Malmequer


Pandereiteir@s e festeir@s da beira atlántica da Galiza


Malmequer
malmequer.vigo@gmail.com
 GAVETAS
 OS SERÁNS (Sección de consulta)
 FOTOS PARA A HISTORIA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Festival Ao Son do Masma (Celeiros-Barreiros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2012 12:43
# Ligazón permanente a este artigo
Folk in Río (Touro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2012 12:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Arrechéghate ao fento (Bembrive-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2012 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
A Rebusca 2012 (Manzaneda)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2012 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Castelo Rock Expresso (Muros)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 15-06-2012 12:35
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Vigo
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2012 09:59
# Ligazón permanente a este artigo
Loaira en Compostela
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ofrece este xoves 14 de xuño, ás 21.00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela o último concerto da cuarta entrega do ciclo de concertos promocionais ST Música Presente, que pecha o trío Loaira cun directo no que soarán os temas do seu debut discográfico homónimo.

Clara Pino (arpa celta e voz), Rubén Abel (guitarra) e Roi Adrio (percusións) achegan a súa destacada bagaxe profesional, tanto no ámbito da música clásica como no da folk, a un proxecto conxunto no que apostan pola música de autor e pola procura de sons novos e versátiles que, porén, beben directamente da música tradicional galega. Deste xeito e partindo das raíces, o trío ofrece unha mestura de ritmos e melodías que van desde o swing ata a bossa nova, pero recalan tamén na música de reelaboración en temas como Alalá do vikingo.

A súa proposta musical está, ademais, intrinsecamente ligada á literatura, con letras sumamente coidadas, escritas neste caso xunto coa poetisa Mariña Pérez. Esta vinculación co ámbito literario esténdese tamén á súa colaboración co sociolingüista e novelista Manuel Portas, quen encargou a Loaira a musicalización do espírito dos personaxes que habitan o seu último libro, Un dedo manchado de tinta (Xerais, 2011). O resultado foi un cd con seis temas, que acompaña a edición desta novela ambientada en Santiago de Compostela.

Tres destacadas traxectorias artísticas
Editado en 2011 polo selo Sons Galiza Música, o primeiro disco de Loaira foi gravado case como un directo, ao que se lle engadiron recordings de guitarra, constituíndo pese a súa sinxeleza un traballo compacto e ben estruturado. Tal e como explica a discográfica, isto foi posible grazas á gran calidade e experiencia dos seus integrantes, que nos tres casos contan cunha destacada traxectoria artística ben como solistas, como no caso do galardoado guitarrista Rubén Abel, ben como membros doutros coñecidos grupos: Clara Pino co dúo Sete Saias e con Covalblú, e Roi Adrio con Faltriqueira e Quempallou, entre outros.

A venda anticipada de entradas para esta última cita de ST Música Presente está dispoñible a través da billeteira da web de Novagalicia Banco e do teléfono 902 43 44 43. Tamén poden adquirirse no despacho de billetes do Salón Teatro, que abre ao público dúas horas antes do comezo do concerto. As localidades teñen un prezo especial único de 5 euros.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2012 09:55
# Ligazón permanente a este artigo
Fin de curso da e-trad (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 14-06-2012 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Primeiro disco de Sobre Rodas
O duo de zanfonas «Sobre Rodas», integrado por Luis Correa “O Caruncho” e Carlos do Viso, ofrecerá unha nova proposta de interpretación de musica popular e de autor, fundindo zanfonas e voces para interpretar un amplo repertorio de cego e outras melodías da nosa música.

Nacidos ambos ao pé do mesmo mar de Meudiño e Martin Codax, o gran mar das cantigas e os trovadores, o mar de Vigo a súa traxectoria converxe agora en Sobre Rodas. A súa primeira actuación fóra de Galicia, logo de convencelos de que unirán voz e zanfoñas, foi en Madrid, onde puxeron o teatro boca abaixo á media hora.
E, como con eles todo deriva nas máis increíbles anécdotas, e ante a singularidade da música que estaban a ofrecer, achegouseme un dos espectadores e largoume: “oes, o sábado pasado actuou aquí Diego Cigala, pero isto que escoitei hoxe é increíble, é cante jondo, son cojonudos”.
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 14-06-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
aCadaCanto en Compostela
O proxecto «aCadaCanto» chega hoxe mércores ao Teatro Principal de Santiago

Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero conflúen por primeira vez e de forma conxunta neste disco

O Teatro Principal de Santiago acolle hoxe mércores ás 21.00 horas, e dentro do ciclo «Íntimo&Acústico», un concerto de Guadi Galego, Xabier Díaz, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero , quen presentan o seu proxecto aCadaCanto. No disco, o sexto do selo discográfico Músicas de Salitre, conflúen por primeira vez de forma conxunta as carreiras musicais destes catro músicos, compañeiros en tempadas anteriores noutras formacións como Berrogüetto, Espido ou Nova Galega de Danza.

