Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Chega a fin de semana
Sexta feira 31 (Venres)
? Malvela en Gondomar
? Marful en Allariz
? Mercedes Peón no Castelo de San Antón (A Coruña) ás 23:00
? Ruxe-Ruxe en Ribeira
? A Roda no Oenach Atlántico (Narón)
? Tonhito de Poi e Rasa Loba no Festival do Río (A Lama)
? Noise Project e Som do Galpóm na Romería Vikinga de Catoira
? Banda Potenkim en Baños de Molgas (Ourense)
? Ith no Pub Gatos de Melide
? Sonoro Maxín e Tanto nos Ten (TNT) en Arnoia
? Os Carunchos en Couso (Gondomar)
? II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
? II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense): A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin
? Festival Intercéltico de Moaña: Gwendal e Oscar Ibañez e Tribo

Sábado 1
? Ruxe-Ruxe en Ribeira
? Guezos e Tonhito de Poi e Rasa Loba en Catoira
? Quempallou en Arnoia (Ourense)
? Ardentía en Teis (Vigo)
? Os Carunchos en Mondariz
? María do Ceo en Noia
? Skandalo GZ no C.S. O Fresco (Ponteareas)
? II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics
? Penela Rock (Monforte de Lemos): Ataque Escampe,...
? Festival de Zas: Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Ruote, Mutenrohi, ..
? Festival de Pardiñas: Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna, Banda Potemkin, Tanto Nos Ten,...
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...
? Festival Intercéltico de Moaña: Milladoiro e Mafalda Arnauth
? Serán en Figueiras (Santiago de Compostela) no campo da festa

Domingo 2
? Lamatumbá en Redondela no Carballo das Cen Polas
? Alo Irmao! en Vilagarcía de Arousa
? Festival de Pardiñas: Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2009 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais de verán
31 xullo: II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense).
- A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Intercéltico (Moaña)
- Gwendal, Oscar Ibañez & Tribo
- Milladoiro e amigos

31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics

31 de xullo e 1 de agosto: Vikinsons (Catoira)
- Noise Project e Som do Galpóm
- Guezos, Tonhito de Poi e Rasa Loba

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Senuncan(O Carballiño)
- Fracasados de Antemano, A Gran Treboada, Os Chiquilicuatres, Rumborrachera, Banda Desarmada
Muyayos de Raiz, Phantom Club, Kambotes,...


Agosto


1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Mutenrohi, Ruote, ...

1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

5 agosto: Noite Folc de Teis (Vigo)
- Trioliro regueifeiros, Os Carunchos e Ardentía

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari, Banda Potenkim

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Os Carunchos,...

8 agosto: Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño)
- Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.

12 agosto: Rabafolc (Rábade - Lugo)
- Os Veraneantes, Treixadura e Orfeón, Pepe Vaamonde grupo e Os Tres Trebóns

14-15 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Marful, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Guisamo Folc
-Gwendal,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá, Saraibas, BellónMaceiras quinteto, Balakandra, Mallacán...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival do Castro (Pantón-Lugo)
-Cuchufellos, Som do Galpóm, United Flavour,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...
ADIADO

22 agosto: Festival de Liméns (Cangas do Morrazo)
- Berroguetto,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, Quempallou, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29 agosto: Festiva Rebumbio (Mos)
- Dakidarria,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

4-5 setembro: XXIII Festa da Poesia de Salvaterra
- Covalblú,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...

26 de setembro: III Zumbanocoiro de Lugo (Festival de música tradicional)-A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 10:12
# Ligazón permanente a este artigo
VII Certame de música e baile tradicional Aleivosía (Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2009 10:03
# Ligazón permanente a este artigo
XXV Festival Intercéltico do Morrazo (Moaña)
Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 10:01
# Ligazón permanente a este artigo
Festival de Pardiñas
SABADO 1

- MUYAYOS DE RAÏZ (HOLANDA/EUSKADI)
- LA BELLE IMAGE FANFARE (FRANCIA)
- HEDNINGARNA (SUECIA)
- BANDA POTEMKIN (GALIZA)

DOMINGO 2

- BLOQUINHO DA SALGUEIRA (GALIZA)
- LÚA DE FOUCE (GALIZA)
- PEPE VAAMONDE GRUPO (GALIZA)
- PAN DE CAPAZO (nomadas)

www.xermolos.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 10:00
# Ligazón permanente a este artigo
XVI Mostra de Instrumentos Tradicionais (Pardiñas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
II Noite Musical de Baños de Molgas
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Festa da Carballeiras (Zas)
O día 1 de agosto celébrase a edición 26 da Festa da Carballeira de Zas na que actuarán:

18:00 h:

- A.C. CASTRO MEDA de ZAS
- Grupo de baile DONAIRE (A Coruña)
- Banda de gaitas MARUXIA (Laxe)
- RUOTE (A Coruña)

21:00 h:

- TEJEDOR (Asturias)
- CAPERCAILLIE (Escocia)
- MUTENROHI (Galicia)
- O SONORO MAXÍN (Galicia)

Acceso: 5?, con agasallo de CD conmemorativo do festival con 2 cancións de cada grupo.

Exposición: XXVI Carballeira, do 25 de Xullo ó 1 de Agosto, no Centro de usos múltiples do Concello de Zas.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
Semana Cultural de Zas
Xa está dispoñible a programación da Semana Cultural, que se celebra desde o 27 de xullo ao 2 de agosto.

Baile, música, exposicións, teatro e obradoiros son algunhas das actividades que se desenvolverán durante toda a semana e que están dirixidas a toda a familia.

Cabe destacar que dentro da programación inclúese a XXVI edición da Festa da Carballeira, o sábado 1 de agosto, coa participación de agrupacións procedentes de Galiza, Asturias e a presenza do grupo escocés Capercaillie.


Mércores, 29 de xullo
11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas.
18:00 h.- Exhibición de Bailes de Salón.
19:00 h.- Restauración: Concurso de Pinchos.
19:30 h.- Exhibición de Taekwondo.
20:30 h.- Representación teatral no Auditorio do Concello da obra "Drácula" a cargo da compañía Feminino Plural (Baio).
22:00 h.- Concerto Folk a cargo de Bulla Timpánica.

Xoves, 30 de xullo
11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas.
17:19 h.- Obradoiro de artesanía con coiro e fieltro.
20:00 h.- Tarde Literaria. Presentación do libro
"Xeometrías Máxicas de Galicia" con Bieito Romero, e da novela
"Sidecar" de Alberto Lema.
22:00 h.- Música a cargo de A Requinta de Xián.

Venres, 31 de xullo
11:13 h.- Pintura na rúa con David Planas.
16:19 h.- Obradoiros de artesanía: Fiado do liño, Swarovski, cestería, coiro e percusión.
20:00 h.- Pasarrúas. Batukada e capoeira.
21:00 h.- Música a cargo do grupo tradicional Arume.

Sábado, 1 de agosto do 2009
XXVI FESTA DA CARBALLEIRA

Vía Ghastas Pista
www.concellodezas.org
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:57
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Antros Pinos (Taragoña - Rianxo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Festixeve 2009 (Pontevedra)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Vikinsons (Catoira)
VIKINSÓNS 2009

Venres 31 de xullo / 00,00 h. / Avenida Eloy Domínguez

- Noise Project
- Som do Galpom

Sábado 1 de agosto / 00,00 h. / Praza do Dtor. Vázquez (Estación FFCC)

- Guezos
- Tonhito de Poi e Rasa Loba
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
XI Oenach Atlántico (Narón)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-07-2009 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Penela Rock 2009 (Monforte de Lemos)
Boas a tod@s, dende a asociación Penedo, organizadora de este grande evento, queremos animarvos o día 1 de Agosto a que veñades a tomar con nos unhos groliños e a disfrutar de boa música e ambiente na parroquia da Penela a 5 minutos de Monforte de Lemos.

Un saúdo, a organización

www.penelarock.blogspot.es

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:53
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Senuncan (O Carballiño)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 31-07-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 10 de xullo
Vai de baile do 10 de xullo de 2009

Segunda Semifinal
Xoldras de Teis VS Un par de cuncas de Matamá


Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 30-07-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
Descarga ao Vivo en Vigo
Jazz oriental e gaita, nun proxecto amadriñado por Ugia Pedreira

O Teatro Caixanova de Vigo ofrecerá o seu escenario este xoves 30 de xullo, a partir das 20.30 horas, ao proxecto "Descarga ao Vivo", no que se mostrará un espectáculo de fusión de música galega e cubana amadriñado por Ugia Pedreira e participado por Alejandro Vargas, pianista e compositor cubano que recibiu en 2008 o premio ao mellor disco de jazz.


Ademais de Ugia Pedreira, subirán ao escenario un nutrido grupo de músicos e artistas recoñecidos como a cantante Guadi Galego, Xabier Díaz, Óscar Fernández, Quim Farinha, Eldelmiro Fernández, Pedro Castanho e Pablo Pascual. A posta en escena completarana os bailaríns e coreógrafos Alexis Fernández e Catarina Varela.
Este proxecto musical, dirixido por Ramón Pinheiro, integra músicos galegos e compositores do Instituto Superior de Artes da Habana nun espectáculo musical creado a partir da investigación sobre o patrimonio musical galego en Cuba que leva por título "Á Habana quero ir. Os galegos na música de Cuba", onde se revisan composicións de artistas galegos emigrados na illa, os xéneros musicais que crearon e a influencia que a música galega exerceu nos intérpretes cubanos e viceversa.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2009 09:21
# Ligazón permanente a este artigo
Audiencias do Alalá
Audiencias da Terceira tempada do Alalá:

- Gala Elas e eles (29/07/09): 11.2% (88.000)
- Dolores Castiñeira (21/07/09): 7.7% (68.000)
- Os Terribles de Donas (14/07/09): 129.000 (16.7%)
- José Marentes (7/07/09): 137.000 (16.7%)
- Dignas del querer (30/06/09): 106.000 (13.9%)
- Xaime Eestevez (23/06/09): 130.000 (20,9%)
- Regueifeiros (16/06/09): 186.000 (20,1%)
- Habaneras (09/06/09): 271.000 (24,6%)
- O Pego do Pereiro (02/06/09): 186.000 (21,9%)
- Alalá na cidade de Santos (Brasil) (26/05/09): 149.000 (16,5%)
- Ricardo Portela (19/05/09): 140.000 (15,6%)
- Cantigas da Terra (12/05/09): 144.000 (15,0%)
- José María Lagares (05/05/09): 125.000 (15,2%)
- Cesar Fernández (28/04/09): 137.000 (13,7%)
- Os Abrentes de Cerdedo (21/04/09): 184.000 (22,2%)
- O Gaiteiro de Pumarín (14/04/09): 172.000 (15,8%)
- Mulleres de Seixedos (07/04/09): 123.000 (11,5%)
- Sao Paulo (31/03/09): 132.000 (16,3%)
- San Salvador de Bahía (24/03/09): 169.000 (17,2%)
- Os Folións (17/03/09): 177.000 (18,3%)
- Marful (10/03/09): 131.000 (12,9%)
- Jalos dAntioquía (03/03/09): 189.000 (18,6%)
- Pancho Álvarez (24/02/09): 76.000 (8,2%)
- Dolores Castiñeira (17/02/09): 131.000 (13,5%)
- O Ferrera (10/02/09): 149.000 (15,1%)
- Coral Voces da Louriña (3/02/09): 181.000 (17,3%)
- Pablo Seoane (27/01/09): 174.000 (19,1%)
- Raigañas (20/01/09): 142.000 (14,0%)
- José de Gregorio (12/01/08): 193.000 (18,7%)
- Rancho de Reis de Riofrio (5/01/9): 209.000 (24,8%)
- Resume 2008 (29/12/08): 277.000 (25,9%)
- O Quinteto Monterrei (22/12/08): 176.000 (19,5%)
- Pepe Temprano (15/12/08):220.000 (22,8%)
- Cuarteto "Os Barrios" (08/12/08): 243.000 (22.95%)
- Alalá en Uruguai II (01/12/08) 239.000 (22.9%)
- Alalá en Uruguai (24/11/2008): 246.000 (25%)
- Darío Díaz, o Gaiteiro de Paíme (17/11/2008): 237.000 (23.4%)
- Seráns (10/11/2008): 224.000 (23%)

Alalás anteriores
Podense visualizar en:
www.crtvg.es
Comentarios (1) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 30-07-2009 09:20
# Ligazón permanente a este artigo
Do día da Patria e o Festigal
Máis de 20.000 persoas segundo fontes da organización acudiron á chamada do BNG na manifestación que a formación frontista celebra cada ano o Día da Patria.



Foron 48 horas de actividades onde o ruxir do sentimento galego soaba por todas partes. Un ano máis o Festigal09 reuniu en Santiago de Compostela centos de persoas nos días 24 e 25 de xullo.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2009 09:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festas de María Pita 2009 ... a selección
31 xullo:
- Cantigas da Terra nos Xardíns de Méndez Nuñez

1 agosto:
- Grupo de bailes populares IAR nos Xardíns de Méndez Nuñez

6 agosto:
- Victor Aneiros da escalinata do Domus

10 agosto:
- A. Folclórica Fato de Montealto nos Xardíns de Méndez Nuñez

11 agosto:
- A. Folclórica Gaiteiriños nos Xardíns de Méndez Nuñez

12 agosto:
- Ruote nos Xardíns de Méndez Nuñez

13 agosto:
- Donaire nos Xardíns de Méndez Nuñez

14 agosto:
- A. Folclórica Aturuxo nos Xardíns de Méndez Nuñez

27 agosto:
- Nova Galega de Danza na Praza de María Pita

30 agosto:
- Tumbalobos Orquestra na Romaría de Santa Margarida
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2009 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
30 anos do Son da estrela escura
Doa publicou hai trinta anos o seu mítico "O son da estrela escura"

O son da estrela escura, primeiro traballo discográfico do grupo Doa, cumpre 30 anos, un disco incomprendido no seu tempo que hoxe está considerado clave na historia recente da música folk galega.


Un dos fundadores de Doa, o tamén fotógrafo Xoán Piñón, lembra estes días no seu blog "aquel día en Santa Cruz de Oleiros" no que o grupo buscaba "un modo axeitado para designar o proxecto que estaba nacendo". Convencidos da súa vocación por experimentar "e unha ilusión sen límites, collemos o dicionario de galego na procura dun nome". Abriron unha páxina ao chou e deron co D, un apartado que percorreron até atopar Doa: "conta de colar ou rosario. Regalo".

"Ao decatármonos de que a palabra segmentada contiña dentro dela a primeira nota musical", subliña Piñón, "e ademais era un agasallo, pareceunos perfecta, ou máis exactamente a máis doada... Xa non buscamos máis.

Eran os últimos anos da década dos setenta e a industria discográfica galega comezaba a nacer: o selo Ruada, onde precisamente saíu O son da estrela. "No seu devir, Doa veu experimentando unha reconversión permanente nas súas diversas formacións, ata o punto de que ao final do seu primeiro período ningún dos integrantes do grupo orixinario permanecía nel", escriben Xoán Manuel Estévez e Óscar Losada en Crónica do folk galego (Editorial Tristram).

Xoán Piñón e Bernardo Martínez foron os pioneiros. "Nós compuñamos e investigabamos en cousas como a música improvisada modal, o free-jazz, a música sintetizada... A nosa bagaxe partía de grupos coma King Crimson, Hendrix... e tamén os renacentistas e clásicos barrocos: Bach, Haendel ou Teleman", subliña Piñón.

"A seguir, Doa introduce a Enrique Ferreira -cello- e temos formación de trío. Os primeiros directos como grupo facémolos acompañando a X. Quintas Canella e arranxando os seus fermosos temas. Neste momento coñecemos a Miro, que está preparando un disco, e despois de traballar un ano aproximadamente O son da estrela escura coa formación de cuarteto e contribuíndo cun novo enfoque ás pezas, propómoslle a Miro traballar como grupo e co nome de Doa. Como reforzo para a gravación, entran Pedro Puértolas -músico catalán de formación clásica-, que toca o violín, e Xaquín Blanco á gaita, mentres que para os directos contamos con Michel Canadá -igualmente violín- o multiinstrumentista Francisco Luengo e Luciano Pérez, gaita e zanfona".

A CERNA Entre o medieval e o popular

O son da estrela escura abre Doa a un repertorio medieval, representado por varias composicións de Alfonxo X -Festa de Loor- Martín Códax -Cantiga V-, ou un tema anónimo cantado en francés sobre o Camiño de Santiago no Sur de Francia -La Pernette. A gravación, en palabras de Óscar Losada e Estévez é "un compendio no que se inclúen pezas populares galegas, como Danza do Rosal, Danza das Espadas, Carballesa -mestura de pezas atopadas en Melide e no Carballiño-, ou Romance de Doña Ausenda". Paradoxalmente, indican os críticos musicais, "aquela sorte de aventura naquela época levaba todas as de perder, ao adiantárense os músicos ao tempo que lles tocou vivir".

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2009 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
A loita da Escola de Artes e Oficios (Vigo)
Profesores e alumnos da Escola de Artes e Oficios de Vigo remitiron á Dirección Xeral do Libro do Ministerio de Cultura máis de 24.000 firmas de vigueses contrarios ao traslado desta escola para situar no seu lugar a sede da nova biblioteca do Estado.

O representante dos profesores, Eduardo Álvarez, e dos alumnos, Anxo Barreiro, explicaron que remitiran ao Ministerio un acta notarial que da fe das firmas recollidas, así como diversa documentación na que se explica o rexeitamento ao traslado da Escola.

Entre os documentos enviados aos afectados remitiron o legado de Xosé García Barbón, que doou o edifico á cidade, coa condición de que se usara para ?a educación dos obreiros e as mulleres?. A este respecto Barreiro recordou que, se non se cumpre este requisito, o edificio pode reverter nos herdeiros deste benefactor, que xa hai anos tentaron recuperar o inmoble situado en pleno centro da cidade.

O portavoz do profesorado, Eduardo Álvarez, lamentou a decisión ?unilateral? do alcalde de Vigo, Abel Caballero, de ofertar esa sede ao Ministerio de Cultura para albergar a biblioteca do Estado, cando o propio padroado da Escola se opón e cando o Concello ?ten cartos para construír un edificio novo para a biblioteca?. Álvarez recordou que a biblioteca é unha dotación moi necesaria á que a Escola de Artes e Oficios non se opón pero que a comunidade educativa da mesma se nega a perder o seu propio patrimonio.

Profesores e alumnos recordaron que a Escola de Artes e Oficios ten a súa propia biblioteca declarada de interese para Galiza, e que alberga, entre outros documentos históricos, o himno de Vigo, do mestre Soutullo.

www.anosaterra.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 30-07-2009 09:14
# Ligazón permanente a este artigo
O festival de Lorient pensa en galego

Cunha media de 650.000 visitantes sae unha cifra aproximada de máis dun millón de ollos. Pupilas abondo para considerar o Festival Intercéltico de Lorient como unha das mellores plataformas para a exhibición de bandas de música folk.

Na localidade francesa de Lorient celébrase desde hai 39 anos a maior festa da cultura celta, o Festival Intercéltico, que ten na música a súa máxima representación. Irlanda, Escocia, Bretaña, Gales, Cornualles, Australia ou Asturias son algunhas das rexións celtas que xunto a Galiza invadirán a cidade costeira entre o 31 de xullo e o 9 da agosto. Porque este ano, o evento dedícase á nosa comunidade.

Creado no ano 1.971, trátase dunha das máis importantes citas deste estilo musical. Este ano haberá bandeiras galegas por todas partes, nos balcóns das casas, dos hoteis e por todo o recinto do Festival. O domingo día 2 de agosto comeza oficialmente o Festival coa Grande Parade ou o Gran Desfile das nacións celtas. Case un centenar de agrupacións desfilarán polas rúas de Lorient, cada unha co seu traxe tradicional, interpretando os sons típicos de cada rexión.

Segundo a Xunta, "o Pavillón de Galicia transmitirá unha imaxe de Galicia entrañable, amable e de calidade, potenciando o seu carácter de destino turístico con personalidade propia", unha imaxe que podería evocar o costumismo de épocas culturais pasadas, pouco ligadas á innovación e á ollada internacionalista. A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, participará instalando o Pavillón galego que contará cunha superficie de aproximadamente 1.000 m² dedicados a mostrar, dun xeito moi atractivo, diferentes aspectos relacionados coa cultura popular galega, así como os seus principais recursos e produtos turísticos.

A lista de músicos galegos ao completo é a seguinte: Alberto Coya y Alba Gutiérrez, Edelmiro Fernández, Marta Quintana y su banda, Bellonmaceiras Quinteto, Fía na Roca, Berrogüetto, Rosa Cedrón, Cristina Pato, Soas, Limagoia, Crema de Gaita, Espido, Pablo Carpintero, Anxo Lorenzo Band, Emilio Cao, Isga Collective, Ialma, Licor Kafé, Lulavai, Dúo de Arpa Céltica e Violín, Paula Oanes e Alfonso Franco, bOnOvO, Faltriqueira, Lamatumbá, Susana Seivane.

Logo da última actuación de cada xornada, terá lugar un espectáculo de Queimada. Aparte do Pavillón Galego, celebraranse outras accións relacionadas con Galiza: Noite de Gala de Galicia no Gran Theâtre de Lorient no que actuará o grupo galego Son de Seu (organizada por Turgalicia), e exposición fotográfica sobre o Camiño de Santiago (organizada por Xacobeo): "Un Chemin, Six Regards. Lle Chemin de Santiago en Galice".

Lamatumbá, Airiños de Fene e Emilio Cao

"Licor do negro café que me tumbas que me matas, Licor do negro café fasme andar a catro patas... Déixame poñerme en pé, acompáñame a unha festa, emborráchate comigo, que nos atope a mañá abrazados como amigos ?". Así reza un tema de Lamatumbá e faille honra ao seu estilo, unha das bandas máis marchosas destas terras consolidada xa como unha das bandas ourensás cun dos mellores directos. O grupo estará o sábado día 8 no festival de Lorient no que promete ser un dos espectáculos que dará que falar.

Ademais de Lamatumbá estarán os 43 membros da Banda de Gaitas Tradicional Airiños de Fene. Tal como explica Iago Ebrero do Diario de Ferrol Airiños é unha agrupación nova, a maioría non pasan dos 30 anos e as últimas incorporacións foron tres nenas de 12 anos. Máis da metade da banda estréase no certame e a ansiedade entre os máis novos empézase a notar. O venres día 31 sairán de Fene a media mañá e 18 horas máis tarde chegarán a Lorient, que xa lucirá un ambiente festivo. Esa mesma noite os de Fene actuarán no campo de fútbol do FC Lorient, ante máis de 16.000 persoas, nos concertos chamados Noites Máxicas.

E outra das sorpresas é Emilio Cao. O grupo musical Sinistro Total dedicoulle algunha canción, como o tema Emilio Cao (David Watts) pertencente á súa primeira maqueta de 1982. Emilio Cao (Santiago de Compostela, 1957) é un músico e compositor de folclore galego. Destacado intérprete de arpa celta e recuperador deste instrumento medieval en Galiza. Os seus inicios musicais están ligados a varios grupos da súa cidade, Brétema ou como acompañante no colectivo Voces Ceibes.

Contactos co festival de Ortigueira

Varios responsábeis da 39 edición do Festival Intercéltico de Lorient reuníronse a final de xuño cos da cita Celta de Ortigueira, co alcalde da localidade, Rafael Girón, á cabeza. O obxectivo do encontro, que tivo lugar na vila, non foi outro que compartir experiencias e propiciar puntos de colaboración entre os principais escaparates europeos da música folk. A cita celebrouse con motivo da presentación das actividades e concertos do Ano de Galicia na próxima edición do certame bretón.

O encontro bilateral estreitou lazos de cara a establecer futuras colaboracións, sempre co horizonte posto na conmemoración no 2010 da 40 edición do Intercéltico de Lorient. Durante a sesión xurdiron ideas tales como propiciar un posíbel irmandamento entre os dous festivais ou a posibilidade de establecer unha cooperación
no terreo artístico.

www.galicia-hoxe.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 29-07-2009 09:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Os John Deeres
Os John Deeres é un conxunto musical da Estrada de corte rock clásico

Reices é un dos seis compoñentes do grupo estradense de música Os John Deeres. Xunto a el traballan Xermán, Tino, Marcos, Mustaf e Catuxa. O teclado, a batería, a guitarra e a voz son as armas que emprega este grupo galego para engaiolar o público a través de temas de corte rock clásico con pinceladas de psicodelia y hard rock. Este conxunto xove, cuns intregrantes que teñen entre 21 e 24 anos, está comezando a despuntar no panorama musical tocando o pasado vernes no Festigal de Santiago de Compostela, ?unha plataforma única para darse a coñecer?.

?Por que motivo escollistes o nome Os John Deeres como a denominación do voso grupo?

?É o noso símbolo galego en EEUU. Os John Deeres é un nome homenaxe o símbolo máis americano do rural galego. Escollimos este nome porque nun principio nos fixo gracia e tamén nos parecía un nome con moito gancho e por iso o puxemos.

??A maioría de vós, salvo a cantante, pertenciades o grupo Diskordia. Que hai de diferente neste novo conxunto?

?Os John Deeres é unha refundación posto que menos Catuxa todos estabamos en Diskordia. Pero son dous grupos con estilos moi diferentes, o anterior era máis tranquilo, máis pop e agora facemos un rollo anos 70 vinculado ao rock clásico.

?Que vos levou a abandonar Diskordia e a crear un novo grupo cun estilo tan diferente?

?Pois decidimos refundar o grupo fai un ano e pico porque a cantante que tiñamos en Diskordia marchou e estivemos pensando en deixalo. Despois chegou Catuxa e foi un dos motivos polos que decidimos cambiar de estilo e crear un novo conxunto musical.

?Cales son as influencias musicais que tendes no voso repertorio?

?As nosas influencias son moi variadas porque cada un de nós escoita a música que lle gusta pero principalmente é o rock clásico. Os influencias collémolas de Jimmy Hendrix, Led Zeppelin, AC/DC? os grandes artistas no mundo do rock.

?-Que nos podemos atopar entón nos seus discos?

?O noso repertorio está composto por cancións dos clásicos do rock e tamén algunhas cancións nosas. Compuxemos dous temas, ?Obsesión? e ?Que o demo me leve?. Agora estamos nun concurso que se chama Apologit onde temos una das nosas cancións, ?Obsesión?, e pode entrar a votar todo o mundo.

?É difícil facerse un oco no mundo musical? E máis complicado en Galicia?

?Nós non pretendemos facernos un oco na música. Se o conseguimos mellor pero a nosa intención non é ser profesionais, simplemente nos gusta tocar en directo, gústanos facer música e que a xente disfrute co que facemos. Dános igual tocar no Festigal como nun bar porque o que realmente nos gusta é facer música. En canto á situación en Galicia, nós cantamos en galego porque si e nos abriu moitas portas, é máis tiñamos varios concertos en Madrid e en Barcelona pero non puidemos ir.

?-Que supuxo para o grupo tocar no Festigal de Santiago de Compostela?

?Para nós o Festigal supuxo primeiramente unha plataforma para darnos a coñecer e tamén nos dá moitos ánimos. Facelo no Día da Patria tamén nos fixo moita ilusión e ademáis son os últimos concertos que facemos coa nosa cantante.

?-Por que a vosa cantante abandon a Os John Deeres?

?Pois Catuxa vai marchar en outubro a estudar a Asturias. Agora estamos buscando nova cantante para o grupo e cando a teñamos empezaremos a facer o disco pero non temos presa xa que o disco farémolo cando teñamos algo que contar, non imos facelo con presións.

?Os grupos galegos dispoñen de propostas culturais para darse a coñecer?

?Ata o de agora os grupos galegos tiñamos moitas plataformas para que a xente nos coñecera. Esas plataformas estánse a eliminar. É sangrante, por exemplo, o caso do programa de radio ?Aberto por reformas? no que cambiaron o presentador e só se fala de rock inglés e iso non pode ser porque a radio pública debe servir e defender a nosa cultura e non soamente o folk xa que en Galicia hai máis cousas que o folk.

www.farodevigo.es

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2009 09:22
# Ligazón permanente a este artigo
A Mostra de Cultura Tradicional no Festigal
Por segundo ano, a Mostra de Cultura Tradicional que a AGG organiza dentro das actividades do Festigal, repetiu éxito.

Numerosas persoas disfrutaron da Galería da Cultura Tradicional, que foi xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos dentro das actividades do Festigal, que se celebrou en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de Xullo.

Os visitantes puideron asistir a actuacións, mostras de instrumentos e xoguetes tradicionais, e distintos obradoiros que fixeron as delicias do numerosísimo público que nos visitou durante a mostra.

Nesta edición contouse coa presenza de dous recoñecidos artesáns de instrumentos tradicionais, que amosaron o seu bó facer nunha ampla exposición. Contouse tamén con mestres que levaron a cabo obradoiros de treboada, xoguetes tradicionais e iniciación ao baile tradicional. A ampla mostra de xoguetes tradicionais coa que contou a galería evocou tempos pasados en moitos dos asistentes.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 29-07-2009 09:18
# Ligazón permanente a este artigo
Resultado do concurso de gaita de Santiaguiño do Monte (Padrón)

Romaría de Santiaguiño do Monte (Padrón)

Os premios do concurso de gaita foron:

1º Pedro Álvarez Fariña
2º Adriana Rivas Seijo
3º Roberto Aller Alcalde
Comentarios (8) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 28-07-2009 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Elas e eles no Alalá

Hoxe, martes, día 28/07/2009

A TVG ofrece de novo esta noite unha das gala coa que o programa Alalá, que dirixe Senén Bernárdez e presenta Pilar García Rego, rendeulle homenaxe á música tradicional e aos músicos que a fan posible. Baixo o epígrafe Elas e eles, o programa fai referencia aos roles da muller e do home que fan da música tradicional a súa vida e da evolución destes roles ata a actualidade, lembrando a todos os homes e mulleres que axudaron a conservala.

Elas e eles conta coa actuación de grandes grupos e solistas, como Rosa de Moscoso, O Fiadeiro, Maruxa das Cortellas, Leilía, Josefa de Bastavales, Cantadeiras do Berbés, Concha de Luneda con Xistra de Coruxo, Treixadura, Pandeiromus, Os Requinteiros do Ulla, Os Diplomáticos do Acordeón, Quempallou, Xacarandaina, Os Rosales, Nordestinas, Os Estalotes e Son de Seu.

Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 28-07-2009 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Novo videoclip de Kastomá
Videoclip promocional da canción "A Infancia" de KASTOMÄ.

Dirixido por Gaspar Broullón e Matías Tarrío. Unha tarde de verán de calquera neno do rural galego: escoitando os contos da avoa, inspeccionando os pendellos, arrolándose polos prados, atravesando corredoiras, enchéndose de lama ata as orellas, xogando a ser artista...quén non fixo iso cando era pequeno?

www.kastoma.com


Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 28-07-2009 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Pasamento do Pai de Chisco
Todo Malmequer quere dar unha aperta ben grande a Chisco neste momento dificil polo pasamento do seu pai esta fin de semana.

Bicos e apertas de todos os teus amigos, que somos moitos, para tí e a túa familia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 27 (Luns)

Terza feira 28 (Martes)
? Vaamonde, Lamas & Romero en Noia

Corta feira 29 (Mércores)
? Nordestin@s no Parque Rosalía de Castro de Lugo
? Luar na Lubre en Ribeira na Praza do Peixe

Quinta feira 30 (Xoves)
? Descarga ao Vivo (Cuba-Galiza) no C.C Caixanova (Vigo)

Sexta feira 31 (Venres)
? Malvela en Gondomar
? Marful en Allariz
? Mercedes Peón no Castelo de San Antón (A Coruña) ás 23:00
? Ruxe-Ruxe en Ribeira
? A Roda no Oenach Atlántico (Narón)
? Tonhito de Poi e Rasa Loba no Festival do Río (A Lama)
? Noise Project e Som do Galpóm na Romería Vikinga de Catoira
? Banda Potenkim en Baños de Molgas (Ourense)
? Ith no Pub Gatos de Melide
? Sonoro Maxín e Tanto nos Ten (TNT) en Arnoia
? Os Carunchos en Couso (Gondomar)
? II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
? II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense): A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin
? Festival Intercéltico de Moaña: Gwendal e Oscar Ibañez e Tribo

Sábado 1
? Ruxe-Ruxe en Ribeira
? Guezos e Tonhito de Poi e Rasa Loba en Catoira
? Quempallou en Arnoia (Ourense)
? Ardentía en Teis (Vigo)
? Os Carunchos en Mondariz
? Skandalo GZ no C.S. O Fresco (Ponteareas)
? II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo): Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics
? Penela Rock (Monforte de Lemos): Ataque Escampe,...
? Festival de Zas: Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Ruote, Mutenrohi, ..
? Festival de Pardiñas: Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna, Banda Potemkin, Tanto Nos Ten,...
? Festixeve (Xeve-Pontevedra): A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...
? Festival Intercéltico de Moaña: Milladoiro e Mafalda Arnauth
? Serán en Figueiras (Santiago de Compostela) no campo da festa

Domingo 2
? Lamatumbá en Redondela
? Festival de Pardiñas: Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 27-07-2009 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do disco Gaita Armada
Sábado 25, dia da pátria
QUEIMADA, PETISCOS E A CANTAR!!!

Apresentamos o disco duplo GAITA ARMADA, umha compilaçom de músicas populares para serem cantadas nas festas (disco "Gaita") e outra de músicas patrióticas representativas da nossa história recente ("Armada").


Para a foliada guitarreira em que celebraremos a saida à rua do novo CD do Estaleiro do Som contaremos com:
Xurxo Lois Varela
violagambista e cantor de ferrol

Manolo Bacalhau
músico trasanques e ex-componhente de SARAIBAS

Ana Ribeiro cantora
da Associação José Afonso desde Portugal

e mais intépretes por confirmar chegados de cada comarca do país

www.agal-gz.org/blogues/index.php/gent
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 24-07-2009 19:20
# Ligazón permanente a este artigo
Axenda do día da Patria en Compostela
A túa axenda para a fin de semana da Patria
Concertos, manifestacións, debates, festa... O Día da Patria Galaga atraerá estes días a milleiros de persoas a Compostela.


Venres 24
13.00. Campus Sur, Festigal. Mesa de Debate sobre 'Os retos da música galega'
16.30. Campus Sur, Festigal. Presentación do libro 'Galiza: Língua e Sociedade'
17.00. Porta do Camiño. Palestra sobre 'Monolinguismo social na Galiza'. AMI
19.30. Praza de Galicia. Cadea Humana organizada por Ceivar en solidariedade cos presos independentistas.
20.00. Campus Sur, Festigal. Café Concerto até as 21.45. Actuacións de Nao e Ataque Escampe.
20.15. Campus Sur, Festigal. Presentación do libro 'Una monarquía protegida por la censura' de Iñaki Anasagasti
20.30. Porta do Camiño. Acto Político de AMI. Coas actuacións de Os da Ría e Mini e Mero
22.00. Porta Faxeira. Manifestación de Briga. V Jornada de Rebeliom Juvenil
23.00. Campus Sur, Festigal. Até a madrugada, concertos de Chamallexis!, Os John Deeres, Som do Galpom e DJ Click Live
23.00. Porta do Camiño. XV Rondalha da Mocidade Independentista.
23.30. Belvís. Concertos organizados por BRIGA. Arenga (punk-rock), Kógito (ska), Kop (metal-hardcore-industrial catalán) e Dios ke te crew (hip-hop)
0.00. Praza da Quintana. Compostela Festival: Roy Paci & Aretuska (Italia).

Sábado 25
12.00. Da Alameda á Quintana. Manifestación do BNG.
13.00. Da Alameda ao Toural. Manifestación de Causa Galiza.
14.00. Belvís. Xantar popular de Causa Galiza
15.00. Monte Pedroso. Xantar da FPG.
16.30. Belvís. Open de Billarda
17.00. Belvís. Até as nove da noite, presentacións dos libros 'A perspectiva desde a porta' de Patricia A. Janeiro, 'Manifesto contra o traballo' do Grupo Krisis, 'Galiza Vencerá' de Maurício Castro e 'FAQ de reintegracionismo' da Gentalha do Pichel.
17.15. Campus Sur, Festigal. Presentación do libro 'Caderno de Animalista' de Antón Fortes
18.45. Campus Sur, Festigal. Recital de Poesía: A lingua que nos une, a cargo de Césareo Sánchez Iglesias.
19.30 Presentación do libro 'Sobre o racismo lingüístico' da editorial Laiovento.
20.00. Campus Sur, Festigal. Café Concerto até as 21.45. Actuacións de roberto Sobrado e O Leo i Arremecághona!
20.00. Belvís. Foliada, organizada por Causa Galiza.
22.00. Campus Sur, Festigal. Até a madrugada, concertos de Descarga ao Vivo, Katembe Project e Os Tres Trebóns e Amighos
22.00. Gentalha do Pichel. Presentación de 'A Gaita Armada'. Foliada.
23.00. Praza da Quintana. Compostela Festival: Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo.

www.vieiros.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2009 19:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 24 (Venres)
? Sargadelos Fusión: Leo e Arremecaghona, Snatch, Bytheface e Mallory en Sargadelos (Lugo)
? Os Terribles de Donas en Gondomar
? Ruote e a banda de gaitas Malante na Castro da Cidá (Borneiro-Cabana de Bergantiños)
? Fía na Roca no Campo das Redes de Panxón - Nigrán
? Brath no porto da Guarda
? Festa da Fraga (As Pontes): Luar na Lubre, Bonovo, Muxarega, ...
? IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia: A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu
? Festival día da Patria (Compostela) en Belvis: Arenga, Kogito, KOP, Dios Ke Te Crew...
? Festigal (Compostela): Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
? Café Concerto do Festigal: Ataque Escampe, Nao,...
? Foliada en Donón (Cangas do Morrazo)

Sábado 25
? II Certame de Gaiteiros Solistas e II Certame de Baile Tradicional de Parellas en Santiaguiño do Monte (Padrón)
? A Quenlla en Sargadelos (Lugo)
? Festigal (Compostela): Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, A Grande treboada
? Café Concerto do Festigal: Mª Xose López, Lobalú, Roberto Sobrado, O Leo i Arremecághona!
? Gaiteiros de Lisboa e Pepe Vaamonde Grupo na Praza da Quintana (Compostela)
? Freixa Rock (Ponteareas): Skandalo GZ,...
? The Homens, Andrés Suárez e Combo Dinamo en Neda (A Coruña)
? Festival Son Celta (Porto do Son): Som do Galpóm, Galegoz, ...
? Santiaguiño folc (Padrón): Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira
? Romaría Galega en Tordoia: O Cego do Viso, Bouba Pandereteiras e Tombalobos Orquestra
? Mutenrohi en Baiona
? Brath na Praza do Seixo de Tomiño
? Kogito no chiringo de Calo (Figueiró-Tomiño)
? Susana Seivane en Bueu
? Berroguetto en Ponte da Barca (Portugal)

Domingo 26
? Pandereteiras de Xacarandaina e o Centro Coreográfico Galego ás 19:30 nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña
? Tanto nos Ten (TNT) en Corvillón (Cambados)
? Kerkennai na Praza da Quintana (Compostela)
? Cristina Pato e Mutenrohi en Padrón
? Malvela en Meaño ás 18:30 nos muiños de Couso en Simes
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2009 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Seguen os festivais
24 xullo: Festa da Fraga (As Pontes)
- Luar na Lubre, Bonovo, Leña Verde, Muxarega...

24 xullo: IV encontro de folk do cabo da vila en Muxia:
- A.C Punta da Buitra, Coanhadeira, Tiruleque e Chotokoeu

24 xullo: Víspera do día da Patria (Compostela)
- Dois Ke te Crew, Kogito, KOP, ...

24 -25 xullo: Festigal (Compostela)
- Chamalle xis, Os John Deeres, Som do galpom, Dj Click Live
- Descarga ao vivo, Katembe Project, Os Tres Trebóns e amighos, a grande treboada

23-24-25-26 xullo: Festival Son Celta (Porto do Son)
- Som do Galpóm, Kila, Garotas da Ribeira, Galegoz, Mazmorra, Rumbia, charangalaicos, Suevia, anduriña,...

25 xullo: Santiaguiño folc (Padrón)
- Mercedes Peón, Quempallou e Arreixeira

31 xullo: II Noite Musical de Baños de Molgas (Ourense).
- A Requinta da Laxeira, Vichelocrego e Banda Potemkin

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Intercéltico (Moaña)
- Gwendal, Oscar Ibañez & Tribo
- Milladoiro e amigos

31 de xullo e 1 de agosto: II Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- Quempallou, Os Tres Trebóns, Canijos sin Fronteras e Súper Sandwich
- Machina, Yoplay, The Homens e The Majestics

31 de xullo e 1 de agosto: Vikinsons (Catoira)
- Noise Project e Som do Galpóm
- Guezos, Tonhito de Poi e Rasa Loba

31 de xullo e 1 de agosto: Festival Senuncan(O Carballiño)
- Fracasados de Antemano, A Gran Treboada, Os Chiquilicuatres, Rumborrachera, Banda Desarmada
Muyayos de Raiz, Phantom Club, Kambotes,...


Agosto


1 agosto: Festival de Zas
- Capercaillie, Tejedor, Sonoro Maxín, Mutenrohi, Ruote, ...

1-2 agosto: Festival de Pardiñas
- Muyayos de Raïz, La Belle Image Fanfare, Hedningarna e Banda Potemkin,
- Bloquinho da Salgueira, Lúa de Fouce, Pepe Vaamonde Grupo e Pan de Capazo

1 agosto: Festixeve (Xeve-Pontevedra)
- A Tuna Rastafari, Kogito, Skarnio...

1 agosto: Peneda Rock (Monforte de Lemos)
-Ataque Escampe,...

5 agosto: Noite Folc de Teis (Vigo)
- Trioliro regueifeiros, Os Carunchos e Ardentía

6-7 agosto: Castelorock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Kogito, Machina, Gatillazo,...

7 agosto: Festival Folc de Arzua
- Berroguetto, Coanhadeira,...

7-8 agosto: Festival Brincadeira (Ordes)
- Dios Ke Te Crew, Bonye M, Kastomá,...

8 agosto: Festa da Prehistoria
- Skandalo GZ, A Tuna Rastafari, Banda Potenkim

8 agosto: Festa Folc do Pino
- Regato de Matamulleres, Os Carunchos,...

8 agosto: Festival Folc do Salvador (Budiño-O Porriño)
- Avelaíña, Coanhadeira e Guezos.

12 agosto: Rabafolc (Rábade - Lugo)
- Os Veraneantes, Treixadura e Orfeón, Pepe Vaamonde grupo e Os Tres Trebóns

14-15 agosto: Festival as Nosa Músicas (Couso-A Estrada)
- Tiruleque, Ardentía, A Magnifique Band dos homes sen medo, Marful, Turre´s Band, Pablo Seoane Grupo, ...

15 agosto: Festival Folc de Leirado (Salvaterra)
- Pradairo, Tiruleque e Clave de fol

21 agosto: Esmorga Folc (Bandeira)
-Pepe Vamonde Grupo, Os Carunchos,...

22 agosto: Guisamo Folc
-Gwendal,...

22 agosto: Festival Folc de Negreira
-Ardentía,...

22 agosto: Festival Irmandiño de Moeche
- Lamatumbá, Saraibas, BellónMaceiras quinteto, Balakandra, Mallacán...

22 agosto: Festidoiro (Cuntis)
- Skacha, Kogito, Machina,...

22 agosto: Pontelouco (Castrocaldelas)
- O Sonoro Maxín,...

22 agosto: Festival do Castro (Pantón-Lugo)
-Cuchufellos, Som do Galpóm, United Flavour,...

22 agosto: Festival Fin do Camiño (Fisterra)
-A Tuna Rastafari,...

22 agosto: Festival das Minas (Pontenova)
- Tonhito de Poi e Rasa Loba,...

22 agosto: Festival de Corcubión
- Lamatumbá, Chotokoeu, Ultraqans, Chamallexis,...
ADIADO

22 agosto: Festival de Liméns (Cangas do Morrazo)
- Berroguetto,...

22 agosto: Festival Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
- Os Carunchos, Ruxe-Ruxe, Quempallou, ...

23 agosto: Festival Terra Brava (O Incio)
- Tanto Nos Ten,...

29 agosto: Festiva Rebumbio (Mos)
- Dakidarria,...

29-30 agosto: Noite da Lúa Meiga (O Viso-Redondela)
- Os Carunchos, Ardentía,...

4-5 setembro: XXIII Festa da Poesia de Salvaterra
- Covalblú,...

18-19 setembro: Festival Reperkusión (Allariz)
- Emir Kusturika & No Smoking Orchestra,...

26 de setembro: III Zumbanocoiro de Lugo (Festival de música tradicional)-A Volta do Agro, Bouba Pandereteiras, O Tear de Llerena e A Gaita de Sarandón
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2009 18:59
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile do 26 de xuño
Vai de baile do 26 de xuño de 2009

Maragatos de Candeán VS Aturuxeiros de Barcelona


Concurso


Xurado
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 24-07-2009 18:51
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer


Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0