Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XXI Festival da poesía no Condado

Seguimos de vacacións...Puxa Asturies!!!
Graciñas por todo Ambás, unha aperta dos teus amigos galegos.

Un clásico dos clásicos que non podía deixar pasar esquecido:

PROGRAMA DO XXI FESTIVAL DA POESIA NO CONDADO
do 30 de agosto ao 1 de setembro 2007. salvaterra de minho.

Corta feira (Xoves) 30 de Agosto

19.30 Abertura de Exposiçons
Covas de Dona Urraca / CASA DO CONDE
Pintura
- Delia Rodríguez
- Erica T. Fresco
- Cora Vidal
- Clara Salamanca Fernández
- Sarai Fernández Márquez
Projecçom
Reportagem do fotógrafo Alberto Prieto.
Video-poemas
Lara Bacelo, Maria Lado, Davide e Estevo Creus, Ledicia Costas, Dani Raatzke e Cuco Pino
Fotografia
O barco da memoria
Exposiçom
Sobre o periódico ?A Voz do Condado? (1977-1979)

20.30 Projecçom de Audiovisuais
Casa da Cultura
Líster, pronunciado Liste
(Margarida Ledo Andión, 2007)
Curtas premiadas no festival de Cans

22.30 Noite portuguesa
Covas de Dona Urraca
Filipa Pais
-Aforo limitado
-Entrada 10 ?
- Ao remate, tentempé de meia-noite

Sexta feira (venres)31 de Agosto


20.30 Projecçom de Audiovisuais
Casa da Cultura
Bs.As.
(Alberte Pagán, 2006)
Curtas premiadas no festival de Cans

22.30 Festa Jovem
ZONA DAS MURALHAS
Apresenta Carlos Santiago
- Galegoz (Galiza)
- Boom Club (ex-Spook & the Guay) (França)
- Peste & Sida (Portugal)
- Obrint Pas (Països Cataláns)

Sábado 1 de Setembro

11.00 Marcha popular
- Charanga
- Murga Os 6 do Condado
- Gaiteiros Bailía
- Concerto da Banda de música de Salvaterra

Feira Popular

Artesanato
- Cesteiros, zapateiros, cabaqueiros, instrumentos tradicionais...

16.00 Festa infantil
Praça do castelo
- Troula Animación: zancudos, animaçom de rua...
- Obradoiros: maquilhagem, globoflexia, barro...
- Comboio de baixa velocidade
- Ultraligeiros: Clube Meteoro

19.30 Festival Poético-Musical
ZOna das muralhas
- Apresenta Miguel de Lira e membros de Chévere

Poetas
- Marica Campo
- Celso F. Sanmartín
- Roi Vidal
- Daniel Salgado
- Manuel Outeiriño
- Raida Rodríguez
- Koki
- Ana Romaní
- Lucía Novas
- Celso Álvarez Caccamo
- Pedro António Ribeiro (Portugal)
- Delmar Maia Gonçalves (Moçambique)
- Xabi Borda (Euskal Herria)
- Jon Benito (Euskal Herria)
- Pau Gener Galin (Països Cataláns)

Grupos musicais
- Xarin (Galiteiros do Íncio)
- Marful (jazz-band, Galiza)
- Mercado Negro (reggae· Portugal)
- Dany Silva (Cabo Verde)

Serviços
- Zona de campismo
- TRANSPORTES GRATUÍTOS
Sexta e Sábado (ida e volta)
1 ? com copo ecológico
Comboio
Desde Vigo com paradas em Redondela, Porrinho e Guilharei
Comboio
Desde Ourense com paradas em Ribadávia e As Neves

Autocarros
Desde Mondariz com paradas em Ponte-Areias e Fornelos
Desde Tui com paradas em Caldelas e Salzeda

http://www.scdcondado.org/festival.htm#programa

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 30-08-2007 18:05
# Ligazón permanente a este artigo
II Festa da Pandeira

Xa sei que estou de vacacións...
Unha aperta a tod@s e saudos dende Asturies
Henrique

Máis información do encontro:

http://www.agaitadofol.com/Acontecimentos/IIFestadaPandeira.php
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 24-08-2007 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
O blog Malmequer toma vacacións
Tomamos uns días de descanso e para a volta haberá novas novidades no blog, novo deseño e

Atención!!!
borraránse todas as fotos da tempada pasada para deixar paso a unha nova tempada de seráns e foliadas,

Así que xa sabedes, é a derradeira oportunidade de visionar ou descargar as fotos e sorrir cos seus comentarios.

Seráns

? Serán da Ermida
? Serán de Arbo
? Serán de Borreiros
? Serán de Donas
? Serán de Fozara
? Serán de Gargamala
? Serán de Lourido
? Serán de Moreira
? Serán de O Fiadeiro" (Vigo)
? Serán de Oliveira
? Serán de Pontevedra
? Serán de Redondela
? Serán de San Vicente de Oitavén
? Serán de Valadares
? Serán do Carballal
? Serán dos Namorados de Toutón

Festas e foliadas

? Carboeiro 2007
? Cea Amalghama-Malmequer
? Cea bloqueira no Furancho da Balsa
? De furanchos por Matamá
? Entroido 2007
? Festa do Millo Corvo 2007
? Festa dos Maios
? Foliada no Faisca
? Peche campaña cos Festicultores
? Reconquista 2007
? San Brais 2007
? Un día no Verdugo
? Unha noite cos Chichisos
? Unha noite no Muiño (Amalghama)
? 1º Maio 2007


Deixamos ligazóns para as novas que tiveron certa POLÉMICA, para que durante estes días vos poñades ao tanto de todo o que aconteceu por detrás do blog e por se queda algo por dicir...

? VIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Vigo)

? Resultados do Concurso Azaloira 2007

? Grupos finalistas do XXVIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

? Resultados do XXVIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina

? "Meniño" e "Isue" versión 10.0 da Revolución Boliviarana


Un saúdo a tod@s e até a volta!



Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 21-08-2007 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Botando unhas risas
Xa que imos tomar uns días de relax deixamos uns videos para botar unhas risas.

Carlos Blanco falando das festas galegas



O surrealismo dos Tonechos e Mobles Mendoza

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 21-08-2007 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Anacos de Buxo no Museo Liste
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)

O sábado 25 de agosto: Anacos de Buxo (Cuarteto tradicional)
pola mañá ás 12:30 na finca do Museo Liste (Rúa Pastora 22, Vigo), entrada de balde

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-08-2007 16:14
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Pablo Devigo
Pablo Devigo Vázquez acaba de gañar este sábado o IX concurso de música tradicional "Avelino Cachafeiro" celebrado en Soutelo de Montes, dentro da XXVIII Festa do Gaiteiro.

Este virtuoso gaiteiro nacido en Castro Caldelas, xa gañou con tan só 17 anos concursos tan prestixiosos como o "Ricardo Portela" en Viascón, ou o "Manuel Villanueva" en Poio. O cuarto lugar acadado no Trofeo MacCrimmon, considerado o máis importante do mundo, é posiblemente o seu maior logro a día de hoxe.

- ¿Que significa para vostede gañar o concurso que leva o nome de Avelino Cachafeiro, por diante de gaiteiros do prestixio de Edelmiro Fernández ou Óscar Ibáñez?
- Gañar un certame en Soutelo de Montes ten unha carga simbólica importante. Facelo nese entorno cultural marcado pola figura do Gaiteiro de Soutelo é para min un honor. Despois das oito horas de ensaio diarias, de traballar moito sobre o intrumento e das horas de viaxe é moi satisfactorio ter unha recompensa. Axuda moito gañarlle ás figuras as que lle vin de gañar. Iso tamén simboliza o cambio xeracional que se está vivindo no mundo da gaita.

- Todos os gaiteiros louvan a figura de Avelino Cachafeiro a prol da música tradicional galega, ¿en que cre vostede que influíu a figura do Gaiteiro de Soutelo na música galega?
- Avelino Cachafeiro é o referente. Sobre el recae a figura do virtuoso, a súa técnica e expresividade son totalmente actuais. Noutras nacións con gaita tamén existe esta figura, en Asturias pódese falar de Remis Ovalle, que tamen é a figura do virtuoso e ademais son máis ou menos coetáneos.

- Por Soutelo pasaron grandes gaiteiros, e podemos dicir que o que gaña aquí ten o título oficioso de mellor gaiteiro de Galicia. ¿Esta vitoria supón a súa consolidación como gaiteiro? ¿Cal cre que é o papel que está chamado a realizar no mundo da gaita?
- Para min é un recoñecemento aos anos de traballo. Pensa que eu collín unha gaita por primeira vez cando tiña sete anos, de feito teño a clavícula un pouco deformada de ter o ronco enriba. Hoxe en día non se sabe a liña que vai tomar un, pero eu sei que me quero dedicar á música e isto, se cabe, reafírmame no meu cometido. Por suposto que é algo importante porque as figuras da gaita galega que triunfaron no seu momento pasaron por este concurso: Edelmiro gañou no 2003, Dani Bellón desde o 2004 ao 2006.

- ¿Como un rapaz de 17 anos consegue gañar un concurso coma este e queda cuarto no Trofeo MacCrimmon, posiblemente o máis prestixioso?- No MacCrimmon todo é moi complicado, incluso se pode dicir que é pura política, tampouco me podo meter moito. É nestes concursos, ao pé do canón, con público e acompañado de percursionista onde realmente se mide a calidade do gaiteiro. Son moitas horas de traballo e moitos concursos rodados. Levo concursando desde o 2003, e xa participei en todos os concursos que hai en Galicia.

- Este ano o pregoeiro da Festa do Gaiteiro foi Xosé Manuel Seivane. ¿As súas gaitas son deste artesán ou doutros?
- Eu traballo con Seivane, tamén teño gaitas doutros artesáns, pero as gaitas coas que concurso actualmente son todas de Seivane.

- Para un profano, en Galicia só hai catro gaiteiros: Carlos Nuñez, Budiño, Susana Seivane e Cristina Pato. ¿Non cre que o mundo da gaita lle debería dar a oportunidade a novos profesionais?
- O relevo xeracional estase dando, o que pasa é que nos topamos fronte unha parede. Hoxe en día a preparación dos gaiteiros é moi superior á de hai unhas décadas. Pensa que hai gaiteiros que están rematando musicoloxía en Oviedo, son xente que se está preparando, pero o mercado é bastante reducido. Aquí non pasa o mesmo que en Asturias onde hai moitos festivais e as discográficas vólcanse con este tipo de música e hai xente que vive diso. En Galicia non sei por que estraño motivo existen catro núcleos, que son os máis mediatizados e o resto está bastante parado.

- ¿Cre que a música folk se está consolidando ou que a época de explendor vivida nos anos pasados chegou ao seu fin?
- Está claro que o boom pasou, pero tampouco vai a menos. O que está claro é que en Galicia a música tradicional está arraigada, as asociacións culturais están profundamente arraigadas. Un dato importante é que cada vez hai máis mulleres gaiteiras, estanse rompendo prexuízos, cada vez hai máis bandas tradicionais e, se todo segue o seu curso, en teoría o mercado discográfico debería tamén medrar.

- Como ourensán, ¿como vive a polémica existente entre os seguidores máis ortodoxos da música tradicional e os da Real Banda de Gaitas de Ourense?- De neno fun membro da Real Banda de Ourense aínda que nunca comulguei con ese tipo de ideoloxía. Estando aínda nun bando xa concursaba no outro pola miña ideoloxía gaitística, sempre tiven gaitas tradicionais. En canto tiven dependencia quixen facer o que realmente quería, que era tocar música galega.


http://www.farodevigo.es
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 21-08-2007 11:57
# Ligazón permanente a este artigo
Bonito video de Ialma coas Damas de Laxoso
As cousas que se atopan pola arañeira...
No blog de Turonio facía referencia a este video das Ialma e aparte de estar moi ben levo a sorpresa de atopar as cantareiras de Laxoso, con Aurea á fronte, compartindo o esceario...

Festival Voix de Femmes en Bruxelas (2005)




E non podemos esquecer o grupo irmán das Ialma, Urban Trad:

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 21-08-2007 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
I Certame de Música Tradicional Guadalupe 2007
En Rianxo, o vindeiro 11 de Setembro, vaise celebrar o "I Certame de Música Tradicional Guadalupe 2007", que este ano comeza a súa andaina. A fin desexada deste certame é a de promover a participación das agrupacións musicais e culturais que están a agromar na comarca e arredores, así como a de músicos que non pertencen a agrupación algunha.

As modalidades establecidas para o concurso son as de solista e grupo tradicional (cuarteto ou quinteto), sendo as pezas obrigatorias para cada unha das categorías as seguintes:

Solista: A Camposa
Grupos: Lembrando

Os premios para cada unha das categorías son:
- Na modalidade de solistas: 1º premio de 300 ? e 2º premio de 100 ?
- Na modalidade de grupos: 1º premio de 500 ? e 2º premio de 200 ?

A data límite de inscrición no certame é o venres 7 de setembro ás 14 horas.

Se estades interesados en participar, podedes consultar as bases completas e ter acceso ás partituras das pezas obrigatorias nesta nova.

BASES DO CONCURSO

Partituras obrigatorias: A CAMPOSA e LEMBRANDO

http://www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 21-08-2007 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
XXIV Noite Celta de Porcía (Eo-Navia)

XXIV Noite Celta de Porcía (Eo-Navia)

Sábado 25 de agosto en Porcía, concello de O Franco (Asturies)

Nesta edición a Alameda de Porcía vibrará con:

- "La Col.la Propinde" (Asturies)
- "El Cabazo", (O Franco)
- "Reina del Truebano" (Navia)
- "Blima" (Asturies)
- "Felpeyu" (Asturies)
- "Fred Morrison" (Escocia)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2007 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro Folclórico Malveiras 2007.

O vindeiro sábado día 25 celebrase o Encontro Folclórico Malveiras 2007.

Actuarán as seguintes agrupacións:

- Xirandola de Silleda
- Rancho Folclorico de Canidelo, Portugal
- Lembranzas da Ria, de Cangas
- Asociación Folcorica Malveiras de Vilagarcia.

O encontro comezará as dez e media e terá lugar na Praza da Peixería de Vilagarcía.
O remate, celebrarase unha pequena festa.

Por un lado a Agrupación montara unha das aldeas da Noite Meiga que se celebrara en Vilagarcía o vindeiro Sabado e que terá como prolegomeno no venres a Noite de Animas. Repartirase Queimada e rosquillas a todo aquel que queira achegarse.

Polo outro, a Agrupación celebrará os 20 anos de existencia cunha pequena gran festa rachada na que podera participar quen queira, xa sexa tocando ou cantando ou bailando, e que durara ata que o corpo aguante. Non será un seran pero case... Non o dubidedes e achegadevos...!!!
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2007 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiros pola Illa de san Simón
A consellaría de Cultura, a través da Fundación Illa de San Simón, abriu o prazo de reservas para poder visitar o lugar os días 24, 25 e 26 de agosto, e o 1 e 2 de setembro.

Os visitantes gozarán dun percorrido guiado no que se lembrará o pasado da illa desde a Idade Media. Estas xornadas permitirán acceder á illa a unhas 2.000 persoas durante cinco días, nos que se ofrecerá transporte marítimo de balde.

As persoas que queiran realizar esta visita deberán reservar o pase chamando aos teléfonos 981 935 303 e 981 590 272, no correo electrónico trevisani@trevisani.es ou a través do servizo de turismo de Redondela.
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 20-08-2007 10:46
# Ligazón permanente a este artigo
Xa hai gañador do A Polo Ghit 2007
Unha formación debutante converteuse na gañadora da segunda edición de A Polo Ghit, o concurso convocado por Vieiros e a Radio Galega para procurar a canción do verán. Sacha na Horta, un grupo de mulleres que viven na compostelá rúa das Hortas e que non tiña experiencia anterior no mundo da canción, foi merecedora do premio.

Esa foi a decisión do xurado, formado por Luís Queimada, Vincent Jalo, María Yáñez e Xavier Campos. Agora, o grupo gañador gravará un videoclip profesional na Televisión de Galicia e voará a Cuba para participar na Feira do Libro da Habana en febreiro do 2008, coa delegación da Consellaría de Cultura. O tema premiado, Biocultivos, fala da vida e da visión do mundo destas mulleres. Parabéns!


A clasificación final:

1ª Biocultivos, de Sacha na Horta
2ª O Son do Son, de Mordecans
3ª Pinguinha, de Amacuca
4ª Verbenero, d'Os Forfiestas
5ª Bikos from Madeira, de Snatch
6ª Ti eres de aquí ou vicheches á festa, de Magín Blanco
7ª Mira como canta, de Pandeiromus
8ª Guachin in the sky, de Chupadeskay
9ª 8 que 80, de Kógito
10ª Tranquilo viejo, de Jabón Blue

Peza gañadora
1. Sacha na Horta
Biocultivos

http://www.vieiros.com

http://apologhit.vieiros.com/

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-08-2007 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
IV CURSIÑO XARABAL 23 ANIVERSARIO
IV CURSIÑO XARABAL 23 ANIVERSARIO

A AA.CC. Xarabal celebra a 4ª edición dos cursos reunindo a amigos, colaboradores e profesionais da música folk. Este ano asinamos a nosa
estreita colaboración coa AA.CC. Valladares e desenvolveremos as nosas actividades no seu local. Agradecemos o esforzo e colaboración ofrecido pola AA.CC. Beade nas edicións anteriores.

Celebrarase os días 28, 29 e 30 de Setembro

Lugar: AA.CC de Valladares, Estrada de Valladares 233. Tlf: 986 46 70 53
Aloxamento: Seminario maior San José. Estrada de Madrid 8. Tlf: 986 41 26 66

CURSOS, Impartidos por:

Empalletado e afinación de Gaita 1: MARCOS CAMPOS
http://www.myspace.com/marcosmasterpipe

Técnica e interpretación de Gaita 2: ANXO LORENZO
Whistle: ANXO LORENZO http://www.myspace.com/anxolorenzo

Percusión tradicional: ALBERTO COSTAS

Construción de Palletas: ANTÓN CURRAL (Horario de mañá e de tarde)

Requinta e Frauta irlandesa: JOSÉ LIZ http://www.myspace.com/xoseliz

Bouzouki: JOSÉ LIZ

Baile: MIGUEL SOUTO

Acordeón: JORGE ARRIBAS
http://www.myspace.com/jorgearribas

Percusión Folk: ROI ADRO

Violín: AFONSO MERINO

Bodhran: ROBERTO MÍGUEZ "MILLA"

Os cursos contarán coa colaboración de amigos e profesionais representantes de cada Especialidade para ofrecer conferencias e pequenas charlas-coloquio.
Realizaranse exposicións de artesanía.
Faranse audicións comentadas de concertos en directo impartidas por invitados en horarios ?non lectivos? en salas de vídeo acondicionadas.
Todas as noites realizaranse sesións en coñecidos pubs da cidade.
Haberá entrega de diplomas acreditados pola institución organizadora.
Realizarase un concerto final con alumnos e profesores.

Horarios dos Cursos:
Construción de Palletas, Gaita 2, Acordeón, Requinta Frauta Irlandesa, Percusión Folk e Violín : 9h a 13.00
Gaita 1, Whistle, Bouzouki, Construción de Palletas, Percusión tradicional, Baile e Bodhran : 16h a 20h

Duración: O curso terá unha duración de 3 días.
Comezará o venres 28 de Setembro e terminará o Domingo 30 de Setembro.

Prezo: O prezo da matrícula de 1 curso é de 150 euros con aloxamento dos días 28 e 29 dietas dos días 28, 29 e 30.
O prezo da matrícula de 2 cursos aloxamento dietas é de 225 euros.

Para os que non se aloxen na pensión e non dispoñan das dietas o prezo da matrícula de 1 curso será de 75 euros.
E para estes mesmos o prezo da matrícula de 2 cursos será de 150 euros.

* Só admítese que os participantes acudan a 2 cursos (1 de mañá e 1 de tarde) como máximo.
Data límite de inscrición: Luns 24 de Setembro.

A matrícula formalizarase a través do e-mail de Xarabal:
info@... indicando os cursos aos que se desexa asistir e enviando unha copia do resgardo bancario ACHEGANDO O NOME DO ALUMNO/ A.

Poderase enviar por fax devandito resgardo bancario ao: 986 36 79 38 especificando o nome do alumno/a, curso en que participa, nº de teléfono e DNI.

Ingresar o importe no nº de conta: 2080 0217 38 0040000463 de Caixanova a nome de AA.CC. XARABAL.
Todos os alumnos matriculados deben acudirse o venres 28 de setembro ás 8:30 h na Asociación de veciños "Val do Fragoso" Rua Val Miñor 1-3. VIGO (EN FRONTE DO ESTADIO DE BALAÍDOS-CELTA DE VIGO)

HAI LÍMITE DE PRAZAS.

TELÉFONO DE INFORMACIÓN: 645 13 29 71

Consultar toda a información na web de XARABAL:
www.xarabal.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 20-08-2007 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do Concurso Avelino Cachafeiro
Nove músicos tomaron parte, o sábado 18 de Agosto, na elección do que moitos consideran o mellor gaiteiro de Galicia. Foi durante a celebración da XXVIII Festa do Gaiteiro, en Soutelo de Montes. A clasificación final foi a seguinte:

1º Pablo Devigo
2º Óscar Ibáñez
3º Edelmiro Fernández

O xurado estivo composto por Juanjo Fernández, Xaime Estévez, Roberto Quintillán, Begoña Louzao e Manuel Alonso.

Nesta edición o pregón foi pronunciado por José Seivane que falou sobre a súa mocidade a memoria da gaita e os gaiteiros. Rematou as súas verbas cunha copla perfectamente entonada.

Acudiu tamén o vicepresidente da Xunta, D. Anxo Quintana quen pronunciou un discurso no que remarcou a importancia que ten a música tradicional na sociedade Galega.

O Concello de Forcarei, representado polo seu alcalde D. David Raposeiras, concedeu as Medallas Gaiteiro de Soutelo a Edicións do Cumio, Ouvirmos, Coral Ruada e á Casa de Galicia de Maracaibo pola laboura de todos eles a prol da nosa cultura tradicional.

Un ano mais comprobouse que a Festa do Gaiteiro é unha das citas ineludibles para todos aqueles que honran a música tradicional galega.

http://www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 20-08-2007 10:02
# Ligazón permanente a este artigo
I Mostra de Xogos Tradicionais

A I Mostra de Xogos Tradicionais celébrase o vindeiro 25 de agosto na vila da Santalla, no Concello da Pontenova. Bolos, chave, billarda e moitos xogos máis poderán practicarse durante toda a xornada.

O Torneo Galego de Bolo Celta, o Torneo de Chave, a Billarda, diferentes modalidades de Bolos, o Corte de Troncos en Altura, unha exposición e un obradoiro de xoguetes tradicionais conforman algúns dos preto de 60 xogos e deportes tradicionais de Galiza, Asturias, Castela e León e Portugal que se poderán ver e practicar o 25 de agosto en Santalla, no concello lugués da Pontenova.

A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional (AGXPT), Brinquedia, Rede Galega do Xogo Tradicional, o Club Deportivo 6 Conceyos (Asturias) e a Asociación Cultural La Tanguilla (Castela e León) e diferentes Federacións e Asociacións culturais e deportivas serán as entidades encargadas de amosar os xogos e deportes tradicionais máis destacados das súas respectivas comunidades.

O evento desenvólvese nunha parcela de 4.000 metros cadrados da vila, rodeada de alpendres, cabozos, hórreos e monte, sen dúbida nun marco incomparable semellante aos espazos utilizados antigamente para a realización destes xogos.

O obxectivo desta mostra, que a organización pretende consolidar nos anos vindeiros, é a de concienciar á cidadanía para que non esqueza os xogos e deportes que se practicaban antigamente, e non só iso, senón que os adultos e maiores ensinen aos nenos e nenas como se desenvolven estes xogos, que conforman o patrimonio lúdico, para que volvan a formar parte do seu tempo de lecer.

Deporte no medio das leiras
Asociacións e deportistas de toda Galiza, Portugal, Asturias e Castela e achegaranse á Pontenova para exhibir os xogos que practican nas súas zonas e ensinarlles aos asistentes a orixe destes, o seu desenvolvemento e as súas variantes.
Preto de 60 xogos e deportes tradicionais poderanse ver e practicar na pequena vila de Santalla, o vindeiro 25 de agosto, dende o mediodía até as 19:00 horas da tarde.

De entre todas as actividades destacan o Torneo Galego Individual de Bolo Celta e o Torneo de Chave, que traerá xogadores de toda Galiza até Santalla.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-08-2007 09:19
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Lúa meiga no Viso

http://www.noitedaluameiga.org/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2007 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Rebumbio 2007 (Mos)

No Monte do Rebullón, Tameiga-Mos. A entrada é de balde, haberá sesión Vermú e xantar baixo carpa, com pulpeiras, empada, callos... tamén terán atraccións inchables para nenos.

Non á Autovia, Supresión da peaxe, Novos trazados para o AVE!!!

rebumbiodefendemos.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2007 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Brincadeira en Ordes
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2007 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Guisamo Folk
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-08-2007 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Areoula no Museo Liste (Vigo)
Concertos Dídácticos no Museo Liste (Vigo)

O sábado 18 de agosto: Areoula (Arpa, requinta e bouzuki)
pola mañá ás 12:30 na finca do Museo Liste (Rúa Pastora 22, Vigo), entrada de balde
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2007 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Día da Galiza Martir

"... a miña saude ainda quixo visitar devotamente os moitos cimeterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontable. A miña imaxinación veu unha fogueira en cada cimeterio, como outros tantos clamores de xusticia. Pero no de Pontevedra veu unha labarada que chegaba até o ceo. Era o lume do esprito de Bóveda que non figura na Santa Compaña dos inmortaes, porque non perteñece á Hestoria senón á Tradición, en arume de Lenda. Bóveda terá de ser nun mañán próisimo ou lonxano, a bandeira da nosa Redenzón." (Alba de Grória, Castelao)

Alexandre Bóveda Iglesias naceu en Ourense o 4 de xuño de 1903. Fai o primeiro ensino na Escola Normal e logo estuda no coléxio Villar de Ourense, onde fará a preparación de Perito Mercantil, estudos dos que se examinará na Escola de Comércio da Coruña.
Afeccionado á música desde moi novo, aprende solfexo na Académia da Banda Municipal. Participa na Coral de Ruada e no Orfeón Unión Orensana. Empeza a traballar como docente no Coléxio Villar, e ao mesmo tempo prepara as oposicións de auxiliares de Contabilidade. No ano 1920 publica o seu primeiro artigo no diário agrarista de Basílio Álvarez La Zarpa, sobre o tema do ferrocarril Ourense-Zamora.
Trasládase a Madrid para opositar a unha praza de Auxiliares de Contabilidade. Prepara as oposicións no instituto Reus, completando a sua formación xurídica e económica con periódicas vistas ao Ateneo. No ano 1923 aproba as oposicións co número 1.

PONTEVEDRA

Desde a sua chegada a Pontevedra no ano 1927, con só 23 anos, para ocupar a Xefatura de Contabilidade da Delegación de Facenda, a sua presencia na cidade faise patente e notoria en múltiples tarefas, participando activamente nunha época en que Pontevedra viu nacer importantes proxectos sociais, políticos e culturais como o Museo Provincial, a Misión Biolóxica, a Caixa de Aforros, o Partido Galeguista...

A partir de 1928 a súa voz engalana as veladas da Polifónica, coa que percorreu distintos puntos da xeografía galega e española.


Ao longo de ano e medio, entre agosto de 1928 e febreiro de 1930, tivo unha participación decisiva na organización da Facenda Provincial e na criación da Caixa Provincial de Aforros. Comisionado polo entón Presidente da Deputación, Daniel de la Sota, Bóveda realiza estudos en Cataluña e no Pais Vasco sobre o funcionamento de distintas Caixas de Aforros e presenta un informe que serve como base para a eleboración dos estatutos e do organigrama da entidade. En xaneiro de 1930 comeza a andar a Caixa Provincial de Aforros, con Bóveda como director. Ten 26 anos de idade.

Antes, o 20 de outubro de 1928, ingresara no Seminario de Estudos Galegos, formando parte da sección de Ciencias Sociais e Económicas.

ACTIVIDADE POLÍTICA: O PARTIDO GALEGUISTA E O ESTATUTO DE AUTONOMIA

En abril de 1931 forma parte da ponéncia do S.E.G., xunto con Vicente Risco, Luís Tobío, Ricardo Carballo Calero e Valentín Paz-Andrade, que elaborou o Anteproxecto de Estatuto de Galiza, traballo que foi editado en Pontevedra en maio dese mesmo ano. Como anexo do anteproxecto figura o Estudo económico-fiscal elaborado por Bóveda.

En maio de 1931 participa na criación do Partido Galeguista de Pontevedra xunto con Castelao, Cabanillas e Núñez Bua, entre outros.

O 5 e 6 de decembro de 1931 fúndase en Pontevedra o Partido Galeguista e Bóveda é elixido Secretario de Organización. Participa na redacción do programa do Partido, especialmente no apartados económicos; elabora persoalmente o título VII, referido ao "Rexime Fiscal".

En xullo de 1932 participa na Asemblea pro-estatuto de Santiago. Bóveda é elixido membro da comisión redactora do anteproxecto de Estatuto, que haberia de ser o texto definitivo.

Entre o 17 e o 19 de decembro de 1932 celébrase en Santiago a Asemblea de Municipios para debater o anteproxecto de Estatuto, acto no que Bóveda ten un papel moi activo. O 19 de decembro celébrase a II Asemblea do P.G., na que Bóveda é reelixido Secretário de Organización.

A comezos de 1933 é elixido membro do Comité Central da Autonomia, organismo presidido por Bibiano-Fernández Osorio Tafall. Ao longo de 1933 desenvolve un intenso traballo con mítines en toda Galiza na campaña a favor do Estatuto.

O 20 de outubro de 1934 publícase unha Orde Ministerial impóndolle o destino administrativo forzoso á Delegación de Facenda de Cádiz e o 30 de novembro deste mesmo ano toma posesión do seu novo destino. En outubro de 1935, despois de case un ano de desterro, retorna a Galiza cunha praza na delegación de facenda de Vigo.

Nos primeiros meses de 1936 participa activamente na campaña das lexislativas de febreiro, ás que concorre como candidato da Frente Popular pola província de Ourense.

En marzo de 1936 cesa no seu posto en Vigo e toma posesión en Pontevedra.

O 17 de maio participa como representante do Partido Galeguista na Asemblea na que se ha fixar a data do plebiscito do Estatuto. Ao longo do mes de xuño participa activamente na campaña do Estatuto, durante a cal dá mítines por toda Galiza.

O 28 de xuño é aprobado o estatuto en referendo popular, co voto favorábel do 73% do censo. En 1948, no exílio americano, Castelao dirá: "cando Galiza encarou seriamente a conquista do seu Estatuto, a laboura de Bóveda asombrounos a todos e obrigounos a traballar rexamente. E ben se pode decir que a maor parte do realizado naquele intre debéuselle esclusivamente a Bóveda".

XUÍZO SUMARÍSIMO E CONDEA A MORTE

Inmediatamente despois do levantamento militar do 18 de xullo preséntase no Governo Civil, onde participa xunto co Governador e outros dirixentes republicanos na defensa do rexime constitucional e democrático. O 20 de xullo é detido e ingresado no cárcere de Pontevedra. O 13 de agosto de 1936 é xulgado en xuízo sumarísimo, acusado de traición. Condenado a morte, foi fusilado na Caeira o 17 de agosto. Os seus restos repousan no cemitério de San Amaro de Pontevedra.

ALEXANDRE BÓVEDA, EXEMPLO DE HONESTIDADE E ENTREGA Á CAUSA DE GALIZA.

Ao longo da sua traxectória humana e política, Alexandre Bóveda puxo sempre o interese supremo de Galiza por diante de intereses persoais e partidistas. Por este motivo o seu nome debe ser recordado como símbolo da honestidade e da toleráncia, e a sua memória preservada como exemplo sobre o construir un futuro de progreso e convivéncia pacífica.

Actos do día da Galiza Martir:
http://galizamartir.blogaliza.org/
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2007 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
A primeira gaiteira galega documentada
Recuperan a figura da primeira gaiteira galega documentada

Susana Seivane ou Cristina Pato tiveron unha antecesora de lenda. Foi Áurea Rodríguez, primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle.

A historia de Áurea está incluída no Itinerario histórico-musical de Celanova, un disco-libro que trata os principais fitos culturais da comarca ourensá e que acaba de editar Ouvirmos.
Entre os artistas máis coñecidos da comarca estiveron Os Maravillas de Cartelle. Que o grupo fora dirixido por unha muller era asombroso para a época, pero non foi menos sorprendente que nos anos vinte lograse tal triunfo nas súas actuacións en Madrid que Áurea foi designada pola prensa capitalina como a «raíña da gaita galega». Os Maravillas viaxaron a Arxentina en 1929 para actuar, e as poucas informacións que existen parecen indicar que Áurea non regresou do outro lado do charco.

A xingra, lingua dos músicos

O disco-libro inclúe tamén referencias á lingua específica que os músicos desas terras inventaron para comunicarse sen que os estraños soubesen de que falaban: a xingra, unha fala gremial única.
Nos textos escritos por Richard Rivera, Fernando Reyes e Sonsoles Hernández para o libro tamén se alude ao carácter de residencia real que tivo Vilanova dos Infantes. Dúas fillas de Afonso X o Sabio residiron no mosteiro vilanovés de Santa María, o que fai moi probable que dentro dos seus muros soasen as Cantigas de Santa María compostas polo seu pai.

Outro dos lugares que aparecen no itinerario é o santuario da Virxe de Cristal. A procesión deste lugar sagrado ten a particularidade de que se desenvolve acompañada por un grupo de danzantes, que son homes vestidos de mulleres que representaban ao gremio más importante de Vilanova no pasado: os zapateiros.

De coros relixiosos e cegos

Entre os lugares que o disco-libro destaca está tamén o mosteiro de San Salvador, que conta cunha importante colección de libros antigos de coro para canto gregoriano. O facistol, un atril xigante, era o moble que se utilizaba para soster uns libros que xustificaban o seu gran tamaño pola necesidade que tiñan os monxes cantores de velos desde lonxe mentres cantaban.
Outros dos elementos que o libro destaca de Celanova en relación coa música é a tradición que a vila sempre tivo de cafés que ofrecían actuacións. Os protagonistas podían ser tanto artistas ambulantes, como o cego de Gándara -representante da tradición do cego-músico-, ou máis clásicos, como o barítono e escritor de finais do XIX Castor Méndez Brandón.

http://www.lavozdegalicia.es/cultura/2007/08/17/0003_6066019.htm


http://www.ouvirmos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2007 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
O IGAEM apoia a difusión de sete traballos discográficos galegos
O IGAEM apoia a difusión de sete traballos discográficos galegos

O Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais apoia a difusión de sete traballos discográficos doutros tantos solistas e grupos galegos, producidos e/ou editados por empresas do país, a través da modalidade de axudas á promoción musical convocadas este ano por primeira vez.
Do total de 28 proxectos presentados, os últimos discos de:

Brath,
Cristina Pato,
Emilio Rúa,
GalegoZ,
Faltriqueira,
Nordestin@s
Sete Saias

resultaron adxudicatarios de diferentes contías que oscilan entre os 7.500 e os 11.500 euros, sumando un total de 65.470,44 euros.

O obxectivo desta nova modalidade ?inserida no apartado de axudas á distribución para empresas de teatro, danza e música? é pór a disposición do sector musical galego unha nova vía de financiamento para situar as súas creacións no mercado. Así, no baremo para a concesión tívose en conta a relevancia dos traballos discográficos e a calidade das propostas de promoción e difusión presentadas, así como o interese dos mercados e áreas nos que se van desenvolver estes proxectos.

Tal e como establecían as bases da convocatoria, o IGAEM asume até un máximo do 60% dos gastos de promoción e difusión destes discos, todos eles editados a partir do segundo semestre de 2006.

Na listaxe de adxudicatarios atópanse tanto nomes xa asentados no panorama musical de Galiza como formacións de máis recente creación: Intres, de Brath, editado por Sons Galiza; Misturados, de Cristina Pato, por Zouma Records; Vida miña, de Emilio Rúa, que promove Nalgures Producións; Efffecto Faltriqueira, de Faltriqueira, producido por La Fábrica de Chocolate; Revolution Dance, de GalegoZ, por Ouvirmos; Ao vivo, de Nordestin@s, promovido por Falcatruada Imaxe e Música; e Sete saias, de Sete Saias, por Pai Edicións.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-08-2007 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
16 de agosto: Danza de San Roque en Hío

O Hío revive a tradición da danza

No Hío (Cangas), como cada 16 de agosto, celebrarase unha nova representación das danzas ancestrais que se remontan ao século XVI. Así, a localidade pontevedresa súmase así ás danzas ancestrais que se organizan tamén en San Sebastián de Aldán e Darbo.

Diante do cruceiro da vila, unha vintena de homes repártense en tres fileiras das que unha actúa como "damas" mentres que as outras dúas son os "galáns". De corbata negra, con sombreiro de fieltro e vestidos de branco, estas últimas figuras rondarán as "damas", que portan uns traxes semellantes aos dos que peregrinaban a Compostela, polo que se coñece tamén esta danza como a dos "Pelegríns".

A festa está declarada de interese turístico debido á antigüidade dos bailes e dos traxes.

Danza de San Roque do Hio en Cangas:
Ás 12:30 e ás 19:00 horas, diante do Cruceiro de Hío
Comentarios (4) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Galas de O Fiadeiro

A engadir o 18 de agosto na Festa do Gaiteiro (Soutelo de Montes-Forcarei)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto XX Aniversario de Celtarras
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-08-2007 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
XI Festival Intercéltico d´Occidente

Tapia de Casariego (Asturies)

MERCORES 15 AGOSTO

23:30 Muelle de Tapia de Casariego
Vervena tradicional, a cargo de:
LOS LLANZONES

XOVES 16 AGOSTO

12:30 Sala de talleres del Instituto ?Marques de Casariego?
Curso de curdión diatónica a cargo de David Varela

13:00 Plaza del Ayuntamiento
Taller de Baile Bretón.

18:00 Sala de talleres del Instituto ?Marques de Casariego?
Curso intensivo de curdión diatónica a cargo de David Varela

23:00 Playa del Murallón
I NOITE FOLK
-Celtibeers
-John Mcsherry

VENRES 17 AGOSTO

12:00 Aula del Instituto Marqués de Casariego.
Curso de Zanfona a cargo de D. Héctor Braga.

12:30 Plaza del Ayuntamiento
Taller de danzas y bailes gallegos

18:00 Aula Instituto ?Marques de Casariego?
Curso de Zanfona a cargo de D. Héctor Braga.

20:30 Aula del Instituto ?Marques de Casariego?
Charla coloquio sobre "Bandas de Gaitas en Asturias".

23:00 Playa del Murallón
NOITE FOLK
-Tejedor
-Lunasa

SABADO 18 AGOSTO

12:00 Sala del Instituto ?Marques de Casariego?
Curso de Rabel impartido por D. José Ángel Llaneza,

12:30 Tapia y Puerto
Desfile y actuación de las bandas de gaitas Gallega Moxenas de Vigo, Soto Rei de Ribera de Arriba y y Bagad Pagan de Bretaña .

18:00 Aula del Instituto ?Marques de Casariego?
Curso de Rabel impartido por D. José Ángel Llaneza.

23:00 Playa del Murallón
GRAN NOITE MAXICA

DOMINGO 19 AGOSTO

13:00 Iglesia de Tapia de Casariego
Misa Folclórica celebrada por D. Eugenio Maseda.

23.30 Noite del Murallón.
-Llan de Cubel (Asturias)
-David Pasquet Group (Bretaña)

LUNES 20 DE AGOSTO

12:00 Casa de Colegio Príncipe de Asturias
Curso de acercamiento a la gaita asturiana

http://www.festivaldoccidente.com

Conferencias, Xogos populares, Exposicións,...
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII FESTA DO GAITEIRO
XXVIII FESTA DO GAITEIRO (SOUTELO DE MONTES- FORCAREI)
18 DE AGOSTO DO 2007

11:00 h- Apertura das casetas de artesáns

11:15 h- Pasarrúas de Bandas de gaitas.
?O Barqueiro de Mañón? (A Coruña)
?Abertal? da Rúa de Valdeorras

11:30 h- Actuacións na Praza do Gaiteiro
-Grupos folk: ?Os do luns? e ? Pai da Cana?
-Grupo de Danzas e Gaitas ?Santiago Apostol? de Pamplona
-Asociación Folclórica "O Fiadeiro"

13:30 h- Lectura Pregón: Xosé Manuel Seivane Rivas

14:00 h- Entrega de medallas do Gaiteiro de Soutelo

14:15 h- Discursos institucionais

14:45 h- Xantar

17:00 h- Actuación do cuarteto ?Os Alegres?

17:30 h - Comezo do IX Concurso de música tradicional ?Avelino Cachafeiro?

21:00 h- Entrega de Premios

21:15 h. Actuación do Cuarteto ?Biouteiro?

23:00 h- Concerto na praza da Igrexa
? Crema de Gaita?
? Ruxe- Ruxe?
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 12:18
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Pontelouco 2007 en Castro Caldelas
18 de agosto

As 12:00: Feira de artesanía (recordade que ese día hai tamén a feira quincenal no pobo).
As 17:00: Xogos para nenos,
Mago-malabar Xacobe
Teatro: Trécola Teatro presentanos Nola e Albe.
As 21:30: Charanga Os Veraneantes
As 22:30: Concerto no Castelo de CASTRO CALDELAS

-Os tres trebóns e o Vendaval do rosal
-Fabulosos Cubatas e Fuckink brothers
-Cuchufellos
-Banda Potenkin

ACAMPADA E ENTRADA DE BALDE

http://www.pontelouco.blogspot.com/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Castro 2007

Pasarrúas por Ferreira e animación polo día no recinto do campo da feira a cargo de:
· Os Minhotes (Gaiteiros tradicionais)
· Trópico de grelos (percusión afrobrasileira)
· Festicultores (charanga de música dos Balcáns)
· Pista 4 (malabares, paisos e zancudos)


2ª Feira de exposición e venda de artesanía popular, con artesáns da comarca e do resto do país.


2ª Edición do Xantar Popular do Castro, menú a base de productos de calidade da zona a prezos populares, prevendo este ano un incremento importante nesta actividade.

Concertos do Festival do Castro, para este ano contarase coas actuacións de:
· ?Os Festicultores Troupe?
· ?Sérralle aí!!?
· ?Dandy Fever?
· ?Che Sudaka?
· ?Bob de Rage Sense?
· ?Toñito de Poi?.

http://www.festivaldocastro.com/
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sarabanduxa en Boiro

18 de agosto

Escenario grande ás 22:00
-Dios Ke Te Crew
-Skarnio
-Día de Furia
-Rever

Escenario de bandas locais a partires das 18:00 con grupos coma Tevra, GoldenDx, Sinefres, Desalojo, Agoraphobia e moitos mais.

Obradoiros e Actividades diversas ó longo de todo o día.
Entrada e acampamento de balde
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
VIII Festa Folc de Vilariño (Hío)

I Semana Cultural "Marta Entenza"

LUNS 13 DE AGOSTO
22:30h CINE ?AS CRÓNICAS DE NARNIA?

MARTES 14 DE AGOSTO
24:00h O SERÁN DO GHATO

MÉRCORES 15 DE AGOSTO
22:30h HOMENAXE A ALBERTO COYA
23:00h REGUEIFAS CON LUIS CARUNCHO E BENITO LOBARIÑAS

XOVES 16 DE AGOSTO
CINE ?UN FRANCO, 14 PESETAS?

VENRES 17 DE AGOSTO
CONTACONTOS

http://vilarinhofolc.blogaliza.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 10:39
# Ligazón permanente a este artigo
17 de agosto: Día da Galiza Martir

Programa de actos do Día da Galiza Martir

? 13:00 h. HOMENAXE INSTITUCIONAL A ALEXANDRE BÓVEDA.
o No monumento a Alexandre Bóveda na Caeira en Poio. Intervirán:
-Anxo Quintana (Vicepresidente da Xunta de Galiza)
-Luciano Sobral (Alcalde de Poio)
-Fernando Quintela (Presidente da Fundación Alexandre Bóveda)

? 14:00 h. XANTAR DE ENTREGA DO II PREMIO DIA DE GALIZA MARTIR Á RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA AO HISTORIADOR DIONISIO PEREIRA
o No Pazo de Cultura, Rúa Alexandre Bóveda, Pontevedra.
- Anxela Bugallo (Conselleira de Cultura)
- Xoán Carlos Garrido (Fundación Alexandre Bóveda)
- Dionisio Pereira

? 18:30 H. CERIMONIA DE ANIVERSARIO NA CAPELA DE SAN AMARO (PONTEVEDRA)

? 19:00 H. ACTO CÍVICO DIANTE DO SARTEGO DE A. BÓVEDA
o No Cemiterio de San Amaro (Pontevedra)
- Xosé Luís Bóveda (Vicepresidente da Fundación A. Bóveda e fillo de A. Bóveda)
- Fina Casalderrey (Escritora)

? 20:30 H. HOMENAXE POLÍTICA NO MONUMENTO A A. BÓVEDA
o Na Praza de Curros Enríquez diante do monumento a Bóveda (Pontevedra)
- Francisco Jorquera (Senador do BNG)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2007 10:38
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII Festival Irmandiño de Moeche
Venres 17
A partir das 22:30 concerto:
CLAN MARAGATO
OS CHIQUILICUATRES
OS CUCHUFELLOS

Sábado 18
A partir das 22:00 concerto:
BALAKANDRA
PEPE VAAMONDE GRUPO
OS CEMPÉS
TRIQUEL (Valladolid)

A partir das 24:00 lectura do pregón e asalto o castelo. Haberá aparcamentos gratuítos e zonas de acampada nas inmediacións do festival.

http://www.festivalirmandino.galeon.com/index.htm
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-08-2007 10:28
# Ligazón permanente a este artigo
GS21 en Pontevedra
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-08-2007 10:26
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0