O concerto foi presentado esta mañá no Teatro Principal, nun acto no que participaron Xabier Díaz, Guillerme Fernández e José Victor Carou, director-xerente do Auditorio de Galicia. Os músicos mostraron a súa satisfacción polo proxecto musical aínda que puxeron o acento na limitación temporal do mesmo: «Todos temos outras obrigacións musicais, pero da mesma maneira que nos xuntamos no estudio para gravar o disco, xuntarémonos no escenario para tocalo».

Con este concerto péchase o ciclo «Íntimo&Acústico», que trouxo a Santiago a artistas como Aline Frazao, Simon Finn ou Ariel Rot. O certame volverá despois do verán con novas propostas.

La Voz de Galicia
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2012 12:14
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista a aCadaCanto
"Hai poesía en todo momento, mira como morre o sol". Así o di Xabier Díaz en A Lírica do silencio, un dos doce temas de ACadaCanto. E este só verso resume ben o sentido de todo o disco: a procura da beleza como acubillo, nun mundo que impón ritmos vitais que queiman o tempo para gozar das cousas pequenas. Xabier, Guadi Galego, Guillerme Fernández e Xosé Lois Romero conflúen, por primeira vez, os catro xuntos neste proxecto, que presentan en Compostela o vindeiro día 13, ás 21:00 horas no Teatro Principal.

O disco lembra outros traballos anteriores do selo Músicas de Salitre, como Espido ou Arrolos de salitre, na aposta pola sinxeleza, non si?
Si, é marca da casa. Ninguén debería esperar algo radicalmente distinto do que fixemos antes. Temos esa querenza pola sinxeleza, pensamos que moitas veces menos é máis. É unha estética á que tratamos de ser fieis.

Seica o disco naceu do encontro entre os catro no Terra de soños de Fuxan os Ventos. É así?
Guadi e Xabier coincidiran antes en formacións de tipo tradicional e outros proxectos que non tiveron un reflexo discográfico. Guadi e eu coincidimos en Berrogüetto e en Espido, Xosé Lois e Xabier en Nova Galega de Danza, e os catro no Terra de soños. E así xorde ACadaCanto, como un xeito de facer confluír todo ese traballo compartido nun proxecto común.

Os textos son pequenos poemas. E o disco ten que ver coa busca da poesía, da beleza, coa reivindicación das cousas pequenas, non si?
Si. Buscamos a poesía na casa, quero dicir, nos textos que escribiron Guadi e Xabier; na música tradicional, que é un referente indispensable para nós, e na literatura de autor: Xosé María Álvarez Blázquez e Carlos Rivero Troncoso. Tamén inclúe o disco dúas letras de autores máis actuais: Santiago Auserón e Vitor Ramil. A idea era, si, buscar a beleza trasladada á escrita.

Os versos están cheos de referencias á natureza e, en especial, ao mar. É un pouco a man de Guadi?
Eu creo que a de todos, que somos todos de costa. De feito, que o selo se chame Músicas de Salitre non é casualidade. Para todos nós o mar é moi importante, unha referencia vital.

Un dos temas fala de como chegamos a desesperarnos por estragar tres minutos nun engarrafamento. E da necesidade de parar, ollar as cousas importantes como os afectos... Baixo a sinxeleza, propoñedes unha reflexión sobre o xeito en que vivimos. É así?
Si, as letras salientan os pequenos detalles, as cousas indispensables como o amor... No tempo no que vivimos, no que miras un xornal e danche ganas de tirarte a un pozo, o disco quere ser como un refuxio. Nun mundo no que se nos impón un ritmo antinatural de vida que nos fai andar sempre correndo e sen tempo para as cousas esenciais.

Nuns temas destaca máis a guitarra, noutros o acordeón, a percusión está sempre aí... Como concibistes o disco neste aspecto?
En realidade aínda que levabamos as ideas da casa fixemos moito traballo os catro xuntos no local de ensaio, onde fomos decidindo e poñéndonos de acordo. Si é certo que hai como certa compensación entre o protagonismo dun instrumento nun tema e doutro no outro.

De igual xeito, na maioría cantan xuntos Guadi e Xabier. Por certo, o tema da letra de Santiago Auserón, A misteriosa, soa un chisco distinto ao resto.
Pode ser. Tanto ese tema como Astronauta lírico de Vitor Ramil xa os tocaramos antes, no programa que facemos Xabier e eu na Radio Galega, os domingos ás doce da noite, Tres peixes voando. Neste programa acabamos sempre con versións nosas de temas moi variados, e estes dous en concreto gustábannos especialmente a nós, e funcionaron moi ben co público.

Presentades o ACadaCanto como un proxecto efémero. Agora tedes varios concertos polo país, e despois xa se verá?
Pois si, dis ben. Temos máis concertos xa acordados, pero sen data fixada. Cando acabemos a xira non sabemos que pasará, xa veremos. En principio non pensamos que o proxecto vaia ter continuidade discográfica, pero non sabemos. Seguro, iso si, que vamos seguir coincidindo. Iso si, que sexa os catro a un tempo, vai ser máis difícil.

www.praza.com
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-06-2012 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Para escoitar

Achegamos os distintos programas relacionados co Folk que se emiten na Galiza para os que non poideron escoitalos en directo:


Lume na Palleira (09/06/2012)




Lume na Palleira (10/06/2012)




Folk in Trio (8/06/2012)
Comentarios (0) - Categoría: Programas de radio - Publicado o 12-06-2012 10:27
# Ligazón permanente a este artigo
XII edición do Foliada e Romaría do Lecer
Un ano máis a Asociación Cultural Xacarandaina celebrará a súa XII edición do Foliada e Romaría do Lecer.

Gustaríanos que o celebrarades con nós. Será o sábado día 16 no anfiteatro do parque de Santa Margarida na Coruña.

Este ano tiñamos pensado facer unha foliada infantil a partires das 18h no mesmo lugar. Poderán participar grupos (tanto pandereteir@s, coma gaiteir@s) con nenos ata 16 anos.

Os grupos da mesma Asociación, entidade, colexo…actuarán na mesma quenda. Únicamente teredes que mandar un mail a info@xacarandaina.com co nome da entidade, número de participantes e número de pezas a interpretar. Cada grupo terá como máximo 30 minutos no esceario e deberá presentar as pezas a interpretar.

Para a foliada de maiores, a partir das 21 horas, terá que facerse o mesmo proceso: mail co nome da entidade, número de pezas a interpretar e número de componentes. O tempo será o mesmo, 30 minutos por entidade.

En ambalas dúas foliadas, infantil e maiores, actuarán en primeiro lugar os grupos da A. C. Xacarandaina.

Teredes ata o día 11 de Xuño para inscribirvos.
Animádevos!!!

Un saúdo
Asociación Cultural Xacarandaina
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-06-2012 10:11
# Ligazón permanente a este artigo
Comeza a semana
Segunda feira 11 (Luns)

Terza feira 12 (Martes)
• Pablo Seoane Grupo na Casa das Crechas ás 22:30

Corta feira 13 (Mércores)
• A Cadacanto no Teatro Principal (Compostela)
• Foliada no Bar Rúa (Rúa de San Pedro - Compostela)

Quinta feira 14 (Xoves)
• Loaira no Salón Teatro (Compostela)
• Concerto-homenaxe a Celso Emilio Ferreiro en Vigo: Ataque Escampe, Luis Emilio Batallá, Patricia Moon, Frans Nanfield no C.C. Caixanova ás 20:00

Sexta feira 15 (Venres)
• Pardal na rúa no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Os Terribles de Donas no furancho da Balsa (Matamá-Vigo)
• Foliada na Cova Céltica (A Coruña)
• I Serán ao Son das Ferreñas (Pobra do Caramiñal)
• Foliada en Couso (A Estrada)

Sábado 16
• XII edición do Foliada e Romaría do Lecer no parque de Santa Margarida da Coruña
• Fred Martins e Ugia Pedreira en Ribadeo no Cinema Teatro ás 21h.
• Os Cempés, Maghúa, Alén do mar na Xuntanza Veciñal de Culleredo
• Festifolk (Mugardos): Assembly Point, No Combaro, Os Da Troula Folk, Estimaba Que Viñeras
• Festival A Rebuska (Manzaneda): Dios Ke Te Crew, Kussondulola, Figli di madre ignota
• Festival Arrechéghate ao fento (Bembrive-Vigo): O Sonoro Maxín, Dakidarría, Bongo Botrako, La banda de Andrelo
• Festival ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos): Tumba e dalle, Os Modernos, tanto Nos Ten, Quempallou
• Sés no Liceum (O Porriño)
• Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
• Serán da “Noite da Moura” en Rebordechán (Crecente)
• Serán en Atios (O Porriño) ao carón do campo de futbol do Carballo
• Serán en Vincios (Gondomar)
• Serán na praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño)

Domingo 17
• Crema de Gaita no Aturuxo (Bueu)
• Folk in Río (Touro): Os Modernos, A Banda da Balbina, Regueifeiros Trioliro,...
• Serán do Viso (Redondela)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 11-06-2012 19:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chega a fin de semana
Sexta feira 8 (Venres)
• Sés no Vichelocrego (Fene) ás 23:30
• Fernández & Quintá na Biblioteca de Os Tilos (Teo) ás 22:30
• Tanto Nos ten no bar "de Foliada" (San Lorenzo de Oliveira (Ponteareas) ás 23:30
• Balakandra na Sala Pousada das Ánimas (Boiro) ás 23:30
• aCadaCanto no Teatro Rosalia de Castro (A Coruña) ás 20:30
• Xoan Curiel, Meninos Carentes e Najla Shami na praza da Constitución de Vigo ás 20:30 Suspendido
• Festival Oubeade (Beade-Vigo):Liska, Unicornibot, Rocking For Tangas, Igmig, Dr.zaius,
• Barricas Folk (Milladoiro-Ames): Berrogüetto, Anxo Lorenzo, Manolo Tena y la Banda de Nash, Coanhadeira, Abóbriga, Maghúa, Maianas e Doctor Snob
• II Rúa de Cuntis

Sábado 9
• Tic-Tac, concerto benéfico no Ágora (A Coruña) ás 19:00
• Loaira no Auriense (Ourense) ás 21:30
• O Sonoro Maxín polas prazas de Ourense Adiado
• Zenzar no Liceum (O Porriño)
• Sés no Fórum (Culleredo)
• Mónica de Nut Trío no Salasón (Cangas do Morrazo)
• Galicia nas Terrras da Gaita no auditorio municipal de Vigo ás 20:30
• Sérgio Tannus Trio&Najla Shami (Aquarela do Brasil), Meninos Carentes (reggae) e Buguinha (dub) na sala Iguana de Vigo ás 23:30
• Coro Cantares do Brión en Chandebrito (Nigrán) ás 20:00
• Balakandra, Tumba e Dalle, A Banda da Balbina no Festival Histórico de Augasantas (San Cosme de Barreiros)
• II Festival Arrente o toxo (Liméns-cangas do Morrazo): Os Vacalours, Rojo Dos, O neto de Manuel,...
• Festival Oubeade (Beade-Vigo): Recambios Tucho, R.d.b., Distilling Pain, La Vaga Banda, Muxarega, Odaiko, Cancamuxa, a Volta Do Demo, Ce Orquesta Pantasma
• Barricas Folk (Milladoiro-Ames):Los Suaves, Miguel Costas, Brothers in Band, Riff Raff, Medomedá, Desequilibrio Mental, Labazada,...
• VI Foliada Airiños da Lagoa en Baiña (Baiona)
• III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa
• II Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)
• II Foliada de Leiro
• Foliada no bar Tuiriz (Lugo)

Domingo 10
• O Sonoro Maxín polas prazas de Ourense Adiado
• Sumrrá no Teatro Principal de Ourense ás 20:00
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 17:03
# Ligazón permanente a este artigo
Vai collendo forza a tempada de Festivais
8 e 9 de xuño: Festival Oubeade (Beade-Vigo)
- Liska, Unicornibot, Rocking For Tangas, Igmig, Dr.zaius,
- Recambios Tucho, R.d.b., Distilling Pain, La Vaga Banda, Muxarega, Odaiko, Cancamuxa, a Volta Do Demo, Ce Orquesta Pantasma

8 e 9 de xuño: Barricas Folk Rock (Ames)
- Berrogüetto, Anxo Lorenzo, Manolo Tena y la Banda de Nash, Coanhadeira, Abóbriga, Maghúa, Maianas e Doctor Snob.
- Los Suaves, Miguel Costas, Brothers in Band, Riff Raff, Medomedá, Desequilibrio Mental, Labazada,...

9 de xuño: II Festival Arrente o toxo (Liméns-cangas do Morrazo)
- Os Vacalours, Rojo Dos, O neto de Manuel,...

