24 de Xullo: 23:00h
Loretta Martin
Babylon Circus
Terrakota
Dj Missill
25 de Xullo: 21:00h
Fía na roca
Nancy Vieira
Kroke
Galería das Ideas
MARTES 24
13.00h: A soberanía dos pobos fronte á globalización.
Moderador: Director de www.gznacion.com
Rosana Pérez, secretaria de Relacións Exteriores da Executiva Nacional do BNG; Luís Fazenda, Deputado do Bloco de Esquerda. Portugal; X. A. Martínez Puñal, profesor de Dereito Internacional USC.
17.30h: Sáhara: a marcha cara á autodeterminación.
Moderadora: Olaia Fernández Davila, deputada do BNG.
Fatma Mohamed Sale, delegada da RASD en Galiza; Santiago Ximénez da Asociación Galega de Amizade co Pobo Saharaui; Xosé Antón Paz, deputado do BNG no Parlamento Galego; Teresa Táboas, Conselleira de Vivenda.
19.30h: Os medios de titularidade pública na Galiza.
María Xosé Bravo, Secretaria de Comunicación da Executiva Nacional do BNG.
Suso Iglesias, director da TVG; Sonia Vizoso, redactora de El País; Xosé Manuel Pérez, Xefe de Informativos da Radio Galega.
MÉRCORES 25
18.00h: O momento político no Estado. Unha perspectiva galega
Moderadora: Eva Lema, xornalista.
Francisco Rodríguez, portavoz do BNG no Congreso; Ernesto Sánchez Pombo (La Voz de Galicia), Xan Carballa (A Nosa Terra); José Luis Gómez; Carme Laura Gil, ex-conselleira de Ensino da Generalitat e membro do Conseill Nacional de CDC.
EXPOSICIÓNS
QUEREMOS COÑECERNOS, sobre a vida e traxectoria de mulleres galegas destacadas, organizada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.
OS TESOUROS DA NOSA MONTAÑA. Un percorrido polas riquezas, a vida e os problemas das serras galegas. CANDEA. Asociación de Ensinantes do Salnés.
Galería das Letras
Participantes con postos: Edicións A Nosa Terra, OQO Editora, Edicións Galaxia, Editorial Lonxa Cultural , Libraría Andel do Libro de Vigo, Libraría A Palabra Perduda de Santiago, Rinoceronte Editora, A Peneira, Libraría Pedreira de Santiago.
Exposición OQO editora: Cen mundos que inventar. Ilustracións, elementos da editora galega. Premio estatal de edición 2007.
Ao remate de cada presentación os/as autores asinarán os seus libros.
MARTES 24
11:00h. Apertura
17:00h Presentación do libro POESÍA CONTRA A VIOLENCIA, editado por Espiral Maior. Interveñen: Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, Marga do Val, Miguel Anxo Fernán Vello e Manuel Cortés.
18:00h "Polifonías II. Voces poéticas contra a violencia de xénero"
· Anxo Angueira
· Eduardo Estevez
· Kiko Neves
· Raul Gómers Pato
· Xosé Luis Santos Cabanas
19:00h Recital poético-musical: As horas de María de Paco Souto.
20:00h Presentación da editora portuguesa Arca das Letras
Libros: Estrela Perdida, de Francisco Fernandes; Sapinho e Sapão, de Nocolás Guillén, A Vassoura voadora, de José Viale Moutinho e O Cavalo das sete cores, de Papaniano Carlos.
Presentan: Soares Novais, editor e José Viale Moutinho, escritor
21:00h Presentación do libro "Os domingos de Gólgur" de John Alonso na editora Rinoceronte ao abeiro de Morgarte.
Falan: Moisés Barcia, editor e John Alonso.
MÉRCORES 25
16:15h Presentación do libro O bosque de Nadgor de Farruco Graña.
Presenta: Dores Fernández Abel, presidenta da agrupación Francisco Lanza de Ribadeo e o autor do libro.
17:00h Presentación de Galeguia, Encontro dos Cinco Cantos, organiza a Fundación Via Galego promovida pola Mesa pola Normalización Lingüística.
Falarán: Ánxela Bugallo, Conselleira de Cultura e Deporte, Carlos Callón, presidente da Fundación Via Galego e un representante da cultura caboverdiana.
17:45h Presentación do libro O voto emigrante. Viaxe pola zona escura da democracia española de Anxo Lugilde na Editorial Galaxia.
Presentan: Francisco Rodriguez, Portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, e Anxo Lugilde.
18:00h Lois Diéguez asinará exemplares da súa obra O canto do muecín, editada por Edicións A Nosa Terra.
18:30h Presentación do libro Benquerida catástrofe, editado por Edicións Xerais de Galicia.
Falan: Goretti Sanmartin, Manolo Bragado e a autora Teresa Moure.
19:15h Recital de Poesía: Marta Dacosta, Paco Souto, Lucía Novas, Xabier Paz e Medos Romero.
20:00h Presentación do libro "PALABRAS CONTADAS" de Camilo Franco na editorial Xerais de Galicia, coa colaboración de Magin Blanco á guitarra.
Galería Audiovisual
SALA NASA
MARTES 24
MAÑÁ
11:00h Apertura
11:10 ? 11:55h. Documental. "GALIZA EN VENEZUELA" da Fundación FESGA. 45 min.
12:00 ? 12:45h. Documental. "Peregrinaxes.Viaxando con Manuel Maria". Fundación Bautista Álvarez. 45 min.
12:55 ?13:55h. Documental coas testemuñas da represión do 36 na Illa de S. Simón. "Aillados" de Antonio Caeiro. 60min.
TARDE
16:30 ? 16:55h. Documentais do colectivo Olho Livre(C.S.ATREU) sobre accións de denuncia-social.Dur. 23min.
17:00 ? 17:25h. Docudrama "As Farolas" de Abelardo Rendo. 25min.
17:30 ? 18:05h. Documental "A casa de Lola de Andrés" de Olaia Sendón.
35min.
18:10 ? 19:00h. Documental "Crónicas de Pizarra e xiz" de Xan Leira.
19:15 ? 20:15h. Documental "As Encrobas. A ceo aberto" de Xosé Bocixa. 60 min.
MÉRCORES 25
TARDE
16:45h. Presentación O Canto do Muecín, novela de Lois Diéguez editada en A Nosa Terra
Na presentación farase un itinerario por textos da novela, con imaxes, música e lecturas en montaxe do grupo poético Círculos Líticos, na que intervirán, ademais de Lois Diéguez, a profesora e crítica literaria Pilar García Negro, e os escritores, actores e actrices, e técnicos de imaxe: Isidro Novo, Antón Fortes, Lino Braxe, Flor Maceiras, Xabier Piñeiro e Carlos Ferreiro.
Desde as 18:00 h. o autor asinará libros na carpa da Galería das letras.
18:15- 19:45h Teatro: A Escola Municipal de Narón presenta "TARAS MíNIMAS" de Gustavo Pernas. Dirixe Flor Maceiras.
Hoxe martes 24 de Xullo terá lugar a tradicional homenaxe a Rosalía e Castelao no Panteón de Galegos Ilustres en San Domingos de Bonaval. O Acto contará coa intervención da Secretaria Xeral de Galiza Nova e de Alfredo Suarez Canal, ao que lle seguirá a lectura de fragmentos do Sempre en Galiza e de poemas de Rosalía por parte de diferentes persoas como Saleta, Xurxo Souto, Marta Dacosta... Tamén contaremos coa presenza de NARF.
Anímate e asiste ao Acto.
KUSSONDULOLA (Reggae Portugal) + KINKI REGGAE CLUBE &GANJAHR FAMILY (Soundsystem Vigo) + SELEKTA REGGAE BAND (Reggae Vigo), num espectáculo integrado na festa dos povos galego e português pelo dia da pátria galega. A partir das 23H, na Sala Breogain de Vigo.
KUSSONDULOLA
- 1.ª BANDA REGGAE NACIONAL
- 9 DISCOS DE ORIGINAIS
- 15 ANOS AO VIVO EM PORTUGUÊS
O manifesto 'Ensino en galego' xa está na rúa
Sindicatos, asociacións de pais e outros colectivos que apoian esta campaña presentaron en Compostela, no Auditorio de Galicia, o manifesto a prol da normalización do noso idioma no ensino.
TEXTO ÍNTEGRO DO MANIFESTO
Ensino en Galego
O sistema educativo non garantiu, até o de agora, nin tan sequera que o alumnado puidese finalizar o ensino obrigatorio cunha competencia comunicativa en galego igual á conseguida en castelán, a pesar de que ese é legalmente un dos obxectivos da escolarización. Aínda é máis grave o feito, sinalado unanimente por todos os estudos oficiais, de que a escola incide no abandono do galego por parte de moitos nenos e nenas.
A pesar dos esforzos de moitos pais e nais, profesoras e profesores, estudantes, persoal administrativo e da sociedade en xeral, non se conseguiu introducir un proxecto global de aprendizaxe na lingua propia do noso país: o galego. En calquera sociedade do mundo resultaría cando menos paradoxal que a institución escolar cumprise un papel pouco favorábel ao desenvolvemento da súa propia lingua.
A Declaración Universal de Dereitos Lingüísticos (1997), a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias (2001) e o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega (2004), representan tres grandes acordos para avanzar na normalización lingüística que se subscribiron no último decenio por unanimidade nos diversos foros de representación democrática. Acordos que, porén, non conseguiron acadar os obxectivos previstos, ao non se facer efectiva durante todo este tempo a súa aplicación. Lembremos a ese respecto o contundente informe aprobado en 2005 polo Comité de Ministros do Consello de Europa, no que recordaba que o sistema educativo galego non estaba á altura dos compromisos de normalización lingüística adquiridos a nivel internacional polo Estado español.
As persoas e entidades que apoiamos este manifesto consideramos que a aplicación do decreto 124/2007, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo, debe significar un punto de inflexión nesta dinámica. Porque sabemos que, avanzando no proceso de normalización, o ensino gañará en calidade, en proximidade e mesmo en logros académicos, ao afortalar as destrezas lingüísticas do alumnado.
Facemos un chamamento ao conxunto da comunidade educativa para que este novo decreto sexa cumprido plenamente no curso 2007/08, e á Administración educativa para que garanta ese cumprimento, pondo para iso todos os medios humanos e económicos que foren precisos. Singularmente, demandámoslle á Administración educativa a dotación do profesorado necesario, plans ambiciosos de formación do profesorado e do persoal administrativo, unha actitude próxima e dilixente da inspección de ensino e campañas de sensibilización dirixidas a desterrar os prexuízos existentes sobre a presenza escolar do galego.
O galego é un patrimonio común e un elemento de unión de todas as galegas e de todos os galegos. A todas e todos beneficia e a ninguén prexudica que poidamos vivir e aprender no noso idioma.
Organizacións que subscriben o manifesto
- A Mesa pola Normalización Lingüística.
- AS-PG (Asociación Socio-Pedagóxica Galega).
- CAE (Comités Abertos de Estudantes).
- CC.OO.-Ensino (Comisións Obreiras).
- CIG-Ensino (Confederación Intersindical Galega).
- CONFAPA (Confederación Galega de APAs de centros públicos).
- FERE-CECA (Federación Española de Relixiosos de Ensino ? Centros Católicos).
- FETE-UXT (Federación de Traballadores do Ensino - Unión Xeral de Traballadores).
- FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino).
- Mocidade pola Normalización Lingüística.
- Nais e Pais polo Ensino en Galego.
- NEG (Nova Escola Galega).
- Sindicato de Estudiantes.
- STEG (Sindicato de Traballadoras/es do Ensino de Galiza).
Óscar Ibáñez e Pablo Devigo repartíronse o premio do IV CONCURSO DE MUSICA TRADICIONAL RICARDO PORTELA que se celebrou o sábado, 21 de xullo de 2007, en Viascón (Pontevedra). O premio de percusión foi para Andrés Vilán Lorenzo, tamborileiro que actuou acompañando a Óscar Ibáñez.
Os tres gaiteiros recibiron os galardóns aos postres da comida de irmandade que se celebrou hoxe domingo con motivo da homenaxe a Ricardo Portela e aos Irmáns Pichel, gaiteiros do concello de Cotobade, e que contou ca presenza de D. Manoel Loureiro Adán, alcalde deste concello, dous dos seus concelleiros e do Sr. Director Xeral de Creación e Difusión Cultural D. Luís Bará Torres.
O III Premio Irmáns Pichel que, cada ano, se outorga a unha persoa ou entidade vencellada con Don Ricardo, recaeu sobre Amando Fontán, amigo do gaiteiro de Viascón. Amando recolleuno, visiblemente emocionado, das mans do Sr. alcalde e pronunciou unhas entrecortadas verbas en memoria do que fora o seu mestre e amigo.
O Director Xeral de Creación e Difusión cultural da Xunta de Galicia, D. Luís Bará Torres, pronunciou unhas palabras en lembranza de Portela e anunciou a inminente posta en servizo da 'Casa de Gaita' que será xestionada por esta Asociación.
IV Concurso de música tradicional Gaiteiros de Viascón
Este fin de semana celebrarase na carballeira da Portela (Cotobade) a cuarta edición do concurso de música tradicional Gaiteiros de Viascón.
Son catro os grupos que participarán no concurso este ano. Óscar Ibáñez e Andrés Milán, gañadores do certame no ano 2005, Pablo de Vigo e Marcos Pérez, gañadores o ano pasado, Aberto Coya e Rodi Adrio e o dúo mixto formado por Gonzalo Abelaidas e Noelia García.
O certame celebrarase o sábado ás 19 horas na carballeira da Portela. Os premios que se repartirán serán tres. O gañador do primeiro premio Ricardo Portela recibirá 1.200 euros. O que se faga co galardón Viascón de percusión, 300 euros e por último otorgarase o trofeo Gaiteiros irmáns Pichel a Armando Fontán, unha figura que tivo moito que ver na vida de Portela.
O domingo está prevista unha ruta de sendeirismo, Viascón via escondida, con saída ás 10 horas da Casa do Pobo. Posteriormente, ás 14 celebrarase o xantar de irmandade na carballeira. Ata o sábado os interesados todavía poden retirar as súas invitacións previo abono de 15 euros. Este xantar rematará coa entrega de premios.
Festa Nacionalista en Gondomar
Venres 20 de xullo dende ás 20:30 no Parque da Coelleira
IX Festa Nacionalista do Baixo Miño en Goián
O BNG organiza a IX festa nacionalista do Baixo Miño o próximo sábado 21 de xullo na Alameda de Goián a partir das 20 horas.
Na alameda haberá un espazo adicado a actividades para nenos/as e diversos postos de comidas (polbo a feira, churrasco, chourizos asados, filloas a pedra...). A partir das 11 da noite, a parte musical estará animada polo grupo Festicultores
Este segundo día das Xornadas versará da Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo (dende a transición á actualidade)
Xose Manuel Beiras e Encarna Otero participarán como ponentes neste segundo e definitivo día das Xornadas.
O lugar de celebración será o salón de actos da Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo
Como complemento, na semana comprendida entre o día 13 e o día 29, na sala de exposicións da propia Casa Galega da Cultura, e contando coa colaboración da ?Asociación Socio-Pedagóxica Galega?, montarase a exposición, ?O camiño do Autogoberno? elaborada pola propia AS-PG e polo Instituto de Estudos Chairegos.
A Deputación Provincial de Ourense, como leva facendo xa varios anos por estas datas, e coa mínima difusión posible, ven de convocar unha serie de prazas relacionadas co ensino de música tradicional.
A convocatoria foi publicada o pasado venres 13 de xullo.O procedimento de selección é vía concurso oposición, e sorpresivamente, a única titulación requerida é a de graduado escolar.
O prazo de instancias remata aos sete dias naturais do día seguinte á publicación que sería o sábado 21 de Xullo de 2007.
Os internautas xa podedes escoitar, votar e opinar sobre as propostas que se van recibindo, e os artistas podedes seguir enviando as vosas candidaturas até o 21 de xullo.
Lista de participantes
*Manoele: Son a suma total
*Cuchufellos: A Ramalleira
*Taru e os paxaros de coiro: Babilonia
*061, Música urxente: Sen dor
*Snatch: Bikos from Madeira
*Charleston Big Band :Merengue Rosalía
*Los Santos: Rapariga
*The Turre's Band: Hawai 5.0
*Lamanaestrada: Tango para bailar em tanga...
*Banda Gandanagaia: Da praia
*Imben: Ti tes vacasións?
*Machina: Xirarei
*Leo i Arremecághona: Bilingüismo harmónico
*Sonhos: Eu non sei
*Lulu: Ata a auga das macetas
*A matraca perversa: A mala herba
*The Cads: Rock en galego
*Don Perrako e as Cuscús: O socorrista
*Os Forfiestas: Verbenero
*Reggaeifeiros...: Reggaeifa do Borja mailo Tino
*Noise Project: Marcial
*Antonio del Río: O tanga de Manolo
*Lolo Arincón: Un peta en Tarajoña
*Zumbido: Popular
*Jabón Blue: Tranquilo, viejo
*Magín Blanco: Ti es de aquí ou viñeches á festa?
*Supersandwich: Efecto Pinocho
*Amacuca: Pinguinha
*Pandeiromus: Mira como canta
*Sacha na Horta: Biocultivos
*O home bala: Escoitando a Machín
*DisKordia: De que me vale?
Quedan dous días!
Este 21 de xullo remata o prazo para enviardes as vosas cancións a A polo Ghit! Xa temos nada menos que 32 temazos competindo por se converteren na canción do verán, e aínda quedan uns cantos no tinteiro...
O día 21 designaranse os finalistas tendo en conta as votacións populares, e comezará entón un novo prazo de votacións para escoller o gañador.
O sábado 11 de agosto darase a coñecer a canción gañadora, tanto en Vieiros como no programa Extrarradio da Radio Galega. Os gañadores poderán ir á feira do libro de La Habana para o ano, nunha viaxe organizada pola Consellería de Cultura, e a TVG gravará un videoclip profesional do ghit galego deste verán. Veña, que queda pouco!
O Tio Carri guiaranos polos arredores dunhas lagoas que alí hai (Lagoas de Bertiandos).
Saída:
Sábado, 21 de Xullo ás 9,30 en punto no lugar habitual. (Almas Perdidas baixo o pavillón polideportivo do Berbés. Fronte á entrada do porto pesqueiro)
Percorrido: Circular en forma de 9.
Duración aproximada: 5 horas aprox.
De Interese: Paisaxístico.
Dificultade: Baixa
Organización:
Para mais información poñédevos en contacto con Carrizo
-Quarta Feira 18 de Julho às 22:30hh, na Praça enfronte ao Centro Social
Revolta.
Projecçom ?As Encrobas, a ceu aberto?
-Quinta Feira 19 de Julho às 20:30hh, no Centro Social Faísca.
Mesa redonda, ?Centros Sociais: construíndo poder popular?
-Sábado 21 de Julho desde as 14:00hh, na Praça do Berbés (Zona Velha).
IV FESTIVAL DIA DA PÁTRIA 2007
?CENTROS SOCIAIS: CONSTRUÍDO PODER POPULAR?
14:00hh-. Jantar vegetariano.
16:00hh-. Jogos populares (carreiras de sacos, corda, cadeiras musicais,
petanca,...)
18:00hh-. Baile tradicional, aprende a dançar.
21:00hh-. CONCERTO:
XANS (Folk-GZ)
ETACARINAE (Fussom-Brasil)
DJ MACÔ (musica brasileira-GZ)
Durante a jornada a Rádio Piratona gravará um programa ao vivo do Festival.
ORGANIZAM:
CENTRO SOCIAL REVOLTA
CENTRO SOCIAL FAÍSCA
Dia 19 Xulho
22h00: Apresentação do I Capital Folk
Concerto: Milho Verde
Parque Urbano
Dia 20 Xulho
22h00 Concerto: Talisman (Russia)
Jardim Municipal
23h00 Noite folk com professor Rangel
Parque Urbano ? Casa da Eira
Dia 21 Xulho
Toda a tarde ?Gaiteiros de Riba?Monte?
Passeio pela cidade, animando diversas ruas
18h00: Concerto: ?Gaiteiros de Riba ?Monte?
Parque Urbano
22h00: Concerto: ?Toques do Caramulo?
Jardim Municipal
23h00: Concerto: ?Osga?
Parque Urbano ? Casa da Eira
Dia 22 Xulho
21h30 Concerto: ?Castanholas de Freamunde?
Jardim Municipal
22h00: Concerto: ?Crema de Gaita?
Jardim Municipal
XXIV FESTA DA CARBALLEIRA DE ZAS, 4 de Agosto do 2007
Actuarán: A partir das 6 da tarde:
- A.C. Castro MedA de ZAS
- Banda de Gaitas Terra de Trasancos (Ferrol)
- Grupo de danzaa A.X Xiradela (Arteixo)
A partir das 9 da noite:
- Radio Cos (Galiza)
- Llan de Cubel (Asturias)
- Solas (Irlanda - EEUU)
- Sharon Shannon (Irlanda)
- Pepe Vaamonde Grupo (Galiza)
ACCESO: 5 euros, con agasallo de CD exclusivo con 2 cancións de cada grupo que actua.
XOVES 19 DE XULLO.
DIA DE PREDORNA OU CHUPINASO.
20.00h: Degustación gastronómica....os míticos callos da Carreirana.
21.00h: Concerto: OS SOSIOS, BASTANTES ION.....e chegados directamente dende Brasil....... OS BRASILEÑOS
VENRES 20 DE XULLO
18.00h: ENJALANAMENTO DE FANEQUEIRAS.
23.30h: JRAN JUATEKE DORNEIRO....ollo...éste ano mudámonos a Coroso.
SÁBADO 21 DE XULLO
16.00h: XOJOS DE TERRA EN COROSO
21.00h: CERTAMEN ITINERANTE DE CANSIÓN DE TASCA....
DOMINGO 22 DE XULLO
18.00h: MARATASÓN.......
20.00h: JRAN PRIX DE CARRILANAS.....
23.00h: CONCURSO DE HIP HOP....
24.00h: MACROQUEIMADA...
LUNS 23 DE XULLO
17.00h: XOJOS DE MAR.
19.30h: VOO SEN MOTOR...
23.00h: EXAME DE PATRÓNS.....
00.30h: CONCERTO: A COMPAÑÍA DO RUIDO.
MARTES 24 DE XULLO
13.00h: REJATA CUTRE SARK.....
15.00h: ROMERÍA DORNEIRA.....
19.30h: TOP SECRET....con saída do parque de pedra pateira??.e final no malecón...diante do palco....amenizan as seguintes charangas:
CHARANGA DORNEIRA
8 NUN PISO
OS VERANEANTES
OS KILOMBEROS DE MONTEALTO
OS BRASILEÑOS
23.00h: CONCERTO: MACFECK e NO REPLY
SÁBADO 28 DE XULLO
23.00h: JRAN BAILE DE JALA....no mercantil...rigurosa etiqueta...ameniza o dúo PK2 ...entrega da flor natural e da poutada de ouro 2007
O sábado 14 de xullo, tivo lugar o concurso , contando cun total de seis grupos participantes, nomeadamente: Boudebou (Cambados), Contracocheno (Vigo), Os Enxebres (Cacheiras), Os Folerpas (Santiago de Compostela), Picuiña (Marín) e Rédea Solta (Galicia).
Na fase eliminatoria, celebrada pola mañá, o xurado do concurso decidiu clasificar para a fase final aos seis grupos participantes que amenizaron as rúas de Pontevedra coas súas interpretacións.
Na fase final, celebrada ás 20 horas na Praza da Verdura, lugar onde tamén tiña lugar a mostra de artesans de instrumentos tradicionais galegos, o xurado cualificador decidiu outorgar os seguintes premios:
Primeiro premio, para o grupo "Os Folerpas" de Santiago de Compostela, integrado por Pablo Carpintero (gaita), Emilio Lois (gaita), Rosa Sánchez (caixa) e Gustavo Couto (bombo).
Segundo premio para o grupo "Rédea Solta", integrado por Óscar Ibáñez (gaita), Pablo Devigo (gaita), Roi Adrio (redobrante) e Miguel Fraguas (bombo).
Terceiro premio para o grupo "Contracocheno" de Vigo, formado por Carlos Estévez (gaita), Marcos Castro (gaita), Marcos Alfaya (tambor) e Antonio Fernández (bombo).
Premio especial "Seivane-Goretex" consistente nunha gaita creada especialmente para o VIII Memorial, á mellor interpretación dunha peza en toque pechado, para o grupo "Os Enxebres", de Cacheiras, formado por Alfonso Rodríguez (gaita), Pablo Seoane (gaita), José Costa (gaita), Ricardo Martínez (tambor) e Alberto Bouzón (bombo).
Premio especial "Ricardo Portela", para a mellor interpretación dunha peza do repertorio de don Ricardo, entendendo como tal aquela que estea gravada en cinta ou disco polo mestre pontevedrés, para o grupo "Rédea Solta" pola súa interpretación de "A Alfonsina", de Canuto Berea.
No parque de Melón, a carón do Mosteiro de Sta. María (Concello de Melón- OURENSE)
PROGRAMA
21:00 Comenzo do festival, actuarán:
- Grupo de baile e pandereteir@s "NOS" de Sobradelo-Vilagarcía
- B.G. "Amigos do Mosteiro" e convidados
- "Transilvanians" ((Vigo)
- "Turre´s Band" (Mos)
- "Motor Perkins" (Lalín)
- "Kogito" (Vigo)
ACTIVIDADES PARALELAS
-Exposición de fotos antigas e apeiros de labranza antigos
-Postos de mercadiño
-O remate do festival farase unha queimada popular invitando a tódolos asistentes.
-Comida e bebida a prezos populares.
-Zona de acampada de balde
Fermin Muguruza, Banda Bassotti, Nao, Boom Club, Dj Capita
O 20 de Xulllo no Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela).
PREZO ADIANTADA: 18 ? (dende o 10 de xuño)
PREZO MESMO DÍA: 22 ? Á VENDA (ata o 19 de xullo) EN:
COMPOSTELA ? Zurich , Gong -
A CORUÑA ? Maldizer , Portobello -
VIGO ? Maix , Gong -
FERROL ? C.S. Fundaçom Artabria -
PONTEVEDRA - Tipo -
CANGAS ? A Cova da Laxe -
OURENSE ? A Esmorga
As Xornadas versarán da Historia do Nacionalismo Galego Contemporáneo (dende a 2ª república até a actualidade 1931-2007)
Historiadores e protagonistas da nosa historia recente, como Bautista Alvarez ou Xose Manuel Beiras, participarán como ponentes nestas Xornadas
O lugar de celebración será o salón de actos da Casa Galega da Cultura na Praza da Princesa de Vigo
Como complemento, na semana comprendida entre o día 13 e o día 29, na sala de exposicións da propia Casa Galega da Cultura, e contando coa colaboración da ?Asociación Socio-Pedagóxica Galega?, montarase a exposición, ?O camiño do Autogoberno? elaborada pola propia AS-PG e polo Instituto de Estudos Chairegos.
"VI Mostra de Artesáns de Instrumentos Tradicionais" na Praza da Verdura.
de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00
Sábado 14 de xullo
12:00 Pasarrúas dos grupos inscritos no concurso con saída na Praza de Curros Enriquez
20:00 Actuación dos grupos finalistas, resolución dos premios e actuación especial de Xabier Blanco na Praza da Verdura
Domingo 15 de xullo
20:00 Festival de música Tradicional con Ardentía e Tanxedoras do Pandeiro na Praza da Verdura
A partir do 5 de xullo e até o 3 de agosto estará aberto o prazo de inscrición de grupos musicais e solistas para a programación 2008 da Rede Galega de Música ao Vivo.
O I Concurso Musical Nsaio arranca na súa primeira edición con intención de converterse nun referente, en canto a concursos musicais se refire, de toda a península.
A iniciativa xurde da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo e da Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade con gran ambición por ambas partes. Como principal atractivo do certame temos o premio para o gañador; nin máis nin menos que unha carreira musical profesional.
Para que ningún artista se quede sen poder demostrar a súa valía temos un amplío espectro de estilos musicais ós que poden optar os participantes: Rock, Pop, Folk, Mestizaxe e Novas tendencias musicais serán os estilos a concurso.
15 serán os grupos escollidos para realizar a súa actuación en directo cuns medios técnicos de autentico luxo.
E que mellor maneira de realizar o concurso que recorrendo diversas vilas dos diferentes Camiños de Santiago mediante unha serie de actuacións en directo tanto dos artistas participantes como de grandes estrelas da música española. Def con Dos, Deluxe, Berrogüetto ou Macaco serán os encargados de cerrar os diferentes espectáculos nos que se realizarán as seleccións e de acompañar ós participantes no gran escenario dos eventos.
Fisterra, Mondoñedo, Melide, Verín, O Grove e Lugo serán as localidades que poderán gozar dos festivais nos que se elixirá ó gran gañador do concurso.
O prazo de recepción de maquetas remata o 16 de Xullo para enviar toda a documentación que se lles solicita para concursar. A partir de aí sairán elixidos os 15 finalistas que desenrolarán o seu espectáculo en directo nas seguintes datas e localidades:
- 20 de Xullo- Mondoñedo (Semifinal Rock con Def Con Dos)
- 21 de Xullo- Fisterra (Semifinal Pop con Deluxe)
- 24 de Xullo- Verín ( Semifinal Mestizaxe con Macaco)
- 27 de Xullo- O Grove (Semifinal Novas Tendencias con Telephunken)
- 28 de Xullo- Melide ( Semifinal Folk con Berroguetto)
- 15 de Setembro- Lugo (Final con Los Suaves)
Pois xa esta confirmado o concerto de Manu Chao en Vigo o sábado 4 de agosto no peirao de Trasatlánticos do Porto de Vigo:
-Manu Chao Radio Bemba Sound System
-Le Punk
Seica vai ser o único concerto de Manu Chao en todo o estado español.
Dende mañá, venres, estarán á venda as entradas para o concerto, tanto en despacho de billetes telefónico (902 504 500 e 986 110 500) como na web www.servinova.com.
O prezo para este concerto é de 30 euros (28 euros se se merca anticipada).