Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

V Festival Seixebra
Este sábado, 19 de xullo ás 20:30 horas, celébrase o V Festival Seixebra.

A Asociación Cultural Seixebra, de Moraña, celebra o seu V Festival Folclórico. Será o sábado 19 de xullo ás 20:30 horas no patio da Casa de Cultura ADR Castelao e contará coa presencia da banda de gaitas Tralovalo de Moreira, de Soutomaior.

O festival está enmarcado no programa de actividades da Festa do Carneiro ao Espeto e organízase coa colaboración do concello de Moraña co obxectivo de difundir a cultura popular.

Os primeiros en pasar polo escenario serán os membros do grupo anfitrión, Seixebra. Despois darán paso a actuación da banda de gaitas de Tralovalo, que veñen dende o concello de Soutomaior.

Case 50 membros en distintas escolas
Seixebra nace en Moraña (Pontevedra) en outubro de 1998 e dende aquela traballa pola recuperación da cultura e tradición galegas. Actualmente conta con case 50 membros, repartidos nas escolas de baile, gaita, percusión, pandeireta e acordeón. Ao longo da súa traxectoria, Seixebra participou en diversos festivais e concursos da xeografía galega, así como en diversas festas do seu concello e arredores. Ademais os membros do grupo dedícanse a facer recollidas de cancións e bailes tradicionais, unha boa mostra disto son os cantos de reis e a regueifa.

www.acseixebra.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2008 14:03
# Ligazón permanente a este artigo
Sons do Vento 2008
Festival Sons do Vento 2008

O 19 de Xullo en Melón, Ourense a partires das 19hs.
Con a Banda de gaitas, Amigos do Mosteiro e a charanga, Pequena Gran Filarmónica da Toscana.

E os grupos:

-La Collá Propinde (Folk) Asturies
-The Upsttemians (Ska-Reggae) Madrid
-Malatesta (Ska Punk) Mallorca
-Skárnio (Ska) Galiza


Haberá acampada gratuíta ó carón dos concertos, unha Queimada popular o remate, cComida e bebida a prezos populares e pPostos de mercadiño .

Máis info.: www.sonsdovento.es

www.komunikando.net


Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
XXVIII Xuntanza Mariñana
O 19 de xullo as 19:00 h celébrase a XXVIII Xuntanza Mariñana, este ano no Parque Luis Seoane de Sta Cruz (Oleiros).

Comenzará a festa cun desfile de todolos grupos participantes dende a Praza do Muiño, chegados ao parque todos eles interpretarán conxuntamente dúas pezas tradicionais, e de seguido haberá unha foliada na que todos estades convidados a participar.

Os grupos participantes este ano son:

- A Marola de Mera
- Dorna de Dorneda
- Semente Nova de Perillo
- Folliñas de Oleiros
- O Hórreo de Iñás
- As Mariñas de A Barcala
- Os Rueiriños de Nós
- San Xoán de Ouces
- Santaia de Santa Cruz

www.frouma.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2008 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Video presentación do Festival Sons da Lameira (Vigo-Matamá)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Intercéltico do Morrazo

XXIV EDICIóN DO FESTIVAL INTERCéLTICO DO MORRAZO.

Do 31 de xullo ata o 3 de Agosto.

PROGRAMA:

Xoves 31 de Xullo.

As 22:00. Inauguración do Festival , con música tradicional galega.
Escenario 2.
1.Actuación da charanga Lembranzas da ría.
2.Noitarega.

Venres 1 de Agosto.

Escenario II:
-19:00: teatro para nenos e actividades varias.
Escenario I:
22:30-Noites Folk:
- Aira da Pedra. (O Bierzo)
- Four Men and a Dog.(Irlanda)

Sábado 2 de agosto.

Escenario II:
19:00-Música de Raíz:
- 1º Sobre Rodas.(Galiza)
- 2º A gaita de Sarandón. (Galiza)

Escenario I.
22:30- Noite Folk.

-1º.Luétiga (Cantabria)
-2º.Júlio Pereira (Portugal)

Domingo, 3 de agosto.

Escenario II. 19:00
Música de Raíz:
- Chema Puente.(Cantabria)
- Juanjo Fernández.(Galiza)

22:30-Noite Folk:
Escenario I. 22:30
- Susana Seivane.(Galiza)
- Shooglenifty. (Escocia)

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 17-07-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Crítica do novo disco de Uxía

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Discos - Publicado o 17-07-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
GZnación, agora tamén en papel
Despois de máis de ano e medio na rede GZnación.com sae a rúa.

Cunha tirada de máis de 43.000 exemplares este novo mensal impreso tentará chegar a todos os recunchos da nosa xeografía para dar conta das noticias máis relevantes, afondando na realidade que nos rodea e ofrecendo unha visión máis esclarecedora do momento social e político polo que atravesa o país.

O GZ impreso que nace froito dunha alianza coa publicación “En Movemento” -do Movemento polos Dereitos Civís- e que agora pasará a ser un suplemento, continuará coa senda aberta pola publicación dixital, mantendo os sinais de identidade que foron forxando a nosa personalidade preocupándonos polo país e dando voz a un amplo abano de actores sociais, políticos e culturais.

www.gznacion.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 17-07-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
Ruido na Rúa (Aguiño)
O Xoves 17 de Xullo en Aguiño, poderemos disfrutar dunha romería na que participan charangas coma, Os jalochos mais Oitonun piso, e dos concertos de:

-Los negros del cafe
-Os chiquilicuatres
-A Compañia do Ruido


E como sesión final o increibel IvanDZ.

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2008 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Gala Especial Alalá na Coruña
Xoves 17 de agosto de 2008

Gala especial III Aniversario de Alalá no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 20:30
Con convidados da terceira tempada do Alalá

Para retirar invitacións só tes que solicitalas neste número do Dpto. de Relacións Públicas da TVG

981 540 642

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2008 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Rodrigo Romaní
Entrevista a Rodrigo Romaní, director da oquestra folk SonDeSeu
''Nunha escola apréndese a tocar pero hai cousas que hai que pasar por un escenario para aprendelas''


Resúmolle o que aprendín sobre SondeSeu: un grupo de profesores do Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo collen a 35 alumnos e, a modo de actividade extraescolar forman a 1ª orquestra de folk de España. Zanfonas, harpas, violíns, pandeireitas, requintas, gaitas e canto O conto sáelles vén, empezan a sacar aos alumnos de excursión polos escenarios do mundo adiante e acaban gravando 2 discos.

PREGUNTA: ¿como se coordina todo este grupo de “cativos” con xoguetes tan grandes -e tan delicados - enriba dun escenario?
RESPOSTA: A xente que estudia aquí son xóvenes e adultos, algúns xa profesionais doutros tipos de música.E non é que os profes os leváramos por aí (ri), senón que eles, a partir do repertorio que lle preparamos de conxunto instrumental, entraron nunha dinámica propia que se convertía nun espectáculo.

Fixeron un repertorio propio de concertos, facendo arranxos modernos sobre música tradicional con instrumentos tradicionais, do folk, non con instrumentos da música pop. Este proxecto axiña saiu do didáctico porque constituía unha novidade en si mesmo dentro de Galicia, e ademais enganchou moi ben co público.

P: E a satisfación polo traballo ben feito ao final ¿é maior porque é a satisfación dun diretor de orquestra pero ademais a dun profesor orgulloso dos seus pupilos?
R: Si, nós todos estamos moi contentos de que isto saíra adiante porque, efectivamente, a danza armámola os profes (ri). Pero hai cousas que chaman moito máis a tención co propio orgullo dos profes, e é que son unha alternativa profesional, un novo estilo de facer música folk e tradicional en Galicia.

'Overbooking'
P: A orquestra renóvase constantemente, cos estudantes novos que van chegando ao Conservatorio, ¿nótase esta renovación no estilo de SonDeSeu?

R: Ese é o espírito con que naceu a orquestra, pero resulta que ao cabo do tempo ninguén quere marchar. Entón temos un problema de overbooking, hai xente que quere entrar pero ninguén se quere ir. Estamos nesa dinámica e aínda non sabemos como resolvela.

P: Esta mestura profesores-alumnos ¿conleva disputas entre a ortodoxia técnica dos profesores e o aire fresco que traen os máis novos?
R: A educación que damos aquí, por dicilo dunha forma así un pouco pedante, unha das mensaxes que tenta dar é que a música tradicional foi sempre un proceso, non un repertorio, senón cousas que estaban a cambiar.

A música tradicional transmítese de oído, a xente deforma as melodías. Despois iso pasa á cidade, na cidade chámaselle folk e alí se sigue transformando, xa cos elementos da cidade.

Nese senso hai que asumir que no proceso cada un teña ideas diferentes de como se mesturan os elementos. Asumindo iso non temos problemas de diferencias estilísticas, porque incluso os mesmos profesores teñen estilos diferentes. O que si queremos é que a orquestra teña unha tímbrica propia.

Transformar a música
P: Que a faga recoñecible...

R: Si, que a xente a reconoza ao escoitala, sen vela. Ese timbre danllo os instrumentos que hai dentro da orquestra. Por exemplo neste momento non hai ningún instrumento de tipo electrónico. Non sei, se ao mellor SonDeSeu chega a facer algunha inclusión na música electrónica será por colaborar con outros artistas, pero non é o propio.

P: Cunchas de vieira, con harpas e violíns e cantares populares. ¿Esta fusión vén pola idea de proceso aplicada ao folk?
R: Non é tanto unha renovación porque penso que xa está todo inventado. Trátase de transformar porque a música non se arranxa hoxe igual que hai cinco anos... as modas tamén inflúen... Bueno si, si que se pode chamar renovación (ri). Pero é inherente ao folk.

Peche do círculo
P: Neste escenario de Ortigueira deuse a coñecer case que mundialmente SonDeSeu no 2004 ¿Como se sinten cando volven a el?¿É unha actuación un pouco máis especial cas outras?

R: É especial porque SonDeSeu consagrouse cando veu de teloneiro a Ortigueira e agora volve cinco anos despois actuando o día máis importante, á hora punta, no mellor escenario, cos mellores... Además volve a Ortigueira moi transformada, hai moitos máis instrumentos, moita máis calidade.

P: SonDeSeu naceu como un proxecto didáctico ¿apréndese compoñendo ou tocando unha peza para Sondeseu ca nas aulas?
R: Nunha escola apréndese a tocar pero hai cousas que hai que pasar por un escenario para aprendelas. Por exemplo tocar baixo a presión do público. As artes do oficio tamén teñen que ver coa amplificación, coa actitude no escenario, poder comunicarte coa xente, poder presentar unha peza, saber como vas vestido...Isto só se aprende coa actividade profesional, e é o que aporta SonDeSeu.


www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2008 10:10
# Ligazón permanente a este artigo
Concertos das Festas de Vigo
Domingo 20 de xullo (Bouzas)
Complices

Martes 22 de xullo (Parque de Castrelos)
Pereza

Mércores 23 De Xullo (Parque de Castrelos)
Roger Hodgson

Mércores, 30 De Xullo, (Parque de Castrelos)
Rubén Blades

Sábado, 2 De Agosto, (Parque de Castrelos)
La Quinta Estación

Festival Creamfields Vigo 08
Sábado, 2 De Agosto, (Ifevi)
The Chemical Brothers, Tiga, Vitalic, ...

Martes, 5 de agosto (Estación marítima)
Miguel Bosé

Martes 5 de agosto
Festival Folc de Teis (Parque da Riouxa)
A Roda, Donicelas,...

1ª Festa Internacional Da Rede Europea De Orquestras Folk. (Parque de Castrelos) 6 e 7 De agosto

- Orquestras Transpiradansa (Belxica) + Gabú (Guinea Bisau)
- Orquestras An Avel (Bretaña)+ Sondeseu (Galiza)


Xoves 7 de agosto (Praza da Constitución)
Manecas Costa, Renato Spencer & Cafe CaXaça

Festival Alternavigo 08 (Ifevi)
8 e 9 de Agosto:

- Barricada,Reincidentes,Porretas,Ratos de Porao,Fe de Ratas,Dakidarría e Oxtiax ke te pariu.

-Cradle of Filth,Gamma Ray,Overkill,Primal Fear,Exodus,Cynic,3 Inches of Blood,Fallen Sentinel e Shroud of Tears.


Venres 8 de agosto (Praza de Compostela)
Gala do Fiadeiro

Domingo 10 de agosto (Praza de Compostela)
Gaideón (música tradicional galega)

Luns, 11 De Agosto, (Parque de Castrelos)
Milladoiro + Paul Winter

Luns 11 de agosto (Praza de Compostela)
O Combo Roxo

Martes 12 de agosto (Praza de Compostela)
Lembranzas Galegas

Martes, 12 De Agosto, (Parque de Castrelos)
Budiño + Kepa Junquera

Xoves, 14 de agosto (Estación marítima)
Manolo García

Sábado, 16 De Agosto, (Parque de Castrelos)
Siniestro Total

Domingo, 17 De Agosto, (Parque de Castrelos)
Crema De Gaita + Emir Kusturica

Sábado 23 de agosto (Ifevi)
El Canto del Loco
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2008 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Malvela

É unha planta herbácea, reptante, enraizante. Efectiva para tratar afeccións relacionadas coas mucosas de oídos, nariz e garganta. As follas teñen un efecto aperitivo dixestivo, febrífugo, tónico e vermífugo. Chámase Malvela e é moito máis que unha planta.

É o nome do grupo musical do que forma parte Lina, aínda que os seus efectos sobre a saúde e o estado de ánimode quen as escoita é similar. Malvela sobe por 1ª vez ao escenario Estrella Galicia do Festival de Ortigueira. Esquecíame. As follas da malvela tamén se usan para aromatizar a cervexa.


Pregunta: ¿Por que Malvela como nome do grupo?
Resposta: Entre outros nomes que aportamos xurdiu ese porque é o nome dunha pranta que se utilizaba para facer infusións, unha pranta medicinal.

P: Se volvesemos agora ao día no que se apuntou ao cursillo con Uxía Senlle, para recuperar os cantos populares de Sanguiñeda ¿Rise de min se lle digo que ía acabar cantando en Arxentina?
R: Nós fomos simplemente facer o cursillo, porque nos gustaba cantar e cantabamos na casa. Sen pensar en ningún momento en gravar discos, nin en facer concertos. Non, non o pensabamos, nin remotamente.

Pero as mestras son moi boas e dirixíronnos moi ben polo camiño ata chegar aquí. Debémosllo en primeiro lugar a Uxía e despois, cando ela xa non podía atendernos, ocupouse de todo a súa irmá Ana.

''Un traballo sistemático''
P: Malvela máis ca un grupo musical é case unha familia. Imaxino como ensaian: na casa dalgunha de vostedes, facéndolle a merenda aos netos... ¿Cónteme, como se prepara unha actuación de Malvela?

R: Non nos preparamos dun día para outro. Nós, relixiosamente temos un ensaio e despois, cada 15 días máis ou menos, ensaiamos cos músicos. Preparámonos sempre, estamos sempre facendo cousas, ensaiando, cancións novas...É un traballo sistemático, todo o ano hai algo.

Cando non temos actuación temos outras cousas como o de Cantos e Contos no Camiño... Con motivo do disco das panxoliñas fixemos Un tren cargado de ilusións, que era tamén un conto con cantos.

Tamén o espectáculo audiovisual O pano non me namora, para o día da Muller Traballadora e para o día da Non Violencia. Era moi axeitado para estes días porque fai un percorrido cuns textos moi importantes que falan de toda a problemática da muller: da discriminación... Dende a ablación e o burka pasando por todas as calamidades e discriminacións que sufre a muller, non só en Galicia, senón en todo o mundo.

P: Son todas mulleres, que xa din que é complicado que nos levemos ben, e por riba de diferentes idades ¿é difícil poñerse dacordo?
R: Somos un amplo abano de idades pero non temos ningún problema nin xeracional nin doutro tipo. Entre nós levámonos moi ben, somos unhas compañeiras moi ben avenidas (Ri), porque se cadra nos une ese amor pola canción. E porque temos a sensación de que estamos a facer algo importante, deixando constancia desas cancións e desas vellas letras, que cantamos ao noso xeito.