16 xuño: Festifolk (Mugardos)
- Assembly Point, No Combaro, Os Da Troula Folk, Estimaba Que Viñeras

16 de xuño: Festival A Rebuska (Manzaneda)
- Dios Ke Te Crew, Kussondulola, Figli di madre ignota

16 de xuño: Festival Arrechéghate ao fento (Bembrive-Vigo)
- O Sonoro Maxín, Dakidarría, Bongo Botrako, La banda de Andrelo

16 de xuño: Festival ao Son do Masma (Celeiro de Mariñaos)
- Tumba e dalle, Os Modernos, tanto Nos Ten, Quempallou

17 xuño: Folk in Río (Touro)
- Os Modernos, A Banda da Balbina, Regueifeiros Trioliro,...

21 xuño: Festival Mocidade coa Lingua (Ferrol)
- Ataque Escampe, Rapatios, Adobriga, Toxos Bravos

22 e 23 de xuño: Festiva Psicotroita (Sigueiro)
- Familia Caaamagno, Rafa Morcego, Doctor Gringo,...
- Kastomá, Terbutalina, Malandrómeda,...

28, 29 e 30 de xuño: Festival Derrame Rock (Ourense)
- Los Suaves, Gatillazo, Miguel Costas, O Sonoro Maxín, Festicultores, Cuchufellos, Ulträqäns,Final Concurso Radio Galega.

- Loquillo, Sepultura, Banda Bassotti, Burning, Hamlet, El Último Ke Zierre, The Toasters, Vita Imana, Dr. Explosión,Los Chikos del Maiz, Novedades Carminha, Machina, Kambotes, Deniro, Clockwork, Switchtense,International Hardcore All Stars (Hardcore Tribute) Ramons (Tributo a Ramones), Motörhits (Tributo a Motörhead)

- Los Enemigos, Heredeiros Da Crus, Bad Manners, Rosendo, Reincidentes, Non Servium, Gustavo Cordera, Avalanch, Angelus Apatrida, Habeas Corpus, Dakidarria, Manolo Kabezabolo, Mitocondrias, Forraje, Zenzar, , Metallica Tributo, Orkesta Paraiso (Tributo clásicos rock estatal)

Xullo


6 e 7 de xullo: Sons da Lameira (Matamá-Vigo)
- O Fiadeiro, Abóbriga, Zurrumalla, Cuchufellos
- Dios Ke Te Crew, Falperrys, Dakidarría, Escuela de Odio

7 de Xullo: XIX Festival do río Castro (Narahio)
- Escola de Música Tradicional do Concello de San Sadurniño, Habelas Hainas, Tanto Nos Ten e Sacha Na Horta

7 de xullo: Festival Música na noite (Calo-Teo)
- Os Cempés,...

7 xullo: Festival Asalto ao castelo (Vimianzo)
- Xose Manuel Budiño, O Sonoro Maxín, A Requinta da Laxeira,...

12 ao 15 xullo: XXVII Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira)
- Avelaíña, Rastrexos project, Alén de Ancos, Harmonica Creams
- Bagad Glazik Kemper, Stolen Notes
- Oban Pipe band, The Rua Macmillan band

14 de Xullo Nordestazo Rock (Malpica de Bergantiños)
- Heredeiros da Crus, Dios Ke Te Crew, Skarallaos, Moon Cresta,...

20 e 21 de xullo: Festival Revenidas (Vilaxoán de Arousa)
- Guezos, Dios Ke Te Crew, The Booze, The Mighty Calacas
-Os Cempés, Skatalities, Esne Beltza, O Sonoro Maxín,...

21 de xullo: Festival Arreaocabo (Celeiro-Viveiro)
- Heredeiros da Crus, Medomedá, Skarallaos,...

21 de xullo Festival da Chaira - Lugo
-Bastards on Parade, The Skarnivals,...

24 xullo: Sargadelos Fusión
- Recambios Tucho, Medomedá, The Brosas, Los Eternos

27 de xullo: Festival Antrospinos (Rianxo)
- Os Cempés,...

Agosto


3 e 4 de agosto: Festival Castelo Rock (Muros)
- Ruxe-Ruxe, Medomedá, Skarallaos, Trashtucada
- Dios Ke Te Crew, Bodega Bodega, Sonotones, Sozios a la fuerza

3 e 4 de agosto: Festival Son Rias Baixas (Bueu)
- Heredeiros da Crus, Soziedad Alkoholica, Def con Dos,...

4 e 5 de agosto: Festival de Pardiñas (Guitiriz)
- Bloquinho de Xermolos, Milesios, Coetus, Eliseo Parra, Kepa Junquera, Quemapllou e Cuchufellos
- Tamborada, Zurrumalla, Beltaine eChotokoeu

10 de agosto: Novo Cruceiro Rock
- Ruxe Ruxe, Deseqilibrio Mental, Familia Caamagno, Invivo

9, 10, 11 e 12 de agosto: Brincadeira Rock in Cambre

17 e 18 de agosto: XXXIII Festival Irmandiño de Moeche

25 agosto: Festival do río Belelle (O Roxal-A Coruña)
- Os Cempés,...
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 17:02
# Ligazón permanente a este artigo
Vai chegando o final de tempada de Seráns
8 xuño
- II Rúa de Cuntis

9 xuño
- III Serán da Insua (Pontecaldelas), no torreiro da festa, a carón da igrexa
- II Serán na Asociación de Veciños de Sampaio de Lavadores (Vigo)
- II Foliada de Leiro
- VI Foliada Airiños da Lágoa (Baiña-Baiona)


16 xuño
- Serán no adro da capela de Chaín (Pontecaldelas)
- Serán da “Noite da Moura” en Rebordechán (Crecente)
- Serán en Atios (O Porriño) ao carón do campo de futbol do Carballo
- Serán en Vincios (Gondomar)
- Serán na praza da Capela das Angustias en Xil (Meaño)

17 xuño
- Serán do Viso (Redondela)

30 xuño
- Serán de Esfarrapada (Anceu-Pontecaldelas)


Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2012 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
VI Foliada Airiños da Lágoa (Baiña-Baiona)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2012 16:52
# Ligazón permanente a este artigo
II Rúa de Cuntis


II Rúa de Cuntis.


O vindeiro venres 8 de xuño ás 22h a Praza das Árbores de Cuntis, onde a Biblioteca Municipal “Roberto Blanco Torres” (antigo Hospitalillo), voltará ser o esceario sobre o cal seguiremos a recuperar o espírito de tantas rúas e ruadas que nos vellos tempos se fixeron aquí ...e acolá.

Continuamos a traer o son e baile tradicional a vila do Baño con este proxecto que deu comezo o pasado ano, cumprindo así a súa segunda edición, baixo a denominación de orixe Rúa de Cuntis.

Convidados e convidadas quedades aqueles músicos, bailadoras, gaiteiros, pandereteiras e todo aquel que teña a ben acompañarnos nesta festa, na que non han faltar petiscos de balde para acompañar a ruada.

Bótalle un agharradiño!


Coma nos vellos tempos

Moitos foron os puntos da nosa xeografía nos que un cruce de camiños era o lugar idóneo para xuntarse e así distraerse ao son das pandeiretas e gaitas dos traballos nas leiras.
Lugares coma a aldea de Vilariño (Cuntis) no que as mozas e mozos da redonda, incluso achegados e achegadas dende concellos limítrofes coma o de Caldas de Reis, cantaban e bailaban á luz do candil. Martes, xoves, sábado…calquera día da semana era bo para pasar unha tarde, ás veces noite, ao son de muiñeiras, xotas e pasodobres na Rúa de Vilariño.


“Bótalle un agarradiño,
bótalle un agarradiño
que van entrar a bailare
os mozos de Vilariño”


http://ofervedoiro.blogaliza.org/
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2012 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de Sampaio (Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2012 16:48
# Ligazón permanente a este artigo
II Foliada de Leiro
II FOLIADA DE LEIRO
Sábado 9 de xuño


19:30 Xogos Populares
20:30 Curso Iniciación o Baile Tradicional
E a partir das 21:00 comenza a "FESTA".......lume!
Teremos Bolos Preñados de balde para todos os asistentes, chocolata e bizcoito.

Non faltara o bo viño do Ribeiro, licor cafe e outras bebidas espérituosas....
Contaremos con zona de acampada (se alguen se quere quedar)

NON HAI EXCUSA PARA NON VIR A LEIRO, TENDE POR SEGURO QUE É UNHA FESTA PA NON PERDER!!!

¡¡¡¡¡¡¡¡ESPERAMOSVOS A TODOS!!!!!!!!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2012 16:47
# Ligazón permanente a este artigo
Serán na Insua (Pontecaldelas)
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 08-06-2012 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Galicia nas Terrras da Gaita
Gaiteiros de diferentes países de europa, diferentes culturas e diferentes formas de ver o folclore según a zona de onde proveñan...isto e moito máis e o que Galicia nas Terras da Gaita, nos ofrecerá esta próxima semana que chega a Vigo.

Esta semana que comeza, o programa Galicia nas Teras da Gaita, estará en Vigo, do cal podremos disfrutar todos en diferentes puntos da cidade. Varios concertos serán os que ofrecerán os gaiteiros, que proveñen de diferentes zonas de europa.

O xoves día 7 de xuño, ás 21:30 da noite, no auditorio Atlántida de Matamá, ofrecerán un Concerto Didáctico, gracias o cal podremos observar as diferenzas entre as diferentes gaitas e as diferentes formas de tocalas.

O sábado, día 9 de xuño, ás 22:30 da noite, na Praza da Constitución podremos disfrutar dun concerto o aire libre dos diferentes grupos que participaron no programa Galicia nas Terras da Gaita.
Colaboran no programa: Concello de Vigo; Hirtenmusik in Europe; programa Cultura, D. G. Educación y Cultura; Vigo Vello; Gaiteiros da Xistra, XXV Aniversario e Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

http://centrosculturaisvigo.blogspot.com
Comentarios (1) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Cantares do Brión en Chandebrito (Nigrán)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Festa fin de curso de Rebulir
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:39
# Ligazón permanente a este artigo
Balakandra na Pousadas das Ánimas (Boiro)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:38
# Ligazón permanente a este artigo
Tanto nos Ten no bar De Foliada (Ponteareas)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Concerto Émundial (Vigo)

O sábado, 9 de junho, haverá um concerto para simbolizar o encerramento do éMundial e convidar-vos para a edição 2013. Porém, ainda restarão algumas atividades, como indica o programa!HORA: 23h30

LUGAR: La Iguana Club (Churruca, n.º 14)

PREÇO DO BILHETE: 5€ (compra antecipada online na loja Imperdível)

ARTISTAS:

•Sérgio Tannus Trio&Najla Shami (Aquarela do Brasil)
•Meninos Carentes (reggae)
•Buguinha (dub)


ORGANIZA: Associaçom Galega da Língua (AGAL)
COLABORAM: Instituto Camões de Vigo, Minho Reggae, Associação Pró-Academia e O Cable Inglés.
RÁDIO OFICIAL: Lusofonias.org

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:36
# Ligazón permanente a este artigo
Barricas Folk Rock (Ames-Milladoiro)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2012 16:31
# Ligazón permanente a este artigo
Festival histórico Augas Santas (Barreiros)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 08-06-2012 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Festival Oubeade (Beade-Vigo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2012 14:45
# Ligazón permanente a este artigo
II Festival Arrente o toxo (Liméns-cangas do Morrazo)
Comentarios (0) - Categoría: Festivais - Publicado o 08-06-2012 14:44
# Ligazón permanente a este artigo
Último serán da tempada no Sarela (Compostela)

SERÁNS DO SARELA
Xoves 7 de xuño (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
Último serán da temporada!


Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de baile con Miguel Sotelo
22h30 . VouVirVorVer + Pandereteiras de Cantigas e Agarimos Grupo A
23h15 . Trébede
24h00 . Brincadeira
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!


Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@ gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Comentarios (0) - Categoría: Seráns e Foliadas - Publicado o 07-06-2012 10:19
# Ligazón permanente a este artigo
Vaamonde, Lamas e Romero na Cova Céltica (A Coruña)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 07-06-2012 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chega o primeiro disco dos `Irmandiños de Vincios´
Logo de máis de sete anos de presentacións por toda Galicia, Os Irmandiños de Vincios rexistraron 16 dos seus mellores temas nun disco que terá luz pública na primeira quincena de xullo. O título da obra prima non podería ser outro: "Monte Galiñeiro".

O disco atópase nestes intres finalizando a post produción, segundo informaron a Valminor.info, Ismael, Javi e Moreno -tres dos oito Irmandiños- nun encontro mantido na Casa da Cultura de Vincios. Tarefa nada sinxela -despois de 80 horas de gravacións- que desenvolven xunto co produtor executivo do disco, Xusto Molejón de produtora InqueDanzas sonoras. O CD recolle nove temas propios, dúas pezas tradicionais con arranxos de Javi (o compositor e director musical da banda), dous remexidos e o Pasodobre do Can, composición de Ignacio "Nacho" Troncoso, actual concelleiro de Cultura de Gondomar e ex-gaiteiro da agrupación.

O disco foi autofinanciado polo grupo a través das súas actuacións.
Da conversa co grupo queda claro que Monte Galiñeiro é moito máis cunha recompilación dos temas que Os Irmandiños ofrecen nas súas frecuentes visitas aos escenarios folc de Galicia. Os nove temas propios, produtos creativos de Javi , reflicten as vidas e historias dos homes e mulleres que habitan e habitaron ese cacho de país con corazón musical que é Vincios. Proba diso e a foliada Festa dos canteiros, onde na súa letra os Irmandiños recrean as andainas destes mestres da pedra que encheron Galicia coas súas obras. A peza recolle unha festa tradicional do oficio, que celebrábase en Vincios cada 3 de maio.

Noutra peza, Xota para Chicho, a banda homenaxea ao gaiteiro Secundino de Chandebrito, mestre que deixou a súa pegada na zona e responsable da introdución da cana, na orquestación dos Irmandiños de Vincios.

O artellar de cada peza amosa unha faciana que identifica ao grupo: a súa paixón e respecto polo patrimonio musical do que son portadores. Pescudas históricas de músicas e cantigas, moitas delas recollidas da tradición oral, son logo recreadas paseniño á luz do estilo interpretativo dos Irmandiños.

Adianto dos temas do álbum Monte Galiñeiro.
Os Irmandiños adiantan que o pasodobre Monte Galiñeiro (Javi), que da nome ao disco abrirá o traballo. Os outros temas compostos por Javi son Foliada sacra, cunha letra creada a partir do libro "Cantigas e refráns da Ribeira Sacra"; Valse das estrelas (instrumental); o pasodobre O pachangueiro (instrumental); a muiñeira A Areiriña (isntrumental); a polca Polkería (instrumental); a foliada Festas dos Canteiros; o pasodrobre Os Chaínas (cunha letra con toque de humor sobre a vida dunha "familia trapalleira"); e a rumba A nosa.



O disco tamén inclúe dous temas tradicionais con arranxos de Javi, A Xota de Meder (recollida en Salvaterra pola profesora de pandereteiras de Vincios ), e a Muiñeira de Fofe (recollida pola mesma profesora en Mondaríz). A estes agrégase o Pasodobre do Can, composto por Ingancio Troncoso. Completan o disco os remexidos Xa non te quero/Entrenzado de Allariz (muiñeiras) e Das areiras/Pachín Pachín (pasodobres).

As expectativas do grupo é que Monte Galiñeiro estea na rúa no transcurso da primeira quincena de xullo. Aínda que a súa presentación oficial está prevista para setembro, Os Irmandiños seguramente interpretarán algúns dos temas nas presentacións previstas para este verán. Entre elas, o vindeiro mes de agosto cando compartan escenario en Gondomar coa célebre gaiteira Susana Seivane.

Os Irmandiños de Vincios.
A agrupación naceu cunha tradicional formación gaiteira (dúas gaitas, tambor e bombo) entre os anos 2004 e 2005. Co tempo, a banda foi mudando algúns dos seus integrantes, ata chegar nos últimos catro anos á formación actual:

Rosa (Vincios) saxo soprano, percusións varias e voz.
Paula (Vincios) percusión.
Ana (Vincios) clarinete e percusión.
Gonzalo (Vincios) Bombo con platos.
Ismael (Vincios) Acordeón diatónico e voz.
Félix (Vigo) gaita, percusión e voz.
Javi (Vincios) tamboril, percusión , voz e arranxos.
Moreno (Coruxo) gaita e voz.

Todos eles vencellados na actualidade ou no pasado a outras expresións musicais da parroquia como a Banda Musical de Vincios (Rosa, Ana, Ismael, Javi e Paula) ou o Coro Tradicional Cantares do Brión (Ismael, Rosa, Moreno e Félix).

"O facemos por lecer", afirman os membros do grupo. Sinalan que "non vivimos desto", mais amosan unha verdadeira profesionalidade á hora de artellar as súas composicións como a posta en escena das mesmas.

Ficha técnica de Monte Galiñeiro

Gravación: Muu! Estudos (Vigo). Entre o 27 de febreiro e o 5 de maio de 2012.

Técnicos de son: Pali e Pedro Feijóo
Deseño Gráfico: David Rodríguez (Vigo)
Ilustracións: Paula (Irmandiños de Vincios)
Texto presentación: Xosé Manuel García Crego (Coro Tradicional Cantares do Brión)
Post Produción: InqueDanzas Sonoras (Vigo)
Productor Executivo: Xusto Molejón - Irmandiños de Vincios.

www.valminor.info
Comentarios (1) - Categoría: Discos - Publicado o 07-06-2012 09:42
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3 [4]
© by Abertal
free web counter

contador de malmequeriáns dende o 1 de marzo 2007








Galiza

Malmequer