O Serán'01. I Encontro Galego de Cultura Popular: Baile e Música Tradicional reunirá na Cidade da Cultura entre o 8 e o 10 de xuño a todo o sector do folclore galego, desde artistas e agrupacións de música, canto e baile tradicional a integrantes de sectores relacionados a nivel artístico, técnico ou artesanal.
O encontro contará con máis de 40 actuacións e ata un milleiro de artistas nun evento cultural de primeira orde, onde se amosará toda a nosa riqueza etnográfica, folclórica e creatividade tradicional, tanto amadora como profesional. O Encontro nace para conmemorar a próxima declaración do baile tradicional galego como Ben de Interese Cultural, procedemento que vén de iniciar a súa tramitación.
O encontro xorde con vocación de ser un verdadeiro evento social dirixido a todo tipo de público, xa sexa parte activa do sector da música e o baile tradicional ou non, contribuíndo tamén a dar a coñecer as nosas artes e patrimonio inmaterial. Ao longo dos tres días, a Cidade da Cultura acollerá múltiples actividades, todas elas de balde e relacionadas coa cultura popular e a danza e a música tradicional.
Un intenso programa para todos os públicos
Serán'01 inclúe desde espectáculos e actuacións musicais, a contidos formativos, obradoiros infantís, ademais dunha zona de mercado e exposicións ou desfiles de traxes tradicionais. Podes consultar o programa completo no apartado de descargas desta mesma páxina ou ver aquí os contidos máis destacados:
Festival Folclórico no que participarán oito dos mellores grupos de baile tradicional de Galicia [venres 8 de xuño]
'Foliadón', unha gran foliada que ao longo de cinco horas reunirá a centos de artistas sobre o escenario. Na festa actuarán man a man artistas galegos consagrados, grupos de música e baile tradicional e informantes ?persoas procedentes de aldeas de toda Galicia, auténticos transmisores da nosa cultura tradicional? [sábado 9 de xuño]
Desfile do Traxe 'Sete Varas e un Refaixo', con traxes tradicionais antigos e reconstrucións fieis á tradición procedentes das distintas comarcas galegas. Espectáculo realizado pola asociación Sete Espadelas (Pontevedra) o domingo 10 de xuño ás 11:30 horas no Museo Centro Gaiás.
Recinto feiral, con stands de todo o sector vinculado á cultura popular: artesáns do tecido, da confección, do calzado, da ourivería, de instrumentos tradicionais, asociacións e federacións, organización de festivais, empresas de servizos... etc.
Obradoiros infantís de creación de zocas con materiais de reciclaxe e xogos tradicionais e Foliadiña Infantil, coa participación de agrupacións de cativos e cativas de toda Galicia.
Espazo de conferencias, debate e formación especializada ao longo dos tres días.
Concerto de Coros Históricos decanos de Galicia, coa participación de Toxos e Froles (Ferrol) e De Ruada (Ourense). A actuación, que terá lugar o domingo 10 de xuño ás 17:30 horas poñerá o peche de honra ao gran encontro do folclore galego.
Completan o programa proxeccións, presentacións audiovisuais e editoriais e un espazo de xantar.
PREMIADOS NO XXXVIII CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL XACARANDAINA
CATEGORIA A (ata 10 anos)
1° Premio: "Papoula" da A.C Xacarandaina
2° Premio: "Fontaíña" da A.C Sta Maria de
3° Premio: "E" de Cantigas e Agarimos
CATEGORIA B (11-16 anos)
1° Premio: "A" da A.F Colexiata do Sar
2° Premio: "Os Batáns" da A.C Os Xeitosos de Trazo
3° Premio: "C" da O.C.T Ultreia
CATEGORIA C (máis de 16 anos)
1° Premio: "A" da A.C Armadanzas de Laraño
2° Premio: Grupo de Baile e Gaita Santaia de Sta Cruz
3° Premio: "A" de Asociacion Cultural Retranqueiros
- O premio ao MELLOR BAILADOR marchou para a A.F Colexiata do Sar e o premio á MELLOR BAILADORA recaeu no Grupo de baile Santaia de Santa Cruz.
Agradecer ao XURADO (Miguel Sotelo Vidal, Silva Moledo Martínez e Carlos Xosé Vidal Chans) a súa presencia, agarimo e bo facer. E agradecer tamén a tod@s @s bailaríns e bailarinas participantes, Agrupacións e público asistente a súa presencia no concurso.