Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XIII Concurso de baile tradicional galego Azaloira (Bandeira-Silleda)
O certame de baile tradicional galego Azaloira celebrará o vindeiro domingo día 16 de xuño a súa décimo terceira edición, consolidado xa como un dos concursos con maior nivel e prestixio do panorama galego.

A cita, organizada pola agrupación Fortín da Pomba, celebrarase no auditorio Manuel Dopazo a partir das 18.30 horas coa participación de seis agrupacións:
- Malveiras, de Vilagarcía;
- Trébede, de Marín;
- A Ponte Vella, de Reis-Teo;
- Traspés, de Vigo;
- Donaire, de A Coruña;
- Os Xeitosos de Trazo.


Tamén pasarán polo escenario os integrantes do grupo anfitrión e da súa escola, cos integrantes máis novos.

O primeiro premio ten unha dotación de 1.200 euros, o segundo de 700 (antes eran 800) e o terceiro de 400 (antes de 500). Os tres grupos tamén levarán os trofeos coas Azaloiras, nome que se lle da ás bailarinas tradicionais vestidas de gala.

Os grupos participantes deben ser mixtos (con 5 parellas como mínimo), bailar dúas pezas de 7 minutos máximo cada unha, e contar con acompañamento en directo e traxes tradicionais.

O xurado estará formado por tres recoñecidos membros do folclore galego a a concelleira de Cultura como secretaria, sen voto.

Comentarios (5) - Categoría: Concursos e Xornadas - Publicado o 10-06-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
VI Folk in Río (Touro)
O domingo 16 de Xuño terá lugar no concello de Touro unha nova edición do Festival Folk in Río, organizado pola Asociación Cultural As Sobreiras do Ulla.

A xornada festiva dará comezo co concurso de Cantos de Taberna polos bares de Touro. A continuación terá lugar o Xantar Campestre e durante a tarde realizarán xogos tradicionais para o goce de nenos e maiores, e ademais tamén haberá actividades infantís.

Tamén cabe destacar que os asistentes poderán gozar dunha Feira de Artesanía e a partir das 18.00 horas comezará o VI Festival Folk in Río a cargo das seguintes agrupacións:
-Folieiros de Lavadores
-Zurrumalla
-Kepa Junkera
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-06-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
Arrechégate ao fento 2013 (Bembrive-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-06-2013 13:49
# Ligazón permanente a este artigo
Festival A Rebusca (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 10-06-2013 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 7 (Venres)
• Pito de Pikasso e Vichy Polard na sala Capitol (Compostela)
• Terbutalina na Sala Coliseo (Pontedeume)
• Sés no Teatro Principal de Compostela ás 21:00
• aCadaCanto en Teo (Os Tilos-Biblioteca) ás 22:30
• Banda Crebinsky no Aturuxo (Bueu) ás 23:00
• Chaveta na taberna maruca (Portonovo) ás 22:30
• Os Minhotos no Centro Social de Boiro ás 22:00
• Moxenas Musical Galego no Auditorio do Centro Cultural de Beade (Vigo) ás 21:30
• Festival Foliada de Xuriz (Guntín)
• Festival Millo Verde (Redondela): Guintervan, A Banda de Andrelo,...
• Sem Resposta na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Mini e Mero no IEM (Gondomar) ás 20:30
• Foliada Venrespirar en Ourense
• 5º Aniversario Noites de Tasca (Ordes)
• Foliada no Salason (Cangas do Morrazo)
• Foliada no C.S. en pé (Pontevedra)

Sábado 8
• II Festival Ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos-Barreiros): Zurrumalla, Carapaus e Leña Verde
• Festival Millo Verde (Redondela): O Sonoro Maxín, Froxy Freire,...
• Festival Foliada de Xuriz (Guntín)
• Os Tres Trebóns no Campos de Marte (Montealto-A Coruña) ás 18:00
• Serán Treboada Baixo Miño (Tomiño)
• III Foliada de Leiro
• VI Ruada de Catoira, no edificio Felipe Aragunde
• VII Foliada de Baíña na Casa dos Veciños de Baíña (Baiona)
• Serán en Regodobargo (Pontecaldelas)
• Serán en Navia (Vigo)
• Serán en Amio

Domingo 9
• Festival Foliada de Xuriz (Guntín)
• aCadaCanto no Teatro de Ribadeo
• Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves-Pontevedra)
• Ultreia e Armadanzas de Laraño no auditorio de Galicia (Compostela) ás 17:00
• Tino Baz e Virandeira Folk no auditorio do C.C. Valadares (Vigo) ás 20:00
• Radio Cos no Salason (Cangas do Morrazo) ás 21:00
• Ardentía na festa da Cereixa de Beade (Vigo) ás 21:00

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 15:10
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán en Amio
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:55
# Ligazón permanente a este artigo
III Foliada de Leiro
Un ano máis aquí esta cita, a que ninguén pode faltar, ai tedes o noso programa:

17:00 Apertura do Mercado de productos artesanais:

Comezo da exposición e venta nos diferentes postos.
Mostra de oficios relacionados co viño do Ribeiro.

17:30 Xogos Tradicionais con CPP Xaquín Lorenzo

Concursos, carreiras e divertimentos
Concurso de Chave e Rá
Manualidades

19:00 CONTACONTOS e SOMBRAS DE LUZ

20:00 PASARRÚAS polas calle de Leiro cos grupos "Beira do Avia" e "Os Plateados de Fondós". CHAMADA A FESTA.

20:30 Obradoiro de Iniciación o Baile.

21:00 COMENZAMOS A III FOLIADA DE LEIRO, con moitos grupos de música tradicional.

Convidamos a un petisco
Moitos Sorteos
Concurso De Aturuxos
Concurso De Agarrados

00:30 CHOCOLATA E BIZCOITO para @s asistentes.


En definitiva, moito baile e música, non quedará palleta sen mollar e pandeIro sen menear…. E ata que nos as canelas aguanten! LUMEEE!















Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
I Serán Treboada Baixo Miño (Tomiño)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Navia (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:52
# Ligazón permanente a este artigo
Tarde de Fiadeiro en Vide (As Neves)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:51
# Ligazón permanente a este artigo
VI Ruada de Catoira
VI RUADA SERÁN EN CATOIRA (ASOCIACION DE AMAS DE CASA MUIÑOS DO VENTO)

O vindeiro día 8 de xuño (Sábado) do 2013 , celebrarase en Catoira, no edificio Felipe Aragunde, como sempre, a nosa VI RUADA SERÁN.
Comenzaremos aproximadamente as 10 da noite e hasta que o corpo aguante.

¡ESTADES TODOS CONVIDADOS!









Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
VII Foliada da Baiña (Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:45
# Ligazón permanente a este artigo
5º Aniversario Noites de Tasca (Ordes)
As "NOITES DE TASCA na comarca de Ordes" cumpren 5 anos e celebrarémolo o vindeiro venres 7 de xuño con varios actos:

- Na alameda, a partir das 19:00 h:

"Obradoiro de Baile Galego" impartido polas mestras da Asociación Cultural CAMIÑO REAL DE POULO: Helena Noya e Rocío López, para todo o público.

"Obradoiro de Enredos Sonoros" con Oli Xiráldez, artesán de gaitas e frautas galegas, que ensinará aos nenos e maiores a fabricar os seus propios instrumentos.

- Diante do Museo do Traxe, ás 19:30 h: Levaránse a cabo os actos previstos para o pasado 26 de Abril para conmemorar o DIA INTERNACIONAL DA DANZA e que foron suspendidos polo mal tempo.
-Haberá un ensaio libre dos grupos "Sementes da Arte" e "Os Viqueiras"
-E despois farase a lectura do Manifesto


A partir das 21:30 h:

Máis de 20 grupos tocarán polas rúas, tabernas e bares de Ordes.

E,(noticia de última hora): no Bar Rosa haberá o encontro galáctico dos míticos, enxebres e incombustibles : Manuel Viqueira, o Gaiteiro de Vilaverde, e máis Manuel Castro "O Freixo", o Gaiteiro das Pontes, que non se perde unha.

Logo, contra das doce da noite, todos os músicos e bailadores xuntaránse arredor da cervexería ISLIA (frente ao centro médico) para rematar cunha gran FOLIADA.


VIDE TOCAR CON NÓS!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2013 13:42
# Ligazón permanente a este artigo
Os Tres Trebóns en Montealto (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:38
# Ligazón permanente a este artigo
Radio Cos en cangas do Morrazo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:32
# Ligazón permanente a este artigo
Vellos ventos no Racimo (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Sés en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Foliada de Xuriz (Guntín)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-06-2013 13:29
# Ligazón permanente a este artigo
Pito de Pikasso en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:28
# Ligazón permanente a este artigo
Ultreia e Armadanzas de Laraño en Compostela
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:27
# Ligazón permanente a este artigo
Os Minhotos en Boiro
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chaveta en Portonovo
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Tradescola organiza un curso de técnica vocal e de canto tradicional en Meira
O vindeiro domingo 9 de Xuño, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 16.30 a 19.30 horas, a Tradescola organiza un novo curso de técnica vocal e de canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo e por Xela Conde, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vocal, para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, así como afondar nas técnicas de canto e pandeireta.

Todos estos recursos e coñecementos serán aplicados posteriormente en pezas do repertorio tradicional elexidas para a ocasión.

O curso terá lugar na Casa da Cultura de Meira (Lugo). A asistencia ao curso é de balde, previa inscrición.

Para informarse e facer a inscrición no curso, pódese chamar á Tradescola ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a tradescola@gaiteirosgalegos.com

www.gaiteirosgalegos.com
Comentarios (0) - Categoría: Cursos - Publicado o 07-06-2013 13:23
# Ligazón permanente a este artigo
Festival ao Son do Masma (Barreiros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-06-2013 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Millo Verde (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 07-06-2013 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Rodrigo Romaní en Ourense

O músico Rodrigo Romaní actúa hoxe xoves, día 6 de xuño, no Teatro Principal de Ourense para presentar o seu espectáculo As arpas de Breogán, un concerto dedicado ao son da arpa céltica e a súa utilización dentro do folk contemporáneo creado a partir da música tradicional.

Temas de composición propia e adaptacións de temas tradicionais e mesmo da música culta compoñen un variado repertorio que engancha pola súa sonoridade e orixinalidade. Primariamente concebido para dúas arpas, voces, contrabaixo e percusión en formato de cuarteto, presenta outros instrumentos como ocarinas ou guimbardas e elementos de ambientación electrónica, facendo que o público descubra un xeito diferente de aproximarse á faciana musical dunha cultura ibérica de fonda personalidade milenaria.


A actuación está prevista para as 21.00 horas.


Rodrigo Romaní é un músico ben coñecido do público galego e español, nomeadamente dos máis afeccionados ás músicas de raíz, a través do seu traballo como membro fundador de Milladoiro, con quen percorreu o mundo durante máis de vinte anos, promovendo o uso da arpa céltica na música galega, e colaborando con artistas e orquestras de primeira fila internacional.



Nomes como Bill Whelan (Riverdance), Lian O´Flynn ou orquestras como a English Chamber, a RTE Orquestra ou a Sinfónica de Galicia, teñen solicitado a colaboración de Rodrigo Romaní como solista de arpa céltica para diferentes traballos.


Rodrigo Romaní é ademais productor das primeiras obras de artistas como Susana Seivane ou Treixadura, compositor premiado con un Goya, un María Casares e outros galardóns, educador fundador da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo onde imparte os cursos superiores de arpa, director da primeira orquestra folk de España, Sondeseu, e divulgador das músicas do mundo a través dos programas de Radio Galega Música.


Gravou unha ducia de discos con Milladoiro, e participou noutras formacións como Lizgairo, obtendo diferentes premios e distincións polas súas gravacións en todo o mundo. Como solista ten realizado tres traballos discográficos: Albeida (2001), Cantos Caucanos (2003) e As Arpas de Breogán (2012)


Entradas para o concerto

As entradas para este concerto pódense adquirir na billeteira do teatro o día previo á presentación e o mesmo día da función, de 11.00 a 13.30 e unha hora antes do comezo do espectáculo. Tamén no teléfono: 902-434.443 e no enderezo:www.novagaliciabanco.es

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2013 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Serán en Compostela
Seráns en Compostela


Xoves 6 de xuño
A Nave de Vidán (Av. Mestra Victoria Míguez, 44, Compostela)


Último serán da tempada!

Quen vén tocar esa noite?

21h30 . Obradoiro de baile con Marcos Botana García
22h30 . Xurumelos
23h15 . Os d'Abaixo
24h00 . A. C. A Mámoa de Luou
01h00 . Foliada


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela

Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Alalá / No bico un cantar - Publicado o 06-06-2013 12:17
# Ligazón permanente a este artigo
Van chegando os festivais de verán
Xuño


7 e 8 de xuño: VII Festival Alternativo Millo Verde(Redondela)
- Guintervan, A Banda de Andrelo,...
- O Sonoro Maxín, Froxy Freire,...

8 de xuño: II Festival Ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos-Barreiros)
- Zurrumalla, Carapaus e Leña Verde

14 e 15 de xuño: Festival A Rebuska(Manzaneda)
- Cuchufellos, La Troba Kung Fu, Sacha na Horta, Quempallou, Chotokoeu,...

15 de xuño: Festival Arrecheghate ao fento (Bembrive-Vigo)
- Skarallaos, Os Podridos, La Troba Kung Fu, Iratxo

15 xuño: I Festival Oka Folk (A Estrada)
- Milladoiro, Linho do Cuco, Regato de matamulleres, A Magnifique bande

16 xuño: VI Folk in Río(Touro)
- Kepa Junkera, Zurrumalla, Os Folieiros de Lavadores

21 e 22 xuño: II Psicotroita (Sigueiro)
- Camarada Nimoy, Familia Caamagno, The Fuzzbombs
- Samesugas, O Caimán do río Tea, Yakuzas

22 xuño: Festival Histórico de Augas Santas (Barreiros)
- Zenzar, A Banda de Balbina, Tumba e dalle

28 e 29 xuño: Derrame Rock (Ourense)
- Ruxe-Ruxe, Bastards on parade, Escuela de Odio, Reincidentes, Def con Dos, Boikot, ...
- Los Suaves, Porretas, Miguel Costas, Skarallaos, A Compañía do Ruido, Terbutalina,...

Xullo


5 de xullo: Festival Arde Rande (Rande-Redondela)
- Nao, The boy of the Lito, Maskarpone, Fei

6 de xullo: Festival Malaherba (Matamá-Vigo)
- Liska, Os Vacalouras, La Gran Orquesta Republicana, Recambios Tucho, Keltoi,...

6 de xullo: XVIII Asalto ao Castelo de Vimianzo
- Luar na Lubre, Los Fulanos, La Magnifique Bande dos home sen medo, Residuos Atractivas

6 de xullo: XX Festival do Río Castro
(Narahío)

- Rastreros, Zurrumalla, A Requinta da Laxeira,...

11, 12 e 13 de xullo: III Festival Oubeade (Beade-Vigo)
- Carcomedhi, Strangled,..
- Rojo Dos, Beer Seeekers,...
- Skandalo GZ, Kogito, Os Podridos, Pelepau,...

11, 12, 13 e 14 de xullo: Festival Intercéltico de Ortigueira
- Guezos, Ruaille Buaille, Boc e Folk on Crest
- Riobó, Kan, Bagad Glazik Kemper, Banda Crebinsky, Harmónica Creams

13 de xullo: Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños)
- Loquillo, Corizonas, Hamlet, Costas

19 e 20 de xullo: X Festival Revenidas(Vilaxóan)
- Fermín Muguruza, Diplomáticos de Montealto, Banda Fura Fura, Caimán do río Tea, Narf, Obrint Pas, Martelo...

20 de xullo: Festival da Chaira (Baltar-A Pastoriza)
- Zenzar, Milesios, ...

26 e 27 de xullo: VI Festival Antrospinos (Taragoña-Rianxo)
- A Compañía do Ruído, La Gran Orquesta Republicana, Familia Caamagno, Chotokoeu, Sacha na Horta, La Troba Kung-Fu,...

26 e 27 de xullo: Festival intercéltico do Morrazo (Moaña)
- Treixadura,...


Agosto


2 e 3 de agosto: X Castelo Rock (Muros)
- Reincidentes, Banda Fura Fura, Zenzar, The Skarnivals,...
- Lendakaris Muertos, O´Funkillo, Chotokoeu,...

2 e 3 de agosto: Festival Sonrías Baixas(Bueu)
- Dakídarria, Enemigos, Talco, Agoraphofia,...
- Toy Dolls, Boikot, Foxy Freire,...

3 de agosto: Festa da carballeira (Zas)

3 e 4 de agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)

17 de agosto: Festa Folc de Vilariño (Cangas do Morrazo)
- Anxo Lorenzo,...

17 de agosto: Festa Folc fin do camiño (Fisterra)
- Estimaba que viñeras, Os Tres Trebóns, Chotokoeu e A Compañía do Ruido

17 de agosto: Festival do Castro (Pantón)

17 de agosto: Festival Pontelouco (Castrocaldelas)
- A Banda de Andrelo, Os Cuchufellos, Liviao de Marrao, ...

30 e 31 de agosto: Festival Brinca na Praza (Pontevedra)
- Zenzar, Fozy Freire, Guintervan,...


Setembro


9 de setembro: Rockmería (Canido - Vigo)
- Ruxe-Ruxe, terbutalina, Falperryas, Bechuchos,...

Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 06-06-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Mayeusis crea co seu alumnado o grupo de folc Marnabuxa
A formación está dirixida polos profesores Myriam Cortizo e Ernesto Campos

«Non somos unha banda de gaitas senón que somos un grupo con gaitas», aclara Ernesto Campos, profesor da área de música tradicional do Conservatorio Mayeusis de Vigo. O músico, compoñente de Crema de Gaita, e a profesora Myriam Cortizo puxeron en marcha hai dous meses o grupo de folc sinfónico Marnabuxa. «O director do conservatorio quería darlle actividade á área de instrumentos de música tradicional», di o gaiteiro para contextualizar os comezos do proxecto.


«Empezamos a coller alumnos, practicamente os asaltamos, e agora temos uns vintecinco músicos, con idades comprendidas entre os once e os vintepico anos», manifesta Ernesto Campos.

Naturalmente o principal obxectivo da formación é facer música, pero tamén hai outras pretensións. «Queremos que Marnabuxa sirva coma plataforma de desenvolvemento cultural no eido da música tradicional, como pode ser impartindo cursos ou conferencias, así como tamén queremos que sexa o cerne doutras formacións menores ou interpretes individuais; temos unhas expectativas moi grandes», confirma un dos directores da nova formación musical.

O grupo aínda só ten dous meses de vida, pero a súa presentación terá xa lugar o vindeiro domingo na catedral de Tui. «Decidimos que a estrea estivese integrada nun concerto que facemos todos os anos na área de gaita de Mayeusis, que é o concerto de gaita e órgano», explica Ernesto Campos. Polo tanto non vai ser un concerto monográfico. «Haberá moita música galega para ser interpretada por solistas á gaita, acompañados polo órgano; e, con Marnabuxa, imos tocar dous temas, por unha banda un arranxo dunha obra anónima recollida do arquivo de partituras da catedral de Tui; e logo faremos a estrea dunha peza miña, titulada Fulgor tudense», explica o músico.


Diferentes seccións

O grupo está dividido en diversas seccións, ao modo das orquestras. Está o grupo de gaitas, unha sección de corda tocada, unha de vento (clarinetes e frautas), unha de percusión e, a que nós chamamos, instrumentos individuais na que só hai un instrumento de cada, que son a mandolina, a guitarra, o baixo, o piano e a voz solista.

«Decidimos cualificar á formación grupo de folc sinfónico porque, aínda que a pretensión futura é de constituír unha orquestra, o termo orquestra folc tenno acuñado Son de Seu», comenta Ernesto Campos. A outra formación similar existente en Galicia é Moxenas, que tamén asinou o termo musical galego.

O domingo a formación musical vaise presentar na catedral de Tui e os seus directores estarán integrados entre o resto dos músicos. «Myriam e eu cremos na dinámica dos grupos de teatro, e dicir, o directos ten que dirixir pero non necesariamente sobre o escenario», engade o profesor do Conservatorio Mayeusis. Ernesto Campos xa tivo experiencias de folc sinfónico hai uns anos cando mesturou ao seu grupo Crema de Gaita coa banda de música de Pontevedra.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 06-06-2013 11:23
# Ligazón permanente a este artigo
Alboroque en Vigo
Concerto de “Alboroque”. Mércores 5 de xuño. 20 horas. Auditorio Milladoiro. Entrada libre e de balde ata completar aforo

O mércores 5 de xuño ás 20h no Auditorio Milladoiro da escola, teremos o pracer de escoitar ao grupo “Alboroque”, no que será o seu derradeiro concerto dunha xira de nove que dende Xaneiro ven ofrecendo en distintas vilas de Galicia. Alboroque está composto polos alumn@s de conxunto intrumental do 5º curso da ETRAD.

A entrada é libre e de balde ata completar o aforo.

Cunha particular formación de instrumentos acústicos galegos, este novo grupo de música tradicional agasalla a quen o escoite cun singular repertorio que vai do estilo máis tradicional ao contemporáneo, incluindo pezas tradicionais de aquí e acolá e mesmo creacións propias."

Susana: arpa
Teresa: requinta, voz
Marilú: percusión, voz e pandeireta
Kiti: zanfona, voz
Helena: zanfona, voz
Rebeca: zanfona,
Ana: gaita
Carlos: gaita
Vero: gaita, voz e pandeireta
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2013 13:25
# Ligazón permanente a este artigo
Novo video de Caxade
Video-clipe de apresentaçom da banda CAXADE com Manu Paino (trompeta e carilhóm), Maria da Pontragha (voz e pandeira), Manu Espinho (bombardino) e Alonso Caxade (voz e acordeóm).

Caxade é o novo projecto pessoal do músico galego Alonso Caxade (acordeonista em PELdeNOZ, Cuarteto Caramuxo, cabRaret, e bombardinista na Orquestra Os Modernos), umha proposta entre o "indie-folk" e a música minimalista, cumha mensagem transgresora, reivindicativa e retranqueira

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-06-2013 08:35
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación do ‘Jard Rock con Fe’ dos Heredeiros en Vigo e Santiago
Os Heredeiros da Crus asinarán discos e merchandising na sala El Ensanche da cidade olívica e no Momo da capital ás 20.30 horas de martes e mércores respectivamente. Nos actos tamén se poderá mercar o novo disco, así como a camisola, e os diferentes packs de produtos oficiais da banda de Ribeira.

Os primeiros en telo foron os que estiveron en Ordes o pasado 24 de maio. Tamén os primeiros en escoitalo, porque agás tres sigles (A Duquesa de Poi, Fransisco Chousa e Non che teño medo), ninguén coñecía os temas do Jard Rock con Fe antes de entrar na LP45 hai dúas semanas.

Pasados os primeiros días, o novo disco dos Heredeiros da Crus comeza a chegar ás tendas, e a crítica (unanimemente positiva), pon de manifesto que os do Barbanza manteñen toda a enerxía que durante anos os levou a converterse en todo un referente no panorama musical en Galicia.

O Jard Rock con Fe estará á venda este martes en Vigo e mañá mércores en Compostela: dous showcases con sinatura incluída no que estarán á venda tanto o propio disco (15 €), como a nova camisola (10 €). Ademais, os produtos oficiais dos Heredeiros poderán mercarse en packs, como o do 20 Aniversario, con DVD, tanga e camisola por 15 €, o do disco e o DVD por 22 euros e o pack completo con disco, camisola nova, camisola 20 Aniversario, DVD e tanga por 30 euros. Todas estas combinacións ofrécense tamén a través da tenda online de Airapro en internet.

Durante os showcases (o de Vigo na sala El Ensanche e o de Compostela no pub Momo), os fans dos "máis jrandes" terán ocasión de falar cos seus ídolos, quitar fotos e asinar os seus discos e camisolas, ademais de escoitar os temas do novo disco, que se reproducirán nos locais os dous días. Contra as 20.30 horas darán comezo os actos cos que os Heredeiros queren promocionar o seu novo disco antes de comezar un verán no que ofrecerán concertos en diferentes puntos de Galicia.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2013 15:16
# Ligazón permanente a este artigo
O éxito da resistencia


Os PREMIOS OPINIÓN fixeron un ano máis unha profunda e agarimosa defensa da música de raíz galega, do folclore da terra e da dedicación dos seus músicos por manter viva e fecunda a súa tradición sonora. O gran triunfador da tarde-noite, o mesmo Rodrigo Romaní, quen asinou un dobrete cos galardóns de mellor canción e mellor artista do ano, salientou no seu breve discurso de agradecemento que estes premios convértense “nun acto de resistencia” contra os tempos de problemas que vive o seu sector, contra a suba de impostos, lembrou, que teñen que asumir os artistas e as dificultades para interpretar a súa música en concertos.
A banda Luar Na Lubre mereceu o premio que os músicos que forman o xurado lle deron ao seu traballo Mar Maior, recoñecido como mellor disco galego de folk. A gala celebrou no teatro Rosalía os doce anos de vixencia dos PREMIOS OPINIÓN con outro galardón especial, o que recolleu o director do arquivo sonoro da Radio Galega e compositor Pablo Barreiro Rivas, o premio Andaina Senlleira.

As actuacións musicais foron o outro momento forte da gala. Comezou a formación arteixán de cantareiras Taravela, que deu mostra da súa frescura con xota, muiñeira, rumba e maneo no seu repertorio. Un grupo da Escola Municipal de Folclore de Betanzos dirixido por Pedro Lamas seguiulle con pasodobre, rumba, vals e xota. O dúo que forman Xabier Díaz e Guille Fernández convidou á escea a Carlos Álvarez, Uxía Cribeiro e Diego Calviño para dar conta de catro fermosas pezas do seu disco Arrolos de salitre (2010), unha colección de nanas ás que responderon máis dun cativo que se atopaba entre o público durmindo prácidamente nos berces dos seus pais.
O momento máis emotivo da gala, no que se fusionaron música, lembranzas, tradición, defensa do folclore galego e tamén bágoas, foi a reaparición da banda Dhais. Os seus membros levaban trece anos sen tocar xuntos sobre un escenario. E o fixeron onte para lembrar aos seus finados compoñentes César Morais e Luís Areán, dos que se falou nunha curta documental proxectada no teatro. O grupo de Lalín pechou a festa cunha actuación de 40 minutos que entusiasmou ao público, desexoso de que interpretasen máis temas, e para a que se prepararon durante sete meses.

Todos os premiados e artistas agradeceron ao xornal LA OPINIÓN a celebración destes galardóns que destacan a tradición da música galega de raíz desde hai doce anos, e en concreto ao colaborador deste diario Óscar Losada, quen volveu a estar ao frente da organización dos premios. O Concello, a Diputación, a Xunta e Gadisa tamén colaboraron.
O xornalista Moncho Lemos estreouse coma mestre de cerimonias e quiso lembrar nas súas intervencións a “toda a xente que mantén viva a esencia da música galega”. E o tamén colaborador de LA OPINIÓN Lino Braxe, moi emocionado por volver ás táboas tras sufrir un accidente traballando nunha obra teatral hai tres meses, foi o encargado de ler dous poemas dos Cantares Galegos de Rosalía de Castro.

Premiados e artistas recoñecen a aposta de LA OPINIÓN pola esencia da tradición musical galega

Na loita por facerse cos trofeos dos XII PREMIOS OPINIÓN de música folk saiu triunfadora a figura de Rodrigo Romaní, quen se impuxo, con Terra de Melide na categoría de mellor canción, a Acadacanto, Óscar Fernández e Pancho Álvarez. Ao recoller o seu recoñecemento suliñou máis dunha vez que a súa peza “non foi a mellor canción do ano”. Romaní subiu de novo ao escenario ao ser escollido polo xurado mellor artista por diante de Pancho Álvarez, Óscar Fernández e Fernando Barroso.

O premio correspondente ao mellor álbume galego de música folk do ano foi a parar a Luar na Lubre. Mair Maior mereceu mellor recoñecemento que os discos de Lois Peixoto e Fernando Barroso, Rodrigo Romaní e PeldeNoz. O xornalista e promotor musical Nonito Pereira recolleu a peza de artesanía e agredeceu, coma os demáis protagonistas da velada, a aposta de LA OPINIÓN por premiar as raíces musicais da súa cultura.

www.laopinioncoruna.es
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-06-2013 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 3 (Luns)

Terza feira 4 (Martes)

Corta feira 5 (Mércores)

Quinta feira 6 (Xoves)
• Rodrigo Romaní no Teatro Principal (Ourense) ás 21:00
• Serán na Nave de Vidán (Compostela)

Sexta feira 7 (Venres)
• Pito de Pikasso e Vichy Polard na sala Capitol (Compostela)
• Sés no Teatro Principal de Compostela
• aCadaCanto en Teo (Os Tilos-Biblioteca)
• Moxenas Musical Galego no Auditorio do Centro Cultural de Beade (Vigo)
• Festival Millo Verde (Redondela): Guintervan, A Banda de Andrelo,...
• Sem Resposta na Fábrica de Chocolate (Vigo)
• Foliada Venrespirar en Ourense
• 5º Aniversario Noites de Tasca (Ordes)

Sábado 8
• II Festival Ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos-Barreiros): Zurrumalla, Carapaus e Leña Verde
• Festival Millo Verde (Redondela): O Sonoro Maxín, Froxy Freire,...
• Serán Treboada Baixo Miño (Tomiño)
• III Foliada de Leiro
• VI Ruada de Catoira, no edificio Felipe Aragunde
• VII Foliada de Baíña na Casa dos Veciños de Baíña (Baiona)
• Serán en Regodobargo (Pontecaldelas)
• Serán en Navia (Vigo)

Domingo 9
• aCadaCanto no Teatro de Ribadeo
• Tarde de fiadeiro en Vide (As Neves-Pontevedra)
• Radio Cos no Salason (Cangas do Morrazo) ás 21:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 03-06-2013 14:17
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer