Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza |
|
|
|

|
Malmequer |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 30 (Luns)
? Sés no Senra Café (Pontevea) ás 23:00
Terza feira 31 (Martes)
? Luar na Lubre en Compostela, na praza da Quintana ás 23:30
? Xoán Curiel na sala A ventana (Laxe)
Corta feira 1 (Mércores)
Quinta feira 2 (Xoves)
Sexta feira 3 (Venres)
? Riobó en Arnoia ás 01:30
? Noitarega en Gondomar
? Os Resentidos e Siniestro Total no parque de Castrelos (Vigo) ás 23:00
? XVI Lugnasad (Bretoña): Sacha na Horta, Guintervan e Eulian
? Festival Son Rias Baixas (Bueu): Heredeiros da Crus, A Tarantela rabuda,...
? III Festival folk Salvaterra do Miño: B.G. Pontenova, Fonteliño e Coanhadeira
? Festival Castelo Rock (Muros): Ruxe-Ruxe, Medomedá, Skarallaos, Trashtucada
Sábado 4
? Habelas Hainas en Arnoia ás 01:30
? Xose Manuel Budiño en Ribeira
? Coro Tradicional Cantares do Brión e Os Terribles de Donas en Gondomar ás 22:30 na alameda
? Odaiko na praza da Quintana (Compostela)
? Festival Son Rias Baixas (Bueu)
? Festival Castelo Rock (Muros): Dios Ke Te Crew, Bodega Bodega, Sonotones, Sozios a la fuerza
? XXIX Festa da Carballeira de Zas: Os Cempés, A Quadrilha, Xarnege, Ultraqans, Maghúa,...
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): Bloquinho de Xermolos, Milesios, Coetus, Eliseo Parra, Kepa Junquera, Quempallou e Cuchufellos
Domingo 5
? A Roda en Arnoia ás 22:30
? Festival de Pardiñas (Guitiriz): Tamborada, Zurrumalla, Beltaine e Chotokoeu
|
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 27 (Venres)
? Tino Baz no Museo provincial de Lugo ás 21:00
? Ludovaina e O neto de Manoel e os fillos de quen nas festas de Aldán (Cangas do Morrazo)
? Som do Galpóm no bar Marigel (Cee) ás 00:00
? Festival Antrospinos (Rianxo): Os Cempés, Dakidarria, ...
? Vaamonde, Lamas & Romero, Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera, Uxía e os pandeireteiros do Fiadeiro, Astarot na Praza da Quintana (Compostela) ás 21:00
? Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña): Fred Morrison, Dinamita
? Foliada no mesón do Gangallo e taberna Tuiriz (Lugo)
? Foliada Cantos de Taberna en Pontevedra
? Serán de Herville (Cela-Mos)
Sábado 28
? XIII Romaría Galega na Pontraga (Tordoia): Orquestra Os Modernos, Bouba, Os Pelexos, Zanfonistas da Pontraga, Cuadrilla do Pan Quente...
? Xornadas de Folclore Galego (Compostela) ás 21.30 na Praza da Quintana: Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar, Os Xeitosos de Trazo e Asociación Cultural Xirandola
? Olimpiada rurais en Meira: Terbutalina, Labregos do tempo dos Sputniks, Panzeta,...
? Manxadoira e Meiramar-Axóuxeres na praza Massó de Bueu ás 22:00
? Astarot en Moraña
? Liska no C.S. Aguilhoar (Xinzo de Limia) ás 23:00
? Kastomá no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Odaiko Percusión en Lugo, na praza de Santa María ás 22:30
? Os Cempés no Parque da Explanada Portuaria de Porto do Son ás 24:00
? Pardal na Rúa na Festa da Amizade en Saiáns ás 19:00
? Estimaba que Viñeras no Seixo (Mugardos)
? Festival Antrospinos (Rianxo): Quempallou, Bastards on Parade, Ataque Escampe, Guintervan,...
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): Festicultores, A Compañía do Ruido, A Banda da Balbina,...
? Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña): Anxo Lorenzo Band, O Fiadeiro
? Foliada de verán en San Vicente de Trasmañó (Redondela)
Domingo 29
? Xornadas de Folclore Galego (Compostela) ás 21.30 na Praza da Quintana: Brincadeira, Ultreia, A Ponte Vella e Trébede
? Foliada Rescate Ghaiteiro (A Santaia-Touro): Orquestra Os Modernos, A Banda da Balbina, Trioliro regueifeiros,..
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): Pesdelán, Os encerellados de Campos Lameiro,...
|
|
|
|
Serán de Herville (Cela-Mos) |
|
 |
|
|
|
Foliada de verán en San Vicente de Trasmañó (Redondela) |
|
 |
|
|
|
Foliada Rescate Ghaiteiro (A Santaia-Touro) |
|
 |
|
|
|
Cantos da taberna en Pontevedra |
|
Para rematar con esta serie de intervencións periodicas nos Cantos de Taberna de Pontevedra, este venres dia 27 contaremos ca presenza do grupo musical ?OS SUSTOS? de Couso.
Esta formación musical é orixinaria da parroquia
estradense de Couso, famosa a parte de pola súa ponte colgante e os seus cotos salmoneiros do rio Ulla, pola súa tradición musical. Alí teñen lugar algunas das convocatorias mais afamadas no espectro da música tradicional do país, como son o festival ?As nosas músicas?, no mes de agosto; e a súa festa de Outono.
O grupo Os Sustos, ven de facerse no mes de abril co primeiro premio na terceira edición do prestixioso Concurso de Cantos de Taberna que a asociación O Castelo celebrou no marco da VIII Foliada de Melide.
O repertorio estará composto por pezas, todas elas de música tradicional e ?de taberna de toda a vida?, así como por fenomenales adaptacións a este xénero de recolleitas de ruadas e seráns efectuadas por membros do grupo. Entre elas podemos citar GARGAMALA, ou SABAXANS.
De seguro pois, que esta actuación non vai pasar desapercibida, tanto pola execución musical, como pola propia posta en escea; que de seguro será do agrado de tódolos asistentes.
Como de costume, estarán acompañados polo grupo Maravallada, de Pontevedra, que irá abrindo camiño nos primeiros minutos de cada intervención.
Dende o Concello de Pontevedra e a asociación Maravallada convidamos pois a todos a que nos acompañedes nesta nova xornada de Cantos de Taberna en Pontevedra, que comezará as NOVE DA NOITE na taberna A CASA DO LADO, na Praza da Leña; para continuar as DEZ por O PARVADAS (Casa Fernandez) na rua Gonzalez Zúñiga, 4 a carón da igrexa da Peregrina; e as ONCE rematar na taberna OS MARISTAS, na Praza da Verdura.
|
|
|
|
XIII Romaría Galega na Pontraga (Tordoia) |
|
Un ano mais a Asociación Cultural Brisas do Quenllo celebramos na Pontraga (Tordoia) a Romaría Galega.
Este ano facémola o dia 28 de Xullo e este é o programa:
Banda de Gaitas Brisas do Quenllo
Grupo Infantil de Trasmonte
Xantar Popular
XIII Encontro de Música e Baile Tradicional cos grupos...
Faragullas (Teixeiro)
San Xiao do Trebo (Cariño)
Brisas do Quenllo (A Pontraga-Tordoia)
Xogos populares da mao da Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela
O fantástico contador Celso Sanmartín
Orquestra Os Modernos, Bouba, Os Pelexos, Zanfonistas da Pontraga, Cuadrilla do Pan Quente...
Será ben recibida toda a xente que queira arrimarse, xantar, ver unha pequena mostra do noso folclore, xogar, escoitar contos, música.. e como non bailar, tocar, cantar, beber, comer.... nós xa imos estar ali!! esperámosvos!
*Para máis info neste correo: brisasdoquenllo@gmail.com |
|
|
|
Festival `Quintana dos Vivos´en Compostela |
|
A primeira sesión dos concertos Quintana de Vivos, que se celebrará este venres ás 21:00 horas na praza da Quintana, será de balde.
Así o confirmou o representante dos establecementos de hostalería encargados da organización deste evento ?"Os catro da Quintana"?, Félix García, que manifestou que este é un xesto "para axudar á cidade" e para que todos os cidadáns "poidan desfrutar da proposta musical que ofrecemos".
Deste xeito, todo aquel que se achegue este venres á emblemática praza compostelá poderá gozar dun espectáculo de cinco horas de duración, coas actuacións de Xosé Manuel Budiño, Kepa Junquera, Astarot, Uxía, Vaamonde, Lamas & Romero e os pandereteiros de O Fiadeiro.
Ao tempo, Félix García informou que o importe de todas aquelas entradas que xa foron vendidas ?unhas 800?, será reintegrado nos puntos de venda onde foron adquiridas. Ademais, o representante de Os Catro da Quintana ?Pub La Quintana, Café Bar El Santiagués, Crepería Cre-Cottê e Café Literarios? salientou que o 10% do total da recadación das barras de consumición instaladas na praza será destinado á Asociación Contra o Cancro. |
|
|
|
XXVIII Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña) |
|
Aviso recibido en Malmequer
Ainda que os artistas que participan este ano non teñen a culpa si os politicos do Concello, asi que aplaudamos os artistas e abucheemos os politicos.
"O Concello de Moaña volve este ano a organizar unha nova edición do Festival Intercéltico do Morrazo, sin antes PAGAR aos grupos... que actuamos na edición anterior. Despois dun ano de estar reclamando, so recibimos desculpas e desprezo non atendendo as nosas chamadas.
A día de hoxe, e a unhas horas de que comece de novo o festival, ninguén, tanto da productora contratada polo concello como o propio concello, non se puxeron en contacto con ninguha das persoas agraviadas por tal asunto, e darnos unha solución.
Só esiximos que se nós pague polo noso traballo, pero, en este país, séguese a especular có traballo dos artistas. Donde están os cartos da organización do Festival Intercéltico do Morrazo 2011?.
Temos coñecemento que o grupo Zurrumalla e máis Tanxarina tamén están reclamando, pero creemos que hai máis perxudicados.
Miserables non somos os que reclamamos o que nos pertence, se non os especuladores e os políticos que os amparan.
BOICOT ao festival!!!
Agradezo que compartades e difundedes esto. Sabemos cando mexan por riba de nós." |
|
|
|
Festixeve 2012 (Xeve-Pontevedra) |
|
 |
|
|
|
V Antros Pinos (Taragoña-Rianxo) |
|
 |
|
|
|
Olimpiada rurais en Meira |
|
 |
|
|
|
Quempallou en Lugo |
|
 |
|
|
|
Oscar Ibañez & Tribo en Pontevedra |
|
 |
|
|
|
Os festivais da resistencia |
|
O Festival de Ortigueira, que este ano recibiu a 50.000 almas ansiosas de escoitar música folk, acapara a atención mediática deste xénero, pero durante todo o verán Galicia é un fervedoiro de reducidos certames. A maioría teñen lugar en pequenos núcleos de poboación e están sustentados por entusiastas asociacións culturais.
Cada fin de semana hai varias opcións a elixir, empezando polos xa consolidados de Zas e Pardiñas no primeiro fin de semana de agosto. Os medios non prestan atención á música galega e moito menos aos festivais pequenos, pero hai un público fiel que coñece moi ben todo o circuíto, analiza Dani Lavesedo, do portal Gzmusica e organizador do festival Vilariño Folk de Ou Hío, en Cangas do Morrazo. A maioría destes eventos reciben de media entre mil e 5.000 persoas, e buscan os seus fondos á marxe da apatía das institucións: montan o clásico bar, venden camisetas ou fan comidas ás que aplican suplementos.
Case todos son de acceso gratuíto, pero nalgúns casos a tendencia está variando. Este ano imos cobrar por primeira vez avanza Fran Resúa do festival Antrospinos, que o vindeiro venres e sábado celébrase en Taragoña no Concello de Rianxo, e no que tocarán grupos como Os Cempés, Quempallou, Canteca de Macao ou Alamedadosoulna.
O ano pasado metemos 3.000 persoas por día, pero sendo gratis non podiamos sostelo, explica Resúa sobre este evento que organiza a Asociación Antrospinos á que pertence. O seu orzamento está ao redor dos 50.000 euros, unha cifra moi digna tendo en conta que non reciben nin un euro de subvención.
Se non nos daban cando todo ía mellor, menos nos van a dar agora, explica o organizador. Para reunir o diñeiro fan festas en entroido ou fin de ano e van acumulando un bote logo de desistir na vía das axudas, atacadas desde algúns festivais.
Estamos en total desacordo coas axudas de Agadic a festivais de música. Obrigan a que teñamos que cobrar unha entrada e iso só favorece a produtoras profesionais, critica Lavesedo, que leva xa trece edicións ao lombo do festival de Hío, e este ano celebrarase o 18 de agosto coa presenza de Ludovaina, Zurrumalla, Ruxe-Ruxe e Compañía do Ruído.
A Asociación Cultural O Gato, da que forman parte quince persoas desta parroquia, fai posible a cita que en edicións pasadas reuniu a 7.000 persoas na praia de Vilariño. Tivemos ata 50.000 euros de orzamento pero este ano non creo que cheguemos nin a 20.000 explica Lavesedo sobre este certame que consegue a maioría dos seus recursos coas vendas do bar, sempre vendo para o ceo para que non chova.
Con todo, a maioría parecen manterse tamén por unha certa conciencia solidaria. Seguimos existindo porque hai grupos cos que hai certa afinidade, porque se todo movésese no contexto da industria isto non sería posible, di o organizador do Vilariño Folk.
Esa afinidade dos grupos está tamén presente no Festival Rebumbio que se celebra este ano o 24 e 25 de agosto en Mos (Pontevedra), e que se rexe por un tipo de contratación sui géneris. Non podemos pagar cachés, pero acordamos repartir o que recademos da barra entre todos, intentando garantir un mínimo digno por músico, explica Carlos Villar, Cao, membro da asociación do mesmo nome que desde fai dez anos organiza este festival que non recibe axuda nin do seu propio Concello. Pese ao caché condicionado, no cartel deste ano lograron reunir ata dez grupos que van de Chotokoeu a Cuchufellos pasando por Turre´s Band.
Villar tamén é moi crítico coa política de axudas da Xunta, tanto aos festivais como ás asociacións culturais. Primeiro quitaron as axudas a asociacións e agora se organizas festivais gratuítos non podes optar. Todo parece pensado para borrarnos do mapa, pero logramos continuar di o organizador do Rebumbio, que o pasado ano reuniu a unhas 1.500 persoas.
En Mos os músicos repártense a barra e no Festival Terra Brava do Incio, que terá lugar o 19 de agosto, recorren a unha fórmula máis tradicional pero non por iso menos eficaz: facer unha gran comida cun suplemento que sirva para financiar o evento. O Terra Brava ten un modesto orzamento duns 6.000 euros e cada ano reúne a máis de mil persoas neste pequeno núcleo da montaña lucense que apenas chega aos 150 habitantes. Decidimos facer un festival sustentable, cun tope de 1.500 euros de caché e onde participe todo o pobo, explica Roi Maceda, da Asociación Terra Brava, que con media ducia de socios organiza a festa.
Algúns festivais convertémonos nun símbolo de resistencia, denuncia Carlos Villar do Festival Rebumbio. A pesar da indiferenza da administración, o asociacionismo que vertebra os pequenos festivais do país parece moi vivo e con ganas de combater un certo derrotismo xeneralizado. Como sentenza Villar: Somos máis molestos estando activos que desaparecendo.
www.elpais.com |
|
|
|
Entrevista a Milladoiro |
|
Inauguraron o venres na praza da Quintana as festas do Apóstolo e hoxe recollen a Medalla de Galicia, pero coa mirada alén dos fastos, os seis músicos de Milladoiro dinse conscientes do ermo ao que as contas públicas someten as propostas culturais. Hai moitos músicos ben formados, pero faltan os cartos de quen contrata e, avisan, o desafío é sobrevivir.
Pregunta. A Medalla de Galicia recoñece unha traxectoria. Que balance fan da súa?
Pepe Ferreirós. Entendo que este é un premio ao traballo feito dentro do campo da música tradicional, da música popular. A música dentro das artes sempre é a parente pobre e, se é música popular, máis pobre aínda. Facer un recoñecemento á música do propio país é importante.
P. Goza de boa saúde a música tradicional?
Nando Casal. A nivel artístico está nun momento extraordinario, pódese dicir que está no mellor momento da historia. O que pasa é que a outros niveis é outro cantar. Esta crise traslada, en canto á industria, a música tradicional ao nivel de cando comezaba a democracia.
P.F. Os momentos nos que comezou Milladoiro eran moi críticos. Estaban desaparecendo os vellos gaiteiros, a cualificación na música tradicional non era valorada, dicíase, bah, é unha cousa menor, e nós unha das cousas nas que puxemos maior empeño foi normalizar ese aspecto da cultura. Nunca houbo tantos músicos coma hoxe, tanta xente dedicada ao estudo serio e riguroso, nunca houbo tantos grupos de baile. O cambio nestes 30 e pico de anos foi abismal.
P. Pero hai risco de involución polos recortes en cultura?
N.C. Nestes momentos de crise nos que se dedica menos diñeiro a programación cultural en xeral, estamos detectando que lle afecta especialmente á música galega. Se ves as programacións das grandes festas dos concellos, parece que aproveitan para que a música galega volva a tempos que estaban case esquecidos.
Moncho García. Houbo un momento no que valía todo. Aínda que soe mal, o mercado vai decidir quen sube a un escenario e quen non. Creo que unha das cousas que máis aportou Milladoro á música galega foi darlle unha gran profesionalidade. Nós queríamos usar equipos tan bos como os dos mellores artistas que viñan de Madrid.
P. Como lle afecta a Milladoiro o recorte orzamentario?
P.F. Hai moitísimas menos actuacións. Algúns concellos, se algún grupo vai tocar gratis, non o poden levar porque non teñen para pagar a luz. Estamos nun momento de ruína das institucións que se dedicaban a programar concertos. Esas institucións están nunha situación absolutamente paupérrima.
M.G. A pesar de que a situación é a que é, penso que a xente que está á fronte das institucións ten a obriga moral de defender o que é propio do país e que levou tanto traballo revivir. Non falo só da música. Esta crise golpea non só ao músico, senón o que hai arredor del, e é importante que este sector dunha cultura minoritaria non reciba un dobre golpe. Os poderes públicos téñense que dar conta.
P. Foron sempre moi prudentes á fusión. Por que?
M.G. O tema da fusión é un concepto que non manexamos, é un concepto de marketing.
N.C. Non facemos nada forzado para ver se se venden máis discos poque na portada aparece fulanito de tal. O tempo deunos a razón: moita xente que fixo fusión, ou máis ben confusión, foi flor dun día.
P. Malia ter un traballo integramente vocal, Unha estrela por guía, sempre defenderon o carácter instrumental de Milladoiro.
P.F. En ningún momento pretendemos ser un grupo vocal. Ese disco foi un encargo para facer un disco sobre textos de Manuel María e, obviamente, tiña que ser cantado. Foi un reto que naquel momento nos pareceu interesante.
www.elpais.com |
|
|
|
Para non perderse en Compostela |
|
 Terza feira 24 (Martes)
18:00 Pardal na Rúa no Café Concerto do Festigal.
20:00 Zurrumalla no Café Concerto do Festigal.
21:30 Keltoi! na praza 8 de marzo
22:00 Aid no Café Concerto do Festigal.
22:00 Habelas Hainas, In Vivo e Som do Galpomno Festival do Povo nos xardins de San Roque
23:00 Zenzar, Ataque Escampe, Banda Crebinsky, La Phase no Festigal
23:00 Rojo dos, Sacha na Horta, Vendetta, Os Cuchufellos no Festival Briga (Campus Sul)
Corta feira 25 (Mércores)
13:00 Compostela Rock: DJ Crebinsky, Malandrómeda e Novedades Carminha en Bonaval
18:30: Roi Casal e d'Os da Ría no Festival Compromiso por Galicia no Parque de Bonaval
20:00 De Outra Margem no Café Concerto do Festigal.
21:00 AcadaCanto no Café Concerto do Festigal.
22:00 Sés no Café Concerto do Festigal.
23:00 Terbutalina no Café Concerto do Festigal.
|
|
|
|
Festival Sesión Vermú (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Comeza a semana |
|
Segunda feira 23 (Luns)
Terza feira 24 (Martes)
? Astarot en Guillade (Ponteareas)
? Terbutalina nas Festas da Dorna (Ribeira)
? Keltoi! na praza 8 de marzo (Compostela) ás 21:30
? Pardal na Rúa ás 18:00 no Café Concerto no Festigal.
? Festigal (Compostela): Zenzar, Ataque Escampe, Banda Crebinsky, La Phase, ...
? Festival do Povo (Compostela) nos xardins de San Roque ás 22:00: Habelas Hainas, In Vivo e Som do Galpom
? Festival Briga (Compostela): Rojo dos, Sacha na Horta, Vendetta, Os Cuchufellos.
? Sargadelos Fusión: Recambios Tucho, Medomedá, The Brosas, Los Eternos
? Festa da Fraga (As Pontes): Os Cempés, Susana Seivane, Odaiko, Muxarega
Corta feira 25 (Mércores)
? Compostela Rock: DJ Crebinsky, Malandrómeda e Novedades Carminha en Bonaval (Compostela) ás 13:00
? Festival Compromiso por Galicia no Parque de Bonaval (Compostela) ás 18:30: Roi Casal e d'Os da Ría.
? Festigal (Compostela): AcadaCanto, Sés, De outra Margem, Terbutalina,...
? Treixadura en Sargadelos (Cervo)
? Xosé Manuel Budiño na praza do concello de Baiona
Quinta feira 26 (Xoves)
? Quempallou nos Xardíns da Deputación (Lugo) ás 21:30
Sexta feira 27 (Venres)
? Festival Antrospinos (Rianxo): Os Cempés, Dakidarria, ...
? Vaamonde, Lamas & Romero, Xose Manuel Budiño con Kepa Junkera, Uxía e os pandeireteiros do Fiadeiro, Astarot na Praza da Quintana (Compostela) ás 21:00
? Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña): Fred Morrison, Dinamita
? Serán de Herville (Cela-Mos)
Sábado 28
? Xornadas de Folclore Galego (Compostela) ás 21.30 na Praza da Quintana: Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar, Os Xeitosos de Trazo e Asociación Cultural Xirandola
? Astarot en Moraña
? Kastomá no Con do Moucho (Illa de Arousa)
? Pardal na Rúa na Festa da Amizade en Saiáns
? Estimaba que Viñeras no Seixo (Mugardos)
? Festival Antrospinos (Rianxo): Quempallou, Bastards on Parade,...
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): Festicultores, A Comapñía do Ruido, A Banda da Balbina,...
? Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña): Anxo Lorenzo Band, O Fiadeiro
? Foliada de verán en San Vicente de Trasmañó (Redondela)
Domingo 29
? Xornadas de Folclore Galego (Compostela) ás 21.30 na Praza da Quintana: Brincadeira, Ultreia, A Ponte Vella e Trébede
|
|
|
|
Foliada en Donón (Hío-Cangas do Morrazo) |
|
 |
|
|
|
Festival Folk en Compostela |
|
 |
|
|
|
IV Sargadelos Fusión (Sargadelos-Cervo) |
|
 |
|
|
|
Festa da Fraga (As Pontes) |
|
 |
|
|
|
Festival Briga (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Festigal (Compostela) |
|
 |
|
|
|
I Festival de Povo (Compostela) |
|
 |
|
|
|
Chega a fin de semana |
|
Sexta feira 20 (Venres)
? I Festival de Danza e Música Tradicional (Cangas do Morrazo)
? Os Modernos na Avda. da Coruña (As Pontes) ás 22:00
? Os Irmandiños de Vincios no Corte Inglés de Vigo ás 19:00
? Milladoiro en Compostela na Praza da Quintana ás 23:30
? Quodlibet en Bueu, no centro Social do mar ás 21:30
? Paloma Suanzes nos xardíns da deputación de Lugo
? Santiaguiño Rock (Vedra): Nao, Medomedá e Mongollica
? Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Guezos, Dios Ke Te Crew, The Booze, The Mighty Calacas
Sábado 21
? I Festival de Danza e Música Tradicional (Cangas do Morrazo)
? IX Festival Carneiro ao espeto (Moraña): Trébede, Brisas do Quenllo e A.C. Seixebra
? Berroguetto no campo de Souto (Padrón) ás 23:00
? Tiruleque no XIV Mercado Medieval de Alfoz
? Keltoi, Disturbio77,... na Sala Inferno (Vigo)
? Festival Rockanos (Arcos da Condesa): Raiba, Dakídarria, Moon Cresta,...
? Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Os Cempés, Skatalities, Esne Beltza, O Sonoro Maxín,...
? Festival Arreaocabo (Celeiro-Viveiro): Heredeiros da Crus, Medomedá, Skarallaos,...
? Festival da terra e da lingua (Narón): Fracasados de Antemano, Trapalhada, Betagarri, Cuchufelhos, Dz Selectors
? Festival da Chaira (Baltar, A Pastoriza): Ataque Escampe, Bastards on Parade, The Skarnivals,...
? Festival 27373 de Begonte: Guezos, Labregos do tempo dos Sputniks e Avante
? Romaría e foliada Garruleira en Cecebre (Cambre): Os gaiteiriños, Os Carunchos,...
Domingo 22
? I Festival de Danza e Música Tradicional (Cangas do Morrazo)
? Día do Traxe Galego (Compostela)
? O Fiadeiro en Padrón ás 22:30 na Praza de Macías
|
|
|
|
Romaría Garruleira en Cecebre (Cambre) |
|
O 21 de xullo con motivo das Vodas de Prata de Garrulaxe, celébrase a Romaría Garruleira no Campo de A Balastreira do Apeadeiro de Cecebre, preto do local social, lugar apeadeiro s/n, Cecebre, Cambre.
12:30 h Presentación; Grupo de Baile INFANTIL DE GARRULAXE E GAITEIROS DE CECEBRE.
13:30 h Actuación da CORAL DE CECEBRE.
14:00 h GRAN CHURRASCADA.
16:00 h Xogos tradicionais, Mini Torneo de Chave, Museo Garrulo, inchables...
17:00 h Grupos de baile de GARRULAXE e BAILADELA;
17:30 h OS GAITEIRIÑOS.
19:00 h FREDI & Cía: CIRCANELO (Espectáculo Clown).
20:00 h Proxección Cine Doméstico: FERNANDO PUJALTE. (Cecebre 1968-1977)
20:30 h CHICULATE.
21:30 h OS CARUNCHOS.
23:00 h FOLIADA.
....
www.frouma.com |
|
|
|
O Fiadeiro en Padrón |
|
 |
|
|
|
Quodlibet en Bueu |
|
 |
|
|
|
I Festival Danza e Música Tradicional |
|
 |
|
|
|
Festival 27373 de Begonte |
|
O Festival 27373 de Begonte, reúne nun mesmo día, un festival para nenos e nenas polo día e concertos para os mozos e mozas pola noite
A Asociación Cultural Castiñeiro Milenario de Begonte é a organizadora da primeira edición do Festival 27373 que terá lugar o vindeiro sábado 21 de xullo no Club Fluvial de Begonte que, amablemente, cedeu as súas instalacións para a celebración deste festival.
O Festival está dividido en dúas partes. Polo día, a programación vai dirixida aos máis pequenos. Desde ben cedo, ás 11.30 comezamos co obradoiro de Ciencia Entretida a cargo de Teatro do miolo, un xeito sinxelo de amosa-la ciencia aos máis novos. Ao remate, contaremos con Carballo con botas, un contacontos que fará as delicias dos cativos e cativas coas súas historias de xacias.
Ao mediodía haberá lugar para o descanso e para coller forzas, pois poderemos xantar grazas ao servizo de polbo e churrasco que haberá no mesmo recinto do festival. Pola tarde seguirá diversión con inchables de auga e terra, e para rematar unha divertida festa de escuma.
Pola noite, unha vez que os meniños estean durmindo, comezará o Festival de noite coa actuación de tres grupos imprescindibles para falar do panorama musical actual comprometido coa terra. Desde Ourense e a partires das dez e media da noite, contaremos co grupo Guezos, un deses grupos que sabe mesturar diferentes estilos musicais, desde o folk, ao rock ou o ska. A continuación actuarán os inclasificables Labregos do tempo dos Sputniks, proxecto do cantautor Leo e o MC García de Dios ke te crew. Para rematar a festa a descarga metaleira de Avante Rock da Galiza, compromiso e caña para un fin de festa potente.
Con este festival a Asociación Cultural Castiñeiro Milenario leva a cabo un dos seus proxectos máis desexados, pois desde o mesmo inicio das actividades culturais da asociación, hai xa seis anos, a organización dun festival musical era unha das súas prioridades. Agardamos que esta primeira edición sexa un éxito e que serva de pulo para a organización de moitas máis no futuro. |
|
|
|
Revenidas 2012 (Vilaxoan de Arousa) |
|
Que son As Revenidas? Estritamente, sardiñas salgadas e asadas nunha grella. Así son coñecidas en boa parte do entorno da ría de Arousa e moi especialmente en Vilaxoán, unha pequena vila pertencente ao Concello de Vilagarcía onde uns dos froitos máis prezados do mar da comarca adquire unha dimensión que transcende o gastronómico dende que a asociación Repichoca decidiu ensanchar as lindes da estrita festa gastronómica. O vindeiro sábado 21 as grellas arderán no campo da festa a poucos metros da estatua que homenaxea a Pantera Rodríguez, o finado boxeador que rematou presentando o Luar, pero dende vinte e catro horas antes Vilaxoán será xa unha festa ou, mellor dito, un festival: o Revenidas 2012, que na súa novena edición amplía o seu carácter e ademáis de trouleiro e gastronómico é tamén solidario.
A unha das poucas citas festivaleiras do verán que mantén o tipo en calidade e cantidade de artistas malia á fonda crise engádese este ano unha ollada ao Sáhara que se concretará nunha jaima instalada no recinto do festival. Nese espazo recadaranse fondos para o proxecto Bubisher, que tenta instalar unha biblioteca permanente nos campamentos de refuxiados tras levar anos traballando na zona cunha biblioteca ambulante. Pero baixo a carpa non só se recadarán cartos. Tamén haberá música e teatro para nenos e maiores e poderanse achegar libros para os máis pequenos do Sáhara. Todo parte de varios dos integrantes de Repichoca, que dende hai cinco anos acollen na cada verán na súa casa a Abdel, un rapaz saharauí que xa non volverá a Galicia a través do programa Vacacións en Paz porque vén de cumprir 12 anos. A Abdel gustaríalle volver para estudar a ESO pero mentres, explican os seus acolledores, "disfruta de cada momento en Arousa".
Pero, ademais da parte solidaria, Revenidas é tamén unha fiestra á ría arousá cunha excelente banda sonora. Por unha entrada de 10 -abono en venda anticipada- ou 15 euros é posible gozar da acampada ao pé da praia, dotada con servizos como baños, duchas de auga quente ou limpeza. Coas necesidades básicas cubertas e as sardiñas no bandullo a música correrá a cargo de máis de quince grupos entre os que se atopan galegos como Os Cempés, Guezos ou O Sonoro Maxín, xamaicanos como The Skatalities, vascos como Esne Beltza ou franceses como The Booze. Iso será pola noite, porque durante todo a xornada do sábado, ademais da parte gastronómica quen se achegue a Vilaxoán terá á súa disposición actividades de balde como teatro, clown, percusión ou charangas.
Dende a asociación organizadora un dos seus membros, Xoán Quintáns, sinala que "este tipo de festivais custa moito esforzo e cartos", concretamente, "máis de 50.000 euros" e por iso "precisamos o apoio de todos e todas, entidades públicas, privadas e público". Nesta liña, o alcalde vilagarcián, Tomás Fole, amósse convencido de que "os festivais que sobrevivirán a esta profunda crise serán os que se apoien" nesas "catro patas". "Revenidas está de sorte", abonda Chito Barreiro, tamén membro de Repichoca, xa que "cumpre con todos os requisitos". Dito isto, a Revenidas só lle faltaría unha cousa que semella ben difícil de atopar: unha escusa para non ir.
www.praza.com |
|
|
|
Festival XXV aniversario dos Celtarras (Vigo) |
|
 Este sábado 21 de xullo ás 22:30h a cidade de Vigo celebra o 25º aniversario de Celtarras.
Actuarán catro das mellores bandas do punk-rock estatal: Keltoi, Esteka, Disturbio 77 e Aquemarropa, que celebrarán coos celtarras e os seus amigos a festa do seu cuarto de século e o recén acadado ascenso a Primeira División.
|
|
|
|
VII Festival Arreaocabo (Celeiro, Viveiro) |
|
 |
|
|
|
|
|
|
|
|