Colorido
P: No que non desentonan nada é na vestimenta ¿a que veñen esas cores laranxas, verdes e brancas, e eses sombreiros de palla?

R: O sombreiro levámolo... non todas, porque senón como somos moitas pois tropezaríamos unhas coas outras (Ri). As cores... xurdiu así. Gustábanos a vestimenta antiga, tradicional, e ao mesmo tempo alegre, porque somos un grupo de mulleres que empezamos tarde, pero con moito empuxe con moita vitalidade. Con ganas e con alegría, porque a pesar de que a vida ten os seus momentos bos e malos somos un grupo de mulleres que nos gusta ter alegría e transmitila.

P: Que é como hai que tomar as cousas.
R: Si ademais a nós vannos esas cores. É un conxunto: pode parecer que nos pón anos enriba, polas pañoletas, pero en conxunto fai unha estampa moi colorida, moi alegre.Pero bueno (ri de novo), algún día teremos que ir pensando en cambiar porque ¡os traxes tamén se estropean!

''Público para todo''
P: Se teñen un mérito é o de congregar a todo tipo de públicos, ¿van a Ortigueira preparadas para cantar diante de tanta xente nova, para lidiar cunha avalancha de hippies?

R: Pois non sei como nos recibirá. Para nós é un privilexio ir a Ortigueira e estar con tanta xente tan distinta. É un privilexio porque vas estar e compartir espazo con xente extraordinaria e que vén de moitos sitios.

Non sei se vai gustar o noso xeito de facer as cousas, pero eu creo que haberá público para todo.

P: Levan xa 3 discos publicados, a señora Carmen xa é mundialmente coñecida, foi portada da revista Interfolk... Por non falar do Pirimpimpín, que é o maior éxito musical galego que se lembra nos últimos anos ¿Como se leva todo o tema das entevistas, dos autógrafos, do boom mediático?
R: Ben, ben porque non nos deixamos influir por esas cousas. Fumos cantar porque nos gustaba a canción. Levámolo ben, si.

Continuidade
P: A intención orixinaria de Malvela era a de recuperar eses cantos tradicionais que se están a perder, ¿gustaríalle que Malvela e a súa tarefa tivera continuidade nas fillas, nas netas...?

R: A verdade é que si porque é un patrimonio que lles deixamos. Buscamos, sobre todo Uxía e Ana, que se ocuparan moito diso, de buscar a persoas maiores que nos deixaron a súa impronta, as súas letras gravadas en cinta... Cousas que forman un patrimonio inmaterial que queda aí para quen o queira recoñecer o día de mañá, para que os nosos netos poidan sacar de aí un pouco de Historia.

P: ¿En que lle cambiou a vida dende que naceu Malvela?
R: A min en nada. Unicamente que teño que ir ensaiar e que teño que ir a concertos. Estivemos en Arxentina, en Madrid, no Algarve. Hai días que teño que madrugar un pouco máis para deixar un pouco de organización na miña casa... Pero que se leva moi ben e con moita alegría porque é iso. Gústanos.


www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2008 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Manifesto de Federación de Asociacións de Escritores
A Asociación de Escritores en Lingua Galega, como integrante da Federación de Asociacións de Escritores "Galeusca", da que tamén forman parte a Associació d'Escriptors en Llengua Catalana e a Euskal Idazleen Elkartea (Asociación de Escritores Vascos), emite a 11 de xullo o seguinte manifesto.


Perante o discurso pretendidamente homoxeneizador e centralista que subxace no “Manifiesto por la lengua común”, a Federación de Asociacións de Escritores “Galeusca” quere deixar constancia do seguinte:

1. A realidade plurilingüe que conforma e dá existencia ao estado español, lonxe de ser entendida como unha “asimetría” ou deficiencia per se, está a reproducir de xeito transparente unha diversidade lingüística e cultural común á maioría dos estados que conforman a Europa plurilingüe.

2. O galego, o éuscaro e o catalán non son "inventos" recentes senón linguas que foron normais nos seus territorios e sociedades respectivas durante centos de anos. A súa desnormalización, a súa perda de usos públicos, non se produciu de forma "natural", senón, mesmamente, por invasión da lingua que se decretou como oficial do estado, sen consulta nin acordo previo.

3. O artigo 3 da Constitución española garante a presenza desa lingua común para todos os habitantes do estado, mediante a esixencia a toda a cidadanía do deber de coñecer o castelán. Toda a cidadanía de Galicia, Euskadi e os Países Cataláns asume na práctica esa esixencia, pois non hai persoa que non teña unha boa competencia en castelán, ora a teñan como primeira lingua, ora como segunda. Porén, respecto do galego, do éuscaro e do catalán a lexislación non prevé a obriga de seren coñecidos nos seus respectivos territorios, o que establece unha asimetría nos dereitos lingüísticos da cidadanía que quere exercer o dereito, que lles é recoñecido, a usalos.

4. O galego, éuscaro e catalán tamén son linguas oficiais nos seus territorios, que é o mesmo que dicir que son as linguas propias de aproximadamente o 40% da poboación do estado español. Estes códigos lingüísticos diferentes do castelán, lexítimos e nos que se recoñece o percorrido e expresividade dun pobo e dunha cultura, son instrumentos de comunicación igualmente “democrática”, ferramentas de relación interpersoal útiles e necesarias para a sociedade que as sustenta.

5. O dereito ao uso público, en todas as instancias, da lingua propia está recoñecido en todas as lexislacións democráticas do mundo. No ámbito europeo cómpre lembrar a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias (aprobada e ratificada polo Estado español) ou a Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos, aprobada coa unanimidade do Congreso dos Deputados.

6. A visión anuladora que da enriquecedora realidade plurilingüe española se transmite desde o “Manifiesto” leva a pensar na similitude coas teses da etapa franquista: un Estado, unha lingua, e, consecuentemente, a reforzar as formulacións diferenciadoras entre cidadáns de primeira e de segunda por razón de lingua. A competencia plurilingüe, tamén para os cidadáns españois nados en comunidades autónomas cunha única lingua oficial, sempre será unha chave que abra o mundo, que abra as fronteiras do respecto polo outro desde a interpretación dunha relación de equidade entre os seres humanos, independentemente do seu lugar de nacemento, de residencia e de lingua propia. Además, o “Manifiesto” parte dunha premisa que non se corresponde coa realidade, pois en ningún caso o castelán corre perigo ningún en todo o territorio do Estado.

7. A aprendizaxe de linguas, ademais da propia, sempre debe ser entendido en positivo e como sinónimo de enriquecemento do individuo, pois coa aprendizaxe plurilingüe estimúlase a expresividade e cognición das persoas. No caso de Galiza, Euskadi e os Países Cataláns é imprescindíbel que a poboación sexa competente nas dúas linguas oficiais, para que logo cadaquén poida decidir libremente se usa unha ou outra nos diferentes ámbitos e situacións. É dicir, a dobre competencia é imprescindible para garantir a liberdade lingüística.

8. Para garantir esa utilización libre das linguas precísanse medidas emanadas dunha política lingüística adecuada. É dicir, para garantir os dereitos constitucionais que temos tamén os falantes de catalán, éuscaro e galego precísanse políticas lingüísticas que creen as condicións para exercelos, tal e como ditou o Tribunal Constitucional na sentenza 337/1994 cando “avalaba un trato desigual, que non discriminatorio, para as dúas linguas oficiais en función do carácter propio dunha delas que fai preciso unha acción normalizadora que debe, necesariamente, implicar accións de apoio singularizado”.

9. As políticas lingüísticas aplicadas ao ámbito educativo nas chamadas comunidades bilingües teñen como obxectivo conseguiren que o alumnado acade unha boa competencia nas dúas linguas oficiais, independentemente de cal sexa a súa lingua familiar. Para acadar ese obxectivo, é preciso desenvolver planificacións lingüísticas que garantan a consecución dese obxectivo e que pasan, necesariamente, pola utilización vehicular maioritaria da lingua máis desfavorecida socialmente. E isto, en vez de ir contra a liberdade lingüística, é, precisamente, unha actuación imprescindible para garantir esa liberdade lingüística.

10. As escritoras e os escritores galegos, vascos e cataláns PROCLAMAMOS a nosa vontade de seguirmos a escribir nas nosas linguas e a contribuírmos ao proceso, inacabado, de normalización das nosas linguas, como dereito humano, democrático, pacífico ao que non imos renunciar. Repudiamos enerxicamente todos os intentos de EXCLUSIÓN que colegas escritores españois realizan das nosas linguas e lamentamos que, no canto de se preocuparen pola saúde do español en Puerto Rico, Costa Rica ou os Estados Unidos, se dediquen a combateren o máis próximo e asimetricamente discriminado.

Xullo de 2008


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 16-07-2008 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Sobre Lizgairo
Lizgairo: Persoa con mente áxil e enxeñosa. Iso significa a palabra galega Lizgairo. Mais tamén é a composición do nome dos seus tres compoñentes: Xosé Liz, Anxo García Pintos e Rodrigo Romaní.

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 15-07-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Marful presenta temas do novo disco
Presentamos unha xira de concertos íntimos, en lugares pequenos e acolledores, para irvos presentando os temas do novo disco. Poderedes participarnos as vosas impresións e ser testemuñas das mudanzas que van sucedendo.

Queremos que os novos temas soen en vivo, respiren e vivan para coñecernos mellor. Esperamos que poidades acompañarnos nos seguintes lugares:

www.marful.info
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2008 09:45
# Ligazón permanente a este artigo
Resumo do XXIX Concurso de baile tradicional Xacarandaina
Brétema-Casa Galega de L'Hospitalet subiu un resumo das categorías C e D no XXIX Concurso de baile tradicional Xacarandaina 2008

Resultados

Categoria C
1º "B" da Escola de Muiñeira "Cantigas e Agarimos"
2º "C" da Agrupación Municipal "Tequexetéldere"
3º "A" da A.C. Os Muiños de Oliveira

Categoria D
1º C.C. "A Pontevella" de Reis
2º "D" da Agrupación Municipal "Tequexetéldere"
3º "Fusos e rocas" da A.C.F. O Fiadeiro

Comentarios (3) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 15-07-2008 09:44
# Ligazón permanente a este artigo
O grupo Sog gaña o Proxecto Runas
O grupo Sog gaña o Proxecto Runas e salta directo ao Escenario Estrela Galicia do 2009

O Escenario Runas08 xa ten gañadores. Os castelán leoneses de Sog fixéronse, de forma maioritaria, co favor do público congregado no palco de tarde do Festival Ortigueira, o espazo reservado para a promoción de grupos folk noveis. Os votos dos folkies asistentes aos concertos sitúan á banda directamente no Escenario Estrela Galicia do 2009, ese é o premio.

O repertorio do grupo, integrado por músicos procedentes de estilos diferentes, combina composicións propias e cancións tradicionais de León, Asturias, Galicia ou Irlanda. En once anos de traxectoria, conseguiu forxarse un estilo propio, o "estilo sogano"- orixinal e festivo- baseado na fusión de músicas de diferentes procedencias e culturas.

A propostas de Sog, que ten publicados dous discos, Trisca" (2005) e "0505" (2007), resultou finalmente a gañadora de entre as 45 que se presentaron ao concurso de bandas non noveis ou non consolidadas que organiza o Festival Ortigueira. Durante o fin de semana do Festival actuaron os sete finalistas, competindo por seducir a un público que respondeu mellor que nunca e que debía valorar as súas actuacións. O palco de tarde chegou a convocar a máis de 2.000 persoas, superando con fartura as previsións da organización.

www.sog.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-07-2008 09:36
# Ligazón permanente a este artigo
Gañadores do IX Memorial Ricardo Portela
Os premiados no IX Memorial Ricardo Portela celebrado esta fin de semana foron:

1º Premio_ Os Folerpas con 1.500 €
2º Premio_ Laghareu con 900 €
3º Premio_Picuíña e Rédea Solta( compartido) con 600 €


Premio especial Ricardo Portela para Laghareu con 600€

Premio especial Seivane-goretex para Folerpas como premio unha gaita de seivane

www.musicasdaulla.blogspot.com
Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 14-07-2008 12:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 11 (Venres)
• Inauguración do local da Mesa en Vigo (Abeleira Menendez 28) ás 20:30
• Presentación do disco "Foliada nas Rías Baixas" no Teatro Principal de Pontevedra ás 21:00
• Xochilmica, Supersandwich e Lamatumbá na explanada do multiusos de Melide ás 22:30
• Mísia en Ferrol no Teatro Jofre ás 20:30
• Bellón Maceiras nas Festas de San Cristovo (Compostela)
• Som do Galpón na Sala 600 de Melide
• Kiosco das Almas Perdidas (con Mercedes Peón) na Praza do Concello de Carballo ás 22:30
• Sonoro Maxín no Grove
• Festival de Ortigueira: Escola de Gaitas de Ortigueira (Galiza), Sondeseu (Galiza), Värttinä (Finlandia), 17 Hippies (Alemaña)
• IX Festival Folk de raiz... (Callobre-A Estrada): Retrouso, Alvariza, Pé de Boi e Liño do Cuco

Sábado 12
• Roteiro con Congostra polo Couto Mixto
• X Festa Nacionalista do Baixo-Miño ás 20:00 na Alameda de Goián cos Carunchos
• Mercedes Peón na explanada de Santa María de Arzúa ás 22:30
• Vaamonde, Lamas & Romero en Oleiros
• Mutenrohi en Muros
• María do Ceo no Auditorio de Cervo
• Banda Potemkin nas escadas da Domus (A Coruña)
• Xacarandaina en Vilagarcía
• IX Memorial Ricardo Portela en Pontevedra
• VII Festival Retrouso en Cela (Bueu)
• II Certame de Bandas de Gaitas en Salceda de Caselas
• IX Festival Folk de raiz... (Callobre-A Estrada): Regato de matamulleres, Sete Netos Briganthya e Serra-lhe aí!!!
• Festival de Ortigueira: National Youth Pipe of Scotland (Escocia), Fía na roca (Galiza), Odaiko percussion group (Galiza), Moving Hearts (Irlanda), Boys of the lough (Escocia)

Domingo 13
• Fía na roca e Coanhadeira na Praza de Galicia de Palas de Rei ás 22:30
• Luar na Lubre no Parque Eguren de Marín ás 23:00
• Berroguetto en Ribeira
• Festival de música tradicional: Os Campantes da Braña e Vaamonde, Lamas & Romero en Pontevedra
• Festival de Ortigueira: Uxía + invitados (Galiza), Eliseo Parra + Tactequeté (Castela-León), The Dubliners (Irlanda)

Axenda completa

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 11:30
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de Baile (4/07/08)

1ª semifinal do Vai de Baile 2008
Gholfiños de Ribeira VS Malinas de Redondela

Fase de concurso



Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 11-07-2008 11:10
# Ligazón permanente a este artigo
III Obradoiro de Música e Baile Tradicional en Ames

A Asociación Cultural Follas Novas de Ames, en colaboración co Concello de Ames e a Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o III Obradoiro de Música e Baile Tradicional.

Esta actividade levarase a cabo os días 15 e 16 de Xullo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a soamente 10 Km de santiago de Compostela.


Para asistir ao obradoiro é precisa unha inscrición previa que ten un prezo de 15 euros. Para os menores de 14 anos, socios e socias da A.C. Follas Novas e Asociación de Gaiteiros Galegos o prezo é de 10 euros.

Podedes ver o programa completo de actividades no seguinte enlace:

Programa

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 11:08
# Ligazón permanente a este artigo
Roteiro de Congostra

DIA 12 de Xullo, sábado
Pateada: Couto Misto
Saída Nº 84


Polos concellos de Calvos de Randín e Baltar. Os habitantes do Couto Misto ata o 1864 elixían se se acollían á xurisdición española ou portuguesa e estaban exentos de obrigas coma o servizo militar e outras. Esta particularidade administrativa deu lugar a outras singularidades que iremos ver in situ.

Saída: Almas Perdidas (baixo o pavillón polideportivo do Berbés) ás 9,30.

Percorrido: Circular

Duración aproximada: 5 / 6 horas. Se o alargamos a Tourem, algo mais.

Lugares de Interese:
Bosques autóctonos. Forno comunitario. Camiño privilexiado. Paisaxes.
Recoméndase, ao rematar, a visita a Tourem e Pitões das Junias

Dificultade: Baixa

Saúdos
Congostra

Para contactar: congostra@hotmail.com ou tf: 646 848 872
Comentarios (0) - Categoría: Roteiros - Publicado o 11-07-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
A Mesa inaugura local en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 11:04
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Folk de Callobre
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Ricardo Portela
O vindeiro venres día 11 de xullo, no Teatro Principal de Pontevedra, ás 21:00 horas terá lugar a gala presentación do dobre CD Foliada nas Rías Baixas. Homenaxe a Ricardo Portela, o mestre.

O acto, de entrada libre, será conducido por Xurxo Souto e contará con actuacións musicais de artistas participantes no disco como ÁLvaro Novegil, Os Trazantes de Tenorio, Enrique Otero, Airiños do Parque de Castrelos ou Juanjo Fernández entre outros, e pequenas entrevistas a familiares, amigos e alumnos de Portela como Rosa Portela, José L. Calle, Xosé V. Ferreirós, Antón Corral, Wenceslao Cabezas del Toro "Polo", Amando Fontám, Eladio Argibay ou Xabier Garrote entre outros. A gala desenvolverase dentro dos actos do IX Memorial Ricardo Portela promovida polo Concello de Pontevedra e organizada pola Asociación de Toque Pechado de Pontevedra, Andrade Comunicación e Edicións do Cumio.

O traballo discográfico recolle as aportacións de máis de trinta artistas do mundo da música tradicional que renden homenaxe ao gaiteiro de Viascón. Trátase dun dobre CD publicado por Edicións do Cumio pola iniciativa da Asociación Toque Pechado de Pontevedra, encabezada Oscar Ibáñez, no que os músicos reinterpretan o repertorio de Ricardo Portela e que se acompaña de fragmentos de conversas con amigos e alumnos de Portela. A edición complétase cun libriño onde se recollen os textos de cada un dos participantes a modo de semblanza do mestre de Viascón. O traballo está promovido pola Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia e os Concellos de Pontevedra e Cotobade.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 11:01
# Ligazón permanente a este artigo
Memorial Ricardo Portela

1. O concurso celebrarase en Pontevedra o sábado 12 de xullo, en dúas fases: unha eliminatoria pola mañá e unha final polo serán.

2. Poderán participar nel agrupacións musicais tradicionais galegas no formato de cuarteto, quinteto ou sexteto. Os cuartetos e quintetos comporanse, cando menos, dos seguintes instrumentos: dúas gaitas, un tamboril e un bombo. No caso de ser quinteto, o quinto instrumentista poderá, ben utilizar unha terceira gaita, ben formar parte da percusión con calquera instrumento deste tipo dos considerados tradicionais galegos: pandeiro, pandeireta, ferriños, cunchas, etc, ou ben utilizar instrumentos que teñan sido empregados por agrupacións deste estilo no pasado: requinta, requinto, clarinete, etc. Os sextetos admitiranse unicamente con esta configuración: dúas gaitas, dúas requintas, tambor e bombo.

3. Todos os instrumentos han ser de formato e feitura tradicional quedando expresamente excluídas as percusións de alta tensión e as gaitas denominadas marciais.

4. Os membros dos grupos vestirán obrigatoriamente o traxe tradicional galego.

5. Estabelecerase unha única categoría con tres premios en metálico e a posibilidade de contratación dos finalistas polo Concello de Pontevedra para as dianas, alboradas e outras actuacións das festas da Peregrina dese mesmo ano. Os grupos premiados terán preferencia para a contratación, estando obrigados, salvo causa de forza maior, a acudir cos mesmos membros que concursaron.

6. Os importes dos premios en metálico para a presente edición serán:
1º- 1500 euros; 2º- 900 euros; 3º- 600 euros

7. Estabelecerase un premio especial “Ricardo Portela” de 600 euros para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre pontevedrés. Este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados.

8. Estabelecerase un premio especial “Seivane-Goretex”, consistente nunha gaita creada especialmente para o IX Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado. Este premio é compatíbel con calquera dos outros en metálico e tamén poderá recaer sobre calquera dos finalistas non premiados.

9. Calquera dos premios pode quedar deserto se o xurado así o estima.

10. O xurado será nomeado polo Concello de Pontevedra tendo en conta que polo menos a metade dos seus membros estean vencellados co mundo da gaita. A tarefa deste xurado será a de cualificar os grupos na fase eliminatoria, clasificando un máximo de oito para a fase final. Nesta fase terán que escoller os que, ao seu xuízo, sexan os merecedores dos premios que se ofrecen; así como cualificar, por orde da súa preferencia, os restantes. Esta última clasificación non se fará pública aínda que estará ao dispor de quen a solicite. Tamén poderá o xurado descualificar calquera grupo que incumpra algunha das bases deste concurso. O veredito e outras decisións do xurado serán inapelábeis.

11. A fase eliminatoria celebrarase sobre un percorrido polas rúas e prazas da cidade polo que os grupos deberán tocar, a xeito de dianas e alboradas, distintas pezas galegas ben tradicionais ou de autor. Para os efectos de non solapárense, darase a saída a un grupo cada 5 ou 10 minutos. Os membros do xurado, que estarán situados en distintos puntos do percorrido polos que os grupos pasarán tocando, cualificarán deste xeito os grupos na súa actuación natural. O fallo do xurado darase a coñecer durante unha comida de irmandade de todos os grupos que será sufragada polo Concello de Pontevedra, sorteándose a continuación a orde de saída dos finalistas.

12. A fase final celebrarase polo serán nun escenario montado nunha das prazas do centro histórico.
Os grupos clasificados deberán interpretar dúas pezas galegas (tradicionais ou de autor) por un espacio de tempo máximo de 8 minutos. O xurado valorará a calidade interpretativa, a afinación, a dificultade e idoneidade das pezas elixidas así como a presenza e enxebreza de cada un dos grupos finalistas.

13. A inscrición deberá de formalizarse no rexistro do Concello de Pontevedra, ben en persoa, ben por correo; facendo constar o nome do grupo, número de compoñentes e o nome, enderezo e teléfono da persoa de contacto; así como un pequeno currículo do grupo. A orde de actuación na fase eliminatoria será inversa á de inscrición (o primeiro inscrito será o último en saír).

14. O prazo para a inscrición remata o día 8 de xullo.

15. No caso de superaren o número de inscricións os 25 grupos, terase en conta a orde de entrada no rexistro municipal; e só se considerarán inscritos no concurso os 25 primeiros.

16. A mera inscrición supón a total aceptación das bases.

17. O xurado terá a potestade para dirimir ao seu bo criterio calquera cuestión non recollida nas presentes bases, así como a interpretación das mesmas en caso de dúbida.

Bases do Memorial Ricardo Portela

www.pontevedracultura.org
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 11-07-2008 11:00
# Ligazón permanente a este artigo
Misia en Ferrol
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 10:56
# Ligazón permanente a este artigo
Programa completo de Ortigueira
Xoves 10 de xullo

Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
Noite de foliada
-Malvela (Galicia)
-Xochilmica (Galicia)
-Banda das Crechas (Galicia)


E tamén...

Claustro do Concello, primeiro andar - ás 20.00 horas
Inauguración da exposición: "Peregrinos de occidente"

Venres 11 de xullo

Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
-Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia)
-Sondeseu (Galicia)
-Värttinä (Finlandia)
-17 Hippies (Alemania)


E tamén...
Claustro do Concello, baixo - ás 20.00 horas
Inauguración da exposición: "O Himno, os tempos son chegados"

Sábado 12 de xullo

Escenario Runas - a partir das 17.00 horas
-SOG (Castela León)
-Coanhadeira (Galicia)
-Pradairo (Galicia)
-Ophiusa (Galicia)


Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
-National Youth Pipe of Scotland
-Odaiko percussion group (Galicia)
-Boys of the lough (Escocia)
-Moving Hearts (Irlanda)
-Fía na roca (Galicia)


E tamén...
Teatro de beneficencia - ás 16.00 horas
Programa en directo Lúme na Palleira da Radio Galega

Praza de Isabel II - ás 17.00 horas
Monicreques: "Cucho, Coco e o dilema do 6" de Ainternacional Teatro

Teatro de beneficencia - ás 20.00 horas
Teatro: "Humor neghro" con Carlos Blanco e Manecas Costa-

Domingo 13 de xullo

Porto deportivo e principais rúas de Ortigueira - a partir das 12.00 horas
Desfile de Bandas
-Escola de Gaitas de Ortigueira
-Banda de Gaitas Estivada de Calo (Galicia)
-Bagdad Bro Kemperle (Bretaña)
-Banda de Gaitas Xarabal (Galicia)
-Banda de Gaitas Vila de Xixón (Asturias)
-National Youth Pipe of Scotland (Escocia)
-Banda de Gaitas de Ladrido (Galicia)

Escenario Runas - a partir das 17.00 horas
-Blima (Asturias)
-Divertimento Folk (Castela León)
-Xúa (Galicia)


Escenario Estrella Galicia - a partir das 22.00 horas
-Bagad Bro Kemperle (Bretaña)
-Uxía + convidados (Galicia)
-Eliseo Parra + Tactequeté (Castela León)
-The Dubliners (Irlanda)


E tamén...
Praza de Isabel II - ás 15.00 horas
Programa en directo Lume na Palleira da Radio Galega

Praza de Isabel II - ás 17.00 horas
Nacional Youth Pipe of Scotland

Piñeiral de Morouzos - ás 17.00 horas
Obradoiro de Percusión brasileiro

Praza de San Roque - ás 17.00 horas
Obradoiro de Percusión africano

Teatro de beneficencia - ás 17.00 horas
Obradoiro de Percusión corporal

Teatro de beneficencia - ás 20.00 horas
Concerto de Emilio Rúa

Propostas diarias

Paseo marítimo - mañás, tardes e noites
Feira de artesanía

Exposicións

Claustro do Concello, baixo - mañás e tardes
"O Himno, os tempo son chegados"

Claustro do Concello, primeiro andar - mañás e tardes
"Peregrinos de occidente"

Porto deportivo, antigo matadoiro - mañás e tardes
"Intres"
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2008 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
VII Festival Retrouso en Bueu

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso.

Haberá actividades todo o día:


11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que sone nunha hora.

12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.

14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.

16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?

18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, ghaiteiros, percusionistas, pandeireteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.

20.30 h: Empeza os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu.

Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.

Todas as actividades serán de balde. Pásate.

Postea e difunde!!

Asociación Cultural Retrouso
www.retrouso.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 10:55
# Ligazón permanente a este artigo
Vindeira gala Prestixio de Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-07-2008 10:54
# Ligazón permanente a este artigo
Cultura Quente 2008

www.culturaquente.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 11-07-2008 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista ao director do Festival do Mundo Celta
Fran Rivera: "Gustaríame que a xente fose a Ortigueira pola música"

Este xoves comeza en Ortigueira o maior festival folk do mundo, unha cita imprescindible para todo amante da troula e da múscia. En Fran Rivera recae parte deste éxito. El é o responsable da industria cultural que se montou ó redor dun festival artesanal que naceu vinte anos antes de que el o collese, no 1978.

Daquel entón, nos catro días de troula que arrincan este xoves quedan só os sons celtas e o espírito de liberdade que invade a quen se achega ata Ortigueira.

PREGUNTA: Levas dez anos á fronte do Festival. ¿Como empezaches?

RESPOSTA: Aprobei unhas oposicións de animador cultural no Concello de Ortigueira e encargáronme unha serie de actividades. Entre os meus cometidos estaba a organización do Festival.

Pero daquela todo era máis artesán, máis caseiro. Co paso dos anos fómonos decatando de que a dedicación exclusiva á organización non era unha opción, senón unha esixencia, ó ver como medraba.

Un novo pulo
P: Como foi o cambio daquel evento ‘caseiro’ ao que é hoxe, un dos festivais máis multitudinarios do Estado?


R: Daquela xa se xuntaba moita xente, aínda que só duraba dous días e o presuposto para contratar grupos era máis modesto. A base estaba montada, pero faltaba dedicación e unha aposta seria polo Festival.

Foi no ano 2000 cando se rompeu con todo aquelo para ofrecer un evento profesional aberto a outros sons que non teñen por que ser exclusivamente celtas. Dirixímonos non só cara aos países celtas, senón tamén cara aqueloutros que recibiron a influencia destas culturas.

P: Como lembras a que para ti foi a primeira edición, a do 98?

R: Uf (ri). Lembro o primeiro grupo polo que apostei, que foi Berrogüeto. Foi a miña escolla dentro da música galega. Despois actuaran tamén os escoceses de Macumba (son oito percusionistas con raíces espalladas por toda a xeografía mundial que acompañan os seus instrumentos do son da gaita escocesa). Pero daquela eran dous días e viñan moitos menos grupos.

''As vellas glorias bebían tamén''
P: Dende fóra semella que o perfil dos ‘festivaleiros’ mudou moito nestes 30 anos...


R: Pois non penses que cambiou tanto. Si que é verdade que cada ano entra xente nova, estudantes e universitarios que se van a Ortigueira celebrar a fin das clases e dos exames. Pero segue habendo xente que é fiel ós concertos ano tras ano.

P: Eses fieis dos que falas fanlle unha crítica bastante dura ó Festival dos últimos anos...


R: (Interrompe, entre risas) ¡A das carpas!

P: Tamén. Pero máis forte é aínda a que se nos fai ás novas xeracións de ‘festivaleiros’, das que din que estamos máis interesados no botellón ca na música.

R: (Risas) As vellas glorias bebían tamén. Ben é certo que hai xente que vai a beber e que non pisa os escenarios. Pero é maioría a que se interesa pola música e que se entrega con cada concerto. Os vellos festivaleiros poden serguir vindo a Ortigueira e oír boa música. Non me parece unha escusa.

Seguridade de máis... ou de menos?
P: A outra cousa que se lle bota en cara ó evento e, por extensión, á organización, son as carpas. Que pinta unha carpa ‘dance’ nun festival celta?


R: (Moi serio) Esas carpas son totalmente alleas ó Festival, e isto quero deixalo claro. Dende a primeira vez que se instalaron estamos tratando de evitar que se asenten, pero non sabemos como.

Quizais as medidas de seguridade que hai son poucas, e as que hai están ocultas, que é como teñen que estar. Un policía en cada esquina nun festival como que espanta á xente. É un pouco a pescada que morde o rabo: a vixilancia previa non queda ben, e desmontalas despois pode acabar nun altercado.

P: Na web do Festival fálase dunha aposta polos músicos galegos e por históricos da música celta. Non é esa a escolla de todos os anos?

R: Si. Pero este ano, coincidindo co 30 aniversario, a aposta pola música galega é moito maior. O Festival arrinca cunha noite de foliada dedicada en exclusiva á música tradicional do país, con grupos de renome coma Xochilmica, Malvela e a Banda das Crechas. E despois hai históricos da música celta que nunca se subiran ao escenario de Ortigueira e que será unha boa ocasión para velos.

P: Os grupos galegos que nomeas teñen un futuro xa labrado no panorama musical. Onde está o oco para os grupos que comezan?

R: O oco está en Odaiko (cunha traxectoria sen consolidar aínda) e no escenario Runas, outra das novidades do ano 2000, unha plataforma para dar a coñecer a grupos e solistas noveis. Este ano recibimos 45 propostas e finalmente foron escollidas sete delas para convidalas a tocar en Ortigueira.

A recomendación 'da casa'
P: Cal é o prato forte deste ano?


R: Un só? Uf, é moi difícil de escoller. Recomendaríache The Dubliners, que pechan o domingo. E a min particularmente gústame moito Uxía. Värttinä tamén vai gustar moito, e será unha oportunidade de luxo para ver aos Moving Hearts.

P: O público séguelle a ser fiel á música de raíz?
R: Pois teño as miñas dúbidas. Penseino moitas veces e gustaríame saber que pasaría se se fixese un festival rock na mesma contorna. Supoño que ás novas xeracións, ás do botellón, lles daría o mesmo. E supoño que as ‘vellas glorias’ se sentirían moi ofendidas.

Sen embargo, esas persoas que se entregan cada ano, chova ou faga frío, semella que veñen pola música. Sinceramente, gustaríame que fose así, porque senón sería unha decepción grande despois de tanto traballo.

www.galiciae.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-07-2008 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Folclore para a verbena

OS GRANDES ESPECTáCULOS CONSOLíDANSE COMO XEITO DE PRESENTAR A MúSICA TRADICIONAL

Pasaron os tempos no que as actuacións de música e danza tradicional consistían nun grupo de rapaces e rapazas bailando nun palco a medio día. Nos últimos anos están a suceder propostas de colectivos folclóricos nos que a danza comparte espazo coa dramatización, os contos tradicionais e outros recursos escénicos, converténdose en auténticas alternativas aos concertos nas programacións de vilas e festas. De xeito semellante, grupos folk están a artellar propostas escénicas complexas que amosan outros xeitos de se achegar á música de raíz. Espectáculos coma O camiño, Esta noite hai unha fía ou Prestixio amosan as posibilidades do xénero.

Luces e son comparables aos de calquera orquestra que visitan as nosas aldeas. Medio cento de persoas sobre o escenario. Música en vivo. Dramatizacións. A representación do noso folclore está a atinxir cotas de espectacularidade nunca vistas. Agora, o circuíto Danza 3, organizado pola Consellaría de Cultura e mais a Asociación Xacarandaina, achega a 15 concellos unha mostra destes traballos. Segundo nos explica Henrique Peón, director do grupo de música e bailes tradicionais deste colectivo, “con este programa tentamos achegar tres punteiros grupos que fan espectáculos de calidade, fechados e con guión, presentando o folclores tradicional enmarcado dun xeito, digamos, máis dixerible”.

Os espectáculos
En concreto serán os espectáculos Esta noite hai unha fía, do Fiadeiros, Prestixio, da propia Xacarandaina e mais Na Algalia de Arriba de Cantigas e Agarimos os que farán parte desta xira. Nos tres casos trátase de propostas cunha coidada proposta escénica e un certo fío argumental que lle outorga unidade ao conxunto. “Son espectáculos novidosos, entretidos e diferentes, que levan un grande traballo de luces, pantallas e escena”, explica Peón. Arredor de cincuenta persoas poden subir ao escenario en cada unha destas propostas nas que non son estraños o emprego de narracións orais, oficios ou outros elementos da tradición. Segundo Peón, “esta tendencia non é de agora, nós levamos uns 15 anos facéndoo. Comezamos co espectáculo Costumes e saberes dun pobo e funcionou moi ben. Iso tamén serviu para que outra xente se animase, e benvidos sexan”. Malia a que en Galicia a tendencia resúltanos novidosa, iniciativas deste tipo teñen xa unha certa tradición a nivel europeo.

Prestixio
A falar sobre o seu espectáculo concreto, Prestixio, que leva xa en xira desde 2007, Peón explícanos que “xurdiu porque logo do Prestige falouse moito de que se ía apoiar a zona, e aínda que se fixeron algunhas infraestruturas, o patrimonio inmaterial da Costa da Morte e da Comarca de Bergantiños estaba deixado da man de Deus”, lembra. “O espectáculo céntrase nas tradicións desta zona concreta. O guión fala dun afiador de Ourense que vai a Bergantiños e alí bota un ano. Entón represéntase o ciclo anual completo, coas diferentes tradicións asociadas. Despois volta a Ourense e fala coa súa xente, que é o propio público das diferenzas nos costumes, creando aí unha interactividade cos espectadores”.

A versión folk
De xeito semellante, e aínda que Peón insiste moito en marcar a diferenza co traballo destes grupos de música tradicional, no eido folk xurdiron tamén varias propostas nas que a música se mestura con danza ou artes escénicas. Son de aquí coas pandeireteiras de Lelía e os gaiteiros de Treixadura, por exemplo, achegaba unha fusión de danza, contacontos e música que se complementaba con actividades de dinamización nas propias rúas do pobo. Pola súa banda, O Camiño aúna o traballo de Rosa Cedrón, Cristina Pato, Mutenrohi ou Druída Danza nunha historia que aproveita o Camiño de Santiago coma eixe para presentar diferentes números artísticos baseados no noso legado. Segundo Peón, estas “son propostas diferentes, a tradición non a podes mover. Son páxinas de historia que se presentan nun formato actual e contemporáneo, pero non a podes mover. No folk en cambio podes facer o que queiras, porque xa é creatividade”.

Ao carón das orquestras
De xeito curioso, esta mudanza de formatos está a lle permitir aos grupos tradicionais, e en boa medida tamén ás propostas máis vencelladas ao folk conectar con novos públicos. “Cómpre unha infraestrutura importante. É moita xente no escenario, mudando de traxe, e con escenarios grandes para bailar”, explica Peón. O formato leva aparellado tamén unha mudanza nos espazos e nas horas en que se fan as representacións. “Teñen que se ver de noite, sentados e con tranquilidade. Ademais ser algo bonito ten unha carga de historia e de información etnográfica. O importante é que o público se sinta identificado enseguida”. Deste xeito, a danza tradicional entra nun territorio que ata o de agora estaba dominado por concertos e orquestras. “A loita un pouco é que alén de traer a París de Noia, que está moi ben, tamén conten con propostas culturais deste tipo nos programas de festas”, aspira o responsable de baile de Xacarandaina. “A idea é facer un circuíto estable que permita que os grupos poidan moverse polo país”, conclúe. Entre os proxectos máis inmediatos está comezar a preparación dun novo espectáculo o vindeiro mes de novembro.

www.culturagalega.org
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-07-2008 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
¿Como resistir catro días en Mourouzos?
FESTIVAL DE ORTIGUEIRA

No cámping de Ortigueira o bo rolo e a comida barata enfróntanse á falta de duchas e á carpa dance.

Flora e fauna humana sui géneris son o pan e o sal do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, ese macroevento da música folk, que arrinca forte o xoves e que, se os números cantan como en anos precedentes, converterase en irremediable destino para unhas cen mil almas en busca de esmorga con tinguiduras tradicionais.
Moitos deles aloxaranse en Morouzos, ese piñeiral de nome estraño ao que nin as furgonas dos hippies ochenteros nin o paso de miles de campistas de todo o mundo lograron arrincar xamais o seu virginidad. Pero ¿como se pode resistir nel?

Regras de ouro

-Aloxamento: Para todo aquel principiante que nunca pise terreo ortigueirés, o que ten que saber é que, nunca, pero nunca, debe aloxarse preto da chamada carpa dance, ese espazo tan propio dun festival folk no que os máis «folkies» esgotan as súas últimas neuronas. Ademais, tamén é aconsellable marcar o territorio. E é que, a pesar de que ninguén pense que pode chegar a confundir o seu iglú co do veciño, a noite (e a bebida) confunde e unha bolsa atada á entrada da tenda evitará durmir sobre esterilla allea ou atoparse a alguén non identificado no teu saco.

-Víveres post resaca: Un «folkie» veterano nunca chegará a Morouzos sen algo co que encher o bandullo. Iso si, craso erro é levar a convencional tableta de chocolate, que cando chegas ao piñeiral pringa a mochila e o pantalón. Vai mellor a crema de cacao, por non falar das sardiñas en lata. Para os incautos que non leven nada, saber que en Morouzos non falta nunca a rica gastronomía de bocadillo, pasando por unha infinidade de improvisados e peculiares negocios hostaleiros. Tense visto pizza feita en cámping gas e servida en palangana.

-Berros en Morouzos: Unha regra de ouro no piñeiral é gritar cando todo o mundo empeza a gritar. Se tes un bongó a man, cólleo rapidamente e golpeálo con todas as túas forzas. Xa serás un máis.

-Momento praia: Se fai bo tempo, todo bo «folkie» poderá retomar forzas na praia. Ésta servirá como cama dura e como ducha natural.

-Vestimenta: A Ortigueira nunca se debe levar a roupa recentemente comprada nas rebaixas. Camisetas ao estilo vasco, con moitas raias horizontais, palestinas ao pescozo e pantalón tipo bombacho con cores deslucidas (e frouxo, por suposto) forman parte da vestimenta «folkie», no que nunca debe faltar unha trenza de coiro artesá, varias rastas mergulladas pola cabeleira e moitas pulseiras e colares. Para os que non teñan nada, sempre se pode acudir ao posto de souvenirs do festival. Unha simple camiseta logrará que che camufles, e pases inadvertido, entre a atmosfera do festival.

-Duchas: Aínda que a paz «hippy» segue facendo pobo en Morouzos, o mundo avanza e o cheiro a humanidade xa non é o máis «in». Por iso é polo que as duchas do piñeiral sexan punto de encontro para milleiros de entoallados «folkies». De todos os xeitos, e ante a desproporcionada relación baños-campistas, opto por baños naturais e mergullo no mar. Iso si, no caso de decantarse polas duchas, recordade que unhas simples chanclas evitarán levar fungos tatuados nos pés.

www.lavozdegalicia.es
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 10-07-2008 10:15
# Ligazón permanente a este artigo
Danza 3 espalla o baile tradicional por toda Galiza
"Danza 3" levará a música tradicional galega por todo o país durante o verán

A segunda edición do ciclo de galas e música tradicional 'Danza 3' trasladará desde este sábado e até o 18 de outubro espectáculos de música folclórica galega a 15 municipios repartidos polas catro provincias para dar a coñecer a "riqueza" e "diversidade" desta disciplina.

No acto de presentación celebrado hoxe en Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) de Santiago, que comezou cunha exhibición musical a cargo da Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, subliñou a importancia deste espectáculo porque a música tradicional "non deixa de ter vixencia".

Deste xeito, Bará reivindicou que esta iniciativa, promovida pola consellaría de Cultura coa colaboración dos concellos, aspira a "mostrar toda a riqueza e diversidade" coa "recuperación do folclore" galego, en todos os seus "matices de expresión".

O Fiadeiro, Xacarandaina e Cantigas e Agarimos

Así, 'Danza 3' está constituído por tres espectáculos a cargo do Grupo de Baile O Fiadeiro, Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina e Cantigas e Agarimos e conta cun orzamento de 175.000 euros.

Xacarandaina será a encargada de inaugurar o ciclo este sábado día 12 en Vilagarcía de Arousa, mentres que O Fiadeiro pechará o espectáculo o 18 de outubro na localidade coruñesa de Betanzos. Previamente, os grupos viaxarán por Verín, Carballo, Cambados, Celanova, O Porriño, Pontedeume, Ribadavia, Monforte de Lemos, Moaña, Melide, Noia, Vilalba e Sarria.

Na presentación do ciclo, o director de Xacarandaina, Henrique Peón, destacou que se trata dunhas galas "a tres bandas". Así mesmo, precisou que, por unha banda, constitúen actuacións que se basearon na "investigación" da música tradicional; en segundo lugar, son tres grupos os que participarán, que aglutinan a unhas 150 persoas; e, para rematar, aséntase en tres actores: "concellos, consellería e grupos musicais".

Os espectáculos que percorren Galiza son:

"Esta noite hai unha fía. X aniversario", de Fiadeiro, unha recompilación do traballo desta agrupación viguesa que acadou diversos premios de Música e Baile Tradicional, e que pon a 50 persoas sobre o escenario, amais de proxeccións de vídeos;

"Prestixio", froito do traballo de investigación etnográfica de Xacarandaina, nada no 92, recollendo bailes, traxes e tradicións da Costa da Morte e da bergantiñá, tamén cun elenco de 50 persoas;

"Na Algalia de Arriba", de Cantigas e Agarimos, en alusión á rúa onde asentaron a súa actividade hai máis de 50 anos. 80 persoas participan nun espectáculo conducido por unha muller a través das súas vivencias, repasando costumes e situacións cotiás que se recrean sobre o escenario

DANZA 3. GALAS DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
12 de xullo a 18 de outubro de 2008

Programación


Grupo de Baile O Fiadeiro, representará “Esta noite hai unha fía”:

-Verín. 19 de xullo. Praza Maior 23.00h.
-Carballo. 20 de xullo. Praza do Concello 22.30h.
-Cambados. 9 de agosto. Praza de Fefiñáns 22.30h.
-Celanova. 10 de agosto. Claustro barroco do Mosteiro 22.30h.
-Betanzos. 18 outubro. Praza Irmáns García Nabeira 21.30h.

Ficha:
Dirección: Francisco Javier Feijoo
Elenco: 9 pandereteiras, 12 músicos e 24 bailaríns
Duración 2 h

-Repertorio:
1.-Serán de Parada de Achas. Cantar de arrieiro, rumba jota e muiñeira
2.-Jota e muiñeira de Castelo
3.-Pandereitada de cambre. Canto das labradas aña e jota
4.-Romería de Santo Domingo
5.-Polavila de Vilarello da igrexa
6.- Charanga
7.-Jota de antroido de Caldebarcos. Eiravella
8.- Vals e muiñeira do Caurel
9.- Gaiteiro e solista

Grupo de Música e Baile Tradicional Xacarandaina, representará “Prestixio”:

-Vilagarcía de Arousa. 12 de xullo. Auditorio 23.00h.
-O Porriño. 19 de xullo. Praza do Cristo 23.00h.
-Pontedeume. 24 de xullo. Alameda de Raxoi 22.30h.
-Ribadavia. 1 de agosto. Auditorio do Castelo 22.30h.
-Monforte de Lemos. 29 de agosto. Praza da Compañía 22.30h.

Ficha:
Dirección: Henrique Peón Mosteiro
Elenco: 9 pandereteiras, 6 músicos e 32 bailaríns
Duración 1 h 30 minutos

-Repertorio:
1.-Moliñeira de Pol
2.-Ribeirana de Cerqueda
3.-Canto de Berce das Mariñas
4.-Punteada de Cambre
5.-Cantos de Taberna
6.-Xota de Son
7.-Regueifa de Suxo
8.-Moliñeira de Trascastro
9.-Xota cruzada de Sequeiros
10.-Alborada en Ourense
11.-Muiñeira de Bande
12.-Xota de Cabra
13.-Espadelando en Solveira
14.-Muiñeira de Sequeiros
15.-Farsa de Donas e Galáns
16.-Xota de Vilar

Agrupación Folclórica Cantigas e Agarimos, representará “Na Algalia de Arriba”:

-Moaña. 30 de agosto. Ceip de Domaio 22.30h.
-Melide. 31 de agosto. Cantón de San Roque 22.30h.
-Noia. 6 de setembro. Alameda 21.30h.
-Vilalba. 7 de setembro. Praza da Constitución 21.00h.
-Sarria. 13 de setembro. Praza da Vila 21.30h.

Ficha:
Dirección: Varios
Elenco: 20 coro, 25 bailaríns, 5 músicos, 10 pandereteiras
Duración 1 h 45 minutos

-Repertorio:
1.- Regueifa de Urdilde
2.-Foliada de Carril e Alalá de Monzón
3.-Ruada de Alén
4.-Pandeiretada de Rendal e No Prado
5.-Jota e Muiñeira de Vilar do Courel
6.-Pasodobre das Fragas
7.-Muiñeira de Pradela
8.-Ai meu ben e Pandeirada da Chuvia
9.-Jota e Muiñeira de Negreira de Vilamaior
11.-Vals, Muiñeira e Pasodobre de Xanza [I]
12.-Canto de seitura, agarrado e jota de Cao
13.-Jota e Muiñeira de Fonsagrada
14.-Foliada de Santiago
15.-Pasodoble, Danza e Jota de Coristanco
16.-La Danzaina e Jota e Muiñeira de Vilaquinte

www.gznacion.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-07-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer