Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

VII Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-07-2012 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Terra e da Língua (Narón)

21 de julho (sábado)
Passeio Maritímo de Júvia (Narom)

12.00 Charanga pola estrada de Castela

13.00 Sessom Vermut na carpa

13.00 Apresentaçom do XII Festival da Terra e da Língua

14.00 Churrascada

16.30 Festivalzinho
- Obradoiro de Jogos Tradicionais

17.30 Jogos Populares

21.30 Leitura do pregom a cargo de Pilar Neira

22.00 Concerto
- Fracasados de Antemano GZ
- Trapalhada GZ
- Betagarri EH
- Cuchufelhos GZ
- Dz Selectors GZ
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 20-07-2012 15:38
# Ligazón permanente a este artigo
Para confirmar partcipación no Serán de Herville (Cela-Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 20-07-2012 15:34
# Ligazón permanente a este artigo
I X Festival Carneiro ao espeto (Moraña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2012 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Santiaguiño Rock (Vedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2012 18:48
# Ligazón permanente a este artigo
Rockanos (Arcos da Condesa)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2012 18:47
# Ligazón permanente a este artigo
2uS presenta novo disco en Compostela
Xoves 19 de xullo ás 21:00 en Compostela

Concerto presentación do novo traballo discográfico de 2uS na Cidade da Cultura dentro do ciclo Atardeceres no Gaiás.

2uS preséntase en formato cuarteto xunto ao contrabaixista Pablo Pérez e o percusionista Marcos Vázquez nun concerto onde soarán os temas do novo disco que farán viaxar por un universo de sons aos asistentes gozando do solpor dun xeito diferente.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2012 18:35
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 16 (Luns)
• Zurrumalla e Na Revolta na Guarda ás 20:00

Terza feira 17 (Martes)

Corta feira 18 (Mércores)
• Talabarte na igrexa de Sta. Mª a Nova (Noia) ás 21:00

Quinta feira 19 (Xoves)

Sexta feira 20 (Venres)
• Os Modernos na Avda. da Coruña (As Pontes) ás 22:00
• Milladoiro en Compostela
• Paloma Suanzes nos xardíns da deputación de Lugo
• Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Guezos, Dios Ke Te Crew, The Booze, The Mighty Calacas

Sábado 21
• Tiruleque no XIV Mercado Medieval de Alfoz
• Keltoi e Disturbio na Sala Inferno (Vigo)
• Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Os Cempés, Skatalities, Esne Beltza, O Sonoro Maxín,...
• Festival Arreaocabo (Celeiro-Viveiro): Heredeiros da Crus, Medomedá, Skarallaos,...
• Festival da terra e da lingua (Narón): Fracasados de Antemano, Trapalhada, Betagarri, Cuchufelhos, Dz Selectors
• Festival da Chaira - Lugo: Ataque Escampe, Bastards on Parade, The Skarnivals,...
• Romaría e foliada Garruleira en Cecebre (Cambre): Os gaiteiriños, Os Carunchos,...

Domingo 22
• Día do Traxe Galego (Compostela)
• O Fiadeiro en Padrón
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2012 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 13 (Venres)
• Gala `O son do Tangaraño´ no multiusos das Pozas (Mos) ás 22:00
• Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) con Carapaus ás 21:00
• Son de Mulleres (Ribadeo): ás 21.00 horas no Cine-Teatro: Banda Municipal de Ribadeo, Alesancia, Irimia Cantareiras, María Xosé Silvar “Sés” e Ugia Pedreira
• Os Irmandiños de Vincios no Pazo da Escola (Mañufe-Gondomar) ás 21:00h
• Sés en Ribadeo
• Festa Obradoiro (Compostela): Ruxe-Ruxe, Dr. Gringo, Los Chavales,.. na sala Capitol
• Nicrarock (Negreira): O Sonoro Maxín, Lady Evil,
Clean and Lead, Marmota Phil
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira): Bagad Glazik Kemper, Stolen Notes, Escola de gaitas de Ortigueira, Blazin' fiddles, Jamie's Smith Mabon
• XIII Festival Folk de Raíz (Callobre-A Estrada): Asociación Cultural Agarimo, Recobio, Ardentía e Tanto Nos Ten
• Ruada na casa do pobo de Antas (A Lama)

Sábado 14
• Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) con Tanto Nos Ten ás 21:00
• Esquíos na Praia Fluvial de Liñares (A Estrada)
• Pardal na Rúa en Baiona, na Praza do Concello ás 23:00
• Kastomá e Kallaikoi na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Astarot en Marín
• Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños): Heredeiros da Crus, Dios Ke Te Crew, Skarallaos, Moon Cresta,...
• Festival a chorar a Cangas (Cangas do Morrazo): Falperrys, Malas Pulgas, O neto de Manuel,...
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira): Oban pipe band, Crema de gaita, The Rua Macmillan band, Electric céilí

Domingo 15
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
• Os Cempés no bar de Fredi (Espasante) ás 21:00
• Tromentelos Chis Pum na Sala 600 (Melide) ás 23:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Ruada de Antas (A Lama)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 13-07-2012 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Ricardo Portela (Pontevedra)
O Memorial Ricardo Portela cambia o seu formato e trasládase ao venres

A praza da Ferraría acollerá os vindeiros 13 e 14 de xullo o XIII Memorial Ricardo Portela que neste edición presenta importantes novidades, segundo explicaron a concelleira de Festas, Carme da Silva e a representante da Asociación de Gaiteiros galegos que colabora co Concello na organización do Memorial.


Nesta edición o Memorial desenvolverase o venres, 13 e o sábado, 14 de xullo na praza da Ferraría, onde compartirán espazo os concertos e a mostra de artesanía e instrumentos tradicionais. Por vez primeira non haberá concurso de agrupacións porque “o memorial naceu co propósito de fomentar a participación dos grupos na música tradicional, pero está claro que é un memorial consolidado que xa precisa outro tipo de celebración”, explicaba a concelleira Carme da Silva. O concurso substitúese por concertos e pasarrúas durante as dúas xornadas.

A mostra de artesanía estará aberta o venres de 17.00 a 21.00 horas e o sábado de 11.30 a 14.00 horas e de 18.00 a 21.30 horas. Contará coa presenza de 12 artesáns:

• Xaneco Tubío,
• Xosé Tuñas
• Foliqueiras
• O Chilro
• Oli Xiráldez
• Pablo Carpintero
• Xermán Arias
• Obradoiro de Instrumentos tradicionais Mouriño
• Master Gaita
• Lorena Reinaldo
• Rebollo Instruments
• Afonso Castro

Os pasarrúas correrán a cargo dos grupos Os Folerpas que actuarán o venres ás 19.00 horas, e os Lerenses que o farán o sábado ás 12.00 horas e Picuiña e Os enxebres de Cacheiras que animarán a tarde do sábado a partir das 19.00 horas.

En canto aos concertos serán as 21.00 horas, o venres a cargo do grupo santigués Carapaus, e o sábado á mesma hora será a cargo do grupo redondelán Tanto nos ten.

Este Memorial Ricardo Portela pretende homenaxear, tamén, a Xosé Manuel Seivane, falecido en xaneiro deste ano, e que nas anteriores edicións colaborou co Memorial. De feito, un dos premios do concurso era unha gaita Seivane. Carme da Silva anunciou hoxe que o sábado está previsto unha homenaxe tanto a Ricardo Portela como a Xosé Manuel Seivane, na que estarán presentes familiares dos dous maestros gaiteiros de Galicia.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:14
# Ligazón permanente a este artigo
'Son de mulleres' (Ribadeo)
O salón de actos da Casa do Mar de Ribadeo (sede da Escola Municipal de Música e Danza) acollerá o vindeiro 13 de xullo a xornada "Son de mulleres.

Respostas á invisibilidade da muller na música" coa que se pretenden potenciar cambios de actitudes que axuden na procura da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes na arte. A xornada está organizada pola asociación cultural Musikeando e poo CIM e conta coa colaboración de Vicepresidencia Primeira da Deputación, a EMMeD de Ribadeo, Amadores da Música e o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Ao longo da historia da música o esquecemento e o descoñecemento sobre as mulleres compositoras ou intérpretes foi constante e mantense vivo aínda na actualidade. Xa que logo, a partires do recoñecemento das causas e consecuencias desa invisibilidade, o que se pretende é realizar unha aproximación á produción musical sen exclusión de xénero e ofertar modelos femininos positivos que estimulen a participación doutras mulleres na música e na danza.

A xornada comezará cun relatorio da compositora e integrante do consello do Instituto de Investigacións Feministas da Universidade Complutense de Madrid, Mercedes Zavala Gironés no que realizará unha aproximación histórica á invisibilización da muller no eido musical. De seguido, Ugia Pedreira, Maria Xosé Silvar “Sés” e a “txistulari” Idoia Kareaga abordarán cal foi e segue sendo o papel das mulleres na recuperación e mantemento da música tradicional tanto en Galicia coma en Euskadi. Para rematar a mañá sumaranse ao coloquio o grupo chairego Irimia Cantareiras e máis as integrantes do grupo local Alesancia (das Anzas) para debatir arredor da situación das mulleres e a música neste tempo.

Xa pola tarde levarase a cabo un acto de recoñecemento ás Meniñas de Saudade e proxectarase o documental da realizadora María Acuña, Saudade e retrato en si bemol no que se achega á histora das Meniñas de Saudade. Para pechar a xornada, ás 21.00 horas no Cine-Teatro, celebrarase un concerto no que actuarán a Banda Municipal de Ribadeo, o grupo Alesancia, Irimia Cantareiras, María Xosé Silvar “Sés” e máis Ugia Pedreira.

Ao tempo que se desenvolve a xornada terán lugar dous talleres gratuítos. O primeiro deles, un obradoiro de danza, que será impartido na tarde do xoves 12 e máis o venres 13 de xullo, de 17 a 19 horas, por Branca Novoneyra e está dirixido a alumnas e alumnos de danza e ballet de entre 8 e 12 anos. O segundo, aberto ao público en xeral, terá lugar na tarde do venres, ás 16.00 horas, e será impartido por Olga Nogueira baixo o título Percorrido pola música galega.

Tanto as xornadas coma os obradoiros son gratuítos pero cómpre inscribirse na EMMeD de Ribadeo ou no Centro de Información ás Mulleres ou ben chamando aos teléfonos 982.130.856 ou 982.120.739.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:13
# Ligazón permanente a este artigo
estreo do musical Galicia Canibal

Galicia Caníbal. O Musical, obra de coreografía e cancións ideada por Antón Reixa, configura unha historia que nos transportará a unha época mítica que catapultou a toda unha xeración de músicos galegos, os anos 80.


No espectáculo soarán éxitos como Bailaré sobre tu tumba, (Siniestro Total); Sitio distinto, Sector naval e a inexcusable Galicia Caníbal (Os Resentidos); Malos tiempos para la lírica e Fiesta de los maniquíes (Golpes Bajos); No me beses en los labios e Soy una punk (Aerolíneas Federales), entre outros.

o musical xirará por Galiza do 12 de Xullo ao 12 de Agosto, e estará dous meses en Madrid.

As entradas xá as podes adquirir a través do teléfono 902 504 500 ou vía on line dende as páxinas de Servinova e da Obra Social de Nova Caixa Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:12
# Ligazón permanente a este artigo
Kastomá e Kallaikoi en Vigo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Tromentelos Chis Pum en Melide
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Treboada de bombos en Tomiño
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:09
# Ligazón permanente a este artigo
Gala `O son do Tangaraño´ (Mos)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-07-2012 13:08
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Obradoiro (Compostela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-07-2012 13:07
# Ligazón permanente a este artigo
Nordestazo Rock 2012
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-07-2012 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival a chorar a Cangas (Cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 13-07-2012 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
XIII Folk de raiz (Callobre - A Estrada)
XIII FOLK DE RAIZ EN CALLOBRE
12 e 13 de Xullo

Nesta cita contaremos con 9 grupos de diferentes estilos:

12 de Xullo:
- Regato de Matamulleres,
- Retrouso,
- Os Ke Hai
- Jonh Deeres.

13 de Xullo:
- Asociacion Cultural Agarimo,
- Recobio,
- Ardentia,
- Tanto Nos Ten


Entre grupo e grupo teremos actuacions dos refeigueiros de Trioliro.


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-07-2012 21:34
# Ligazón permanente a este artigo
Festival do Mundo Celta (Ortigueira)
Xoves 12 de xullo
20:15 h- Inauguración musical
Praza de Isabel II

22:00 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
- Grupo celta da Escola de Música de Ortigueira (Galicia)

22:45 h- Proxecto Runas
- Escenario Estrella Galicia
- Avelaíña (Galicia)
- Rastrexos Project (Gallicia)
- Alén de Ancos (Galicia)
- Harmonica creams (Xapón)


10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira

11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
17 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral

Venres 13 de xullo
22:00 h- Sesión de concertos
Escenario Estrella Galicia
- Bagad Glazik Kemper (Bretaña)
- Stolen Notes (Andalucía)
- Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
- Blazin' fiddles (Escocia)
- Jamie's Smith Mabon (Gales)


10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira

11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
12 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
12:00 h- Pasacalles
Rúas da vila

18:30 h- Mostra bandas e baile
Campo de San Roque

Sábado 14 de xullo
22:00 h- Sesión de concertos
Escenario de Estrella Galicia
- Oban pipe band (Escocia)
- Crema de gaita (Galicia)
- The Rua Macmillan band (Escocia)
- Electric céilí (Irlanda)


10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira

11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"
12 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
12 h- Pasacalles
Rúas da vila

16 h- Radio en directo
Teatro de Beneficencia Lume na palleira de RG Música
17:30 h- Pasacalles
Rúas da vila

20:00 h- Documental
Teatro de Beneficencia "Defol XXI", análise da gaita do século XXI

Domingo 15 de xullo
12 h- Desfile de bandas
Saída dende a Alameda
Escola de Gaitas de Ortigueira,
Banda de gaitas de Ladrido,
Oban pipe band,
Bagad Glazik Kemper,
Banda de gaitas Concello dos Blancos,
Banda de gaitas Abelladeira (O Bierzo),
Banda de gaitas "La reina del Truébano",
Banda de gaitas "Asociación Malante",
Banda de gaitas de Burela.

10 h- Antoloxía Festival
Centro de recepción de visitantes Exposición fotográfica
10 h- Exposición de instrumentos tradicionais do CENTRAD
Casa consistorial de Ortigueira

11 h- "A gaita e as orixes do Festival Celta"
Museo Ortegalia Mostra temporal do curso da UIMP "A gaita no folclore tradicional galego"

12 h- Feira de artesanía
Paseo marítimo Apertura das casetas do feiral
18 h-Actuacións do violinista Jesús Herranz, o acordeonista Román Señor e o gaiteiro David Losas.
Teatro de Beneficencia

20 h-Presentación do proxecto "Metodo cardiofónico" polo zanfonista Germán Díaz.
Teatro de Beneficencia
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 12-07-2012 21:32
# Ligazón permanente a este artigo
Os Xoves de Códax (Cambados)

A cita cultural por excelencia deste verán ten nome de viño: " Os Xoves de Códax". Un circuíto formado por un total de 8 concertos dalgúns dos artistas galegos mellor valorados do panorama musical. Tardes de música e viño que terán lugar todos os xoves de xullo e agosto na terraza-lounge da adega a partir das 20.30 horas, cunha duración aproximada dunha hora. Un evento irrepetible, no mellor enclave para gozar das postas de sol, que permitirá descubrir aos asistentes novas formas de sentir e vivir os viños de Bodegas Martín Códax.

O ciclo segue este xoves, 12 de xullo, co grupo Ilalelo, formado polo showman Carlos Blanco que nos sorprende cun novo espectáculo no que lle acompaña Xosé Manuel Budiño. Neste proxecto abandona os ritmos tradicionais aos que nos ten afeitos e se internará no mundo do hip hop e a música actual converténdose nun DJ que garantirá a diversión.

O 19 de xullo, os protagonistas serán Gastón Rodríguez e Carlos Meléndrez e a través do seu grupo TangoBar introducirá o espectador na atmosfera deste baile arxentino nun formato atípico con distintas influencias como o pop ou o rock.
O mes finalizará coa actuación do trío Monkillos, o 26 de xullo. Marcelino Galán á guitarra, Miguel Cabana ao caixón e Martínez Antelo ao contrabaixo, realizan a través da súa obra un orixinal percorrido dende Galicia a Monk, pasando polo Caribe.

O mes de agosto comeza coa actuación de Mónica de Nut o primeiro xoves, onde presentará o seu primeiro disco en grupo Mónica de Nut Trío, para continuar o 9 de agosto co espectáculo de Sés e o seu proxecto máis galego "Admirando a condición" e o 16 de agosto con Marcos Teira. Guitarrista galego de longa traxectoria musical na que a maioría dos seus traballos están unidos á linguaxe da guitarra flamenca pero tamén do rock.

O broche de ouro para este ciclo musical poñerao a magnífica voz de Uxía Senlle, o 23 de agosto, cando se poña fin a " Os xoves de Códax”

Bodegas Martín Códax invita aos amantes do viño e a música a compartir con eles os atardeceres dos xoves.

Para poder asistir a " Os Xoves de Códax" e tendo en conta que o aforamento será limitado, é imprescindible reservar praza a través do correo comercial@martincodax.com, do teléfono 986526040 ou do Facebook de la Bodega, deixando os datos persoais na aplicación correspondente.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2012 21:30
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Ugia Pedreira
Ugia Pedreira vén de pechar con Marful a Xira Surreal, na que levaron a súa música por unha ducia de espazos singulares de Galicia. Tamén vén de regresar do outro lado do Atlántico, de presentar en São Paulo con Fred Martins o seu disco conxunto Acrobata. Polo camiño, nas ideas e voltas desas travesías transoceánicas e nas travesías interiores que deseña con Marful, Ugia mantén a fértil actividade do Centro Galego de Música Popular, aCentral Folque. Falamos con ela dos seus últimos proxectos e experiencias.

Que aprendiches da Xira Surreal?

Que o músico e o artista poden ser proactivos se son responsábeis co seu oficio, que deben coñecer o que hai detrás e diante do escenario. Confirmei unha expectativa. Que ante boa música e mellores produtos locais o público responde, porque o público non é mero receptor, a xente galega ten un compromiso para vivir mellor material e inmaterialmente en Galiza, refírome atendendo á beleza, ao respecto natural. Que o medo protexe e conxela mas tamén da impulso e cando os proxectos son deseñados desde a honestidade o camiño é limpo, as herbas das cunetas medran e non molestan porque as coñeces e sabes para o que serven.

"A xente galega ten un compromiso para vivir mellor material e inmaterialmente en Galiza, refírome atendendo á beleza, ao respecto natural"
A música cambia en cada escenario? O contexto é tan importante?

Algunha música cambia en cada escenario e algúns músicos son quen de rumiar cada espazo e deixarse sentir nel. Teño visto moitos concertos repetición, tamén de jazz. Agora non me interesan. Teño visto moito talento e técnica no escenario. Non me interesa. Admirar e respectar a poética do espazo vai mais alá da teoría e da intelectualidade. Creo que o contexto é tan importante que só as persoas sensíbeis saben del, porque a maxia non se compra, nin se programa. Por iso un espazo correctamente e protocolariamente aceptábel, con música correcta e bos manxares pode ser unha xornada cultural baleira e cargada de snobismo. O nivel e a calidade emocional depende de moitas claves, que estou disposta a ensinar nos posgraos de programadores culturais de Madrid ou Barcelona, eses que nada teñen a ver co territorio galego.

"Creo que o contexto é tan importante que só as persoas sensíbeis saben del, porque a maxia non se compra, nin se programa"
Que espazo che impactou máis?

Quizás as casas dos poetas. A casa de Curros e de Risco. Tanto nunha como outra respirábase moita vida, moitas conversas e moito arte a peso. Estar preto de xoias, de cadros orixinais de Castelao, estar preto dos sofás onde naceron e se incubaron tantas ideas que influíron na sociedade galega, dá unha confianza e seguridade de acción. Iso influíu na nosa presenza musical. Quizás foron as de menor aforo, porque non había espazo real, polo que eran tan só 50 persoas.

O presente da música pasa por estes camiños: innovar, misturar, combinar con outras artes e atractivos?
Non o sei. A pregunta que a min me fixo cambiar de dirección tanto no eido musical como de produción foi por que e para que eu fago isto. Preguntarse a si mesmo/mesma por que e para que estamos nisto ou naquilo é o fundamental. Iso creo. Hai miles de opcións musicais, formas, decisións, misturas, propostas... A música non é unha opción, é unha deusa que te toca ou non. Non son proletaria da música, nin unha guerreira, nin unha funcionaria. Quizás a súa discípula.

Como estaba São Paulo no São João?
Poucas fogueiras, ainda que depois do primeiro concerto fixen unha pequecha e tamén cociñei para o Projecto Alberto Seabra 1128 de fooding (música e gastronomía). Veño de traballar e deseñar os Petiscos Musicais das Crechas e da Escondida en Espasante con aCentral Folque, e antes do primeiro concerto grande de Acrobata no Sesc Belenzinho de São Paulo fixemos un concerto con petiscos para músicos, artistas, intelectuais que viñeron probar o espírito do disco, a sorprenderse coa pandeireta galega e a comer viandas brasileiras e unhas filloas, receita de miña mai Isabel. Entón, vinme no mesmo camiño mas noutro lado do Atlántico. Consciente dos pasos.

Que é Acrobata? Que conta?
Cancións do Fred Martins e miñas. Unha oda as palabras que voan e pousan. A poesía é a auténtica protagonista do disco. Un disco simple e desprovisto de artificios. Un exercicio de verticalidade mirando cara dentro de nós. A lingua galega e portuguesa, que son a mesma, dan a man nun exercicio de autocoñecemento e recoñecemento.

"Fred Martns está nunha parte do segmento forza-delicadeza e eu noutra"
Galicia rachou os preconceitos, as barreiras que aínda lle impiden achegarse, misturarse, entrar nas músicas da lusofonía?

Pois quizás Galicia en algúns casos si, o resto da Galeguia (antes mal chamada Lusofonia), refírome a Angola, Brasil, Portugal..., que non están moi informados da importante que é a fonte do galego-portugués e onde ten a raíz a psicosocioloxía da lingua. Unha lingua por descubrir, polo tanto. Isto tamén dá azos para o desenvolvemento á vez que protexe o territorio.

Que lle dá Fred Martins á túa música que ti non tes? Que lle das ti que el non ten?
Penso que el está nunha parte do segmento forza-delicadeza e eu noutra. Que estamos xogando coa calma-paixon tamén en distintos grados. E que escenicamente e vitalmente somos complementarios na música.

"As composicións de Fred son novidosas e poderosas para un cambio de visión da Música Popular Brasileira"
Como se recibiu no Brasil o disco?

Oh! O Fred é moi respectado como compositor. A súa chegada a Galiza desde Niteroi por telo convidado ao desaparecido Festival de Musicas Portuarias de Ferrol, creo persoalmente que lle abriu un mundo de trovadores, de antropoloxía musical que é unha riqueza no pais. As composicións de Fred son novidosas e poderosas para un cambio de visión da Música Popular Brasileira. Eu sentinme moi querida cun público que mostra a súa emoción sen vergoña e a converte en palabras. Recibín eloxios moi claves, e crónicas xenerosas para situarme mais no meu oficio.

Que outros proxectos tes entre mans (ou na cabeza)?
Non perder o triangulo norte d'A Marinha, Ortegal e Bretagne para encherme e así seguir compoñendo, escribindo e cantando

www.praza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-07-2012 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Gaitas alemás revividas en Lugo

Un luthier de Guitiriz recupera a sackpfife suaba e inventa instrumentos.

O exterior deste galpón de Guitiriz suxire calquera cousa menos un obradoiro de gaitas. Dentro, a mesa repleta de punteiros despexa as dúbidas. Hai 22 anos, o luthier Sito Carracedo trasladou aquí, a poucos metros do recinto que alberga en agosto o festival de Pardiñas, o seu obradoiro de Lugo en caixas de madeira. En Guitiriz foi deixando de lado a gaita galega, a súa especialidade de sempre, para construír outros modelos europeos. En 2001, unha asociación alemá retouno a recuperar a sackpfife de Suabia, unha gaita medieval borrada do mapa un século atrás.

Carracedo, nado no municipio lucense de Cospeito hai 58 anos, autorretratase nunha frase: Non me gusta a monotonía. Iniciouse no oficio de luthier na adolescencia, en Lugo, co artesán Antón Curral. Acabada a mili, aos 21 anos, montou o seu propio obradoiro. Polo camiño aprendeu que a gaita, desde os epicentros orixinais de India e Mesopotamia, expandiuse por toda Asia, África e Europa. Sito aprendeu a construír as de Escocia, Irlanda e Northumbria (nordés de Inglaterra). Os alemáns deron con el a través do grupo vigués Xistra de Coruxo, coñecedor deste inquedo currículo.

Manfred Stingel, presidente dunha asociación folclórica suaba, chegou a Guitiriz desde a cidade de Balingen (no suroeste de Alemaña) cun libro de historia da sackpfife profusamente ilustrado. Tan só contabamos con iso, coas ilustracións, apunta o luthier de Cospeito. Reproducións de pinturas do século XVI, fotos de esculturas ou figuras de capiteis, foron a guía para un traballo que se prolongou durante todo un ano. En 2002 admitiron a primeira gaita. Cobreilles un millón e medio de pesetas, por todo o traballo de investigación, lembra Sito. A día de hoxe fabriqueilles unha vintena, a 2.200 euros a unidade.

Carracedo é consciente de que o timbre orixinal da sackpfife de Suabia é unha incógnita: hoxe en día xa non se conservan gravacións. Probablemente parézase nun 40% ou un 50%. Tratei de deducilo dos orificios e proporcións dos instrumentos. Falei con musicólogos e historiadores. Estudei os armónicos do canto O resultado é un son máis doce e grave que o da gaita galega, barroco.

Chegado a este punto, Sito Carracedo cre que o seu labor de construtor terminou. O ideal é que monten un obradoiro, algo que está en proxecto. Eu iríame alí unha tempada para ensinarlles a fabricalas. Ensinaríalles a investigar en calibres máis amplos para conseguir un son aínda máis barroco, apunta.

Investigador é unha etiqueta que lle gusta a este artesán. Inventor, cabe engadir, tras ver na súa páxina web que comercializa catro patentes propias. Hai 12 anos empezou a desenvolver o higrotapón para gaitas, a súa primeira creación orixinal. O desafío é a palleta, esa lengüeta que fai soar o instrumento e precisa humidade para non enmudecer. Sito inventou primeiro un tapón que se introduce no punteiro para bloquear a entrada de aire seco. Máis tarde engadiulle un pequeno depósito de auga que a propia palleta, feita de cana, absorbe segundo as súas necesidades. En paralelo deseñou o termohigrómetro, que permite testar a temperatura e humidade da gaita en condicións extremas. Sito aproveitaba as súas viaxes para probar o kit. "En Madrid, a 40 graos de temperatura", subliña.

As dúas últimas patentes son máis sonoras. Os pitos de Sito Carracedo parten do pito tradicional, unha variante da castañuela que se ata ao pulgar para potenciar o chasqueo dos dedos. A min parecíanme un souvenir sen posibilidades. Reducinlles o tamaño, púxenlles medidas precisas. O pito creado en Pardiñas pode fixarse a calquera dedo e, na súa sinxeleza, despregar un amplo abanico de posibilidades percusivas. O mesmo que o peitoque aquí si fixo falta inventar a palabra. Sito experimentara con castañolas amarradas ás pernas con correas. Por que non colgalas do pescozo, Así nace o peitoque, que usa o peito como caixa de resonancia e a punto estivo de chamarse caixa torácica.

Sito Carracedo percorreu Andalucía o verán pasado no seu destartalada furgoneta cun mostrario de pitos e peitoques, que conseguín deixar nalgunha tenda de música. Na cidade de Granada coincidiu con Rubem Dantas, o músico brasileiro que tocou a percusión para Paco de Lucía e incorporou o caixón peruano ao flamenco. Sito ten noticias de que Dantas e o bailaor Israel Galván introduciron pitos e peitoques nalgún tema. Demostracións destes instrumentos están agora dispoñibles en vídeo en youtube. Aínda que o virtuosismo do intérprete, o percusionista Roi Adrio (Quempallou), pode desmotivar a calquera.

www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2012 11:45
# Ligazón permanente a este artigo
O Rexurdimento do canto tabernario

Houbo un tempo, aló polos anos 50 e 60 do século pasado, en que a hostelaría galega vivíu unha revolución. Entraron a formica e a radio primeiro. A televisión algo despois. E a súa chegada provocou que fosen desaparecendo as mesas de madeira e o canto tabernario. Mais o canto de taberna rexorde, con numerosas iniciativas que o promoven en todo o país. A última delas, o ciclo organizado en Pontevedra pola Asociación Cultural Maravallada e a concellaría de Festas que se está a celebrar estes días.


Porque as xeracións nacidas despois desta involución coñeceron unha hostelaría onde a uniformidade provinciana xa fagocitara, -como sinala Xurxo Souto nos seus Contos da Coruña, (Xerais, 2001)-, a taberna tradicional. E tan dura foi a reconversión que se fixo habitual, nas paredes dos locais en que adoitaban cantar os seareiros, un cartaz, escrito en español, que dicía Se non sabes cantar, non cantes. E se cantas ben, canta fóra. Tamén as ordenanzas municipais prohibiron expresamente nalgúns lugares cantar nas tabernas. E a medida que o ruído da televisión empoleirada en calquera recanto e a musiquiña das máquinas comecartos se convertían na banda sonora destes locais, -renomeados como bares, café-bares ou cafetarías-, o canto de taberna esmorecía.

O vindeiro 27 de xullo hase pechar o ciclo de Cantos de Taberna en Pontevedra


Porén, algúns recunchos mantiveron teimudos o seu vello carácter tabernario. Precisamente neles foi onde algunha formación, nomeadamente A Roda, cultivou o repertorio que despois gravou e popularizou. Elo imprescindíbel na transmisión das cancións de taberna do país, o grupo vigués ten o mérito de rescatar do esquecemento o canto tabernario para lle dar de feito tanta popularidade que foi quen de reinserilo no acervo cultural do país. E así, as vellas cancións da taberna, -interpretadas ao xeito en que as deu a coñecer A Roda-, escoitábanse, aínda o fan, nas ceas de empresa, no botellón ou nos campos de fútbol. Para quen poida dubidar da importancia deste grupo no canto de taberna, un dato. A canción do Gato, a que canta iso do “gato metido nun saco”, da autoría de Manolo da Ponte, é hoxe coñecida, -agás na parroquia do Hío de onde é orixinaria-, pola versión do grupo vigués, que cambia varias estrofas da orixinal. Velaí ademais, a esencia do canto de taberna. Este tema relata un suceso real da aldea de Vilariño, de onde era orixinario Manolo da Ponte, e foi composta case ao mesmo tempo que acontecían os feitos que relata. Posteriormente, A Roda aprendeuna, probablemente do propio autor, arredor da mesa dalgunha taberna e interpretouna ao seu xeito.

Nos últimos anos, a semente que botaron formacións como A Roda, e que souberon coidar algunhas tabernas que resistiron os tempos duros, comeza a agromar. Son moitos xa os lugares da nosa xeografía onde, ao abeiro dalgún festival ou dentro da programación cultural dalgún concello, se organizan ciclos de cantos tabernarios. En Ferrol, o Ciclo de Músicas Tabernarias, en Melide, o Concurso de Cantos de Taberna. Mais tamén en Marín, en Combarro ou en Moaña, onde o Var con Uve é o epicentro do novo rexurdimento.

A última cidade galega en sumarse á esta recuperación foi Pontevedra. A Asociación Cultural Maravallada e a concellaría de Festas da capital do Lérez organizaron esta primavera o primeiro ciclo de Cantos de Taberna. Nove locais da cidade están a ser o marco onde o propio grupo Maravallada desenvolve o seu repertorio tradicional. Xa o fixo durante os meses de marzo e abril e vólveo repetir estes días. E sempre seguindo un mesmo esquema. Asactuacións teñen lugar os venres, percorrendo tres locais cada día na compaña dun grupo convidado. Os concertos desenvólvense entre as 21.00 e as 24.00 horas. O 25 de maio, a andaina tabernaria estivo no Contribución, no Vetula Ponte e na Estafeta. O 29 de xuño, foi o día das Reixas, A Lareira e mais A Navarra. E para rematar con este ciclo, o 27 de xullo, a ruada chegará ás Parvadas, aos Maristas e á Casa do Lado.

Aquí tedes unha mostra dos cantos tabernarios do 29 de xuño:




www.gzmusica.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2012 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados do XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

O XXXIII Concurso de Baile Tradicional de Xacarandaina levou ao Palacio da Ópera unha representación do traballo que leva a cabo en distintas asociacións de toda Galicia por manter as pezas tradicionais.

Houbo atraso na decisión do xurado, o que intranquilizó ao público, porque non chegou haber unanimidade nos premios das categorías de maior idade e os galardóns non se entregaron ata preto das tres da tarde.

No apartado dos grupos de integrantes menores de 8 anos o primeiro premio foi para o grupo D da Escola de Muiñeira de Cantigas e Agarimos de Santiago, de onde foron galardoados tamén un bailador e unha bailadora como os mellores do certame.

Na categoría de 9 a 12 anos foron premiados o grupo C de Cantigas e Agarimos e Carabullos e Rebuldeiros de Xacarandaina.

Mentres que Garagao, tamén de Xacarandaina, e Pedravixía de Adro-Baio, e Nove Ferreñas de Vai de Roda-Rianxo o foron entre os participantes de 13 a 16 anos.

No apartado de maiores, os tres seleccionados foron Trébede de Loaira-Marín, Bulideiros de Xacarandaina e o grupo A de Cantigas e Agarimos.

O acto tamén serviu a Xacarandaina para anunciar que presentará o próximo día 14 de agosto en María Pita o seu último espectáculo «Galizien Amerika Linie».

La Voz de Galicia
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-07-2012 12:28
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 9 (Luns)
• Uxía, Sérgio Tannus, Jed Barahal e Christina Margotto no Teatro Principal (Compostela) ás 22:00

Terza feira 10 (Martes)

Corta feira 11 (Mércores)

Quinta feira 12 (Xoves)
• XIII Festival Folk de Raíz (Callobre-A Estrada): Regato de Matamulleres, Retrouso, Os Ke Hai e Jonh Deeres.
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira): Avelaíña, Rastrexos Project, Alén de Ancos, Harmonica creams

Sexta feira 13 (Venres)
• Gala `O son do Tangaraño´ no multiusos das Pozas (Mos) ás 22:00
• Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) con Carapaus ás 21:00
• Sés en Ribadeo
• Festa Obradoiro (Compostela): Ruxe-Ruxe, Dr. Gringo, Los Chavales,.. na sala Capitol
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira): Bagad Glazik Kemper, Stolen Notes, Escola de gaitas de Ortigueira, Blazin' fiddles, Jamie's Smith Mabon
• XIII Festival Folk de Raíz (Callobre-A Estrada): Asociación Cultural Agarimo, Recobio, Ardentía e Tanto Nos Ten
• Ruada na casa do pobo de Antas (A Lama)

Sábado 14
• Memorial Ricardo Portela (Pontevedra) con Tanto Nos Ten ás 21:00
• Esquíos na Praia Fluvial de Liñares (A Estrada)
• Kastomá e Kallaikoi na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Astarot en Marín
• Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños): Heredeiros da Crus, Dios Ke Te Crew, Skarallaos, Moon Cresta,...
• Festival a chorar a Cangas (Cangas do Morrazo): Falperrys, Malas Pulgas, O neto de Manuel,...
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira): Oban pipe band, Crema de gaita, The Rua Macmillan band, Electric céilí

Domingo 15
• XXVIII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-07-2012 11:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 6 (Venres)
• Sondeseu na Rapa das Bestas (Sabucedo) ás 22:30
• PabloSeoaneGrupo no Curro da Praza de Muros ás 23:00 adiado
• Astarot en Cospeito (Muimenta)
• Estimaba que Viñeras no Inferniño Folk (Ferrol)
• Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo): O Fiadeiro, Abóbriga, Zurrumalla, Cuchufellos
• Festival Arde Rande (Redondela): Liska, Bloquinho Aperta, Meninos Carentes, Baldosa Amarilla,...
• Festival Música na noite (Calo-Teo): O Sonoro Maxín, A Compañía do Ruido, Deseqilibrio Mental, Leo e Arremacaghoná, Los Mighty Calacas

Sábado 7
• Festival Sons da Lameira (Matamá-Vigo): Dios Ke Te Crew, Falperrys, Dakidarría, Escuela de Odio
• XIX Festival do río Castro (Narahio): Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño, Habelas Hainas, Tanto Nos Ten e Sacha Na Horta
• Festival Música na noite (Calo-Teo): Os Cempés, Taghaitai, Vai Rañala, Devotos do Folclore, Homen Banda
• Festival Asalto ao castelo (Vimianzo): Xose Manuel Budiño, O Sonoro Maxín, A Requinta da Laxeira,...
• Festa Rachada da Baña
• IV Serán de Rande (Chapela-Redondela)
• XIII Serán de O Fiadeiro (Cabral-Vigo)
• Foliada estival de Belusoás 22:00 no Parque Novas, e se chove na Casa do Pobo

Domingo 8
• Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña) ás 11:00
• Tarxa e Moxenas Musical galego na A.V. Castrelos (Vigo)ás 19:00
• Sondeseu en Vigo na Porta do Sol ás 22:30
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-07-2012 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina (A Coruña)

Bases do “XXXIII Concurso de Baile Tradicional Xacarandaina”
8 de xullo 2012 - Pazo da Opera - A Coruña


1. Neste concurso poden participar grupos de: Asociacións Folclóricas, Recreativas, Culturais, de Veciños, Centros Parroquiais, etc.

2. Os grupos poden ser mixtos, femininos ou masculinos, e estarán formados como mínimo por oito persoas (agás cando as características do baile o precisen).

3. A categoría determinarase pola media das idades dos compoñentes, e ningún deles superará o límite da categoría en máis de dous anos.
A: ata os 8 anos inclusive.
B: de 9 a 12 anos inclusive.
C: de 13 a 16 anosinclusive.
D: de 17 anos en adiante.

4. Cada grupo terá que levar o seu acompañamento musical: gaiteiros, pandereteiras, … que deberá estar presente no esceario, vestindo o traxe tradicional.
En cada unha das categorías serán concedidos os seguintes premios:

1º premio: trofeo e 350 €
2º premio: trofeo e 200 €
3º premio: trofeo.

Se o número de grupos participantes nunha categoría é inferior a cinco, outorgarase un único premio. (trofeo e 350 €)

Ademáis outorgaranse dous únicos premios para tódalas categorías do concurso:

- Premio o mellor bailador e premio a mellor bailadora, ambos premios en Homenaxe a Yolanda Pérez Feijóo.


5. É obrigatorio o uso do traxe tradicional galego.

6. A peza a interpretar deberá ser tradicional ou popular, nunca de autor. No caso de que a A. C. Xacarandaina tivera que pagar á S.G.A.E. pola interpretación dunha peza de autor, remitiríamos o pago á asociación correspondente.
No caso de que o baile presentado fora recollido polo Grupo de Bailes
Tradicionais Xacarandaina, deberá contar coa súa autorización.

7. No momento da cualificación, o xurado terá en conta:

1. Autenticidade da peza.
2. Dificultade técnica
3. Calidade na execución

8. O XURADO ESTARÁ COMPOSTO POR PERSOAS ALLEAS A A. C. XACARANDAINA.
O XURADO TERÁ A LIBERDADE DE ESIXIR O D.N.I. OU LIBRO DE FAMILIA, ASÍ
COMO ESTABLECER PREMIOS DESERTOS SE ASÍ O CONSIDERA OPORTUNO.

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos. O grupo que exceda dito
tempo quedará descalificado.

9. O concurso terá lugar o domingo 8 de xullo no Pazo da Opera de A Coruña, sito na Glorieta de América s/n – 15004 A Coruña.

Está previsto que o concurso se desenvolva pola maña,incluíndo a entrega de premios correspondente. A hora de presentación, orde e normas serán enviadas previamente ao concurso vía correo electrónico.

A participación neste concurso implica a aceptación das bases xa expostas.

10. O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 23 DE XUÑO.

11. Pódense realizar as inscricións a través da nosa páxina web www.xacarandaina.com, ou da mesma forma que en edicións anteriores, enviando debidamente cumprimentada a folla de inscrición adxunta por:

- Correo ordinario ao local social: A.C. Xacarandaina, rúa Historiador Vedía nº3, soto 1º, 15004 A Coruña
- Correo electrónico: info@xacarandaina.com

EXCLÚESE A VÍA TELEFÓNICA PARA RELIZAR AS INSCRICIÓNS.

12. NON SE ADMITIRÁ NINGUNHA INSCRICIÓN POSTERIOR A ESA DATA.

Co fin de obter un arquivo gráfico, a organización realizará fotografías e videos do concurso. Estes documentos gráficos poderán ser empregados pola organización para mostrar ó público tanto no local coma na web www.xacarandaina.com, así como para a elaboración de carteis e publicidade dos eventos que se realicen.

A A.C. Xacarandaina aclarará calquera dúbida:
Tlf.: 981 277 315 // info@xacarandaina.com
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 06-07-2012 13:56
# Ligazón permanente a este artigo
A Fonsagrada homenaxea a `O Cego dos Vilares´
Proxecto Florencio, o espectáculo

aCentral Folque, co apoio do Concello da Fonsagrada e da Deputación de Lugo leva desenvolvendo desde novembro de 2011 PROXECTO FLORENCIO , unha proposta educativa para músicos de toda Galiza centrada no repertorio de Florencio dos Vilares: violinista cantor e contador natural da Fonsagrada de grande relevancia dentro do patrimonio musical galego. Este venres 7 de xullo estrearase o espectáculo levarase na Fonsagrada, baixo a dirección musical do zanfonista Germán Díaz e coa presentación de Celso Sanmartín.

O Concello da Fonsagrada acolle a estrea Proxecto Florencio, música, palabra e imaxes, unha proposta artística vangardista que homenaxea a unha figura patrimonial de grande importancia e nado na comarca. No espectáculo participan 14 músicos de toda Galiza que levan traballando meses en torno a Florencio, O Cego dos Vilares. Durante as sesións de traballo ao longo do curso tamén estiveron presentes profesionais de diferentes disciplinas que achegaron coñecementos teóricos sobre diferentes aspectos do repertorio de Florencio: Dorothe Schubarth (musicóloga e autora do Cancioneiro Popular Galego), Pancho Álvarez e Gutier Álvarez (violinistas), Ramom Pinheiro (historiador), Sergio de la Ossa (musicólogo especilista en análise musical).

A labor de arranxo e direción da orquestra creada para o proxecto foi levada a cabo por Germán Díaz, zanfonista de recoñecemento internacional. A súa particular visión outorga ao espectáculo unha estética diferente que enlaza a Florencio coas tendencias musicais mais actuais. O espectáculo tamén contará coa participación do narrador Celso Sanmartín, quen conducirá a velada a través de historias que trasladarán ao público á realidade de Florencio e poñerán a nota de humor.

Paralelamente ao proceso de traballo cara a elaboración do espectáculo, dentro Proxecto Florencio leváronse a cabo outras actividades como obradoiros divulgativos nos centros educativos da Fonsagrada sobre a figura do Cego dos Vilares ou ensaios abertos ao público no salón de actos municipal da mesma vila.

Florencio dos Vilares.

Florencio dos Vilares faleceu no ano 1986, mais na Fonsagrada é recordado por grande parte da poboación. Romances cantados por el coa axuda do seu violín, como A Filla de Bartolo ou O Testamento do Gato forman parte da memoria colectiva de grande parte da comarca. Florencio cantaba nas festas, feiras, onde houbera un grupo de xente a quen entreter coa súa música e os seus contos.

O Cego dos Vilares non é un caso illado. Ata mediados dos século XX era frecuente en toda Europa que as persoas invidentes se dedicasen a levar a súa música polas festas e mercados como medio de subsistencia. Os instrumentos cos adoitaban acompañar o canto máis frecuentemente eran zanfonas, violíns ou instrumentos de corda pulsada. Normalmente ían acompañados dunha persoa que os guiaba, en moitas ocasións un rapaz de curta idade, quen acompañaba con algún instrumento de percusión ou se dedicaba a vender os pregos de papel que gardaban escritas as letras dos chamados Romances de Cego.

Florencio está considerado o último cego músico ambulante que se dedicou á labor de transimisión da tradición oral. Foi gravado e estudado por persoas como Dorothe Schubarth, Antón Santamarina ou Mini e Mero. Sen dúbida Florencio é unha figura enormemente importante no patrimonio musical galego, desde o punto de vista histórico e musicolóxico.

www.folque.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-07-2012 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Curso de técnica de gaita en Madrid con Pablo Devigo
Curso de técnica de gaita con Pablo Devigo na Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela de Madrid os días 7 e 8 de xullo.

A Escola de Música Tradicional Galega A Píntega Marela organiza un obradoiro de técnica de gaita para os días 7 e 8 de xullo nas súas instalacións da Avda. de Córdoba. Está dirixido a todas as persoas interesadas en mellorar a súa técnica, corrixir aspectos ou a todos os gaiteiros en xeral que queiran coñecer as novas tendencias na gaita galega.

Para realizalo contaremos coa presenza de Pablo Devigo, o recoñecido e laureado gaiteiro de Castro Caldelas e que está chamado a ser unha referencia importante na gaita galega. A súa forma de tocar e concepción da gaita cambiou o panorama ao buscar novas fronteiras tanto na interpretación como na composición.

Neste curso de técnica, tratarase de darlle ao alumno as nocións para a ornamentación das pezas. O curso será eminentemente práctico e traballarase un repertorio tradicional e de autor así como outros aspectos como a saúde e práctica postural e a afinación do instrumento.

O prezo é de 85€ (65€ para os alumnos da Escola A Píntega Marela). Facilitarase material didáctico e ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo. As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición.

Máis información en www.juanluna.es ou en www.apintegamarela.org
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 06-07-2012 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
Novos xeitos para os vellos cantos
Nos últimos anos está a se verificar unha mudanza nas posibilidades de aprendizado da música e a danza tradicionais. De se concentrar en grupos de baile e se transmitir de xeito fundamentalmente oral, comezan a proliferar libros, discos, DVDs e combinacións destes soportes que facilitan o coñecemento de instrumentos, cantigas e bailes. A incorporación ás aulas de ensino da nosa tradición musical, un xeito máis lúdico de entender este legado e a iniciativa dos congresos de ensinantes de música tradicional son algúns dos factores que deron nesta proposta.

DVDs para aprender muñieira no salón da casa, produtos para que os máis novos se acheguen a folclore, repertorios de cantos de taberna, catálogos de instrumentos tradicionais para empregar nas aulas, profesore que ensinan solfexo a partir do noso legado musical e ata un proxecto (pendente de botar a andar) para ensinar a distancia a tocar gaita ou pandeireta. Ao longo dos últimos anos están a se multiplicar os produtos culturais que teñen o seu eixe no achegamento e a aprendizaxe das nosas formas tradicionais de canto e baile.

Pesdelán
Un dos proxectos que están a conseguir un maior éxito neste campo foi o de Na punta do pé, un libro-CD-DVD e espectáculo co que o grupo Pesdelán achega de xeito lúdico aos nosos bailes máis tradicionais. Esgotada a a segunda edición, para o vindeiro outono está previsto o lanzamento dunha terceira. O proxecto, nado da man de Mercedes Prieto e Montse Rivera, achega espectáculos que “pretenden convertir o público en participante” e que conseguen pór a bailar os espectadores, que aprenden pasos, letras e reviravoltas mediante xogos. “Queriamos achegar este ensino ao público xeral, ao xeito dunha macroclase desenfadada e divertida”, explica Rivera. De xeito paralelo, co disco pódese repetir este proceso desde a casa, ou na escola. “Está a se empregar moitísimo nos colexios e mesmo como animación de tempo libre, que tamén era algo que buscabamos”.

Gaitas para cativos
Outra das propostas recentes neste campo é Son do fol un manual co que Xaime Estévez adianta a iniciación á gaita aos seis anos, fronte aos dez cos que se comezaba habitualmente. “Resulta unha proposta medotolóxica que se pode empregar nas escolas de música ou no ensino obrigatorio, xa a nivel de primaria. Había material xenérico de introdución á música pero non existía algo tan específico”. Aproveitar o xeito tradicional de iniciación, a partir doutros instrumentos que permiten ir coñecendo a dixitación da gaita sen precisaren da forza pulmonar necesaria para encher o fol é unha das bases desta proposta. “Ao tempo van cantando os temas do noso folclore, fan actividades de movemento, adiviñas, contos e van coñecendo o instrumento ao tempo que coñecen a música e a cultura galega”. A proposta está pensada mesmo para arrincar com alumnos que aínda nin saben ler correctamente.

No ensino
Á hora de explicar a proliferación de proxectos e produtos con esta vocación didáctica encol da nosa tradición, Rivera apunta que “había unha demanda importante de todo este tipo de material de apoio, e iso é o que promoveu que saía á luz. Era unha das cuestións que se comentaban de xeito máis repetido nos congreso de ensinantes de música tradicional que organiza a Asociación de gaiteiros Galegos” e que levan xa cinco edicións. Coincide con ela Estévez, quen sinala que “cando te dedicas a enisnar esta parte da cultura tradicional, comprobas que non existen ferramentas pedagóxicas, e entón elaboras unha. Ese foi o meu caso e supoño que noutros tamén xurdiu así”. A introdución crecente da música tradicional no ensino, un tema que se ten tratado de xeito monográficos nun destes congresos, explica tamén a aposta por este tipo de produtos, que atopan un mercado para alén do doméstico e do asociativo e permite abordar propostas destinadas a ensinar a xente sen coñecementos previos. Proxectos como a Guía Didáctica de Instrumentos Galegos de Moises Quintas, o volume Para cantar veño eu, de Rafael Quintiá poden se inserir nesta liña de traballo ou mesmo o Glosario da música populer en Galicia de Olga Camafeita. A introdución destes temarios nas aulas mesmo produce en ocasións unha recuperación deste patrimonio no fogar. Segundo apunta Xaime Estévez, “os pais tamén comproban o que se fai na clase, cántanse as cancións na casa e trasladan tamén os seus propios coñecementos”.

Aprender para se divertir
Canda a isto, Rivera coincide con outros ensinantes deste campo en que se está a dar unha certa mudanza na intención coa que se aprenden cantos e danzas. “Antes cando dabas unhas clases de baile, era para un grupo que quería saír actuar. Agora, aínda que iso se mantén, existe tamén xente que só quere pasalo ben e aprender un puntos para bailar na festa. Hai quen che di que vai por facer exercicio ou porque o pasa ben coa xente que vai á clase, e isto é algo que non había antes”. Así o contempla tamén Gustavo Couto, un dos autores do DVD Bailabén que, cando presentou este proxecto, sinalaba que “Estase deixando atrás o estereotipo de que só serve para subir a un escenario: Nos oitenta houbera unha explosión de xente que se apuntaba con vistas a actuar, agora comeza a se bailar directamente na rúa. Fanse seráns e a xente sae, un pouco como se facía antes”. Do mesmo xeito ca estes produtos, iniciativas como o aínda pendente de sei iniciar e-Xango, que permitirá aprender a distancia e mediante Internet diferentes instrumentos, ou o Repertorio Tabernario de Luís Torres poden inserirse nas propostas que teñen un sentido máis lúdico.

Avances ou retrocesos
En xeral, segundo recoñece, Sánchez “existe unha demanda xeral de se achegar á música tradicional e de raíz. Non sei ben por qué mudou isto, pero é un pouco voltar ao xeito no que se entendía antes”. Estévez pola súa banda, sinala que “desde que eu comezei, hai case trinta anos, detéctase un avance destacado no sector. Somos moitos máis pedagogos de música tradicional, existen máis materiais tamén na danza”.Os congresos de ensinantes ou a edición, en 2006 do Libro Branco da Educación en Música Tradicional da man da educación Sondeseu amosan o crecente grado de organización deste sector. No entanto, non é tan optimista sobre o interese por este patrimonio. “Nas clases de instituto, non sei se por efecto da globalización, semella que as novas xeracións están máis desconectadas da música popular, e iso supón tamén unha motivación extra para os profesores, procurar que os alumnos saiban algo disto, que teñan certas referencias”. “Aínda queda moito por facer”, recoñece Rivera desde Pesdelán. Polo de agora, en Pesdelán prepara un novo lanzamento no que apuntan que van explorar novas liñas de traballo.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2012 11:12
# Ligazón permanente a este artigo
Milladoiro, sons de cinema

O de Milladoiro co mundo do cine foi chegar e encher. A súa estrea en bandas sonoras veu da man do director cántabro Manuel Gutiérrez Aragón, quen lles deu pé para incluír os temas Valsvoda, Maruxa e Danza de Albarellos na súa película La mitad del cielo. Corría o ano 1986 e os primeiros premios Goya. Á banda galega gañou na categoría de mellor banda sonora. O encargado de ler o papel co vencedor, o músico Carmelo Bernaola, pronunciou mal e soltou algo semellante a Milladerio, ou sexa máis ou menos como Julio Iglesias cando mencionaba a praza do Obradoiro.

Daquela, a banda galega xa contaba cunha bagaxe profesional importante. As pezas que lles valeron o premio estaban encadradas no álbum Galicia no país das maravillas, o quinto na súa andaina e o terceiro que editaban coa multinacional CBS, que os fichara logo de comprobar calidade musical e o alto nivel de vendas que lograban nuns tempos ben diferentes para a industria discográfica. O conxunto era un referente non só musical, senón cultural, para Galicia. E no estranxeiro xa gozabandun gran prestixio. Foron os primeiros músicos en recibir trato estelar noutras nacións.

Ao ano seguinte do Goya chamounos José Luis García Sánchez para que participasen na adaptación á pantalla de Divinas palabras, a obra de Valle-Inclán que pensaba rodar en Galicia. E empregou as pezas. Indícano os compoñentes de Milladoiro: “A música está moi presente, para ben ou para mal, en todo o filme. Quizais nós fariámolo doutra maneira”. Este traballo significou unha nova candidatura para os Goya. Pero recuncar era moi complicado e desta volta ninguén subiu ao escenario, ese lugar familiar para un artista e no que os colocou García Sánchez para un cameo interpretando a uns músicos que actuaban nun local. “Como alguén o tiña que facer e se non éramos nós seguramente lle levaría máis tempo, aceptamos a proposta do cineasta”, lembran. Nesa banda sonora colaboraron con Ana Belén, que interpretaba a unha das protagonistas da película, e a madrileña cantou con eles Estoy celosa del vuelo. Pasados bastantes anos, e dado o bo entendemento no pasado, a cantante puxo a voz a Moraima, peza composta pola banda e pertencente ao álbum Auga de Maio (1999).

Estes dous realizadores citados son os nomes clave na traxectoria musical para o eido cinematográfico da formación folk. Sería Gutiérrez Aragón quen cando volve para rodar en Galicia lembra o excelente resultado acadado no pasado e decide chamalos para a banda sonora de El rey del río. E o salmantino García Sánchez cismou en realizar novamente unha versión na pantalla de Valle-Inclán con Esperpentos, onde adapta a coñecida como triloxía Martes de Carnaval, e para a viaxe musical polo universo do célebre literato seguramente non tivo dúbidas á hora de elixir a quen aportaría talento para ese apartado concreto. Deste xeito, da cabeza dos Milladoiro saíron novos acordes para a pantalla.

Malia que os músicos consideran que están capacitados para compoñer “unha banda sonora de calquera tipo”, resulta evidente que o requirimento da súa presenza mantén sempre unha ligazón coa música de raíz galega. Fóra destes parámetros aínda ninguén pensou neles para unha obra que os afaste un chisco do seu círculo de acción coñecido. Mais é que iso tamén acontece cos intérpretes que triunfan en determinado rexistro e aos que logo resulta complicado mudar de papel porque as ofertas de traballo inciden naquilo xa probado. Non existe moita xente disposta a investigar cousas novas por mor dun medo ao risco que provoca aletargante inmobilismo.

Dentro da súa traxectoria, Milladoiro realizou o álbum Iacobus Magnus, acompañados da English Chamber Orchestra. Esa obra pioneira amosa claramente as posibilidades orquestrais da banda. Ademais destas músicas, algunhas pezas do conxunto galego tamén se escoitan nas cintas Tierra del fuego (2000), do chileno Miguel Littín, e Siempre Habana (2006), dirixida por Ángel Pelaez. Todas esas bandas sonoras aparecen reflectidas nun cedé editado pola Academia Galega do Audiovisual dentro da serie Músicas da Academia. Como punto final cómpre falar da colaboración efectuada por Luís Tosar e Mabel Rivera cantando a peza O Castrapista, que forma parte do disco Unha estrela por guía, primeiro traballo enteiramente cantado na traxectoria do grupo, e no que musicaban poemas do finado Manuel María. Nesa ocasión foi o cine quen se achegou ao estudo musical para plasmar a unión dos dous mundos.


www.elpais.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2012 11:11
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Doa
Non é normal que un disco de "música medieval" reciba un premio até o de agora reservado a grupos de etiqueta folk. Como caeu no seo de DOA gañar o Premio Opinión ao Mellor Disco de Música Galega?

- Para DOA, é unha honra recibir o premio ao "Mellor Disco 2011" de música galega nos "XI Premios Opinión de Música Folk" por parte dun xurado independente e especialista na música popular. A fronda dos cervos xa viña precedido de numerosos artigos, listados e mencións en Europa e EE UU. A primeira sorpresa foi ser elixido por "Mundofonías" (Radio Nacional / Radio Exterior de España) como un dos discos "Favoritos 2011" .Posteriormente virían "Global Village" EE.UU (Top 5), "A World in London" (Top 8), World Music Central EE.UU€pero o máis doado é que te recoñezan na túa terra. Canto a se este disco podería definirse como "folk","música medieval", "folk medieval galego", "música galega do século XII", "música de raiz galega", "Galician world music" ... iso tanto ten. Nós pensamos que os referentes da música galega "folk" ou "popular" están no antigo e impresionante Patrimonio Musical dos século XII/XIII: a Lírica Medieval Galego-Portuguesa. Se o sumamos aos Códices e outros documentos, temos un millar de pezas, con letra e música, as máis antigas de Europa e, polo tanto, de Occidente.

- Vdes. consideran que neste disco interpretan música medieval ou máis ben fan música do século XXI inspirada no mundo medieval?
- A fronda dos cervos é un disco que poderiamos dividir en tres partes ben diferenciadas: transcripcións de pezas dos séculos XII/XIII, de diversos autores e adaptadas por nós, interpretacións libres de pezas e textos dos séculos XII/XIII dun xeito contemporáneo e composicións orixinais actuais baseadas nas estruturas melódicas medievais con textos dos trobeiros (Cantigas de Amor, Amigo, Escarnio e Maldicir). Nós fomos á procura dun disco homoxéneo, orgánico, coherente € unha ollada dende o século XXI. Non pretendimos facer un traballo ortodoxo, senón recrear unha atmosfera musical ao noso xeito, sen fuxir das nosas influencias musicais doutros estilos. O disco vai acompañado dun completo estudo crítico literario de Federico Pérez sobre o "Esplendor literario na Galicia Medieval: A Lírica Medieval Galego- Portuguesa" e un limiar da poeta Eva Veiga.

- Que parte ocupa o traballo de investigación no total do labor artístico que se fai en DOA?
- Nós adicamos o cento por cento do tempo a comprender o feito musical da música popular galega na súa totalidade: arranxar, adaptar, interpretar, compoñer ... En A fronda dos cervos a investigación non é sistemática; non somos musicólogos, recopiladores, científicos ... somos músicos que amamos o noso Patrimonio Musical, recreámolo e disfrutamos con iso. Despois de tantos anos convivindo coa nosa música e neste entorno, guiámonos máis polo coñecemento, pola intuición, e traballamos de cotío recreando as melodías como pensamos que farían os trobeiros e como se segue a facer na música popular. A creatividade e o talento dos compoñentes do grupo é fundamental, tendo sempre como referencia as nosas fontes musicais da época. Cremos que ninguén pode asegurar como se interpretaba a música nesta etapa da historia; e debemos traballar subxectivamente cando abordamos unha peza. Supoñemos que os trobeiros se movían onde tiñan oportunidade de ensinar as súas cancións, intercambiábanas, variaban letras e músicas ao xeito dunha "regueifa" segundo o lugar onde tocaban. Podería ser o caso de Martín Codax ou de Meendinho, Outro caso distinto son os Códices: música popular recollida por escribáns ou composta para diversos fins; no caso das Cantigas de Sta María, (que foron "editadas" na corte do rei Afonso X O Sabio), atribúense a Virxe unha morea de milagres mudando moitas das letras orixinais. Dise que o propio rei Alfonso compuxo máis de cen en loor a Virxe. Son hipóteses.

- Este disco céntrase na lírica galego portuguesa. A partir de agora, cara a que territorios musicais camiñarán os seus futuros traballos?
- Aínda temos que difundir este traballo nos vindeiros meses non só en Galicia, senón fóra das nosas fronteiras, dada a acollida sorprendente que ten a nosa música. Canto ao futuro, estamos barallando proxectos novos -moi diferentes- pero agardamos rematar primeiro os concertos, presentacións e divulgación de A fronda dos cervos.

- A historia do DOA é ben longa e os compoñentes que pasaron polo grupo bastante numerosos. Xa que non forman Vdes. un grupo ao uso, como definir DOA? Como unha escola de músicos, unha institución cultural, un fenómeno único que só podería darse nunha terra como Galicia...?
- Isto último está be; simplemente cremos que DOA é unha idea, un xeito de interpretar a música galega distinto e que está baseado na permeabilidade e o intercambio de coñecementos e de estilos. Non somos un grupo endogámico e a xente entra ou sae del con toda naturalidade, os trinta músicos que participaron ou participan aportan riqueza, estilos, coñecementos e moita ilusión. A persoa que ten un proxecto a realizar propóno; tamen é libre de chamar aos músicos que considere oportuno para rematar dito proxecto. Facemos os traballos con vistas á divulgación, sen pensar se gustará ou será comercial. O principal inimigo da creación é ter un destino perto da industria musical ou de intereses de terceiros. Somos un grupo independente.

- Tense constancia da existencia real dunha musica medieval galega con sinais de identidade propias ou isto vén ser como daquela, cando se falaba da existencia da música celta?
- Por suposto, son un sinal de identidade. Os textos están escritos en galego- portugués e oito ou nove séculos despois podes entendelos sen ser un experto, son partituras que falan da vida cotiá, do amor, ou inquedanza nas cantigas de "Amor e Amigo" ou de sentimentos antibelicistas, feministas ou anticlericais nas de "Escarnio e Maldicir"; poucos documentos tan provocadores existen na historia da literatura. E no que atingue ao concepto "céltico", temos constancia da súa existencia e incluso de estudos arquelóxicos, toponímicos e lingüísticos quenos remontan ao 35.000 A.C, pero non hai documentos escritos dese pasado musical. A música dos trobeiros contén "unha memoria musical" incrustada que nos fala de séculos moi anteriores ... son moi evidentes as estruturas musicais mozárabes, posiblemente célticas ou incluso africanas; é unha liña de investigación coa que non podemos nin queremos traballar.

- Son Vdes, pioneiros na "mestura" da nosa música tradicional con outros mundos musicais como o jazz ou a chamada "música clásica". Por que non cundiu máis o exemplo? Será que músicos galegos, en xeral, arriscan menos e son máis "conservadores" do que presumen?
- Nós cremos que si cundiu, moitísimos grupos mesturan na actualidade outros tipos de músicas; o máis sorprendente é que non haxa máis formacións que evolucionen e traballen a música dos trobeiros sen complexos e sen medo; é unha fonte inesgotable e marabillosa do noso auténtico e rexistrado pasado musical. Podes mesturala co Blues, a Clásica o Flamenco o Jazz ou -como fixemos neste disco- imaxinarnos como sería a nosa música nos séculos XII e XIII: sinxela, natural, ás veces inxenua nas cantigas de Amor e Amigo e despiadada, cruel, irónica nas de Escarnio e Maldicir. Con, ou sen mesturas, o noso grupo seguirá definíndose como "de música galega popular e medieval"

- Se as circunstancias o permiten, a formación actual de DOA é, por fin, estable e continuísta ou, como marca a súa traxectoria, haberá cambios segundo o tipo de discos que pensen Vdes. gravar?
- Nós non queremos ser continuístas e o máis probable, vendo a traxectoria do grupo, o natural é que siga mudando e experimentando con novas formas, fuxindo do autoplaxio e con músicos que teñan cousas que contar. Traballamos sen présas nin presións discográficas e gústanos tomarnos o tempo necesario para rematar os proxectos.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-07-2012 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer