Montes, o venres 17 de Agosto de 2007, de 12,00 h. a 14.00 h. (teoría) e de 16,00 h a 18,00 h. (práctica).
2) O número máximo de alumnos será de 25 (aceptación por orden de inscripción)
3) O prezo de inscripción é de 10,00 ?, que se abonarán ó comezo do cursiño.
4) A inscripción pódese facer por teléfono (986 755 036), fax (986 754 082) ou por correo-e, facendo constar nome completo, lugar de residencia e idade.
5) O prazo de inscripción finaliza o xoves, 16 de Agosto, ás 24,00 h.
6) Os alumnos virán provistos de gaita, preferiblemente co punteiro adaptado á dixitación pechada.
7) Os alumnos terán xa unha iniciación á gaita para o correcto seguimento da materia.
O vindeiro 18 de agosto do 2007 ás 17:00 h, na Praza do Gaiteiro en Soutelo de Montes, celebrarase o concurso de Música Tradicional "Avelino Cachafeiro" que como cada ano, ten lugar por estas datas.
Trátase dun concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado. A inscrición é totalmente gratuita e deberán recibirse antes do día 10 de agosto de 2007.
Todos aqueles que estén interesados en participar poderan optar ós seguintes premios:
? 1º Premio 1.200 euros
? 2º Premio 900 euros
? 3º Premio 600 euros
? 4º Premio 450 euros
? 5º Premio 300 euros
Bases completas do concurso
BASES DO CONCURSO "AVELINO CACHAFEIRO"
1.?Este será un Concurso aberto, sen cota de inscrición, no que poderán participar tódolos Gaiteiros que o desexen dentro dun único apartado.
2.?As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Concello de Forcarei, e deberán recibirse antes do día 10 de agosto de 2007. Cada Gaiteiro proporcionará coa inscrición (anexo I) debidamente cumprimentado así coma as partituras das pezas a interpretar, o curriculum e a certificación da conta bancaria, segundo o modelo de inscrición que se lle facilita.
A orde de participación será inversa a orde de inscrición.
3.?O número de participantes será limitado a 20 por estricto orde de inscrición.
4.?Tódolos participantes deberán levar o traxe tradicional Galego e ir acompañados dun Percusionista, que poderá utilizar calquera tipo de percusión Galega.
5.?Os Gaiteiros Participantes estarán diante do escenario, na Praza do Gaiteiro en Soutelo de Montes, o día 18 de agosto do 2007 ás 17:00 horas.
6.?Tódolos Gaiteiros teñen a obriga de permanecer o pe do escenario, mentres actúa o Gaiteiro que lle precede.
7.?Os Concursantes farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor, non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso así coma o non achegarse o tempo establecido por cada dez segundos por debaixo dos 4?30? minutos.
8.?O veredicto do Xurado cos Gaiteiros que se clasifican para a Fase Final darase a coñecer ó remate da fase eliminatoria.
9.?Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha Peza obrigada que será escollida dentro do repertorio do Gaiteiro de Soutelo, téndose en conta a fidelidade o xeito de tocala ó Mestre Avelino Cachafeiro, e coa suma destes dous apartados tomarase a decisión final do Concurso.
10.?Para recoller o Premio deberán subir o escenario o Gaiteiro co seu Acompañante vestidos co Traxe Tradicional.
11.?Os Participantes inscritos no rexistro do Concello de Forcarei que non leven premio recibirán en concepto de Axuda ou gastos de desprazamento a cantidade de 40 euros.
12.?O Xurado estará composto por cinco persoas de recoñecido prestixio dentro da música tradicional Galega, e seguirase o sistema de puntuación eliminatorio, contabilizándose así as tres puntuacións medias, anulando a puntuación máis alta e a máis baixa.
13.?A decisión do Xurado será inapelable.
PREMIOS
? 1º Premio 1.200 euros
? 2º Premio 900 euros
? 3º Premio 600 euros
? 4º Premio 450 euros
? 5º Premio 300 euros.
Os Chichisos organizamos ?DIAS DE CAMPÁS E CAMPANEIROS?, con elo queremos dar a coñecer tanto a arte de fabricación das campás como o sistema de comunicación que se produciu e que aínda se produce polo toque das mesmas (avisos de mortes, chamadas a misa, avisos de incendios, etc.).
Tendo en conta que en todo o país só queda un obradoiro de fabricación de campás, totalmente artesán, con orixe en 1630, transmitíndose dende entón este oficio de xeración en xeración nunha mesma familia; e por outra banda cada vez quedan menos campaneiros que sexan coñecedores dos diferentes toques ou sinais para comunicar os distintos acontecementos sociais, sendo sustituídos por aparellos electrónicos que desenrolan a labor de tanxer as campás, ao mesmo tempo que os cidadáns tamén estamos a perder a costume de, ao escoitar, identificar o que se pretende transmitir.
Nº DE PRAZAS: 25
PREZO: 10 ?
TELÉFONO DE RESERVAS: 676.842.942
LUGAR DAS ACTIVIDADES: IGREXA PARROQUIAL DE TOMEZA - PONTEVEDRA
Non se que ten n-o badal
a campá d`a miña aldea;
si a sinto âs doce, relouco;
si ô anoitecer, dame pena.
LEIRAS PULPEIRO
Comeza a segunda fase de A polo ghit 2007, o concurso que anda na procura da canción do verán e que organizan Vieiros e a Radio Galega.
O xurado xa escolleu os dez finalistas, e os internautas podedes votar entre eles e seguir a escoitar todas as propostas recibidas. O 18 de agosto coñecerase o tema gañador.
Xa están abertas ás votacións entre os dez escollidos na web de A Polo Ghit! Tamén se poden seguir escoitando e descargando os outros 42 temas que se presentaron ao concurso. Como xa pasara coa escolla dos finalistas, o xurado terá en conta a decisión dos internautas, que tamén servirá para desfacer posíbeis empates.
Finalistas de A polo Ghit 2007
Snatch: Bikos from Madeira
Sacha na Horta: Biocultivos
Chupadeskay: Guachin in the sky...
Pandeiromus: Mira como canta
Mordecans: O son do Son
Kogito: 8 que 80
Amacuca: Pinguinha
Magín Blanco: Ti es de aquí ou viñeches á festa?
Jabón Blue: Tranquilo, viejo
Os Forfiestas: Verbenero
O vindeiro 11 de Agosto en Froxán varios colectivos sociais galegos (SOS Courel, Asociación Fonte do Milagro, Burla Negra, Rede de Acción Socio-Cultural Arredemo e a Federación Ecoloxista Galega) convocan unha xornada de loita festiva en solidariedade cos colectivos do Courel que están a defender a serra contra a ameaza de espolio e destrución patrimonial que pode supor a legalización masiva de canteiras por parte da Xunta e a mínima expresión á que vai quedar reducido o Parque Natural do Courel.
A xornada contará con distintas actividades como o Roteiro da Arte, a proxección dos documentais "As Encrobas a ceo aberto" e "O Salario do Silencio" sobre o conflito de Reganosa, Charlas e debate con científicos e ecoloxistas, Animación na Eira para nenas e nenos e a Ultranoite Obelix e Cia especialmente adicada a SOS CAUREL coa participación de diversos e diversas artistas, como Os da Ría, Pablo Trasno, Chévere, O Mago Romarís, Mónica García, Os Cantos Rodados, Bernardo Martínez, Clara Gayo, Carlos Santiago, Expo e o Último Uruguayo, Blanca Novoneyra, Comba Campoy... Le de seguida o comunicado e súmate á convocatoria.
Comunicado e Convocatoria
A Serra do Courel atópase en estado de emerxencia. A causa dunha política cada día máis incomprensíbel por parte da administración galega, unha das contornas naturais máis sobranceiras de toda Europa vese ameazada pola construción de cincuenta novas canteiras que se sumarían así á ducia de pizarreiras xa existentes, ilegais ata o de agora en moitos dos casos ou sen garantías medioambientais, e consolidadas pola administración como feitos consumados. Na Xunta de Galicia néganse a recibir ás asociacións veciñais e culturais que se opoñen a este despropósito proxectado nun territorio declarado Espazo Natural en 1989 e incluído na Rede Natura desde o 2000. A Xunta vén de reducir o Parque Natural previsto a menos dun sétimo do Macizo Montañoso do Courel, deixando o resto do territorio a mercé dos mercaderes que contra un aproveitamento sostíbel da lousa e un auténtico beneficio económico da comunidade courelá pretenden furar a serra para espoliar as vetas de pizarra, caliza e outros materiais destruíndo sen contemplacións o noso patrimonio natural e cultural e envorcando todo o refugallo e o escombro xerado sobre a indiferenza cidadá. Sen dúbida o cambio político vaise encher no Courel de auténtico contido mudándolle a faciana para sempre ao vasto templo reverenciado no seu día por Uxío Novoneyra, como ben lembraba Xosé Manuel Beiras hai pouco tempo nunha serie de artigos sobre a proxectada desfeita.
LUNS 6 (xornada dedicada ó medio ambiente)
- 19h: Obradoiro de reciclaxe, no parque do Concello (Bueu)
- 21h: Proxección do documental 'Una verdad incómoda', de Al Gore, sobre o
cambio climático, no Centro Social do Mar (Bueu)
MARTES 7
- 19h: Mago Tachán, na praia de Lagos
- 21h: Charla sobre a recuperación da memoria histórica, en colaboración con
Amigos de Johan Carballeira, na Casa do Pobo de Beluso
MÉRCORES 8
- 19h: Mago Tachán, no chiringo de Pichurri, na praia de Area de Bon
- 21h: Charla sobre astronomía, na Casa do Pobo de Beluso, coa colaboración
da Asociación Sirio
Observación astronómica, en Cabo Udra
XOVES 9
- 21h: Sesión sobre comercio xusto, en colaboración coa ONG Amarante.
Proxectarase o filme 'China Blu' no bar O Couto (Beluso)
VENRES 10 (Udra)
- 10.30h: Ruta de sendeirismo por Cabo Udra, con saída dende o aparcadoiro
de Chan de Esqueiros
- Á tardiña: Obradoiro de baile tradicional
- 22.30h: Concertos: Los Pulseritas, Os Cempés, La Familia Iskariote,
Pulpiño Viascón
SABADO 11 (Udra)
- 11h: Sesión vermú amenizada por Ludovaina, con mexilloada
- Pola mañá: Xogos populares
- Pola tarde: Obradoiros
- 22.30h: Concertos: Malas Pulgas, A Gran Treboada, El Combolinga e Zënzar
Esta é unha relación dos grupos que van representar a Galiza no Festival Interceltique de Lorient 2007, do día 3 ata o 12 de Agosto, este ano adicado a Escocia:
- FIA NA ROCA
- DANIEL BELLON & DIEGO MACEIRAS
- LUAR NA LUBRE
- GRUPO DE DANZAS DONAIRE
- BANDA DE GAITAS (TRADICIONAIS) DO CONCELLO DE OUTES
- BANDA DE GAITAS (TRADICIONAIS) ESTIVADA DE CALO
Ademais hai unha sección de solistas para o Trofeo Mac Crimomm:
Tamén teremos participación dun xurado galego para este concurso, composto por:
- IVÁN AREA
- JOSÉ FERNÁNDEZ (JOSELE)
Outro punto interesante do Festival e o Trofeo de música celta « CIDRERIE DU TERROIR », este concurso ten por obxeto promover grupos de música e canto, aficionados ou profesionaies, inspirados polo fondo tradicional dos « paises » Celtas, e tendo unha expresión orixinal e contemporanea.
Contaremos ademais co stand do obradoiro Seivane, Presedo e un stand de Turgalicia.
O duo Daniel Bellón & Edelmiro Fernández van a participar, xunto coa orquesta do Fil no concerto « L?EPOPÉE CELTIQUE » do compositor Escocés Eddie McGuire.
Pablo Seoane vainos a presentar ó seu novo grupo e moitas mais novidades que non vos podedes perder.
O recente nomeamento de Benigno López González como novo Valedor do Pobo, por decisión unánime do Parlamento galego, foi saudado polos meios de comunicación coa divulgación dun haxiográfico currículum vitae, no cal chamaba a atención que o maxistrado ?está en posesión de todos os cursos de galego e o coñecemento deste idioma, como lingua cooficial do Estado, foille recoñecido como mérito preferente?.
Para algúns xornais, como o ABC, ter feitos estes cursos concedíalle un ?profundo coñecemento do galego?. Infelizmente, a suposta pericia lingüística do novo Valedor foi desmentida na súa primeira entrevista á TVG, onde se desenvolveu coa habilidade dun Pérez Touriño ou unha Sánchez Piñón, como comenta José Manuel Outeiro no seu blog O Reverso.
Este galego impotente e gaguexante das elites políticas e funcionariais do noso país é un fiel reflexo da importancia que conceden á lingua: o galego está ben cando che serve de mérito para ascender na carreira xudicial, máis o seu uso na Administración de Xustiza pode ser ?en certo modo, perigoso?. O galego é unha lingua ?tremendamente fermosa?, máis se no ensino é esixido ao mesmo nível que a Matemática, a Historia ou a Literatura (española, é de supor) os alumnos adquirirán ?unha animadversión frente ao idioma, en vez de lle tomar cariño?. Estes exemplos, que algúns xulgaredes esaxerados e caricaturais, son citazóns literais das palabras do Valedor do Povo en dúas entrevistas publicadas o 31 de xullo de 2007 nos xornais La Opinión de A Coruña e La Voz de Galicia.
Benigno López, que como maxistrado do TSXG asinaba as sentenzas ?en la Ciudad sede de este Tribunal? por non escreber A Coruña, ten o mérito de non disimular os seus preconceitos sobre o galego, unha lingua que acha ?perigosa? na Administración de Xustiza por considerala practicamente inhábil para transmitir pensamentos complexos: ?Non é o mesmo ?delitos contra el honor? que ?delitos contra la honra? e porén, ?honor? e ?honra? en galego son o mesmo termo?. Este xénero de declaracións, que ditas a título individual xa serían reprobábeis, son inadmisíbeis nunha institución que ten a función legal de tutelar os direitos individuais e colectivos emanados do Estatuto de Autonomía. O título deste artigo pode ser unha pregunta que moitos galego-falantes dirixan aos membros do Parlamento: señorías, quen nos vale a nós do Valedor?
4 de agosto ?XIX Festa da Muiñeira?
Pola tarde na Praza de España, actuación dos grupos de baile ?Nosa Terra?, ?Trompos os pés?, ?Ballet Folclórico Boirense? e ?Cear Castromao? (de Mondariz).
Pola noite concerto de ?Brath?.
4 e 5 de agosto: ?XX Festa dos Oficios Artesans?
46 expositores repartidos por toda a rúa que vai en dirección ao Pavillón de Deportes.
A ?Asociación Cultural Os Abrentes de Cerdedo? (Cerdedo-Pontevedra) quere anunciar que xa está aberto o prazo de matrícula para inscribirse no ?II Curso de Música Tradicional?. A inscrición a estes cursos non ten data límite e terán o seu remate a finais do mes de Xuño do 2008.
Impártense tódolos Sabados e cada clase terá unha duración aproximada dunha hora.
O abono da cota de socio ou matrícula farase no momento da inscripción. As cotas mensuales restantes pagaranse ao comezo de cada mes a través do seu banco sen cargo adicional por gastos de domiciliación. As diferentes modalidades son: gaita galega, solfexo, percusión tradicional, pandeireta e canto, baile tradicional e acordeón.
A Compañía de Radio Televisión de Galicia prepara un novo concurso, ?Buscando estrelas?, que xurde tras o éxito obtido polo programa ?Son de Estrelas?, presentado por Teté Delgado.
Dentro do concurso, haberá tres categorías diferentes: baile de salón (por parellas), humoristas (individual) e música tradicional. Os concursantes da categoría de música tradicional deberán ser parellas de Gaiteiro e Percusionista, e neste caso o percusionista poderá elixir o instrumento que prefira: tambor, tamboril, pandeireta, tarrañolas, etc.
Ademais das aptitudes amosadas en cada disciplina, valoraranse aquelas cualidades que fagan ao concursante atractivo para o espectador: carácter desinhibido, sen complexos, capacidade para mobilizar a veciños e amigos, etc...
O CASTING ESTASE PLANIFICANDO PARA A SEMANA DO 6 Ó 10 DE AGOSTO.
Todos os interesados pódense poñer en contacto con Fernando (655 279 858) ou solicitar mais información nos teléfonos seguintes: 629 281 245 / 629 611 068
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º , o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo, ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
1. Gonzalo Manuel Abelairas Lemos (Ourense)
2. Brais Monxardín López (A Fonsagrada - Lugo)
3. Bruno Villamor Gay (Lugo)
4. Ricardo Manuel Mouriño Freire (Narón ? A Coruña)
5. Pablo Devigo Vázquez (Castrocaldelas, Ourense)
Premio ?Gaiteiro de Soutelo?
Punto nº 5 do XVII Concurso de Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, 1º o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas ó Premio ?GAITEIRO DE SOUTELO?, convocado pola Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia, en colaboración co Ateneo Ferrolán, para promocionala participación da Galicia do Exterior, no Concurso de Gaita Galega ?Constantino Bellón?, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo,ACORDOU, por unanimidade selecciona-los seguintes finalistas:
1. Jordi Torres (Bos Aires - ARXENTINA)
2. Raúl Lacilla Crespo (Barcelona - ESPAÑA)
3. Manuel Gómez García (Altza-Gipuzkoa- ESPAÑA)
4. Daniel Lumbreras Rodríguez (San Sebastián ? ESPAÑA)
Concurso Composición para Gaita Galega Solista
Punto nº 9 do Concurso de Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena 202-204, 1º o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez analizadas a totalidade das composicións presentadas ó mesmo, ACORDOU, entregar ó PREMIO de Composición para Gaita Galega Solista a:
PABLO DEVIGO VÁZQUEZ
pola partitura Fantasía para Gaita e Piano ?TROULA PARA CONSTANTINO?
Asdo.- Víctor Fernández Gabeiras Asdo.- Cristina Meizoso Alonso (Presidente do Xurado) (Secretaria)
SELECCIONADOS PARA A FINAL do XVII CONCURSO DE GAITA GALEGA ?CONSTANTINO BELLÓN?
a celebrar o día 31 de agosto de 2007 no Teatro Jofre de Ferrol
En Ferrol, o día 30 de xullo de 2007, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204, o XURADO do XVII Concurso de Gaita Galega ?CONSTANTINO BELLÓN?, composto por:
- D. Víctor Fernández Gabeiras
- D. Xesús Vaamonde Manteiga
- D. Xavier Rodríguez Fariñas
- D. Pablo López Torneiro
- D. Xoán Rodríguez Silvar
e actuando como secretaria, sen voto, Dona María Cristina Meizoso Alonso, unha vez escoitadas e valoradas a totalidade das pezas presentadas a concurso, así como examinadas as partituras que se requirían para participar no mesmo, ACORDOU, por unanimidade seleccionar aos seguintes finalistas:
Premio ?Constantino Bellón?
1.-Gonzalo Manuel Abelairas Lemos (Ourense)
2.- Brais Monxardín López (A Fonsagrada - Lugo)
3.- Bruno Villamor Gay (Lugo)
4.- Ricardo Manuel Mouriño Freire (Narón ? A Coruña)
5.- Pablo Devigo VázquezCastrocaldelas, Ourense
Premio ?GAITEIRO DE SOUTELO?
6.- Jordi Torres (Bos Aires - ARXENTINA)
7.- Raúl Lacilla Crespo (Barcelona - ESPAÑA)
8.- Manuel Gómez García (Altza-Gipuzkoa- ESPAÑA)
9.- Daniel Lumbreras Rodríguez (San Sebastián ? ESPAÑA)
Festival Intercéltico de Moaña
3 Agosto: Blima (Asturies), Serra-lhe aí!!! (Galiza) e Korrontzi (Euskadi)
4 Agosto: Pé de boi (Galiza), Mercedes Peón (Galiza) e Quempallou (Galiza)
5 Agosto: Xochilmica (Galiza) e Oskorri (Euskadi)
III Festival Folc Praia de Ézaro (Dumbría)
3 agosto: Fibela (da Escola Municipal de Pandereteiras de Dumbría), Fol Baleiro e Berroguetto ás 23:00
XI Festa Celta do Lugnasad (Bretoña-Lugo)
3 agosto: Stranniki (Rusia-Galiza), Linho do Cuco (Galiza), Os Carunchos (Galiza)
Festival Arranchando Culturas - Burela (Lugo):
4 agosto:Oskorri (Euskadi), David Pasquet (Breizh), Dios Ke Te Crew (Galiza)
Festa da Carballeira de Zas
4 agosto: Radio Cos (Galiza), Llan de Cubel (Asturias), Solas (Irlanda - EEUU), Sharon Shannon (Irlanda) e Pepe Vaamonde Grupo (Galiza)
Festival Pardiñas (Guitiriz)
4 agosto: Ghaita Depedra (Galiza), Os Cempés (Galiza), Korrontzi (Euskadi) e Os Tres Trebóns (Galiza)
5 de agosto: Dazkarieh (Portugal), Xuaco Amieva (Asturies) e Elzef (Franza).
A Noite do Trasno (Beluso)
10 agosto: Los Pulseritas (flamenco-fusión), Os Cempés, La Familia Iskariote (ska-reggae) e Pulpiño Viascón.
11 agosto: Malas pulgas (Punk), A Gran Treboada (Os Tres Trebóns e Jarbanzo Negro) e El Combolinga.
Festival Músicas da Terra en Ouzande (A Estrada)
10 de agosto: Faltriqueira, Banda Potemkin, Retrouso e lúa de Fouce
Celtirock Festival (Montalegre-Portugal) 10, 11 e 12 agosto: ADIADO
XII Festival "As nosas músicas" de Couso (A Estrada)
14 agosto: Serra-lhe ai!!!, Banda Potemkin e Festicultores
Esmorga Folc (Bandeira-Silleda)
17 agosto: Raigañas, A Gaita de Sarandón, Xochilmica, Anxo Lorenzo, John Mcsherry e Banda Potemkin
Festival Irmandiño de Moeche
17 agosto: Os Chiquilicuatres, Clan Maragato e Cuchufellos
18 agosto: Balakandra, Pepe Vaamonde Grupo, Os Cempés e Triquel
Festival O Pino Folk (carballeira de vimieiro-lardeiros)
18 agosto: Regueifeiros (Luis e Benito), A requinta de Xián, Os Carunchos
Festival do Castro - Ferreira de Pantón (Lugo)
18 agosto: Os Festicultores Troupe, Sérralle aí!!, Dandy Fever, Che Sudaka, Bob de Rage Sense e Toñito de Poi.
Festival de Vilariño (Hío)
18 agosto: Treixadura, Guezos e A Compañía do Ruido
Festival Lúa Meiga (O Viso)
25 e 26 Agosto: Pradairo, Treixadura (+ Orfeón) e Tiruleque
Unha banda de gaitas de Ourense, a da Carballeira, gañou a que será última edición da "Liga Galega de Bandas de Gaitas". Non haberá máis, pois o ano próximo denominarase "Liga Ibérica". Anunciouno o seu promotor, Xosé Luís Foxo, quen destacou que a metade das bandas proceden doutras comunidades autónomas e de Portugal.
Esta edición tamén premiou a Clemente Pérez polo seu labor organizativo. Os 2.500 músicos asistentes puideron gozar das 4.500 racións de bica que se repartiron na súa festa.
O futuro da música tradicional está asegurado. Afirmouno Xosé Luís Foxo nada máis rematar a final da "XVII Liga Galega de Bandas de Gaitas". O promotor do campionato e director da Real Banda de Gaitas dá Deputación resaltou a enorme calidade adquirida polos músicos desde que o certame comezou a súa andaina.
Tamén aludiu á cada vez maior presenza de bandas de gaitas procedentes doutras comunidades autónomas e de Portugal. Ante esta sa "invasión", Xosé Luís Foxo adiantaba que o ano próximo non haberá "Liga Galega", pois o campionato adquire carácter peninsular e pasará a denominarse "Liga Ibérica de Bandas de Gaitas". Neste sentido, Foxo comentou que "a porcentaxe de bandas de fóra é o 50% e hai de Portugal, Asturias ou Murcia, entre outras procedencias".
Se o seu anuncio confírmase, unha banda de Ourense, a da Carballeira, poderá presumir de ser a última que gañou a liga galega. A súa calidade foi palpable desde o primeiro momento, eliminando competidores ata reducilos a unha soa agrupación, a asturiana de Villaviciosa, que gañou a edición anterior.
Aínda que no primeiro grao a loita polo triunfo final concentrouse en dúas bandas, nos restantes a clasificación estivo máis aberta a todos os participantes. Ao final, o segundo grao gañouno a portuguesa "Sao Bernardo de Aveiro" e o terceiro "Nova Fronteira & Cartelle Junior". As vitorias en cuarto e quinto graos foron para o "Concello da Gudiña" e para a portuguesa de "San Vicente de Barrantes". Ao final, os alcaldes de Trives e Manzaneda cederon a testemuña á tenente alcalde de Hospitalet, Ana María Prado, que acollerá a proba de decembro.
Foron centos de persoas as que se reuniron onte a 1.778 metros de altitude. Un amplo dispositivo da Garda Civil -postos de Trives e O Barco, Seprona e equipo de Montaña-, apoiados polos voluntarios de Protección Civil de Trives puxeron orde no aluvión de vehículos chegados á zona superior da estación de montaña. Tamén axudaron ás vítimas das picaduras de avispas e dos mareos. Estes últimos padecéronos varios gaiteiros, que non soportaron a combinación da calor, a tensión competitiva e as pezas abrigadas.
As persoas que se congregaron nos cumes de Manzaneda non só gozaron co espectáculo das bandas de gaitas, tamén puideron degustar gratuitamente a exquisita sobremesa típica da gastronomía trivesa: a bica. A organización preparou 4.500 racións, que foron repartidas entre os asistentes. Tamén se preocuparon do seu acompañamento, entregando 3.000 chupitos de licor café. Pero para conseguilos, foi necesario facerse un oco nas longas colas organizadas ante o expositor montado pola organización. Ao final, o prezo pagado coa espera resultou ser moi barato para quen saborearon a sobremesa tradicional.
O campionato das bandas de gaitas e a "Festa da Bica" son organizadas polos concellos de Trives e Manzaneda. O alcalde de Trivés, o independente Francisco José Fernández, aposta pola súa continuidade na zona. "É un evento moi importante e faremos o posible para que non se marche", dixo. Ao seu lado, o socialista e tenente alcalde de Trives, Francisco do Río, corroborou que "é unha iniciativa moi importante para a comarca". O rexedor trivés aludiu a unha maior implicación da estación de esquí, coincidindo co seu homólogo de Manzaneda, José Antonio Núñez. "Queremos que Meisa involúcrese e que vos cambios sexan para ben", dixo.
Snatch, grupo gañador do concurso, comparte cartel con Lamatumbá e Matraca Perversa no Millarock 2007 ás 21:00 h no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro.