Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Gala Queiroa ¨Lévame, lévame¨

O vindeiro sábado 26 de xullo ás 21:00, no Auditorio Pintor Lloréns de Sada a Agrupación Queiroa presentará a Gala "Lévame, lévame".

Éste é un video dos ensaios da Gala.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 13:02
# Ligazón permanente a este artigo
I Festival Folk Celta de Ponte da Barca (Portugal)
A un tiro de pedra da raia...

FESTIVAL FOLK CELTA DE PONTE DA BARCA 2008
1ª EDIÇÃO


25 e 26 DE JULHO

A Música Folk/Celta, inserida na World Music, tem tido um desenvolvimento acentuado na última década, razão porque aumentam os concertos e festivais deste género um pouco por toda a Península Ibérica. Por outro lado, o Norte de Portugal e a vizinha região da Galiza são férteis em herança Celta, incluindo a Música.

A primeira edição do Festival Folk Celta de Ponte da Barca pretende ser o veiculo para o cruzamento de sonoridades musicais Ibéricas captando assim a atenção de vários públicos, numa região cheia de beleza natural, com cenários propícios a um evento desta natureza: o rio Lima e o verde da paisagem. A gastronomia local, o artesanato e a hospitalidade das gentes locais são factores importantes para o sucesso deste evento, que certamente contribuirá para o desenvolvimento e a divulgação de tão bela localidade.

Durante um fim-de-semana, Ponte da Barca irá conviver com a música de raiz tradicional portuguesa e galega com influências celtas, numa alegre festa que irá com certeza deixar pontes de cruzamentos musicais para futuras edições.

Nesta primeira edição, o cartaz do Festival conta no primeiro dia (25 de Julho) com a actuação dos portugueses Galandum Galundaina e dos sevilhanos Amigos de Guiness, um dos mais consistentes projectos musicais de influência Folk/Celta da vizinha Espanha. No Segundo dia (26 de Julho) subirão ao palco os Som Ibérico um projecto de Artur Caldeira que se baseia na fusão das sonoridades ibéricas. A terminar o cartaz o Festival Folk de Ponta da Barca conta com um dos maiores talentos da música tradicional galega, a gaiteira Susana Seivane que vêm a Portugal apresentar o seu último trabalho “Mares de Tempo”.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2008 13:01
# Ligazón permanente a este artigo
Traba Folc 2008 (Laxe)
A VI edición do festival Traba Folk terá lugar o vindeiro SÁBADO 26 DE XULLO a partires das 21:00 horas no Campo da Festa de Traba.

Actuarán:

- AIRIÑOS DE VALVERDE
- MARUXÍA
- BALAKANDRA
- FOL VALEIRO
- COANHADEIRA


Servirase tamén a partires das 21:00 horas: empanada, callos, mexillóns ao vapor.

Zona de Acampada e Aparcamentos gratuitos.
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2008 13:00
# Ligazón permanente a este artigo
Xoldra Enxebre en Xaviña (Camariñas)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 24-07-2008 12:56
# Ligazón permanente a este artigo
I Certame de Parellas de Baile Tradicional -Santiaguiño do Monte (Padrón)
I CERTAME DE PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL - SANTIAGUIÑO DO MONTE

BASES DE PARTICIPACIÓN

PRIMEIRA
Terá lugar o venres 25 de xullo de 2008 na Área recreativa do Santiaguiño do Monte ás 17:00 h.. Os participantes deberánse presentar unha hora antes no posto de control do certame.
Os participantes estarán convidados a un xantar gratuíto.
Os bailes serán interpretados por parellas (mixtas ou non).
Establécese unha única categoría sen límite de idade.

SEGUNDA
As parellas que desexen participar (max. 15) no I CERTAME DE PARELLAS DE BAILE TRADICIONAL - SANTIAGUIÑO DO MONTE deberán enviar ó Concello de Padrón, antes do día 21 de xullo o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN xunto co xustificante de ingreso da fianza, ou remitilo por fax ó número 981.81.13.62, ou por correo electrónico á: culturapadron@yahoo.es
O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
As melodías serán elexidas ó azar e terán o seguinte esquema: muiñeira e xota de dúas partes e un agarrado.
Non é necesario vestilo traxe tradicional.
Ningunha persóa poderá formar parte de máis dunha parella do concurso.
Cada Parella disporá dun tempo máximo de cinco minutos.
Estes 5 minutos repartiranse da seguinte maneira: muiñeira de 2 minutos, xota de 2 minutos e agarrado de 1 minuto (aproximadamente).
A organización enviará toda a información (programa, cambios de última hora etc.) ós participantes úns días antes do concurso.
CUARTA
Establécense os seguintes premios:
1º Clasificado: 500 € e placa
2º Clasificado: 300 € e placa
3º Clasificado: 200 € e placa


QUINTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do I Certame de Parellas de Baile Tradicional - Santiaguiño do Monte, e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
Para a concesión dos galardóns, o xurado terá en conta: a interpretación, dificultade e compenetración das parellas.
O estilo e carácter dos bailes serán necesariamente galegos.
O Xurado poderá descalificar a calquera participante que non se ateña ás bases aquí expostas, e as súa decisión respecto ó resultado do concurso serán inapelables.

SEXTA
Cada participante deberá presentar unha fianza de 50 € no momento de facela súa preinscrición, ingresandoa na conta 2091 0304 21 3040012351 da Entidade Caixa Galicia sita na localidade de Padrón.
A fianza devolverase no posto de control da organización o día da celebración do certame.
Os participantes que non concurran o concurso perderán os dereitos de devolución de dita fianza.

SEPTIMA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 21 DE XULLO DE 2008
Para consultar calquera dúbida, chamar ó teléfono: 669.92.05.65 / 981.81.13.29


Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-07-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
I Certame de Gaiteiros Solistas Santiaguiño do Monte
I CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS - SANTIAGUIÑO DO MONTE

BASES DE PARTICIPACIÓN

PRIMEIRA
Poderán tomar parte tódolos gaiteiros e gaiteiras solistas que o desexen, establecéndose unha única categoría.

O concurso terá lugar o día 25 de xullo de 2008, 11:30 h. no “Área recreativa do Santiaguiño do Monte”, Padrón.

Os participantes deberánse presentar media hora antes do comezo no posto de control do certame.
Os participantes estarán convivados a un xantar gratuíto.

SEGUNDA
Os gaiteiros que desexen participar no I CERTAME DE GAITEIROS SOLISTAS - SANTIAGUIÑO DO MONTE deberán enviar ó Concello de Padrón, antes do día 21 de xullo o IMPRESO DE SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN xunto co xustificante de pago da fianza, ou remitilo por fax ó número 981 81 13 62, ou nos correos electrónicos a:
culturapadron@yahoo.es ou opedron@terra.es
O Comité de admisión determinará o número de participantes (máximo 15), tendo en conta a orde de recepción das solicitudes.

TERCEIRA
As gaitas deberán ser galegas e o gaiteiro só poderá ir acompañado de tamboril, caixa tradicional, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento de percusión considerado como tradicional dentro da nosa música, quedando excluídos os de materiais sintéticos.

O estilo e carácter da peza a interpretar serán necesariamente galegos.

Recoméndaselles ós participantes vestilo traxe tradicional galego.

A duración da interpretación non rebasará os 5 minutos.

CUARTA
Establécense tres premios, cunha dotación de:
1º Clasificado: 500 euros e placa
2º Clasificado: 300 euros e placa
3º Clasificado: 200 euros e placa


QUINTA
O Xurado cualificador será nomeado pola Comisión Organizadora do I Certame de Gaiteiros Solistas - Santiaguiño do Monte, e a súa composición darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

O Xurado cualificador terá en conta a afinación, interpretación, dificultade e rigoroso respecto á orixe e recreación das pezas interpretadas.
O Xurado poderá descalificar a calquera intérprete que non se atinxa ás Bases do Certame.

SEXTA
Cada participante deberá presentar unha fianza de 50 € no momento de facela súa preinscrición, ingresandoa na conta 2080 04 93 010000118840 da Entidade Caixa Nova sita na localidade de Padrón.

A fianza devolverase no posto de control da organización o día da celebración do certame. Os participantes que non concurran o concurso perderán os dereitos de devolución de dita fianza.

SEPTIMA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes Bases, así como as decisións do Xurado designado, que serán inapelables.

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O DÍA 21 DE XULLO DE 2008
Para consultar calquera dúbida, chamar ó teléfono: 686.56.91.09 / 981.81.13.29

Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 24-07-2008 12:55
# Ligazón permanente a este artigo
IX Romaría Galega na Pontraga (Tordoia)
IX ROMARIA GALEGA

26 de xullo de 2008
A PONTRAGA (TORDOIA)
No campo da escola de Numide

Organiza: Asociación Cultural Brisas do Quenllo (Tordoia)

13.00 Actuará a Banda de Gaitas, os Pandereteiros da Asociación Brisas do Quenllo e os dous grupos infantís de Brisas do Quenllo e de Camiño Real de Poulo.

14.30 Xantar popular
20.00 IX Encontro de grupos de musica e baile tradicional, no que participan:

- A.C. Raigañas (Cerqueda)
- Anxuíña (Sto. Tomé de Piñeiro)
- A.C Brisas do Quenllo (A Pontraga)
- Grupo de Antigos Bailadores da Comarca

22.30 Regueifeiros
23.00 Pandereteiras "Bouba" - A Pontraga
00.00 Grupo "Pablo Seoane"

+ Noite de Ruada (ata que o corpo aguante)

O longo de toda a tarde teremos teatro de rua con Pepe Penabade en "Moto e media son tres rodas".

Un Saudo

A.C Brisas do Quenllo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Romaría enxebre do Santiaguiño do Monte (Padrón)

A 44 edición da romaría enxebre do Santiaguiño do Monte celebraráse durante os vindeiros 24, 25 e 26 de Xullo.

O día 24 terá lugar a 39 edición do tradicional derbi asnal polas rúas da Vila, con importantes premios en metálico para os participantes. Pola noite grupos de gaiteiros e charangas animarán ata altas horas da madrugada as rúas e prazas da Vila.

O venres día 25 de xullo, día grande das festas, mesturaranse os actos festivos cos relixiosos do culto a Zebedeo, o fillo do Trono, este ano recuperarse as orixes da romaría, converténdose a xornada nunha exaltación do folclóre con concurso de gaiteiros solistas e concurso por parellas de baile galego, con premios importantes para os participantes, concursos organizados polas agrupacións folclóricas O Pedrón e Rosalía de Castro en colaboración cas concellerías de Festexos e Cultura do Excmo. Concello de Padrón.

Pola noite a partires das 23: 00 horas na Praza de Macías terá lugar a Noite folk ca actuación gratuíta dos grupos: Pradairo, Leilía, Festicultores e Grupo de Regueifeiros..

O sábado 26 terá lugar a partires das 22: 30 horas a actuación de Carmen Dor na Praza de Macías.


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
I Entroido Quente en Maceda

I Entroido Quente en Maceda

Sábado 26 de Xullo

-Rali do Humor que durante a tarde do día 26 encherá as rúas de Maceda de vehículos dispostos a superar enxeñosas probas ó estilo das que, fai xa máis dunha ducia de anos se organizaban no Mismo. Iso si, desta volta sen motor, non vaia se-lo demo (ou a garda civil).

-Grandes premios para os disfrazados no Entroido Quente

Concertos na praza das Toldas:
- Kogito
- Durundatu,


www.cruceirodemaceda.blogspot.com

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 12:33
# Ligazón permanente a este artigo
Batucada
Os días 25 e 26 de xullo, a vila de Verín acollerá a cuarta edición da Batucada, o "carnaval" de verán, organizado polas asociacións de hostaleiros e comerciantes, o Concello de Verín e outros colectivos empresariais do municipio.


Entre as actuacións previstas atópanse: actividades deportivas, lúdicas -por exemplo, concurso de graffittis-, musicais -breakdance, charangas e concertos-, venda de artigos conmemorativos ou a festa da auga e a escuma, entre outras.

Concerto do sábado 25 de xullo:
-kilomberos
-Sonoro Maxín


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 24-07-2008 11:43
# Ligazón permanente a este artigo
Adiado o II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo
En vista do prazo tan breve que se deu e debido a solicitudes de retraso, o "II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo" queda posposto para os días 16 e 17 de agosto. Os demáis detalles seguen sendo válidos. Pódense baixa-las bases de inscrición no seguinte enlace:

www.agaitadofol.com/IICursoSoutelo.pdf

Saúdos
--
Juanjo Fernández
www.agaitadofol.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 24-07-2008 10:04
# Ligazón permanente a este artigo
Novas da TVG

A piques de cumprir 23 anos, a Televisión de Galicia prepárase para o nacemento dunha segunda canle. A pesar de que se esperaba que G2 vise a luz o 25 de xullo de 2008, a súa estrea atrásase ata outubro. Nace como complemento á TVG para dedicarse, segundo o seu director, Suso Iglesias, a contidos infantís, xuvenís e culturais, aos que non se atende en exceso pola guerra de audiencias.

Realizador, guionista e director. Suso Igrexas traballou na TVG durante anos, cadea que agora dirixe e na que pasará o verán ultimando os detalles do nacemento da segunda canle autonómica.

- Cando se estrea esta segunda canle? - Despois do verán. As nosas previsións son empezar en outubro. É unha canle para a TDT, que non será de consumo masivo ata 2010; aínda que nos interesa ir tomando posicións, para que cando iso ocorra, xa ter ben definido a canle.

- A que público diríxese?
- É unha canle esencialmente infantil, para meter moitas horas de programación infantil. Tamén xuvenil, cultural e do que se chama ?servizo público?, para pór ás veces debates parlamentarios e cousas así. Son os espectadores aos que agora non atendemos en exceso por mor da guerra de audiencias. Así, a nova canle, G2, permitiranos remitir contidos do primeiro a bos horarios e cubrir os intereses dun tipo de público que, por exemplo, ás nove da noite quere ver un programa cultural e non unha película ou un documental.

- Suporá a creación de novos postos de traballo?
- En principio non. Neste ano e medio que nos queda antes do apagamento analóxico, imos contar con moi pouco orzamento. Este primeiro ano será barato; barato pero non cutre. Os contidos van estar moi ben definidos por franxas e imos pór series para nenos moi boas. O que pasa é que son series que xa están aí, que xa están dobradas porque as emitiu o Xabarín fai anos, e nós as recontratamos agora a un prezo moi barato.

- Unha vez que se produza o apagamento analóxico, convivirán as dúas canles seguirán compartindo contidos?
- Si. A nosa visión para o futuro non é ter unha canle ou dúas. O futuro será multicanal e entón, cando nos dean a licenza, esperamos ter catro canles.

- Para o 2010?
- Si, para 2010 ou avanzado o 2010. Nós pensamos entón nunha cadea que poida conxugar catro programacións. Unha xeneralista que é o que xa temos; esta segunda canle especializada en contidos infantís, xuvenís e culturais; unha terceira canle todo noticias, no que se refarán as noticias que xa emitimos para ofrecer novos contidos; e despois outra cuarta, que sería para o que fose.

- Aínda non sabe a que se dedicará esta cuarta canle?
- Non, porque isto depende da extensión da rede e de moitas historias que están aínda por ver.

www.farodevigo.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2008 09:56
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a Treixadura

O canto herdado.
O grupo Treixadura recupera a maxia dos gaiteiros e co traballo "Unha semaniña enteira" consegue que a música tradicional chegue a moita xente


Son 5 gaiteiros e 9 voces no Orfeón. Moita xente para facer unha música poderosa, reconfortante e festeira. A música de Treixadura parécese ao cantar das tabernas. Son cantos vibrantes porque transmiten o río da Historia, a forza viva de calquera xuntanza de amigos. Toño Domínguez é unha das voces do coro. Cando fala parece que mide as palabras. Faino cunha especial seriedade porque para el a música tradicional ten moito peso. Por iso imprímelle ás palabras moita importancia. Opina que neste momento histórico temos que "deixar acta" de toda esa riqueza musical e cultural que temos en Galicia. O canto herdado a través da xente e da vida.

A música de Treixadura trasmite ánimo, optimismo, enerxía.
Esa é a idea, pero sen perder de vista a tradición, e facendo un traballo ben feito. Pode parecer que cando sobes ao escenario todo é alegría. Pasámolo ben, pero hai un traballo grande detrás. O gran mérito é do grupo de gaiteiros. Nós campamos moito no escenario e poñemos colorido coas nosas voces, pero o traballo naceu pola iniciativa dos gaiteiros de Treixadura. Ao principio non había acordeón.

Como é o espectáculo "Unha semaniña enteira"?
Agora variou algo con respecto ao ano pasado. Recuperáronse temas de discos anteriores. Incorporouse Magoia Bodega, que era a gaiteira de Muxicas. É a única muller que hai e que houbo en Treixadura. Quizais agora estamos máis preocupados pola escenografía. Basicamente estamos nós enriba do escenario. Para nós é gozar, é algo que a todos nos gusta.

O canto colectivo ten máis poder que o canto individual?
Fundir voces e facer unha polifonía é unha experiencia distinta. Seguindo sempre aos coros históricos de Galicia, que eran na onda de Cantigas e Agarimos, normalmente con homes e mulleres, e o que facían era musicar temas da música popular ou algunhas obras de autor. Agora proliferan gravacións antigas nas que se pode ver de onde ven o Orfeón Treixadura. Nós non inventamos nada. Somos herdeiros e estamos agradecidos.

Ata agora en Treixadura erades todos homes.
Cando cheguei a Treixadura o Orfeón xa estaba en marcha. A voz masculina ten unha forza diferente á voz feminina. A súa gravidade dalle outro perfil. Agora entra unha muller, que é unha gaiteira moi boa e tamén toca as percusións. A súa entrada no grupo foi así porque tiña que ser.

O voso cantar ten moito que ver coas foliadas, coas xuntanzas.
Gústanos xuntarnos a comer, tomar uns viños e licor café, e sempre nos entran ganas de cantar. Neses actos sempre xorde o canto. Gústanos darlle ese aire festeiro, é algo que sae só. Subimos ao escenario e verdadeiramente gozamos. Ves que o público conecta e canta contigo.

Está garantida a trasmisión do patrimonio cultural e da música tradicional galega?
Hoxe cambiou moito a forma de transmisión. Nas recolleitas atopabas a mesma melodía en 40 lugares diferentes de Galicia, con aires diferentes, pero sendo sempre a mesma melodía. A trasmisión oral agora quizais non existe. Por outra parte a formación musical, a competencia dos músicos é agora moito mellor. Iso é saudable. Que nós teñamos un disco que tivo tantas vendas é un bo sinal. Nunca un disco de gaiteiros se vendeu tanto.

Que valor teñen os traballos de recolleita?
A tradición oral cando se chega a un momento coma este ou se pasa a papel ou desaparece. Iso dálle un valor extraordinario. Hoxe aprendes máis da televisión que dos teus avós. Estamos nun momento histórico no que hai que deixar acta da nosa historia e da nosa tradición oral. Hai moitisimas agrupacións, asociacións de veciños e mais asociacións culturais que se dedican a traballar no ensino da música tradicional. Ten un peso social moi grande.

A traxectoria de Treixadura é ampla. En que momento estades agora?
Eu levo un par de anos en Treixadura. A primeira vez que os vin tocar foi no ano 96. Agora mesmo quizais sexa cando o grupo é máis coñecido, aínda que sempre foi un grupo recoñecido. Estamos nun bo momento. Preparamos pezas novas. Temos concertos no verán. Imos ir o 10 de Xullo á Feira Naútica de Brest na Bretaña Francesa, na que Galicia está invitada como nación sen estado. Daremos alí tres concertos, un deles con Leilía.

Que relación ten a música tradicional cos ritmos da Natureza?
Máis que coa Natureza eu sempre relacionei a música tradicional coa vida. De sempre a música tradicional estaba en todo. Nos traballos colectivos a xente acababa tocando a pandeireta e cantando, sobre todo se corría o viño. A vida no campo estaba relacionada cos ritmos da Natureza. Había cantares de arrieiro, cantares de seitura...Había cantos para cada época do ano.

A música evapórase?
A música é unha cousa que reconstrúes cada vez que a tocas. Non é un libro, que cambia a edición pero non cambian as palabras. Podes ler a música na partitura pero os concertos non saen todos iguais. A música unha vez que a fas acabouse e hai que volver facela. A próxima vez que a fas non é o mesmo, é unha reconstrución. É unha forma de reinterpretala.



www.elcorreogallego.es
Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2008 09:52
# Ligazón permanente a este artigo
Novo número da revista Retranca

Retranca chega aos quioscos dándoche as claves para pasar unhas vacacións REALmente baratas ... cunha chea de páxinas para sobrevivir á CRIS... DESACELERACIÓN VACACIONAL da man dos nosos humoristas (Xaquín Marín, Pinto &Chinto, Leandro, Guitián, Kiko da Silva, Mel, Pestinho+1, Rubiño, Malagón, Kohell, Rei Zentolo, Bernal, Ricardo Peregrina, Diego Ameixeiras, Manuel Lourenzo, Óscar Villán, Jabois, AN, Jero, Xosé Manuel, Luís Davila, Alberto Montt, Andrés Meixide e A Santa Compaña)... E ADEMÁIS UN LIBRO DE 64 PÁXINAS (a toda cor) DA COLECCIÓN RETRANQUEIRA: JALISIA KANÍBAL de Luís Davila!!! POR TAN SÓ 3, 60 EUROS!!!

XOVES 24 DE XULLO (20:00 horas) PRESENTACIÓN DO LIBRO JALISIA KANÍBAL DE LUÍS DAVILA NO SALÓN DO CÓMIC DE CANGAS

NOTA: OS SUSCRIPTORES RECIBIRÁN TOTALMENTE GRATIS O LIBRO DE JALISIA KANÍBAL!!!

www.revistaretranca.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 23-07-2008 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Final do concurso Vai de Baile

18 xullo de 2008

Final do Vai de Baile 2008

Bailadores da Telleira VS Gholfiños de Ribeira

- Fase de concurso



Xurado

Comentarios (20) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 22-07-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Día do Traxe tradicional en Compostela
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
V Concurso de música tradicional

O Concello de Cotobade organiza o V Concurso de música tradicional "Ricardo Portela" - O Gaiteiro de Viascon-.

As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

O Concurso celebrarase o sábado día 26 de xullo ás 19:00 horas, e a entrega de premios será o domingo 27 de xullo despois do Xantar Popular que haberá na Carballeira da Portela.

O prazo de entrega de inscrición rematará o 23 de xullo de 2007 ás 13:00 horas e haberá un único premio de 1200 €. Máis información no Concello de Cotobade (986 760 001 )

Animádevos a participar!!


RESUMO BASES V CONCURSO DE MÚSICA TRADICIONAL “RICARDO PORTELA”
-O GAITEIRO DE VIASCÓN–


.- As solicitudes de inscrición serán gratuítas e dirixiranse ó Excmo. Concello de Cotobade, Concellaría de Cultura, Educación e Deportes. O prazo de entrega de inscrición rematará o 23 de xullo de 2007 ás 13:00 horas. Cada Gaiteira/o proporcionará coa inscrición o enderezo, o número de teléfono así coma as partituras das pezas a interpretar, segundo modelo de folla de inscrición que se facilita.

- O número de participantes será limitado a 25, no caso de superar esta cifra terase en conta a orde de entrada e só se considerarán inscritas/os no concurso as/os 25 primeiras/os participantes por orde de inscrición.

- As/os participantes deberán levar traxe tradicional galego e poderán ir acompañadas/os por un/unha percusionista, sempre e cando utilice percusión tradicional galega.

- A orde de participación será mediante sorteo, que se realizará momentos antes de comezar o Concurso.

- As/os concursantes deberán de estar o pe de escenario, mentres actúa a/o Gaiteira/o que lle precede.

- As persoas que concursen farán unha 1ª interpretación Libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas Galegas, recollidas ou de autor/a non excedendo os 5 minutos de actuación, sendo penalizado cun punto de penalización por cada 10 segundos de exceso. A 2ª interpretación será dunha peza do repertorio de don Ricardo Portela, entendendo como tal aquel que estea gravado en cinta ou disco polo mestre de Viascón.

- Os criterios de valoración do xurado serán os seguintes:
- Afinación ata 10 puntos
- Dificultade da peza ata 10 puntos
- Interpretación ata 10 puntos
- Posta en escena ata 5 puntos
- Orixe da peza ata 1 punto
- Idade do participante ata 1 punto

As/os participantes deberán executar outras pezas de temática libre por orde de participación ata que o xurado remate a deliberación.

- O importe do único premio será de 1200 €, dos cales 900 será doados pola Comunidade de Montes de Viascón e os restantes 300€ pola Concellaría de Cultura, Educación e Deportes do Concello de Cotobade. O Concello librará a parte do seu premio mediante transferencia bancaria ao número de conta que a tal efecto facilite o gañador do premio.

A percusión terá un premio de 300€ doados pola Comunidade de montes de Viascón

Mais información:
Concello de Cotobade
986-760903, 986-760001 Fax: 986-760130
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-07-2008 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
A TVG censura o anuncio do Festigal
Xa que a TVG non o vai emitir íntegro, que sexa a rede quen vos permita ver o anuncio íntegro do Festigal. O meniño coa estrela vermella molesta á direción socialista da galega.

A TVG decidiu non emitir un anuncio sobre o Festigal (organizado por Galiza Nova e a Fundación Galiza Sempre) por considerar que é “publicidade política”, xa que nos últimos segundos do video aparecen unhas imaxes dun bebé cunha bandeira do país coa estrela vermella.

A Comisión Organizadora do Festigal remitiu o anuncio (realizado por Ignacio Vilar, director do filme ‘Pradolongo’) ao departamento comercial da Televisión de Galiza e, días despois, responderon, aportando un informe da asesoría xurídica do ente público, dicindo que se negaban a emitilo por ser “publicidade política”, ao identificar a bandeira da estrela co BNG.

Dende a organización do Festigal responderon que esta decisión é “censura” e un “atentando contra a liberdade de expresión” porque “non é a bandeira do BNG” senón que “representa a un amplo sector máis alá do BNG”.

Finalmente, o video do Festigal (que se celebra en Santiago de Compostela os días 24 e 25 de xullo) será emitido da TVG, pero sen as imaxes nas que se ve a bandeira galega coa estrela vermella.

Video sen censura


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2008 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Resultados no XI Memorial Manuel Texo
O XI Memorial Manuel Texo celebrouse o domingo na Casa da Cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra.

Cunha participación de cinco cuartetos tradicionais, o xurado formado por Edelmiro Fernández, Iván Costa, Carlos do Viso, decidíu conceder os 3 primeiros premios a:

1º premio (1.100 €)_REDEA SOLTA (Castro Caldelas)
2ºpremio (500 €)_ANACOS DE BUXO (Nigrán)
3ºpremio (300 €)_ABELENTE (Ourense)


Dende a organización querémosvos agradecer a tódalas persoas a vosa asistencia, e esperamos que o ano vindeiro poidamos desfrutar da boa música en Vedra, como aconteceu este ano.

Aos grupos agradecerlle o grande esforzo que fixeron, mostrando todos eles un grandísimo nivel, o que demostra o bo momento que estamos a vivir na música tradicional a través dos seus intérpretes ou mesmo compositores.

www.musicasdaulla.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 22-07-2008 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista con Fía na Roca
Xa pasaron sete anos desde a última vez que a banda integrada por Roberto Santamarina, Xabien Olite, Xosé Ramón Vázquez, Roberto Rama, Carlos Castro e Giao Rodrigues subiu ao escenario de Ortigueira. Para este regreso? Cancións novas co sabor de sempre, tan de seu, que mestura tradición e vangarda sen perder o gusto a folk. Como guinda, a voz de Sonia Lebedynski,a súa cantante.

Ao ser repetidores, como lembrades a vosa primeira Ortigueira?
Xa antes de tocar alí era un festival ao que fomos desde cativos, que asociamos coa nosa adolescencia. Logo habería outra primeira vez, sería cando fomos para subir ao escenario hai sete anos.

Esa liña tan delgada entre quen está enriba do escenario e quen está enfronte, pode considerarse propia de Ortigueira?
Si, iso é algo propio de Ortigueira. Igual que noutros concertos ou festivais hai maior distancia entre as bandas e o público, neste festival esa barreira non está tan definida. Cando remata o concerto, os músicos aproveitan e gozan tamén dese ambiente de festa.

Tedes un interese particular por coincidir con algún grupo desta edición ou por colaborar musicalmente con eles nun futuro?
O primeiro, dicir que hai un gran cartel, son todos grandes grupos e grandes músicos. Poder tocar con eles é un honor, sobre todo por sermos nós o grupo galego que acompaña esas bandas estranxeiras do sábado e sobre todo por sermos nós os elixidos para pechar un dos días máis fortes. E co das colaboracións, nós sempre estamos dispostos e encantados se xorde algo, ademais é frecuente que por mor de festivais se propoña a gravación de recompilatorios conxuntos.

Ortigueira promociónase aos catro ventos fronte aos moitos festivais do verán galego. É merecida esta sona? En que se diferencia, por que é tan especial?
Aínda que hai outros grandes festivais galegos que tamén merecen un recoñecemento que quizais non se lles dá, o de Ortigueira é o que ten maior proxección e maior afluencia de público. Acoden moitos grupos internacionais de calidade que apoian esa reputación, pero tamén hai que dicir que conta cun apoio económico e publicitario do que non dispoñen outros festivais.

Algo que se lle bota en cara é que agora está moi masificada e que boa parte da xente non vai pola música precisamente...
Como dixen, nós xa eramos habituais hai anos e podemos apreciar ese cambio. Perdeuse un pouco a esencia do que era e creo que habería que intentar regresar ás súas orixes, recuperar a intención coa que naceu que era escoitar e gozar coa música. Hoxe vese que hai moita xente que non vai con esa intención senón que o ten como escusa para pasar unha fin de semana de acampada e de festa.

Que outros plans de verán tedes?
Pois a verdade é que temos bastantes. Tras tocar o sábado 12, ao día seguinte xa nos desprazaremos ata Caldas de Reis para dar outro concerto esa noite. Para un pouco máis adiante temos planificada unha xira por Latino América que comezará en Montevideo o día 21 de xullo e xa para agosto quédanos a Galaicofolia en Esposende, Portugal.

Podería considerarse ese como un dos vosos paradoxos, que malia cantar en galego tedes unha proxección internacional que supera a que tedes na casa. Existe un prexuízo cara o propio?
Si que hai prexuízos. Bótase de menos que se valore máis o propio, feito que se aprecia sobre todo se comparas como te reciben nun sitio e noutro. No estranxeiro é unha música moi valorada e moi respectada, non só a nivel cultural senón tamén na súa vertente comercial. Hai unha acollida e unha difusión da que non podes falar aquí.

Deixando a un lado o tema da lingua, por que os ritmos galegos non atopan un oco no panorama musical nacional? Ese e un problema que non ten a música doutras rexións, especialmente a andaluza.
A música andaluza ten moita sorte nese sentido, gusta moito e ten moitos seguidores, pero tamén moitos apoios, tanto dentro coma fóra. Non deixa de ser curioso que no estranxeiro se identifique o folclore español co andaluz, que ao dicir España no que se pensa é no touro de Osborne e no flamenco cando é un país moi rico en culturas diferentes, non só a andaluza senón tamén a catalá e a galega entre moitas máis. Dende o punto de vista do turismo habería que prestarlles atención a todas elas e brindarlles axudas por igual.

A idea de que a música tradicional galega bebe das reminiscencias celtas é máis difundida pero, que outras fontes ten?
Eu falo cun punto de vista persoal, pero creo que podo xeneralizar e falar en nome de moitos músicos galegos ao dicir que non nos gusta etiquetarnos tanto. A música galega é moito máis que unha ou dúas etiquetas, bebe de influencias moi variadas e distintas debido en boa parte ao pasado de emigración. Cos grupos ocorre o mesmo, cada un ten as súas influencias e non podes colgar unha única etiqueta que te identifique.

Outra crenza moi estendida é que na música galega hai un compromiso ou vontade de defensa cultural, enseguida se lle dá unha dimensión política. Como ves isto?
Tamén podo dicir un pouco en xeral que esa é unha afirmación coa que xa estamos un tanto fartos, nós facemos esta música porque nos gusta e porque queremos recoller a tradición dos nosos devanceiros, pero hai ámbitos nos que por cantar en galego se che ve... non sei, parece que vas cunha escopeta.

www.elcorreogallego.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 22-07-2008 09:54
# Ligazón permanente a este artigo
II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo
Os días 26 e 27 deste mes de xullo vaise celebrar en Soutelo de Montes (Forcarei, Pontevedra) o *II Cursiño de Técnicas de Interpretación dos Gaiteiros de Soutelo*.

Trátase de facer un repaso en detalle polas características da interpretación destes xeniais músicos, especialmente no tocante ós recursos de articulación das notas, configuración dos debuxos melódicos característicos das súas pezas e a realización dos dúos nese estilo. Faremos un repaso teórico en primeira instancia para pasar despois a unha fase práctica.

Era interesante traer punteiros adaptados para a dixitación pechada pero non é imprescindible.

Pódense baixa-las bases de inscrición neste enlace:

http://www.agaitadofol.com/IICursoSoutelo.pdf


Saúdos
Juanjo Fernández
www.agaitadofol.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 21-07-2008 01:40
# Ligazón permanente a este artigo
Xornadas de folclore galego en Compostela
Xornadas de folclore galego en Compostela

Programa Oficial:

sábado 19
Praza da Quintana ás 20.30 h.
- Donaire (A Coruña),
- Iar (A Coruña),
- A Ponte Vella (Teo)
- Malveiras (Vilagarcía)

domingo 20
Praza da Quintana ás 20.30 h.
- Brincadeira (Santiago),
- Cantigas e Agarimos (Santiago),
- Ultreia (Santiago)
- Colexiata do Sar (Santiago)


Actualización de última hora nas Xornadas:


sábado 19
Praza da Quintana ás 20.30 h.

- Iar (A Coruña),
- A Ponte Vella (Teo)
- Malveiras (Vilagarcía)
- Tequexeteldere (A Estrada)

domingo 20
Praza da Quintana ás 20.30 h.

- Brincadeira (Santiago),
- Cantigas e Agarimos (Santiago),
- Donaire (A Coruña),
- Colexiata do Sar (Santiago)

Comentarios (14) - Categoría: Novas - Publicado o 19-07-2008 14:12
# Ligazón permanente a este artigo
Finalistas do Vai de baile 2008
Comentarios (0) - Categoría: Vai de Baile / Punta Tacón - Publicado o 18-07-2008 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
E chega a fin de semana
Sexta feira 18 (Venres)
• Zenzar en Negreira
• Marful e Victor Aneiros na Praza do Corgo do Grove ás 22:30
• Donicelas en Salceda de Caselas, na praza do Concello ás 22:30
• Paidecana en Foz
• Leilía en Porto do Son (Son Celta)
• Festival Terra e Lingua (Narón): Chámalle Xis!, Ulträqäns e Cuchufellos
• Festival das Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Ataque Escampe, Capitán sinho, Som do Galpom, Arpioni, GalegoZ e Marcos Payno
• Matamá Folc (Vigo): Os Carunchos, Serralhe-aí!! e Xochilmica

Sábado 19
• Xornadas de Folclore galego en Compostela ás 20:30 na Praza da Quintana
• Milladoiro na Guarda
• Leilía en Mugardos
• Tanto Nos Ten na Praza Maior de Lugo
• X. M. Budiño na Praza do Corgo do Grove ás 22:30
• Tonhito de Poi e Rasa Loba no Ortigueira Rock
• Crema de Gaita en Bueu
• Sete Netos no Multiusos de Mos
• Brañas Folk en Pontecesures
• Brath no Corgo
• A Quenlla en Praia America (Nigrán)
• Kenkernai na Veiga, na Praza do Concello
• Faltriqueira en Baiona
• Xacarandaina no Porriño
• O Fiadeiro en Verín
• Festival das Revenidas (Vilaxoán de Arousa): Tino Baz, Serra-lhe-aí!!!, Capitán sinho, O Sonoro Maxín, Che Sudaka e O infante Terrible
• Festival Malaherba (Matamá)
• Festival da Chaira (A Pastoriza): Quempallou, Leña Verde, Coanhadeira e Som do Galpom
• Festival ao Pé da Letra (Sarria): "Cantando Camiños" con Narf, Marful, Guadi Galego, Loretta Martin, Safari Orquestra e Colectivo Oruga
• Festival Terra e Lingua (Narón): Machina, Amaiur e Dandy Fever
• Festival Sons do vento (Melón, Ourense): La Collá Propinde (Folk Asturies), The Upsttemians (Ska-Reggae Madrid), Malatesta (Ska Punk Mallorca) e Skárnio (Ska Galiza)
• Festival Serra da Queixa (Chandrexa de Queixa - Ourense): Kumpania algazarra, Dacallos, Os cuchufellos, Tumbuctu e Os chicquilicuatres.
• Festival Folc Arealonga (Chapela): grupo de gaitas “ Os topecañeiros”, pandereteiras “ As cacharelas” e o Grupo Caruma.
• XXVIII Xuntanza Mariñana no Parque Luis Seoane de Sta Cruz (Oleiros).
• Serán en Estás (Tomiño)

Domingo 20
• Concurso de Grupos tradicionais Memorial Manuel Texo en Vedra
• Caneiros gaiteiros 2008 (Betanzos)
• Xornadas de Folclore galego en Compostela ás 20:30 na Praza da Quintana
• Mamá Cabra en Mugardos
• O Fiadeiro en Carballo
• Festival Folc de Narón: Faltriqueira, Four men and a dog, Milladoiro ás 20:00 no paseo marítimo de Xuvia
• Marful no bar de Fredi (Espasante)
• Ophiusa en Compostela na Praza do Toural

Axenda completa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2008 15:05
# Ligazón permanente a este artigo
Vai de baile (11 de xullo de 2008)
2ª semifinal do Vai de Baile 2008

Os Caralludos de sardoma VS Os Bailadores da Telleira

- Fase de Concurso



- Xurado

Comentarios (0) - Categoría: Videos - Publicado o 18-07-2008 14:59
# Ligazón permanente a este artigo
XI Memorial Manuel Texo
XI MEMORIAL MANUEL TEXO.
Concurso de grupos tradicionais.


Este ano o CONCURSO DE GRUPOS TRADICIONAIS MEMORIAL MANUEL TEXO de Vedra será o domingo 20 de Xullo, na casa da cultura de Sta. Cruz de Ribadulla, Vedra, ás 18:00h.

Os premios deste ano son:

1.- 1.100€
2.- 500€
3.- 300€

Grupos Clasificados para concursar no XI Memorial Manuel Texo de Vedra:

1-PICUÍÑA ( Marín)
2-ABELENTE (Ourense)
3-ANACOS DE BUXO ( Nigrán)
4-SEITURA ( Vedra)
5-RÉDEA SOLTA ( Castro Caldelas)

Xurado :

Edelmiro Fernández
Iván Costa
Carlos do Viso

www.musicasdaulla.blogspot.com
Comentarios (0) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 18-07-2008 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Caneiros Gaiteiros 2008
O Domingo 20 de Xullo celébrase en Betanzos unha nova edición dos Caneiros Gaiteiros.

Esta romaría ten a súa orixe arredor do 1880, cando despois de dous días da festa de San Roque pequeno, os betanceiros foron empanando as sobras das fartas do xantar festivo e foron xantar de relax ao Campo dos Caneiros río arriba. Isto converteuse en hábito para tódolos veciños de Betanzos criando así unha xira que chegou a converterse en extraordinaria romaría, xa non só para os betanceiros coas súas lanchas engalanadas de grilandas e flores, senón tamén para o resto do mundo que puido remontar o río en grandes barcas. A festa tivo unha grande sona, e os garelos (betanceiros), sen deixar esta, preferiron a segunda xira que se fixo do mesmo xeito para o día 25 na romaría de San Paio.

Algúns dende a mañá xa soben andando, outros aí pola mediodía soben nas súas barcas pequenas cargadiños de comida para xantar nas ribeiras arredor do campo dos caneiros e outros en grupos máis numerosos en grades barcazas levan gaiteiros e van xantando río arriba. A corporación municipal tamén leva aos seus gaiteiros e moitos outros van cantando: "Se o río dos Caneiros levara coñac, máis de catros borrachos tirábanse alá"

Dende hai seis anos, a asociación “O Xanocas” preocupados pola situación do río Mandeo e o seu entorno propuxo unha xira cos amigos gaiteiros de todo o país para apoiar o seu labor de denuncia e ao tempo ter unha festa amable entre amigos. A partires das 13h reúnense os participantes no entorno do peirao da Ponte Vella para embarcar no Peirao da Monxas arredor das 14:30h e remontar o río tocando e xantando. Máis tarde atrácase no Peirao do Campo para facer foliada e tomar café e queimada.

Para anotarse á Romaría, cun custe aproximado de 15 euros polo xantar e o barco, compre facelo antes do día 17 de Xullo.

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2008 14:38
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de tempada no Furancho da Balsa (Matamá)
Un dos sitios con máis ambiente tradicional de Vigo pecha a súa tempada de furancho.

O Furancho da Balsa de Matamá pecha as súas portas este sábado 19 de xullo.

Un saúdo a Juan e ao resto da tropa
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2008 14:36
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Sons da Lameira en Vigo
FESTIVAL -SONS DA LAMEIRA-

18 e 19 de xullo no Torreiro da festa de Matamá (VIGO)

Os vindeiros días 18 e 19 de xullo vai ter lugar en Matamá (Vigo) a segunda edición do Festival “SONS DA LAMEIRA” cun cartel de actuacións dos mais variados estilos musicais, co desexo de que sexa do agrado do maior público posible.

O venres 18 comezará o festival cunha noite de folc. As 22h actuarán os composteláns “XOCHILMICA”, depois seguirá o grupo de Lugo-Ferrol “SERRA-LHE AI” e xa para rematar a noite contaremos co grupo “OS CARUNCHOS ” de Vigo, todos eles moi coñecidos no eido do folc.

O sábado 19 cambiaremos totalmente de música, dandolle paso a outros estilos.
As 21hrs comezaremos coa actuación do grupo de hip-hop “KAPATAZ” chegado dende Portugal, a continuación subirá ao escenario o grupo vigués “KATANA CHAOS” de hard core. Seguiremos co ska mais festeiro da mán dos cataláns “DEKREPITS”. E xa para rematar a noite contaremos co coñecido grupo de punk oi! “OI SE ARMA!”chegados dende Canarias.

Este Festival está organizado por dúas asociacións da parroquia de Matamá (Vigo) que teñen entre a xente nova a meirande parte dos seus integrantes. Estas asociacións son o Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e a Asociación de Actividades de Ocio de Matamá.

Para mais información www.sonsdalameira.com
www.matamafolc.com

Ou no telefono: 647206100

HORARIOS FESTIVAL -SONS DA LAMEIRA-
18 e 19 de xullo no Torreiro da festa de Matamá


VENRES 18 XULLO - MATAMÁ FOLC - comezo ás 22:00h

-XOCHILMICA (Compostela)
-SERRA-LHE AI (Lugo-Ferrol)
-OS CARUNCHOS (Vigo)

SÁBADO 19 XULLO - MALAHERBA ROCK – comezo ás 21:00h

-KAPATAZ (Hip Hop) Portugal
-KATANA CHAOS (Hard Core) Vigo
-DEKREPITS (Ska) Catalunya
-OI SE ARMA! (Punk Oi!) Tenerife

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:34
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Terra e da Língua
VIII Festival da Terra e da Língua

Nos dias 18 e 19 de Julho, o Moinho de Pedroso, no concelho trasanquês de Narom, acolherá umha nova ediçom, a oitava, do Festival da Terra e da Língua, organizado pola Fundaçom Artábria.

Progama

Sexta-feira 18 de Julho

21h Apresentaçom do Festival

21.15h Actuaçom de Os da Ria

23.00h Concerto
- Chámalle Xis! (Fussiom. Galiza)
- Ulträqäns (Spiz-Folk. Galiza)
- Cuchufellos (Ska, Reggae, Speed-Folk. Galiza)


Sábado 19 de Julho

12.00h Apertura da exposiçom "Na defesa do território" com projeçons de videos no Moinho.

17.00h Campeonato de Matraquilhos com a colaboraçom de Siareir@s Galeg@s

18.00h Festivalzinho. O festival para as crianças com:
- Monicreques com a obra "A rua das pantasmas"
- Mágia com o pequeno gram Mago Fiz
- Recolhendo Jogos Populares: Bilharda.

20.00 Forum de Debate "Na defesa do território"
- Fins Ereixas (Secretário Executivo de ADEGA)
- Xosé Maria Vilaverde (Coordenador Geral de VERDEGAIA)
- Orlando Álvarez (Porta-Voz de SOS Courel)
- Manuel A. Rodríguez Carballeira (Coordenador do Comité Cidadao de Emergência para a Ria de Ferrol)

22.30 Pregom a cargo de Antón Masa, Presidente da Associaçom pola Defesa da Ria de Ponte Vedra (APDR)

23.00 Concerto
- Machina (Metal. Galiza)
- Amaiur (Euskal Herria)
- Dandy Fever (Ska, Rock Steady. Galiza)



Artabria
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:31
# Ligazón permanente a este artigo
Tres días de música folk no Milladoiro
Esta fin de semana non haberá que agudizar os sentidos para poder gozar da música folk tradicional. Varias formacións animarán durante os tres próximos días a terceira edición do Milladoiro Folk.

Crema de Gaita, El Hombre Pez ou Azarbe son algúns dos grupos de folk que actuarán no festival que organiza a Asociación Cultural A Madalena e no que colabora o Concello de Ames. Enmarcado dentro do programa das Festas da Madalena, o festival antóxase como unha cita imprescindible para os amantes da música folk.

A III edición do Festival Milladoiro Folk, que se celebrará do 18 ao 20 de xullo, contará con varias actuacións nas que unha nova concepción musical dos sons tradicionais e o folk máis puro fusionaranse para dar unha visión viva e actualizada do folclore nacional. A terceira edición regresa cun espírito renovado e con máis forza que nunca despois de levar varios anos sen celebrarse.

O Milladoiro Folk abrirá o programa de festas da Madalena no Milladoiro, que tamén organiza esta asociación, e que se completará coas xornadas festivas do 21 e o 22 de xullo. O peche das festas farase en agosto, entre os días 1, data na que se celebrará o Millarock, e o día 4 de agosto.

A primeira xornada do festival comezará este venres coa primeira das grandes actuacións nocturnas, con Crema de Gaita, Aulaga e Divertimento Folk. Os galegos Crema de Gaita abrirán o festival co seu folk tradicional e coa súa versión do clásico A saia da Carolina. Aulaga é unha das mellores bandas folk de Estremadura e Divertimento Folk foi o grupo gañador do Festival de Prau en Cantabria, no que participan 84 bandas de grande importancia no ámbito nacional.

O segundo día, o sábado 19, celebraranse durante todo o día os obradoiros para a mocidade Milladoiroxogoxoven 08 nas prazas de Manuel Murguía e de Figueiras. Dentro destes obradoiros atopase unha xincana ecolóxica dirixida ás mozas e mozos do concello. O obxectivo desta actividade é promover os valores de respecto polo medio dun xeito lúdico e divertido. Durante a actividade, a mocidade poderá participar en varias probas nas que poñerán a proba o seus coñecementos sobre o medio, terán que encestar lixo nos seus respectivos caldeiros ou saltar á corda durante cinco minutos.

www.concellodeames.org

O segundo gran concerto do festival contará co folk murciano de Azarbe, os galegos Xochilmica, presentando o seu último disco Carta Branca, e El Hombre Pez, unha banda que compartiu cartel con artistas como Carlos Núñez ou os irlandeses The Chieftains.

Os dous días haberá unha carpa folk ao remate das actuacións, arredor das 2 da mañá.

Para rematar e como broche final, o domingo 20, o Milladoiro Folk conta cunha xornada do mais completa. Á unha da tarde actúa a Banda de Gaitas do Padroado Cultural de Narón. Ás nove da noite será a quenda da Escola de Música tradicional do Concello de Ames, que dará paso ao peche de ouro do festival, a actuación dos navarros Mielotxin, referente do folk a nivel nacional.

Comentarios (1) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:28
# Ligazón permanente a este artigo
Festival da Chaira 2008
O Sábado 19 de Xullo, en Baltar, A Pastoriza (Lugo).

A dirección d'A Chaínza ven de anunciar os grupos do Festival da Chaira 2008 que se vai celebrar o vindeiro 19 de Xullo, e conta unha vez máis cunha boa representación de diversos estilos musicais, aínda que, desta vez, voltando máis cara o Folc e a Música da NOSA TERRA.

Por terceiro ano consecutivo, o Festival da Chaira voltarase celebrar na Praia da Riboira en Baltar e voltará a ser Punto de Encontro Musical do Verán da Terra Chá.

A Variedade de Estilos irá dende o máis Autóctono de grupos como: Leña de Verde de Pol ou Coanhadeira de Ourense; do Rap-Funky-Reagge do grupo Som do Galpom de Moninha (preto de Compostela) ou dun grupo xa consagrado da Música Galega como é Quempallou, que vén de Pubricar un Disco a finais do 2007: Polo Aire.

Concertos:

- Quempallou
- Leña Verde
- Coanhadeira
- Som do Galpom


Info.: www.festivaldachaira.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:25
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Serra da Queixa 2008
Festival Serra da Queixa 2008

Sábado 19 de xullo

A partir das 18:00 comezan as actividades, que rematarán co concerto:

- Kumpania algazarra,
- Dacallos,
- Os cuchufellos
- Tumbuctu
- Os chicquilicuatres.


Acampada libre e entrada de balde

www.serradequeixa.com
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:21
# Ligazón permanente a este artigo
Festa das Revenidas'08
O Venres 18 de Xullo e o Sábado 19, terá lugar a Festa das Revenidas'08, en Vilaxoán de Arousa.

Son dous dias de concertos, actividades, acampada, buses, ... e todo de balde!! Non vale faltar!!!

Venres 18 de Xullo:
ás 22:30hs. Noite

-Ataque Escampe
-Capitán sinho
-Som do Galpom
-Arpioni
-GalegoZ
-Marcos Payno



Sábado 19 de Xullo:
ás 12:00hs. Alborada

-Os Xirifeiros
ás 14:00hs. Xantar
-Chupinaso
-Sardiñada popular Revenidas

ás 16:00hs. Tarde
-Animación zancudos, monociclistas, percusion, malabares, musica.
-Os terribles de Arousa
-Peter Punk, unha grande chea.

ás 20:30hs. Serán
Sardiñada popular Revenidas
Títeres Alakrán
-Tino Baz

ás 22:30hs. Noite
-Serra-lhe-aí!!!
-Capitán sinho
-O Sonoro Maxín
-Che Sudaka
-O infante Terrible


www.revenidas.com

www.komunikando.net
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 18-07-2008 14:19
# Ligazón permanente a este artigo
SonCelta en Porto do son
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 18-07-2008 14:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer