Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XV Encontro Folclórico A Meda (Sada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2015 15:37
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sábado Mozo (Lugo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2015 15:36
# Ligazón permanente a este artigo
IV Esmorga Popular (Sarria)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 16-07-2015 15:30
# Ligazón permanente a este artigo
Obradoiros no Festival Intercéltico de Baiña
Deseña o teu propio curso musical dentro das posibilidades instrumentais que fornecen as bandas de FOLK que asistirán ao festival Intercéltico Baíña 2015.

Cada día os Intrumentistas das bandas ofrecerán #monográficos de 2horas por instrumento.

Os cursos se impartirán na Casa Colorida Rua Rosalía de Castro 16 - Nigrán 36350.
Teléfono: 896_368040.

Podes configurar o teu curso por horas, ou por días competos, e podes hospedarte na Residencia Colorida e facer unha vivencia cos artistas.

Contacta aquí: residencia@casacolorida.net

Inscríbete aportando a seguinte información:

*Teu nome.
*Teléfono.
*Día ao que pretendes asistir.
*Obradoiros dos instrumentos aos que pretendes asistir.
*Se precisas quedar a comer.
*Se precisas hospedaxe completa.


AQUI SIGUE TODA A INFORMACIÒN DOS OBRADOIROS E CONDICIÒNS.
Lembra que podes escoller tantas opcions como desexes.


LUNS 20 XULLO

Workshops de folk impartido por BON TASTU

Obradoiro do Instrumento – FLAUTA TRAVESERA IRLANDESA (Imparte Xurde) 2h
Obradoiro do Instrumento - WHISTLE (Imparte Xurde) 2h
Obradoiro do Instrumento -VIOLIN (Imparte Gonzalo) 2h
Obradoiro do Instrumento -BOUZUKI (Imparte Fernando Oyagüez) 2h

+ Comida colectiva de balde. (15:00) tanto para @s asistentes da mañá como da tarde.

+ Hospedaxe

Podes elexir entre o curso completo (8h x 60€ ou PTC) ou 2h por instrumento (20€ ou PTC). A hospedaxe completa ten un custe de 32€ ou PTC.

MARTES 21 XULLO

Workshops de folk impartido por MICKEY DUNNE

Obradoiro do Instrumento - GAITA IRLANDESA "Uilleann Pipe" (Imparte Mickey Dunne) 2h (10:00_12:00)
Obradoiro do Instrumento – GUITARRA (Imparte Denny) 2h (12:30_14:30)

+ Comida colectiva de balde. (15:00)

+ Hospedaxe

Podes elexir entre o curso completo (4h x 25€ ou PTC) ou 2h por instrumento (15€ ou PTC). A hospedaxe completa ten un custe de 32€ ou PTC.
Comentarios (1) - Categoría: Cursos - Publicado o 16-07-2015 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Intercéltico de Baíña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2015 15:11
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Ribeiro Son de Viño (San Vicente do Grove)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2015 15:07
# Ligazón permanente a este artigo
Nicrarock 2015 (Negreira)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2015 15:02
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Ortigueira
XOVES 16 DE XULLO
20:00h Praza de Isabel II
Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
The Vale of Atholl Pipe Band (Escocia)
Banda de Gaitas de Ladrido (Galicia)
Cantareiras Lilaina (Miño)

22:00h Proxecto Runas 2015
Alén de Ancos (Galicia)
Gabriel G. Diges Band (Irlanda)
JDC & Band (Madrid)
Perfect Friction (Irlanda)
Andrés Penabad (Galicia)

VENRES 17 DE XULLO
22:00h The Vale of Atholl Pipe Band (Escocia)
22:30h Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
23:30h Cristina Pato (Galicia)
01:00h Sharon Shannon (Irlanda)
02:30h Xabi Aburruzaga (País Vasco)

SÁBADO 18 DE XULLO
22:00h Jacky Molard Quartet (Bretaña)
23:30h Oreka TX + Kalakan (País Vasco)
01:00h Budiño (Galicia)
02:30h Finnegan - McSherry Project (Irlanda)

DOMINGO 19 DE XULLO
22.00h Banda de Gaitas de Forcarei (Galicia)
23.00h Capercaillie (Escocia)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 16-07-2015 15:01
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 13 (Luns)

Terza feira 14 (Martes)

Corta feira 15 (Mércores)

Quinta feira 16 (Xoves)
• Festival de Ortigueira: Andrés Penabad, Perfect Friction, Gabriel G. Diges Band, IDC & Band, Alén de Ancos
• Banda Crebinsky nas Adegas Martín Códax (Cambados) ás 20:30
• Milesios e Sondeseu nos Xardíns da Deputación de Lugo ás 21:00
• A Quenlla no Parque da Constitución de Mugardos ás 22:30
• Donicelas na Praza do Concello de Salceda de Caselas ás 22:30

Sexta feira 17 (Venres)
• Festival de Ortigueira: The Vale of Atholl Pipe Band, Escola de gaitas de Ortigueira, Cristina Pato, Sharon Shannon, Xabi Aburruzaga
• Festival Nicrarock (Negreira): Ruxe-Ruxe, Festicultores, Biribirlocke,...
• Boubas na Arca de Noé (Vilar de Santos) ás 22:00
• Guezos na Praza Carlos Casares de Xinzo de Limia ás 23:00
• Uxía e Narf na Clave (Monterroso) ás 23:30

Sábado 18
• Festival Intercéltico de Baíña (Baiona): Ardentía, Pelepau, Mickey Dunne,...
• II Festival Ribeiro Son de Viño en San Vicente do Grove: Terbutalina, Blues do País, Ataque Escampe, Os Amigos dos Músicos,...
• Festival de Ortigueira: Jacky Molard Quartet, Orexa TX + Kalakan, Budiño, Finnegan - McSherry Project
• Festival Sábado Mozo nos Xardíns da Deputación de Lugo: Xenderal, Arrytmia, Surperoito, Familia Caamagno
• Xornada de Folclore Galego na Quintana (Compostela) ás 21:00: Brincadeira, Cantigas e Agarimos, Colexita do Sar e Ultreia
• Pesdelán na Praza do Concello de Baleira ás 20:00
• Alba maría na Praza do Toural (Compostela) ás 23:00
• Labazada no Avante Bar (Compostela)
• Serán en Mondariz Balneario nos Xardins do Gran Hotel
• IV Esmorga Popular (Sarria)

Domingo 19
• Festival de Ortigueira: Banda de Gaitas de Forcarei, Capercaillie
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2015 14:07
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.

Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:

Afonso Castro. Gaitas
O Rosal

Alberto Pires. Gaitas
Pontesampaio

Diego Langarika. Percusión e Corda
Mondariz

Foliqueiras. Percusión tradicional
Vigo

Luis Martínez. Instrumentos de corda
Soutomaior

Master Gaita. Gaitas electrónicas
Sada

Nebra. Gaitas e Zanfonas
Porto do Son

O Chilro. Percusión e Gaitas
Cambados

Oli Xiráldez. Gaitas e Requintas
Balcaide - Teo

Pablo Carpintero. Reproducción de instrumentos antigos, Percusión, Gaitas e Requintas
Santiago de Compostela

Queima. Vento e Percusión
Redondela

Xaneco. Percusión e Zanfonas
Outeiro de Rei

A mostra estará aberta na Praza da Ferrería o venres 10 das 17:00 ás 21:30 da tarde e o sábado 11, de 11:30 a 14:00 en horario de mañá, e de 17:00 a 21:30 en horario de tarde.

Ademais o venres 10 ás 20:00h da tarde poderemos disfrutar do pasarrúas de “Picuiña”, cuarteto de música tradicional que conta cun amplo repertorio tradicional de toda Galicia, tanto en toque aberto como pechado e que foron gañadores en múltiples ocasións do Premio Especial Ricardo Portela.

O mesmo venres ás 21:00h da noite poderemos escoitar, tamén na Praza da Ferrería, ao grupo “Xistra de Coruxo”, que está catalogado como o grupo que mellor trata a evolución musical dentro dos parámetros marcados no eido da tradición galega e o que aporta máis novidades de repertorio, debido fundamentalmente ao seu abondoso arquivo de gravacións de campo realizadas nos derradeiros trinta anos por Xerardo F. Santomé. De marcado matiz bailable e participativo, o que fai dos seus directos unha verdadeira incitación á troula e ao disfrute.

O sábado 11 ás 12:00h da mañá serán os vigueses “Contracocheno” os encargados de poñer a nota musical polas rúas da cidade. Trátase dun cuarteto tradicional que se formou a partires do ano 2000 coa finalidade de tocar en concursos, gañando entre outros, un terceiro premio no Memorial Ricardo Portela e que co paso dos anos empezaron a facer tamén diferentes concertos pola zona sur de Galicia e norte de Portugal. Xa pola tarde, haberá dous pasarrúas, que comezarán ás 19:30h, sendo un dos grupos “Gomes Mouro”, que naceu no ano 2003 coa finalidade de recuperar, investigar e dar difusión ao patrimonio musical galego, e especialmente a tradición da provincia de Ourense. E o outro pasarrúas correrá a cargo de “Berros do Castro”, que iniciou a súa andaina a mediados dos anos noventa como cuarteto de gaitas e cos anos foi mudando a súa formación e incorporando novos instrumentos, ata chegar á formación dun sexteto. O seu repertorio confórmano principalmente melodías sacadas dos seus propios traballos de campo sobre músicos e formacións das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

Previo ao concerto, en torno ás 21:00h da noite, ademais de homenaxear ao noso querido Ricardo Portela, faremos unha mención especial a Manuel Viqueira, o gaiteiro de Vilaverde, a quen está dedicado este ano o memorial, e que é un dos pouquísimos gaiteiros galegos que conservou o tocar pechado da súa zona (Ordes), inmaculado e que foi, por tanto, transmisor dun xeito moi antigo e representativo de tocar. A súa ornamentación e xeito de falar coa gaita eran á vez moi persoais e propios da zona. Manuel era un gaiteiro de torreiro, acostumado a tocar para que a xente bailase. Formou parte de diversos grupos ao longo da súa dilatada vida, a maior parte deles cuartetos de clarinete, moi propios da zona de Ordes. Manuel foi, en fin, o paradigma do mestre gaiteiro feito a si mesmo con entusiasmo, amor pola nosa música e moitas horas de gaita en festas e foliadas. Foi un home duro, serio no seu traballo, mais tamén amable, agradable e bo amigo. Un exemplo de galego bo e xeneroso.

O broche final será a actuación do coro Novo Aires da Terra, na praza da Ferrería. O coro nace cando se cumplen 100 anos da disolución do mítico coro "Aires da Terra" fundado por Perfecto Feijoo na Pontevedra de finais do século XIX. O obxectivo deste novo coro é o de recuperar a música do que foi o primeiro coro galego, para o que empregan unha réplica exacta da gaita de Perfecto Feijóo conservada no Museo de Pontevedra, acompañada cun bombo e un tambor tamén reproducións exactas dos do coro, cantando as mesmas pezas e outras do arquivo Feijoo, e sendo sempre fieis ao estilo orixinal de Aires da Terra.

www.gaiteirosgalegos.gal
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2015 14:32
# Ligazón permanente a este artigo
Foliada en San Ciprián (Cervo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-07-2015 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Tradicional de Cuartetos Júnior (Marín)

A Asociación Artístico Cultural OS CHANEIROS, coa estimada colaboración do Concello de Marín, presenta o Concurso Tradicional de Cuartetos Júnior (8 - 20 anos inclusive) dentro do que será o IV Memorial Antonio Fernández 2015.

Domingo 12 de xullo, na alamenda de Marin ás 18:00
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 08-07-2015 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán no Igrexario do Hio (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-07-2015 12:24
# Ligazón permanente a este artigo
Lumeirada no río Deva (Pontedeva)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2015 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Romaría Galega na Pontraga (Tordoia)

Xa están en marcha os preparativos para a gran romaría do vrao na Pontraga, unha festa sen ighual!
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha miagha de folclore do noso, tomar un vermú, parmar, xoghar...e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer….

O sábado 11 de xullo teremos parranda dende primeira hora:

Banda de Gaitas e Grupo Infantil Brisas do Quenllo
Sesión Vermú e Xantar Popular

XVI Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos…
- A.C. Brisas do Quenllo da Pontraga, Tordoia
- Os Rueiriños de Oleiros
- Os Serranos de Águeda
- Novxs Bailadorxs da Pontraga


LUDOTECA BRINCALHONA e MÚSICA A TUTIPLÉN
o CE ORQUESTRA PANTASMA!!
e...MÚSICA NA NOITE PRA BAILAR E DESFRUTAR CON:

- Cuadrilla do Pan Quente
- Zanfonistas da Pontragha
- Bouba
- Os Campantes da Baña


nós xa imos estar ali!! esperámosvos!


Saúdos e...festa a nosa!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-07-2015 12:02
# Ligazón permanente a este artigo
IX Festival As Minas (A Pontenova)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-07-2015 11:53
# Ligazón permanente a este artigo
XII Encontro en embarcacións tradicionais de Galicia (Boiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2015 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
II Convivio da Cultura Galega en Outeiro de Rei
Por segundo ano consecutivo, pomos en marcha, coa colaboración da Federación Galiza Cultura e da Asociación Cultural e Musical Solfa de Compostela, o Convivio da Cultura Galega: será o sábado 11 de xullo, desde as 11:15 horas, durante todo o día, na carballeira de Santa Isabel en Outeiro de Rei.

O Convivio quere ser, sobre todo, unha xornada lúdica e festiva, de convivencia, de recuperación do espírito comunitario da tradicional romaría da Santa Isabel de Outeiro de Rei, de foliadas e merendiñas. Todo isto arredor da figura de Manuel María, que dedicou por enteiro a súa vida á construción dunha cultura propiamente galega e cultural, dun país normal e normalizado, e que tanto colaborou co nacemento de tantas asociacións e proxectos culturais.

Animámosvos a que nos acompañedes nesta xornada festiva en Outeiro: haberá actuacións musicais, homenaxe ao Manuel na súa campa, xantar compartido, posibilidade de visitar a Casa-Museo Manuel María (para quen o desexar ou aínda non a coñecer) e, deseguro, algunhas sorpresas máis. O Convivio prolongarase durante toda a xornada, comezando coa recepción dos asistentes diante da Casa Museo ás 11:15 horas, para logo baixar á carballeira de Santa Isabel. O único requisito é que traiades o voso xantar...e moitas ganas de festa, por suposto.

Mais o Convívio busca tamén crear un espazo de encontro do asociacionismo cultural galego de base, un xuntoiro onde podermos dialogar entre nós e sacar algunha iniciativa conxunta.

Desta volta, e para facilitarmos canto posíbel o desprazamento a Outeiro de Rei, vanse pór autobuses desde diferentes comarcas do país: polo de agora, están confirmados xa desde A Coruña, desde Ferrol e desde Compostela. Se desexardes facer uso deles, podédesvos anotar xa:

A Coruña: teléfono 698 177 621 ou correo-e fundacion@manuelmaria.com (Fran)

Ferrol: teléfono 646 571 168 ou correo-e vaiporelas@gmail.com (Luísa)

Compostela: teléfono 676 675 030 (Lucía)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2015 11:33
# Ligazón permanente a este artigo
I Xuntanza Folc Follas de Olivar (A Insua-Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2015 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
I Encontro de música e bailes do País (Arcos da Condesa-Caldas de Reis)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2015 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
III Memorial Henrique Otero (Moaña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-07-2015 11:26
# Ligazón permanente a este artigo
II Retro-Foliada (Cela-Bueu)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-07-2015 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de raiz (Callobre-A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-07-2015 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Rois Arrasa
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-07-2015 13:41
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folc Illa de San Simón (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-07-2015 13:36
# Ligazón permanente a este artigo
X Festival da Chaira (Baltar-A Pastoriza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-07-2015 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
XII Karraskal Rock (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-07-2015 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 6 (Luns)

Terza feira 7 (Martes)

Corta feira 8 (Mércores)

Quinta feira 9 (Xoves)
• Os Carunchos e Sés nos Xardíns da Deputación de Lugo

Sexta feira 10 (Venres)
• XVI Folk de Raíz (Callobre-A Estrada): Sés, Os Carunchos, Xirandola, Regatos,...
• Festival Rois Arrasa: Ruxe-Ruxe, Agoraphofia,...

Sábado 11
• XII Karrascal Rock (Vigo): Heredeiros da Crus, Dakídarría
• Festival da Chaira (Baltar): Maskarpone, Biribirlocke, Chotokoeu e Lady Chatarra
• VI Festival Illa de San Simón(Redondela): Os Chavellos, Pelepau, Pan de Capazo
• XIV Festival Retrouso e II Retro-Foliada en Cela (Bueu)
• Serán no Igrexario do Hio (Cangas do Morrazo)

Domingo 12
• Xuntanza Folc "Follas de Olivar" na Insua (Ponte Caldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2015 13:24
# Ligazón permanente a este artigo
Coanhadeira en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-07-2015 11:14
# Ligazón permanente a este artigo
Xose Manuel Budiño en Bertamiráns (Ames)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2015 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Roi Casal en Sabucedo (A Estrada)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2015 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Queiroa en Sada
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2015 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Boubas na Insúa (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2015 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Encontro de tocadores de Concertina en Caminha (Portugal)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2015 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Moxenas Musical Galego en Cela (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 01-07-2015 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer